Page 1

Proxecto de Educaci贸n Ambiental

O Horto Escolar Ecol贸xico

C.E.I.P Barrantes Curso 2011-2012


Índice 1. Título do proxecto e ámbito de aplicación. 2. Xustificación do proxecto. 3. Obxectivos . 4. Metodoloxía e organización do traballo. 5. As actividades no horto ecolóxico escolar. 6. Criterios para valorar os resultados ou proceso de avaliación previsto.


1 Título do proxecto O horto ecolóxico escolar ecolóxico : Regueiros de Educación Ambiental. Ámbito de aplicación: No CEIP de Barrantes ( Tomiño) poñeremos en marcha este curso escolar 2011-2012 o proxecto do horto escolar. Iniciaranse na súa posta en marcha o ciclo de E.Infantil ( 3anos-13 nenos/as // 4 anos-12 nenos/as // 5 anos- 8 nenos/as) e continuarase coa E.Primaria onde o 3º ciclo ( 5º e 6º) serán os verdadeiros protagonistas.

2

Xustificación

Actualmente vivimos nunha sociedade industrial desenvolvida que evoluciona cara a unha sociedade de servizos. Tan só un 15 % da poboación activa vive do sector primario (agricultura e gandaría). A maior parte da poboación vive nas cidades e o litoral, podendo dicir que esta sociedade é ademais predominantemente urbana. Este desenvolvemento levou á desaparición das hortas que ata hai uns anos localizábanse na periferia das cidades, ao descoñecemento dos procesos de produción por parte dos consumidores, a valorar un produto agrícola non como un alimento, senón máis ben polo seu prezo, tamaño cor, etc, en definitiva á desaparición dunha cultura agrícola. Doutra banda, a introdución de criterios económicos no campo contribuíu a transformar unha agricultura tradicional nunha agricultura intensiva, o cal nos levou ao abuso na utilización de fertilizantes, fitosanitarios de síntese química, ao abuso de auga para rega e aos plásticos para o cultivo en invernadoiros entre outros. Esta visión da dedicación ao campo como un oficio marxinal e a falta de mellores perspectivas fai do agricultor tradicional un oficio en perigo de extinción. A agricultura ecolóxica consiste na integración dos coñecementos da agricultura tradicional coas modernas investigacións biolóxicas e tecnolóxicas. Este é o modelo que temos que empregar, non só por cuestións de saúde ou


respecto ao medio, senón que por riba de todo habemos de falar de cultura, esa cultura que se está perdendo a custa dun progreso mal entendido e orientarse cara ao camiño do progreso sostible. Temos que decatarnos de que necesitamos espertar en cada ser humano un respecto profundo cara ao seu ámbito que o faga capaz de conservalo e de compartilo cos demais dunha forma solidaria. Non hai dúbida de que nós como educadores habemos de formar aos futuros cidadáns non só no estudo teórico da natureza, senón tamén lles habemos de ensinar a vivir con ela. Así pois, todas as referencias que faremos de aquí en diante ao horto escolar ecolóxico as habemos de relacionar cun intento de educar ambientalmente.

Para que un horto escolar? A finalidade deste horto escolar ecolóxico é que sexa o punto de saída dunha educación ambiental na escola, entendendo como educación ambiental o proceso interdisciplinar que debe preparar para comprender as interrelacións dos seres humanos entre si e coa natureza, enmarcándoo todo dentro dun proxecto educativo global. Este proceso debe propiciar a adquisición de actitudes e a responsabilidade persoal e solidaria orientada cara a unha mellor calidade de vida. Temos o compromiso dende a nosa escola na educación ambiental como algo máis profundo que realizar saídas esporádicas por algún tema ecolóxico nos que por suposto tamén participamos e que nos poñen en contacto co noso entorno desenvolvendo actitudes de repecto cara el. Por que un horto ecolóxico? 1.-Pois porque para ser consecuentes con este intento de educar ambientalmente, habemos de ser o máis respectuosos posible co medio. Hoxe en día, aínda non estando de todo desenvolvida ao cen por cen, a agricultura ecolóxica é o único tipo de agricultura que respecta o medio.


2.-Para que sexa coherente dentro dun proxecto de educación ambiental, o intento de levar adiante un anaco de terra baixo os principios de agricultura ecolóxica, tamén representa, por unha parte propoñer a utilización dun horto para experimentar e ensinar os ciclos biolóxicos máis importantes como poden ser os das plantas, materia, enerxía... coas técnicas de cultivo ecolóxico. 3.-Por outra parte representa a introdución dun novo recurso pedagóxico para o noso colexio de Barrantes, xa que coa construción dun horto escolar, propoñeranse máis experiencias prácticas para afondar nos contidos teóricos de diversas materias. 4.-Existen outras razóns que tamén xustifican a obrigatoriedade de encarar un enfoque ecolóxico como a improcedencia de utilizar produtos químicos dentro dun recinto escolar.

Características do noso horto ecolóxico As bases teóricas que utilizan os agricultores de agricultura ecolóxica e que son as que empregaremos para levar adiante o horto escolar ecolóxico. Manteremos a saúde do horto escolar utilizando métodos de control naturais consistente en entender que as pragas e enfermidades só o son cando a planta que as ten, non pode seguir adiante co seu desenvolvemento debido á superpoboación do causante desta praga. Isto lévanos a pensar que o obxectivo non é tanto combater a praga senón facer forte e sana á planta para que resista sen problemas. Para conseguir este obxectivo hai que respectar catro principios básicos: 1.- Facer rotación de cultivos. Deste

xeito

aprovéitanse

todos

os

nutrientes

do

chan

e

limítase

o

desenvolvemento das pragas. Deseñeremos as rotacións dividindo en catro espazos o horto e agrupando en tres grupos as especies de hortalizas elixidas segundo sexan aproveitadas as súas follas (1), as raíces ou bulbos (2), ou as súas flores ou frutos(3), o cuarto espazo


dedícase a descanso, viveiros, compost. A rotación faise cultivando na parcela de hortalizas o grupo 1, ao ano seguinte o grupo 2, ao outro o grupo 3 ata volver comezar. 2.- Asociacións favorables e desfavorables. As plantas presentan unha influencia mutua que se transforma nun maior desenvolvemento se teñen como veciñas a plantas determinadas, por razóns de emisións de aromas, afastamento de pragas, etc... As aromáticas, por exemplo, xogan un papel importante, así como as leguminosas. 3.- Métodos biolóxicos de control de pragas. Nun horto escolar non debemos recorrer nunca á utilización de produtos insecticidas non só por razóns ambientais, senón tamén porque o manexo destes produtos polos alumnos pode resultar nun feito bastante perigoso. Por iso fai falta ter alternativas. Ás veces inspeccionando os cultivos con frecuencia, intentado descubrir os ataques para tomar medidas rápidas antes de que se propague a enfermidade, é suficiente. Noutras ocasións o método máis biolóxico consiste en retirar o insecto ou destruír as primeiras xeracións. Outro xeito é alterar os factores ambientais que favoreceron a aparición da praga. Por último decir que o tratamento a base de pulverizacións a base de extractos de plantas ( como por ejemplo as estrugas-ortigas) está máis que indicado. 4.- Fertilización. Tanto a fertilidade coma a actividade biolóxica da terra, deberán ser mantidas a base da incorporación de aboamentos orgánicos de orixe animal, aboamentos verdes procedentes do cultivo de leguminosas e do denominado "compost", produto resultante da descomposición da materia orgánica procedente de males herbas, follas, ramas, restos de comida...

3. Obxectivos que se pretenden Obxectivos xerais 1. Axudar a que aos nenos e nenas adquiran unha sensibilidade para as cuestións


ambientais. 2. Promover o coñecemento do medio, os seus elementos, as interrelacións que nel se dan e tamén os seus problemas. 3. Fomentar a adquisición dunha serie de valores, que nos motiven a sentir interese e preocupación polo medio. 4. Capacitar os alumnos para que poidan intervir na busca de solución aos problemas ambientais detectados. 5. Fomentar a participación activa no desenvolvemento do proxecto. Obxectivos Específicos 1.Promover a Educación Ambiental na Escola. 2. Conseguir unha mellor relación entre co entorno a partir dun cambio de actitudes e valores nos alumnos. 3. Iniciarse nas tarefas agrícolas de traballo na horta. 4. Coñecer as técnicas de cultivo da agricultura ecolóxica. 5. Establecer e valorar as relacións entre o medio natural e as actividades humanas. Por último propoño 6 Obxectivos Educativos ou Didácticos propios do traballo práctico de campo a realizar no horto. Obxectivos didácticos a. Contacto directo e manipulación de elementos como a terra, a auga, aboamentos, sementes... proporcionando unha experiencia enriquecedora. b. Comprender dalgúns dos ciclos biolóxicos máis importantes, o ciclo das plantas, o da materia e a enerxía, as estacións... c. Realizar traballos prácticos encamiñados a dar un coñecemento do funcionamento dun horto e as necesidades e coidado de cada unha das plantas e cultivos. d. Coñecer e utilizar as ferramentas e útiles propios para o traballo na horta. e. Diferenciar entre as técnicas de agricultura intensiva e de agricultura tradicional


( biolóxica ). f. Elaborar materiais curriculares e proxectos arredor do horto escolar.

4. Metodoloxía e organización do traballo Qué queremos facer? Presentar o horto como un proxecto ambiental. Con esta proposta non só engádese un recurso á escola senón un elemento dinamizador que irá xerando propostas de traballo que van máis alá do tratamento curricular como por exemplo, a toma de conciencia na contaminación do solo e as augas, a posible reutilización dos recursos, a reciclaxe tanto na aula como na horta, xa que por ejemplo os restos orgánicos da aula se recollerían para facer o compost, experimentar sobre o degradado e descomposición de distintos elementos no chan ( plástico, comida, papel) durante un periodo de tempo, etc... De tódolos xeitos este é un obxectivo ambicioso que resultará co tempo; para empezar dámonos por satisfeitos coa posta en marcha do espazo, coas primeiras planificacións e por suposto coa implantación dunha dinámica de aulas encamiñadas a utilización efectiva deste recurso. Pouquiño a pouco, pero seguros. Así pois, a formulación do noso horto ecolóxico é que se converta nunha actividade puntual continuada onde o primeiro ano estará dedicada á construción e posta en funcionamento do horto, dando a coñecer as técnicas básicas de cultivo ecolóxico e aproveitamento didáctico do horto con experiencias de campo. Esperamos que ao final do primeiro todo esté en marcha para ir avanzando en proxectos moito máis ambiciosos. Características do noso horto ecolóxico escolar Para conseguir os obxectivos e poder realizar as actividades previstas así como o modelo de actividade puntual continuada e a intención dos principios de agricultura ecolóxica, o noso horto quedaría do seguinte xeito: Partimos de que o horto terá: * Dimensións reducidas. * Zona soleada. * Acceso a auga sen problemas. *


Imposibilidade de mantemento en verán. * Primeiro ano de experiencia coa formulación de continuidade a longo prazo. * Necesidade de achegar terra fértil que se fará por parte da ANPA * Necesidade dun cercado( se elaborará con botellas de cocacola cheas de auga e enterradas boca abaixo para que manteñan a temperatura da terra chegado o frío do inverno) do que se encargará unha nai e o apoio das aulas. Criterios para a elección de cultivos * Hortalizas coñecidas e próximas aos alumnos. * Cultivos sinxelos ( primeiro ano ). * Ciclos adaptables ao calendario escolar. * Posibilidades de sementeiras graduadas para ter á vez a mesma especie en diferentes estados do desenvolvemento vegetativo ( por ejemplo a leituga). * Posibilidade de cultivo en eras ou táboas. * Soportar rego con mangueira ou regadeira. * Que sexan aproveitables (follas , raíces, bulbos, e froitos) * Posibilidades de talleres sinxelos. * Importancia da relación entre especies, dende o punto de vista biolóxico para a prevención e control de pragas. Traballo coas plantas aromáticas. Especies seleccionadas Patacas, cebolas, leitugas, berenxenas, cenorias, remolacha, tomates, acelgas, pementos, amorodos, feixóns verdes, cabaciñas, xirasol, aromáticas (romeiro, salvia, menta, lavanda, …) Metodoloxía As actividades do horto favorecen o desenvolvemento dunha metodoloxía activa que está baseada en dous principios didácticos fundamentais: a aprendizaxe construtiva e a aprendizaxe significativa. Deste xeito os alumnos estarán capacitados para comprender as relacións co medio ao cal pertencen e dar respostas de forma activa, participativa e reflexiva aos problemas do seu ámbito máis próximo. A aprendizaxe construtiva que se basea en ter en conta que cando o alumno aprende un contido non o fai a partir da nada, senón a partir dunhas ideas e representacións previas. Polo tanto isto deberemos telo en conta para establecer


relacións entre o que xa sabe e o que se aprende. Deste xeito, o alumno constrúe o seu coñecemento dende a realidade propia da cal parte, o ámbito rural, nivel de desenvolvemento conceptual e as emocións e experiencias que extrae do mundo que o envolve. Por outro lado, a aprendizaxe significativa entende que a actividade educativa non consiste en transmitir coñecemento illados, senón en procesar e ordenar dúbidas e problemas reais que partan do interese do alumnado, que fará que o desexo de aprendizaxe sexa realmente significativo para eles, pois este desexo nace da curiosidade de coñecer todo aquilo que o rodea. Posteriormente coa actividade práctica e manipulativa xa ten sentido contextualizar aquilo que se aprende, tendo en conta que na E.Infantil a organización dos contidos e actividades do programa para a horta deberían facerse de xeito globalizado, posto que os nenos/ás perciben a realidade de forma global, dada unha característica fundamental que é o seu pensamento sincrético. Organización do traballo O horto escolar debe entenderse como un recurso máis do que dispoñemos. Neste sentido, a preparación das actividades a realizar nel terá que ser igual co que facemos na aula, cunha programación en canto ao que traballaremos e unha temporalización entendida a largo, corto e medio prazo co establecemento de turnos tanto para a práctica de actividades como para o seu coidado e mentenemento. Antes de poñernos a cavar teremos que seleccionar: * Os contidos a traballar. * Organizalos temporalmente. * Que materiais curriculares imos elaborar ( rexistro de tódalas actividades).* Deseñar un instrumento de avaliación.

Temos que ter en conta que un horto escolar ten unhas características especiais: * Os traballos veñen impostos por un calendario de sementeira, transplantes, regos, etc... * Cada actividade ten unha repercusión no horto irreversible, moi poucas veces poderemos borralas ou facer algo de novo.


* Con frecuencia encontrarémonos con imprevistos (chuvia, vento, frío...) que nos obrigarán a cambiar as actividades previstas. Xa que este horto vai dirixido aos nenos e nenas de infantil, e aos outros ciclos de primaria temos que ter en conta que as idades e capacidades, así como o número de alumnos por grupo, non son os mesmos, e polo tanto a organización faise máis complexa e particular en cada caso. Será entonces que de forma coordinada establecemos as pautas de actuación para non interferir e non obstaculizar o desenvolvemento do proxecto. Esta coordinación será a que teña a responsabilidade máxima á hora de ter unha visión de conxunto para determinar as faenas obrigatorias, os recursos dispoñibles, recoller información útil para os compañeiras do ciclo e lles axude a adecuar os contidos, propoñendo as tarefas semanais, mensuais,

a distribución dos

espazos... Esta coordinación virá asignada pola dirección do centro. Podía propoñerse inicialmente

tres

horas

semanais,

a

revisar

posteriormente

segundo

a

temporalización o tempo metereolóxico elixida polas mestras titoras e que se indica como segue: A temporalización coa cal se quere utilizar o recurso do horto escolar poderá ser voluntaria, de maneira que cada titora ( somos 9 en total) segundo o grao de necesidades ou intereses do seu grupo pode elixir un réxime de visitas ao horto quincenal, cada vinte e un días, ou cada mes. Queda aberta a participación a outras mestras, especialistas, coordinación de normalización e dinamización da lingua,… ou persoas do centro que poidan colaborar ou aproveitar este recurso. Por suposto a colaboración coas familias será esencial no desenvolvemento deste proxecto, así como profesionais do campo ou membros da asociacións para o desenvolvemento da agricultura ecolóxica cos que nos poidamos poñer en contacto. 5. As actividades no horto escolar ecolóxico. Para a consecución dos obxectivos fan falta unha serie de actividades que permitan a experimentación, que dará paso a unhas vivencias persoais que nos


permitar ir avanzando na adquisición das competencias básicas. Dende o primeiro momento os neos e nenas deben sentir o horto escolar como seu, desde que se empezar a formar ata o seu desenvolvemento, para que interiorizen que é importante que eles/as entén aí no seu coidado, nas tarfeas, que estén implicados/as en definitiva dende o seu nacemento, senón podería aparecer un día xa montado, pero entonces non o sentirían como propio. Por iso paga a pena desenvolver unhas actividades que motiven previamente, coas cales conseguiremos que lles apeteza iniciar un horto en común no que todos participen. As actividades de motivación darán paso ás actividades propias do horto. Actividades específicas do horto escolar Neste apartado faise un guión orientativo das tarefas agrícolas a desenvolver no horto, en función da época do ano e do estado de cultivos, así como de observacións e reflexións arredor dos contidos que o horto escolar nos facilita. Tarefas agrícolas Preparación do terreo: volteo, cava, alisamento, delimitación de táboas, sucos. * Incorporación de aboamentos, fabricación de compost. * Sementeira de sementes nos viveiros, táboas, * Transplante de plántulas arraigadas en viveiro. * Rego: inundación, por sucos, goteo * Mantemento: sacar malas herbas, sachado,… titoración. * Tratamento ecolóxico de pragas. * Recolección. Reflexións de campo * As sementes, tipos, diferenzas entre elas. * A xerminación. Condicións favorables. * As plantas aliméntanse e respiran. * Os ciclos dos cultivos * As condicións físico-químicas da terra. * A importancia dos aboamentos naturais. * Diferentes técnicas de sementeira, rego e mantemento. * As estacións do ano e os cultivos en cada unha delas. * A auga na vida das plantas. * Estudo do clima local. * Calendario de sementes lunar. * Propiedades das plantas medicinais. * As achegadas a preguntas dos nenos.


Actividades posibles Vexamos en dous cadros unha boa mostra de posibles actividades que teñen como referencia o horto: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal: Entre outras:* Recoñecemento das percepcións sensoriais propioceptivas -que proveñen dos propios músculos e articulacións- e as percepcións extereoceptivas –relacionadas cos campos visuais, auditivos, olfactivos, táctiles, gustativos...- * Recoñecemento dos sentidos como medio de expresión, percepción e comprensión do mundo que o rodea, e como medio favorecedor do desenvolvemento cognitivo * Adaptación do ton e da postura ás características do obxecto, da outra persoa, da súa acción e da situación * Coordinación progresiva das súas habilidades psicomotrices finas e grosas. Regulación do propio comportamento, satisfacción pola realización de tarefas e conciencia da propia competencia * Hábitos elementais de organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo * Valoración da axuda doutras persoas * Colaboración no mantemento de ambientes limpios e ordenados * * Emprego responsable e axeitado de instrumentos, ferramentas e instalacións para previr accidentes e evitar situacións de risco. Linguaxes: Comunicación e representación Entre outras: * Adiviñas, refráns, e os cantigas

populares,

poesías,

contos,

*

Contos,

*Vocabulario

do

horto.

*Construción de textos, de receitas,… Registro de nome de hortalizas . Proxecto do horto. Confección de etiquetas con nome e debuxo Arte: elexir cuadros de diferentes artistas e pintores que pinten con productos da horta. Plástica *Collage con follas, sementes, flores, pedras... murais,* *Utilización de elementos naturais en traballos: cabazas, patacas... Experimentación e descubrimento de formas, cor, textura, espazo e volumen, *Dibuxar e fotografar o horto para ver como se transforma. Lóxica-Matemáticas *Realizar medicións, peso, dimensións, conceptos lóxicos espaciais, temporais,… *Medida do crecemento das plantas e partes. Coñecemento do Contorno . Entre outras: Observar a influencia do sol nas plantas . *Descripción da relación entre os seres vivos, a luz, a auga e a temperatura. *Comparación e elaboración de conclusións entre cultivos de plantas en condicións favorables e outras que non. * Investigar as plantas e animais autóctonos máis importantes da comunidade e relacionalos con algúns factores do medio físico.


*Establecer as relacións entre os diferentes tipos de vexetación e o lugar ao que pertencen. *Análisis da actividade agraria predominante no entorno e como se manifesta na paisaxe. *Utilización responsable do ámbito e percepción da influencia da intervención humana na paisaxe. *Valoración da importancia da conservación do medio. *Identificación dos diferentes fenómenos atmosféricos (chuvia, frío, calor, vento...) e as súas consecuencias. *Reconocimiento das consecuencias imprevisibles que a modificación de calquera elemento (auga, aire, terra) do medio natural poden ocasionar. *Descripción da relación existente entre os elementos fundamentais do medio físico (auga, aire, terra) e a vida das persoas. * Identificar as repercusións sobre a saúde dalgúns hábitos de alimentación e hixiene. * Observacións do clima, precipitacións, temperatura. *Ficha de cultivos: Exemplo. * Ficha de sementes. * Descrición de paros * Estudo das raíces * Estudo dos talos * Estudo das follas: Exemplo * Observación de diferentes animais do horto, formigas, vermes, pulgóns... * Observación da xerminación das sementes. Factores que favorecen. * Realización de esbozo e plano das parcelas * Localizar cultivos no esbozo. * Deseño e construción dun espantallo. * Análise dos datos recollidos de xeito sistemático no horto. * Realización dun herbario de especies espontáneas. * Ficha de seguimento de cultivos. Saídas ambientais ( Monte Aloia, Turonia) * Experiencias de reprodución de plantas por métodos sexuados e asexuados (esporas, gallos de follas, ramas, raíces...) * Experiencias relativas ao pole. * Experiencias relativas ao fototropismo e xeotropismo. * Experiencias de crecemento das plantas. * Obtención de esencias e perfumes de plantas aromáticas. * Taller de mermeladas.* Taller de tinguiduras vexetais , pintamos coas plantas e flores. * Taller de cociña e conservas. * Participación nunha repoboación forestal ou prantar unha árbore o día da árbore. * Itinerario pedagóxico polos Viveiros da zona de Tomiño. * Itinerario Pedagóxico polo percorrido do Turonia.

6 Criterios para valorar os resultados e proceso de avaliación previsto Valoraremos dous aspectos: 1.- Se se construiu fisicamente o espazo do horto e se empregou o horto escolar


como un recurso pedagógico máis. 2.- Se con isto conseguimos iniciarnos nunha educación ambiental integral co contorno na línea marcada ao longo do proxecto. Como avaliaremos estos criterios? ·

Rexistro de actividades feitas e levadas a cabo.

·

Rexistro de problemas atopados ao longo do seu desenvolvemento.

·

Valoracións

aportadas

polos

diferentes

titores,

alumnos/as,

especialistas, familias, persoal do centro, e todos os implicados/as no proxecto etc ·

Elaboración dunha memoria detallada das actividades que se levaron a

cabo, con soportes fotográficos e gráficos. ·

Valoración das actividades paralelas que se fixeron se cuidemos

relacionalas globalmente co horto escolar.

PROXECTO HORTA BARRANTIÑA  

Este é un proxecto ambiental, didáctico destinadoa os nenos/as de E.Infantil e E.Primaria do CEIP de Barrantes en Tomiño

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you