Issuu on Google+

A NOITE DO SAMAHĂ?N Narrado polo alumno Esteban Santoro Vilas. Protagonistas: Esteban e a sĂşa familia. Lugar onde aconteceran os feitos: A Casa familiar.


Era segunda, 13 de novembro de 2009. Estábamos todos reunidos ao redor do lume a contar lendas e historias de medo, é dicir, todas esas historias baseadas na crenzas populares que se transmiten de xeración en xeración.

Meu tío acababa de terminar a súa historia e entón a miña avoa comezou a contar unha lenda que non só me sorprendeu, mas tamén me alertou...


A miña avoa falou que a noite do Samahín é a noite dos mortos. Nesa noite, abrese un portal que chaman a porta do alén que conecta o mundo dos mortos co dos vivos, o que quere dicir que os mortos regresan ao mundo do que partiran e hai que ter certo coidado co que poida pasar.

Nesa noite, a miña avoa falou que era mellor os nenos ocultaren a súa identidade con disfraces, pois os espíritos dos mortos pódenos apañar e levar con eles para o Alén.


Cando a miĂąa avoa terminou de contar aquela historia, eu levanteime da mesa e, rapidamente, coloquei o disfraz de “zombieâ€?, non fora a ser que unha daquelas criaturas me levase para sempre.

Cando me deitei, apenas consegui durmir, matinando no relato da avoa e na posibilidade de que fose todo mentira..., ou non.


A NOITE DO SAMAHÍN