Page 1

CEIP Nosa Sra. das Dores


“O Formigueiro” S.L. Fundador: CEIP Nosa Señora das Dores Dirección: Equipo de Normalización. Maquetación y diseño: Equipo de Normalización Redacción: Claustro de Profesores Axudantes de redacción: Alumnos do CEIP Nosa Señora das Dores

EQUIPO NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Curso 2011_2012 CEIP Nosa Sra. das Dores


EDITORIAL

Os tempos cambian, os distintos descubrimentos e invencións obrígannos a evolucionar. Todos lembrarán os primeiros números da revista en branco e negro, encadernados con grapas. Logo virían xa as feitas nunha copistería e, últimamente a toda cor. Pero non quedou aí a cousa; este ano e, agardemos que os vindeiros anos, tamén, volvemos a darlle outro xiro… ESTÁ EDITADA EN FORMATO DIXITAL!!!

Nº1 do Formigueiro

Disfrutade un ano máis dalgunhas das historias vividas e das actividades desenvolvidas no noso centro plasmadas en “O FORMIGUEIRO”.

“O FORMIGUEIRO” Renovarse ou morrer… Esta máxima podería aplicarse a “O FORMIGUEIRO”, a revista do noso Colexio, que todos os anos por estas datas sae á luz.

A DIRECCIÓN

No decorrer do tempo, desde aló polo 1975, que botou a andaina do Centro, houbo moitos intentos de elaborar unha revista, na que se resumisen as actividades realizadas durante o curso. Foron intentos meritorios, pero espallados, sen unha continuidade. Foi no ano 1990 cando comeza a dar os primeiros pasos, a revista tal e como coñecemos na actualidade: “O FORMIGUEIRO”. CEIP Nosa Sra. das Dores


ALUMNOS AULA ABALAR de 6º de E. Primaria

Neste novo formato da revista “O Formigueiro” queremos deixarvos un pequeno resumo dos nosos traballos durante todo este curso. Comezamos pola revista dixital " "Con raíces en Forcarei ”.

Seguimos coa mesma revista en versión presentación para mostrarlla aos máis cativos. Para vela facede click en PRESENTACIóN.

Tamén colaboramos coa Wikianimals, cos alumnos de L'Ateneu de san Joan Despí, que pretende ser unha wikipedia de animais para escolares de E. Primaria. Se vos interesan as nosas colaboracións entrades aquí. WIKIANIMALS. As nosas colaboracións son as de galego.

E traballamos os poemas de García Lorca en galego para a nosa colaboración no “ Proyecto colaborativo Libro Virtual Federico García Lorca” elaborando un wiki: garcialorcaengalego.wikispaces.com Nel ademais de tratar de divulgar os poemas en galego de García Lorca, que moita xente descoñece, tamén incrustamos vídeos cos poemas musicados por grupos tan importantses como: Luar na Lubre, Amancio Prada...

A este proxecto o Ministerio de Educación otorgoulle o “ SELLO DE BUENA PRÁCTICA” leer.es do mes de xaneiro. CEIP Nosa Sra. das Dores

CEI P


Completamos un traballo que comezamos o curso pasado colaborando co wiki:

arbolesdelaescuela.wikispaces.com/ e rematamos este curso cun wiki que abrimos nós: asnosasarboresnooutono.wikispaces.com/

Podedes coñecer algúns dos nosos contos no blog: “A nosa aula” na seguinte dirección: http://moitashistorias.blogspot.com.es/

E se queredes visitar o noso blog de aula podedes facelo na seguinte dirección: bolboretasdemoitascores.blogspot.com

CEIP Nosa Sra. das Dores


Fomos invitados a "EXPO CORUÑA DE EDUCACIÓN". Pola mañá visitamos a"CASA DAS CIENCIAS" onde nos explicaron a posición dos astros, no ceo de Forcarei, durante o mes de abril

E pola tarde estivemos no recinto habilitado para a "ExpoCoruña de Educación", na aula Abalar, desenvolvemos unha sesión de inglés.

tamén tivemos tempo para recorrer o resto da mostra e de ir ao karaoke...

CEIP Nosa Sra. das Dores


Como ĂŠ costume participamos nas "Xornadas Deportivas"...e como era de esperar ... quedamos moi ben clasificados.

E como

CEIP Nosa Sra. das Dores


N贸s e a nosa productora:

Queremos despedirnos de todos v贸s

ATA O IES!

CEIP Nosa Sra. das Dores


GALERÍA DE FOTOS DE HALLOWEEN


T HE E N G LI S H CORN E R Un ano de esforzo, un ano de recoñecementos. O pasado 20 de decembro saíu publicada no BOE a resolución da Secretaría do Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se conceden os Premios Nacionales de Innovación Educativa para o ano 2011 e recibimos a increíble noticia de que o noso proxecto FIFA World Cup South Africa 2010 recibíu unha das 10 mencións honoríficas desta edición. Con estos premios quérese recoñecer o traballo dun centro ou dun grupo de mestres, naquelas prácticas didácticas que se consideran de especial relevancia para a mellora do ensino, valorando especialmente a súa aplicación prácica na aula e a posibilidade de difusión noutros contextos. Gustaríame felicitar a todos os premiados nesta edición e, sobre todo, ós alumnos que realizaron este proxecto o curso pasado.

CEIP Nosa Sra. das Dores


Somos finalistas do VI Premio ESPIRAL EDUBLOG 2012! E digo “somos” porque esto non sería posible sen o traballo, esforzo e ilusión de todos os meus alumnos durante estes tres anos de continuo aprendizaxe. Tampouco quero esquecerme do apoio das familias e de todos os amigos, lectores e visitantes desta bitácora que hoxe non cabe de orgullo. Noraboa a todos os finalistase gañadores e, sobre todo, a todos os blogs presentados porque puxéchedes o listón moi alto nesta edicción.

Dos 168 blogs presentados na primeira edición do ano 2007 repartidos en cinco categorías pasamos aos case 1900 deste ano. Dende o ITE, o Instituto de Tecnologías Educativas do Ministerio de Educación quixeron facernos o mellor agasallo deste Nadal: concedéronnos o distintivo de Buenas PrácTICAS 2.0 polo traballo realizado dende o noso blogue. Antes de nada darlles as gracias o ITE por considerar esta experiencia digna de aparecer no seu blogue de Buenas PrácTICAS 2.0 e, sobre todo, agradecer a todos os rapaces que durante estes anos fixeron posible esta magnifica experiencia.

MOITÍSIMAS GRACIAS! Vai por todos vós!!!!!!

CEIP Nosa Sra. das Dores


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou a Mostra do Ensino Galicia 2012 entre os días 11 e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia. Entre outras, esta mostra ten como finalidade expoñer ao profesorado e á sociedade en xeral as posibilidades que pon a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en materia de idiomas, de TIC (Proxecto Abalar, emprendimiento, innovación educativa….), etc. Para iso no pavillón V.06, a mostra contou cunha aula Abalar onde diversos docentes co seu grupo de alumnos amosamos a nosa práctica educativa neste eido. Os nosos alumnos e alumnas de 6º de primaria acompañados/as da súa titora e Coordinadora Abalar e da mestra de Inglés , fomos convidados a participar en dita mostra hoxe para amosar o manexo adquirido nestes dous cursos coas ferramentas e programas instalados nos miniportátiles abalar e o encerado dixital, nunha aula disposta en dita mostra para tal fin. Na primeira xornada, tivemos a oportunidade de demostrar o noso bo facer cunha sesión na que intentamos reflexar o traballo realizado na aula de inglés coa unidade“St. Patrick’s Day”.

CEIP Nosa Sra. das Dores


O pasado día 12 de xuño, Raúl Hidalgo, asesor na consellería de educación e encargado da sección experiencias 2.0 no espazoAbalar, púxose en contacto connosco despois de atopar o traballo que temos no libro virtual sobre García Lorca . E como lle pareceu unha experiencia interesante para difuncir nesa sección, pedíunos permiso para facer unha publicación. Coma non!!!! Durante o curso 2011/2012, 25 docentes de 40 centros educativos de toda España participamos este curso no “Proxecto colaborativo Libro Virtual Federico García Lorca” promovido por Lourdes Giraldo (galardonado co distintivo de Buena Práctica Leer.es do Ministerio de Educación) para crear un libro virtual co que acercar a figura de Federico García Lorca aos estudantes de todos os niveis educativos. Utilizamos o programa OurScrapBook, un software libre para a creación de libros virtuais moi utilizado nos centros de Andalucía. O resultado é un conxunto de 340 actividades realizadas nos distintos centros participantes e recollidas nun libro virtual, onde profesorado e alumnado de cada un dos centros escribimos un capítulo.

A comunidade galega tivo un representante neste proxecto, o CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, onde un grupo de alumnas e alumnos de inglés de 4º e 6º de primaria deixaron varios poemas recitados, as wikis LorcaeGalicia eThepoetinnewyork e un vídeo no que contan o que aprenderon sobre a vida de Lorca. Á vista do resultado da enquisa final do proxecto, todas as persoas que participamos estamos dispostas a repetir con outro tema.

CEIP Nosa Sra. das Dores


GALERÍA DE IMAXES DO NADAL


OS FELOS A SÚA ORIXE: TRABALLO REALIZADO POLOS ALUMNOS DE 4º CURSO

Son disfraces que proveñen da época medieval. Eran persoas que se disfrazaban para burlarse do señor feudal.

Agora esta tradición séguese mantendo nunha comarca de Ourense chamada Maceda.

CEIP Nosa Sra. das Dores


O DISFRAZ DOS FELOS:

O disfraz está composto pola: .

MÁSCARA: careta de madeira cun animal feito de lata pintada.

TRAXE: cintura e medias negras. camisa blanca, pololos, chaquetilla coma a dos toreros con galóns dourados, charretas de militar, unha colcha envolta arredor da cintura.

SO SE PODEN DISFRAZAR DE FELOS OS HOMES SOLTEIROS.

AS TRASNADAS DOS FELOS

CEIP Nosa Sra. das Dores


Son rebeldes, entre as súas falcatruadas destacan: Levantar ás saias das mulleres

Asustar aos nenos­as Tiran á xente unha mestura formada por viño, ovos e azucre Ameazan co seu bastón

CEIP Nosa Sra. das Dores


U N A N O M OI L A M B ÓN

Os Picariños tivemos un e sobre todo, moi lambón. As fixeron foron moitas e moi demos contas no noso

ano moi entretido, actividades que se variadas das que blogue de aula h t t p: / / o s pi c ar o s de van e . bl o g s po t . c o m . e s .

Sobre todo, hai varias delas das que nos sentimos moi orgullosos: o Receitario Viaxeiro (coa colaboración das familias), a Araña e mais eu e Pequeno Azul e Pequeno Amarelo (contos traballados), Cóntoche un contiño? (familia contacontos), Cociña en familia (taller de cociña coas mamás), investigacións sobre os inventos no O Mundo dos Inventos… e sobre todo, durante este curso fomos cociñeiros e cociñeiras en acción, facendo madalenas disfrazadas polo Samaín, Bocadiños de Paz en xaneiro, Doce de Amor polo San Valentín, filloas polo Entroido….. e outras tantas receitas que atoparedes no noso Receitario: http://onosoreceitario.blogspot.com.es. Agardamos poder seguir gozando de fermosas e grandes aventuras no vindeiro curso, e sobre todo, poder seguir contando coas nosas familias para realizar actividades tan interesantes como as de este curso.


AS TECEDORAS E FIADORAS DE FORCAREI

Mulleres fiando en Forcarei nos anos 50 ANOS 50

TRABALLO REALIZADO POLOS ALUMNOS DE 4ยบ CURSO

CEIP Nosa Sra. das Dores


Introdución A escaseza de rendimentos económicos do campo e a influenza e guía dos frades que vivían no Mosteiro de Aciveiro, son factores que contribuíron a que en Forcarei prosperasen os oficios artesáns. Algúns dos máis importantes son: canteiros, borreiros, agricultores e o das tecedoras e fiadoras. Deste último imos falar a continuación. Agora todos levamos roupa nova feita por empresas téxtiles. Pero, antes como facían a roupa? Fai falla fío que se pode obter de diferentes produtos. En Forcarei, a maior parte do fío obtíñase da planta do liño. Este era un traballo artesán que facían as mulleres, eran as chamadas

FIADORAS.

Este oficio xurde da escaseza de ingresos económicos que proporcionaba o campo. Deste traballo as mulleres sacaban un aporte extra de cartos ademais de cubrir as necesidades familiares, que nos tempos de escaseza era moi importante.

O proceso de obtención d o fí o a partir do liño

CEIP Nosa Sra. das Dores


A elaboración do liño é un proceso que leva moito tempo e traballo.

PRIMEIRO PASO: O SEMENTADO.

O liño é unha planta que antigamente se cultivaba nos campos. Seméntase no mes de abril ou no verán e recóllese no mes de agosto (isto depende da climatoloxía) que

Hai que sementalo nunha terra de regadío onde medren poucas herbas. A terra ten estar previamente limpa de impurezas. O coidado que precisa mentres medra é limpar as malas herbas (mondar)

SEGUNDO PASO: ARRINCADO E RIPADO.

A finais de xullo ou principios de agosto, cando bota o “bagazo” e se pon de cor amarela é o momento de arrincalo coa raíz, batendo a planta contra a perna para quitarlle a terra. A continuación xúntase en gavelas chamadas “empozadoiros” para levalos para a casa e ripalos. Esta tarefa faise na eira onde se malla o centeo xa que nese momento está bosteada (chea de bosta das vacas) e así é máis doado recoller as sementes. Nalgúns casos isto tamén se facía na mesma terra onde estaba sementado.

O ripado facíase para separar a semente da planta, facendo pasar esta por entre os dentes dun instrumento chamado “ripo”. A semente que se lle quita ponse a secar ao sol uns días para que a bagaña abra e poder extraer a “liñaza” que se garda para varios usos, o principal era usalo como semente para o ano seguinte. Pero naquela época tamén tiña un uso medicinal en forma de ungüento ou aceite (aceite de liñaza), moi útil para curar queimaduras.

RIPO

CEIP Nosa Sra. das Dores


Para que o liño abrande hai que mergullalo nun pozo con auga estancada e deixalo entre oito e nove días, dependendo da calidade de liño. Para saber se xa está “cocido”, refrégase e se sae a “tasca”, sácase do pozo. Cada persoa levaba o seu liño e facía un pequeno pozo cunhas pedras para separalo do do veciño, compartían o mesmo río pero respectaban o espazo de cada un.

CUARTO PASO: SECADO Posteriormente lávase e esténdese nun campo, onde lle dea o sol permanentemente, dándolle a volta de vez en cando para que seque ben. Unha vez ben seco recóllese formando “móllos” (tres gavelas ou empozadoiros xuntos) QUINTO PASO: MAZADO Para esta tarefa é imprescindible que o liño esté ben quente, para iso os “móllos”, completamente secos, esténdense de un en un, unhas horas nun campo soleado, ata que estean ben quentes. Transcorrido este tempo, recóllese e ponse no “mazadoiro” para golpealo, proceso no que se usa o “mazo”, unha peza rectangular grosa de madeira que presenta nunha das súas caras unhas fendeduras lonxitudinais, e conta cunha parte máis estreita a modo de mango para agarrar. Seguidamente o liño mazado refrégase coas mans na pedra, coma se fora unha prenda de roupa (para que lle vaian saíndo os tascos e a parte leñosa) e así separar a palla da fibra. Nesta para

tarefa

era

onde

a

xente

do

pobo

compartía

espazo

e

tempo.

Usábanse como “mazadoiros” pedras ou lastras que a xente utilizaba o resto do ano charlar, eran lugares de tertulia.

O “mazado” era unha tarefa conxunta, pois aínda que cada un mazaba o seu liño procuraban coincidir todos para facer o traballo máis levadeiro, falando das cousas do día a día e mesmo cantando. Se algún remataba pronto, axudaba ao outro sen ningún tipo de interese.

MAZA

CEIP Nosa Sra. das Dores


SEXTO PASO: ESPADELADO OU TASCAR O LIÑO

O seguinte paso para conseguir que o liño se vaia facendo máis fino é o espadelado que serve para sacar os “tascos”. Para iso úsase a “fitoira” ou “espadeleiro”, que é unha peza de madeira en forma de T invertida, e que pisamos cos dous pés para evitar que se mova a espadela, unha especie de espada ancha e curta, tamén de madeira, coa que golpeamos o liño que colocamos encima da “fitoira”. que

Ao remate o material queda moi fino, sen casca, e debe enrolarse en “estrigas” para non se enrede. Logo almacénanse para restrelalas.

O espadelado facíase de forma individual ou de xeito colectivo, entre varios veciños empregando os baixos das casas, e se facía bo tempo debaixo dos corredores.

SÉTIMO PASO: RESTRELADO

As estrigas almacenadas necesitan ser restreladas. Isto faise cun instrumento en forma de banco que nun dos seus extremos ten uns pinchos curtos e moi xuntos. Colócase unha pedra encima para que non se mova e pásanse as febras entre os seus dentes. Sácanse tres febras: a primeira, máis grosa e tosca son os “cabezos”, a segunda é a “estopa”, e a terceira e máis fina o liño. Esta operación tamén se chama asedar.

RESTRELO

CEIP Nosa Sra. das Dores


OCTAVO PASO: O FIADO Rematado o restrelado, hai que fiar o liño, para isto empregamos a roca e o fuso. A roca é unha vara, xeralmente de abeleira, a uns 25cm. do extremo superior colócaselle un avultamento de madeira chamado “roquil”, onde logo irá colocada a madeixa de liño que se atará co naipe, tira de coiro que está suxeita no extremo da roca. O fuso tamén é de madeira e aseméllase a unha buxaina alongada. Para fiar colocamos a roca na cintura. Enrolamos a estopa na parte máis grosa da roca e colocámoslle o naipe para evitar que se mova. Suxeitamos o fuso cunha das mans, tirando coa outra man do liño, que ao ter unha textura semellante á do algodón é doado transformalo en fíos, que van enganchándose no fuso, quen os vai retorcendo e elaborando totalmente grazas a pericia da persoa que o fai xirar. Cando o fuso está cheo, quítase o fío pola parte estreita, e así queda feita unha “mazaroca”. O fiado deixábase para ocupar as frías e longas noites de inverno. Polas noites reuníanse uns nas casas dos outros. Xeralmente as que fiaban eran as mulleres. Estas reunións daban lugar á tertulia, aos cantos, e mesmo a mocear.

NOVENO PASO: O ENSARILLADO O seguinte paso é o ensarillado, que se fai co sarillo para darlle ao liño a forma de madeixa. Con varias “mazarocas” ensarilladas faise unha madeixa. Xúntase o fío das mazarocas poñéndoas no sarillo, aparato de madeira composto por catro aspas xiratorias, nas que se vai enredando o fío ata formar unha madeixa.

SARILLO

CEIP Nosa Sra. das Dores


DÉCIMO PASO: O CLAREO O penúltimo proceso é o do clareo. Colócanse as madeixas nun recipiente con auga e póñense a ferver durante dúas horas. Despois hai que clarealas durante tres ou catro días expoñéndoas ao sol. Cando se aprecia que a cor se vai volvendo máis clara, recóllense e lávanse nun lavadoiro,volvendo outra vez a poñelas ao sol para que sequen. UNDÉCIMO PASO: O TECIDO (FACER NOVELOS)

O último proceso polo que pasa a febra é poñela na debandoira, aparello parecido o sarillo, pero que está en horizontal coa intención de desenvolver as madeixas, para facer os nobelos que se levan ao tear e tranformalos en teas.

E AGORA TODOS A TECER E COSER

FIN

CEIP Nosa Sra. das Dores


AS PARROQUIAS DE FORCAREI N贸s, os m谩is cativos do colexio aprendemos este ano as parroquias do noso concello. Pero non de calquera xeito, sen贸n que fixemos un crebacabezas extraordinario, e xoga que te xoga, xa sabemos que Forcarei ten 13 parroquias!!! MIRADE QUE CHULI NOS QUEDOU AOS CATIVOS DE 3 ANOS O NOSO

CREBACABEZAS

CEIP Nosa Sra. das Dores


O ARXINA E O FELO Co gallo do Día do Libro, dende Normalización, trouxemos a Forcarei un libro escrito polo noso veciño “Rochi” e representado pola compañía Viravolta de Lalín que tivo a deferencia de representar en primicia a montaxe “O Arxina e o Felo” nos colexios de Forcarei e Soutelo. Garabullo e Mangarrias, dous afamados e gurróns canteiros, entre picar e filosofar, filosofar e picar cantan unha cantinela: escurria purruncho! purruncho escurria! E asi apréndenlle o segredo do verbo dos arxinas ao seu morrón Fuxurdín. Un demo burlón que escoitou o cantar para facerse coas súas volandinas encoméndalles a construcción dunha fermosa ponte... SE QUEREDES SABER MÁIS SOBRE ESTA MONTAXE ENTRADE NO NOSO BLOGUE “arxineando.blogspot.es”. O espectáculo, cos seus protagonistas principais, os arxinas, fixeron as ledicias de pequenos e grandes.


UN PASEO POR SEGUNDO Este curso que remata fixemos, coma sempre, unha infinidade de tarefas : aprender contidos a montóns,traballos por un tubo, proxectos integrados, ditados, lecturas.......... unha chea de cousas! O certo é que foi intenso pero tamén divertido.

Para que vexades unha mostra do feito, deixámosvos un enlace ao noso blogue dende a revista do cole, “O Formigueiro”; que este ano púxose moderna e converteuse en dixital. Como o blogue é de recente creación non aparece todo o que fixemos pero algunha cousiña interesante, se cadra , podédela atopar.

Disfrutade destas páxinas virtuais

boas vacacións!!!

e .....


DEPORTE ESCOLAR Coma todos os anos, participamos cos colexios da Agrupación Deportiva Terra de Montes nas competicións deportivas do Programa Xogade.

Disfrutamos do deporte e, o máis importante, non se mancou ninguén.

Felicidades!!!!!!!!! Como complemento ás actividades deportivas realizadas no centro, disfrutamos dunha serie de propostas diferentes relacinadas co badminton, baseball e escalada promocionadas pola Dirección Xeral de Deportes.

Ademais, ao longo do curso os rapaces practicar distintos xogos populares galegos.

puideron

coñecer

e


Estampas da memoria O salón de actos do colexio converteuse durante unhas semanas nunha pequena galería fotográfica . Gracias á aportación de todas as familias, así como do fondo fotográfico co que conta o noso centro, montamos unha exposición que trata de recoller a vida no noso concello nos últimos 50 anos.

A través desas estampas, os maiores recordaron retazos do seu pasado e os máis cativos, descubriron fermosas historias dos seus maiores.


BIBLO SEGUE A SÚA ANDAINA Este curso, Biblo, a mascota da nosa biblioteca, permitiunos gozar dos e cos libros, e para iso desenvolvemos, coa axuda, tanto de alumnos e alumnas como de mestres e mestras, traballos ben interesantes como Caligramas en Outono, Corazóns Mensaxeiros, Mulleres Traballadoras Galegas, O meu libro preferido…. agora ben, a actividade central deste curso foi o Proxecto Documental Integrado sobre

Forcarei: Onde vivimos?.

Dende Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria, todos os cursos, ao seu nivel, levaron a cabo unha investigación, procurando información sobre diferentes aspectos de Forcarei: parroquias, gastronomía, festas, costumes, as pontes do Lérez, pintores e artistas……..

Se queredes ver o traballo realizado con máis detemento só tedes que entrar na casa de Biblo,o blogue da biblioteca,

http://bibloenforcarei.blogspot. com.es e gozar co que alí atoparedes.

Esperámosvos!!!


OS NOSOS BLOGUES Pero todo o que está recollido nesta revista é unha pequena escolma do que se fixo no colexio ao longo do curso. O traballo reflexado nesta páxinas é soamente a punta do iceberg. Se queredes coñecer e descubrir outras marabillosas cousas que se agochan tralas paredes no noso centro, botádelle unha ollada aos nosos bloques que atoparedes a través da páxina web do noso cole. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenoradores/

http://bibloenforcarei.blogspot.com.es/

http://orecunchodasfadas.blogspot.com.es/

http://bolboretasdemoitascores.blogspot.com.es/

http://arxineando.wordpress.com/

http://ospicarosdevane.blogspot.com.es/

http://thisisourenglishcorner.wordpress.com/


Boa merecida xubilación Xa levamos algúns anos cunhas cantas despedidas ao final de curso. Despedidas merecidas despois de moitos anos adicados a esta nosa profesión e ao noso centro. Todas as despedidas teñen un sabor agre pois son moitas horas de convivencia e traballo compartidas. Pero, aínda que un non imaxina nunca o momento de recoller as cousas das clases e cruzar a porta do colexio como mestre por última vez, temos sempre a esperanza de que algo do que puideramos facer ao longo da nosa vida profesional quede apegado na memoria de todos aqueles, rapaces e compañeiros, que compartiron tantos anos de ricas experiencias. Os mestres son coma os viños. Os malos avinágranse co tempo. Os bos melloran. Esta é a lección que nos deixou Laura. Aínda estando na recta final da súa vida profesional, Laura soubo subirse ao tren das novas tecnoloxías e implicouse dunha maneira exemplar sacándolle horas ao día para deixarnos todo preparado para que poidamos seguir traballando e mellorando. Ensinounos que con constancia, sacrificio, empeño, ganas de superación e amor ao seu traballo todo é posible.

Disfruta deste merecido descanso!!!


Revista Escolar "O Formigueiro"  

Revista Escolar "O Formigueiro"

Revista Escolar "O Formigueiro"  

Revista Escolar "O Formigueiro"