Page 1

0 Curso 2012-2013 CEIP NOSA SEテ前RA DAS DORES

[Escriba texto]

Pテ。gina 0


Revista Escolar “O Formigueiro”

FUNDADOR: CEIP Nosa Señora das Dores Dirección: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística Maquetación e deseño: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística/ Equipo Tics Redacción: Claustro de Mestres. Alumnos do CEIP Nosa Señora das Dores

Curso 2012-2013

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

EDITORIAL 2012-2013, que curso! Non fai falta moita inspiración, nin moita imaxinación, para facer unha pequena introdución á revista deste curso, xa que enchería páxinas e páxinas para rememorar todas as actividades realizadas, se as esmiuzara todas. Así que vou facer un pequeno recordatorio. Conmemoracións como o Halloween, Nadal, Día da Paz, Día da Música, Muller traballadora, Día da Poesía, Día do Libro… encheron as aulas, corredores e distintas dependencias do centro, de murais, lemas e eslogans sobre as mesmas. Actividades de Abalar e de Biblioteca, procuraron máis actividades para docentes e alumnos; creando grupos de traballo dos que saíron actividades a realizar polo alumnado do centro. Proxecto Documental Integrado, que versou sobre oficios tradicionais: canteiros, fiandeiras, cereiros, zoqueiros, agricultores, muiñeiros, leiteiras e ferreiros colmaron o curso de actividades de investigación, composición e exposición dos distintos traballos.

Saídas lúdico-culturais completaron un curso repleto de actividades, que agardamos teñan continuidade nos cursos vindeiros. Os alumnos e alumnas do centro foron os principias artífices de todas esas actividades, dirixidos, por suposto, polos mestres e mestras, que ano tras ano procuran que a educación no CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, sexa punteira en todos os aspectos. Non me queda máis que felicitar ao claustro de mestres e mestras que procuraron acadar os obxectivos propostos ao principio de curso e, aos alumnos e alumnas que facilitaron a labor daqueles. Tamén debo lembrar a catro compañeiras que se marchan do Centro buscando novos destinos: Begoña, Celia, Sonia e Dolores. Ogallá que lles vaia bonito, e que sigan tendo a mesma forza de ánimo para seguir desempeñando a profesión máis bonita do mundo: EDUCAR A NENOS E NENAS. Desexo que os vindeiros cursos sexan igual de frutíferos que o que está a piques de rematar, o CURSO 20122013; todos xuntos acadarémolo.

A DIRECCIÓN

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

CANDELA

NOÉ

CRISTINA

DIEGO

BEATRIZ

FELIPE

AITANA

ANTÓN

LEO

ALICIA

FRAN

BRAIS

DIEGO

CONSTANTE

ALBA

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Había unha vez dúas irmás que sempre discutían. Esta era a súa discusión. Non, porque ti dentro de pouco vas ter arrugas

Non parades de discutir, por Deus!

Eu son a máis fermosa por ser a máis vella.

Ti eres a máis fea! Ja, ja , ja!!! Non me importa. Non son coma vós.Anda, deixade de discutir e baixade a almorzar.

Vaaaale! Pero eu almorzó na taza rosa.

Nooon! Eu na taza rosa. Colle ti a amarela!

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

Basta!! Imos almorzar nas tazas brancas as tres. E o digo eu porque son a maior.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” Imos almorzar xa!

Vale

Despois de almorzar xogaron e logo xantaron. E voltaron a discutir coma sempre. Entón, a irmá maior ocorreuselle unha idea.

Dacordo

Imos falar co príncipe Blandón e que el organice un concurso para elexir a máis fermosa.

Dacordo

O prícipe dubidou moito entre as dúas irmás. Ao final decidíu que ámbalas dúas eran moi fermosas e que non debían pelexar por iso.

Boa idea

Logo a vela maior díxolle ao príncipe: Queres casar comigo?

Si, pero coa condición de que as miñas irmás veñan vivir comigo ao castelo.

Por suposto! A ver se che fan caso a ti, porque o que é a min non me fan caso ningún. E as tres veliñas viviron felices e non voltaron discutir nunca máis. Ana 4º Primaria CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Roberto, garda forestal nado en Presqueiras, visitou o noso centro para falarnos do mundo dos cogumelos. Previo a súa charla, os rapaces trouxeron cestas con cogumelos que recolleron nos nosos montes e investigaron un pouco sobre o tema coa axuda dos seus profesores para realizar un turno de preguntas despois da súa . Pero ninguén mellor que os nosos rapaces para relatar esta experiencia.

Hoxe no colexio estivo un home chamado Roberto que veu darnos unha charla sobre cogumelos. Roberto traballa no monte e por iso sabe tantas cousas sobre os cogumelos. Expliconos como recoñecelos, cales se comen, cales son venenosos e ensinounos as súas parates.Tamén nos explicou como cortalos para que no seguinte ano crecerán máis.Explicounos como cociñalos e que pasaría se comemos un cogumelo venenoso. Díxonos qu nos daría cagarría, vómitos, dor de tripa e que incluso podemos quedar en coma ou morrer.Despois, ao final, preguntámoslle cousas que non entendéramos. Diana 3º Primaria

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Estamos en tempo de cogumelos, nacen en moitos lugares e hai moitas variedades. Temos as comestibles coma o níscalo e o champiñón e as venenosas, que se recoñecen pola súa chamativa cor ( vermello, branco ou amarelo) e polo seu cheiro. Aínda que sexan venenosas para nós, non o son para certos animais. Para axudar á súa reproducción, temos que usar cestos de madeiros ou vimbio para que as súas sementes se estendan por campos e bosques. Así, o vindeiro outono teremos unha boa colección de cogumelos. Mario 3º Primaria

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” Algunhas persoas pensan que se os bichos comen os cogumelos ou se estes teñen aneis son comestibles. Estas crenzas son falsas porque hay cogumelos con anel que son venenosos e outros dos que se alimentan animais que tamén o son. Cando recollemos setas non podemos mesturar na mesma cesta cogumelos venenosos e comestibles porque se contaminan e é mellor tiralos. Se non coñecemos un cogumelo é mellor deixalo no monte e se collemos un coma os Boletus temos que deixar a esponxa no chan porque está chea de esporas que son as súas semillas.Foi moi interesante estar alí! Sabela 3º Primaria

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Infantil 3 e 4 anos

Infantil 5 anos

1º Primaria

2º Primaria

3º Primaria

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

6º Primaria 5º Primaria

4º Primaria

Actuación dos profes Exhibición de baile

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

COUSAS DE TERCEIRO Os alumnos e alumnas de 3º este curso fixemos una morea de cousas. Non queremos aburrirvos con todo o que aprendemos así que mostrarémosvos o que máis nos chamou a atención. A maioría das cousas que traballamos están colgadas no noso blogue: http://orecunchodasfadas.blogspot.com.es/. Alí atoparedes: a visita que nos fixeron os Picariños de 5 anos para explicarnos cousas da vendima,

celebracións varias no cole,

a visita de Francisco para presentar Metacios

Rozados”Rochi”

ou as anécdotas do Deporte Escolar.

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Tamén aparecen charlas interesantes,

o día que fixemos filloas cos de 5 anos,

e non podemos esquecer a parte que nos tocou no Proxecto Documental Integrado sobre os labregos. http://orecunchodasfadas.blogspot.com.es/p/pdi-oslabregos_21.html

Para rematar a nosa intervención incluímosvos unhas crónicas sobre algunhas das actividades realizadas. Esperamos que vos gusten!!! Saída a Santiago(20/02/13) Visita das avoas (06/03/13)

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Unha vez había un cereiro chamado Teo. O seu avó fora o que lle ensinara a ser cereiro e que tiña un segredo: as abellas eran as súas amigas e falaban con el! Ademais, eran elas as que lle fabricaban o mel e a cera. A súa mellor era a Raiña Dona Felisa Segunda que era unha abella moi xenerosa coas súas abellas traballadoras. Ao cabo duns cinco anos o avó de Teo morreu e, no seu carto, atopou una carta que poñía:

Querido Teo: Vouche revelar o meu segredo. As abellas son as miñas amigas. Teo quedou abraiado e foi correndo ao xardín, que era onde o seu avó tiña as colmeas, e mirou pola portiña da colmea a raíña falando. Cando a abella veu a Teo ficou calada e o rapaz díxolle:

-“Non te cales que sei que falas, que ti eras moi amiga do meu avó.” A abella comentoulle que tiñan un problema. Os abellorros metíanselles na colmea e as atacaban. Teo recordou os consellos do seu avó e ordenoulles que sairan da colmea. Foi á casa a buscar una tella e prendeulle lume. Soprou con moita forza para que o fume entrara na colmea e espantara aos abellorros volvendo así a paz a colmea. A partires daquel día Teo converteuse en amigo das abellas e o seguinte cereiro. Autor: Hugo (4º Primaria) Asesor técnico e ilustrador: Mario (3º Primaria) Corección: Josetxo (pai)

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” O GUERNICA: UN CADRO PARA A PAZ Este ano os alumnos de 6º atopamos un cadro en internet que nos pareceu un tanto “rariño”. Entón decidimos investigar e quedamos sorprendidos por todo o que atopamos agochado nel. Resulta que é un cadro que simboliza a paz; imos ver por que: 

Pablo Picasso pintou o cadro “Guernica “ no ano 1937, durante a Guerra Civil.

É un cadro sobre os horrores da guerra, por iso o orixinal está pintado en branco, negro e tonos de grises.

As medidas do cadro orixinal son: alto: 3,5 metros e ancho: 7,7 metros.

Está exposto no museo “Reina Sofía” de Madrid.

Está cargado de simboloxía, é dicir, cada figura do cadro significa algo:  Pomba con á rota = Paz rota pola guerra. 

Ferradura = esperanza, sorte.

 Luz = bombas da guerra  Candil = alegoría da República  Nai con neno no colo = dor  Touro = sorpresa, aturdimento.  Cabalo = sufrimento  Rabo do touro = destrucción  Estrela de cinco puntas = fe  Espada = perdedor  Flor = esperanza Os nenos e nenas deste colexio pedimos que o que representa este cadro non volva ser real como foi naquel tempo. Tamén pedimos que non haxa máis pelexas entre nós pois é a maneira en que podemos empezar a ter paz dende o patio do noso colexio.

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Con Francisco Rozados “Rochi” e a revista “Metacios” o Equipo de Normalización inicia o espazo “Son de aquí”. Rochi xa nos visitara o curso pasado para presentarnos en primicia a obra de monicreques titulada “O arxina e o felo” e, deixounos tan bó sabor de boca ,que quixemos devolverlle o seu agasallo iniciando con el esta serie de relatorios para dar a coñecer aos nosos nenos o valor da nosa cultura a través de distintos persoeiros relevantes da nosa terra. Durante unha hora Rochi comparteu connosco o coñecemento,o amor e o orgullo que sente pola terra que o veu nacer e converterse nun dous máis ferventes difusores da cultura e tradicións dos nosos antergos. Con el comprendemos que o coñecemento das nosas raíces fainos ser quen somos e, que sen ela, perderíamos a nosa esencia e identidade. O seu interese por manter viva a cultura do noso concello levouno a respaldar económicamente a continuación do proxecto Cotaredo, agora baixo o nome de Metacios. A revista continua coa temática da anterior publicación así coma co respaldo dos colaboradores habituais coma Xosé Luis Barreiro , José Raposeiras e Carlos Baliñas, entre outros.

Aínda que Federico non é nado na nosa terra o seu vencello con ela é fondo coma as raíces dun carballo. Por iso decidimos invitalo as nosas xornadas “Son de aquí” proxectando o seu documental “Amelia de Terra de Montes” a través do cal descubrimos o seu amor pola nosa natureza. (Caricatura realizada por Fernando Ruibal “TTai”) Natural de Mondoñedo (Lugo) e residente en Pontevedra, Federico defínese como “naturista, productor e realizador audiovisual de documentais de natureza e etnográficos, educador ambiental e presentador de programas radiofónicos de temática medio ambiental” como reza na autobiografía que encabeza o seu blogue Federico de la Peña- Divulgación Audiovisual.

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” Ademais colabora nas revistas “Periplo” (INCAFO) e “Vida Silvestre” (ICONA) e foi gañador de diferentes premios como: .Víctor López Seoane (1982) . Ciudad de Pontevedra a los valores científicos (1983) . Galicia de Micoloxía (1994) . Prisma “Casa de las Ciencias” (1996) . Ferpalia (2005) . Prisma “Casa de las Ciencias” (2010) “Este ambicioso documental sobre a comarca de Terra de Montes permitiranos apreciar a fermosura dun lugar no que natureza e tradición permanecen inalteradas. Federico de la Peña será quen de amosarnos unha parte importante da vida animal e vexetal desta zona nun percorrido polas distintas estacións do ano, deténdose preferentemente no outono e na primavera. Neste camiño teremos a oportunidade, tamén, de ollar un tradicional aparello: o muíño, noutros tempos elemento de grande importancia económica e social. É esta unha viaxe pola natureza de Terra de Montes da man de Amelia, unha anciá que vive soa e que serve de base para afondar nos valores paisaxísticos do lugar. Amelia achegaranos, así mesmo, vellas tradicións e lendas que aínda se manteñen vivas, contos que pasaron de xeración en xeración pero que corren o risco de se perder. Tradición e modernidade mestúranse neste traballo: as novas xeracións, por unha banda, que foxen cara á cidade, e os vellos, pola outra, que se resisten a abandonar a súa aldea e a súa forma de vida. Amelia é, precisamente, unha desas anciás que elixiu pasar os seus últimos días soa pero na súa terra, na Terra de Montes.” (Fonte: Deputación Pontevedra).

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” GALERÍA DE IMAXES DO ENTROIDO

Día de Compadres

Día de Comadres

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

O RECEITARIO PICARIÑO Os Pícaros de 5 anos queremos presentarvos unha das actividades que desenvolvemos durante este curso: COCIÑA EN FAMILIA. Ao longo dos meses, maio e xuño, as nosas nais acudiron á aula para confeccionar con todos nós saborosos pratos. Encantounos poder preparar sobremesas tan dispares como as que aquí presentamos, e agardamos que estas receitas sexan de utilidade para todos vós. Fixemos moitas máis, pero aquí recollemos só un exemplo:

Piruletas Flan Macedonia Tortitas Bolitas Sandwich

 uuuuuuuuuu CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” Había una vez unha abelliña chamada Martiña a que lle doía moito a gorxa. Un día Martiña foi onde a raíña Leticia que lle dixo que ofrecerá un exvoto a San Bieito. Pero Martiña só tiña mel e cera. Por iso foi falar con Manuel da Chouza, o cereiro máis vello da bisbarra, que lle dixo que lle tiña que levar cera dos seus cortizos para facer un exvoto. Como Martiña non sabía separar a mel da cera tivo que buscar un borreiro para que lla separara. Unha vez que o borreiro lle dou a cera, levoulla a Manuel da Chouza quen a puxo a quentar e, cando se derreteu, botouna nun molde de xeso e deixouna enfriar. Cando estivo sólida, sacouna do molde e apareceu una figura de cera coa forma do corpo da abella Martiña. A figura era moi escura porque estaba feita con cera virxe. Levou o corpiño de cera á igrexia de San Bieito de Pardesoa e lla oferceu ao santo e nunca máis lle doeu a gorxa a Martiña. Por iso amigos, cando vos doa unha parte do voso corpo ofrecede un corpiño de cera ou outra figura dunha parte do corpo a San Bieito.

Autor e ilustrador: Xesús (4º de Primaria)

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Este curso Eric Carle veu facer unha visita ao noso recuncho de inglés.Pero se non sabedes quen é Eric Carle, estou segura de que coñecedes a súa obra. Eric Carle é o autor e ilustrador de máis de 70 libros infantís como:

Entre todos os que escribiu, The Mixed-Up Chamaleon, é un dos meus libros preferidos. Vai dun camaleón que sinte que a súa vida non ten nada de excitante, salvo cazar moscas e cambiar de cor. Un día visita o zoo e desexa ser como os animais que alí ve. O seu desexo faise realidade: cambia de tamaño e forma tan doadamente coma de cor pero, só é ao final cando se decata de que é moito màis feliz sendo un camaleón. O que máis me gusta deste conto é que brinda a oportunidade de falar cos alumnos das nosas peculiaridades e de cómo estas nos fan especiales e cómo fan de especiais aos demais. Ademais nos permite traballar cunha grande cantidade de vocabulario (adxectivos, cores, animais, partes do corpo) e a estructura gramatical It’s got the (blank) of a (blank). Despois de ler o conto, falamos sobre: como se sinte o camaleón ao comezo da historia;que sucede cando se senta sobre unah folla ou unha rosa;que animais ve; que partes do seu corpo muda; como se sinte ao final do conto e o por que e que sucede ao final. Por último, cada un tivo que crear o seu propio Mixedup Chameleon. Aquí vos deixo os seus traballos. Son fantasticos!!

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” Outro dos libros deseñados, ilustrados e escritos por Eric Carle que traballamos este curso en 1º de Primaria e en Infantil é The Very Hungry Caterpillar. Comezamos a traballar este conto coa película do libro. Foi fantástico ver o entusiasmados que estaban todos con esta historia e, tanto lles gustou, que tiven que lerlles o conto cada vez que retomabamos as actividades.

Grazas a esta historia, os rapaces traballaron os días da semana, os números, a comida e o ciclo de vida das bolboretas. Ademais serviunos para realizar diversos traballos manuais.

O mundo das Tics tamén entrou a formar parte do noso traballo diario da man de Eric Carle. O traballo coa pizarra dixital e cos ordenadores pasou a formar parte das sesión na aula de inglés. E se vós queredes disfrutar xogando aquí tendes un lim baseado neste conto. http://chiscos.net/almacen/lim/the_very_hungry_caterpillar8/the_very_hungry_caterpillar. html

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

“Xóvenes escritores dixitais empregando o Libro Virtual, Ourscrapbook, dende Infantil, como ferramenta para fomentar a lectura e a escritura co ordenador e publicando as súas creación na rede” é a presentación que Lourdes Giraldo, coordinadora deste proxecto, realiza cada vez que presenta este traballo alá por onde vai.

O proxecto colaborativo integra un conxunto de actividades que promueven o desenvolvemento de diversas competencias cognitivas( Lingüísticas, Musicais, Artísticas,..) actitudinales, reflexivas,… e dispón de habilidades para buscar, obter e comunicar a información dunha maneira creativa e empregando distintas ferramentas da Web 2.0.

Motivar ao alumnado. Escritura dixital Fomentar a lectura e a escritura Recoñecemento social dos seus traballos Implicar ás familias. Coñecer a Gloria Fuertes a través das súas poesías. Pero o éxito desta proposta está na metodoloxía a seguir. Unha metodoloxía activa, participativa, e cun propósito común “Acercar a poesía aos escolares empregando ferramentas da Web 2.0”. O proxecto colaborativo internacional Libro Virtual Gloria Fuertes, conseguiu unir moitas actividades interactivas da obra da xenial poeta dos rapaces, e canalizar moitas das ferramentas da web 2.0 dunha maneira funcional e creativa ilustrando a poesía e potenciando aínda máis o gusto pola lectura e a escritura dende E. Infantil.

Os obxectivos deste macro proxecto estiveron claros dende o principio: Empregar recursos interactivos de software libre na rede onde o alumnado, profesorado e familias poidan publicar sen necesidade de rexistrase. CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” Doutra banda, o traballo en equipo foi enriquecedor para o profesorado e para o alumnado, aprendemos Todos de Todos como dí Vigotsky, “aprender do outro e co outo”. Temos que aproveitar os recursos da era dixital fomentando actitudes de traballo colaborativo. O Libro Virtual é unha ferramenta online, que podemos empregar co alumnado dende Infantil que permite ver os traballos doutros centros e enriquecernos coas súas aportacións.

Froito de dito traballo colaborativo, temos un GRANDE LIBRO COLABORATIVO para ler e escribir na era dixital e con dous grandes recoñecementos que nos concede o

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

Ministerio de Educación, a través do INTEF,(Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado), co Sello de Buenas Prácticas 2.0 en recoñecemento do uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación como medio didáctico, promoviendo entre o profesorado o acceso aos recursos digitales, a difusión das súas experiencias e proxectos innovadores. e do Centro Virtual Ler.é co Selo de Boa Práctica Iberoamericana Ler.é, en

recoñecemento ás propostas didácticas de todo o ámbito iberoamericano que contribúen, nas súas respectivas linguas oficiais e en calquera área do currículo, a desenvolver a competencia en comunicación lingüística.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

A ÁRBORE DOS DESEXOS Como todos os anos, dende a aula

compañeiros e compañeiras o pidan

de PT, propúxose unha actividade

tamén? Dito e feito… puxemos un

sinxeliña, co fin de que poideran

cartel grande indicando o que tiñan

participar

de

forma

voluntaria

que facer e os materiais precisos ao lado da árbore para que eles tomasen todas as alumnas e os alumnos do centro, para que deste xeito,

todas

as

decisións:

participar ou non, color do regalo, donde o pego, que pido… e a

aprendan a tomar decisións por sí mesmos e colaboren coma un só grupo, dende os máis cativos ata os

máis

maiores.

Primeiro

os

alumnos e as alumnas da aula de PT fixeron diferentes adornos para a árbore e felicitáronlle estas datas aos seus compañeiros cun letreiro de letras magnéticas que dicía: “Bo Nadal a todos e a todas”. Despois pensaron… ímoslle pedir un desexo a esta árbore tan chula, a ver se se cumple! E logo dixeron… por que non

deixamos

que

os

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

nosos

verdade é que todos fixeron un traballo xenial! Moi ben rapaces e rapazas! Para o ano volveremos a colaborar todos xuntos en algún traballiño que se nos ocorra! Se queredes, claro!

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

GLORIA FUERTES Para este proxecto, na aula de PT, decidimos traducir un poema de Gloria Fuertes ao noso idioma: o galego. Primeiro investigamos e aprendemos cousiñas sobre a autora e

logo

entre

todos

escollemos o poema: “La pata

mete

la

pata”.

Pedímoslle a Uxía que nos

axudase

tradución Andrea,

e

coa

despois,

Rocío,

Teba,

Ángel, Hugo, Paula e Fran, coa axuda dos nenos e nenas de 5º e 6º

elaboramos

montón

de

un letras

móbiles con diferentes materiais: goma Eva, rotus que pintan en 3D, letras magnéticas, chapas, plasti… para montar o poema dun xeito orixinal. Ademáis de traballar a lecto-escritura, a xeografía, a

psicomotricidade

fina…

practicamos como recitar un poema.

E

saíunos

de

marabilla! Fixemos un montón de fotos, e con elas, e todas as letras móbiles, compuxemos un panel moi chulo que está no salón de actos do cole e un video para recordar canto nos esforzamos e o ben que traballamos en equipo! Estamos moi orgullosos do resultado!

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” ROSALÍA DE CASTRO Andrea e Rocío fixeron un traballo de investigación sobre Rosalía de Castro na aula de PT. Aprenderon

un

montón

de

cousas e elaboraron un libro moi

bonito,

ademais

de

participar nun video contando todo o que sabían acerca da poetisa e da súa obra. Quedou demostrado

que

son

unhas

actrices fantásticas!

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Había unha vez un cereiro que facía moitísimas velas pois tiña o lagar de cera máis grande da cidade. Todas as mañás un borreiro moi amigo de Manuel traíalle cera para que fixera exvotos, velas, blandóns,.. Os días de feira Manuel ía vender as súas velas. Pero un día de feira, había outro cereiro que tamén estaba vendendo velas. Fixeron unha batalla para ver quen era capaz de facer máis velas pois o que gañara podía quedar a vender na feira. Despois de cinco horas…Sabedes quen gañou? Gañou Manuel e todos foron felices. Rubén (4º Primaria)

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” DEPORTE ESCOLAR O deporte é sen dúbida un dos elementos característicos definidores da nosa época. Co potencial educativo que ten a práctica deportiva é evidente que se debe saber utilizar como ferramenta e como elemento de cohesión e desenvolvemento social e persoal.

A filosofía que debe guiar os pasos do deporte na escola, a diferenza do deporte profesional, debe centrarse máis no deportista que nos resultados. Podemos dar aínda un paso máis, centrando a atención no neno ou nena e non no deportista.

O espírito que impulsa esta concepción do deporte na escola dá a entender que o máis importante non é gañar, senón: participar, esforzarse, aprender e establecer o primeiro vinculo de contacto cunha ocupación activa do tempo libre e de lecer.

Por iso co noso proxecto seguimos os parámetros que marca o programa Xogade que pretende que a actividade física chegue a ser un hábito na nosa poboación e por iso é clave a súa práctica desde a infancia nos ámbitos educativo e familiar, fundamental para o futuro estilo de vida e a consolidación de hábitos físico-deportivos saudables. Pasade pois unhas deportivas e merecidas vacacións!!!

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Paco Pica, o neno allo, tiña cara de allo, dentes de allo, ollos de allo e pelos de allo.

Naceu nunha horta que hai á volta do curral.

Paco Pica, o neno allo, foi á escola con traballo.

Este neno cheira a allo dicían os seus compañeiros (non estaban ben educados, todos dábanlle de lado)

Só a pícara cebola sentábase na súa pupitre. A mestra Cebolleta dáse conta, e regáñalles moi lenta. Eu quero ao neno san que queira ao neno negrito que queira ao neno africano que queira ao neno cojito e que queira ao neno allo.Ademais de compañeiros, aquí todos Alumnos de 2º Primaria

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

sodes irmáns. A mestra Cebolleta era chuli e moi poeta.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” LAILA Laila vivía nun Castelo coa súa nai que era moi velliña. Un día Laila saiu do Castelo, veu un cereiro traballando e díxolle: -“Iso debe ser moi divertido”. -“Pois si. Ti queres ser cereira cando medres?-contestoulle. _”Si, vouno querer ser”-contestoulle. Laila marchou para o castelo toda feliz porque de maior ía ser cereira. -“Mamá- dixo cando chegou ao castelo-eu de maior non quero ser raiña” -“E por que non?”-preguntou a raíña. -“Porque quero ser cereira!” -“Cereira?? Por que queres ser cereira?”-preguntoulle a súa nai. -“Porque é moi divertido”-repondeu Laila. A raíña marchou aos seus aposentos pensando que ía facer coa súa filla. A raíña despois de moitos anos pensou:”Vou deixar a miña filla ser cereira porque non a vou obrigar a ser algo que non quere ser”. E foille a dar a nova. _”E quen ocupará o teu lugar?”-preguntou Laila moi contenta. -“A túa irmanciña”-contestoulle a súa nai. E Laila marchou onda o home para que lle aprenderá a ser cereira. “Non se pode obrigar a alguén a ser algo que non se quere” “Nunca te rindas poisa o final conseguirás o que queiras” Mirian (4º Primaria)

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Os cereiros

Os labregos

4º Primaria

3º Primaria

Este curso a nosa mascota Biblo propuso como tema da PDI investigar sobre aqueles oficios tradicionais máis arraigados na Terra de Montes. Todos, rapaces, mestres e pais, puxémosnos a pescudar, preguntar, observar e escoitar aos nosos maiores para elaborar uns traballos que nos permitiron afondar nas nosas raíces. Quixemos compartir todo o que fixeramos ao longo do ano e, durante dúas semanas, presentamos ao resto do colexio o resultado do noso esforzo. Pero decidimos dar un pasiño

máis

comunidade

e

amosalo

educativa

ao

resto

organizando

da unha

xornada de portas abertas. Máis información en: http://arxineando.wordpress.com/2013/06/10/todo-un-exito/

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” Infantil 3 e 4 anos As

Infantil 5 anos

leiteiras

Os zoqueiros

1º Primaria Muiñeir@s

Os canteiros 2º Primaria

As tecedeiras 6º Primaria Os ferreiros 5º Primaria

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA O mércores día 24 de febreiro do presente curso académico,os alumnos do CEIP Nosa Señora das Dores , fixemos unha excursión a Santiago de Compostela para visitar o Museo do Pobo Galego e a Cidade da Cultura. Nada máis chegar entramos ao museo e unha vez alí os monitores repartíronnos en dous grupos de traballo. Quinto e sexto curso escoitamos unha charla dada por unha monitora sobre os oficios tradicionais e fixemos algún xogo representando con xestos a labor do oficio correspondente a unhas ferramentas que se nos amosaron.Posteriormente visitamos diversas estancias do museo.

Saímos e fomos directamente á Cidade da Cultura cunha fame de lobos. Adentrámonos no recinto, que é impresionante, e o que máis nos chamou a atención foi a escultura dun enorme donuts que está construído con centos de libros reciclados.O monitor que tiñamos asignado,moi severo por certo, foinos amosando diversas instalacións,tales como:as maquetas do conxunto arquitectónico , a Biblioteca de Galicia e o arquivo, e finalmente o museo arqueolóxico onde hai múltiples mostras da nosa historia desde a antigüidade.

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Unha vez no exterior percorrimos as rúas e a enorme praza central e se nos foi explicando algo sobre os diferentes edificios. Chegamos a un dos sitios máis emblemáticos do conxunto arquitectónico: as Torres Hejduk, que son dúas torres xemelgas e de dimensións considerables, que simbolizan as da Catedral de Santiago. Unha destas torres é de aceiro e cristal no exterior e ten como obxecto ser un mirador e, a outra, con estrutura de formigón, proporciona a calefacción a todo o recinto.

Finalmente deixáronos divertir un ratiño subindo por unha rampla exterior que semellaba un enorme tobogán. Xa concluída a visita comemos á beira do lugar, preto do autobús.

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

A Cidade da Cultura, que se inaugurou ao público o 11 de xaneiro do ano 2011, comezouse a construír no ano 2001 e o arquitecto elexido foi o norteamericano Peter Eisenman. Está construída no Monte Gaiás e ocupa unha superficie de 141.800 metros cadrados. Está rodeado dun espazo de unhas 25 Hº moi apropiado para o esparcemento e o ocio. O enorme complexo intenta aproximarnos á forma dunha vieira (símbolo de Compostela) combinando formas lisas con outras estriadas, e dunha maneira simbólica intenta representar a zona monumental da cidade de Santiago de Compostela. O material empregado no revestimento dos edificios é a pedra cuarcita. Cinco rúas comunican os seis edificios a través dunha praza central. Estes edificios son: Biblioteca e Hemeroteca de Galicia, Arquivo de Galicia, museo arqueolóxico, Centro de Arte Internacional, artes escénicas e Centro de Música. Trátase dun enorme complexo arquitectónico en espera de ser rematado algún día e sobre cuxo proxecto orixinario se fixeron determinados cambios. Digamos que hai nestes momentos catro edificios accesibles, terminados, dous sen rematar e dous sen iniciar. As obras paralizáronse neste ano 2013 quedando pendentes de construción algún edificios. Quedaron en suspensión nun proxecto inicial o Edificio das novas tecnoloxías e un Museo da Historia de Galicia, así como o Teatro da Música. O complexo caracterízase polos amplos espazos abertos tanto no interior como no exterior, e posúe unha grande luminosidade que o inunda todo. As liñas exteriores tanto da biblioteca de Galicia como do Arquivo nos transportan a ese mar encrespado, ondulado propio da nosa comunidade. Son dous edificios diferentes e separados por unha das cinco rúas que separan todos os edificios do complexo. No caso da biblioteca cabe destacar no seu exterior o enorme tobogán que invita a ser escalado por centenares de excursionistas, o que habitualmente provoca algún que outro corpo rodando debido á forte inclinación na parte máis alta. Como anécdota comentar que as torres Hejduk foron deseñadas por un arquitecto de prestixio xa falecido, chamado John Hejduk (de Nueva York) que as deseñara con outro fín que era o de ser torres botánicas para o parque de Belvís. Pero este proxecto non progresou. O arquitecto Eisenman propuxo construílas na cidade da Cultura en homenaxe a Hejduk. Alumnos de 5º Primaria CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” Por fin chegou o esperado día: o 27 de maio saímos cediño do cole para irnos de excursión toda unha semana. Que ilusión! Foi a primeira vez que estivemos tantos días lonxe das nosas casas e dos nosos. Pero todo transcurriu con normalidade, sen grandes sobresaltos anque nos atopamos no camino con algún que outro bichiño… pero foi xenial. Os días pasaron tan axiña que rápidamente nos vimos de novo en Forcarei. Visitamos Cantabria: Santillana del Mar, Comillas, as Covas de Altamira, o Parque Natural de Cabárceno, Cudillero e Andrín, xa en Asturias; e acabamos na Praia das Catedrais:

algún de nós pisaramos a area da praia en moi contadas ocasións…asi que foi emocionante.

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” Pero o máis apaixoante foron as actividades multiaventura que realizamos

na

Finca

“El

Mazo”, cerquiña de Santoña: rocódromo, tiro con arco, ponte

tibetana,

paseo

en

canoa pola ría…si, si, nós mesmiños guiando a canoa, remando contracorrente… foi unha experiencia inolvidable! Temos que darles as grazas aos dous monitores que nos axudaron a realizalas, Pablo e

Fran, e tamén polos xogos tan

divertidos que nos organizaron. Pasámolo en grande, sobre todo convivindo día e noite cos nosos compañeiros e compañeiras de sempre. Nunca esqueceremos esta viaxe!

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” PASATEMPOS

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

2

1 Teño dúas rodas

Teño forma de media lúa

Pero lévanme as vacas.

e o pico moi afiado.

Cargo cousas pesadas

Vivo na casa dos teus avós

e alixero se mas sacas.

pero non dou voado. Quen son?

4

3 É un obxeto

Que cousa, cousiña é

de madeira de carballo.

que ten dentes e non ladra?

Pónselle ás vacas

Que cousa, cousiña é

para que tiren do carro.

que ten dentes e grada?

Quen é?

B

D

C

A

Solución: CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

Alumnos 3º Primaria EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” Kontacontos Este curso iniciamos un novo espazo no blogue de Normalización: Nel non só queremos ofertar todas aquelas publicacións que nos parecen interesantes a nos coma mestres senon que queremos recoller todas as suxerencias que os rapaces quixeron aportar. Porque ninguén mellor que eles e as súas familias para recomendarnos todas aquelas historias que lles fan soñar.

SOFÍA RECOMENDA HONORATO ,O RATO NAMORADO

OLIVIA RECOMENDA POETÍZATE

ALICIA RECOMENDA CARABUÑAS CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” SANTI RECOMENDA

BRAIS RECOMENDA ANIMALARIO

CARABÍN, CARABÓN

MARCELA RECOMENDA

CANDELA RECOMENDA

BICOS DE MÚSICA

QUERES XOGAR COMIGO? INÉS RECOMENDA

O MEU GATO É UN POETA

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” NEREA RECOMENDA

ANA RECOMENDA

ZERALDA E O DRAGÓN

NOITE DE REIS EN KALPANKALÁ

ÁNGEL

RECOMENDAN

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

PAULA

HUGO

OS BOLECHAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

Recordos de 6º

Fai xa nove aniños que entramos por primeira vez as portas deste colexio....pasáronnos tantas e tantas cousas nel.... unhas boas, outras moi boas....outras non tan boas.... pero temos as nosas cabeciñas cheas de recordos......

........Recordo o primeiro ano que cheguei a este cole: despois do claustro a min asignáronme a aula de 2º. Que ilusión!! Como serían os nenos e nenas que me ían tocar?? Acércase xa o primeiro día de clase..... que nervios!!!! O día anterior pola noite mórreme o meu avó!! Non puiden asistir a clase o primeiro día para coñecer aos nenos que ía ter aquel curso. Quedoume un sabor agre daquel primeiro día de clase para min no colexio de Forcarei. (Begoña)

......Recordo que cando tiña 5 anos estabamos todos na clase, soou o timbre para ir ao recreo; todos baixaron para abaixo e eu quedei arriba, fun para o corredor e na varanda de pedra que está encima do salón de actos subinme alí de nocellos: case caio ao salón de actos... pero veu a profesora Sara e ao ver que estaba subido alí, baixoume e castigoume un mes sen recreo.(Juan)

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” ……Recordo cando eramos pequenos, estabamos xogando ao parchís , e eu non lle quería dar a ficha a Olivia . Metérame un puñetazo e doérame . Tamén me recordo cando Zaira lle colleu o bocadillo a Marc e o profe lle chamara lambona. (Mailín)

……Recordo o primeiro aniño que entrei polas portas deste colexio, foi da man da miña nai, tiña catro aniños. Eu estaba moi nerviosa e inqueda porque era todo novo para min. Tiven moita sorte porque me tocou unha profe moi boa e cariñosa, chamada Peregrina. Tamén me tocaron novos compañeiros como: Sergio Barbeitos, que os primeiros días chorou moito; Seraina, a miña mellor amiga, e os demáis que son: Jonhatan, Mailín, Zaira, Iván, Martín, Santiago, Uxía, Sergio Seijas, Marc e Marcos. Agora, despois de catro aniños xa non estamos todos xuntos, porque Uxía repitíu e a profe Peregrina foise cando estabamos en cuarto. Dende segundo levamos coa profe Begoña que tamén nos quere moito ainda que ás veces nos berra pero con moita razón; agora estamos rematando sexto e temos dous compañeiros novos: Juan e Valentín. Este é o último ano, a min particularmente dame moita pena marchar para o instituto porque deixo moitos amigos e recodos. (Olivia).

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” …… Recordo cando o meu compañeiro Valentín me dou coa libreta na cabeza: Marcos tiña unha bola de papel e Valentín díxolle que lla pasara e Marcos pasoulla. Valentín quería darlle coa libreta, esvaroulle das mans e doume a min con ela na cabeza. Outro recordo que teño é cando na excursión a miña compañeira Mailín me dou coa porta da ducha na cabeza.(Zaira)

…..Recordo cando todos os nenos e nenas de 5ª fixeramos unha guerra de piñas todos contra todos; eu deille cunha piña na cabeza a Sergio Seijas. Ao final víronnos os profesores e castigáronnos sen recreo pero foi unha bonita experiencia. (Iván)

…..Recordo cando eu e Santi subimos a gatas a escaleira e castigáronnos en dirección.

….Recordo cando no recreo me colleron a merenda en cinco anos. (Sergio B.)

….Recordo cando na excursión de fin de curso estabamos nas actividades: eu caín de cu na lama, estabamos no rocódromo e na tirolina. Tamén me acordo cando na ponte tibetana, Iván e Seijas case lle parten o lombo a Santi.

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” …Recordo cando un chico nos viñera enseñar a xogar ao beisbol. Alguns portáranse mal e non foron.(Santiago).

…Recordo cando era pequeno que Mailín me fixera a cambadela e case parto a perna.

…Recordo o ano pasado, un día que non había auga, eu e Martín bebemos unha auga que levava dous anos estancada na botella.(Marcos)

…Recordo cando na excursión de fin de curso os monitores nos castigaron vinte minutos de pé á choiva contando as estrelas, en plena noite. Todo foi por estar levantándonos da cama e facendo moito ruído en vez de durmir.

…Recordo cando estaba de

…Recordo o primeiro día que me tocara vir

excursión de fin de curso o ano

a esta clase porque repetira , pero si que

pasado cos meus compañeiros

me gustaba moito porque tiña moi bos

de toda a vida.

amigos como : Juan , Olivia , Joni, Sergio S., e tamén tiven moita sorte porque me tocara a Profe Begoña e é unha das miñas profes favoritas.

…Recordo cando lle metín un libretazo a Zaira na cabeza e os da miña clase me decían que non pasaba nada.(Valen)

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” ...Recordo cando estabamos no pabellón e funlle quitar a pelota a Santi e retorcín un pé; o profe Javi botoume alcohol. E despois fun ao médico, vendáronme o pé e dixéronme que tiña un esguince(Marc)

…..Recordo cando estabamos no comedor comendo lentellas, fixéronme rir e boteillas a Olivia por riba .

….Recordo cando estabamos en quinto curso que Martín e eu pelexamos. Ese día paseino moi mal porque tivemos que ir a dirección e o profe Celso chamou ….Recordo cando tiña tres anos…por primeira vez entrei no colexio….para min era todo novo. Coñecín parte dos meus compañeiros, xoguei con eles…..Tiñamos unha profesora estupenda chamada Peregrina, que xa está xubilada….Pero veu unha profesora chamada Begoña, moi amable e por

ás nosas casas: estivemos castigados moitos días sen recreo. (Sergio Seijas).

certo moi guapa; estivo con nós nos momentos difíciles en todos estes cursos…Vaime dar moita pena irme para o instituto, porque vou deixar tantos recordos que son moi importantes para min….(Seraina)

…..Recordo cando tiña nove anos, un día que viñamos do recreo déuseme por subir as escaleiras a gatas. De repente veu o director e fun castigado para dirección.(Jonathan)

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro” E así os días foron pasando e chegamos ao remate da Educación Primaria. Espéranos un novo centro, uns novos profesores, uns novos compañeiros…menos mal que as cociñeiras seguen a ser as mesmas para o ano que ven….

Grazas a todos os Mestr@s deste centro pola paciencia que tiveron con nós e por todo o que nos ensinaron….

VÉMONOS EN SETEMBRO NO COMEDOR!!!!!!! CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

E para rematar non podía faltar o nosa EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO. Este ano o tempo non nos quixo acompañar moito, pero nós que somos valientes, montamos unha excursión a Comarca do Barbanza, collemos os bocatas e os autobuses e arrancamos dirección o mirador da Curota, o Castro de Baroña e o Complexo Dunar de Corrubedo. Aquí vos deixamos unha pequena mostra gráfica da nosa viaxe.FEEELlIIICEEES vacacións!!

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


Revista Escolar “O Formigueiro”

http://thisisourenglishcorner.wordpress.com/

http://www.ebarrios.net/1213/gloria_fuertes/index.php?section=40& page=-1 http://ospicarosdevane.blogspot.com.es/

http://arxineando.wordpress.com/

http://bibloenforcarei.blogspot.com.es/ http://orecunchodasfadas.blogspot.com.es/

CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


O formigueiro 2013  

Revista escolar do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you