Page 1

XORNAL MENSUAL

SUMARIO

XANEIRO 2018

O

C OL E XI O

FA L A

C . E . I . P. N O S A S E Ñ O R A D A P I E D A D E VILA DE CRUCES EN XANEIRO VEÑEN OS REIS

S U MAR IO :

EN XANEIRO VEÑEN OS REIS A GARDA CIVIL INFORMANOS

O 5 de xaneiro veñen as súas maxestades os Reis Magos de Oriente a todas as casas . Polo colexio tamén pasaron.

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

RECEITAS DE ENTROIDO

Dende as aulas de Educación Infantil felicitamos ás familias nunhas datas tan especiais. Estas son as nosas postais!


O COLEXIO FALA

A GARDA CIVIL INFÓRMANOS AS REDES SOCIAIS O pasado 10 de xaneiro veu ao noso cole o cabo da guardia civil a falarnos das vantaxes das redes sociais e sobretodo de como usalas para evitar os perigos que conteñen. Explicounos en que consiste o ciberbullyng o ciberacoso e o sexting e as medidas que debemos tomar para evitalo. Consellos: Poñer perfís ocultos nas redes sociais. Non poner imaxes nosas nin dar datos persoais. Utilizar alcumes cando xoguemos online e non revelar a nosa identidade. Ter coidado de tapar a webcam das tablets

e

ordenadores

portátiles

(pódennos estar grabando sin nos sábelo) Non enviar imaxes nosas a través das redes sociais polo perigo que supón (deixan de ser privadas). Dedicar máis tempo a xogar cos amigos/as e menos aos videoxogos.


XANEIRO 2018

Día Escolar da Non-Violencia e a Paz O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, e os nenos e nenas de 5º A, traballamos temas como a honestidade, a empatía e a axuda ó próximo. Vimos un curtametraxe The Other Pair (O outro par) e traballamos un conto precioso titulado A pequena Carlota, o obxectivo destas historias están deseñadas para traballar as diferenzas culturais e o exilio que moitas veces o provoca as guerras. Despois de explicar o valor da acollida e a protección daquel que é diferente e necesita axuda, e facer unha choiva de ideas. O seguinte paso foi escribir mensaxes nas nosas botellas. Algunhas destas mensaxes son as seguintes: Cun pequeno xesto podemos conseguir moitos sorrisos. A verdadeira felicidade non se encontra no material senón no interior. Menos guerras máis paz. A través da compresión pódese lograr a paz.


RECEITAS DE ENTROIDO FILLOAS Ingredientes: 300 gr. de leite 3 ovos 180 gr. de fariña 50 gr. de manteiga Sal Un chorro de aceite Mel, chocolate, nata ou canela para acompañar. Elaboración Batemos os ovos . Engádese o leite e a fariña. Preparamos unha sartén, fiolleira ou pedra e untamos o fondo con un pouco de manteiga ou touciño. Quente xa, vertemos unha cullerada e extendemos rápidamente para conseguir pouco grosor da filloa.

O R E L L A S Ingredientes: 160 gr. de leitee 120 gr. de ovos 50 gr. de aceite 20 gr. de mantequilla 2 o 3 culleradas de anís 600 gr. de fariña Sal Canela ou azúcar glass para espolvorear Elaboración Primeiro mesturamos os ingredientes líquido e despois incorporamos a fariña. Amasamos e deixamos repousar unha hora. Estiramos todo o que poimos cun rodillo, cortamos con forma rectangular. Fríense en abundante aceite e, xa frías, espolvoreanse con azucre.

Xornal escolar xaneiro 2018  
Xornal escolar xaneiro 2018  
Advertisement