Page 3

Saúdo de Socorro Cea e Manuel Prado xestión dun equipo de goberno mídese moitas veces por cousas inmateriais, maneiras de facer política e ofrecer servizos á veciñanza, actitudes e cambios nos xeitos de proceder. Pero tamén se mide en avances estruturais, en obras que poden verse dende que nace a idea ata que pasan a Mª Socorro Cea V. formar parte das Alcaldesa de Melide nosas infraestruturas. Esta terceira revista municipal que hoxe presentamos ten por obxectivo facer un repaso ás principais obras executadas nestes últimos tres anos. As máis de 100 fotografías desta revista son a mellor proba do moito que se leva feito, obras que están para ver, obras que ninguén pode negar.

A

A humanización e mellora de rúas, a nova iluminación e a dotación de servizos básicos a zonas que carecían deles foron prioridades para este equipo de goberno nestes tres anos. A esa política responde a mellora integral da rúa Catasol, da céntrica rúa Galicia ou da avenida de América, entre outras. En materia de iluminación, actuouse nas rúas próximas ao centro médico ou na avenida de Toques e Friol, sen contar as novas farolas instaladas nas catro rúas que conflúen no cruce da vila (Progreso, Ronda da Coruña, Avda. de Lugo e Alexandre Bóveda); todas elas, ademais, incluídas nos programas de aforro enerxético polos que aposta este equipo de goberno. Noutros eidos, as obras realizadas achegaron instalacións ata agora inexistentes e, polo tanto, novos servizos: pistas de pádel e de multideporte, o local de ensaio e gravación para grupos musicais, un telecentro, o espazo infantil do parque Rosalía de Castro, os novos vestiarios do campo de fútbol, o punto limpo, o primeiro aparcadoiro público da rúa Galicia, as importantes melloras nos locais sociais das parroquias e outras moitas obras, como as do río Furelos e a da Casa da Cultura, coas que quixemos mellorar a calidade de vida de todos os melidenses. As obras están aí para ver, para quen as queira ver. Polo tanto, con esta revista poderán coñecer polo miúdo os resultados de boa parte das accións realizadas nestes primeiros tres anos de intenso traballo e dedicación ao concello do actual equipo de goberno.

(3)

sta é a terceira vez que teño a ocasión de dirixirme a todos vós, veciñas e veciños, mediante este medio. Cando en xuño de 2007 recibín a responsabilidade de xestionar varias áreas, mediante un pacto de goberno, fíxeno sempre buscando o interese xeral e o sentido común e procurando a máxima eficacia. Unhas veces Manuel Prado as decisións son máis 1º tenente de alcaldesa acertadas que outras, pero en xeral síntome moi satisfeito a día de hoxe de todo. A miña gran preocupación foi sempre estar ao lado de todas e todos vós tentando resolver os vosos problemas, e iso será a miña forma de actuar sempre. Non todos os problemas teñen unha solución que satisfaga a todos, pero a responsabilidade dun gobernante é sempre buscar ese punto de inflexión, e tamén xestionar os recursos públicos que saen dos impostos dos veciños coa máxima eficiencia posible. Todas as áreas que me toca xestionar son importantes, pero evidentemente unhas sobresaen máis que outras. Hoxe en día preocupa especialmente todo o relacionado co medio ambiente. Para min é unha gran satisfacción ver como día a día a xente se mostra moito máis sensible con todo o relacionado cos problemas medioambientais, pero hai que seguir traballando nesta tarefa de sensibilización e coidar permanentemente todo o que nos rodea para que sexa sostible coas xeracións futuras, e a nós tócanos marcar un camiño de respecto cara ao noso medio. O valor fundamental das persoas é o seu coñecemento, algo que ninguén che pode quitar, a educación é unha das miñas preocupacións máis grandes. Sempre me gusta estar ao lado dos máis novos e da comunidade educativa facendo os medios posibles para que o seu contorno sexa o máis axeitado e favorable para o desenvolvemento de todo o proceso educativo dos nosos fillos e fillas. Con respecto aos servizos, está claro que Melide cada día demanda máis, pode dicirse que é un incremento continuado, hai que facer grandes esforzos para dar satisfacción a todos eles. Tomáronse medidas importantes con respecto á seguridade cidadán que fará da nosa vila un lugar seguro. Para rematar, recordarvos a todas e todos vós, veciñas e veciños, a miña disposición total sexa onde sexa, e non esquezades que me tedes á vosa disposición para todo aquilo que necesitedes no lugar e hora que consideredes oportuno. Un saúdo. Grazas.

E

O Cruceiro 3  
O Cruceiro 3  

Revista municipal de Melide pubilcada en outubro de 2010

Advertisement