Page 1

Outono de 2010

Revista de informaciテウn municipal do Concello de Melide. Nツコ 3

Mテ!S DE 120 OBRAS en 3 anos de goberno


Índice Saúdo da Alcaldesa e do Tenente de Alcaldesa.. 3 Os grupos políticos opinan ............................4 Máis de cen obras en tres anos ...................... 5 Obras en marcha ou xa rematadas ............... 19

Edita Concello de Melide

Índice

Coordinación e redacción Concello de Melide Imprime Imprenta Meligraf- Melide Depósito legal C- 3122/2008


Saúdo de Socorro Cea e Manuel Prado xestión dun equipo de goberno mídese moitas veces por cousas inmateriais, maneiras de facer política e ofrecer servizos á veciñanza, actitudes e cambios nos xeitos de proceder. Pero tamén se mide en avances estruturais, en obras que poden verse dende que nace a idea ata que pasan a Mª Socorro Cea V. formar parte das Alcaldesa de Melide nosas infraestruturas. Esta terceira revista municipal que hoxe presentamos ten por obxectivo facer un repaso ás principais obras executadas nestes últimos tres anos. As máis de 100 fotografías desta revista son a mellor proba do moito que se leva feito, obras que están para ver, obras que ninguén pode negar.

A

A humanización e mellora de rúas, a nova iluminación e a dotación de servizos básicos a zonas que carecían deles foron prioridades para este equipo de goberno nestes tres anos. A esa política responde a mellora integral da rúa Catasol, da céntrica rúa Galicia ou da avenida de América, entre outras. En materia de iluminación, actuouse nas rúas próximas ao centro médico ou na avenida de Toques e Friol, sen contar as novas farolas instaladas nas catro rúas que conflúen no cruce da vila (Progreso, Ronda da Coruña, Avda. de Lugo e Alexandre Bóveda); todas elas, ademais, incluídas nos programas de aforro enerxético polos que aposta este equipo de goberno. Noutros eidos, as obras realizadas achegaron instalacións ata agora inexistentes e, polo tanto, novos servizos: pistas de pádel e de multideporte, o local de ensaio e gravación para grupos musicais, un telecentro, o espazo infantil do parque Rosalía de Castro, os novos vestiarios do campo de fútbol, o punto limpo, o primeiro aparcadoiro público da rúa Galicia, as importantes melloras nos locais sociais das parroquias e outras moitas obras, como as do río Furelos e a da Casa da Cultura, coas que quixemos mellorar a calidade de vida de todos os melidenses. As obras están aí para ver, para quen as queira ver. Polo tanto, con esta revista poderán coñecer polo miúdo os resultados de boa parte das accións realizadas nestes primeiros tres anos de intenso traballo e dedicación ao concello do actual equipo de goberno.

(3)

sta é a terceira vez que teño a ocasión de dirixirme a todos vós, veciñas e veciños, mediante este medio. Cando en xuño de 2007 recibín a responsabilidade de xestionar varias áreas, mediante un pacto de goberno, fíxeno sempre buscando o interese xeral e o sentido común e procurando a máxima eficacia. Unhas veces Manuel Prado as decisións son máis 1º tenente de alcaldesa acertadas que outras, pero en xeral síntome moi satisfeito a día de hoxe de todo. A miña gran preocupación foi sempre estar ao lado de todas e todos vós tentando resolver os vosos problemas, e iso será a miña forma de actuar sempre. Non todos os problemas teñen unha solución que satisfaga a todos, pero a responsabilidade dun gobernante é sempre buscar ese punto de inflexión, e tamén xestionar os recursos públicos que saen dos impostos dos veciños coa máxima eficiencia posible. Todas as áreas que me toca xestionar son importantes, pero evidentemente unhas sobresaen máis que outras. Hoxe en día preocupa especialmente todo o relacionado co medio ambiente. Para min é unha gran satisfacción ver como día a día a xente se mostra moito máis sensible con todo o relacionado cos problemas medioambientais, pero hai que seguir traballando nesta tarefa de sensibilización e coidar permanentemente todo o que nos rodea para que sexa sostible coas xeracións futuras, e a nós tócanos marcar un camiño de respecto cara ao noso medio. O valor fundamental das persoas é o seu coñecemento, algo que ninguén che pode quitar, a educación é unha das miñas preocupacións máis grandes. Sempre me gusta estar ao lado dos máis novos e da comunidade educativa facendo os medios posibles para que o seu contorno sexa o máis axeitado e favorable para o desenvolvemento de todo o proceso educativo dos nosos fillos e fillas. Con respecto aos servizos, está claro que Melide cada día demanda máis, pode dicirse que é un incremento continuado, hai que facer grandes esforzos para dar satisfacción a todos eles. Tomáronse medidas importantes con respecto á seguridade cidadán que fará da nosa vila un lugar seguro. Para rematar, recordarvos a todas e todos vós, veciñas e veciños, a miña disposición total sexa onde sexa, e non esquezades que me tedes á vosa disposición para todo aquilo que necesitedes no lugar e hora que consideredes oportuno. Un saúdo. Grazas.

E


(4)

N

Os grupos políticos opinan

os tres últimos anos, o BNG conseguiu a transformación de moitas zonas de Melide, paralizado en moitos aspectos pola acción do goberno do PP. O novo goberno de Melide foi capaz de facer máis de 120 obras en só tres anos e investir máis de 7,5 millóns de euros (1.250 millóns de ptas.) en obras, tanto na vila como no rural. Entre esas obras estivo a mellora de viais, novas infraestruturas deportivas, culturais, de renovación das rúas e parques, alumeados, etc. Sabemos que ao PP non lle gusta que se dean estes datos, parece que non queren que se fagan novas obras e chama a atención que a voceira dos populares aínda non atopase unha obra boa entre as máis de 120 que xa se fixeron. Incrible, pero certo! Os populares dedícanse agora a boicotear todos os plans e obras que o BNG quere levar adiante en Melide, tal é o caso da depuradora no polígono, ou as obras de máis de 3 millóns de euros no Leboreiro e Furelos, a restauración da casa da Praza das Coles, o centro de discapacitados, etc. Todas estas foron obras paralizadas, dun xeito ou doutro, polo PP. Nunca houbo en Melide un grupo na oposición tan negativo e cunha acción tan destrutiva para o noso concello como o encabezado por Ángeles Vázquez. Así e todo, o BNG cumpre cos veciños, a pesares das dificultades e da penosa situación económica que nos deixou o PP, con case dous millóns de euros en facturas sen pagar. O BNG seguirá traballando sen parar porque queremos outro Melide mellor para todas e todos.

an pasando os días e un case non se dá conta que pasa o tempo moi rapidamente. Van tres anos desde as eleccións municipais celebradas no 2007 e o PSdeG-PSOE tivo a responsabilidade de gobernar por decisión dos veciños e veciñas de Melide. Aquel desexo maioritario dos melidenses fixo que se configurara un goberno progresista, onde os socialistas participan activamente. Durante este tempo de goberno houbo un gran traballo para dar respostas ás propostas electorais presentadas no programa co cal se presentou o partido. Moitas delas hoxe teñen unha feliz resolución, outras moitas están encamiñadas para que vexan a luz antes de que remate a lexislatura. E fácil comprobar que o PSdeGPSOE mantivo unha liña de traballo orientada a desenvolver o seu programa electoral, mantendo os compromisos presentados en campaña electoral. Durante este tempo houbo que facer moitas xestións de diferente índole, tanto a nivel provincial, autonómico como estatal, sendo o grao de satisfacción dos resultados moi grande. Este compromiso de traballo será o noso sinal de identidade, procurando que Melide continúe sendo un referente do interior de Galicia, incentivando as relacións cos concellos limítrofes, conformando alianzas para que cada día sexamos máis fortes en todo os sentidos e artellando estratexias que nos encamiñen para tal fin. O noso compromiso con Melide é firme, a nosa opción política ten un proxecto claro e como tal estamos en disposición para ser un referente de todos aqueles que pensen en Melide.

V

s obras deste catálogo publicitario, feito polo Departamento de Propaganda e Autobombo do Concello (é obsceno gastarse nel máis que en obradoiros de emprego), non son realizadas polo poder máxico da vara da Alcaldesa nin pola súa habilidade negociadora, senón gracias os 7.874 habitantes de Melide. Gracias a vos. Os cartos que se reciben do PlanE (Estado) e POS (Deputación) son proporcionais a poboación. O PlanE foi un agasallo envenenado do Estado o Concello, xa que o Concello terá que devolver nos próximos anos os cartos investidos (pan para hoxe e fame para maná). Este ano teranse que devolver 124.354 euros, cantidade que se duplicará no 2.011. Todo un atentado económico ás depauperadas arcas municipais. A esta errrática actuación do Goberno engadese a desastrosa xestión económica da Alcaldesa (debense 800 millóns de pesetas) que abocan a un Melide hipotecado por moitos anos. Dicía Churchill "Os políticos convertense en estadistas, cando pensan nas novas xeracións en lugar de pensar nas eleccións". Zapatero e Cea nunca serán estadistas. Por sus obras los conocereis: Obras prometidas e non realizadas: -Trazado autovía Arzúa-Palas -Estrada Melide-Visantoña -Rotonda Sta María -PXOM -Galescola -Centro Discapacitados -Ponte Mazaira -Depuradora Polígono -Centro Médico Obras prometidas e cumplidas pola Xunta PP -Residencia Maiores -Albergue Peregrinos -Museo Furelos Obras prometidas pola Xunta PP para 2.011 -Depuradora Polígono -Escola Infantil -Novo Centro Médico

A

Anxeles e Feijoo: CUMPLIRAN


1.- APARCADOIRO PÚBLICO

2.- NOVA PISTA DE MULTIDEPORTE

Melide ten un aparcadoiro para 26 prazas grazas ás xestións entre o concello e a familia Romero Rodríguez.

No ano 2009 construíuse unha nova pista multideporte a carón do IES. Custou 57.725 euros.

3.- MELLORA DA RÚA DO ALBERGUE

4.- INTERIOR DA CASA DA CULTURA

Reparouse todo o firme da rúa entre o albergue e o Castelo cunha capa nova de formigón impreso.

Investíronse 314.420 € na adecuación da sala de exposicións e na entrada principal da Casa da Cultura.

5.- ABRIUSE O LOCAL DE ENSAIO

6.- MELLORA DA RÚA BOIMORTO

O apoio aos músicos locais plasmouse na apertura dun local de ensaio e gravación que custou 112.250 €.

Nova pavimentación na rúa Boimorto, xunto ao pavillón polideportivo. Custou 5.575 euros.

7.-PLACAS DE PEDRA NA ZONA VELLA

8.- NOVO ASFALTADO EN PIÑOR

Substituíronse as vellas placas de plástico da zona antiga da vila e colocáronse placas de pedra.

Melloráronse as pistas de PIñor, na parroquia de Furelos, aplicando unha nova capa asfáltica.


9.- HUMANIZACIÓN DA RÚA GALICIA

10.- MELLORA LOCAL DO LEBOREIRO

Beirarrúas máis anchas, farolas, novas canalizacións soterradas e mellora do firme mudaron a rúa Galicia.

Recuperouse o local social do Leboreiro. Fixéronse importantes obras de mellora interior e exterior.

11.- MELLORA DA RÚA BEN CHO SEI

12.- INSTALOUSE A BANDA LONGA

A rúa Ben Cho Sei foi incluída na mellora do firme das rúas próximas ao Centro de Saúde. Custou 2.700 €.

O servizo de banda longa para as comunicación chegou a Melide coas obras de R Telecomunicacións.

13.- MELLORA DE VÍAS NO BARREIRO

14.- SANEAMENTO DAS VARELAS

Na parroquia do Barreiro asfaltáronse varios quilómetros de pistas das súas aldeas.

O saneamento integral da parroquia de San Martiño das Varelas custou preto de 600.000 euros.

15.-MEDIOS PARA PROTECCIÓN CIVIL

16.-COLECTORES PARA ACEITES

Protección Civil de Melide conta cun novo vehículo de emerxencias e intervención dende o ano 2007.

Iniciáronse campañas de recollida de aceites domésticos, con varios puntos na vila para o seu depósito.


17.- 110.000 € PARA A RÚA CATASOL

18.- DÚAS PISTAS DE PÁDEL- 50.000 €

Canalizacións soterradas, iluminación, firme e unha praza nova mudaron por completo a cara da rúa Catasol.

As dúas pistas de pádel construídas a carón do Multiusos son xa o referente deportivo do Concello de Melide.

19.- MELLORAS EN PISTAS DE CAMPOS

20.- ASFALTADO EN FROITO NOVO

Varias pistas da parroquia de Campos foron melloradas cun novo firme asfáltico.

Na rúa Froito Novo desenvolvéronse traballos de mellora do firme. Toda a zona foi obxecto de melloras.

21.- NOVA ILUMINACIÓN NO CENTRO

22.- MELLORA EN ROSALÍA DE CASTRO

Modernizouse o sistema de iluminación do cruce principal de Melide con novas farolas de deseño.

Na rúa Rosalía de Castro repúxose o firme na súa totalidade e construíronse beirarrúas con 40.000 €

23.- MERCOUSE UN TRACTOR

24.- ASCENSOR NO CONCELLO

O Concello mercou un novo tractor con rozadora que custou algo máis de 60.000 euros.

Elimináronse barreiras arquitectónicas na casa do Concello coa posta en funcionamento dun ascensor.


25.- RESIDENCIA DE MAIORES

26.- RÚA EMILIA PARDO BAZÁN

A Residencia de maiores de Melide, baleira durante anos, púxose en funcionamento con 16 prazas.

A rúa Emilia Pardo Bazán foi mellorada totalmente cunha nova capa de aglomerado.

27.- SEMÁFOROS NOS CRUCES

28.- SANEAMENTO NO CAMIÑO REAL

Instaláronse semáforos nos cruces, cos que se conseguiu ordenar o paso dos peóns en zonas perigosas.

A rúa Camiño Real carecía de saneamento, malia pertencer ao núcleo urbano. O custe foi de 30.000 €.

29.- MELLORA DE PISTAS EN MOLDES

30.- OBRAS EN CURROS ENRÍQUEZ

Na parroquia de Moldes tamén se melloraron os principais viarios cunha nova capa asfáltica.

Aplicouse unha nova capa de aglomerado a todo o firme da rúa Curros Enríquez. Custou 4.100 euros.

31.- CREOUSE O PUNTO LIMPO

32.- CONSTRUCIÓN DUN TELECENTRO

Melide conta agora cun punto limpo no parque empresarial para depositar todo tipo de refugallos.

Abriuse un telecentro nunha aula do Multiusos con 21 ordenadores novos, sistema de videoconferencia, etc.


33.- NOVA FASE DA CASA DA CULTURA

34.- SINALIZACIÓN NO POLÍGONO

Investíronse 600.000 euros na adecuación interior da Casa da Cultura: camerinos, iluminación, servizos, etc.

Realizouse un novo pintado e imprimiuse sinalización horizontal no parque empresarial da Madanela.

35.- MELLORA PISTAS EN SAN COSME

36.- RÚA FERNÁNDEZ FLÓREZ- 6.500€

Na parroquia de San Cosme melloráronse varias pistas cunha nova capa asfáltica.

Nesta rúa, ao igual ca nas lindeiras, reformouse por completo todo o firme e construíronse beirarrúas.

37.- CAMIÓN PARA OS ELECTRICISTAS

38.- 20 NOVOS ORDENADORES

Os electricistas traballan agora moito máis seguros ao mercar este novo camión que custou 62.000 euros.

Incorporáronse 20 novos ordenadores á aula de informática, na que todo o ano se imparten cursos.

39.- SANEAMENTO NO RIBEIRO

40.- SALA DE EXPOSICIÓNS

Investíronse 164.000 euros nas obras de saneamento do Ribeiro, que agora conta xa con este servizo.

Ao non ter Casa da Cultura, habilitouse unha sala de exposicións no Mulitusos. Houbo moitas mostras.


41.- APARCADOIRO EN FURELOS

42.- MELLORAS NA RÚA CASTELAO

Unha mellora no aparcadoiro da área recreativa de Furelos permitiu un maior aproveitamento do espazo.

A rúa Alfonso Castelao, na Martagona, aglomerouse totalmente cun custe de 6.000 euros.

43.- MELLORA DE SABIÁN- 20.000 €

44.- AFORRO ENERXÉTICO NA VILA

O Concello acometeu as obras de mellora do firme en toda a rúa Sabián. Tivo un custe de 20.000 euros.

Instaláronse cadros de control en varios puntos para procurar o aforro enerxético na iluminación pública.

45.- OBRAS EN MUNDÍN E GOLÁN

46.- NOVO PARQUE INFANTIL

En Mundín e Uceira houbo obras de mellora e tamén nas principais pistas da parroquia de Golán.

Construíuse un novo parque infantil detrás do edificio Multiusos, separado por idades. Custou 100.000 euros.

47.- MÁIS FORZA DE AUGA Ó POLÍGONO

48.- RECUPERACIÓN PZA DAS COLES

Para mellorar o servizo de auga ao polígono fixéronse obras dende o Cantón de San Roque (100.000 €).

Conseguiuse que o Xacobeo mercase dúas casas desta praza para comezar así a súa recuperación.


49.- PISTA MULTIXOGO

50.- NOVAS DEPENDENCIAS POLICÍA

A carón do Multiusos creouse unha área de instalacións deportivas, reforzada cunha pista de multixogo.

A Policía Local conta cunhas novas dependencias, sitas na planta baixa do Concello, fronte ao velorio.

51.- PINTADO DE MOITAS RÚAS

52.- SANEAMENTO NO CAMPO GRANDE

Realizouse un novo pintado de moitas rúas para mellorar as prazas de aparcadoiro e a seguranza.

O Concello puxo solución ao problema da falta de saneamento no Campo Grande con 34.000 euros.

53.- CREOUSE A OFICINA DE TURISMO

54.- CAMIÑO DE AGÜEIROS

Instalouse no Museo a Oficina Municipal de Turismo, que atende a milleiros de visitantes cada ano.

Investíronse 31 mil euros en mellorar o Camiño de Agüeiros, que estaba a terra, e dotalo de saneamento.

55.- VESTIARIOS NO CAMPO DE FÚTBOL

56.- SANEAMENTO EN SANTALLA

Investíronse 75 mil € na construción de dous novos vestiarios no campo de fútbol e mellora dos dous antigos.

No ano 2009 executáronse as obras de saneamento na parroquia de Santalla. Custe de 80.000 euros.


57.- BANDA LONGA NO POLÍGONO

58. MELLORA DA RÚA CAMIÑO REAL

Habilitouse a conexión a internet con banda longa para as empresas do parque empresarial da Madanela.

No Camiño Real, a rúa máis longa de Melide, acometéronse tamén obras de mellora de todo o firme.

59. NOVOS ASENTOS NO PAVILLÓN

60. SENDA PEONIL AO RÍO FURELOS

Melloráronse as bancadas do pavillón polideportivo, coa colocación de 245 novos asentos con respaldo.

Mellorouse a seguridade viaria para peóns e ciclistas, no acceso á area recreativa, cunha senda peonil.

61. ÁBRESE O CAMIÑO DOS TAGARROS

62. PAVIMENTACIÓN NO RAÑADOIRO

O Concello recuperou esta antigo camiño de Santa María despois de lustros reclamando a súa mellora.

Dotouse dunha nova pavimentación á zona do Rañadoiro, entre a rúa do Pilar e Rambla de San Pablo.

63. NOVO FIRME NA RÚA BOCELO

64. EQUIPAMENTO PARA VESTIARIOS

Na zona próxima ao cuartel da Garda Civil renováronse varias rúas que estaban moi deterioradas.

Dotáronse aos vestiarios do campo de fútbol de novos bancos, percheiros e armarios para os deportistas.


65. MELLORAS EN JOAQUÍN GUNDÍN

66. FAROLAS EN XESÚS CARRO

Nova pavimentación na rúa Joaquín Gundín, na zona da Martagona. O firme de toda a zona estaba moi mal.

Reforzouse a iluminación na rúa Xesús Carro e Xesús Bal e Gay con novos puntos de luz por 33 mil euros.

67. RÚA ROCAMADOR

68. SANEAMENTO JUAN MERA SOMOZA

A rúa Rocamador foi tamén obxecto de obras para llorar o firme e a seguridade viaria.

me-

Na mesma vila de Melide, o equipo de goberno dotou tamén de saneamento a rúa Juan Mera Somoza.

69. CENTRO MÉDICO: DR. FLEMING

70. NOVA PISTA PARA O PAVILLÓN

Na rúa do Centro de Saúde renovouse todo o firme e pintáronse os aparcamentos con 20.000 euros.

Dotouse ao pavillón polideportivo dunha pista de xogo nova, adaptada ás distintas modalidades deportivas

71. FIRME E FAROLAS EN X. BAL GAY

72. RÚA CREGO XOSÉ MANUELPAMPÍN

Nesta rúa renovouse a capa asfáltica cun investimento de 5.700 euros e colocáronse farolas.

Esta rúa moi deteriorada levantouse por completo para separar augas pluviais de fecais e novo firme.


73. NOVO ALBERGUE DE PEREGRINOS

74. PROTECCIÓN AO PATRIMONIO

Neste ano 2010 estreouse o novo albergue de peregrinos, que é o de maior capacidade do Camiño.

Realizáronse traballos de impermeabilización da fachada para garantir a conservación de San Roque.

75. MOBILIARIO URBANO NOVO

76. MELLORA DA RÚA EMILIO CAMPS

Substituíuse e incrementouse o mobiliario urbano con novos bancos de madeira e papeleiras na vila.

A rúa Emilio Camps, preto do Centro de Saúde, renovou todo o seu firme cun investimento de 6.000 euros.

77. NOVO FIRME EN NOVOA SANTOS

78. NOVO XIMNASIO NO PAVILLÓN

A aplicouse unha nova capa a toda a rúa Novoa Santos, preto da zona de correos. Custou 5.700 €.

No pavillón polideportivo instalouse un novo ximnasio con aparellos de musculación máis modernos.

79.ABASTECEMENTO DE AUGA A PETOS

80.- 2ª FASE PARQUE EMPRESARIAL

Na aldea de Petos, na parroquia de Furelos, fixéronse obras de abastecemento de auga potable.

Fíxose a urbanización completa da 2ª fase do parque empresarial cun custe de 1,4 millóns de euros.


81.-PISTA DE DEPORTES NA GAREA

82.-LOCAL SOCIAL DE FURELOS

A parroquia de Gondollín conta agora cunha nova pista de deportes despois de investir nela 18.000 euros.

Reformouse o local social de Furelos co pintado exterior e interior, canlóns e calefacción, entre outras cousas.

83.-RÚA INOCENCIO FUCIÑOS

84.- MELLORAS NA RÚA CAMPOS

Diante do Pavillón de Deportes renovouse todo o seu firme cunha nova capa de aglomerado.

Na rúa Campos construíuse unha longa beirarrúa nunha das marxes e aglomerouse toda a rúa.

85.- AVENIDA DE AMÉRICA

86.- RÚA DO PILAR

Na Avenida de América e parte da de Galicia houbo un investimento de 70.000 €. Firme novo e farolas.

Investíronse 9.075 euros en aglomerar toda esta rúa e construír beirarrúas nunha das súas marxes.

87.- PISTA QUE LEVA Á GAREA

88.- MELLORAS NA RÚA XOÁN XXIII

A pista que une Melide co núcleo da Garea foi aglomerada nos seus cinco km. de lonxitude.

Renovouse o firme da rúa Xoán XXIII no ano 2009 con aglomerado en quente.


9

89.- SANEAMENTO NAS FIGUEIRAS

90.- MELLORAS NAS PISCINAS

Neste mes de xullo comezaron as obras de saneamento nas Figueiras, en Folladela, cun custe de 62.000 euros.

As piscinas de Furelos foron melloradas con 100.000 euros. Cambiouse todo o firme e ampliouse o recinto.

91.- RÚA Alcalde SALGADO CODESIDO

-

92.- MELLOR ACCESO A SANTA MARÍA

Esta rúa próxima ao cuartel da Garda Civil foi tamén aglomerada e pintada no ano 2009.

Santa María está mellor comunicada co centro da vila ao mellorar os camiños cara á zona do Campo Grande.

93.- LOCAL SOCIAL DE PIÑOR

94.- NOVO COCHE DA POLICÍA LOCAL

O local social de Piñor, na parroquia de Furelos, foi reformado por dentro e por fóra.

A Policía Local estreou novo coche no ano 2008 que tivo un custe de algo máis de 60.000 euros.

95.-PISTA GOLÁN- OROIS

96.- PARCELARIA MACEDA-OROIS

A pista que une Golán con Orois foi asfaltada totalmente neste ano 2010.

A parcelaria de Maceda-Orois recibiu o pulo necesario para rematala despois de moitos anos parada.


97.- CASA-MUSEO EN FURELOS

98.- RÚA MELIDE DI LUGANO

Mercouse e rehabilitouse unha Casa-Museo xunto á ponte medieval de Furelos. Inaugurouse o 25 de xullo.

A rúa Melide di Lugano, en pleno casco urbano, foi aglomerada na súa totalidade e pintada para aparcar.

99.- MELLORAS EN RADIO MELIDE

100.- MELLORAS NO RÍO FURELOS

Mercouse unha mesa nova de son e gravación e ordenador despois de catorce anos sen melloras.

A s obras para mellorar a área recreativa do río Furelos custan 300.000 euros. Rematarán este ano.

101.- SANEAMENTO EN FOLLADELA

102.- CENTRO DE DÍA PARA MAIORES

As primeiras obras de saneamento da parroquia de Folladela tiveron un custe de 65.000 euros.

No ano 2009 abrimos o Centro de Día con capacidade para 35 persoas. Horario de mañá e ata as 19.30 h.

103.- ILUMINACIÓN NOVA NO FORTE

104.- PÁXINA WEB

A estrada que leva a Toques mellorou moito a súa luz coa instalación de farolas novas en todo o tramo.

O Concello de Melide ten dende hai dous anos unha completa páxina web (www.concellodemelide.org)


105.- PISTAS E FONTE NOVA EN XUBIAL

106.- AUGA A ZARAMIL- 18.000 euros

Na parroquia de Xubial construíuse unha fonte nova e melloráronse varias pistas da parroquia.

No ano 2008 fixéronse obras para dotar de auga o lugar de Zaramil, na parroquia de San Salvador.

107.- PISTA NO COLEXIO MARTAGONA

-

108.- RÚA CONCEPCIÓN ARENAL

O colexio Martagona estreou este curso unha nova pista de deportes no recinto pechado. Custou 31.000 euros.

A rúa Concepción Arenal foi aglomerada despois de moitos anos sen reparala.

109.- LOCAL SOCIAL DA GAREA

110.- AGLOMERADO EN MACEDA

O local social da parroquia da Garea tamén foi mellorado totalmente no seu interior e no exterior.

As pistas entre Melide e a parroquia de Maceda foron aglomeradas en máis de 10 km. Custou 400.000 €

111.- MELLORA DA RÚA PUERTO RICO

112.- NOVAS PISTAS NO COLEXIO Nº 1

A rúa Puerto Rico, no Forte, era unha das poucas rúas de Melide que só tiña terra. Agora está aglomerada.

O Colexio nº 1 estreou este novo curso unhas melloradas pistas deportivas nas que se investiu 50.000 €.


OUTRAS OBRAS XA EXECUTADAS DENDE HAI TRES ANOS

OUTRAS OBRAS EN EXECUCIÓN OU A PIQUES DE COMEZAR NESTE 2010

relación de obras realizadas nos últimos tres anos polo goberno formado polo BNG e o PSOE non remata nas 112 obras que aparecen nas fotografías desta revista, senón que se fixeron outras moitas obras, tanto na vila como nas parroquias. Algunhas delas son as seguintes:

A

A

1.- Asfaltado completo ata a aldea de Penagundín e Castro, na parroquia do Meire.

1.- Novo parque infantil na rúa María Barbeito, na urbanización ao remate da estrada de Agolada.

2.- Asfaltado das pistas de Guende, Marcoraos, O Porto e outras, da parroquia de Folladela.

2.- Nova fase de iluminación no segundo tramo da Avenida de Toques e Friol (80.000 euros).

3.- Mellora da fonte de San Martiño das Varelas.

3.- Novos baños públicos no pavillón polideportivo e rampa eléctrica para o acceso ás bancadas de persoas con discapacidade.

4.- Asfaltado da pista completa de Traspedra que leva á parroquia de San Cosme. 5.- Construción de baño no local social de Baltar. 6.- Asfaltado da Garea a Zas de Rei. 7.- Compra de bicicletas novas para o ximnasio da piscina climatizada. 8.- Aglomerado da pista que une o Ribeiro con Ponte da Pedra.

demais de todas as obras xa citadas, cómpre informar doutras moitas obras que están agora mesmo relizándose e doutras que van comezar en breve. Son, en todo caso, obras que estarán feitas antes de que remate este ano 2010. Algunhas delas son as seguintes:

4.- Mellora das rúas Lino Sexto, avenida Bos Aires, Flora Roca Salgado e Antonio Ron. 5.- Comezo dunha nova fase da Casa de Cultura cun investimento de 340.000 euros. 6.- Melloras no patio infantil cuberto do colexio Mestre Pastor Barral. 7.- Construción de beirarrúas e aglomerado na zona do Ribeiro.

9.- Mellora das pistas de Trasmundi. 10.- Asfaltado das pistas que leva de Gondollín a Tabeira.

8.- Mellora dos locais de Folladela, Xubial, Santalla e Campos. 9.- Mellora da pista de tenis situada xunto á piscina.

11.-Amaño da pista de Pedrouzos ao Bocelo. 12.- Asfaltado de Baltar á Igrexa.

10.- Colocación de farolas nun tramo da ronda de Pontevedra, que carece delas na actualidade.

13.- Amaño de camiños e condución de augas residuais en Piñeiros (Baltar).

11.- Mellora integral do parque Rosalía de Castro, detrás do edificio Multusos (170.000 euros).

14.- Colocación de papeleiras e bancos de madeira no Camiño de Santiago.

12.- Construción de colectores soterrados na praza das Universidades (61.800 euros).

15.- Asfaltado da pista que une a Martagona coa pista que leva a Vilamor (Toques).

13.- Asfaltado de pistas de Golán e Orois (90.000 €).

16.- Asfaltado dende Furelos ao albergue xuvenil.

14.- Mellora de oficinas e parte traseira da Casa do Concello (49.000 euros).

17.- Aglomeado completo dende a Avenida de Lugo cara á Cooperativa Melisanto (Zona Agüeiros).

15.- Mellora integral da praza pública de Santa María, diante da igrexa e cruceiro.

18.- Libros e traxes para as mulleres da Coral.

16.- Sinalización total do rural de Melide,... e outras.


MELIDE RECUPERA

O RÍO FURELOS

O Cruceiro 3  

Revista municipal de Melide pubilcada en outubro de 2010

Advertisement