Código Cero 188

Page 4

Antonio Rodríguez del Corral

CEO de Cinfo

“CON TIIVII POÑEMOS A INTELIXENCIA ARTIFICIAL AO ALCANCE DE TODOS OS CLUBS E AUDIENCIAS”

O

O xoves 21 de marzo falouse en Santiago (hotel Palacio do Carme en Santiago) das cousas que van revolucionar o deporte e, tamén, o noso xeito de desfrutalo. Da man da Fundación Deporte Galego e de R e Cinfo, desenvolveuse a xornada Tecnoloxía e Deporte. Para que nos contase máis detalles sobre o evento pero tamén sobre a tecnoloxía que se presentou no mesmo, a tecnoloxía Tiivii, tivemos ocasión de falar con Antonio Rodríguez del Corral, director executivo (CEO) de Cinfo. Segundo dixo, grazas a propostas como a de Tiivii, todo seareiro terá os seus contidos de calidade e todo deporte, a súa audiencia. - Na presentación destas xornadas comentouse que se trataba da primeira vez que en Galicia se aborda desta maneira tan específica e clara a cuestión das novas tecnoloxías e o deporte. Era este que vivimos o intre exacto para que as nosas empresas, entidades e profesionais xuntasen forzas arredor da confluencia destes dous ámbitos? - Creo que tanto no caso das empresas e entidades convidadas coma no caso de R e Cinfo, está claro que si. Xa case ninguén dubida das vantaxes das novas ferramentas para as actividades deportivas, e do impulso que aquelas poden dar para que estas logren o recoñecemento e o desfrute que merecen, non só as que até o de agora tiñan máis visibilidade. No caso da tecnoloxía que presentamos nos seus detalles, a tecnoloxía Tiivii, optamos por dala a coñecer deste xeito, nunha actividade específica, simple e sinxelamente porque xa está lista para chegar a onde queremos que chegue. Antes o produto non esta-

4|

Tiivii consiste nunha tecnoloxía de televisión intelixente que é quen de seguir a actividade deportiva e crear o directo de maneira automática, botando man de tecnoloxías de Intelixencia Artificial ba ao cen por cen, e agora si. Isto afecta á propia tecnoloxía pero tamén ao soporte, o modelo e as súas posibilidades. É o intre exacto para explicarlle ao mercado todas as potencialidades que ten Tiivii: como funciona, como se adapta a diferentes contornas, como nos ofrece o que queiramos que nos ofreza, como se adapta a calquera tipo de club, actividade, ámbito deportivo ou eido comunicativo.

- Isto polo que respecta a Cinfo e R, pero a xornada tivo outra vertente... - Si, a xornada veu con dúas partes complementarias: unha parte para falar de tecnoloxías e deporte e outra para mostrar o devandito sistema intelixente que poñen en xogo Cinfo (que é o fabricante) e a operadora R (que é a distribuidora). Tiñamos claro dende o principio que queríamos un evento atractivo e dinámico, de aí que convidásemos a outros participantes para que nos falasen dos seus desenvolvementos tecnolóxico-deportivos e das súas propostas. - Imos ao miolo da cuestión: en que consiste Tiivii? - Consiste nunha tecnoloxía de televisión intelixente que é quen de seguir a actividade deportiva e crear o directo de maneira automática, botando man de tecnoloxías de Intelixencia Artificial. Amais de posibilitar o seguimento integral e automático Número 188


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.