Page 1

Escuelas Asociadas UNESCO


ÍNDICE EDITORIAL ................................................................................................ 3 COLABORACIÓN ...................................................................................... 4 PREMIOS..................................................................................................... 6 BIBLIOTECA.............................................................................................. 8 TEATRO....................................................................................................... 11 REFRANEIRO............................................................................................. 12 MAGOSTO .................................................................................................. 14 RECANTO ARTÍSTICO ........................................................................... 15 MULTICULTURALIDADE........................................................................ 20 ENTREVISTA............................................................................................. 27 LECTURA DE IMAXES............................................................................. 28 AS NOSAS HISTORIAS ........................................................................ 29 ENTROIDO................................................................................................. 32 CÓMIC.......................................................................................................... 33 LETRAS GALEGAS.................................................................................... 36 CONSELLOS SAUDABLES ..................................................................... 40 BIBLIOTECA.............................................................................................. 41 RECANTO LITERARIO ............................................................................ 42 CONMEMORACIÓNS............................................................................... 45 RECANTO LITERARIO ............................................................................ 48 SAÍDAS CULTURAIS .............................................................................. 54 ENGLISH PAGE ......................................................................................... 59 RECANTO GASTRONÓMICO ................................................................ 65 PASATEMPOS............................................................................................ 67


EDITORIAL

EDITORIAL Remata o curso; tempo de recollida de esforzos, de agradecementos e de despedidas. Foi este un curso atípico. Iniciamos setembro, coma sempre, todos cheos de ilusións e esperanzas. O alumnado esperando atoparse con contidos sen dificultades. O profesorado querendo un curso tranquilo, no que ofertar innovacións e esforzos para acadar o máximo proveito. As familias esperanzadas en atopar unha escola de calidade. Pero xa antes de empezar as clases, apareceron no ceo da EDUCACIÓN uns nuboeiros ben negros que ameazaban tronada e temporal. Estas nubes viñan cargadas de problemas, recortes de profesorado, menos apoios ao alumnado, menos tempo para proxectos de innovación. Este temporal parecía deixar en evidencia a escola pública, querendo eliminar a súa valía. Con todo isto empezamos un curso raro, no que cambiamos as ilusións por decepcións, os proxectos por dificultades, a serenidade, ás veces por crispación. Un curso que foi avanzando con diferentes alternativas ; pero que sempre tivo presente as reivindicacións fronte á administración para defender o prestixio da nosa escola. Reivindicacións que uniron a toda a comunidade escolar: pais, fillos e profesorado. Por iso daba igual quen convocaba os actos, todos estabamos apoiando, todos a unha, porque todos somos Marcos da Portela. A pesar de ser un curso “anómalo” , deixounos moitos aspectos felices. En primeiro lugar o noso agradecemento aos pais, nais, mestres e mestras, quen regalaron moitos dos seus momentos ao colexio no convencemento de que a formación dos nosos nenos e nenas é o primeiro. Este ano rematou a súa andaina a 1ª promoción do CEP Marcos da Portela. Foron eles os que iniciaron en 1º de primaria a fusión dos dous centros do barrio alá polo 2006. Para toda a comunidade é un orgullo telos formado non só como alumnado, senón principalmente como persoas. Esperamos que apliquen a partir de agora os valores que se lle transmitiron: esforzo, solidariedade, constancia e sobre todo traballo. Desexamos que a vida os leve por un bo camiño e que volvan ao colexio sempre que queiran, de visita ou por axuda. Remata o curso inmerso nas mesmas dificultades coas que empezou. Démoslle entón a benvida as vacacións para repoñer forzas e poder seguir loitando pola

escola que todos e todas queremos: pública, gratuíta e de calidade.


COLABORACIÓN

Isto non é unha poesía, é un soño. Un día soñei esperta que, no noso país, Non era preciso roubar para ser respectado, Non era preciso ser político para facer o que che pete e ficar impune, Non era preciso ser home para ter prestixio, Non era preciso mentir para que a xente confiase nos demais, Non era preciso desprestixiar a ninguén para lograr desacredítalo, Non era preciso berrar para ser escoitado. Soñei que as persoas eran valoradas polos seus feitos, Que as persoas, eran persoas sen máis, Que as persoas eran valoradas pola súa valía persoal e profesional, Que non importaba onde naceses, nin que era a túa familia, Que non importaba a orixe nin a raza, Que todos eramos iguais ante a lei e ante os demais, Que a EDUCACIÓN era un ben común en alza, na que todos, Familias, Mestres, Nenos, Nenas, a Sociedade e as Administracións nos esforzabamos para que chegase a todos por igual e non sufría recortes, nin ameazas, nin problemas que se puidesen resolver con cartos… Porque todos sabemos que é a CHAVE DO FUTURO. Que a sanidade era un dereito de todos e todas, onde o que importaba eran os servizos prestados de calidade, onde non houbera listas de espera. Que a sociedade era solidaria, que a sociedade eramos todos, os pobres e os ricos. Que o respecto brillase con luz propia, respecto ás persoas , respecto aos animais, respecto polo propio e polo alleo, respecto polo común, polo que é de todos, os nosos parques, xardíns, escolas, hospitais,… Respecto facendo un uso solidario das prestacións sociais, Respecto mirando cara os lados antes de esixir algo para un mesmo, Respecto tentando poñerse no lugar do que temos enfronte antes de xulgar, Respecto, facéndonos respectar. Soñei que era posible vivir sendo honesto cun mesmo e cos demais E tanto soñei que non quería espertar… Para que a maxia de Traslí faga realidade os soños. Chelo Rodríguez Nai dunha alumna


RECANTO LITERARIO

As árbores estrean o seu vestido de outono, o ourizo abre o seu corazón, as follas voan ao compás do vento, Un novo outono énchese de cor! Yaiza 6ºB

Xa empeza o outono! As árbores pintan o seu cabelo, de cores alegres, de cores amarelos. As follas , inquedas, bailan ao son do vento, que pasea esperto e faille cóxegas co alento. Linda 6º B

Vaise o verán e a calor e vén o outono coa nova cor! Os castiñeiros locen novos pendentes As árbores preparan novos traxes sorprendentes! Joel 6ºB


PREMIOS

Cando cheguei a cuarto curso de primaria empezaron os meus problemas.Un neno repetidor chegou á nosa clase. Apenas nos coñecía, pero pasou pouco tempo e xa comezou cos insultos. Eu daquela era un pouco máis gordo e iso servíalle para chamarme vaca, fábrica de chourizo, e moitas máis cousas que agora non quero recordar. Por se isto non fose suficiente, empezou a levar con el aos meus mellores amigos. E eu pouco a pouco ía quedando cada vez máis só. As cousas continuaron igual no curso seguinte. Eu aprendín a seleccionar a aqueles que querían estar comigo, pero el, cando ninguén o controlaba, seguía meténdose comigo , ameazándome e dicindo que non me soportaba. Agora estou en sexto e neste mes de novembro tiven outro golpe baixo. Era o día do meu aniversario e el , para amargarme o día, foi falar co meu mellor amigo.Os dous parecían moi contentos. O meu amigo sabía todo o mal que me fixera, (algunhas veces tamén llo tiña feito a el). Eu pedinlle ao meu amigo que non estivese con el , pero non me fixo caso e incluso chegou a insultarme el tamén. Sei que nese momento debería pasar deles e non facer caso, pero eu son moi sensible e cada vez que me insultan ou se meten comigo é como se me botaran un chisco de veleno. Pouco a pouco vanme afundindo e cando non podo coa tristeza , bótome a chorar.


PREMIOS

Ese día tiven que pedirlle á profe para ir ao baño e alí estiven chorando ata que viñeron dúas profes a falar comigo. Pouco a pouco funme calmando e no corredor atopei un alumno novo que veu este ano. El tamén me dixo que o feito de chorar non ía arranxar as cousas e axudoume a levantar o ánimo. Os días pasaron e agora estou mellor pero sigo pensando que é moi inxusto que outro compañeiro te discrimine e te insulte. Cando cheguei a casa conteille todo a meu pai. As súas palabras de alento e a súa preocupación por min estanme axudando a saír desta situación. De calquera maneira penso que un dos dereitos máis importantes nesta etapa da nosa vida é o dereito a non ser discriminados e por iso quero dicilo ben alto para que todo o mundo comprenda o valor que pode chegar a ter para poder vivir en paz. Rubén Martínez Ferro, 6ºB


BIBLIOTECA


BIBLIOTECA


BIBLIOTECA

Cando escribo,cando leo, exploro os meus sentimentos.


TEATRO

CANDO CHOVE E RAIA O SOL O día 23 de marzo, os nenos e nenas de 2º fomos ao AUDITORIO ver unha obra de teatro de monicreques titulada: “CANDO CHOVE E RAIA O SOL”. É un espectáculo de VIRAVOLTA TÍTERES. Trataba dun terremoto que rompe o calendario e volve tolas ás estacións. MARTIÑO E O GALO RIGOLETO encárganse de poñer orde coa axuda de conxuros máxicos que non son outros que os refráns dos diferentes meses do ano. Nesta obra escoitamos moitos sons da natureza, por exemplo: os tronos feirtos por unha máquina, o ruído da auga, un pau de choiva, o tubo do vento e os asubíos dos paxaros. Xogaban cos efectos de son e con cantos, acompañados pola música dun acordeón, para

axudar

ao

señor

calendario a poñer orde na súa casa.

Alumnado de 2ºA


REFRANEIRO

REFRÁNS DOS MESES DO ANO O alumnado de 2ºA fomos recollendo, ao longo do curso, refráns dos meses do ano. Para iso preguntamos na casa aos papás e aos avós. Recollemos moitos pero aquí vai unha pequeña selección : MES DE XANEIRO § Coa lúa de xaneiro, vese a formiga no carreiro. § O polo de xaneiro, debaixo das ás trae o diñeiro. § A madeira da túa casa, en xaneiro has de cortala. MES DE FEBREIRO § Febreiro camiseiro, non dá boa meda nin bo palleiro. § A flor de febreiro non chega ao froiteiro. § Febreiro e as mulleres teñen nun día dez pareceres. MES DE MARZO § En marzo, abrigo, mozas e pan de millo. § Marzo amarzado, se un día é malo o outro é peor. § En marzo podar e cavar se queres colleitar. MES DE ABRIL § Se queres saber cando é abril, a andoriña viracho dicir. § Abril frío, moito pan e pouco viño. § Aos tres días de abril, o cuco debe volver, se non chegou aos oito, ou o colleron ou morreu. MES DE MAIO § Maio, maión moitas flores e trebón. § A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano. § Tantas xeadas haberá en maio, como néboas houbo en marzo.


REFRANEIRO

MES DE XUÑO § Frieiras de San Xoán quitan o viño e non dan pan. § Cando chega xuño, prepara o fouciño e limpa a eira. § Mes de San Xoán e San Pedro di o día : “Máis non medro” MES DE XULLO § En xullo arder e patacas coller. § Se queres bos nabos, en xullo has de sementalos. § O bo nabal comeza por Santiago e acaba co Nadal. MES DE AGOSTO § Auga de agosto ,nin bo nabo, nin bo magosto. § Agosto , agosto vai preparando a boca para o mosto. § Por agosto hai uvas e figos e por setembro marmelos. MES DE SETEMBRO § Migueliño das uvas maduras, tarde vés e pouco duras. § En setembro ou secan as fontes ou leva as pontes. § Cando en setembro acabes de vendimar, ponte de seguido a sementar. MES DE OUTUBRO § En outubro auga do dez ao vinte, para todos convinte. § Polo Pilar os nabos na terra e o viño envasar. § Se as patacas non colles en outubro, has pasar máis fame ca un mono. MES DE NOVEMBRO § Por Santos aínda hai campos verdes e xa hai montes brancos. § De Santos a Nadal ou ben chover ou ben xear. § Do vinte de novembro en diante, o inverno xa é constante. MES DE DECEMBRO § No Nadal alegrote, alegrote que hai viño na cuba e chourizos no pote. § Se a noite de Nadal hai luar, lembra ben para sementar. § Nin en agosto camiñar, nin en decembro navegar. 2ºA


MAGOSTO


RECANTO ARTÍSTICO

O pasado mércores 30 de novembro, no colexio, algúns alumnos e alumnas de sexto curso asistimos a un obradoiro de “Street Art” (Arte urbana) e pintamos paneis ambientados en debuxos que, previamente debuxaramos. Os debuxos seleccionados foron: -“Lío xeométrico” (De Fernando García 6ºB). -“Posta de sol musical” (De Lara Cores , 6ºA). -“Escuridade iluminada” (De Pablo Bouzada, 6ºA) Para ensinarnos a facer “Street Art” asistiron Isaac Sucasas e Ana. Os paneis feitos expuxéronse os días dous, tres e catro de Decembro en Culturgal (Pazo da cultura).


RECANTO ARTÍSTICO

DEBUXAMOS AS CATRO ESTACIÓNS

primavera

verán


RECANTO ARTรSTICO

outono

inverno

Os nenos e as nenas de 1ยบC


RECANTO ARTÍSTICO

Así foi como os nenos e nenas de 6ºA, felicitamos o Nadal aos nosos compañeiros e compañeiras do CEP MARCOS DA PORTELA. Aí van unhas cantas.

Lara

Jose

Pablo

Gabriel

Desiré

Enrique

Andrés

Sofía


RECANTO ARTÍSTICO

Cristofer

Rubén

Nerea

Diego

Sheila

Fouzia

Paula

Germán

Estefanía

Ismael

Iván

6ºA


MULTICULTURALIDADE

WANGARI MAATHAI Buscando na biblioteca atopamos un libro moi bonito sobre Wangari Maathai, unha muller ecoloxista keniata que loitou polo desenvolvemento sostible, a democracia e a paz do seu continente, África. Fouzia adaptou o texto, en galego, e entre todos os compañeiros e compañeiras de 6ºA, ilustrámolo coa axuda dalgúns nenos e nenas de 6ºC. Contámolo o día da paz nun power point, lémolo para o programma de radio, para logo expoñer o traballo no corredor do colexio. Por último encadernámolo e estivo na semana de África no I.E.S. Luis Seoane de Monteporreiro.


MULTICULTURALIDADE


MULTICULTURALIDADE

6ยบA


MULTICULTURALIDADE

Neste ano de África, estivemos interesados nunha tribu africana OS MASAI. Relatámolo no programa de radio de ONDA CERO.

Sitúanse no sur de Kenia e no norte de Tanzania. Son nómades e viven do pastoreo. Falan o maa, o suaxili e o inglés. A estrutura social masai está organizada en xerarquías: • Os nenos, teñen por función vixiar o gando. • Os guerreiros ou morane, defenden o territorio, fan as tarefas máis difíciles do pastoreo, da caza e das importantes exhibicións de valor. • Os anciáns reunidos son os que toman as decisións importantes. Un ancián, o LAIBON é o responsable relixioso do poboado. • As mulleres están sometidas ao dominio do home, ocúpanse do coidado dos fillos e do fogar. Elas mesmas constrúen as súas casas. Os Masai viven en asentamentos chamados Manyattas. Son círculos de chozas ao redor dos currais do gando, feitas de ramiñas, palla e barro, recubertas de excremento de vaca. Tanto os homes como as mulleres locen vistosas dilatacións nas orellas das que colgan adornos e abelorios. As mulleres fan pulseiras, pendentes e grandes colares. Levan o SHUKA (manta masai de cor vermella con figuras xeométricas). Os masai adoran ao seu deus Ngai. Fanlle ofrendas, rezos, bailes, e cánticos para celebrar calquera evento nas súas vidas, ritos e cerimonias. Cren que o seu deus deulles todo o gando do mundo. Cantas máis reses teñan, máis ricos e poderosos son. Poden ter moitas mulleres dependendo do número de cabezas de gando que teñan. Non cazan para comer, cazan para adestrarse. Son famosos pola caza cerimonial do león. Para os masai, matar un animal sen razón, é violar o sagrado. Todos os obxectos teñen espírito e non existe o máis alá, polo que, non rezan nin honran aos seus mortos. Hoxe en día os masai ignoran leis ou mandatos oficiais, que modifiquen os seus costumes.

Lara, Sofía, Sheila, Jose 6ºA


MULTICULTURALIDADE

Non podemos falar dunha única música africana senón de varias culturas musicais, todas elas cunha serie de características comúns: v Está relacionada cos acontecementos da vida cotiá, nas cerimonias, no traballo … (Moitas das cancións africanas son cantos de traballo que se cantan mentres que se plantan as sementes ou na colleita dos cultivos). v É unha música compartida por toda a comunidade. Os africanos non só se limitan a escoitar, se non que participan cantando, tocando instrumentos, ou bailando. (Aos nenos máis pequenos se lles ensina desde moi novos a cantar e a bailar. Eles poden aprender a tocar música e incluso construír os seus propios instrumentos.) v É unha música en constante evolución aínda que sempre fiel as súas raíces pero ao mesmo tempo, aberta aos aportes da música do exterior. v Gran parte da música é case inseparable da danza e por tanto sempre rítmica.

A música de África é unha parte de todos os aspectos da vida. Todas as formas de instrumentos, de cordas, vento de percusión, orixináronse en África. Aínda que os tambores son o instrumento común, nalgunhas partes de África que teñen poucas árbores, usan frautas e trompetas como podemos ver na foto de abaixo.


MULTICULTURALIDADE

Algúns dos instrumentos máis típicos son : O Balafón é unha especie de xilófono que utiliza como resoadores, cabazas ocas. O Axatse é unha especie de maraca de cabaza que está cuberta de redes con abelorios que ao ser sacudidas chocan co exterior da cabaza O Kora é unha especie de mestura entre arpa e laúde. O seu corpo de resonancia é media cabaza cuberta de pel. O Kalimba ten un xogo de laminiñas de diferente lonxitude e material cunha caixa de resonancia. O Djembé é un instrumento parecido ao tambor. A súa base é de madeira e a súa pantalla de pel. Ademais destes instrumentos coñecemos outros que nos ensinaron os alumnos de 4º A, como o que aparece na foto, feito coa cuncha dunha tartaruga e que nos trouxo Alejandro.

Linda e Yaiza 6ºA


MULTICULTURALIDADE

INTERCULTURALIDADE Durante os meses de maio e xuño estivemos realizando unha actividade sobre a INTERCULTURALIDADE. Neste colexio hai alumnos e alumnas que naceron noutros países ou proceden de outras culturas, porque as súas familias (pais e/ou nais) non son galegas. Eses nenos e nenas contáronnos moitas cousas que case ninguén sabía. Situaron os seus países no mapa, dixéronnos como son as súas bandeiras, contaron moitas cousas sobre a forma de vestir, as comidas, as cidades máis importantes, as costumes, as relixións, as tradicións,…. e tamén as linguas que eles falan. Hai nenos e nenas de: Marrocos, Paraguai, Uruguai, Brasil, Suecia, Alemaña, Venezuela, Ucraína, Francia, Arxentina, Canadá e Colombia. Tamén uns compañeiros e compañeiras, que naceron en Galicia ou en outros lugares de España, falaron sobre a súa cultura porque son de Etnia Xitana. Esta actividade resultou moi interesante.

Texto de: David P. F. e Manuel A. P. L. Daniel C., Álvaro, Raquel, Tania, A. Carolina, Mouhamed, Brais, Daniel S., Sergio, Jorge, Diego e David R. Alumnado de A.L.


ENTREVISTA

Entrevistamos a IVÁN ABELLEIRA Test persoal:

Onde naciches? En Pontevedra, no Hospital Montecelo. Libro favorito: “Paraíso artificial”,de María Teresa Maia González. Música favorita: Gústame de todo, pero o que menos o reggaetón. Rock, Pop, RAP, rumba… Estopa, Melendi, 2Pac, Elvis, Michael Jackson, AC/DC, Queen, Bob Marley, Muse… Na variedade está o gusto. Algún hobby: Gústame moito xogar ao fútbol, ver os partidos do Barça tamén; e escoitar música e cantar. Podo botar horas e horas cantando e pásame o tempo voando! Cor preferida: Verde, por ser unha cor alegre e optimista. Cal é o teu peor pesadelo. Estaba de cámping. Tiña sete anos, máis ou menos. Estaba almorzando na sala da miña casa eu só e vin unha sombra no corredor que confundín coa da miña nai, pero era un monstro noxento. Logo, espertei sen máis. Gústache a natureza? Si, sobre todo a de Galicia; son un namorado das Illas Cíes. A natureza mola porque podes estar tranquilo, sen ruído, respirando aire fresco… Gústache o fútbol? Si Equipo favorito: Barça. De pequeno soñabas ser… Primeiro xogador de baloncesto, despois, xogador de fútbol e logo, sin saber cando, quixen ser profesor. Estás contento por ter irmáns? Si, moi contento. Ata que chegou Pablo estiven só e non tiña con quen xogar. El veu cando eu tiña doce anos e logo xa veu Mª Jesús . Estou moi ben con eles. Cando eras pequeno, eras un neno estudoso ou un neno vago? De pequeno era estudoso e, ainda que baixei un pouco o listón, non deixei de estudar.

Temas profesionais:

Dende cando queres ser profesor?... Non sei cando con exactitude, pero ao ter irmáns pequenos empecei a ensinarlles e a ver como eles aprendían e entroume o gusto. Tiveches, ou tes, moito que estudar? Pois… hai etapas; en primaria, era algo menos, no instituto, era máis pero non notei demasiado o cambio e agora supón máis aínda pero non o considero difícil. Cal é a túa materia preferida? Sempre foron as matemáticas e a lingua, aínda que no instituto perdinlle un pouco o gusto as matemáticas e decanteime pola linguaxe. Gustaríache quedar neste cole como mestre? Seguro. Si, por suposto. Eu quedaría encantado pero polo de agora non podo. Que che gustaría máis, dar clase en infantil ou en primaria? Gústanme os nenos en xeral, pero decidinme por primaria porque os pequenos despois non te recoñecen pola rúa. Que che supuxo este tempo que compartiches con nós? Aprendín un montón e fixen moitos amigos, tanto nenos e nenas como profes. Collín práctica e coñecín xente de bo corazón. Virás a visitarnos algún día? Sempre que poida e me deixen entrar no cole. Si paso polo instituto, tamén vos podo atopar alí cando cheguedes. Grazas polo teu traballo con nós e polas túas respostas.

Alumnado de 4ºB


LECTURA DE IMAXES

No mes de abril comezou unha nova andaina do Cartafol do Lérez no noso centro. A campaña, organizada pola Concellería de Educación e KALANDRAKA e dirixida como na anterior edición ao alumnado de Educación Primaria, pretende fomentar nas aulas a expresión oral e escrita en galego, mediante propostas dinámicas e participativas nas que os rapaces e rapazas sexan os protagonistas dunha publicación impresa, “O Cartafol do Lérez”, que agora conta tamén coa súa versión virtual nun blog co mesmo nome. O concelleiro de Educación de Pontevedra, Agustín Fernández, visitounos ao finalizar o obradoiro e puido observar os traballos realizados por algúns de nós. A sesión centrouse na análise colectiva do “Guernica” de Picasso, ou de diversos cadros que pertencen á pinacoteca do Museo de Pontevedra, e que deron pé a textos moi interesantes. A principal novidade desta nova etapa do Cartafol do Lérez consiste en que se realizan dúas sesións por curso, dunha hora de duración cada unha: unha preparatoria do traballo escrito que deberán elaborar os escolares e outra de redacción e posta en común dos textos. Trabállanse aspectos como a sensibilidade estética, literaria e ambiental; a fonte de inspiración é a arte, os monumentos, a poesía, a música, a tradición… co obxectivo de potenciar a creatividade individual e colectiva. No inicio desta terceira edición da campaña, Agustín Fernández explicou que co “Cartafol”, a Concellería de Educación incentiva un xeito aberto e alternativo de aprendizaxe que vai máis alá do Ensino regrado e academicista. Un intento, engadiu o concelleiro, de xerar no alumnado habilidades lectoras e de dotalos para a escrita creativa. No mes de maio publicarase un novo número de “O Cartafol do Lérez”, ao que lle seguirá outra edición no mes de xuño, coincidindo co remate do curso escolar. Cada tiraxe constará de 2.000 exemplares para que chegue non só á comunidade educativa, senón para que tamén poida distribuírse en bibliotecas e centros sociais da cidade. Cada colexio participante recibe un lote de 20 libros en galego dos catálogos de KALANDRAKA e FAKTORÍA K: “Un cadro de Picasso”, “As luces que se acenden e se apagan”, “Descubrir a arte”, “Contos por teléfono”, “Catálogo de obxectos rebuldeiros”, “Libro das M’Alicias”… Esta dotación bibliográfica contribúe a reforzar as bibliotecas escolares como espazos destacados de coñecemento e aprendizaxe.


AS NOSAS HISTORIAS

HISTORIAS DA NOSA CLASE O MOURO DE MOURENTE

Conta a lenda de Safuán que un mouro chegou a Mourente atraído pola beleza das súas mulleres. Namorouse da filla dun home moi rico, este embruxouno e converteuno en estatua de pedra. Aínda hoxe se pode ver na igrexa de Mourente, debaixo do púlpito. BENITO SOTO O PIRATA

Benito Soto foi un mariñeiro que naceu na Moureira, onde naceu meu pai, no ano 1805. Embarcou de moi novo como mariñeiro nun barco , e un día amotinouse e roubou o barco matando a toda a tripulación. Entón escomenza a súa lenda negra asaltando todos os barcos que localizaba polo océano Atlántico, facéndose con moitos tesouros. Conta a lenda que algún deles atópase soterrado debaixo das casas do barrio, pero o certo é que a día de hoxe non se encontrou ningún, aínda que cando se fai algunha obra, nas vellas casas do barrio, a xente espera que apareza un dos tesouros de Benito Soto. Morreu aos 24 anos cando foi capturado en Cádiz. OS MAQUIS, HEROES DE GUERRA.

Hai moitos anos, no século pasado, despois da guerra de España, vivía nas montañas da miña aldea (que se chama Levices, na provincia de Ourense), un home moi valente chamado Raúl. Este home tivo que agocharse no monte. Vivía cos seus compañeiros nunha cova, no “Penedo do Inferno”, porque o perseguía a garda civil. El era moi bo, axudaba á xente pobre e aos nenos da aldea cando baixaba da súa cova. Estaba perseguido porque tiña ideas diferentes e perdera a guerra. Ao final, colléronos e matáronos a todos. Gloria, Pablo e Anxo, de 2ºC


AS NOSAS HISTORIAS

QUEN NOS VEU VISITAR?

O profe Anxo ensinounos un ovo de avestruz e deixou que o tocaramos. Pesaba mogollón ! Polo menos...100 quilos!!!

O pai de Brais explicounos como se facía un silbato cunha póla de ameneiro. Contounos que llo aprendera seu pai que era de Portugal, de Tras Os Montes. Díxonos que a madeira do ameneiro ou amieiro, é moi boa para facer instrumentos musicais e que as hai preto dos ríos. Algúns de nós probamos... e soaba moi ben .


AS NOSAS HISTORIAS

No mes de novembro, celebramos o aniversario de Carlos Rodríguez Cerdeira. Troúxonos a “Chispita” a súa mascota, que como vedes é un Coello, e comimos un biscoito.

Coa profesora Dolores aprendimos a cantar coas mans: coa linguaxe de signos.

Alumnado de 2ºC


ENTROIDO


CÓMIC


CÓMIC

DESPISTADO AO VOLANTE Por Alejandro Días, 5ºA


CÓMIC


LETRAS GALEGAS

VALENTÍN PAZ ANDRADE • Naceu na parroquia de Lérez en Pontevedra o 23 de abril de 1898. • Fixo o bacharelato en Pontevedra • Estudou para avogado en Santiago de Compostela. • Foi membro do Partido Galeguista. • Dende moi novo adicouse a escribir en xornais e revistas como a “Gaceta de Galicia”. • Foi director do Xornal Galicia. • Traballou como avogado de empresas pesqueiras. • Escribiu moitos libros sobre os problemas da pesca en Galicia e no mundo. • Colaborou xunto con outras persoas na creación da empresa PESCANOVA. • Adícaselle este ano o Día das Letras Galegas. Alumnado de 3ºA


LETRAS GALEGAS

CORRELINGUA 2012

O día 9 de maio participamos no CORRELINGUA de Pontevedra. Fomos cos compañeiros e compañeiras de segundo e quinto de primaria e todos levábamos un dorsal cunha fermosa palabra en galego. Primeiro reunímonos , cos nenos e nenas de outros colexios , no Pazo da Cultura. Alí estaba Iria Sobrado e cantamos a favor do galego. Tamén había un dragón, que botaba auga polo nariz e daba moito “medo”. A continuación demos unha volta pola zona monumental da cidade. Finalmente déronnos uns libros para a nosa biblioteca e soltamos globos, co nome do colexio, que voaron polo ceo. Cantamos, bailamos, … Que ben o pasamos! Alumnado de 2ºC


LETRAS GALEGAS


LETRAS GALEGAS

Valentín Paz Andrade LETRAS GALEGAS 2012

Mónica e Antía Alumnas de 6ºC


CONSELLOS SAUDABLES

Os días 23 e 28 de marzo o alumnado de terceiro e cuarto asistiu a una charla sobre saúde impartida polo servizo de Saúde do Concello de Pontevedra Nela aprendemos que para levar unha vida saudable debemos: • Ter unha dieta equilibrada (comer de todo ) • Beber auga (litro e medio cada día) • Facer exercicio. • Comer diariamente froita e verdura. • Tomar lácteos para ter os ósos sans. • Durmir moito. (Os nenos e nenas 12 horas)

NON ABUSAR de:

v Pasteis e dóces v Bebidas con gas como fanta , cocacola… v Comidas preparadas FACER CINCO COMIDAS DIARIAS

Almorzo

Media mañá

Xantar

Merenda

Cea

Alumnado de 3ºA


BIBLIOTECA

FRAN ALONSO


RECANTO LITERARIO

No zoo de Fran Alonso perdéronse algúns animais. Axudanos a topalos! BÚSCASE TIGRESA, BÚSCASE CROCODILO Esta tigresa parécese a unha duquesa, pois leva unha pamela de cor maionesa. Ten unhas orellas bastante recheas, que lle locen moito baixo as lúas cheas. Un crocodilo con moito estilo, cun nome tranquilo, chámase Camilo.

BÚSCASE CHOCO, BÚSCASE TRITÓN Un tritón con lingua de canón. Un tritón que se lava con xabón. Un tritón que é de cor marrón. Un tritón que só come melón. Un choco que no nariz ten un moco. Un choco con cabeza de coco. Un choco que vive nun gran oco. Diego e Ismael

Un crocodilo con cara de pantalla, gústalle moito estar baixo a palla. Paula e Jose BÚSCASE GATO, BÚSCASE XOANIÑA

CARTEIS

Un gato con fame de rato. Un gato que come pato. Un gato que debuxa maragatos. Un gato que limpa sapos. Una xoaniña tenista. Unha xoaniña que pasa lista. Unha xoaniña feminista. Pablo e Sofía

Con pel de xelatina, move a trompa elegante, con ollos arrogantes, pola selva o elefante. Gabriel Pel negra coma carbón, cornos grandes coma cravos, nervios de aceiro lle dan, o nome de touro bravo. Andrés

Cara de castaña, corpo de fariña, patas ben longas, éche unha galiña! Estefanía

Cheo de manchiñas, corre moi veloz, semella unha andoriña, o guepardo feroz. Enrique

Orellas de plátano, barriga de sandía, un dado de nariz, que gata máis espía!. Paula

Eu son a barbantesa chamada Teresa. Gústame a hamburguesa, pero non a maionesa. Desiré Ollos de chícharo, cara de cebola, tentáculos de espaguete, este choco si que mola!

Ismael

Ollos de oliva, corpo de cogombro, patas cor de lúa, que tritón, que asombro! Diego

6ºA


RECANTO LITERARIO O meu can é un pintor e pinta porque ten tinta. A miña xoaniña é moi feitiña e xeitosiña.

Redonda e pequena, con pintas por doquier, vai danzando con estilo, a xoaniña ao amencer!. Pintas de amorodo, patas pequeniñas, corpo ben pinto, vaia coa xoaniña! Forma de conguito, cara de framboesa, xoaniña con capa, vai de festa! Sofía

Son un can. Un can con correa. Son unha tartaruga. Un can de area. Unha tartaruga con cara dura. Un can que tolea. Unha tartaruga testuda. Un can que rastrea. Unha tartaruga pura. Un can que nomea. Unha tartaruga rabuda. Un can cunha amiga chamada Nerea, Unha tartaruga peluda. pero eu, sempre lle digo Andrea. Unha tartaruga forzuda. Fouzia Unha tartaruga miúda. Unha tartaruga nocturna. O meu gato Son así por chula. é un cantante, Enrique a carón Cara pequena, da lúa minguante. corpo alongado, patas con seis dedos, que gato tan raro! Lara

Eu son un gato con ás. Un gato alado. Un gato pegado. Un gato abrazado. Un gato espeluxado Un gato babado. Un gato abraiado. Un gato ben falado. Proba e verás que si. Lara

Son unha xoaniña. Unha xoaniña con pingas. Unha xoaniña pingada. Unha xoaniña acomodada. Unha xoaniña parada. Unha xoaniña embruxada. Unha xoaniña aloucada. Unha xoaniña namorada. Por estas e por outras, son así porque si. Sofía Un moscón Un moscón Un moscón Un moscón

A miña tartaruga é moi testuda, porque ten cara dura.

chamado Tiburón. con cara de rato. con patas de camaleón. moi maragato.

Son un raposo moi rabioso. Un raposo co rabo mucoso. Un raposo moi perigoso. Un raposo con cara de rañoso. Un raposo con boca de oso. Un raposo envexoso. Un raposo tramposo. En fin, un raposo enganoso.

Lara

Con forma de cofeti cabeza de cacahuete, barriga de festín e cola de espaguete.

Pablo

FEITIZO Ratas de sumidoiro e cola de lagarto, nun tellado noxento, para non estar farto. Lara Unha tarántula nomeada Tarantula. Unha tarántula lenta coma unha mula. Unha tarántula que fai o hula-hula. Unha tarántula moi parrula.

Son unha paxariña chamada Pauliña. Unha paxariña con ás de raíña. Unha paxariña con cara de boíña. Unha paxariña que moe fariña. Unha paxariña moi feitiña. Unha paxariña que come sardiña. Unha paxariña adiviña. Fouzia e Germán

6ºA


RECANTO LITERARIO

ANIMALADAS ANIMADAS

Alumnado de 3ยบB


CONMEMORACIÓNS

CELSO EMILIO FERREIRO Con motivo da conmemoración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (1912-2012) comezamos a facer algún traballos sobre este autor.


CONMEMORACIÓNS

(DÍA DA MULLER)

No alto da montaña, rodeado de extensos xardíns con árbores de todo tipo, vivía un príncipe coa súa bela esposa nun enorme castelo de trinta e cinco habitacións, todas elas dispostas arredor dun patio central con vistas a uns xardíns, que na primavera enchíanse de cor. Todas, excepto unha, a sala máis famosa do castelo, a sala de los espellos. Os espellos se consideraban algo sumamente luxoso e o rei, moi afeccionado ao baile, adoraba danzar á vez que contemplaba todos e cada un dos seus movementos. O castelo fora construído na época do seu bisavó. Co paso dos anos, foi pasando de xeración en xeración ata chegar ao pobre príncipe, que o seguía mantendo grazas a una subvención que recibía do Concello por ceder algunhas das súas salas para exposicións itinerantes. O servizo de habitacións así como o persoal de limpeza, corría por conta do propio Concello que, as fins de semana, organizaba visitas guiadas. Unha tarde, despois da hora do té, o príncipe recibiu un telegrama no que se lle indicaba que debido á crise actual, quedaba suspendida toda aportación económica e polo tanto, a partir dese instante, cesaban a todo o equipo de limpeza. Alarmado polo seu futuro, o príncipe comunicoulle á súa esposa a triste nova e díxolle que ela debería facerse cargo da limpeza pois el nunca se tiña preocupado dese tema e descoñecía como podía facelo. A princesa, que no n se deixaba amilanar, decidiu que o xusto sería botalo a sortes. Tras unha pequena discusión, así o fixeron e, como era de supoñer, perdeu o príncipe. Á mañá seguinte, o mozo apareceu cunha cara que daba pena. Ela, compadecida, para facerlle o traballo más levadeiro, preparoulle un carriño con todos os utensilios de limpeza. Sen atreverse a rechistar, decidiu comezar por la sala de los espellos. Empezou por coller unha esponxa e botar abundante xel para fretar as manchas. O peor estaba por pasar. En vez de limpacristais utilizou un xabón que facía una espuma insoportable! Canto má is fregaba, máis espuma conseguía, ata que provocou unha superficie tan esvaradiza que o levou a empotrarse contra a porta, a tirar a auga do caldeiro e a provocar unha pequena catástrofe.


CONMEMORACIÓNS

(DÍA DA MULLER)

Unha vez no chan, púxose a pensar en como desfacer o caos e, mentres preparaba unha boa desculpa, chegou a súa muller que, alarmada con tanta desfeita decidiu que o ideal sería que o seu marido se apuntase a un curso intensivo de limpeza. Nun principio a idea parecía esaxerada, pero pasadas as dúas primeiras clases, xa se notaba un certo cambio. Unha semana despois, una carta especial chegou ao castelo. Era nin máis nin menos que una proposta dunha axencia de viaxes para alugar o castelo as fines de semana. Sen dubidalo nin un momento, pechou a sala, buscou a súa esposa e propúxolle a idea de vivir nunha modesta vivenda de ladrillo ao lado do río sen grandes luxos, sen espellos e sen complicacións. Din que a princesa nunca foi tan feliz. Agora o príncipe dedícase a preparar doces que vende aos seus inquilinos e ela leva a contabilidade e ocúpase da xardinería.O seu xardín é a beira do río, os espellos; as augas cristalinas e como dispoñen de moito tempo, os dous pasean xuntos polo bosque gozando da natureza. Algunha vez van ao castelo pero, só de visita!

María Portela , 6ºB


RECANTO LITERARIO

Na beira da ponte Lérez árbores, flores, herba crecente paxariños que cantan ao ritmo da corrente. Unha ponte moi bonita. Toda xente vai por ela para poder ver moitos barquiños de vela.

A ponte de pedra

Auga chea de bicos,

Ten moitos sinais

pasamáns polas mans

corrente moi forte

peixes pola auga

animais de cristal

e cantos de coral.

Baias de moitas cores

As casas de Pontevedra

bicicletas por doquier

E tamén as de Lérez

prados cheos de flores

apertas e bicos

e árbores de cores.

nas ondas moi verdes.

Alumnado de 3ºA


RECANTO LITERARIO

San Bieito mira desde o alto do monte a auga que pasa debaixo da ponte. Vexo desde a ponte auga de cristal peixes nadando e follas voando Vexo desde a ponte unha nena cantando moitos paxariños que pasan voando. Moitas árbores saúdan ao río que vai baixando as gaivotas van chiando nenas e nenos cantando . Os peixes nadan e nadan, a corrente vai levando nenas e nenos que xogan a ponte van animando.

Alumnado 3ºA


RECANTO LITERARIO Pequenas historias de 6ºA sobre os dereitos:

Palabras

cortadas

No día da constitución narrouse esta historia: Un día que ninguén esquece, un neno chamado Mohamed separouse dos seus pais para estudar en España. Eles dixéronlle que se as cousas lle ían mal, nunca perdera a esperanza para superalo. E así foi como Mohamed acabou en segundo de primaria. Ese ano tiña moitas ideas, todas elas brillantes, sempre interviña e a profesora sempre as aceptaba. Era excelente e as súas gañas de aprender levábano a onde el quixese. Chegou un momento no que os seus compañeiros non lle deixaban falar ou expresarse, e se lles contestaba mal, dicíanlle que lle ían pegar. Esa mesma semana falou menos e tamén a seguinte, e a seguinte … ata que parou de falar. Despois de catro meses, chegou á súa clase un neno novo. Era da súa mesma tez, pero viña dos Estados Unidos, concretamente de Michigan. Mohamed axudou ao neno novo nas clases, porque non era moi listo. El non se rendeu seguindo o consello dos seus pais, sen desfalecer. O seu novo amigo axudouno a recuperar as palabras perdidas. Xa en sexto conseguiuno. Os seus compañeiros, ao ver o seu esforzo, xa non o desprezaron máis, ao contrario, acabaron sendo grandes amigos. PABLO BOUZADA PINÓN

SABI, DEREITOS HUMANOS -

É tan importante o día dos dereitos humanos?. Por que non é un día festivo como pode ser Semana Santa?preguntou a miña amiga Paula interesada.

-

Pois realmente non o sei. Tes toda a razón, debería ser, polo menos para que sexamos conscientes do que iso significa e decatarnos, de canta xente no mundo ve como llos pisan sen poder facer nada. Sabes, teño unha historia que me contou miña nai hai tempo e que me impresionou moito.

Unha nena moi lista chamada Sabi e a súa familia vivían en Afganistán, un país sen saída ao mar situado no corazón de Asia. Nunca puido ter unha educación coma as súas compañeiras. Seus pais eran tan pobres que tiñan serios problemas para se manter e darlle a Sabi todo o que necesitaba. Un día apareceu na casa un millonario, dono dunha mina de ferro, ouro e uranio. O pai de Sabi debíalle cartos e veu reclamar a súa débeda. O seu traballo non abondaba para pagar, co que veuse ela obrigada a contribuír facendo extraccións na mina, picando e carrexando. Ao principio, non se decataba do que lle viña, pero logo sentiu como os ollos do magnate póñanse nela de maneira ameazadora. Deixádeme meus pais, por favor, léveme a min. E así foi, traballou de sol a sol, sen regresar a súa casa, doce horas polo día e 7 pola noite. Sabi era tremendamente infeliz, non só pola súa desgraza senón pola separación da súa familia, sen poder sentir o seu agarimo e protección. Non todo estaba perdido. Caeu nas súas mans, de casualidade, un xornal que traía unha foto que lle chamou a atención. Non sabía ler. Achegouse a un compañeiro e entusiasmada pediulle por favor lle lera o que poñía ao seu pé. Tratábase dunha asociación que axudaba a casos coma o dela. “Qué marabilloso!”, dicíase. “Non sabía que puidera haber algo así e que alguén loitase por nós”. Axudada pola súa nova familia, os compañeiros e compañeiras, Sabi conseguiu chamar, pero era tarde. O millonario non a quería perder e sobre todo que ninguén soubese o que pasaba na súa mina. Deixouna media morta nun antigo cárcere nun pequeno calabozo ben apresada. Non volveron saber máis nada dela. Os pais loitaron incansablemente por recuperala coa axuda desta asociación que recolleu a súa chamada, pero que non chegou a tempo para cambiar o rumbo da vida da nena. Isto non os detivo, pois puidérono facer con outros nenos e nenas que sufriron o mesmo que Sabi, naquela cruel mina. -

Pois agora que o dis, non me gustaría acabar coma Sabi. Que sorte temos!.- reflexiona Paula.

-

Éche unha gran inxustiza!. SHEILA CAYETANO GESTEIRO


RECANTO LITERARIO

A PRESENZA DA MIÑA NAI Querido … : Escríboche esta carta para que me comprendas. Son Saíd, estou en Marrocos, meus pais teñen unha ferraxaría moi pobre a que case ninguén vai por falta de material. Ademais, teñen que pagar a hipoteca da casa, a auga, a luz, o gas e a calefacción. Por isto, decidiron vendela. Como non gañaron moito coa venda, non me puideron pagar os estudos, nin a manutención, e por iso, collín unha enfermidade. A miña vida é moi triste, pois aínda por riba, somos de familia pequena. Meus pais non teñen irmáns e só quédanme os meus avós paternos que nin sequera sei onde están. Como non me podían coidar ben, dixeron que me ían dar en adopción a outra familia, a pesar do moito que me querían. Tal vez foi por iso, porque me querían profundamente. Pero non sei onde estaría mellor. Fun de familia en familia e con ningunha sentinme ben. Traballaba e traballaba, poñendo sempre a punto os labores da casa, mais nunca tiven a oportunidade de aprender a ler e a escribir. Canto desexaba regresar á miña casa!. Co paso do tempo, souben que meus verdadeiros pais morreron, xa que chegaron a unha certa idade na que se fixeron vellos. Que tristeza!. Esta enfermidade segue aquí comigo e agora con trinta e seis anos que teño, non sei canto máis aguantarei. Dirás, meu diario, como che podo escribir. Eu formei a miña propia familia. A miña filla ensíname como che teño que dicir todo o que sinto, con palabras que me saen do fondo do meu corazón. Grazas por acadar o que tanto anhelei. Bicos. PAULA CAMIÑA FILGUEIRA

Nunha aldea de África vivía un neno chamado Mubuto. Os pais obrigábanlle a traballar porque non tiñan recursos, e na casa había moita fame. Así que, Mubuto levantábase todas as mañás para ir á fábrica a facer bolsas e cintos. Ás veces, cando tiña un pouco de tempo, xogaba con outros nenos e nenas, pero estaba tan canso que non tiña forzas. Outras veces na cama, vencido pola fatiga, choraba pola dura vida que lle tocara vivir. Desexaba un futuro de esperanza, no que podía ir á escola e aprender a ler e a escribir. Pero pola mañá, espertaba e os soños seguían sendo soños e tiña que volver, ao outro día, á fábrica. Ata que un día, uns pais de acollida doutro país, fixeron todos os medios para poder adoptalo. Non foi fácil. A constancia e a ilusión fixeron posible que este soño deixase de selo e se fixera realidade. Levárono e por fin tivo unha vida feliz. ANDRÉS AREA MÉNDEZ

Estaba xogando un día cos meus amigos ao fútbol no parque cando de súpeto, sen bebelo e sen comelo, apareceron uns nenos maiores e moi altos que non nos deixaban xogar alí no campo. Botáronnos, insultáronnos, para logo pegarnos e… Fomos onda miña nai, que estaba traballando bastante preto de onde estabamos nós, contámosllo e, nin corta nin preguiceira, foi ao campo de fútbol onde estabamos xogando. O partido estaba en marcha, e alto e claro díxolles miña nai: Por que non os deixades xogar?. Respondeulle un deles: Porque non, este campo é noso. Tiven forza, moita forza e soltei: Este campo non é voso, é de todos. Afloraba a rabia, a furia … por todo o que estaba pasando. Pero a presenza de miña nai alí apoiándonos, era de suma importancia para min e sentíame a persoa máis feliz e agraciada do mundo. Tal vez aplacoulles a vergoña. Retiráronse e deixáronnos xogar con eles. Nunca máis volveu suceder. ESTEFANÍA ABREU SOUTO

Naima é unha rapaza marroquí que os seu pais non lle deixan sacar o velo, nin sequera no colexio, séntese angustiada, moitas veces ridícula, pero é algo que non está en discusión e así hai que acatalo. Moitas veces di: - Eu teño dereito a levar velo, ou non ???. Non achou resposta pero ela insistiu. A voz tenra da súa nai, fíxolle ver que non sempre podemos facer todo o que nós queiramos, senón que hai certas cousas impostas que hai que cumprir, aínda que ás veces pisen os nosos gustos ou apetencias. - Mamá, eu simplemente desexaría non levalo cando vou á escola. Síntome mellor sen el. Aínda que me identifica e non quero renunciar, naquel ambiente son unha máis, igual a todos os rapaces e rapazas que están no colexio, pero isto faime moi diferente. A nai comprensiva e preocupada pola filla, falouno en familia e conxuntamente decidiron que o que Naima pedía, non era nada desatinado. Ao día seguinte, Naima lucía radiante. LARA CORES RODRÍGUEZ


RECANTO LITERARIO


RECANTO LITERARIO

Historia dunha goma

de Lucia Gil 4º B

Estaban unha vez unha goma moi gorda e un lápis . A goma díxolle ao lápis: -Pero ti que fas para estar tan delgado? - Eu non fago nada, son así.- dixo o lápis. Entón a goma marchou camiñando e topouse cun afialápis e como se miraron igual de gordos fóronse xuntos. Camiñaron e camiñaron e toparon cunha libreta. Os dous preguntáronlle: -Pero ti que fas para estar tan delgada? -Eu non fago nada, son así- dixo a libreta. Seguiron camiñando ata que se toparon a un folio e oíron como o folio dicía en voz baixiña: -Como me gustaría ser gordo coma esa goma! A goma e o afialapis achegáronse a el e a goma dixo: -Ti queres ser coma min? -Si-, dixo o folio. -Pero ... por que?- preguntou de novo a goma. -Porque así poderia aplastar aos meus inimigos e ademais non sería tan brando. – dixo o folio. Despois a goma e o afialápis ao escoitalo dixeron. -Agora grazas a ti , sabemos de que somos capaces . Nós poderemos axudarte cando o precises. Dendê aquela viviron os três xuntos na casa da goma.

A LETRA QUE BUSCABA UNHA PALABRA de Alejandro García 4º B Érase unha vez unha letra que se chamaba “A” e como se atopaba moi soa decidiu ir polo mundo na busca dunha palabra. Polo camiño encontrou un “L” moi listo e díxolle: - Queres vir comigo? Busco unha palabra. E xuntas continuaron o camiño. Mais adiante atoparon un “E” que estaba estropeado. Arreglárono, dixéronlle si quería ir con elas e xuntas continuaron o camiño. Logo atoparon un xardín onde había un “J” e tamén a invitaron a acompañalas. Mentras camiñaban adiantaron a un “A” que estaba moi aburrido, esperárono e tamén se uneu a elas. Achegáronse a un lago onde un “N” nadaba tranquilamente pero saiu da auga e acompañounas. Dalí a um pouco viron un “D” ao que lle doía um dente. Un “R” que pasaba por ali deulle un remedio que o curou e as dúas uníronse ao grupo. Fíxoselle tarde e achegáronse a unha obra que lles ensinou un “O” para poder pasar a noite. Ao despertar déronse conta de que unidas formaban a palabra “ALEJANDRO” e quedaron a vivir alí xuntas e felices.

A lEJA N DR O


SAÍDA CULTURAL

EXCURSIÓN AOS PETRÓGLIFOS

Foi a excursión máis interesante e educativa deste curso. Transcorreu o día 23 de maio, moi tranquila, con viaxe en autocar e bos treitos a pé. Vimos petróglifos en Cotobade: a Portela das Laxes en Viascón, o Lombo da Costa en San Xurxo. Camiñamos por camiños de monte, mollando algo os pés ou pola beira dos toxos picándonos nas pernas. Había moitos gravados nas pedras, pero algún non se vían con facilidade. Paramos tamén nunha ponte sobre do río Lérez, entre Cutián e Campo Lameiro. Percorremos en fila india a beira do río, río abaixo, e logo río arriba, de volta. Había restos de muíños, e un muíño completo no río Maneses, que aflúe ali no Lérez.. Despois fomos ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Alí Ana, a monitora, mostrounos os petróglifos e explicounos os seus significados. As espirais eran coma as ondas que se fan na auga ao tirar unha pedra nun río ou nunha lagoa. Tamén a entrada ao mundo dos espíritos e dos deuses. Ás veces, labirintos. Aos cervos só os cazaban para saber da valentía de quen podería ser o xefe. Logo visitamos o museo (exposición). Vimos como estudaban os petróglifos, o que eran... e unha película que non me gustou moito. Xantamos nunhas mesas do parque ao aire libre, sempre en contacto coa natureza. Rapazas e rapaces de Secundaria, e de Cangas, deixaran lixo nas mesas e polo chan. Aínda que logo viñeron recoller, Alexandre e mais eu colaboramos limpando algo. Seguimos a nosa ruta ata o Castro da Penalba, onde está a Pedra da Serpe. O mestre mandounos buscala e tivemos que andar moito. Criamos que non dariamos con ela. Pero subimos enriba dunha rochas e alí estaba a Pedra da Serpe. Tivemos que a abrazar todos, pois segundo a lenda dá boa sorte. En Gargantáns, xa no Concello de Moraña, fomos ver o menhir, que é unha pedra grande e ovalada que está cravada na terra. Nela hai gravadas unas coviñas. Para rematar fomos merendar ao parque do río Barosa, en Barro, onde contemplamos as marabillosas fervenzas totalmente naturais. Neste parque tamén vimos unas pontellas de madeira que unían un lado do río co outro. Unha ponticela era de pedra, atopábase á beira dun muíño e servía para acceder aos cadoiros. A min gustoume moito esta experiencia de aprender a través da natureza, e poder disfrutar de todo con tranquilidade.

Silvia García Diéguez, 5º A


EDUCACIÓN VIAL

MOLLAVAO, CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIAL Primeiro viñera un policía municipal, David, polo Colexio para nos explicar o código da circulación, especialmente como usuarios de bicicletas e como peóns, o significado dos sinais e outros. Xa no circuito de Mollavao, o día 15 de maio, e na actividade práctica, David explicounos como eran as vías e os sinais. Fixemos quendas de nove nenas e nenos para andar nos karts, nas bicis ou a pé. As restantes nenas e nenos observaban desde un recuncho das instalacións. O circuito facíase de tres formas diferentes: primeiro en karts, logo en bicicleta, e por últimos eramos peóns. No percorrido había moitos baches, e cando me tocou montar no kart tremíame moito o corpo. Había moitos sinais que non entendía. Pero, por sorte, non era o meu exame do carné de conducir, nin da clase onde me rifasen por non saber. Saltei un semáforo en vermello, que sería unha multa, e tamén unha temeridade pola miña parte se fose unha condutora de verdade. Isto de montar no kart foi o que máis me gustou, e amais funcionaban con gasolina. O que menos me gustou foi facer de peón, aínda que me agasallaron cun chaleco laranxa ben xeitoso por certo. Tamén me entristecín polos insultos dunha compañeira. Pero como o estaba a pasar ben, non lle din importancia e non deixei que me esganase o día. Silvia García Diéguez, 5º A


SAÍDAS CULTURAIS

EXCURSIÓN Á CORUÑA O 15 de febreiro o alumnado de 6º fomos de excursión A Coruña. Visitamos en primeiro lugar a CASA DOMUS, edificio que é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, na que interactuamos con todas as actividades que alí se nos presentan para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana como o nacemento dun bebé, os alimentación, o tamaño do corpo, o funcionamento da mente, do corazón, do aparello locomotor, etc. Asistimos a proxección dunha película en 3D sobre África.

A continuación o AQUARIUM. Déronnos unha charla moi interesante sobre a auga no planeta Terra. Ensináronnos os ovos e as dentaduras das quenllas para despois ver a todos os animais que alí se atopan, diferentes tipos de peixes, cabaliños de mar, quenllas, raias, cancións de mar, focas, xogos. Unha das partes máis atractivas e baixar á reprodución do camarote do capitán Nemo, do submarino Nautilus.

Por último estivemos na CASA DAS CIENCIAS e no PLANETARIO. No planetario aprendemos o que son os equinoccios, os solsticios e as diferentes constelacións e as súas lendas.


SAÍDAS CULTURAIS O sábado 11 de febreiro un grupo de alumnos e alumnas de 6ºA, Enrique, Sheila, Lara, Ismael ,Jose, Sofía , Gabriel e Paula, representamos a obra “A CARAPUCHIÑA AFRICANA” na clausura do IV encontro de ESCOLAS UNESCO que se celebrou no PAZO DA CULTURA de Pontevedra

No mes de marzo o alumnado de 6º fomos ver KAFKA E A BONECA VIAXEIRA

baseada nunha historia real acontecida a Franz Kafka un ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o escritor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar a pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas, estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca deste todos os recunchos do mundo. Foi interpretada por caras moi coñecidas do teatro galego e da TVG. O de asistimos á exposición que sobre ÁFRICA presentou o I.E.S Luis Seoane de Monteporreiro. Nós contribuímos con diferentes traballos sobre etnias, clima, paisaxe, biodiversidade, cultura africana e Wangari Mathaai.

Fouzia, Rubén, Ismael e Gabriel de 6ºA representan “CROCO” para os alumnos e alumnas de 1º e 2º do noso centro nas súas aulas, na hora da lectura.


EXCUSIÓN FIN DE ETAPA

Os catro días de excursión a Madrid foron os mellores da miña vida. Saímos o martes día 29 de maio ás sete e media da mañá. Alí estabamos todos e todas coa maleta preparada esperando o autobús. Despedímonos e comezamos a viaxe cara a Segovia. Había moita calor, pero coas ganas que tiñamos, non reparabamos niso. A primeira parada foi o acueduto. Quedamos realmente sorprendidos de ver o tamaño tan grande que tiña!.Un paseo rápido por Segovia e despois o almorzo para ver pola tarde o Palacio da Granxa , os xardíns , as estatuas e as súas fontes. A última hora da tarde chegamos a Madrid. Estabamos un pouco cansos e fomos cear para repoñer forzas. Despois da cea , xa non tiñamos sono e puxémonos a xogar nas habitacións. Por fin chegou a hora de durmir xa que tiñamos que levantarnos moi cedo. Pola mañá , despois de almorzar , veu buscarnos unha guía que nos levou a percorrer Madrid, as súas rúas, prazas e palacios, estadios de fútbol... Gustoume moito o palacio Real. Ademais coincidimos co cambio de garda , que nos chamou moito a atención. Ben entrada a tarde estivemos no Parque do Retiro, onde tomamos e gozamos do ambiente festivo. O terceiro día foi o máis atractivo. A mañá pasámola no zoo e pola tarde o esperado “Parque de Atraccións ”. Alí comezamos no vello caserón e moitos xa quedaron asustados para un bo tempo. Despois viñeron as atraccións de auga, que nos refrescaron moito. O xoves fomos a Toledo. Cada grupo de nenos e nenas levaba un plano da cidade para orientarse e para buscar os monumentos máis importantes da cidade. Resultou moi interesante e divertido pois o que chegaba de primeiro levaba dous puntos e o que conseguira ga ñar máis puntos, tiña un premio especial. Xantamos de camiño a Madrid e comezamos a ruta de volta. Atrás deixamos unha cidade moi bonita á que volveremos algún día. As nosas familias estaban esperando cunha pancarta fabulosa. Recibíronnos con bicos e apertas. Pasámolo moi ben durante esta excursión e aprendemos moitas cousas novas! Sara, 6ºC


ENGLISH PAGE Where´s the bat? The bat is behind the hat.

Where´s the mouse? The mouse is in the house.

WHERE? Where´s the cheese? The cheese is under the tree.

Where´s the pear ? The pear is on the chair.

Where´s the guitar? The guitar is on the car. Where´s the ball? The ball is near the doll.

Where´s the bee ? The bee is on the “ C “.

Where´s the school? The school is on the moon.

Where´s the chicken ? The chicken is in the kitchen.

Where´s the snake? The snake is on the cake.

Where´s the train? The train is under the plane.

Poema colectivo , 3º


ENGLISH PAGE

R

UND

AND R

UND

I can see a green frog eating sweet lollipops.

Ainhoa Piedras

I can see a long snake cooking a birthday cake.

MªJesús Abelleira and Luna Carballo

I can see ugly rats leaving buttons in flats

Carla Vázquez, Iker Tesouro, Alex and Fátima Troitiño


ENGLISH PAGE

I can see a pretty cat jumping in a round mat.

Aya Nabih

I can see an enormous fly playing with the moon in the sky. Raúl Rodríguez

I can see a wise hen drawing yo-yos with a pen. Ainara Méndez

I can see fat bats wearing fancy hats

Arantxa Gago,

Javier González,

Pablo Loureiro Carlota Torres

And, what can you see? Something round like…

Alumnado de primeiro


ENGLISH PAGE LET´S COUNT !

13, 14

Silence, please !

1, 2

My book is blue.

14, 13

The apple is green.

3, 4

Point to the door!

Silence, please!

15, 16

Where´s Bee ?

5, 6

The lion is big.

16, 15

I´ve got a sheep.

7, 8

What´s your name ?

17, 18

Look at me !

9, 10

I´ve got a hen

11, 12

Here´s your pen.

18, 17

Touch your teeth !

19, 20 20, 19

Count to three !

12, 11

I´m seven.

Poema colectivo, 2º curso


ENGLISH PAGE


ENGLISH PAGE

Autumn is coming. Autumn is here. Fiuzz, fiuzz, fiuzz. Fiuzz, fiuzz, fiuzz … Brown leaves ? Yellow leaves ? Red leaves ? Plash, plash, plash. Plash, plash, plash … Why not green ? Why not green ? White clouds ? Grey clouds ? Dark clouds ? Toc, toc, toc. Toc, toc, toc ... Where is the sun? Where is the sun? Kwish tin kwish. Kwish tin kwish … Let´s wait For spring welcome. Up clamp, up clamp, up clamp. Tic shamp, tic shamp, tic shamp …

Poema colectivo, 6º curso


RECANTO GASTRONÓMICO

A COCIÑAR CON 2ºB GOFRES Precisamos: • • • • • • •

300 gr de fariña. ½ sobre de levadura en pó. 125 gr de manteiga derretida. 300 ml de leite morno. 3 culleriñas de mel líquido. 2 ovos. unhas areas de sal.

3 Deixar repousar ata ter o dobre da masa.

4 Quentar o molde e úntalo cun pouco de aceite .

de Lucía O.B.

Modo de facelo:

1 Mesturar a fariña, a levadura e o sal.

2 Engadir a manteiga, o leite morno, os ovos e o mel. Bater ata que teñamos unha masa suave.

5 Verter un caciño de masa no molde e pechalo. Deixar cocer 5 minutos.

FILLOAS

6 Sacar os gofres e deixar arrefriar. Acompañar de nata, crema de cacao ou marmelada .

de Anxo G. F.

PRODUCTO GASTRONÓMICO TÍPICO DA SOBREMESA GALEGA

Ingredientes: § 2 litros de auga ou leite. § 200 gr de fariña de trigo. § 5 ovos. § Un anaco de touciño. § Un chisco de sal.

Preparación: - Mestúrase a auga cos ovos batidos e a fariña ata facer unha masa lixeira, líquida, chamada amoado. Que non se pegue na tixola, ou na filloeira, e que se estenda ben. - Engadimos unas areas de sal. - Úntase o filloeiro co touciño, para facer que a superficie sexa deslizante. - Bótaselle unha cullerada facendo que quede ben repartido por toda a superficie. - Cando as beiras despeguen ben, agárrase a filloa e dáselle a volta. - Ao pouco sácase e sérvese nun prato. - Pódense acompañar de azucre, marmelada, …


RECANTO GASTRONÓIMICO

A COCIÑAR CON 2ºB MADALENAS EN ACEITE DE OLIVA de Laura Ovelleiro Barreiro

Precisamos: - 4 ovos -

250 gramos de azucre

-

200 gramos de fariña

-

½ vaso de aceite

-

1 sobre de levadura en po

Facemos paso a paso: Poñemos 4 ovos nun cunco, engadimos o azucre e batemos cun batedor. Imos botando o aceite pouco a pouco sen deixar de bater. Noutro cunco mesturamos a levadura coa fariña e pasamos todo por una paneira para logo incorporalo a masa de ovos. Mesturar todo, remexendo sempre na mesma dirección. Botar a masas nos moldes de papel e decorar co azucre. Introducimos as madalenas no forno quente a 180º durante uns 15 minutos. Que aproveite, larpeiros!!

ORELLAS de Sergio González Vidal

Ingredientes: § 2 Ovos. § ½ cunca pequeña de margarina. § ½ cunca pequeña de manteiga de vaca. § 1 cunca pequeña de azúcre. § 1 cunca pequeña de viño branco. § Unhas areas de sal. § Fariña. § Azúcre moído con canela.

Elaboración: Quentamos as manteigas e mesturámolas cos ovos,co azucre e co viño. Botamos o sal e imos engadindo fariña ata conseguir unha masa. Estiramos a masa cun rolo,cortamos dando forma e fritimos en abundante aceite quente. Para rematar engadímoslle o azucre con canela.


PASATEMPOS

SOPA DE LETRAS: A QUEN LLE TOCA?

ADIVIÑAS Moi pequeniño,moi pequeniño, ponlle fin ao escrito.

R

A

I

O

P

U

D

S:_________________

O

N

Y

T

T

R

A

N

O

M U

B

R

E D

E N

O

C

H

T

O

E

J

U E

G I

O

S

E

U N

O

R

T

E O

M B

A A

S O

S

C

U

A

T

R

O

D E M D

A

SETE ERROS

Z

E

R

D

E

J

A E

S A M

Busca os sete diferencias entre os dous debuxos.

Y

D

O

S

D

E

C

A

L L A

E

S

C

O

H

D I

T

E E D

Son un panciño moi dereitiño, e na cabeza teño un sombreiriño. S:________________

Q

S

I

H

C

R

A

P

U

R A

S

E

N

C

J

R

D E

E O

L

E M A

O CABALO GRAMATICAL Se fas os movementos do cabalo do xadrez polo cadro situado ao final da páxina, poderás descubrir a característica que teñen en común os seguintes verbos: traer / valer / coñecer / dar / poñer / facer / saír / saber

Alumnado de 6ºC

PER

SEN

I

TI

TE

RRE

VO.

RA

PRE

SO

LO

EN

CA

#SON

GU

DE

LA

DEL

ME

EN

NA

GU

RES

DI

LAR#

LA

IN

PRI

SIN


Profile for marcos da portela

CHORIMAS 2012  

REVISTA ESCOLAR 2012

CHORIMAS 2012  

REVISTA ESCOLAR 2012

Advertisement