Page 77

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2005

ACTIVIDADES

EN TORNO ÁS EXPOSICIÓNS A especialización da nosa biblioteca derívase directamente do proxecto museístico do MARCO como centro de arte, principalmente das exposicións que son o cerne da súa actividade. Coa intención de se converter nun espazo complementario e enriquecedor para os visitantes e participantes nos diferentes programas do museo, a biblioteca levou a cabo neste ano catro exposicións bibliográficas e un directorio web de recursos en torno a un total de cinco exposicións. Ademais do público visitante e usuarios propiamente ditos da biblioteca, tivemos a satisfacción de comprobar que foron os asistentes de sala e o persoal de didáctica quenes sacaron máis proveito destas exposicións, do que cabe salientar que esa información atopou unha importante canle de comunicación.

ESPECIAL PERFORMANCE l

Datas: 21 xaneiro – 8 maio 2005

Con ocasión do Taller de Performance dos irmáns Guimarães, actividade complementaria da exposición 20 desarranxos, recolléronse nos expositores da sala de lectura 33 materiais dos nosos fondos relacionados coa performance, entre escritos teóricos, catálogos de exposicións, monografías de artistas e audiovisuais. O obxectivo foi proporcionar información aos alumnos do taller e a todo o público ao que as magníficas performances desta exposición tiñan espertado o interese por esta forma de arte contemporánea.

76 | MARCO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO

Profile for MARCO Museo de arte contemporánea de Vigo

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

Advertisement