Page 74

ACTIVIDADES BIBLIOTECA

2005 foi o ano dos usuarios, a nosa atención centrouse no público que se veu achegando á biblioteca. Temos estudado as súas expectativas e preferencias, poñendo a punto os detalles que fagan máis cómodo e agradable este servizo, e procuramos, dentro das nosas posibilidades, dinamizar esta relación con diversas actividades que se desenvolveron na sala de lectura, a través do correo electrónico e na web. Se contemplamos globalmente o acontecido neste ano 2005, vemos unha nova biblioteca que se presenta perante a comunidade de xeito tímido e observador, pero tamén ambiciosa e dinámica. Observando a interacción entre os usuarios e a selección de información que lles ofrecemos, fixemos evolucionar en tempo real as seccións máis activas como é a hemeroteca e preparamos coidadosamente unha próxima evolución do fondo bibliográfico en 2006. n Horario: de martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 n Acceso gratuíto pola entrada posterior do museo, rúa Progreso n Consta de 32 postos de lectura, 3 equipos informáticos para consulta del catálogo y navegación web y dos salas anexas de audiovisuais. n Servizo de lectura en sala, non hai préstamo domiciliario n Acceso web ao catálogo bibliográfico a través de www.marcovigo.com

Nun mundo no que a cantidade de información dispoñible crece exponencialmente, o papel do centro de documentación non ha de ser simplemente acumular, senón seleccionar, ordenar, e presentar, servindo de mediador entre os contidos e os usuarios. Procurar un achegamento cualitativo tanto como cuantitativo. Se o factor humano ten sido a chave na evolución da biblioteca este ano crucial, xa que foi o noso primeiro ano de portas abertas, non podemos deixar de mencionar as persoas que atenderon diariamente este servizo. Estudantes e xente recén diplomada, que a través de diversos programas institucionais asumiron con paixón e valentía os relevos nun arduo traballo de grande especialización como é a xestión de contidos bibliográficos. Como conclusión, todo o equipo quere agradecer a amabilidade dos nosos usuarios, as súas suxestións e tamén a súa paciencia fronte ás nosas pescudas e enquisas. Se por unha banda estas persoas teñen sido o obxecto da nosa dedicación, tamén foron a motivación para seguir traballando no desenvolvemento deste proxecto que quere chegar a ser o centro de documentación do século XXI que os profesionais e afeccionados á arte de Vigo e a súa ampla área de influenza se merecen.

Nuria Barreras Viso Iria Fernández Mouriz Sara Allú Val Bianca Rodríguez Miguélez Conchi Rey Ríos MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO MARCO | 73

Profile for MARCO Museo de arte contemporánea de Vigo

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

Advertisement