Page 70

ACTIVIDADES

XORNADAS DE REFLEXIÓN

ARTE CONTEMPORÁNEA NA DEMOCRACIA

O 24 e 25 de novembro foron sen dúbida días importantes na historia do MARCO. Por primeira vez reuníase en Vigo un bo número de protagonistas do pasado recente da arte contemporánea en España: directores e exdirectores de museos, críticos e historiadores da arte, comisarios... figuras chave para explicar os antecedentes, presente e futuro dos centros de arte da península. As xornadas formaban parte do ciclo de encontros “Cultura en democracia”, organizado polo Ministerio de Cultura, que se celebrou entre os meses de maio e novembro de 2005 en distintas cidades e sedes de España, e que tiña como obxectivo reflexionar sobre a evolución da cultura española durante os últimos 30 anos, marcados pola construción dunha sociedade democrática, e fomentar o diálogo e debate en torno aos retos que presentan os tempos novos. Dentro dos temas tratados neste ciclo de encontros, o MARCO de Vigo foi elixido como sede para acoller as xornadas sobre “Arte contemporánea na democracia”. Ao longo das dúas xornadas de reflexión, abertas ao público, foron xurdindo diferentes cuestións e interrogantes sobre modelos de xestión, programación e obxectivos dos centros e museos de arte contemporánea, tanto na súa función de conservación como na de investigación, formación, e sobre todo como espazos de diálogo e de intercambio de ideas. A inauguración das Xornadas estivo a cargo de Carlos Alberdi, Director de Cooperación y Comunicación Cultural do Ministerio de Cultura, e o programa estruturouse en tres mesas redondas, abertas ao público en xeral: a primeira ofreceu unha lectura diacrónica dos anos 80 e 90; a segunda, unha avaliación sincrónica da situación actual; por último, analizáronse outros modelos de xestión artística. Baseadas nunha análise da cronoloxía e a historia dos diferentes centros de arte inaugurados en España durante os últimos trinta anos, as mesas redondas serviron de punto de partida para afrontar algúns dos desafíos da cultura española no futuro.

MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO MARCO | 69

Profile for MARCO Museo de arte contemporánea de Vigo

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

Advertisement