Page 69

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2005 SALÓN SINSAL PRIMAVERA l l l

Data: 14 de maio Produción: SinSalaudio Concerto: Gang Gang Dance (EEUU)

O último grande descubrimento do pasado 2004 na escena de Nova York, epicentro do Rock Contemporáneo, é Gang Gang Dance. Quen tivo a oportunidade de velos, di que non hai dous concertos iguais e que cada ocasión é unha experiencia inesquecible. A súa liña de traballo sempre se sitúa nunha estrutura moi hipnótica e psicodélica na que de forma improvisada van fluíndo compases e sonoridades tribais da India, Etiopía ou Xapón sobre bases de Hip-Hop, Rock ou Electrónica.

SALÓN SINSAL OUTONO l l l

Data: 19 novembro Produción: SinSalaudio Concerto: James Yorkston (Reino Unido), Samara Lubelski (EEUU) e P.G. Six (EEUU)

Con este triplo concerto para o outono, pechouse o ciclo SinSal 2005 no MARCO. James Yorkston –descubridor da fórmula máxica capaz de converter cancións en abrazos, sorrisos ou bágoas– Samara Lubelski –coa súa combinación de folk e psicodelia– e P.G. Six (Pat Gubler), personaxe fundamental no underground máis ecléctico, foron os seus protagonistas.

OUTROS EVENTOS n Festi val Alternati vo de Teatro e Dan za ALT ’05: “ Vi go, a outra alternati va” l Datas en MARCO: do 8 ao 12 de marzo de 2005 l Organiza: Concellería de Cultura, Concello de Vigo, en colaboración con Noescafé Teatro Colabora: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo l Programa especial: Soas na esc ena Dentro da IV edición do Festival Alternativo de Teatro e Danza, e continuando coa programación de ciclos temáticos, o ano 2005 dedicouse ás mulleres no teatro. O programa especial SOAS na ESCENA reuniu a un grupo de actrices, directoras de escena e dramaturgas (Alicia Gómez, Luma Gómez, Viviana Figueroa, Pepa Plana, Mercé de Rande e Lola Correa, directora do Festival) que estrearon os seus traballos unipersoais, creados especialmente para a ocasión. Cada xornada abriulle ao público a posibilidade de entrar nun espazo único e íntimo no que unha muller-actriz amosaba toda a súa forza e sensibilidade na soidade do escenario. n I Festi val Internacional de Jazz de Vi go, “Ima xina sons” l Datas en MARCO: 20, 21, 27 e 28 de xuño l Organiza: Concellería de Cultura, Concello de Vigo l Colabora: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo “Imaxina sons”, o Festival Internacional de Jazz de Vigo, trouxo á cidade aos mellores artistas de todos os estilos. A programación para o MARCO incluíu varias conferencias e mesas redondas sobre temas diversos, como a situación do jazz e a súa difusión en Galicia, España e Europa, as súas influenzas e novas tendencias. Os concertos reuniron a músicos como Iñaki Salvador (“Piano solo”), Ramón López (“Cancións para batería”), Vicent Courtois (“Violoncelo solo”) e Carlos Barreto (“Solo Pictórico”).

68 | MARCO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO

Profile for MARCO Museo de arte contemporánea de Vigo

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

Advertisement