Page 66

ACTIVIDADES ARTFUTURA 2005 OBXECTOS VIVOS + ESPAZOS SENSIBLES l l

Datas: do 27 de outubro ao 18 de novembro Produción: ArtFutura Novamente, o MARCO de Vigo ofreceu en exclusiva para Galicia o programa audiovisual completo deste Festival, que se presentou simultaneamente noutras oito cidades: Barcelona (Mercat de les Flors), Granada (Parque de las Ciencias), León (MUSAC), Madrid (La Casa Encendida), Murcia (Puertas de Castilla), Palma de Mallorca (Centre de Cultura Sa Nostra), Tenerife (Centro de Arte La Recova) e Vitoria (Artium). Se na edición anterior ArtFutura trataba sobre a superposición do virtual e o físico, este ano, baixo o título xenérico “Obxectos vivos + Espazos sensibles”, exploraba o futuro dos obxectos e os contornos na era dos fluxos de datos.

O programa de 2005 incluíu capítulos xa clásicos como ArtFutura Show e 3D en España –que recollen os mellores exemplos españois e internacionais de animación en 3D– ou Full Motion Theater, dedicado ás manifestacións visuais xeradas polo mundo do lecer dixital, ademais dun avance do festival Resfest 2005. Unha das seccións máis atractivas para o público narraba en imaxes o proceso de produción da película A noiva cadáver de Tim Burton a través dos cataláns Grangel Studio, creadores do deseño dos personaxes. Os Strandbeest (bestas da praia) do holandés Theo Jansen foron protagonistas doutro dos programas, e as retrospectivas Experimental Futura –unha selección dos mellores traballos experimentais de animación dixital presentados no festival ArtFutura ao longo dos seus primeiros 15 anos– e 12 Años de 3D en España, completaban esta edición 2005.

CICLO DE CINE OLLADAS DO CINE XAPONÉS l l

Datas: do 3 ao 31 de outubro Organización: Cineclube Lumière, en colaboración co MARCO

Coincidindo coa apertura da exposición CHIKAKU. Tempo e memoria en Xapón, e como actividade complementaria desta mostra, Cineclube Lumière e MARCO ofreceron durante todo o mes de outubro o ciclo de cine titulado “Olladas do cine xaponés”, unha selección de cinco títulos ordenados cronoloxicamente, con obras de cineastas xaponeses das últimas décadas, dende principios dos oitenta á actualidade. Programa: - 3 outubro: Narayama Bushiko [A balada de Narayama], de Shoei Imamura. Xapón 1982 - 10 outubro: Zegen [Zegen, o home dos bordeis], de Shoei Imamura. Xapón-EEUU 1987 - 17 outubro: Ten To Chi To [Kagetora o guerreiro], de Haruki Kadokawa. Xapón-EEUU 1990 - 24 outubro: Tasogare Seibei [O ocaso do Samurai], de Yoji Yamada. Xapón 2002 - 31 outubro: Daremo Shiranai [Ninguén sabe], de Hirokazu Kore-Eda. Xapón 2004 MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO MARCO | 65

Profile for MARCO Museo de arte contemporánea de Vigo

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

Advertisement