Page 62

ACTIVIDADES

3 x MARCO Xornadas de Portas Abertas l

Datas: 11, 12 e 13 de novembro

Coincidindo co terceiro aniversario do MARCO o 13 de novembro, e coa saída oficial da Volta ao Mundo de Vela VOLVO OCEAN RACE do Porto de Vigo o 12 de novembro, organizáronse unhas xornadas de portas abertas durante toda a fin de semana. Neses tres días, 4.729 persoas pasaron polas instalacións do museo, o que supuxo un novo récord de visitantes. Nenos e adultos participaron nas actividades dirixidas a público de todas as idades: exposicións temporais, visitas guiadas, maratón ArtFutura, monicreques e obradoiros infantís, mostras da biblioteca, performances no Espazo Anexo, e mesas informativas. Para esas datas organizouse unha mostra específica que tiña como eixo temático a cidade de Vigo e a súa relación co mar, a través de imaxes de 12 fotógrafos galegos e internacionais que ofrecían as súas diferentes visións da nosa cidade, das súas xentes e da súa relación co mar. A exposición Un mar de fotos reunía unha selección de imaxes procedentes da Colección Fotográfica do Concello de Vigo, nas que o motivo principal era a visión do mar en Vigo, e que permaneceu aberta ao público ata o mes de decembro, no horario habitual do museo.

MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO MARCO | 61

Profile for MARCO Museo de arte contemporánea de Vigo

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

Advertisement