Page 61

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2005

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS Día Internacional dos Museos 2005 O MUSEO, PONTE ENTRE CULTURAS l l l

Martes 17 de maio: XORNADA DE PORTAS ABERTAS Actividades para público de todas as idades Horario: entre as 11.00 e as 21.00

No MARCO celebramos o Día Internacional dos Museos (18 de maio) no festivo máis próximo, o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas. Para esa data preparouse un completo programa de actividades en distintos lugares do museo, dirixidas a todo tipo de público, e que estiveron en marcha durante toda unha xornada de portas abertas na que participaron un total de 2.039 persoas. “AQUÓFONO, o son da auga” Presentación, por vez primeira en Vigo, desta instalación interactiva que crea, a partir do son de gotas de auga, unha serie de fantasías musicais únicas e irrepetibles Lugar: Salón de Actos Patrocina: Aguas de Mondariz y Fuente del Val S.A. “O dominó xi gante” Un xogo colectivo de creación plástica no que os participantes, a partir de fichas xigantes, construíron o seu propio dominó de formas e cores relacionados con elementos de distintas culturas. Lugar: zona peonil en torno ao museo

Mesa informati va da A grupación de Ami gos do MAR CO A presidenta da AAM, Daniela Sarraíno, acompañada de persoal voluntario, estivo a disposición do público para informar sobre as actividades e obxectivos da Agrupación. Lugar: vestíbulo de entrada ao museo

Libro de visitas do Día Internacional dos Museos Un álbum aberto para que cada visitante puidera reflectir as súas impresións sobre a visita ao museo. Lugar: vestíbulo de entrada ao museo

Ademais, durante todo o día permaneceron abertas ao público as exposicións temporais, coa posibilidade de visitas guiadas ás mesmas para público infantil e adulto.

60 | MARCO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO

Profile for MARCO Museo de arte contemporánea de Vigo

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

Advertisement