Page 54

ACTIVIDADES TALLERES INFANTÍS E ACTIVIDADES PARA FAMILIAS Número de participantes nas actividades de fin de semana: 4.260 Número de participantes nos obradoiros de verán: 1.886 ACTIVIDADES DE FIN DE SEMANA Sen dúbida, outro dos programas estrela do MARCO durante 2005 foi o dedicado ás actividades para familias das fins de semana, dirixidas a público infantil e adulto. Do mesmo modo que a programación para escolares, as actividades para familias seguen un ritmo estacional, e adaptan os seus horarios aos hábitos e preferencias dos públicos destinatarios. Entre os meses xaneiro e xuño, os obradoiros dos sábados estiveron precedidos de sesións de contacontos no Laboratorio das Artes, o espazo de didáctica no primeiro andar. Historias vividas que funcionan como punto de partida para a interpretación, o coñecemento e a práctica de técnicas artísticas. Os domingos, as exposicións temporais do MARCO servían de ponte para actividades e obradoiros. A partir do mes de outubro, Marquiño e outros personaxes como Lady Minimal, a pinga Chof, ou o Burato Cibernético, acompañaron aos máis pequenos nun percorrido polos movementos artísticos dos séculos XX e XXI. Os espectáculos de monicreques no salón de actos foron seguidos de obradoiros no Laboratorio das Artes, relacionados coa sesión de cada día. O programa de monicreques do ano 2005 foi posible grazas ao patrocinio do Ministerio de Cultura.

SESIÓNS DE MONICREQUES

Spray attack!

Teoría da cor

Picasso e o libro máxico

Cubismo, abstracción

Chof, a pinga viaxeira

Expresionismo

Recíclate comigo

Ready-made

Príncipe Maximus, o namorado Minimal E ti, ¿que sabes facer?

Ready-made, arte Pop

O burato cibernético

Net-art

MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO MARCO | 53

Profile for MARCO Museo de arte contemporánea de Vigo

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

Advertisement