Page 50

ACTIVIDADES

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Un dos rasgos distintivos do MARCO é o feito de reunir nun mesmo departamento boa parte das tarefas de comunicación –especialmente as relacións cos medios– e a programación didáctica. Esta dualidade ou bifrontismo lévanos a unha reflexión sobre a necesidade de sintonizar dúas vertentes de ritmos tan distintos e que, non obstante, teñen en común o papel de intermediación. Sexa en relación cos profesionais dos medios, cos seus lectores e audiencias, co público infantil e adolescente, cos asistentes a cursos e talleres, co público das visitas guiadas ou cos participantes en calquera outra actividade, a nosa función é sempre a de intermediarios entre as obras de arte e os nosos públicos, tentando atopar a mellor linguaxe de comunicación con cada un dos destinatarios. Dende o punto de vista cuantitativo, o número de participantes nas actividades que neste capítulo agrupamos baixo o título xenérico de ‘programación didáctica’, e que inclúen tanto a programación para escolares como os talleres para familias, cursos de adultos, programación de verán e talleres de artistas, incrementouse nun 13,5% respecto ao ano anterior. Por outra banda, se o ano 2003 significou o inicio dun programa educativo propio, e 2004 a diversificación e consolidación da oferta, 2005 foi un ano de experimentación de novos contidos e metodoloxías, especialmente nas actividades para escolares e nos obradoiros de verán. Cando falamos de programación didáctica referímonos a un conxunto de actividades pero tamén a unha función ou –cando menos– intención. Se consideramos os centros de arte como espazos de crecemento, o planeamento dun programa educativo de calidade é unha das súas funcións primordiais, un elemento distintivo que sustenta boa parte do noso quefacer como xestores culturais. Ademais, neste período foi se cadra máis evidente que a didáctica do MARCO non é un conxunto independente de actividades, senón un contido transversal e complementario do resto da programación, e moi especialmente das exposicións temporais. No que respecta aos programas para escolares e talleres para familias, unha vez máis o factor esencial foi o labor do persoal educador, os mellores emisores/receptores da información, en contacto diario e directo cos destinatarios. Durante 2005, varias persoas traballaron como educadores nas salas e talleres, en distintos turnos e períodos: Angel Borrero, Yurema Collazo, Laura Fernández, Luis Gómez, Laura Gómez, Mª Xosé Martínez, Patricia Moure, Angeles Rodríguez e María Urrutia, coordinados por Carolina Posada. Todos eles, xunto cos nenos, rapaces, adultos e docentes acompañantes, foron os verdadeiros protagonistas da boa marcha do programa. As novas sesións de monicreques e as visitas ás salas de exposición no caso das actividades para familias, e as exposicións de arte brasileira, de fotografía contemporánea, e de arte xaponesa contemporánea, durante as visitas e talleres de escolares deseñadas por Pedro Cordón para cada mostra, brindaron moitas oportunidades de crecemento e educación da mirada –sempre poliédrica– a partir do coñecemento e o disfrute. E falando de poliedros, quizais o proxecto máis innovador de 2005 foron os talleres de verán ARTE+MATES. Xoguemos coas formas, un programa experimental que tomaba como punto de parMUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO MARCO | 49

Profile for MARCO Museo de arte contemporánea de Vigo

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

Advertisement