Page 21

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2005

Grazas a todos eles, o Anexo converteuse este ano nunha sala de experimentación e reflexión, un espazo que interactúa co contorno e –o máis importante– cos seus visitantes. As outras seis exposicións programadas durante 2005 foron proxectos maiormente pluridisciplinares e colectivos, o que ven sendo a ‘marca da casa’ dende os seus inicios. Compartían ademais outra característica común, xa que todas as mostras tiñan un carácter temático, ou cando menos a súa montaxe foi deseñada tematicamente, como foi o caso da Colección de Fotografía Contemporánea de Telefónica. Comezando polo primeiro andar, abrimos o ano coa presentación de 20 Desarranxos. Panorama da arte brasileira, producida polo MAM, Museu de Arte Moderna de São Paulo, e comisariada por Gerardo Mosquera, curador de recoñecido prestixio internacional. O proxecto partiu da edición 2003 do “Panorama da Arte Brasileira”, a segunda exposición periódica máis importante do Brasil, pero como novidade e para a súa presentación no MARCO de Vigo, contou coa participación do artista galego Jorge Barbi, do que se seleccionaron dúas obras que se axustaban perfectamente ao concepto de “desarranxo”. Ademais, dous dos artistas participantes, Adriano e Fernando Guimarães, presentaron catro performances en distintos espazos do museo e dirixiron un taller sobre esta disciplina artística. Foi a primeira vez que a mostra se presentaba fóra do Brasil, e a única oportunidade de vela en España. A continuación veu Diáspora. 10 artistas galegos no exilio latinoamericano (19301970), organizada en coprodución coa Fundación Luis Seoane d’A Coruña. Foi un proxecto que levou varios meses de pescudas e duro traballo, entre outras razóns polas dificultades de conseguir en préstamo algunhas das pezas que se exhibiron, ben por motivos de conservación ou por pertencer a coleccións privadas que nunca antes se amosaran ao público. A mostra relataba, a través dunha selección de dez artistas, as consecuencias que a saída cara ao exilio tivo para a cultura galega e amosaba a evolución dos traballos realizados por cada un deles antes, durante, e despois dos acontecementos que causaron a súa marcha. Ademais o programa se completou cun ciclo de cine no Salón de Actos dedicado a Carlos Velo e realizado en colaboración co CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe. Finalmente, A Patria está ao virar na esquina. Fotografía contemporánea de Austria foi unha mostra producida polo Foro Cultural de Austria na que catorce artistas de varias xeracións, seleccionados pola comisaria Andrea Domesle, amosaban diferentes visións do seu país, utilizando preferentemente o soporte fotográfico, aínda que tamén estiveron presentes a pintura e o vídeo. O MARCO achegaba así ao público a obra de creadores austríacos que dous meses máis tarde serían os protagonistas de ARCO, a Feira de Arte Contemporánea de Madrid, no seu vixésimo quinto aniversario. A planta baixa tivo tamén unha moi coidada programación, sempre buscando a súa complementariedade coas mostras que ao mesmo tempo estaban a seren exhibidas no primeiro andar. En xaneiro inaugurouse unha excepcional proposta expositiva organizada en torno a unha selección de pezas feita pola comisaria Carlota Álvarez Basso, pertencentes á Colección de Fotografía Contemporánea de Telefónica. Unha mostra con obras dos nomes máis salientables da historia da foto20 | MARCO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO

Profile for MARCO Museo de arte contemporánea de Vigo

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

Advertisement