Page 16

A INSTITUCIÓN O RELEVO NA DIRECCIÓN O 17 de xuño de 2005 foi unha data importante na historia do MARCO. Ese día, coincidindo cos actos inaugurais da exposición Estrañamente familiares, Carlota Álvarez Basso abandonaba oficialmente o seu posto como directora do museo para asumir novas responsabilidades profesionais. Este feito, e o relevo posterior na dirección, foron sen dúbida os acontecementos máis salientables da traxectoria do MARCO neste ano. A decisión fíxose pública un mes antes, o día 13 de maio, ao finalizar a X Reunión do Padroado da Fundación MARCO, nunha conferencia de prensa na que a directora saínte estivo flanqueada pola Alcaldesa de Vigo e Presidenta da Fundación MARCO, Corina Porro Martínez, e polo Concelleiro de Cultura, Ignacio LópezChaves Castro. FOTO JESUS DE ARCOS

Ademais da súa capacidade e entrega, a súa determinación na toma de decisións foi un factor esencial na posta en marcha e funcionamento do centro, especialmente na etapa inicial, complexa por definición: estrutura do persoal, definición de liñas de programación, estratexias de promoción e –segundo as súas propias palabras– inclusión do MARCO no imaxinario da cidadanía e no mapa da arte contemporánea. O Padroado da Fundación MARCO, en reunión de data 13 de maio de 2005, decidiu o nomeamento de Carlota Álvarez Basso como padroa de honra. Alén dese recoñecemento oficial, dende estas páxinas queremos facerlle chegar o noso agradecemento e os nosos mellores desexos. É probable que a distancia física e temporal de lugares que no seu día foron espazos cotiáns provoque unha sensación ambivalente de extrañeza e confianza; por iso, esperamos que no futuro o MARCO sexa para ela un lugar “estrañamente familiar”.

O 17 de novembro de 2005, o Padroado da Fundación MARCO decidiu o nomeamento de Iñaki Martínez Antelo como novo Director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. A resolución foi adoptada durante a XIII reunión do Padroado, na que estiveron presentes a Presidenta da Fundación, Dª Corina Porro Martínez, o Secretario, D. José Riesgo Boluda, e os seguintes vocais representantes das entidades fundadoras: D. Ignacio Javier López-Chaves Castro, D. Xosé Carlos Arias Moreira e Dª Margarida Rosa Martíns Vilanova (polo Concello de Vigo), D. Luis Bará Torres e Dª. Fina Casal Martínez (pola Xunta de Galicia), Dª Francisca Canal Gómez (pola Deputación de Pontevedra), e D. Guillermo Brea Vila (por Caixanova), ademais de Dª Carlota Álvarez Basso, anterior directora do MARCO, na súa calidade de Padroa de Honra. O proceso de selección iniciárase o día 23 de xuño de 2005, data na que se aprobou a resolución que establecía as Bases de convocatoria para o posto de Director/a da Fundación MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Unha vez rematada a reunión, a Alcaldesa de Vigo e Presidenta da Fundación MARCO, Dª Corina Porro Martínez, fixo público o nome do novo director aos medios de comunicación reunidos no museo, e expresou a súa satisfacción pola boa marcha e resultado do proceso.

MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO MARCO | 15

Profile for MARCO Museo de arte contemporánea de Vigo

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

MARCO Memoria anual 2005  

Memoria de actividades do MARCO Museo de arte contemporanea de Vigo, ano 2005

Advertisement