Issuu on Google+

Xornal escolar do C.E.I.P. Vilar de Barrio nยบ 3

Curso 2003/2004


Editorial

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

LIMIAR ÍNDICE

Ourizos, castañas, magosto, Nadal, panxoliñas, guerra, paz, chavella, arado, carro ....etc. Son palabras que escoitamos e traballamos ó longo do curso, palabras que reflicten as actividades levadas a cabo ó longo do curso. Algunha delas coma gramalleira son palabras esquecidas, abandonadas nun recuncho do noso pasado, moitas delas palabras fermosas que nos levan a outros tempos, a outros modos de vida pero palabras cunha grande carga na nosa herdanza, palabras que labraron o noso futuro e que queremos presentarvos para que bebamos de novo da súa sabiduría, ogallá que a través da celebración do Día Das Letras Galegas, coa exposición etnográfica consigamos espertar en todos vos o interese, a intriga e a paixón por coñecer o noso pasado e a partir de aí o orgullo de formar parte del.

O Magosto O Nadal O día da Paz O Entroido As pilas As Letras Galegas A Primavera Pequenos artistas Grandes escritores Comics Investigación Reas Refráns Día da árbore

O xornal seguindo un criterio cronolóxico, sempre comeza co magosto, seguido doutras moitas actividades, das cales queremos deixar constancia gráfica e escrita nas seguintes páxinas. Prestámoslle unha especial atención á celebración das Letras Galegas este ano adicadas á ilustre persoa de Don Xaquín Lorenzo, mestre de xeracións de ourensáns e incansable colector dos nosos costumes e tradicións. Na súa honra organizamos unha exposición etnográfica que se centra nos antigos oficios no noso concello.

-1-


O magosto

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Escollemos o día 6 de novembro para celebrar o magosto do 2003, e como o ano pasado fomos á Portela, a escasos kilómetros do centro. O alumnado do 2º e 3º ciclo atreveuse a ir camiñando ata o lugar onde celebramos o magosto. Foi unha hora de andaina que ven ben para a circulación e para poñerse en forma. Algúns, xa menos, ata repetiron á volta. Don Pepe, antigo mestre desta escola, acompáñanos sempre como grande asador de castañas. Que ricas che saen, Pepe.

O tempo acompañounos e puidemos cumprir con todas as tradicións propias da festa, asar as castañas, chinar a cara, comer os chourizos e facer todo tipo de xogos: o pano, o reloxo, a corda, os países, o turrasoga e ata un partido de fútbol.

Nerea, Noelia e María, coa cara chinada e algo cansas de tanto xogar todo o día.

Al montón, que pocos son que entre la siguiente, y que salga la anterior ...Natalia polos aires.

O outono, ademais de ser o tempo de magostos e castañas, é propicio para atopar cogomelos. Nós capturamos unha imaxe dunha preciosa Amanita Muscaria

-2-


As pilas

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

O día 20 de novembro, Eva da Consellería de Medio Ambiente propúxonos un obradoiro sobre as pilas. ¿Sabedes quen foi o que inventou a primeira pila? Alexander Volta. e ¿Sabedes por qué se lles chama pilas? por que para construír a primeira pila puxo moitas láminas de metais apiñadas.

Eva informounos sobre a composición das pilas, a mellor forma de gardalas e de utilizalas e algo moi importante a mellor maneira de desfacernos delas cando xa están gastadas que é metelas nun contedor apropiado, por que se as tiramos ó lixo acabarán contaminando a auga, ós peixes e á xente.

¿Sabedes que é moito mais barato utilizar enerxía eléctrica que as pilas? Logo elaboramos un panel con preguntas e respostas de xeito que se conectabas axeitadamente a pregunta coa resposta encendíase unha bombilla.

-3-


As pilas

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

¿Como contaminan as pilas? Unha vez utilizadas, as pilas convértense nun residuo tóxico. Se as tiramos directamente ó lixo, a pila co paso do tempo perde a súa cuberta protectora de metal, libera diferentes tipos de metais que son moi nocivos para os ecosistemas e para a saúde dos seres humanos. Hoxe case sempre mercamos pilas alcalinas en lugar das de carbón porque duran máis. Pero esquecemos que o mercurio e o cadmio presentes neste tipo de pilas fíltranse á auga e incluso ó aire ingresando na cadea alimenticia do ser humano. ¿Qué     

podemos facer para diminuír a contaminación? USAR APARELLOS CONECTADOS Á REDE ELÉCTRICA. PREFERIR LINTERNAS RECARGABLES. PREFERIR PILAS RECARGABLES. OPTAR POR PILAS ALCALINAS. NO COMPRAR XOGUETES A PILA.

 USAR CALCULADORAS E APARATOS A ENERXÍA SOLAR.  NUNCA BOTES AS PILAS NA BASURA. NO COLE E EN MOITOS SITIOS HAI CONTENEDORES ESPECIAIS PARA PILAS BÚSCAOS E TIRA NELES AS PILAS ESGOTADAS.  NUNCA BOTES AS PILAS DIRECTAMENTE NOS RÍOS. O proceso de destrucción O mercurio liberado polas pilas que chega a auga, é absorbido polos peixes. A eles non lles afecta, porque se fixa nos seus tecidos. Pero cando os humanos comen peixes contaminados con mercurio, estes libérano no seu organismo, co que o mercurio recupera toda a súa toxicidade provocando danos nos tecidos cerebral e no nervioso. O mercurio, o cadmio e outros metais non se destrúen coa incineración: van para a atmosfera contaminándoa. O Cadmio que se libera das pilas e vai as augas ou contamina o aire, ingresa nos cultivos. Cando o home toma eses vexetais de forma continua poderá contraer carcinomas e lesións renais. Diagrama de contaminación  Unha pila común pode contaminar ata tres mil litros de auga.  Unha pila alcalina pode contaminar cento setenta e cinco mil litros de auga, que é o consumo medio de auga de toda vida de seis persoas.  Unha micro pila de mercurio pode contaminar seiscentos mil litros de auga, que é o consumo medio de auga de toda a vida de trinta persoas.  Un reloxo usa una pila de mercurio cada dous anos.  Un walkman usa dúas pilas alcalinas cada mes, dependendo de seu uso.  Un coche a control remoto gasta entre seis e catro pilas alcalinas con dous días de uso.

-4-


Protección Civil

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

O día 21 de novembro tivemos a xornada de protección escolar. Membros de Protección Civil do concello estiveron no centro e ensináronnos un vídeo no cal nos explicaban como tíñanmos que comportarnos para cruzar as rúas.

Mostráronnos material, foi moi divertido por os cascos que utilizan os bombeiros, usar as emisoras e as sirenas dos coches.

Aprendemos a apagar lume cun extintor

Por último ensaiamos unha evacuación do coleXa estamos preparados para todo...

-5-


Nadal

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

FESTIVAL DE NADAL E chegou o agardado día do festival. Mañás e tardes de ensaios durante máis dun mes remataron coa grande festa da música, o teatro e como non, os playbacks, onde cada un dos alumnos e alumnas desenvolven a

súa habilidade como coreógrafos. Todo o traballo viuse recompensado cos aplausos do numeroso público concentrado no salón de actos do Concello, a mañá do día 19 de decembro.

Representación teatral: "Misterio no monte medo"

Representación teatral: "Fermina e as troitas"

Joel e André, dous pastores

-6-

Ana e Bruno: A virxe e San Xosé.

Estrella e Diego na obra "Fermina e as troitas"


Día da paz

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

Para celebrar o día da Paz, tivemos a visita dun contacontos. Dunha maneira moi divertida foinos contando contos

curso 2003-2004

moi fermosos, todos relacionados coa paz. De todos o que mais nos gustou foi este .

A palabra PAZ ía remando, un pouquiño cara a diante e outro pouco para atrás, nun barquiño de madeira que se chamaba “”Patera”, cando comezou a treboar, a chover e aventar, o barquiño foise cara unha beira, cara outra, cara adiante, cara atrás, e axiña naufragou. A palabra PAZ ía agora nadando, un pouquiño para adiante e outro pouco para atrás, cando esgotada chegou á praia e axiña foi detida.. ¡Alto PAZ! , tiña a cara escura, semellaba unha estranxeira, con sete chaves foi pechada, mentres a guerra bailaba. A palabra PAZ escomenzou a chorar, as súas bagoas sucaron o mar chegando ata o río Miño, mollando os nenos deste lugar e preguntándolles. Meniños somos as bagoas da palabra PAZ ¿Queredes parar a guerra? (veña contestade todos ben alto siiiiiiiiii. Entón tedes que soprar para a guerra dentro dun foxo de lobos atrapar e coa terriña tapar. Agora enriba da guerra imos plantar a árbore da PAZ. Instruccións para plantar unha árbore da PAZ: 1. Collemos unha semente de liberdade. 2. Regámola coa xustiza. 3. Abrazámola con tenrura. Mirade, mirade todos como medra a árbore da PAZ.

Dende este intre remataron as guerras, só medra a liberdade e todo gracias a quen planta e abraza as árbores da PAZ. Fin.

Iván García Casado 6

-7-


Grandes escritores

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

O país das formigas Era unha vez un país de formigas, tiñan de todo e vivían felices. Había un problema, todas eran inimigas das abellas, e por se fora pouco eran alérxicas as súas picaduras. Elas facían turnos entre todos para vixiar se viñan as abellas e avisar ás outras para que se esconderan as mulleres e os nenos. Os homes loitaban contra as abellas e sempre vencían as formigas porque tiñan armas infalibles. Un día que lle tocaba o turno de vixiar a un home formiga moi mentireiro, aburríase moito e decidiu divertirse un pouco facendo a broma de que viñan as abellas ¡ pero non viñan!. Deu a alarma, de broma e todos correron. Ó correr os

nenos formigas caeron e mancáronse . O mesmo lles pasou ós homes formigas , que algúns torceron os pes , romperon os brazos e as pernas. Como castigo , ó mentiran deixárono de turno ó día seguinte .Estaba aburrido coma o día anterior , viu que viñan as abellas pero ninguén o creu. Volveu dar a alarma pero como todos tiñan algo roto non puideron pelexar e pensaron: “Que nos maten , total xa estamos sufrindo sempre”. O mentiran intentou falar coas abellas e dicirlles que non podían loitar. Fixeron as paces e viviron en paz para sempre as abellas e as formigas. Ó final gracias á mentira do mentirán todo saíu a perfección María González Iglesias

Tití e máis eu

Anthony:-Vale un rato máis. Can:-¡Guau, guau! Anthony:-¡Colle o óso! Can:-¡Guauuuuu! Anthony:-Agora imos durmir. Can:-¡Guau, guau! Anthony:- Veña, mañá prométoche que xogarei contigo. Can:¡Uf,uf,uffffffffffffffffffffffffffffff! Anthony:- Bo can, toma o óso.

Anthony:-Titi, busca, busca. Can:-¡¡Guau, guau!! Anthony:- Ven, Titi,¡fui fui! Can:-Ur,ur guau,guau. Anthony:-Bo can. Can:- Au, au. Anthony.-Ui perdón. Can:- Ur,ur,ru. Anthony:- Bo Titi fui fui. Can:-guau guau. Antony:-Ata mañá. Can:-au.

Anthony Da Silva 5º

-8-


Grandes escritores

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Estrella Prol De Francisco 5º

-9-


Grandes escritores

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Álvaro Souto Janeiro e Roi Mojón Baceiredo3º

-10-


O Entroido

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

As comadres e os compadres.

Abrimos o ciclo do Entroido co tradicional xoves de Compadres. O 12 de febreiro, os nenos e as nenas corren uns detrás dos outros na procura do meco, para deixar claro quen manda no colexio de Vilar de Barrio.

As Comadres

Os Compadres

A meca manda: Na fachada do edificio presidindo todos os actos do Entroido estaba a meca, na última semana dedicouse a facer trasnadas, de maneira que cada día dábanos orde de ir ó cole dunha determinada maneira: o luns con garabata, o martes coa cara pintada, o mércores cun pixama e o xoves con saia e pantalón.

O desfile:

Saímos polas rúas do pobo acompañados por persoal de Protección Civil e a Garda Civil.

Ó remate, nos xardíns do pobo celebramos unha voda á que asistiron personaxes moi variados.

-11-


O Entroido

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

O Reinado Primeiro reuníanse os veciños do pobo, xuntaban roupas de moitas cores incluso colchas, con elas disfrazábanse, adornaban un carro e tamén burros e cabalos. Así cheos de colorido marchaban cara un dos pobos veciños, a este tipo de disfrazo chamábanlle reinado. Polo camiño levaban pandeiretas e ían tocando e cantando. Os habitantes do pobo veciño ó velos vir

curso 2003-2004

corrían a recibilos, ataban unha corda no camiño para atrancárllelo paso e alí comezaba a disputa ou desafío. Sempre se puñan a disputar as persoas do pobo que máis habilidade tiñan para facer versos. Despois de estar un pouco disputando quitaban a corda e cantaban e bailaban todos xuntos.

Desafíos

Teño unha herba na horta, que rebenta polo pé, tamén as de rebentar ti, por dicir o que non é.

Teño unha albardiña feita, feita de palla mollada, para lle botar a ese burro, que non sabe dicir nada.

Teño unha herba na horta, que lle chaman a Luísa, tamén as rebentar ti, para non ir nunca á misa.

Teño unha albardiña feita, feita de mil perendengues, para lle botar a ese burro, que non rinche tantos dentes.

Teño unha herba na horta, que lle chaman azafrán, para discutir comigo cómpreche a lingua dun can.

Teño unha albardiña feita, feita de palla de millo, para lle botar a ese burro, nas amatas do embigo.

Dous daca e dous dala, somos tantos coma vós, mataremos un carneiro, e os cornos serán para vós.

Si no me tiras la cuerda, palabra de procesar, si no me tiras de la cuerda, ahora la voi a cortar.

Ramonciño, Ramonciño, cara de leite tenreiro, pensas enganar ás nenas, co caravel do sombreiro.

Si tú cortas la cuerda, palabra de procesar, a ti ya te tengo ganas, desde el otro carnaval.

Pasei por San Martiño, Por San Martiño cantando, E á porta do Bienvenido, Estaba o demo pintado.

Miña nai e maila túa, foron a unha merendiña, a túa como era fina, comeulle a merenda á miña.

O Manolo do oveiro tense por moi fanfarrón, reclamou a pel do macho para facer un pantalón.

A miña nai e maila túa, fixeron unha empanada, a túa como era fina, deixou á miña sen nada.

María González Iglesias 6º

-12-


O Entroido

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Cantigas O Entroido vaise, vaise, a pascua vaise achegando, así fai a nosa vida, que se vai acabando.

Onte á noite funche ás peras que tes no fondo da horta, teu pai deume un trancazo dicindo: virás por outras.

Ei vai, ei vai, ei vai o carnaval, tan bonito como era, e deixámolo marchar. Úrsula Casado Vázquez 5º

Canta cuco, canta cuco na rabela do arado, as mulleres entre os homes, é gando mal gardado. María González Iglesias 6º

Conto HABÍA UNHA VEZ UNHA FILLOA ...: Un día, miña nai estaba facendo filloas e eu estaba ceando. Cando me din conta, unha filloa saltara da tixola e eu, correndo, avisei á miña nai. Ela díxome que a intentaríamos coller e, ¡FOMOS ALÓ! Detrás, salta mais alto, corre... o meu pai, que estaba ceando morría coa risa

porque pensaba que estaba nun soño pero, eu e máis miña nai estabamos apuradísimas: a filloa corría tan rápido e saltaba tanto que ía deixando manchas de ovo por todas partes Úrsula Casado Vázquez 5º

RECEITAS DO ENTROIDO Lacón, cachucha, chourizos e grelos. Cócese o lacón e a cachucha durante dúas horas. Así que están ben cocidos quítanse. Despois noutra pota métense os

grelos, as patacas e os chourizos durante media hora .

Prostres: bica de Laza e filloas . Bica de Laza . 10 claras batidas a punto de neve, medio quilo de azucre ,250 gramos de fariña,

250 gramos de nata. Mesturar todo ben e ó forno 45 minutos . Filloas

6 ovos ,fariña ,leite e auga . Mesturar todo ben, fritilas nunha tixola e votarlle azucre por riba ó servilas

Úrsula Casado Vázquez 5º

-13-


Día da árbore

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Día da árbore 2003-2004 Como cada ano empezamos a primavera plantando árbores, este ano fixémolo no patio do colexio. Este costume de plantar árbores xa comezou a dar os seus froitos, no outono tivemos moitas castañas e noces. Gracias a axuda do persoal do Concello de Vilar de Barrio e á

participación activa de todos os alumnos e alumnas, o noso patio conta con sete novas árbores, castiñeiros, careixeiras, etc. que agardamos ver medrar e facerse fortes. Cada clase plantou dúas que terán que coidar para así no verán darnos sombra e acompañar os xogos de todas as nenas e nenos.

-14-


Día da árbore

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Álvaro Souto Janeiro 3º

-15-


Día da árbore

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Iván Rodríguez Pérez 4º

-16-


A Primavera

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Así ven os máis pequenos a chegada da primavera:

Ana Díaz Losada 3º Infantil

-17-


A Primavera

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Raquel Souto Janeiro 3º Infantil

-18-


Pequenos Poetas Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3 curso 2003-2004

Bruno Iglesias Cid 5A

-19-


Pequenos Poetas Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3 curso 2003-2004

Raquel Souto Janeiro 5A

-20-


COMICS

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Lorena Fernández Rey 6º

-21-


COMICS

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

José Fernández Vázquez 5º

-22-


COMICS

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Manuel Limia Casas 6º

-23-


Investigación

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

A COMARCA DA LIMIA O Coto de Ponteliñares

O río Limia

O coto está situado no río Limia. Esténdese dende Ponteliñares ata Bande (Muíños). É un coto moi grande e ten en total 9’9 Km. O seu río era un dos máis importantes da provincia. Fai dous anos quedou sen troitas pero podíase pescar outro tipo de peixes. Agora é unha desgracia é un vertedoiro. O coto está moi mal dende hai tempo e é un coto para peixe.

Gran río ourensán. O río dos romanos cando chegaron a Galicia, o río do esquecemento. Nace na Lagoa de Antela. É un río dunha gran importancia histórica e lendaria: o río Lethes. Foi, na nosa opinión, un dos mellores da provincia

Calendario Festeiro As nosas festas de pobo a pobo:  Santa María de Bóveda: San Brais – 3 de febreiro.  Rebordechao: San Bieito – Luns de Pascua.  Trandeiras: Bon Xesús – 1º domingo de xuño.  Vilar de Barrio: San Fiz – 30 de agosto. San Antonio de Padua – 13 de xuño.

Monumentos Tampouco faltan monumentos históricos do medievo como a torre de Pena e a de Sandiás. O franciscano Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras baixo a protección da torre de pena, ven a situarse nun enclave excepcional.

Mitos e Lendas    

Lethes: O río do esquecemento. Antioquía: A cidade asolagada. Xoán de Folgoso. Cando chegan os romanos no ano 128 a.C. Décimo Xunio Bruto atravesa o río Limia chamado río do esquecemento. A lenda da cidade de Antioquía que se di asolagada na lagoa de Antela dise que aínda se oe cantar o seu Gallo de Gules as noites de San Xoán, aínda a xustificación do galo do escudo de Xinzo de Limia puidese ser outro.  Non é a única lenda do lugar. De feito non son escasas, como se pode ver en “sapos, bruxas e curuxas” que, ¡é o esconxuro da queimada! Ou a “festa do esquecemento” de Xinzo que se celebra o penúltimo fin de semana de agosto.

-24-


Investigación

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

O Entroido É a festa de Xinzo “en maiúsculas”.  Domingo Fareleiro.  Domingo Oleiro.  Domingo Corredoiro.  Entroido.  Mércores de cinsa.  Domingo de Piñata. Se unha tradición ten historia no pobo de Xinzo e nas súas xentes é o Entroido que comparten con Laza e Verín. Celébrase entre febreiro e marzo, os preparativos poden durar varios meses. É unha orixe pagan. A gastronomía no Entroido é excepcional: orellas, filloas ... As pantallas aseguran que o seu orixe vai máis alá, fai máis de mil anos, cando aínda existía a cidade de Antioquía. Tamén participan outras caracterizacións simbólicas como “a morena”- unha vaca que ataca-, ou “o maragato”- personaxe bufón por suficiencia ou intelixencia allea-. Arranca un mes antes no domingo fareleiro, no que se lanza fariña con auga á xente que está na rúa; segue no domingo oleiro no que se lanzan olas de barro en corros. Continúa no domingo corredoiro, o ensaio xeral do carnaval. E culmina no Entroido ou a semana de carnaval na que o “meco” ou “Entroido”, boneco de palla que se queima o martes, preside a placa.

Pantalla do Entroido de Xinzo debuxada polo alumno do noso colexio Manuel Limia Casas

-25-


Investigación

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Hai na comarca de Xinzo interesantes construccións históricas:

A Igrexa vella de Xinzo

A torre do castelo de Pena

A Igrexa Vella (de estructura románica) situada no Barrio de Abaixo, conserva do seu estilo orixinario a estructura da torre e a fachada, o resto é neoclásico. A parte destas construccións con nome propio, existen en toda Galicia unha infinidade de igrexas, cruceiros, canastros, petos de ánimas, fontes e outras edificacións civís, dignas de seren visitadas, espalladas por tódolos núcleos rurais da comarca.

A torre de Pena forma parte das catro fortificacións que protexía a Lagoa de Antela: Pena, Sandiás, Celme e Porqueira. Aínda que algúns historiadores atribúen a súa contribución ós romanos suevos, pénsase que foi erguida no século XII para prever os intentos de invasión de Alfonso Henríquez de Portugal. No S. XVIII a fortaleza foi abandonada e destruída conservándose só a torre

A Pedra Alta

Cruceiros

Estivo poboada xa no neolítico, e de esta época é a de Pedra Alta, un menhir de 3 cm. de alto. Do 3º milenio a.C. os habitantes desta zona coñecían estes monumentos polo nome xenérico de “anta” ou diminutivo “antela”, o que lle deu nome á lagoa. Estivo espetada no medio da Lagoa e por moito tempo serviu de marco divisorio ós concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Sarreaus, ata que un tractor derribouna no 1975. No 1986 foi reposta na forma de monumento que se pode ver agora.

A cruz non é un símbolo privativo do cristianismo. Na prehistoria era utilizada como símbolo místico, de salvación, saúde, poderío, etc. O culto precristianismo conta con abundante bibliografía, pero ó que queremos referirmos é ás cruces de pedra, “os cruceiros”, da época cristián. Un cruceiro consta das seguintes partes: plataforma, pedestal, varal, capitel e a cruz. Ímolo ver a continuación

Úrsula Casado Vázquez e Diego Castro Ferrón 5º

-26-


Letras galegas

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Xaquin Lorenzo Fernandez – ”Xocas”

Natural de Ourense, Xaquín Lorenzo Fernández – máis coñecido como Xocasnaceu o 23 de xuño de 1907. Na súa localidade natal estudia Educación Primaria e o Bacharelato, e ten como mestre a Ramón Otero Pedrayo. Cursa estudios superiores de Filosofía e Letras (Sección Historia) en Santiago de Compostela, primeiro, e en Zaragoza, despois. Fillo do escritor e caricaturista José Lorenzo Álvarez, Xocas exerce a docencia en Ourense onde falece en 1989. Incorporouse ó Grupo Nós con Risco, Florentino Cuevillas e Otero Pedrayo, colaborando na revista Nós que dirixía Vicente Risco. Xocas sería un dos encargados da montaxe do Museo Etnográfico que desapareceu coa dictadura de Franco. Tamén foi membro do Seminario de Estudios Galegos (ó que accede cun estudio sobre o carro), da Real Academia Galega e presidiu o Padroado do Museo do Pobo Galego. Prolífico etnógrafo e home de bo carácter, Xocas pertence á vella escola do galeguismo culturalista, demostrando

-27-

un especial interese pola arqueoloxía. Xaquín Lorenzo chega tamén a coñecer moi directamente a escrita dos clásicos galegos e portugueses gracias á influencia do seu pai e á ferida de guerra durante a contenda Civil en España, o que lle obriga a permanecer unha temporada na cama. Xaquín Lorenzo interesouse principalmente pola etnografía e o folclore galegos. Percorreu toda Galicia recopiando información para o seu libro Etnografía. Cultura material, que é o volume 11 da Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo. En 1930 publicou –xunto con Florentino Cuevillas- o libro Vila de Calvos de Randín, e entre os seus traballos figuran tamén Lápidas sepulcrais galegas de arte popular; La Capilla y el Santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Ourense; Nosa Señora do Viso; La casa gallega; Cerámicas castrexas pintadas; Las habitaciones de los castros; O pastoreo na serra de Leboeiro; La capilla visigótica de Amiadoso; Deidades marianas en el Ourense romano; Vellas artes de pesca no río Miño; A casa; Distribucións dos xugos na Galiza; Metamorfosis dunha casa castrexa; La iglesia prerrománica de Santa María de Mixós; Cantigueiro popular da Limia Baixa; Sobre algunos saludos en gallego…


Letras galegas

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Exposicion etnografica Como homenaxe a Xocas, no terceiro trimestre do curso levamos adiante unha exposición etnográfica no noso colexio. Con ela pretendemos dar a coñecer a todo o alumnado e a toda a poboación, pois é unha exposición aberta ó público- a vida dos nosos devanceiros, ampliar o vocabulario dos nosos alumnos e alumnas e o mais importante, espertar neles o interese cara o noso pasado. Coas achegas de todo o alumnado, os pais e nais, os mestres, e demais membros da comunidade educativa que colaborou de forma moi entusiasta aportando todo tipo de ferramentas, conseguimos unha variada colección de ferramentas e útiles do pasado, sobre todo útiles do labrego. A estrela da exposición é o carro, ó igual que a estrela dos estudios de Xocas. Para non facer da exposición algo de simple observación, cada día se lle leva ó alumnado ás clases unha ferramenta ou un grupo delas, aprenden os seus nomes, a súa utilidade e teñen a oportunidade de tocalas, probalas etc.. Todas as pezas foron catalogadas e etiquetadas. Pretendemos facer fotos de cada peza para logo facer un documento escrito no que aparezan recollidas todas as pezas que formaron parte da exposición coa ficha correspondente e a foto como unha maneira de ter no futuro un testemuño gráfico do evento. Dende as páxinas desta publicación queremos dar as gracias a todas as persoas que colaboraron de forma desinteresada para que esta ambiciosa tarefa se puidese levar adiante. E invitamos a todos e todas a que a veñan a visitar, terémola aberta todo o mes de maio. Manuela Iglesias Baltar

-28-


Letras galegas

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Dentro desta exposición podemos atopar moitas pezas, a continuación mostramos algunhas delas

Nome:

Serrón de aire

Propietaria: Carmen Vázquez Lugar:Barrio Oficio: Carpinteiro Usos: Para cortar as trabes e a madeira en xeral. Referencia: 0021

Nome:

Asedadeiro

Propietario: Alejandro Formoso Lugar: Bóveda Oficio: Labrego Usos: Para asedar o liño, separar o lenzo das estopas Referencia: 0021

-29-


Letras galegas

Xornal escolar “O Castiñeiro” nº 3

curso 2003-2004

Nome : Prancha Propietario: Alejandro Formoso Lugar:Bóveda Usos: Para pasarlle o ferro á roupa. Quentábase con brasas do lume. Referencia: 0021

Nome:

Carro

Propietaria: Carmen Vázquez Lugar:Barrio Oficio:Labrego Usos: Para apañar herba, toxos, etc.. Referencia: 0021

-30-


Diferentes sistemas de iluminación

A Coroza

Lorena caracterizada coa coroza

O Carro

C.E.I.P. de Vilar de Barrio

Rúa Marcabán s/n 32702 Vilar de Barrio Tf:988449043 ceip.vilar.barrio@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/ceipvilardebarrio

Coa colaboración: Dirección Xeral de Política Lingüística

-31-


O Castiñeiro 3