Issuu on Google+


ÍNDICE •ACTIVIDADES no CENTRO 2

◦Cubos 3

◦Cafetería 4,5

◦Conferencias 6,7 ◦Francés 8-12

◦Logo FEGETREC 13 ◦Macapáxinas 14

◦Sombreiros 15-16-17 ◦Silvia Penide 18 ◦Teatro19

•SAÍDAS 20 ◦Visita a Sargadelos 21

◦Cen por cen Seoane 22-23 ◦Neve 24-25

◦Pelos na Lingua 26 ◦O clan da Loba 27

•MAX-MIX 28

◦Somos centro plurilingüe 29 ◦O corazón de Carmela 30-31 ◦Lendas 32-35

◦O segredo de Uxía 36-37 ◦Monólogos 38

◦Falemos de moda 39 ◦Intercentros 40 ◦Antroido 41

•A NOSA XENTE 42 ◦Moitos microorganismos 43 ◦Dana 44-45

◦Olimpiada matemática 46 ◦Halterofilia 47

◦Xubilacions 48-49

◦Equipo maquetación 50

páxina 1


pรกxina 2


CUBOS PERSONALIZADOS

Os alumnos de segundo de bacharelato da modalidade de arte, realizamos no primeiro curso un proxecto moi interesante na asignatura de Debuxo Artístico, un exercicio de síntese, e que se trata destes cubos que nos representan a nós mesmos. O que pretendiamos era plasmar de maneira moi sinxela os rasgos máis característicos de cada un dos nosos compañeiros de xeito que fosen facilmente recoñecibles. Tras facer os bocetos no bloc de traballo, debuxamos o definitivo e mesmo o ampliamos, cortamos cadrados de cartón pluma de cor branca e pasámolo con tinta china de cor negra.

Finalmente, pegamos catro cadrados con caras de forma que fosen cada un dos lados do cubo, puxemos tamén unha base e unha tapadeira na que pegamos un fío para podelo colgar do teito e, ¡Este foi o resultado!

Irene Toba Rodríguez, Irene Rodríguez Cotrofre, Paloma Mato Ures. 2º Bach. D

páxina 3


CAFÉ CON GRÚAS

As migracións primaverais das grúas fan que estes días se poidan ver grandes bandadas nas inmediacións do centro. Primeiro apareceron na aula de Debuxo Artístico numerosos exemplares desta subespecie papirofléxica e logo avistaronse voando no bar do IES Adormideras. Os causantes: os alumnos de Volume 1 º C. de Bach e a profesora Ana Pita. Unha lembranza para o pobo xaponés, amante destes símbolos, nesta época difícil para eles.Segundo conta unha tradición xaponesa, completando 1.000 aves de origami concédese un desexo, que agora non pode ser outro que a recuperación do Xapón dos seus recentes catástrofes. Aquí vai a nosa contribución.

páxina 4


Tomar un café con Matisse Atópase instalado un novo mural na cafetería do IES Adormideras. Trátase dunha obra feita en Taller Artístico hai dous cursos, que por fin ve a luz. Inspírase na obra orixinal de Matisse, Peces vermellos (1912), que se atopa no Museo Pushkin de Moscova. Podedes comparala coa nosa versión Destaca polo seu intenso cromatismo vermello, en contraste cos verdes das plantas que o rodean. Tamén é subliñable a aparición dobre dos peixiños: na visión directa polo lateral da peixeira e como reflexo na superficie. Fixádevos tamén no orixinal remate superior da obra, en ondas. É un belo bodegón fauve, moi na liña das estampas xaponesas. Unha bonita homenaxe a un artista clave da pintura contemporánea e unha obra que enriquece os nosos pobres muros.

páxina 5


CONFERENCIA NÚÑEZ SINGALA O día 29 de novembro veu ao noso instituto Manuel Núñez Singala para falar con todos nós do seu libro En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lengua gelaga. Resultou unha charla moi entretida e fíxonos reflexionar por medio de imaxes, xogos e exemplos sinxelos sobre a nosa actitude fronte á lingua. Comprobamos con el como moitas veces seguimos tendo prexuízos e mergullounos na realidade sociolingüística de Galicia.

páxina 6


A CORUÑA PERDEU A COROA

Estivo connosco falando da súa obra A coroa de Napoleón Santiago Jaureguízar. Obra na que se investiga a desaparición da coroa deste personaxe histórico. O autor comentounos que pretende dar a coñecer aos rapaces máis novos distintos feitos históricos acontecidos en distintas cidades galegas. De feito, agora mesmos está traballando sobre acontecementos na cidade de Vigo. A charla foi especialmente interesante grazas ás traballadas preguntas realizadas polo alumno de 1º da ESO, Carlos García.

páxina 7


Radio Nós, os alumnos de 3ºESO que imos a francés fixemos, un programa de radio en francés para o II concurso de radio escolar coa axuda da nosa profesora Sarah Dumesnil. O concurso consiste en gravar distintas seccións (deportes, prensa rosa…) para despois xuntalos e formar un programa de radio. Na clase dividímonos en dous grupos, un de seis e outro de cinco. Nun grupo foron Xaquín, Sabela, Laura G., Carolina, Antía e David. No outro, Xalo, Alejandro, R.V, Andrea, Laura M. e Lucía. A cada persoa do grupo asignábaselle unha sección que despois tiña que gravar. En primeiro lugar creouse unha idea que madurou ata plasmarse no papel e esta idea traducíuse ao francés. A continuación, pasamos o guión ao ordenador e practicamos a pronunciación coa nosa profesora e gravámolo. Tivemos moitos contratempos: falta de profesionalidade, falta de tempo, risos inoportunos … vamos, que David estaba inspirado e a Alex tamén lle chegou bastante. Os alumnos de cuarto tamén fixeron este traballo de radio. Aínda así agardamos sermos nós os que gañemos o concurso e esperamos que sexa unha viaxe a París para practicar a fala. Os nosos agradecementos a Sarah, a profesora.

páxina 8


Concurso de radio escolar Ao comenzo do segundo trimestre, decidimos participar coa nosa profesora de francés, Sarah, nun concurso radiofónico. O concurso consistía en crear un programa de radio, en grupos de dúas a seis persoas .O noso proxecto debía ter unha duración mínima de tres minutos e podía tratar sobre diversos temas predeterminados, como unha entrevista a unha personaxe famosa, de moda ou de cine. Durante cerca dun mes estivemos gravando e mellorando os nosos programas. Finalmente, rematamos os nosos proxectos e como puxeramos todas as nosas ilusións, realizamos un bo traballo. En abril o xurado puntuará o noso traballo segundo varios criterios que se dividirán en calidade do contido, calidade técnica e creatividade do proxecto. Os primeiros criterios avaliados serán a corrección gramatical, a entoación, a riqueza de vocabulario, etc. Os segundos criterios avaliados serán os aspectos técnicos e a creatividade do proxecto.

páxina 9


Artexpo Nós alumnos de primeiro ano de bacharelato de francés, en honor do salón do libro que se celebra anualmente en París dende 1981, fixemos uns carteis publicitarios con relación ao mundo francófono. Os carteis, realizados na clase, agora adornan a aula de francés! Amanda Tato

páxina 10


Gymkhana

Os alumnos de 1ºA e 1º B da ESO tivemos a sorte de participar nunha gymkhana grazas á nosa profe de francés. Esta gymkhana baseábase nas probas que tiveron que facer os galos Astérix e Obélix na obra “As 12 probas de Astérix”. Primeiro tivemos que beber unha poción máxica (que non sabía moi ben). Logo, fixemos unhas probas (¡manda carallo qué probas!) unhas físicas e outras máis doadas de vocabulario. Ao final houbo empate e Rebeca Fuentes e Alejandro Toral (equipo Falbala) tiveron que enfrontarse con Lydon Torres e Alejandro Mata (equipo Astérix) nunha proba de memoria. Ao final os gañadores foron os do equipo Astérix e recibiron como premio a película “Astérix e Obélix contra o César” e un diploma. Foi a mellor gymkhana do mundo. Alejandro Toral

páxina 11


Théâtre

Os alumnos de 2º,3º e 4º da ESO e de 1º de Bach. fomos ao IES Cruceiro Baleares para ver unha obra de teatro en francés: “Le fantôme de l’Opéra”. A pantasma da ópera é un home con media cara desfigurada que vive agochado na Ópera de París. O amor chamou á súa porta ao oír cantar a unha das concertistas. Dende aquel intre fai todo o posible para conquistala: axúdalle a mellorar no canto e a conseguir a fama. Mais co tempo a concertista, enamórase dun antigo pretendente. A pantasma monta en cólera e decide secuestrar a concertista para obrigarlle a casar con el. Porén o pretendente rescátaa non sen que antes a concertista lle dea unha proba do seu cariño á pantasma para liberarla.

páxina 12


BICOS CURATIVOS Os alumnos deste instituto tivemos sorte pola confianza que mostrou a organización FEGEREC coa proposta que nos fixo de deseñar un logo. Os participantes fomos o alumnado de Bacharelato Artístico. Esta organización formada por un colectivo cunha idea común, trata a todas aquelas persoas que teñen as chamadas “enfermidades raras”, xa que só afectan a 5 casos por cada 10.000 habitantes. Moi poucas organizacións hai coma esta, xa que ás “empresas farmacéuticas grandes” non lles “compensa” investigar nos seus laboratorios tratamentos para estas persoas (o que importa é que o peto estea cheo, e non as persoas.) E grazas ás organizacións como a FEGEREC persoas con enfermidade raras levarán moito mellor esa enfermidade ao longo da súa vida. A proposta era plasmar todo ese cariño que eles mostran cos seus pacientes nun logo. O gañador foi o meu. Un logo moi sinxelo, no que unha cabeza lle dá un bico a outra que se inclina para recibilo na fronte. Cando souben que era o gañador do logo sentinme moi satisfeito e alegre, pero aínda tiña que modificalo xa que á organización e aos membros do xurado, a idea gustáballes pero o a cor non era de todo correcta. E para iso quedei con José Mª De Urda Alcázar, un prestixioso pintor desta cidade para que me explicase os cambios de cor que sería conveniente facer. Tras consultar as modificacións e introducilas no logo entregueino na fundación FEGEREC. E alí decidiron poñerlle as letras da compañeira de 2 C Ana María Cabanes. En segundo e terceiro posto quedaron as miñas compañeiras de 2º de Bacharelato Sandra Caínzos e Xulia Vicente Jiménez. O agasallo consistiu nun vale de 100 e 200 euros, respectivamente. Pero a dicir verdade o que máis me importa non son os cartos (aínda que non veñen mal), se non que este premio me dá xa un punto moi importante para engadir no meu curriculum cara a un futuro laboral non moi afastado. Roberto Mosquera López 2º D Bach. CORAZÓNS SOLIDARIOS O alumno Roberto Mosquera López foi gañador do deseño do logo que representará a FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas), o segundo e terceiro posto foi para Sandra Caínzos López e Xulia Vicente Jiménez, respectivamente. O deseño gañador, como podedes comprobar, é un logo moi visual con dúas caras que se achegan e as dúas primeiras letras de Fegerec convertidas en corazón. Noraboa, alegrémonos de que participedes nestas iniciativas que son inicio da vosa carreira artística.

páxina 13


O GALEGO ESTÁ DE MODA SÓ FALTAS TI

Outra vez uns bonitos deseños de marcapáxinas con calendario. Coma tódolos anos convocouse un concurso para realizar un calendario, que á súa vez fose marcapáxinas e que fixese alusión á promoción da lingua galega. Sempre, sempre, resulta moi difícil establecer o gañador. Na exposición que se realiza con tódolos participantes , podedes comprobar que é sumamente complicado seleccionar os gañadores e que os hai tan bonitos coma gustos podemos ter todos. O que si é verdade que os seleccionados son estupendos. No nivel de bacharelato a gañadora foi Beatriz Vila Camacho (1ª Bach. C ) e no nivel de ESO Alicia Sánchez do 1º curso de ESO!!!! Noraboa e grazas por participar outro ano neste proxecto, especialmente á profesora Ana Pita de Debuxo que os anima e traballa cos alumnos para que esta actividade se poida levar a cabo.

páxina 14


pรกxina 15


pรกxina 16


pรกxina 17


UNHA ARTISTA DE VOLTA AO INSTITUTO Silvia presentou hai pouco o seu novo disco e acercouse ao seu antigo instituto para ofecer unha “conferenciacoloquio”, así é como definiu ela a súa asistencia ao noso centro. Ela é a primeira que participa nun orixinal ciclo que quere “recuperar” aos antigos alumnos e alumnas que seguen relacionados coa rama artística. Actuou durante dúas horas para os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, para nós foi moi agradable e ameno contar con ela.

UNHAS PALABRAS DE SILVIA PENIDE Dende que saín de Adormideras, dende que deixara atrás aulas cheas de imaxinación, de cores, de luz, notaba que levaba comigo unha carga sentimental distinta, era unha Silvia cunha visión moito máis aberta das cousas e moito máis abstracta. Iso axudoume a levar ás miñas cancións impresións distintas, vocabulario distinto e escribir dun xeito máis libre, moito máis libre. Por iso cando María Luísa me chamou para falar con alumnos actuais sobre a miña experiencia como estudante no centro e da miña vida actual aceptei encantada porque non me custaba moito ligar as dúas cousas, todo tiña relación xa que agora, recén editado o meu cuarto traballo de estudo, recén estreada unha xira de concertos e mantendo ilusión e espírito de loita por facer algo no que creo, todo o que aprendín nas mesmas aulas onde agora estudades vós, segue servíndome para moito. O día que fun falar ó salón de actos, encantoume a vosa maneira de entender o que vos estaba a contar así que, graciñas a todos os que estabades alí, foi moi divertido para min. Un bico grande para todos os alumnos e profes e espero voltar pronto por aí!

Silvia

páxina 18


ACTUACIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL MANICÓMICOS Centro de saúde, doce da mañá Uns falan galego, outros castelán… O día 28 de marzo puidemos disfrutar da actuación deste grupo que veu ao instituto para facernos pasar un bo momento coa súa obra A saúde da lingua. A representación mostrounos un encontro dunha serie de personaxes na sala de espera dunha consulta médica dun centro de saúde, onde se creou unha situación de conflito debido a diferenzas lingüísticas. Unha vez rematada a súa representación, buscaron a interacción do público, tres compañeiras subiron ao escenario e de verdade que nos fixeron pasar un cacho agradable. Quedamos abraiados coa súa naturalidade, a súa capacidade de improvisación foi sorprendente, semellaban verdadeiras actrices. O obxectivo desta actividade é favorecer e dinamizar o uso da lingua dun modo lúdico, certamente os actores fixeron que pasásemos unha tarde amena.

NON SE CHORA O grupo Raiola estivo outro ano máis connosco para representar o seu última traballo. Desta vez puxeron en escena unha adaptación da obra do dramartugo arxentino Roberto Cossa. Esta boa adaptación e tradución ao galego foi realizada pola directora do grupo Ququi Naveira. É unha traxicomedia que nos conta a historia dunha familia que se reune para celebrar o aniversario da súa nai. Pero ao longo da obra vaise vendo que o único que lles interesa é a cuestión puramente económica, que leva aos fillos a un enfrontamente entre eles. Todo isto representado con grandes notas de humor. Unha vez máis quedamos impresionados co labor da directora e dos actores, que son auténticos profesionais da escena. Augurámoslles moitos éxitos.

páxina 19


SAテ好AS

pテ。xina 20


Artísticos poemas solidarios de lembranza O luns 11 de abril do 2011 os alumnos da clase de 1ºD de bacharelato do IES Adormideras viaxamos a segunda hora da mañá ata o taller de cerámica de Sargadelos en O Castro. Fomos en autobús coa nosa titora, Pura Sorribas. Cando chegamos, puxémonos mans á obra cun traballo do que xa nos falaran tempo atrás (xa que non era a primeira vez que íamos ao taller). Consitía no seguinte: facer un puzzle de 429 pezas de cerámica cun poema escrito en xaponés, en lembranza da traxedia sucedida en marzo no país nipón. Hai que dicir tamén, que traballamos baixo moita presión porque o responsable do proxecto era moi escrupuloso nos traballos manuais e había que modificar ou corrixir con moita frecuencia aínda que nós cremos que o facíamos moi ben e con cariño (véxase como exemplo o resultado). Adicamos toda a mañá a traballar no mural e separáronnos en grupos. En primeiro lugar, numeramos as pezas do quebracabezas para que posteriormente os obreiros que o coloquen poidan facelo de maneira correcta. Despois, recortamos unhas plantillas coas "letras" do poema e marcamos enriba das pezas o contorno destas con lapis. Logo pintamos o interior do contorno con pintura azul. Finalmente comprobamos que quedase ben encaixado e sen imperfeccións. Con todo isto feito, fomos a xantar. Cando voltamos ao taller, xa non era necesaria a nosa intervención porque o resto do traballo fano profesionais nun forno que alcanza altísimas temperaturas. Pola tarde, ademais de facer unhas tazas e pintar unhas figuras que fixeramos a primeira vez que visitamos Sargadelos, recibimos unha visita. Era o xornal! Sacaronnos fotos e información para facer unha noticia. Agora o que queda é ver onde colocan o mural e se temos sorte, que nos leven neste curso de excursión a visitalo. Cristina Viñas e Lucía Yáñez, 1ºD.

páxina 21


pรกxina 22


pรกxina 23


pรกxina 24


pรกxina 25


pรกxina 26


pรกxina 27


MAX-MIX

pรกxina 28


O IES Adormideras como centro plurilingüe. Agora somos IES Plurilingüe Adormideras. O noso Instituto foi seleccionado este curso para comenzar co ensino plurilingüe en 1º de ESO. Soamente outros dous institutos públicos de A Coruña participan neste proxecto, dun total de cincuenta e sete centros de ensino (públicos e privados) autorizados a facelo en toda Galicia. De feito, a revista especializada en educación Magisterio, adicounos un amplo artículo o día 9 de marzo, como modelo de centro plurilingüe. ¿De que estamos a falar? Este tipo de ensino consiste basicamente en impartir ata un terzo das asignaturas nunha lingua estranxeira como idioma vehicular, mantendo o equilibrio no resto das materias entre lingua galega e castelá. Con isto preténdese que o alumnado finalice a etapa cun dominio amplo das tres linguas,o que se lles acreditará mediante certificado oficial. Concretamente este curso, estanse a impartir Ciencias Naturais e Relixión en inglés ao alumnado de 1º de ESO. Para facelo, contamos co excelente labor do Departamento de inglés, que apoia o traballo duns profesores moi preparados, como son Mr. Zas, con cinco anos de experiencia docente nunha High School de Chicago, José Manuel Tallos, quen posúe o nivel B2 do MCERL (Marco Común Europeo de Referencia das Linguas) e Mrs. Mar García, licenciada en filoloxía inglesa.

páxina 29


O corazón de Carmela Só os bruxos e as meigas poden ver o corazón da xente. Non o propio órgano, senón a súa esencia. Ter un corazón puro para eles é como ter un rostro fermoso ou un corpo perfecto para nós. E por iso idolatran aos humanos, de corazón apaixoado e cálido, xa que o seu é frío, carente de emocións tan vivas, e construído co máis delicado papel de seda. Todas as meigas desexan ter un corazón humano, ata o punto que se maquillan e visten como mulleres. Tal é a súa envexa que unha vez, unha meiga xove camiñaba entre a multitude dunha gran cidade cando se atopou co corazón máis belo que coñecera na súa vida. Era o corazón dunha rapaza de rasgos infantís e mirada soñadora e brillante. A bruxa enfureceu de súpeto e dirixiuse ao seu acompañante, un bruxo tamén xove, que en segredo estaba namorado dela, e esixíulle: -Tráeme esa moza á miña cabana e dáme o seu corazón, se o consigues, casarei contigo. Vou preparalo todo, tes vinte e catro horas. O feiticeiro non sabía moi ben que pasara, pero seguiu á rapaza durante horas, ata que o barullo da xente cesou e estiveron sós. Entón, o bruxo agarrouna pola cintura e mentres tecía os fíos do feitizo de sono, suplicoulle á moza: -Perdóame… A operación comezou co atardecer. O bruxo extraeu limpamente os dous corazóns, implantando o fervente órgano da humana no corpo xeado da meiga. Cando rematou, a bruxa saltou e cun riso exclamou: -¡Son fermosa! ¡A meiga máis fermosa do mundo! -Aureana, ¿que faremos co corpo da nena? -Tírao onde queiras, ¿que importa? -contestou Aureana sen nin sequera miralo, cando xa abandonaba o cuarto. O bruxo mirou o corpo sen vida da rapaza, mordendo o labio, lanzouse cara ao corazón de papel. Durante toda a noite coseu as puntas do corazón a cada unha das veas e arterias do corpo e cando rematou, pechou a ferida do peito da rapaza e cargou con ela no seu cisne de papel ata a montaña máis afastada que atopou. Cando espertou, a xove contemplou o lugar onde se atopaba. A paisaxe era branca, todo estaba cuberto pola xeada. O peito escocíalle. Descorreu a estraña túnica de peles que levaba e observou a ferida vermella e pechada xusto sobre o seu corazón. Con terror, pensou que o páramo xeado no que se atopaba podería ser o ceo e que ela estaba morta. Comprobou o seu pulso. Seguía alí, mais parecía demasiado débil e lento. Cando retirou os dedos do pescozo, escoitou claramente unha voz. -Nena. Chámome Leandro… Ben, iso non importa, isto é unha feitiza mensaxe e non durará moito. Non tes corazón… dígoo literalmente, non nun sentido de que ti es cruel… Ai!, o importante e que agora mesmo o teu corazón está no corpo dunha meiga. Se pechas os ollos, cun pouco de sorte escoitaralo moi levemente. Efectivamente, cando pechaba os ollos podía escoitar moi débilmente un latexo na lonxanía. - Tes que facerte forte, sí, e seguir os latexos do teu corazón, que te levarán ata Aureana, ¡pero coidado!, é unha bruxa moi poderosa. Sorte nena… ¡Ah!, tamén tes un regalo que te axudará na túa viaxe. E Leandro riu un pouco na mente da xove.

páxina 30


Nese momento a rapaza xirouse ao escoitar o bater do que parecían dúas follas de papel. Era un cisne de origami, deses que tan ben sabía facer o seu pai, pero xigante e perfecto. Vivo. Parecía mirala con dous ollos inexistentes. A nena botou a chorar. ¿Por que a ela? Non era ninguén excepcional. Era unha moza de trece anos, só diferente ás demáis pola súa cara infantil e a súa beleza sobresaliente. Chamábase Carmela, aínda que todos a chamaban Mela e estudaba primeiro da ESO nun instituto normal, cos seus profesores normais e as súas notas para nada excepcionais. Chorou longo tempo e maldiciu en silenzo á tal Aureana por arrebatarlle o seu futuro feliz. Pasaron as horas. ¿Tres?, ¿Catro? Carmela non sabía cantas; coa cara avermellada levantouse e observou o gris firmamento. Non podía rendirse. Tiña que encontrar o seu corazón. Co vento axitándolle o seu cabelo montou no estraño cisne e emprendeu a viaxe cara ao oeste, sempre cara ao oeste.

Para ler máis visitar: http://losmundosdecera.blogspot.com

Andrés Soria López-Santos 1ºB ESO

páxina 31


S an t a Compa

Ha i u n h a c r e n za n o s e s p í r i t o s e é q u e e s t e s s e ma n i f e s t a n e t e ñ e n a s ú a v i d a d e s p o i s d a mo r t e . N a e s c u r i d a d e a p a r e c e u n h a p r o c e s i ó n d e a l ma s e n

ñ a.

A S a nt a C o mp a ñ a e s t á f o r ma d a a o u t r o mo r t a l o u c o l g a l o s a r r e d o r d o p e s c o z o d u n p o r a l ma s q u e v a n e n d ú a s f i l a s , c a n e e n c e rra rs e n u n h a a rc a c h e a e n v o l t a s e n s u d a r i o s , c o a s ma n s f r í a s e d e mi l l o . p é s d e s c a l z o s . C a d a p a n t a s ma l e v a u n h a l u z , p e r o é invisible, só o cheiro a cera e un lixeiro vento son os sinais de que está pasando a lexión de pantasmas. Ao fronte va un ma i o r e s p e c t r o , a E s t a d e a . Á s v e c e s , le v a n u n a t a ú d e n o q u e v a i u n p a r e n t e d o q u e presencia o paso, este non tarda en morrer. Pode s u c e d e r q u e o q u e a t o p a o p a s o a a lt a s h o r a s d a noite, sexa forzado a seguir a p r o c e s ió n c a r g a n d o c u n h a c r u z e u n c a ld e ir o . p e n a , s e mp r e e n c a b e z a d a p o r u n v i v o . S e a l g u é n q u e r e l i b r a r s e d e l e s o p r i me i r o é a b a n d o n a r t a n t é t r i c a p r o c e s i ó n , d e b e d a r o s a t r i b u t o s

O acompañ ante pode transmitir o seu "emprego" se nunha das excursións dos defuntos se encontra con outra persoa, dálle a cruz e o caldeiro e el queda libre, mentres que a persoa a que os recibe é a que pasa a acompañar aos espectros.

Xa hai moito na vello crego tis n Cu u n ía ncello de ue te mpo hab ia de Troáns, no co la súa tacañe ría q de a o parroqu coñecido p Coresma, e a caix is á m , ) a la r (Ponte ved des cristiás. Era po ateigada de cartos u a t b polas vir toral esta las, que algunhas c e r a d is bu cauda cobro das an para eludir a o d s te n e gar proced n eiradas pa iñ d prohibició a s ia famil de come r carne.

- Ángela Álvarez Díez 2º ESO.

páxina 32

Juan de Juanes.


ede? ma vost a h c e s nel om o r... ¿E c apel e facendo o l l e m vez np —Cada rnal collendo u a e B oita son m e d —dixo e m otación. García. Son ho u pai e máis o unha an e n a ome X n o foi m o nome. Saiba —Chám rra, como tamé m n o mes e a t b a a ñ v ara todo i e p l m o n g é na i m m a nt a r c o , que t meu avó Troáns pode co c oa en Troáns e d . . . o que aló e ñ s i i cam ue prec regresou o. Ao chegar á e aquilo q a t o n prid leu a arnado Xan col n do deber cum bade este, enc ció ao a s a t i s fa c rllo todo o se tolease. a t n o c e m visado a rectoral ose a berrar co e eu non tiña a me ¡S úx xa de ira, p eches, papán? iades aló! ¡Déi x i e f e qu —¿Que ntiago d a pel, S n e n l e u o pa o d ningué n a c ! e ecido r e c i bo oquia d a n e s va r h r a c á e se c a p o a a l u cae s, de os O crego “Juan de Juane ulas a d b s : a a l í e c i d e ro que d i o e l di n d , s e n a Tro a ne s ” . malandr 2ºESO Vecino a y o N Josefina

páxina 33

—T n, om e

do cau e r l or o m e l s a sí a poñ u e i s a u , sq ais em pois s carto s, e ad iño. M noso s o o m an s da sm ores e ca pois señ as súa reito d cibo, s cousa e n l— bo t e st a ún r rá n erna esta os un des alg ro para B l m e o ta oste ra re se v ixo d afor darán v e moi — áis me hom m e é a u í o q r creg ontas. n falta , o c to —N or cer e P ¿ sa b l g a


Eu quería contar a historia dunha casa da miña aldea, agora xa non existe despois de estar moitos anos abandonada, no seu lugar fixeron varios chalets. Hai máis de cincuenta anos unha familia enteira vivía nesa casa típica do rural galego: casa de pedra na que na parte baixa estaban as cortes e a cociña e no primeiro andar os dormitorios. Moitas cousas nos contaron os que habitaban nesa casa, pero só recordo un par delas, unha era que cando lle ían botar de comer aos porcos estes comezaban a dar voltas facendo círculos.Outra cousa estraña que acontecía era o lume, pois moitas veces cando xa estaba casi apagado sen botarlle leña nin nada de repente revivía facendo bastante ruído. O peor da casa foi cando os animais deixaron de amamantar as crías xa que non tiñan leite e aos donos lles morreu un cucho e dous años. Isto tamén lle pasou a muller que vivía na casa, pois tendo un neno non tiña leite e tivo que levar ao cativo a unha ama de cría da aldea para que poidese saír adiante.

A casa encantada?

Lucas Calvo Carril, 2º ESO

páxina 34


A cova da Serpe. Sempre que podía unha doncela chamada Berta ,cabalgaba polos bosques de Friol en terras galegas. O seu pai , o señor de San Paio de Narla , non o vía con bos ollos pois as súas continúas ausencias lle impedían ofrecerlle a súa filla compañía e máis control paterno. Por iso non foi de estrañar o que sucedeu un día. No medio dunha cabalgata desenfreada a montura da doncela terminou por desbocarse. Un home da aldea viu o que pasaba e aínda que con risco de acabar pisado polos cascos da besta, conseguiu amansar o animal e domalo. Logo acompañou á doncela durante un pequeno treito pero ao averiguar quen era e onde vivía, fuxiu rapidamente. A pesar daquilo a doncela seguía abraiada pola valentía e fortaleza dese home. Ao día seguinte saíu na súa busca , non lle resultou moi difícil atopalo, dende ese día sempre se vían. O trato chegou ao namoramento mutuo. Ao principio eles pensaban que a súa relación permanecería fóra de rumores pero nese lugar a intimidade era rara. Pronto chegou a oídos do pai da doncela ,que ela tiña unha estreita amizade cun plebeo e estalou en tal ataque de furia que ordenou apresar ao plebeo que se atrevese a achegarse á súa filla. O plebeo coñecía unha cova na que podían esconderse despois de escoitar a aterradora noticia,chamábanlle a Cova da Serpe. A ninguén se lle ocorría acercarse a esa gorida pois se dicía que era a dun dragón ao que chamaban a Serpe. Os emanorados entraron na cova , sen armas e sen ningún tipo de protección hacia A Serpe. Minutos despois unha enorme cabeza de dragón coas fauces abertas disposto a matalos apareceu da nada. O plebeo saltou enriba dela e beroulle á doncela para que marchase ou que puxese a salvo. Os cabaleiros incapaces de entrar na Cova da Serpe por medo ao que puidese suceder quedaron na entrada escoitando os ruxidos da besta. Pouco despois a doncela saiu fuxindo despois do tráxico suceso que acababa de contemplar. Desde entón a doncela chora no seu cuarto día e noite. Dise que a Serpe , despois deste día sae máis a miúdo diposta a matar a quen se atope por diante na zona da Ponte da Serpe Nerea Rodríguez Castro 2º ESO

páxina 35


O segredo de Uxía Querido Anxo: Levo meses, días, horas e minutos esperando o día máís feliz da miña vida, ese día parece alonxarse cada vez máis, cada mañá levantábame coa esperanza de que alguén chamara ao meu teléfono para dicirme que podía marchar daquel lugar tan horripilante para min naqueles momentos. Cada día que pasa, cada minuto e cada segundo parece ser máis longo có paso do tempo. O día que cheguei aquí pensei que non tardaría moito tempo en poder estar ao teu carón, en poder mirarte os ollos e poder dicirche “querote”, en bicar os doces beizos que pronuncian cada un de eses “querote”, cada un de eses “ámote” que escoito cada vez que falamos por teléfono. Hai tempo que penso na reacción que terei no intre no que poida escoitar os latexos do teu corazón ao dicirche o que sinto; escoitar os latexos do teu corazón cada vez que esteamos xuntos, será un doce intre para poder dicirche: “Ámote”. Preciso sentir a túa pel rozando o meu corpo, preciso que me olles fondamente os ollos e me digas ámote; e aínda que xa teño a seguridade de que ao terte a ti, teño todo aquilo que preciso, de que téndote a ti, teño un gran apoio, unha persoa que me dá seguridade; preciso sentir que sempre haberá uns brazos que me protexerán cando teña medo, un ombro no que chorar, un torso no que adormecer cando non consiga durmir, que sempre estarás aí para abrazarme cando teña frío. E sei que nestes intres xa dispoño de todo o anteriormente dito, pero preciso estar ao teu lado, para poder así ser completamente feliz. Neste mesmo intre cúmprense quince días e seis horas dende a última vez que escoitei a túa voz, esa voz que tanto anhelo, esa voz que me acalma, esa voz que fai que me relaxe cada noite que a escoito porque sei que ti estás ben, esa voz que me fai durmir cando sabes que o preciso, a que me fai rir cando estou triste e consólame cada vez que choro. Esa voz, esa voz poderiamos dicir, que é a voz dos teus sentimentos, porque eu sei que cada vez que me dis “ámote”, dismo de todo corazón. O tempo pasou. As distancias sempre o estropean todo – dime a xente, pero eu sempre pensei que non lle debemos botar as culpas ás distancias se non a nós mesmos. E agora sei que non me equivoquei, porque fun eu a que estragou todo o que había entre nós, fun eu a que che fixo tanto dano, a que fixo que te sentiras mal, e fun eu a que dixo todas esas tonterías. Pero ti, ti déchesme outra oportunidade, unha oportunidade que eu non merezo, pero que penso aproveitar porque aínda que sei que non te merezo ti elixíchesme a min para estar ao teu carón, e xa sei que nunca conseguirei ser a persoa que ti te mereces, pero intentareino entregándoche todo o meu amor e o meu corazón. Agora que levo aquí case cinco meses, empezo a pensar que pronto cansarás de min, que pronto me deixarás por outra moito mellor, pero moi no meu interior sei que non o farás porque día a día me demostras que me queres de verdade e que nunca me vas deixar. Despídome de ti, dicíndoche que pronto nos poderemos ver, e que estar xuntos para sempre é o meu máis grande desexo, ámote con todo o meu corazón ruliño. Biquiños. Uxia. Despois de escribir esta carta deiteime na miña cama, xa que mañá debía levantarme cedo se quería que a carta lle chegara a Anxo o antes posible. A correspondencia era recollida no buzón da praza cada Luns e Venres ás dez e cuarto. A mañá seguinte levanteime e dirixinme á praza, necesitaba chegar a tempo de botala no buzón para que saíra hoxe cara a Madrid. Despois de deixala no buzón, comezei a me preocupar, xa que non sabía cando voltaría pisar terra madrileña, cando voltaría ver a Anxo, nin como reaccionaria á miña carta. Moitas veces me pregunto se a miña vida é real ou só un soño, o produto da imaxinación de alguén. Pasaron os días as semanas e as horas, non había ningunha contestación á miña carta, cada día miraba o buzón coa ilusión de que houbese algunha carta para min. Ao cabo de tres ou catro semanas recibín unha carta sen remitente. Na parte dianteira do sobre achábanse os datos precisos para que a carta chegase ás miñas mans, pero na parte de atrás do sobre non había ningún sinal do remitente. Abrín o sobre un pouco asustada, vira moitas películas nas que a xente mandaba ameazas por correo. En moitos momentos volvinme atrás, pensei deixar a carta pechada e tirala ao lixo, pero por outra banda estaba moi intrigada, algo facía que me preguntara que era o que había dentro daquel sobre de cor branca. Saquei a carta do interior, desdobreina e comecei ler: Hola Uxia. Recorro a ti por un asunto de gran importancia, no caso de que aceptes axudarme non debes dicir nada do que eu che conte a ninguén nin deixar que ninguén lea esta ou as demais cartas que eu che envíe. Se decides aceptar encontrarte comigo a soas, esta tarde espérote na praza da Fonte dos Anxos ás sete e cuarto. Sei que seguramente te preguntaras como me has recoñecer se non sabes cómo nin quén son, pero no caso de que aceptes, eu fareicho saber. É moi importante que veñas soa. Decidas o que decidas…Grazas por todo. Eran as sete da tarde, se decidía aceptar tiña quince minutos para chegar á praza, pero non sabía que facer. Intrigábame a idea de que alguén me pedira axuda, para que precisaría da miña axuda alguén?, pero por outra banda tiña moito medo, non sabía quén era a persoa que me citaba e ultimamente danse moitos casos de desaparicións de raparigas da miña idade que ao cabo dun tempo aparecen mortas. Decidinme a ir, calceime, gardei a carta dentro da miña bolsa de viaxe, porque sabía que miña nai non miraría alí, pero tamén estaba segura de que no caso de que desaparecese ese sería un dos primeiros sitios nos que remexería. Despedinme da miña nai dicíndolle que ía dar unha volta pola rúa e percorrín a curta distancia que separaba a praza do piso no que eu me aloxaba. Cando cheguei á praza eran as sete e dezasete, esperaba non ter chegado o suficientemente tarde como para que a persoa que me citara, marchara. Senteime na beira da fonte, e observei aos meus arredores pero ninguén parecía darse de conta da miña aparición na praza. Nada cambiara, a xente comportábase exactamente igual ca se eu non estivese. Os nenos xogaban e corrían, as súas nais sentadas nun banco parloteaban mentres lles botaban un vistazo aos nenos de cando en vez, os anciáns xogaban ás cartas nas mesas de pedra situadas ao fondo da praza. Ao ver que o tempo pasaba e ninguén se acercaba a min decidín marchar, pero cando me xirei, un mozo moi guapo, loiro de ollos claros achegouse a min e dixo:

páxina 36


-

Ola Uxía, perdóame pola miña demora. – O sorriso do mozo fíxome quedar abraiada e non fun capaz a falar. Era ese o mozo que me citara na praza?. E se era el, por que ía precisar ese mozo da miña axuda? Estaba moi confusa, non lograba pronunciar palabra pero ao cabo dun cacho el deuse de conta e voltou falar.

-

Grazas por vir Uxía, pensei que non virías xa que non sabías quen era – díxome mentres sorría.

-

A verdade é que pensei en non vir, pero tiña demasiada intriga en saber quén era a persoa que precisaba da miña axuda e por qué.

-

Ben, pois quen son xa o sabes, por certo chámome Xoel, e o porqué preciso da túa axuda é porque se non actuamos rápido ti acabarás na mesma situación na que me encontro e eu creo que é mellor que non haxa máis vítimas. Estaba moi asustada non sabía o que me intentaba dicir Xoel, estabamos a falar de vítimas, pero vítimas de qué, dun asasinato, dun roubo, dunha broma?… El notouno e decidiu explicarmo. Contoume que había dous meses lle chegara unha carta amenazándoo de que se non entregaba o seu colar, un colar que levaba dende que era pequeno e que nunca quitara, a súa familia sería asasinada. El negárase a dar o seu colar xa que era un recordo do seu avó. Cando lle mirei o pescozo, vin que o seu colar era moi parecido ao que eu levaba dende que era pequena, que tamén fora un agasallo do meu avó. Contoume que a semana seguinte da chegada da carta a súa nai aparecera morta na esquina da rúa, e que aos tres días da morte da súa nai, o seu pai e a súa irmá morreran nun accidente de coche provocado por alguén que se dera á fuga.

-

Esta semana voltei recibir outra carta escrita da mesma maneira e supoño que da mesma persoa, esta vez dixéronme que tiña outra oportunidade para entregar o colar e así impedir a miña morte, pero que agoara a cousa se complicaba porque debería facer que ti me entregaras o teu colar, e se te negabas, asasinaríante a ti e á túa familia. Advertíronme de que se che contaba algo ou nos negabamos os dous asasinaríannos a nós os dous e, repítoche, a túa familia.- dixo con cara de preocupación polo terror que neses intres reflectía o meu rostro, fixo unha pausa e continuou.

-

Onte pola noite decidinme a buscar en Google información sobre os colares introducindo no buscador o número que aparece detrás, e atopei unha páxina que me pedía o meu nome e o número de serie do colar. Puxen os datos e unha presentación de Power Point saltou na miña pantalla. Resulta que cada un dos colares é unha das tres pezas dunha chave que se dividíu hai 69 anos para ocultarlle ao resto do mundo o contido da caixa forte que quizais sexa a máis importante para España nestes tempos de crise. Supoño que a persoa que me enviou esas cartas sabe máis ca nós e posúe o outro colgante. Xa que parece estar moi interesado no contido desa caixa eu supoño que sabe que é o que contén e que se está a levar algo entre mans, nada bo seguramente.

-

Pero que imos facer nós? Porque acodes a min? Que é o que queres? O colar? Vas facer o que puña na carta?

-

Non Uxía, agarda un intre por favor, se acudín a ti é porque quero encontrar a persoa que asasinou á miña familia, quero vingarme, e para iso preciso da túa axuda. Verás, debo entregar os colgantes hoxe mesmo, dentro de media hora na praza da igrexa, e se ti vés comigo no caso de que me maten preciso que ti recollas o meu colar e fuxas lonxe cos dous colares.

-

Moi ben, fareino, fareino porque se é preciso que alguén morra por este colar que levo posto ao meu pescozo serei eu, non a miña familia, non quero que eles estean en perigo pola miña culpa. Fomos ata á praza andando, non estaba lonxe pero aínda así o esforzo de subir a costa deixoume derreada. O reloxo da igrexa deu as oito en punto, eu tremía co medo pero non deixaba que este se reflectise no meu rostro. De súpeto, vin no fondo da praza unha silueta moi familiar para min, era Anxo, si, era el. Pero, que facía el aquí? Viña buscarme a min? Non sabía nada, estaba moi confusa pero cando se foi acercando a nós vin no seu pescozo un colgante moi parecido ao meu e ao de Xoel polo que supuxen que a persoa das ameazas era el. Ao verme púxose coma un energúmeno.

-

Que fai ela aquí? – dixo Anxo moi alterado

-

O que fago é asunto meu non teu, se decidín vir foi por vontade propia así que se tes algo que dicirlle a Xoel gárdao para ti soíño.

-

Estás compinchada con el? Ti tamén vas matarme se non che entrego o colar? Estaba confusa non sabía a quen crer, Anxo era o meu mozo, pero se se puxera coma un energúmeno ao verme, porque ía crer que Xoel ma xogara? Pero por outra banda eu non coñecía de nada a Xoel e ao mellor inventara toda a historia que me contara antes. De súpeto, ocorréuseme unha idea, todo parecía aclararse, parecíame unha moi boa idea, así que me decidin a levala a cabo. Comecei a andar dando voltas mentres eles discutían, e sen que se deran de conta quitei o colar e ateino á pata dunha pomba. Cando viron o que estaba a facer, os dous gritaron a dúo: -NOOOOOON!! Eu asustei a pomba e esta saíu voando, desapareceu no ceo. Alegreime porque así ninguén podería abrir a caixa nunca, xa que unha das pezas estaba desaparecida.

-

No momento no que empezastes a discutir deime conta de que os dous estabades compinchados, de que o único que queriades era a miña parte da chave xa que é a parte clave, deime conta porque cando era pequeniña o meu avó diciame: “ Miña netiña, ti es a clave do segredo mellor gardado do mundo, espero que protexas ese segredo sempre, se lembras isto que che estou a dicir no momento indicado entenderalo todo” , e sabedes? o vello tiña razón, antes non o entendía, ata cheguei a pensar que estaba tolo pero agora, agora todo está claro.

-

Ah! E Anxo, olvidate da carta, olvídate de todo o que che escribín porque agora entendo que o único que querías era o meu colar. Agora doume conta de quén es en realdidade e de que estaba cega, de que en realidade sempre souben que a persoa coa que pasarei o resto da miña vida aínda non chegou e que cando chegue, dareime conta no primeiro momento no que o vexa. Esa foi a derradeira vez que escoitei falar desa chave, e a derradeira vez que vin a Anxo e a Xoel. Agora xa sei que os amores da adolescencia son amores pasaxeiros, e que cando o amor chega o corazón avisa. FIN Patricia López Sobrino, 1ª B Bacharelato.

páxina 37


O INSTITUTO ADORMIDERAS ARRASA COS SEUS MONÓLOGOS Estamos felices, Cristina García Aradas alumna e compañeira de 1º de Bacharelato B vén de gañar o primeiro premio na súa categoría no I Certame de monólogos cómicos BOCA A BOCA. Este concurso foi convocado polo IES Menéndez Pidal en colaboración coa Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña. Foi un certame no que podían participar todos os alumnos dos IES e CIFP da comarca da Coruña polo que houbo moitos e moi bos participantes, a temática tiña que xirar sobre os ditos e os refráns galegos. Queremos darlle a nosa noraboa, ao igual que ao seu compañeiro Brais Piñeiro Rodríguez que tamén participou.

O inicio da miña carreira como monologuista Cando a profesora de galego propuxo na clase a posibilidade de apuntarse o Certame, pareceume unha boa proposta así que non tardei moito en decidir que o faría . Non fun a única da miña clase que se apuntou , fomos tres os inscritos aínda que despois só puideramos actuar dous no concurso, foi unha pena. O día da actuación achegábase e pese a que tiña moitas ideas sobre a temática ningunha remataba de convencerme, o certo é que ata unhas horas antes de subir ó escenario non tiña escrito o monólogo, nin tiña claro que idea ía usar. Na última clase dese día remateino, mesturei ideas novas coas antigas, e así acabei falando de todo un poco no monólogo. Viñéronnos ver moita xente, de feito máis dá que a organización pensaba, pero podo dicir que foi un pracer actuar para toda aquela xente , en especial para os meus amig@s, familiares e mesmo a profesora de galego, que viñeron animarme a min e a Iago. A victoria na miña categoría estivo reñida, pero cando dixeron o meu nome anunciando o primeiro premio non mo podía crer. Todos os nervios que pasara antes de actuar valeron a pena só pola felicidade que sentín despois. Doulle as grazas ós nembros do xurado e a todos os que compartiron ese día tan feliz comigo. Moitas grazas a todos. Cristina García Aradas

“Os Galegos temos as nosas táboas de Noé” Ola, sen hache, boas tardes galegos galegas e aspirantes a. Se teño que falar sobre ditos fareino sobre os que se din de verdade, non dos que falades no blog este que non os di nin a nai que os fundou. Os galegos de verdade non somos así. Imos falar en serio, se queres falar como un galego, ser un galego , tes que pasar por unha serie de situacións, barra experiencias , vivencias. Poderíase dicir que, os galegos temos as nosas táboas de Noe, unha especie de mandamentos . O primeiro: Honrarás o Porco Bravo por riba do resto de debuxos animados. Se non viches o Xabarín Club, non tes infancia así que mellor que marcha. O segundo: Non nomearás o nome de Gayoso en vano . O Luar neste lugar é Terra Santa. O terceiro: Non matarás as vellas que te atacan tirándoche das bochechas. Reprime as túas ansias, reprime as ganas de matar ante os seus “ Haiiiiii xa levas unha moza “ ; é curioso porque te ven todos os días , e non creo que houbese ningún lapsus temporal para que crecera 50 centímetros . Pensa que a todas as cochas chégaslle o seu San Martiño. O cuarto: Dividirás a ración de pan para comer o polbo , porque senón quedas sen el e non hai con que mollar . O quinto: Santificarás o cocido, xa leve repolo ou leve grelos porque a avoa séntalle mal que non o comas. O sexto: Dirás “non che sei neniño “como testemuña incerta ante as preguntas que non saibas responder , sempre será mellor quedar coma un indeciso que coma un pailán. O sétimo: Soportarás os vellos verdes nas festas e romarías ata que che intenten meter man. Se che din: “Nena, ghastas pista “ dislle que a chupen e se queren compartir cuspe , cúspelles na cara e que relaman se queren. O oitavo: Manterás a rivalidade entre o Depor e o Celta ata que este último suba a primeira ; isto máis que un mandamento sería un milagre , pero imos deixalo estar . O noveno: Cualificarás coma milagre os días que non chova en Santiago , agora fai moito sol pero se es”galego galego”, sabes que niso tivo que ver o Apóstolo, fixo . E décimo e máis importante: Levarás o acento como reivindicación do orgullo que é ser galego, non intentes ocultalo que acabarás caendo no castrapo é quedarás como un parvo. Estas son as nosas táboas, grazas por escoitalas . Por certo grazas a Gadis pola súa colaboración, sen sabelo, para o meu monólogo co seu dito: “!!Vivamos coma galegos!!” Moitas grazas!

páxina 38


FALEMOS DE MODA QUE PREDOMINA AGORA? QUE É A MODA? Cando non sabemos o significado de calquera cousa, botamos man dun dicionario ou algo similar. No caso da moda póñenos: “ costume, uso, modo ou comportamento peculiar que abarcan un amplo consenso nun determinado periodo de tempo.” A moda está presente desde a prehistoria, pasando polas diferentes etapas e culturas ata chegar aos nosos días. A moda, repítese constantemente e todo aquilo que “non se leva”, chegara o día no que volverá a sair de armario.

Os deseñares estanse baseando no estilo que estaba presente nos anos 70, é dicir,os 70 están de moda! Nos anos 70, as saias eran de todolos tamaños( maxi, mini …) , e a comezos desta etapa, os pantalóns eran campá, pero a finais dos anos 70, empezáronse a levar os “pitillo” grazas ao movemento punk. Nestes anos experimentabase con practicamente todo. Dende os abelorios ata deseños étnicos, variedade no material e nas cores. O movemento hippie, iniciouse nos anos 60 pero profundizouse nos 70. En canto ao calzado, ao principio da época, levábanse as plataformas, con gran éxito, pero a finais dos 70, rexurdiron os tacóns agulla.

TOP MODELS españois: Andrés Velencoso

JON KORTAJARENA

Andres Velencoso empezou a traballar no mundo da moda antes de rematar os seus estudos secundarios. Despois de asinar o seu contrato con Model Group Management, Velencoso empezase a introducir en “ELLE, VAINITY FAIR, e L’OFFICIELLE HOMME” dándose a coñecer a través das editoriais. Posteriormente, aparecerá en “LOUIS VUITTON, H&M, CHANEL, etc.” Actualmente, Velencoso está presente nas proxeccións de “Aphrodite World Tour” con Kylie Minogue. Nome real Nacemento Etnia Medidas Estatura Color do cabelo Color de ollos Talla de zapatos

Andrés Velencoso Segura 11 de marzo de 1978 Español 99-86-98 1.88 m Castaño Castaños 11

Jon foi descuberto durante a Fashion Week, e dende alí, empezou a traballar en Cibeles, para Roberto Verino. O seu progreso iniciosue ao coñecer ao asesor da Agencia View. A partir de aí, Jon tivo que convencer aos seus país, para poder viaxar a Paris. Deixando atrás a vila natal Bilbao, Jon abrirase a milleiras de portas e grandes marcas, Emporio Armani, Chanel, GUESS, Lacoste… Hoxe, protagoniza a imaxe de Pepe Jeans por segunda vez.

Nome real

Jon Kortajarena Redruello

Nacemento

19 de maio de 1985

Estatura

1,89 m

Color do cabelo

Castaño escuro

Color de ollos

Verdes

Enviste no deseño, non na moda… Rafa Pérez Álvarez

páxina 39


Cando facemos deporte todos gañamos Tras unha dura competición, chegamos ao cume: xogar as semifinais contra o Puga Ramón. Non puido ser: houbo derrota. Con todo estamos moi contentos, xa que é a primeira vez que participamos neste torneo e consideramos que o resultado foi brillante. Se no inicio deste torneo alguén nos di que iamos chegar ata aquí, case que non o creriamos. Hai que recoñecer que na vitoria tamén foi fundamental a adestradora: Isabel Tabeayo. Isto é só o inicio do que poderá pasar nas próximas temporadas.

XUNTOS POLA VITORIA !!! Vermello gualda e vermello ¡¡¡ ¡¡ A bandeira de España !! O noso orgullo. Case nunca estivemos tan unidos todos os españois ante o televisor, animando sen parar. Todos esperabamos ese momento A vermella campioa do mundo! Por fin! A furia vermella conseguiuno. Agora tócalle á furia Vermella e Branca onde estas dúas cores representan a nosa unión entre entre compañeiros. Unha pregunta que nos facemos. Seremos campións nós? O noso obxectivo é o Intercentros: un torneo creado pola empresa Decathlon que se esta levando a cabo entre institutos e que ten que seguir adiante con outras xeracións para que defendan as súas cores e representen ao seu instituto. O noso equipo está formado por 18 xogadores de diferentes cursos e idades pero todos unidos facemos todo o posible para deixalo no máis alto. Todos os demais tendes que axudarnos! Coa axuda da nosa afección poderemos facelo mellor e coa nosa vitoria poderemos dedicarlla a ela en especial. Co primeiro partido xa houbo un anticipo do que podía suceder, xogabamos un partido amistoso contra os nosos veciños, a vixente campioa Zalaeta, onde demostramos do que estamos feitos impoñéndonos (4-1) ante eles; pero o máis bonito do partido foron as dedicacións aos nosos espectadores e o saúdo final entre todos os xogadores. Cabe destacar, que todo isto se esta facendo realidade grazas á colaboración da profesora de ximnasia Isabel Tabeayo e o seu novo axudante. ¡Grazas por todo ! E xa sabedes ¡Esperámosvos ! Jacobo Pereiro Rodríguez 2º A Bachcharelato

páxina 40


ANTROIDO

pรกxina 41


A NOSA XENTE

pรกxina 42


Carlos Pérez Valcárcel e a súa paixón polos microorganismos O profesor Carlos Pérez Valcárcel, catedrático do noso Centro, vén de presentar o seu último traballo publicado Guía de microorganismos das augas continentais. Neste libro-guía Carlos P. Valcárcel amósanos a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais. É a primeira guía que existe na que se engloban seres vivos pertencentes aos cinco Reinos e que inclúa unha clave de identificación dos seres máis habituais. O libro describe os Reinos e os seus respectivos Phylum, na que se indican os caracteres básicos para diferenciar os grandes grupos. Inclúe, ademais, métodos para o seu cultivo do que se poden obter gran cantidade e variedade de individuos e unha clave de identificación inédita acompañada de máis de 200 debuxos exclusivos desta guía. Con esta guía seranos moi doado recoñecer os organismos que se atopan a miúdo nos ambientes acuáticos, xa que os describe con moita precisión e ademais presenta máis de 450 fotografías orixinais do autor. Estamos moi orgullosos de ter no noso centro e de poder disfrutar da sabiduría de tan gran estudoso.

páxina 43


SAN FRANCISCO, A MAGICAL CITY San Francisco é unha cidade máxica. No momento en que pos o pé nela veste envolto por un sentimento de enerxía que flúe a través do aire. Antes de trasladarme á Coruña para ser profesora en Adormideras vivín en San Francisco durante tres anos. Foi unha experiencia incrible. Vivía na veciñanza de Haight Ashbury xusto ó carón do fermoso parque Golden Gate. Esta fíxose famosa nos anos 60 cando nel vivían algúns hippies e músicos famosos como a banda Grateful Dead e Janis Joplin. Vivía nunha antiga casa vitoriana; estilo arquitectónico típico desta cidade. Estas casas adoitan ser moi altas, estreitas e de rechamantes cores. Unha das cousas máis interesantes de San Francisco é a incrible xente que a habita. A maioría deles son xoves de entre os 20 e 30 anos cunha mentalidade aberta e libre. Aceptan a calquera sen preocuparse pola raza, se é gay ou delgado. Viven todos xuntos con maior respecto e tolerancia que na maioría das cidades. A xente de San Francisco adoita ser creativa e artística. Alí, as profesións máis populares son deseñador gráfico, arquitecto, deseñador de interiores, ou artistas e músicos en xeral. Sempre nos podemos atopar con algunha exposición nas galerías de arte. Definitivamente tamén é unha cidade divertida e extrovertida. Por se fora pouco, tódolos fins de semana hai algún tipo de festival nalgún parque ó que acode todo o mundo. Adoitan ser festivais de comida, música; ou exposicións da veciñanza. O meu festival favorito chámase Bay to Breackers. Unha carreira matutina na que todo o mundo segue aos participantes dunha punta da cidade á outra. Todos eles van disfrazados como en halloween ou carnaval. En San Francisco a todo o mundo lle gusta facer actividades ó aire libre. Sempre te atoparás con xente correndo, andando en bicicleta ou acampando nas aforas da cidade. Tamén son moi coidadosos co medio ambiente sendo grandes defensores do “movemento verde”. Teñen os mellores programas de reciclaxe e compostaxe da nación. Non só é xenial a xente que vive en San Francisco, senón tamén os máis de 16 millóns de turistas que a visitan ó ano. En todo o tempo que vivín alí, endexamais me aburrín. Preto da miña casa hai un precioso lago chamado Stow Lacke onde os meus amigos e eu adoitabamos arrendar barcos de remo nos días soleados. Encantábanos camiñar ó redor do lago entre árbores e fermosas flores. Mentres contemplabas as fermosas fervenzas do lago podías facer un pícnic nas pagodes chinesas. Un pouco máis arriba da miña rúa podías visitar o interesante museo científico: Academy of Sciences; no seu interior hai un bosque artificial idéntico ós da vida real; un acuario e un planetario. Outro dos meus lugares favoritos era o museo MOMA de arte moderno. Ás veces paseaba polo “Exploratorium”, un popular museo de historia no que podes participar en experimentos científicos ou exhibicións. Moitas veces desexaría montar na miña bicicleta e chegar ata o mar; sobre todo nos días nos que necesitaba aventuras fóra da cidade. Adoraba visitar o “Muir Woods”, un bosque repleto de “Redwood” xigantes; ou chegar ata as montañas do “Tahoe” para esquiar; ou incluso ir degustar os famosos viños de Napa Valley. Normalmente despois dunha longa xornada de turismo por San Francisco comezas a sentirte famento. A maioría das veces ía directa á Mission District, a comer a un dos seus elegantes restaurantes. Nalgúns momentos era difícil decidirse por un deles, xa que todos eran boísimos e cunha gran variedade. Hainos con menús inspirados en todo tipo de culturas; as posibilidades eran infinitas. Na cidade dáselle especial importancia á comida orgánica. Nos fins de semana a xente viaxa ás aforas de cidade para comprala nos mercados locais; aínda que tamén a podes atopar en tendas especializadas. Tras esta deliciosa enchenta gustábame ir escoitar música en directo. Pódelo facer tódolos fins de semana pola noite porque bandas de tódolos estilos se desprazan á cidade. Podela escoitar en bares e en antigos e famosos teatros coma o Great American Music Hall ou o Filmore. Como podes ver, en San Francisco hai unha incrible variedade de xente, lugares turísticos, comida e música. Así que se algunha vez viaxas a EEUU asegúrate de que esta especial cidade se atopa de primeira na túa lista. Tradución: Raquel Sanjurjo Doval e Olalla Carrillo Barral 2ºD

páxina 44


INTERVIEW TO DANA CABONOR, OUR LANGUAGE ASSISTANT -Why did you decide to come to Spain? I love teaching and I wanted to learn about a new culture and a new language. -What do you think about the people here? They are very friendly and generous. -What are the differences between schools in Spain and schools in America? In America, they're so strict with being on times, they're very punctual. The students have lunch at school and they study only one language. Their favourite sports are football, volleyball, baseball and basketball. -Do you speak Spanish better than before? Yes, I do. I know more vocabulary now. I am taking a Spanish class two days a week. -Where have you gone sightseeing in Spain? I went to Ibiza, Verin, Xinzo de Limia, Ourense, Muros, Noia, Pontevedra, Finisterre and Madrid. -Do you like the weather here? Yes, I do. It's similar to San Francisco weather, not too hot and not too cold. -Do you like Spanish food? Yes, I do. I love “tortilla” and “paella”. -Do you want to return someday to Spain? Yes, I do. I will come back next year to teach English in Sevilla. Miguel Codesido, Adriana García e Adrián Mato.

páxina 45


Entereime da existencia desta proba grazas ó meu amigo Fernando, que non puido acudir ao exame debido a que se encontraba na excursión que organizou o instituto á neve, de telo feito estou seguro de que o seu resultado tería sido igualmente bo ou aínda mellor. O primeiro que me gustaría deixar claro destes exames é que os coñecementos matemáticos que se requiren para eles non son para nada excesivos, xa que o que buscan alí son mentes creativas que sexan capaces de resolver problemas que requiren investigación mediante matemáticas elementais. Os primeiros exames que vin, atopeinos en internet na páxina da USC, eran exames de edicións anteriores e o certo é que a maoiría deles resultáronme bastante complicados, e normalmente abandonaba ó pouco de intentalo. Asistín á olimpíada o venres 21 de xaneiro. Atopeime con máis de 190 alumnos de diferentes institutos de Galicia, cada un loitando por un dos nove postos para ir a Pamplona e representar á nosa comunidade na olimpíada nacional. Celebrouse na Facultade de Bioloxía a sesión de pola mañá (ás 10.00 hs) e na de Matemáticas a sesión de pola tarde (ás 16.00 hs). Cada sesión tiña unha duración de tres horas e media e a proba constaba de tres problemas, para o primeiro había un máximo de 90 minutos, para o segundo 60 minutos e o terceiro tiñamos que entragalo ó remate da proba, é dicir, unha hora despois de entregar o segundo. Aínda que cos problemas que intentara na miña casa non tivera moito éxito, o certo é que con ningún deles insistira máis de media hora, o cal é unha proba de que a perseverancia é unha das claves do éxito. Saín da sesión de pola mañá ás tres horas e bastante contento de como me saíran os tres problemas. Non foi igual a sesión de pola tarde, da que saín á hora e media e bastante desilusionado co que fixera. Eu estaba seguro de que non ía estar entre os 9 mellores, pero gardaba a ilusión de recibir unha mención de honra, que daban do 10º ó 26º clasificado na entrega de premios que se celeborou ás 21.00 hs. Ó ver que non estaba entre estes clasificados díxenlle á miña irmá, que foi a que estivo comigo todo o día e á que lle estou profundamente agradecido por aguantarme, que podiamos marchar para casa, xa que non ía gañar nada. Inmediatamente despois, Felipe Gago, o coordinador da olimpíada matemática galega, dixo que ía proceder a anunciar os tres terceiros postos, os tres segundos e os tres primeiros. Comezou polos terceiros e o primeiro nome que dixo foi o meu. Subín a onde estaba el e déronme un diploma no que poñía o logro conseguido. Pouco despois, outro dos gañadores díxome que o premio dos terceiros era de 220 euros, co que eu quedei bastante contento. Estar entre os nove mellores supón ir á olimpíada nacional, que terá lugar en Pamplona do día 24 ó 27 de Marzo. Persoalmente, gustaríame agradecerlle ao meu profesor de matemáticas, José Manuel Garrote, o seu labor durante os seis anos que me instruíu nesta materia. Para os que queiran facer algún dos problemas da olimpíada, vouvos poñer o que a min máis me gustou: Saber a última cifra de 20092011 é doado, pero, cantos ceros preceden a esta última cifra?

PABLO BOCELO BELLAS 2º A BACH.

Olimpíada matemática

páxina 46


Sara, a por máis éxitos Nunha recente competición de halterofilia, a nosa alumna Sara Dono bateu ata dez records de Galicia. Por outra banda, no campionato de España junior celebrado o día 30 de abril no Polideportivo de Los Rosales (A Coruña), Sara tivo unha destacada actuación. Competiu na segunda tanda, e obtivo tres medallas de bronce: – – –

Na modalidade de dous tempos (60 kg.) En total olímpico (105 kg.) Na modalidade de arrancada (45 kg).

páxina 47


TODO O NOSO AGARIMO Luís Varasa, Pedro Pérez, José Manuel Bértolo, Manuel Gey, Indalecio Vázquez, Teresa Blanco ... ¿Que teñen en común ademais de seren uns grandes profesionais? Pois son uns grandes profesionais que decidiron que xa era hora de tomarse unhas vacacións ben merecidas e non desas que parece que van durar moito e ó final non chegan a case nada, non!!! estes poida que cheguen a fartarse de tanto tempo libre. E é que todos eles decidiron xubilarse, para xúbilo deles e envexa dos que nos toca quedar. Que saibades, queridos compañeiros, que vos imos botar moito de menos e seguro que vós tamén, en máis dunha ocasión, ides botar en falta ó instituto que foi o voso segundo fogar durante moito tempo, pois todos vós exercedes en Adormideras dende hai máis de dez anos, algúns incluso chegastes aquí hai xa case vinte anos (ou sen case) e isto no ámbito laboral é toda unha vida. Agora toca disfrutar, e se algunha vez, por esas casualidades da vida sentides morriña da etapa aquí vivida, non deixedes de vir visitarnos. Este é, e seguirá sendo o voso instituto. Pola nosa banda, xamais vos esquenceremos. Todo o noso agarimo. Carmen Tembrás Alonso Directora IES Adormideras

páxina 48


“Adeus ríos, adeus fontes adeus Bértolo, adeus Soutelo de Montes” Se hai dezaoito anos alguén nos preguntase por Soutelo de Montes, non había ser moito o que puidésemos dicir. Quizá localizalo no concello de Forcarei e falar un pouco de Avelino Cachafeiro, o famoso gaiteiro de Soutelo, e de Virxilio Vieitez, a figura máis importante da fotografía galega no século pasado. Isto hai dezaoito anos, cando empezamos a traballar neste instituto. Hoxe a resposta había ser máis ampla. Ao xa dito engadiriamos o nome de José Manuel Bértolo Ballesteros; profesor de grego e secretario do I.E.S. Adormideras. Moitos dos que estades a ler vos preguntaredes a que vén todo isto. A cousa é que o noso Bértolo vai xubilarse este ano e cómpre falarmos un pouquichiño del, así que aí vai. En cada familia, en cada casa, existe a figura da persoa a quen todos recorren cando hai algo que amañar ”que se o enchufe, que se a billa está frouxa, que se o fregadoiro se atascou”. Neste instituto esa persoa é Bértolo. Ademais de dar as súas clases e administrar o presuposto que nos concede a Consellaría de Educación (tarefa principal dun secretario), seguro que o vistes máis dunha vez cortando a herba no patio ou subido a unha escada meténdolle man a calquera cousa que estivese avariada. Pero o máis importante, e o motivo polo que escribimos isto, é o trato directo que tivemos con el neste tempo. Aprendeunos de xenealoxía, de arte, de cociña, rimos a cachón cos seus contos (é un gran contador de historias. Ao escoitalo podiámolo ver de neno tras o mostrador dunha tenda en Soutelo, ou xa mozo nun hotel de Bruxelas) e pasámolo ben na súa compaña. O noso Bértolo xubílase, e o moito que nos queda por falar con el xa non é para escribírmolo aquí. Iso si, se algunha vez vos preguntan por Soutelo de Montes, lembrádevos de engadilo a el na vosa resposta. ¡Grazas, Secretario Estrella Pérez e Manuel Mallo

páxina 49


MAQUETACIÓN

Aquí temos o excelente equipo de maquetación da revista Mapoula capitaneados pola profesora Carmen Vecino. Son os alumnos de 1º B de Bach. na asignatura de Atención Educativa os que realizaron este bonito deseño: Un millón de noraboas e aínda máis grazas a: Ana Boedo Casanova Ezequiel Chamorro Morís Carlota de Marcos Balado Dimelza Díaz Arrieta Patricia Filgueiras Miguel González Rodríguez Helena Patiño Rumbo Nuria Pico Manivesa Iago Brais Piñeiro Rodríguez Antía Rey Corral María Rodríguez Castro Carla Rodríguez Vázquez e Alejandro Caamaño Otero (portada) Cristina García Aradas (interior portada)

páxina 50


pรกxina 51


pรกxina 52



Mapoula 2011