Issuu on Google+

MAPOULA 2010


Índice

Actividades no centro *AS NOSAS EXPERIENCIAS COAS FROITAS E A ARTE .....................páx. 4, 5 *CELEBRAMOS O NADAL ............................................................páx. 6, 7 *CONCURSO CALENDARIO-MARCADOR ........................................páx. 8, 9 *DÍA DO LIBRO .........................................................................páx. 10, 11 *CHARLA CON FRAN ALONSO ......................................................pax. 12, 13 *DESPEDIDA 2ºBACHARELATO ....................................................páx. 14, 15 *ANTROIDO ..............................................................................páx. 16, 17 *HAITÍ .....................................................................................páx. 18,19 *O SEGREDO DA FROUXEIRA ......................................................páx.20, 21 *ESTRELA DE PAPIROFLEXIA .......................................................páx. 22, 23 *PRESENTACIÓN MAPOULA 2009 .................................................páx.24,25 *SOMBREIROS ..........................................................................páx. 26,27 *XOGO DE SIMULACIÓN PLAY .....................................................páx. 28,29

As nosas creacións *A HISTORIA DUN BILLETE DE 100 € ...........................................páx. 30 *A MIÑA HISTORIA DE AMOR ......................................................páx. 31 *XAQUÍN E OS SEUS DESCUBRIMENTOS.......................................páx. 32 *CALIGRAMA ............................................................................páx. 32 *CURIOSIDADES DA LINGUA ......................................................páx. 33 *O GALEGO ..............................................................................páx. 33

Deportes *ESQUIAMOS COMA LÓSTREGOS!!!..............................................páx. 34, 35 *SÁBADOS AZUIS .....................................................................páx. 36, 37

Saídas *ALUMÁN ................................................................................páx. 38, 39 *EXPOSICIÓN de RUTH MATILDA ANDERSON ...............................páx. 40 *E TÍ QUEN VES SENDO? ..........................................................páx. 40 *CHARLA SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO-EMOCIONAL E SEXUAL ....páx 41 *SANTIAGO .............................................................................páx 42, 43

Día das letras galegas *UXÍO NOVONEIRA ..................................................................páx. 44, 45

3

Avaliación diagnóstico 2009 .......................................................páx.46


Actividades no centro

AS NOSAS EXPERIENCIAS COAS FROITAS E A ARTE

4


Actividades no centro

Nestas últimas semanas os grupos de 2º ESO (en CC.SS.) e 2º de Bach. (Hª da Arte) fixemos unha experiencia co profesor Jaime Duque: cortar froitas para estudar as formas de bóvedas e cúpulas mailo seu sistema de sustentación. Un día na clase de arte puidemos aprender, grazas a Jaime, as diferentes formas que poden ter as plantas dos edificios. Para iso precisabamos diferentes tipos de froita, como a laranxa, a mazá, kiwi, piña e algunhas máis. Se a planta do edificio era redonda cortabamos unha laranxa á metade (sen cortarnos), iso chámase cúpula. Outra forma da construción pode ser cadrada: cortábase o kiwi en tres partes, e a do medio dividíase en dúas partes. Se a planta é rectángular con ábsida semicircular, córtase a metade da laranxa e únese ao kiwi. Outra cousa que nos explicaron foi que se unha planta hai que suxeitala dalgunha forma (non se pode facer cun dintel con apoios moi separados, porque senón rompe pola metade; tamén se pode aguantar cun dintel con apoios moi próximos ou cun arco. Foi interesante e rico! Laura Boado Varela 2º A ESO

5


Actividades no centro

CELEBRAMOS O NADAL

6


Actividades no centro

O último día antes das vacacións de Nadal fíxose un festival final de trimestre no que cantamos vilancicos e nos divertimos antes do agardado e merecido descanso. Despois tamén comemos deliciosas sobremesas elaboradas polos alumnos.

7


Actividades no centro

CONCURSO CALENDARIO-MARCADOR

8


Actividades no centro

O equipo de Dinammización e Normalización Lingüística fixo unha convocatoria, como vén realizando desde hai varios anos, para a realización dun calendario marcador de libros, convocatoria á que se presentaron moitos alumnos e alumnas e da que resultaron gañadores: - Modalidade ESO: Sara Álvarez López, de 3º curso de ESO. - Modalidade Bacharelato: Sandra Caínzos López de 1º D de Bach. NORABOA!!!

9


Actividades no centro

DĂ?A DO LIBRO

10


Actividades no centro

O 23 de abril, Día do Libro, celebramos esta festa da lectura por todo o alto. Durante toda a mañá estivemos lendo textos de distintos autores. Algúns foron seleccionados coa axuda dos profesores, pero outros por nós, xa que tiñamos especial interese neles porque nos gustaban moito. Lemos nas diferentes linguas, tanto en galego coma en castelán, en fránces, inglés e ata en alemán!!! Algunhas lecturas foron especialmente amenas porque fixemos con moito éxito unha representación teatral. Pasámolo moi ben. E tamén nalgunhas asignaturas como en inglés e alemán, para que fose máis comprensible a lectura, acompañouse dun power point. Foi como unha clase pero diferente e máis divertida xa que estabamos moitos grupos xuntos.

11


Actividades no centro

CHARLA CON FRAN ALONSO

12


Actividades no centro FRAN ALONSO O martes 27 de abril estivo connosco no IES Adormideras o escritor Fran Alonso falándonos e animándonos coa poesía. Fran Alonso é escritor, xornalista e editor. Colaborou durante anos nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia e nas páxinas de cultura de El País. Desde haianos ten unha columna no semanario A Nosa Terra. Como esritor publicou máis de dezasete títulos. Ten premios como o Blanco Amor de narrativa ou o Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil. A súa obra abarca a narrativa, a poesía, a literatura infantil e xuvenil e o xornalismo. Neste último campo publicou Territorio ocupado sobre o conflito saharaui e o libro Un país a medio facer sobre a evolución da cultura galega nos últimos vinte anos. Como narrador publicou, entre outras, Cemiterio de elefantes, Cartas de amor e A vida de María Mariño ; como poeta Persianas, pedramol e outros nervios, libro considerado pola crítica como un referente na poesía dos noventa, Tortillas para os obreiros... e tamén é autor de Poetízate, amena antoloxía da poesía galega desde Rosalía ata os poetas máis actuais, coa finalidade de achegar a poesía ao público máis xove. Podemos dicir , despois da súa charla e do seu bonito recital poético, que a poesía xa non nos morde.

13


Actividades no centro

DESPEDIDA 2ยบBACHARELATO

14


Actividades no centro

Xa levamos varios anos celebrando a despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato. O ano pasado fíxose un acto magnífico e este ano farase outro. Aquí tedes unhas fotos do ano pasado, pero quen queira velas mellor e tamén outras pode acudir á web do centro.

15


Actividades no centro

ANTROIDO

16


Actividades no centro

Xa estamos aquí outra vez con festa e disfrazados. Tocou pasalo ben polo entroido e non perdemos a oportunidade de transfomarnos aínda que só sexa por un día e brincar un pouco entre nós e cos profes.

17


Actividades no centro

HAITĂ?

18


Actividades do centro

O terremoto de Haití foi rexistrado o 12 de xaneiro de 2010, con epicentro a 15 km de Porto Príncipe, a capital de Haití. Segundo o Servizo Xeolóxico de Estados Unidos, o sismo tería unha magnitude de 7,0 graos e xerouse a unha profundidade de 10 quilómetros. Este terremoto foi o máis forte rexistrado na zona dende o acontecido en 1770 e foi perceptible en países próximos como Cuba, Xamaica e República Dominicana, onde provocou temor e evacuacións preventivas. Os efectos causados sobre este país, o máis pobre de América Latina, foron devastadores. Considérase unha das catástrofes humanitarias máis graves da historia. O IES Adormideras quixo solidarizarse con esa desgraza e fomos os propios alumnos os que fixemos unha colecta para que o noso centro colaborase na axuda á recuperación deste país, conseguindo en pouco tempo a cantidade de 624€. Como se ve participou nisto moita xente. Cremos que acadamos gran cantidade de diñeiro para a axuda tendo en conta que este é un centro pequeno pero como vedes moi solidario.

19


Actividades do centro

O SEGREDO DA FROUXEIRA

20


Actividades do centro

O 3 de decembro do 2009 Xosé Abad, fotógrafo e director, apresentou no teatro Jofre de Ferrol un documental que narra de xeito testimonial un de tantos dramas ocorridos a raíz de conflitos políticos e ideolóxicos no contexto histórico dos comezos da ditadura fascista española (1936-1975). O Segredo da Frouxeira, é o nome desta magnífica produción que no IES Adormideras tivemos, apenas 3 meses despois da súa apresentación en Ferrol, o privilexio de ver, vindo acompañada dos principais responsábeis desta produción tendo, xa que logo, unha moi útil introdución na que estes nos falaron de temas directamente relacionados co documental como as consecuencias do franquismo, a súa repercusión, o xiro histórico que supuxo (ilustrando isto co fracaso do golpe de estado encabezado por Antonio Tejero no 1981) e a polémica existente arredor da Lei da Memoria Histórica. Estes comentarios a modo introdutorio serviron, ademais de para orientarnos adecuadamente na temática e cronoloxía do documental, para comezar a reflexión que supón profundiar na narración de feitos destas características. O Segredo da Frouxeira cóntanos a historia do último alcalde republicano do concello de Serantes (hoxe integrado no concello de Ferrol), Alejandro Porto Leis, asasinado polas forzas falanxistas ás que o seu propio irmán, Eliseo, pertencía e co cal se vía enfrentado; e tamén dos tres amigos que o protexeron desde que foi perseguido, “paseados” con el en febreiro do 1938 na praia da Frouxeira (Valdoviño, Ferrolterra): Modesto del Río, Xesús Miño e mais Avelino Landeira. Todo isto descubrímolo no documental por medio da testemuña que van aportando distintas persoas; desde o descubridor da historia, Paulino Gasalla, marido dunha sobriña-neta de Alejandro Porto Leis, ata persoas que viviron o refuxio e persecución de Alejandro Porto Leis en primeira persoa. Sexa cecais por este tipo de narración que nos vemos ben mergullados nos feitos, a súa comprensión é inmediata e a emoción, mesmo desde a distancia cronolóxica, está presente. Actualmente os corpos destas catro vítimas dos chamados “paseos” falanxistas non foron ainda atopados. A temática social e histórica está tratada desde un respecto total e predomina unha obxectividade que fala por si soa a través da boca das testemuñas; todo o referente ao ámbito familiar e sociopolítico no documental está tratado con profesionalidade e rigor. Foi para os alumnos do IES Adormideras, xa que logo, unha oportunidade de inmersión nunha historia que de feito está moi recente, tal e como nos indicaba Xosé Abad, quen adicou máis de ano e medio en pescudar e realizar este documento de valor histórico excepcional. Só nos queda felicitar o traballo aos realizadores e agradecerlles enormemente a Xosé Abad e os seus acompañantes a súa visita ao centro e a súa aportación a todos nós.

Manuel Ramiro López Carro 2º C Bach

21


Actividades no centro

ESTRELA DE PAPIROFLEXIA

22


Actividades do centro Partimos dun cadrado de papel.

Dobramos polas diagonais unindo os vértices opostos para calcular o centro.

Levamos cada vértice ao centro, formando outro cadrado coa metade de superficie do anterior.

Damos a volta á figura e o dobrámola de E dous lados contiguos sobre unha Se o volvemos a plegar pola altura diagonal, quedando un cuadrilátero cun maneira que queden dous triángulos isósceles. fórmanse dous triángulos rectángulos. ángulo de 90º.

Texto: Sara Ruiz Este é o módulo que temos que unir aos Maos: Sara Dono outros para construír a estrela. e contribuiron os alumnos de 3ºDiv: Amir Sánchez, Gonzalo Embudo, Laura Delgado, Scarlette Cipion, Sergio Vázquez, Adrián Vigo, Brais Yáñez

23


Actividades no centro

PRESENTACIÓN MAPOULA 2009

24


Actividades no centro

O venres, 12 de xullo presentouse no Instituto Adormideras o novo nĂşmero da Revista Mapoula. Damos as grazas a toda a comunidade escolar por participar e colaborar nesta actividade.

25


Actividades no centro

SOMBREIROS

26


Actividades no centro Arañas, flamengos azuis, zeppelins, galiñas... Estas son tan só unha pequena mención de todos os traballos que levamos a cabo os alumnos de 1º de bacharelato da modalidade de artístico na sinatura de volume. A proposta foi a creación dun sombreiro. As condicións eran sinxelas: Pra a estrutura, espuma reforzada con arames, e para a cor, sprays de cores moi rechamantes foron os que tivemos a man estes grandes artistas. O proceso de unión entre todas as partes da obra foi quizais o máis difícil; uns tivemos que mostrar as nosas dotes como costureiros e costureiras mentres outros axudábanse de fieis grampadoras. Todos os alumnos deron o mellor de si para facer o seu propio sombreiro, cada un máis orixinal que o anterior. O resultado obtido foi sorprendente: aulas cheas de cor e risos grazas a este traballo de deseño imaxinativo. Podemos ver dende unha flor ata sombreiros que nin sequera seríamos capaces de describir. A verdade, foi unha actividade de todo acertada porque o entroido estaba á volta da esquina e todos e cada un dos sombreiros eran perfectamente útiles para facer un disfraz moi simpático “Made in Adormideras” ou que fan fronte a todos os lucidos tocados do Hipódromo de Ascot en Inglaterra como podedes apreciar nas fotos. Zenaide Rodríguez Sánchez Nº18 1º DBACH

27


Actividades no centro

XOGO DE SIMULACIÓN PLAY

28


Actividades no centro

Por terceiro ano o alumnado de 1º de Bacharelato e 4º de ESO participou no xogo PLAY!, que en Galicia organiza Caixanova. Trátase dun xogo en liña de simulación empresarial, no que organizados en equipos (empresas) os rapaces tentamos vender nun mercado competitivo produtos lácteos e obter beneficios. O xogo desenvólveuse ó longo de varias fases, máis ou menos tres meses.

29


As nosas creacións

A HISTORIA DUN BILLETE DE 100 € Unha tarde de choiva, ía pola rúa un papeliño, chamado cen euros. Meteuse nun portal, que resultou ser un banco, onde a xente cambiaba e collía o seu diñeiro. De repente víuno, era un guapo e deslumbrante billete de cincocentos euros. O billete de cen euros, namorouse del. Timidamente decidiu acercarse a aquel aposto billete e preguntarlle cales eran as actividades que se facían naquel edificio. Cando levaban un anaco falando, comentoulle ir dar una volta pola rúa. O billete de cincocentos tropezou e non conseguía erguerse. Un rapaz que pasaba preto deles, viu o billete de cincocentos e non dubidou en recollelo. O billete de cen decidiu caer enriba del para que o rapaz os levara aos dous. Cando estaban no peto do rapaz declaroulle o seu amor. Cando o rapaz chegou á casa e quitou do peto os billetes, non só estaban o de cen e o de cincocentos, se non tamén, dous pequenos billetes de cinco euros que resultaron ser os fillos destes. Á mañá seguinte o billete de cen euros espertou e non viu o seu marido e tampouco os seus fillos, só viu una revista na mesa na que aparecía unha bici de cincocentos dez euros. Cando ergueu a vista viu a bici nunha caixa e escoitou o rapaz falando coa súa nai sobre a compra dunha bici. O billete de cen euros enormemente deprimido ía pola mesa, esvarou, e caeu a una caixa de plástico que resultou ser a súa fin xa que era una trituradera de papel.

Alba García Dopico 1º ESO

30


As nosas creacións A MIÑA HISTORIA DE AMOR Camiñaba tranquila polas rúas da nosa pequena cidade costeira, pensando nese doutor demente, en Bala Perdida e o meu tío Isaac, e en Rai... Son Rosa Ribeiro O'Flaherty, unha reporteira melancólica e afeccionada á poesía, que se dedica a reunir noticias felices para o seu diario o Celtic News. De repente, unha música misteriosa chegoume dende a miña beira, sacándome dos meus pensamentos, música Jazz. Guiándome pola música cheguei a un calexón no que había un gran letreiro luminoso que poñía ''C UB FIL OA'' a pesar das letras que sen dúbida se caeran polo tempo, distinguín que ese local era o CLUB FILLOA, onde tocaba Rai, entrei contendo a respiración, e alí estaba el, no escenario, tocando o saxo xunto a unha moza que tocaba o piano e dous mellizos que tocaban a batería e a trompeta, a súa música era romántica e suxerente, e desprendía unha alegría inusitada. Rai veume chegar e os dous sonrimos á vez, díxolle algo ao trompetista e baixou do escenario. Acercábase cara a min ao mesmo ritmo que o meu corazón se acercaba ao infarto. -Rosa... tan encantadora e oportuna como sempe.-dixo o mozo. -Rai... tan sorprendente como sempre.- volvimos sorrir. Entón colleume pola cintura ao tempo que a súa banda comezaba a tocar unha peza moi rápida, comezamos a bailar ao ritmo desta nova música, e pensei <<Estame empezando a gustarme o Jazz>> e soltei unha pequeno riso, e, como se Rai me lera os pensamentos, comenzou el tamén a rir. Así pasou gran parte da noite, entre risas, bailes, chistes e bebida. Entón, cando xa eran case as 7 da mañá, Rai levoume á parte de atrás do local, onde había un enorme xardín cheo de flores, sentou na herba e colleu unha margarida, pechada pola escuridade. - É curioso, as flores péchanse a escuridade, eu creo que é porque teñen medo. - Estás louco Rai, parece que estás bébedo- exclamei eu entre gargalladas. - Pode que sí, pero isto non o fago pola embriaguez do señor alcohol...- e dito isto, acercóuseme, botándome o alento cálido na orella, e un calafrío percorreu a miña espalda, e así, de súpeto, bicoume, foi un bico doce, só un roce que durou uns segundos que pareceron unha eternidade, pero que levaba toda a paixón e o amor do mundo. - Ámote.-susurroume ao ouvido. - E eu a tí.-respondín. E fundímonos noutro bico. E entón, comencei a contar as poucas palabras que nos dedicaramos en toda a noite, 127 xustas, como Romeo e Xulieta. Rai apartou a cara e dixo: - Así fican limpos de pecado os teus labios polos meus.-era a frase de Romeo. O meu conto de fadas feito realidade.

31

Todo era máxico, e a música de Jazz, agora a miña música preferida, parecía envolver todo o xardín, onde o amencer comenzaba e as flores empezaban a abrirse...

Josefina Vecino Noya 1ºESO


As nosas creacións

CALIGRAMA

Nerea Rodríguez Castro 1º ESO

“Xaquín, o historiador e os seus

descubrimentos”

Na Universidade da Coruña había un gran profesor de historia chamado Xaquín. Non se conformaba coa súa profesión, quería chegar a ser un gran historiador e facer historia . Entón un día decidiu emprender o seu camiño ata o seu obxectivo, comprou o material necesario e buscou un axudante.Algo máis tarde encontrou a persoa axeitada: o seu amigo Ismael que tiña coñecemento indispensables para a investigación . Outro amigo chamado Alex cando se enteirou quixo participar. Non puido ir pero axudoulles co tema de comunicación dende a súa casa. O motivo de non poder ir era que tiña que axudarlle á súa muller Carolina que coida do seu fillo David de 13 anos que era un pouco irritante e pesado. Ao día seguinte Alex invitou a Xaquín e mais a Ismael a comer á súa casa. Na televisión estaban vendo o telediario no que aparecía unha modelo arxentina chamada Ana Patricia que foi compañeira deles no instituto e pensaron que podía proporcionarlles un jet privado para a viaxe. Con todo dirixíronse no coche de Ismael ao areoporto de Alvedro que era o dobre de grande do que era nun principio, alí esperáballe o piloto Xalo co seu avión. Dende alí foron a México a invetigar aos maias.Alí dirixíronse a unhas ruínas maias na que atoparon unha banda de terroristas que estaba formada por catro mulleres, ao mando estaba Andrea e a súa axudante Laura M. e dúas máis Laura. B e Antia. Xaquín en seguida avisou á policia militar cando as recoñeceu que actuou de inmediato. Ismael e Xaquín adentráronse nos templos e palacios ata un deles cun túnel que levaba a unha cova onde tiveron que descifrar un gran xeroglífico no que estaban postos os segretos nunca antes descubertos que se escondian alí.De volta a España escribiron un libro que un ano despois gañarían o premio nóbel polos descubrimentos. ismael Barreiro, 2ºA ESO

32


As nosas creacións CURIOSIDADES DA LINGUA - Quería ir mercar, pero xa é moi tarde e xa non me ten idoiro. (Quería ir mercar, pero xa é moi tarde e non me vale a pena ir). - Estas patacas están xa moi podres; non teñen comedoiro. (Estas patacas están xa moi podres; non serven para comer). - É moi pouco traballo: non che ten facedoiro. ( É moi pouco traballo; non paga a pena que o faga). As formas IDOIRO, COMEDOIRO, FACEDOIRO aparecen nun dicionario de portugués de Fidelino Figueroa (1913) e non se ten coñecemento de que aparezan en ninguún máis. Os galegofalantes que empregan estas formas son naturais da zona do val do Tambre á altura dos concellos de Oroso, Frades e O Pino, sen terse establecido unha área concreta maior ou menor. Non existe coñecemento de que se empreguen noutra zona de Galicia.

O GALEGO O meu idioma é o galego, é o idioma que eu emprego. Cando fales galego haste sentir ben pois o galego é o que ten. Este idioma é especial pois,cantas máis cousas saibas, mellor vivirás, vivirás de rendas toda a vida pois o galego é a sabedoría. Canto máis galego fales máis grande serás e se o estudas moito o curso escolar pasarás.

Lucía Mata Rodríguez 2º ESO

Curiosamente, en dita zona non só se empregan as ditas formas mencionadas, pois malia seren estas as máis comúns, tamén se utilizan outras como: ENCENDEDOIRO, VIDOIRO, DIDOIRO ( ou DICIDOIRO), PREGUNTOIRO, CONTADOIRO, BUSCADOIRO, etc. Por normal xeral, aplícase o sufixo -OIRO a unha grande variedade de verbos. Exemplos de frases: - Non lle vaias con eses contos, que non che teñen (nin) dicidoiro = nin sequera vale a pena que os digas / nin sequera son dignos de ser contados. - Atalora o forno xa non ten encendedoiro = A estas horas xa non paga a pena acender o forno. - Se vés moi tarde, xa non che ten vidoiro = xa non paga a pena que veñas. - Estaba moi vella a última vez que vin esa fotografía, xa non ten (nin) buscadoiro = xa non paga a pena que a busquemos. - É pouca cousa, se queres lévao, pero eu penso que xa non ten moito levadoiro = xa case non paga a pena que o leves. - Ese abrigo tan vello non ten poñedoiro = non paga a pena poñelo / non serve para poñer.

Manuel Ramiro López Carro 2º C Bach.

33


Deportes

ESQUIAMOS COMA LÓSTREGOS!!!

34


Deportes No mes de febreiro realizamos unha actividade deportiva preciosa: ESQUIAR. Como outros anos fomos a Serra Nevada. Pola mañá fomos tiñamos o curso e pola tarde visita cultural. Os dous últimos días a natureza impuxo a súa vontade: chuvia-neve, vento e néboa fixeron que case non esquiaramos. Pero a mal tempo, boa cara, así que aproveitamos igualmente para pasalo ben. Esquiamos, remontamos, caemos, disfrutamos... en definitiva, pasámolo moi ben. Ademais tamén fixemos saídas culturais: vimos a Capilla Real onde están enterrados vos Reis Católicos, a Alambra...

35


Deportes

Sテ。ADOS AZUIS

36


Deportes

Nas instalacións de Punto Pasión Playa de Oza, desenvolveuse como os outros anos en maio a actividade náutica dos sábados azuis, organizada pola dirección e o departamento de E.F. do IES Adormideras. Xornadas moi agradable, vividas con moita expectación e entusiasmo por parte dos alumnos/as que se iniciaban e veteranos/as. O tempo deunos unha tregua e as mañás transcorreron sen chuvia, con ventos moderado e temperaturas moi agradable. Agradecemos o entusiasmo destas actividades e ogallá se sigan realizando.

37


Saídas

ALUMÁN

38


Saídas

O martes 2 de Marzo, os alumnos de 4º ESO A e 1º Bacharelato A visitamos as instalacións que ALUMÁN ten no polígono de Sabón en Arteixo, acompañados por Jaime Duque e José Tallos, profesores de Economía e Tecnoloxía.

39


Saídas Esta exposición foi como unha viaxe no tempo, visitas por uns momentos a vida que tiñan os nosos antepasados. Matilda Anderson foi a encargada de facer eterna aquela sociedade. A través das súas fotos ensinounos moito tamén sobre a sociedade de hoxe en dia. Foi moi interesante ver que só se centraba no campesiñado e que en ningunha das súas tomas sae a clase alta desa época. Ela era unha americana afincada en Nueva York, cunha vida moi diferente a que se atopou ao chegar a nosa terra, veu por traballo, tiña que mostrar como era a vida ao outro lado do charco. Foi un bonito percorrido, supoño que nos ensinou a todos a entender a nosa vida, o honor de vivir nunha época con tantisimas facilidades. Nadia Dono 4º (ESO)

EXPOSICIÓN de RUTH MATILDA ANDERSON

40


Saídas E TÍ QUEN VES SENDO? O 28 de Xaneiro de 2010 saímos do instituto ás 9:30, cara ó teatro Rosalía de Castro , para ver unha obra de teatro chamada e tí de quen vés sendo? , representada pola Compañía Talía Teatro. A obra estreábase por vez primeira na Coruña, e nós asistimos a unha representación especial para estudantes. Trataba sobre un grupo de xente sen teito que prepara a obra O anfitrión, de Plauto, para un festival que organizaba un albergue de acollida. Cando o director os expulsa de dito albergue, seguen ensaiando pola súa conta, reuníndose nun edificio abandonado. O tema da obra é a exclusión que sofren os protagonistas por ser vagabundos , e de como despois de descubrir que non vai haber representación seguen ensaiando. Mostra que tamén dentro dos excluidos sociais tamén hai diferentes clases, así, por exemplo, a un vagabundo que era o único que sabía ben todos os papeis e que mellor os representaba, por ser deficiente mental non o querían deixar actuar. Había uns dez actores representando o espectáculo, e penso que o fixeron moi ben. Aínda que a obra me pareceu un pouco aburrida, era interesante o transfondo social que fai pensar o espectador máis alá da mera historia. Alicia Losada García 3ºA E.S.O

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO-EMOCIONAL E SEXUAL Esta actividade estivo baseada no trato sobre os mitos e os estereotipos sobre o sexo. Un dos temas máis tratados foi o do VIH, xa que moitas nenas ou nenos, por manter relacións sexuais sen protección, contaxiáronse con esta enfermidade. Outro tema a tratar foi o dos embarazos non planeados, xa que moitas adolescentes quedan embarazadas por manter relacións sexuais sen protección. Tamén abordaron o tema dos métodos anti-conceptivos masculinos e femininos. Pero dado o tempo que tiñamos foinos imposible abordar tódolos temas plantexados desde un principio. O remate da clase foi o máis divertido, xa que unha alumna tivo que intentar poñer un preservativo nun pene de plástico, e foi gracioso xa que non conseguía nin abrir o envoltorio, polo cal foi a monitora a que explicou como se facía. Unha cousa que me chamou a atención foi que un de nós preguntou se nos ían entregar preservativos, e a monitora dixo que non porque moitos pais podían queixarse, xa que o crían unha incitación a manter relacións sexuais, pero eu creo que iso non é unha incitación senón previr embarazos non planeados Javier Martínez Garabito 3ºA

41


Saídas

SANTIAGO

42


Saídas SANTIAGO MOI PRETO NO ANO XACOBEO O alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato fixo unha visita o venres 5 de Marzo á cidade de Santiago, acompañados polos profesores Jaime Duque, Pedro Pérez e Luis Varasa. Tiveron a oportunidade única de ver o Pórtico da Gloria da Catedral dende cerca, gracias ós andamios colocados para a súa restauración. Tamén fixeron unha interesante visita guiada ó coro pétreo do Mestre Mateo. Polo serán, visitouse a monumental igrexa de San Martiño Pinario e o seu museo.

43


Día das letras galegas

UXÍO NOVONEYRA Para acercarnos un pouco máis á obra de Uxío Novoneyra tamén fixemos unha exposición sobre sobre a súa persoa na sala de exposición do centro. Aquí nos podedes ver logo de rematar de colocala.

44


Día das letras galegas Uxío Novoneyra, nado en Parada, na parroquia de San Xoán de Seoane do Courel o 19 de xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Dedícaselle o Día das Letras Galegas 2010. Estudou o Bacharelato en Lugo Traba amizade con Manuel María, María Mariño e con Luís Pimentel. En 1948 matriculouse por libre na facultade de Filosofía e Letras en Madrid, onde comezou a escribir poemas en castelán. Coñeceu alí a Xesús Alonso Montero, quen conservou o que di ser o seu primeiro libro de poemas, Abrojos. Poemas cortos, inédito ata que no 2002 Alonso Montero publicou nove dos seus poemas. Nestes anos de estudante consagrouse intensamente á lectura de poesía dos máis diversos autores e adquiriu certa sona como recitador de poemas .Dos anos 1950-51 datan as coleccións de poemas tituladas Poemas de Dios e Caurel, de onde sairon Os Eidos; Luz Pozo Garza publicará no ano 2000, na revista Clave Orión algúns destes poemas. No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Nos comezos da década de 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelán, dando a lume Os eidos. Libro do Courel (1981), que terá diversas reedicións.Publica Poemas caligráficos en 1979, nunha edición prologada e ilustrada por Reimundo Patiño, con textos vinculados a unha vangarda pictórica organizada arredor do grupo Brais Pinto. Xa na segunda metade desa década comeza cunha recompilación temática da súa produción poética completa. Así, en Muller pra lonxe (1987), reuniu os poemas paixonais e amorosos, e dous anos máis tarde, en Do Courel a Compostela 1956-1986, os de temática política, que irán acompañados dunha antoloxía crítica. En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. En 1998 publicou Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas. Nos seus textos, Novoneyra explicitou o seu compromiso nacionalista e marxista, sen deixar de preocuparse en ningún momento pola forma poética e pola linguaxe. Formalmente, procuraba o mellor resultado visual e —sobre todo— sonoro para os textos (botando man para tal efecto de diversos recursos como o fonosimbolismo, a utilización de dialectalismos, os silencios, o simbolismo gráfico etc.). As poucas palabras empregadas pretenden evocar dun modo máxico o mundo no que o home está inmerso, designando as cousas para que estas aparezan perante nós. Cómpre tamén lembrar o seu compromiso público e constante con Galicia:

É xa hora de que señas toda patria dos teus dos que gardaron a fala en que máis se dixo adeus e señas dona de ti e señora de falar señora de decidir e dona de se negar así como tamén coa lingua, á que define como "o único sitio onde seguen vivos os antepasados, a única forma audible de supervivencia". E faino tanto como escritor individual ou como Presidente a AELG, compromiso que quedou patente en numerosas ocasións, como nesta entrevista que lle fan en 1998:

Ninguén dubida xa da nosa identidade, nin os inimigos da lingua propia, que anque non a queiran nin a falen será sempre o galego. Repito: hai cousas que non as escolle un, escolleunas a historia. Adrián Gómez 3ºA ESO

45


46


Equipa de Normalización Lingüística curso 2009/10 http://centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/ IES Adormideras C/Juan Sebastián Elcano nº28 15002 A Coruña tf. 981 220 512 fax 981 222 939



Mapoula 2010