Quintela22 (3)

Page 1

w w w. q u i n t e l a d e l e i r a d o . e s

QUINTELA DE LEIRADO

Número 22

Boletín de información e actualidade municipal

Inverno 2013/14

Correo electrónico: admin@quinteladeleirado.es Premio de Cooperativismo

A Mancomunidade Terra de Celanova, premiada no Día do Cooperativismo Galego 2013 polo apoio ás sociedades cooperativas. José Antonio Pérez Cortés recibíu o galardón da conselleira Beatriz Mato.

Patrimonio recuperado

A restauración do muíño de Quintela serve para a recuperación do patrimonio etnográfico e tradicional. É tamén o lugar para iniciar ou completar a nova ruta de sendeirismo do Deva, que enlaza con Leirado.

Maiores con memoria

As persoas maiores seguen sendo destinatarias de programas específicos por parte do Concello e da Mancomunidade Terra de Celanova. As clases de ximnasia e os talleres de memoria son dous exemplos.

X Prioridade para os servizos básicos no orzamento municipal de 2014. X Novas actuacións para mellorar a rede viaria en varios pobos. X A páxina web, outra forma de achegar a Administración aos cidadáns. X O Concello instala parques biosaudables en Redemuiños e Mociños.


Editorial

Quintela de Leirado nº 22

Ante as dificultades, hai que aplicarse con entrega, dilixencia e imaxinación, pensando en que, tarde ou cedo, poderán solventarse entre todos. Esas deben ser tamén algunhas das liñas de actuación das Administracións públicas, como é o caso do noso Concello, a pesar dos axustes orzamentarios. Compre agora priorizar obxectivos, tentando conser-

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, con representantes da Deputación de Ourense e da Mancomunidade Terra de Celanova. var e, dentro do posible, potenciar aqueles servizos que inciden directamente na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Pero os recursos do Concello de Quintela de Leirado son limitados e precisa da colaboración do Goberno Central, da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial de Ourense e da Mancomunidade Terra de Celanova para cubrir obxectivos en servizos e infraestruturas públicas. Ese bo entendemento plasmouse nestes últimos meses na execución de obras importantes para o noso municipio, na boa xestión dos Servizos Sociais, máis necesarios agora que nunca, pola dificultade que atravesan algunhas familias, e nas políticas activas de emprego.

Quixera compartir con tódolos veciños e veciñas a ledicia destas festas tan entrañables. Tamén desexo que o novo ano traiga éxitos persoais e colectivos, e boa saúde para poder disfrutalos.

Páxina 2


Quintela de Leirado

Visita do delegado da Xunta en Ourense, no salón de actos da Mancomunidade

O Obradoiro de Emprego promovido pola Mancomunidade Terra de Celanova ofreceu formación especializada en atención xeriátrica e axuda no fogar a 24 persoas desempregadas dos 8 concellos que integran esta entidade supramunicipal: A Merca, Cartelle, Gomesende, Ramirás, Verea, Celanova, Pontedeva e Quintela de Leirado. Deste programa mixto de formación e emprego tamén se benefician outros 7 parados da zona que formaron parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo.

Recibiron formación en atención xeriátrica e axuda no fogar

O Obradoiro abre as portas do mercado laboral a 24 persoas O presidente da Mancomutodo o territorio nacional, nidade Terra de Celanova e expedidos polo Servizo alcalde de Quintela de LeiPúblico de Emprego de rado, José Antonio Pérez Galicia. Estes documentos Cortés, acompañado polo demostran a preparación e delegado territorial da habilidades adquiridas duXunta en Ourense, Rogelio rante seis meses, o que vai Martínez, e do xefe territo"incrementar moi significarial da Consellería de Trabativamente a empregabilidallo e Benestar, José Selas, de do alumnado", segundo presidíu a clausura e entredestacou Rogelio Martínez. ga de diplomas aos 24 O delegado territorial aproalumnos e alumnas do veitou estes actos de clauObradoiro de Emprego "Tesura para destacar "a colarra de Celanova II". Os parboración institucional da ticipantes nesta iniciativa Xunta coas entidades loconxunta da Mancomunicais para intentar que esdade e da Consellería de tes obradoiros teñan contiTraballo e Benestar para a Os alumnos e alumnas que participaron no Obradoiro nuidade na creación de promoción do emprego re- “Terra de Celanova II” recibiron un diploma acreditativo da postos de traballo". cibiron formación especiali- súa formación. Este título é unha axuda á hora de buscar De xeito complementario zada e realizaron distintas traballo especializado na atención ás persoas maiores. e, para aqueles participanactuacións prácticas nos tes que non acadasen o ámbitos da axuda no fogar e da atención título de graduado en ESO, impartíronse xeriátrica. O investimento por parte da Os participantes dispoñen agora clases de educación compensatoria, para Consellería foi de 211.598 euros. poder acceder ás probas coas suficientes dun título formativo con validez garantías de éxito, e outras de seguridaJosé Antonio Pérez Cortés apuntou que estas iniciativas teñen "un obxectivo de e hixiene no traballo, lexislación laboen todo o territorio español, claro: dar formación a persoas desempreral, constitución de cooperativas, etc. gadas de cara a que logren reinsertarse En todo momento, o equipo directivo ademais de coñecementos doulaboralmente". O delegado territorial, pola e docente orientou as distintas actividatras materias, como seguridade des formativas a potenciar e apoiar aos súa parte, lembrou que as alumnas e alumnos recibiron os seus certificados de participantes neste Obradoiro cara á súa e hixiene ou lexislación laboral. inserción no mercado laboral. profesionalidade, que teñen validez en

Páxina 3


Quintela de Leirado

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, durante a posta en servizo da Autovía Ourense-Celanova, que nesta lexislatura completarase o obxectivo de que o 80% dos galegos estean a menos de 10 minutos dunha vía de alta capacidade. Neste sentido, Feijóo precisou que a Autovía Ourense-Celanova beneficia de forma directa ás case 200.000 persoas que viven nas comarcas de Ourense, Terra de Celanova e Baixa Limia.

Núñez Feijóo, acompañado por José Antoniio Pérez Cortés e outros alcaldes da comarca, durante a inauguración oficial.

Inauguración da autovía AG-31 (Ourense-Celanova) A posta en servizo da Autovía AG-31, entre Ourense e Celanova, é a obra pública máis importante dos últimos anos na comarca de Celanova, e un beneficio importante para tódolos concellos, incluído o de Quintela de Leirado. Esta infraestrutura evita o paso por máis de 10 quilómetros de travesías e per-

mite aforrar de media un 40% de tempo entre a Autovía das Rías Baixas, dende o enlace de Rante, e as Terras de Celanova, que queda agora en 15 minutos (antes supoñía 25 minutos, de media). Os traballos alongáronse durante máis de dous anos e supuxeron o investimento de 120 millóns de euros.

A estradas locais, obxecto dunha atención continuada A conservación en bo estado de tódalas estradas, pistas, rúas e camiños merece unha atención permanente por parte do Concello de Quintela de Leirado. A través da Mancomunidade Terra de Celanova realízanse ao longo do ano traballos de desbroces das beiravías en tódalas estradas asfaltadas de competencia local. A estrada de Celanova, que corresponde á Deputación Provincial de Ourense, tamén e obxecto dos traballos de conservación, para mellorar a capa de rodadura e a seguridade vial, a cargo das brigadas de Vías e Obras da institución que preside Manuel Baltar.

Páxina 4

Desbroces de beiravías na zona de Redemuíños


Quintela de Leirado

A ruta de sendeirismo do Deva e a restauración do muíño de Quintela, dous novos atractivos A recuperación das ribeiras do Deva e a revalorización do seu patrimonio natural e etnográfico foi un dos proxectos que levou a cabo nos últimos meses o Concello de Quintela de Leirado, co financiamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Esta iniciativa tivo un custe de 94.500 euros. Consistíu na recuperación dunha ruta de sendeirismo entre Leirado e Quintela, de algo máis de tres quilómetros, que discorre en boa parte a carón do río Deva, e na restauración do antigo muíño, que serve de remate ou lugar de inicio desta fermosa ruta.

A recuperación do muíño representa a posta en valor dun importante elemento etnográfico de Quintela.

Asfaltados en Beade, Pereiras-Adro e Cimadevila de Redemuíños O plan de obras municipal incluíu a rexeneración da capa de rodadura de estradas e pistas en Beade, PereirasAdro e Cimadevila de Redemuíños. Esta actuación contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural e do Mar. Consistíu na aplicación de rego asfáltico para subsanar as deficiencias que provocan o tráfico de vehículos e as inclemencias atmosféricas. Forman parte do programa de conservación da rede viaria.

A reforma supón unha garantía vial para os veciños e veciñas, pero tamén para os conductores.

Os Planos Provinciais de Obras, que financian conxuntamente a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Quintela de Leirado, permitirán acometer, con 41.000 euros, as obras de acondicionamento e mellora da capa de rodadura de dous camiños en Redemuíños (nos accesos a Cimadevila e na zona de Corredoira), da estrada que comunica Leirado e Beade, e dun camiño en Retortoiro. Por outra parte, o Plan Marco do programa de mellora de camiños de titularidade municipal contempla

Máis proxectos da Deputación e da Xunta de Galicia

o investimento de algo máis de 22.000 euros en Quintela de Leirado. O Concello estableceu criterios de prioridade para acometer a reforma do camiño de Cabanelas, de varias pistas en Mociños e no entorno de Cimadevila de Quintela. Estas obras están financiadas polo fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER), xunto con aportacións da Xunta de Galicia e da Administración central, e teñen unha vixencia temporal que inclúe as anualidades de 2013 e 2014.

Páxina 5


Quintela de Leirado

En servizo, a pĂĄxina web do Concello

www.quinteladeleirado.es

O Concello de Quintela de Leirado abrĂ­u unha pĂĄxina web en Internet que pretende dar a coĂąecer o municipio de cara ao exterior e potenciar a comunicaciĂłn electrĂłnica cos propios veciĂąos e veciĂąas, tanto os que residen eiquĂ­ coma os de fĂłra. Para o alcalde, JosĂŠ Antonio PĂŠrez CortĂŠs, "trĂĄtase de ofrecer mĂĄis proximidade e accesibilidade aos cidadĂĄns e contar cunha ferramenta moderna e potente para a promociĂłn turĂ­stica do concello". Ademais dun lugar de encontro para os veciĂąos de Quintela de Leirado, a pĂĄxina web quere sevir de introduciĂłn para os visitantes, con referencias ĂĄ historia, parroquias, roteiros e unha ampla galerĂ­a de imaxes. No apartado arquitectĂłnico, atopamos a igrexa de San Pedro de Leirado e a capela dos Remedios; a capela do Carmen e a igrexa de San Pablo, en Quintela; a igrexa de San Salvador e a capela do Santo Cristo, en Rede-

PĂĄxina 6

Como novidade, a web dispĂłn dunha versiĂłn para mĂłbiles de Ăşltima xeraciĂłn, tanto iPhone como Android. TamĂŠn se pode conectar directamente a travĂŠs destes telĂŠfonos empregando o cĂłdigo BIDI (na parte inferior). CĂłdigo BIDI/QR

muĂ­Ăąos; a igrexa de Santa Isabel de MociĂąos e a igrexa de Santiago de XacebĂĄns. ContĂŠn novas de actualidade, telĂŠfonos de interese, informaciĂłn sobre os servizos municipais e dispĂłn dunha oficina virtual, dende a que se poden realizar trĂĄmites administrativos, acceder ĂĄs actas dos plenos ou consultar a revista municipal. En clave turĂ­stica, os usuarios deste portal de Internet poden coĂąecer as sete rutas turĂ­sticas con que conta o noso municipio, e os principais recursos naturais e patrimoniais. InclĂşe informaciĂłn sobre as instalaciĂłns deportivas e recreativas (parques saudables, piscinas, zonas de xogos...) e os centros de servizos: Local social, Casa comunitaria, Centro de saĂşde e Concello. ContĂŠn referencias ĂĄs festas tradicionais e populares, e as mĂĄis recentes, como as gastronĂłmicas e as que se celebran durante o verĂĄn dirixidas ĂĄ xente nova.


Quintela de Leirado

Entrevista José Antonio Pérez Cortés, alcalde:

“A elaboración do Plan Xeral de Urbanismo será clave para o futuro do noso concello” P.- En tempos de crise, con recurtes orzamentarios e de investimentos, ¿resulta complicado manter un alto nivel de servizos? José Antonio.- No caso de Quintela de Leirado, procuramos optimizar os gastos para que os servizos básicos non se resintan, e para que os nosos veciños e veciñas poidan disfrutar dunha boa calidade de vida. Tamén a nivel de infraestruturas se siguen facendo obras importantes, aínda que non ao ritmo que nós quixéramos. P.- ¿Cáles son os obxectivos a curto prazo do Goberno municipal de Quintela de Leirado? José Antonio.- Definimos as actuacións en función das demandas dos cidadáns, e dacordo coa dispoñibilidade orzamentaria para acometer esas obras ou servizos que nos piden. Hai que seguir traballando para dispór de boas comunicacións por estrada, que esixen unha atención permanente polo degaste do tempo e do tráfico, e manter a bo nivel outros servizos fundamentais, como os de abastecemento, redes de sumidoiros, alumeado público, etc. E, por suposto, seguir avanzando na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal. P.- ¿ Percibe interese entre os veciños sobre o PXOM? José Antonio.- O certo é que hai moitos que están interesados en coñecer cómo van quedar as súas propiedades, sobre todo as fincas que consideran que poderían ser edificables. Para nós é fundamental que todos queden contentos, pero existen unhas normas que proveñen da Lei do Solo de Galicia que hai que respetar. Xa temos organizado visitas de técnicos para que lles poidan informar polo miúdo e seguiremos aportando medios para que tódalas persoas estean ben informadas e poidan formular as alegacións en tempo e forma, como require esta tramitación. Q

“O Plan Xeral de Ordenación Municipal será importante para decidir o modelo de concello que queremos. Neste momento de definición, o Concello pretende que tódolos veciños e veciñas estean ben informados, para que resolvan as súas dúbidas e presenten as alegacións que estimen oportunas en tempo e forma”.

“A Mancomunidade tamén resolve moitos problemas” P.- O Premio de Cooperativimos é outro recoñecemento para a Mancomunidade Terra de Celanova. ¿Cómo valora este premio? José Antonio.- Agora que se fala da fusión de concellos, pensoo que é importante observar cómo se poden mellorar servizos sen chegar a ese extremo. A Mancomunidade traballa en varios frentes, con importantes resultados. Falo do servizo contra incendios, da recollida de lixo, dos servizos sociais, dos programas de saúde, do centro de minusválidos ou das políticas de emprego. En moitos destes programas somos unha referencia a seguir e así o recoñeceron nos últimos anos galardóns importantes.

P.- ¿Considera, por tanto, que a Mancomunidade ten futuro, atendendo á unión e apoio que se prestan entre sí entre os distintos concellos da nosa comarca? José Antonio.- Como dicía, paréceme moi acertado este tipo de entes supramunicipais. É unha forma de ampliar servizos a tódolos cidadáns que, no caso de concellos pequenos como Quintela de Leirado e outros próximos, sería difícil que poidesen levalos a cabo. Ata o de agora, a Mancomunidade tivo un funcionamento exemplar e continuamos traballando para que, no futuro, continúe vixente ese alto nivel de servizos básicos do que se benefician moitos veciños e veciñas. Q

Páxina 7


Quintela de Leirado

José Antonio Pérez recolleu o Premio de Cooperativismo concedido á Mancomunidade Terra de Celanova A Mancomunidade Terra de Celanova, que preside o alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez Cortés, recibíu o premio á Iniciativa Cooperativa 2013, no transcurso dun acto presidido pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, en Negreira, coincidindo co Día do Cooperativismo Galego. Os premios á Iniciativa Cooperativa 2013 teñen como finalidade estimular o lanzamento de proxectos empresariais constituídos baixo a fórmula cooperativa. O concurso de iniciativas ten un carácter anual e busca recoñecer o traballo de persoas e entidades no eido do cooperativismo co fin de procurar emprego estable ou poñer en valor os recursos naturais existentes para favorecer a economía social. Entre as actividades da Mancomunidade Terra de Celanova destacan o asesoramento e acompañamento de proxectos; a relación con cooperativas e sociedades laborais; a organización de xornadas, seminarios, cursos de divulgación e conferencias sobre a experiencia cooperativa; a dinamización do cooperativismo en sectores; e a presentación de estudos de economía social. A Mancomunidade actúa así como intermediario e colaborador no desenvolvemento económico e social e como instrumento de asesoramento aos emprendedores e de impulsión de novas empresas. Q

José Antonio Pérez Cortés, co premio que lle entregou Beatriz Mato e que recoñece os esforzos da Mancomunidade Terra de Celanova para pór en marcha iniciativas de cooperativismo que redundan na creación de postos de traballo estables.

A creación de cooperativas, unha vía de futuro no medio rural “O aproveitamento da castaña baixo a fórmula cooperativa” foi o tema dunha charla no salón de actos da Casa do Concello de Quintela de Leirado. Unha técnica expricou aos veciños/as as experiencias doutras zonas produtoras e as distintas vías para constituir unha cooperativa.

A Mancomunidade Terra de Celanova fomenta así a unión de produtores, para acadar un maior aproveitamento do sector primario. Foi unha sesión orientativa tanto para persoas empregadas como desempregadas, que poden sacar máis rendabilidade ao seu traballo baixo a fórmula cooperativa.

Páxina 8


Quintela de Leirado

Programas da Mancomunidade para as persoas maiores

Ximnasia e taller de memoria, en Xacebáns A Mancomunidade Terra de Celanova desenvolve na Casa Comunitaria de Xacebáns clases de ximnasia, tódolos lúns e xoves, de 10 a 11 da mañá, para que as persoas interesadas melloren a súa condición física. O monitor, Víctor Seijo, adapta os exercicios ás características das persoas que participan nesta iniciativa, incluída na Unidade de Promoción da Saúde da Mancomunidade.

Remedios, Camila, Estrella, Marina e Amelia

Amelia Estévez Arias:

“Teño problemas nun ombreiro, e agora estou moito mellor. Fíxome máis a ximnasia eiquí que a rehabilitación en Celanova e Vigo”.

Julia Dguez., Lola, Julia, Trini e Delfina

Julia Domínguez Rodríguez: “Para nós, esto é unha bendición. O profesor é moi bo, e fainos traballar moito, con pesas e exercicios variados. Saimos sudando, pero todas coincidimos en que agora estamos mellor”.

Taller de memoria Tamén en Xacebáns, celébrase os mércores e venres un taller de memoria. A profesora Alicia Pérez Ucha dirixe ás participantes con prácticas de recordatorio dos tempos da escola ou exercicios para discurrir. O obxectivo é mellorar a memoria e a axilidade mental, que se van perdendo co paso dos anos.

Redemuíños

O Concello instalou aparatos de ximnasia en senllos parques biosaudables de Redemuíños e Mociños. Forman parte do proxecto de dinamización das áreas rurais e contaron co financiamento do Plan AGADER.

Mociños

Páxina 9


Quintela de Leirado

Un verán divertido Co verán volveu o tempo de reencontro para amigos e familiares. En época de festas tradicionais, Quintela de Leirado segue a ser un lugar para descansar e disfrutar de moitas maneiras. Como en anos anteriores, en torno ás piscinas municipais artelláronse diferentes actividades, cos máis novos como protagonistas. Actividades lúdicas, xogos deportivos, a “pool-party” (festa da piscina), foron algunhas opcións, pero tamén a macarronada, que compartiron as distintas xeracións de veciños e veciñas do noso concello. Q

Revisión de fronteiras

De esquerda á dereita, os alcaldes de Lobeira (por delegación), Quintela de Leirado, Melgaço, Verea e Padrenda.

O pasado 22 de agosto formalizouse, un ano máis (como se ven facendo de forma case ininterrumpida dende 1868, cando entreou en vigor o Tratado de Lisboa que fixou os límites territoriais entre España e Portugal, asinado catro anos antes) o acto de revisión das fronteiras. Nesta ocasión, a organización correspondeulle á Cámara Municipal de Melgaço. Os rexedores de Lobeira, Verea, Padrenda, Melgaço e Quintela de Leirado asinaron o protocolo e compartiron unha xornada de confraternidade, que incluíu un xantar e unha visita a esta vila portuguesa. Q

¡Mal exemplo! A gran maioría dos veciños e veciñas do concello caracterízase por un comportamento exemplar á hora de amosar o seu civismo. Pero sempre hai excepcións. Como se non houbese contedores, algunhas persoas dedícanse a ensuciar o noso monte, depositando o lixo en vertedeiros incontrolados. A carón da estrada de Ataínde atopamos ún, na imaxe, que está fora de lugar para un concello que traballa por ser modélico en moitos eidos, entreles o do respeto ao noso medio ambiente. Para elo é fundamental o bo uso dos contedores, e de avisar ao Concello/Mancomunidade para desfacerse de mobles, electrodomésticos, etc, de gran volúme. Q

Vertedoiro preto de Ataínde

En Quintela de Leirado, tamén Páxina 10


Máis de cen ciclistas, afeccioados á bicicleta de montaña, participaron na quinta edición da Ruta BTT Terra de Celanova, que organiza a Mancomunidade e que transcurre case na súa integridade polo concello de Quintela de Leirado. Ao remate, 86 deportistas completaron os 39 quilómetros de percorrido. Esta proba lúdica e deportiva consolídase como unha das máis fermosas e participativas da provincia de Ourense.

O obxectivo desta Ruta BTT (Bicicletas Todo Terreo) é difundir e facilitar a práctica deportiva, unida ao coñecemento do patrimonio natural de Quintela de Leirado e da comarca, e o disfrute da natureza como ocio deportivo en torno á bicicleta. Os participantes, chegados de toda Galicia, cubriron un trazado esixente, xa que a case a terceira parte fíxose en tramos de subida. Os primeiros en chegar empregaron case 5 horas.

Houbo ciclistas de 10 a 60 anos. Moitos xa coñecían a proba de anos anteriores e volveron por considerar que é unha das probas máis atractivas do calendario de rutas BTT da nosa terra. Establecéronse varios puntos de avituallamento, con froitas, cereais e bebidas, e un complexo sistema de apoio, en caso de caídas ou saídas de ruta dos participantes. Pola tarde, os deportistas compartiron unha comida de confraternidade e disfrutaron das piscinas.

Páxina 11


Ruta d e s endeirismo p olo D eva

O Concello de Quintela de Leirado habilitou unha nova ruta de sendeirismo, entre Leirado e Quintela, de 7,6 quilómetros, que discorre en boa parte pola ribeira do río Deva. Fíxose a través dun proxecto medioambiental financiado polo Plan AGADER con fondos da Unión Europea, que incluíu o acondicionamento dun antigo sendeiro e a reforma do muíño de Quintela, que serve de principio ou fin desta fermosa ruta peonil.

O día 7 de xullo, coincidindo coa V BTT Terra de Celanova celebrouse o primeiro paseo oficial pola ruta do Deva, na que participaron unhas trinta persoas. Posteriormente, o 15 de setembro tivo lugar unha andaina oficial, organizada polo Concello, que reuníu a 60 persoas dende a Casa Consistorial ata o muíño de Quintela. Trátase dun percorrido de dificultade baixa,

apta para calquera persoa en boas condicións físicas, que permite admirar a fermosa natureza no entorno fluvial e varios muíños, testemuñas da historia do noso concello e dunha forma de vida que perdurou ata hai poucos anos. Nesta zona instaláronse paneis indicativos do trazado, das características medioambientais e dos elementos etnográficos.

Edita: Concello de Quintela de Leirado - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-2/98


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.