Issuu on Google+

QUINTELA DE LEIRADO

Número 20

Boletín de información e actualidade municipal

Inverno 2011/1

Correo electrónico: quinteladeleirado@inorde.com

A Mancomunidade e o Concello desenvolveron diversas iniciativas para fomentar o emprego. O Obradoiro Terra de Celanova ofreceu formación a 25 persoas para atender a persoas maiores ou enfermas.

A renovación da rúa da igrexa de Xacebáns foi unha das actuacións importantes, a nivel de infraestruturas viarias. Concello e Deputación acometerán en breve a mellora da estrada Leirado-Redemuíños.

A Mancomunidade foi galardonada pola Secretaría Xeral para o Deporte cun dos premios do Deporte Galego 2011, dentro da modalidade de mellor labor na promoción da actividade física e o deporte.

X A Mancomunidade mantén a axuda a domicilio a case 200 familias. X A Deputación completa as obras de mellora da estrada OU-0209. X O Concello forma parte do Consello de Zona “Miño Central” de Ourens

X Máis iniciativas do programa “Concello Saudable” en Quintela de Leirad


Editorial

Quintela de Leirado nº 20

O 22 de maio, os veciños e veciñas de Quintela de Leirado amosaron a súa verdadeira von tade democrática, acudindo maioritariamente ás urnas para elexilos nosos representantes na Corporación Municipal ata o ano 2015. Con José Antonio Pérez Cortés de novo á fronte da Alcaldía, abríuse un período que tódolos cidadáns agardan que sirva, a pesar das dificultades económicas actuais, para seguir avanzan do polo camiño do progreso e da modernidade. Mellorar servizos e infraestruturas, e contribuír a unha maior dinamización do tecido económico e laboral son algúns dos retos que xa asumiron tódolos concelleiros do Goberno municipal. A nova Corporación tomou posesión dos seus cargos o día 11 de xuño. Para José Antonio Pérez Cortés foi a novena ocasión na que asumíu o bastón de mando como alcalde de Quintela de Leirado.

O Concello de Quintela de Leirado disporá en 2012 dun orzamento de 691.938 euros, algo inferior ao do exercicio económico precedente. Como en anos anteriores, os capítulos máis importantes serán os destinados a gastos en bens correntes e servizos, personal e investimentos reais. Outras partidas menores servirán para computar os gastos financeiros, as transferenESTADO DE GASTOS

(Ano 2012) €

cias correntes, as transferencias de capital e os pasivos financeiros. No estado de ingresos, as aportacións máis importantes ás arcas municipais do Concello de Quintela de Leirado corresponden aos impostos directos, ás taxas prezos e públicos, e ás transferencias correntes, sendo tamén significativos os capítuESTADO DE INGRESOS

Gastos de persoal

259.921,28

Impostos directos

Bens correntes e servizos

174.475,12

Impostos indirectos

Gastos financeiros

3.541,60

Transferencias correntes Investimentos reais Transferencias de capital TOTAL GASTOS* Páxina 2

63.000,00 179.000,00 4.000,00 691.938,00

*Pasivos financeiros: 8.000,00 €.

(Ano 2012) €

112.705,02 3.000,00

Taxas, prezos públicos e outros ing.

133.682,87

Transferencias correntes

360.503,87

Ingresos patrimoniais Transferencias de capital TOTAL INGRESOS

30,00 82.016,88 691.938,00


Quintela de Leirado

obradoiro Formación para 25 persoas nas modalidades de axuda no fogar e asistencia sociosanitaria a persoas no domicilio

DE

emprego

“ T E R R A D E C E L A N O V A” Unha oportunidade de aprender novos oficios para 25 persoas

A Mancomunidade implícase na formación laboral

A Mancomunidade "Terra de Celanova" puxo en marcha, en colaboración coa Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, o Obradoiro de Emprego "Terra de Celanova". Durante seis meses encargouse de ofrecer formación profesional a 25 alumnos e alumnas, maiores de 25 anos e inscritos previamente nas oficinas do INEM, e traballo a outras seis, en tarefas de dirección, persoal docente e de apoio. Os participantes estiveron distribuídos en dous módulos formativos: axuda no fogar e atención socio-sanitaria a persoas no domicilio, dúas profesións centradas na atención a persoas maiores ou enfermas, que son tamén obxectivos prioritarios dos Servizos Sociais da Mancomunidade "Terra de Celanova". O orzamento total, no que se contemplaban os gastos derivados dos salarios dos alumnos e o custe do material empregado na docencia, ascendeu a uns 300.000 euros, aportados pola Consellería de

Traballo e Benestar da Xunta e a propia Mancomunidade (Cartelle, Ramirás, A Merca, Gomesende, Pontedeva, Celanova, Verea e Quintela de Leirado). Os alumnos/as recibiron formación teórica e práctica, na sede da Mancomunidade e nalgúns centros de atención a maiores, como a Residencia Comunitaria de Xacebáns, ademáis de información e asesoramento sobre lexislación laboral e clases de informática. Este Obradoiro de Emprego organizouse para favorecer a participación de homes e mulleres en igualdade de condicións nas distintas áreas municipais, provomendo a formación e a insersión laboral das mulleres, así como a conciliación da vida familiar (poder compaxinar o traballo coa propia familia). Foi unha iniciativa máis da Mancomunidade, que preside o alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez Cortés, para favorecer políticas de plena igualdade nos distintos eidos sociais e laborais. Q

Páxina 3


Quintela de Leirado

Quintela de Leirado, no Consello de Zona “Miño Central” de Ourense

Catro eixos estratéxicos

O

noso concello forma parte do Consello de Zona Miño Central de Ourense, que coordina o Programa de Desenvolvemento Rural Sostible 2010-2014. Este órgano consultivo e participativo, que abarca 46 concellos das comarcas de Ourense, Celanova, Carballiño, Ribadavia e Ribeira Sacra, está agora na fase de elaboración do plan de zona, despois de que se abrise o prazo para a presentación de propostas, que van dende a mellora das infraestruturas ata programas de promoción turística, etc. No Consello de Zona están representados a Xunta, tres alcaldes a proposta da Fegamp, sindicatos agrarios e de clase, representantes do Grupo de Desenvolvemento Rural, asociacións de mulleres rurais e colectivos conservacionistas. O investimento preliminar neste plan de zona é de algo máis de 29 millóns de euros, cofinanciados, na maior parte, pola Xunta de Galicia e o Goberno Central. Q

No Consello de Zona “Miño Central” están representados os concellos de Allariz, Amoeiro, Arnoia, Avión, Baños de Molgas, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, A Bola, Carballeda de Avia, Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Coles, Cortegada, Esgos, Gomesende, O Irixo, Leiro, Maceda, Maside, Melón, A Merca, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Padrenda, A Peroxa, Piñor, Pontedeva, O Pereiro de Aguiar, Punxín, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, Cea, Taboadela, Toén, Verea, Vilamarín, Xunqueira de Ambía y Xunqueira de Espadanedo.

A Deputación Provincial completa as obras da estrada de Celanova

A Deputación Provincial de Ourense completou nas últimas semanas as obras de reforma da estrada OU-0209, entre Arrotea e Santa Eufemia, que é a principal vía de comunicación de Quintela de Leirado cara a Celanova e a capital ourensá. O proxecto consistíu na eliminación da perigosa curva e nun novo trazado a maior altura, e a canalización do río. O proxecto inicial demorouse case seis anos por diversas vicisitudes, como a quebra da empresa encargada das obras e a reclamación xudicial dos propietarios dos terreos polo proceso de expropiación forzosa.

Páxina 4

O Programa de Desenvolvemento Rural Sostible contempla catro eixos estratéxicos: actividade económica e emprego (apoio á agricultura territorial, diversificación económica e creación de emprego); infraestruturas e equipamentos básicos (infraestruturas de interese xeral, enerxías renovábeis, auga, TIC); servizos e benestar social (seguridade cidadá, educación, cultura, sanidade, protección social, urbanismo e vivenda) e medio ambiente (planificación ambiental e conservación e xestión dos recursos naturais). As actuacións en toda a Comunidade acadarán unha contía total que supera os 170 millóns de euros.

Axuda a Domicilio A Mancomunidade presta servizo a 200 persoas con 20 auxiliares Os cerca de 200 ususarios do servizo de Axuda no Fogar que dispensa a Mancomunidade Terra de Celanova manterán o servizo, aínda que con menor número de horas de atención domiciliaria. Da súa prestación encárganse 20 auxiliares, en lugar das 28 que había ata hai poucos meses. Esta reducción débese ao descenso nas aportacións das outras Administracións públicas, que pasou de 125.000 euros en 2010, a 26.000, en 2011. Para axustar a dispoñibilidade económica, e para que ningún usuario se vise perxudicado, a Mancomunidade acordou reducir en media hora cada visita, pero atendendo ás necesidades básicas dos usuarios. Os Servizos Sociais estudarán caso por caso a situación dos usuarios e, se hai algúnha persoa que ten dereito á Lei de Dependencia, váiselle tramitar.


Quintela de Leirado

Máis infraestruturas e mellores servizos Unha subvención da Rede Natura 2000 permitíu afrontar o proxecto do Concello de Quintela de Leirado para a mellora da rúa da igrexa de Xacebáns, nun tramo de máis de 150 metros.

Xacebáns

Obra rematada

Proxecto en execución

Os traballos de empedrado en Xacebáns realizáronse dende a praza do pobo ata o entorno da igrexa e do centro comunitario, empregando granito do país.

A rede viaria e a mellora de espazos públicos, algúns dos proxectos destacados en 2011 O ano 2011 foi tamén importante para o Concello de Quintela de Leirado, xa que, a pesar da crise e da menor aportación das outras Administracións públicas, non se detivo o ritmo de creación e mellora de infraestruturas públicas. A xestión do Goberno Municipal permitíu realizar proxectos de mellora de pistas e camiños, ao tempo que as brigadas de Obras realizaban tarefas de conservación das infraestruturas básicas, igualmente importantes.

Estrada de Leirado a Redemuíños O Planos Provinciais de Obras, nos que colaboran a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Quintela de Leirado, incluiron para a próxima execución do proxecto de mellora da estrada que comunica Leirado con Redemuíños. Os traballos tamén contemplan obras de saneamento na zona de Beade e o cambio da capa de rodadura en Piñeiros, para garantir unha mellor seguridade vial para peóns e conductores. Técnicos da Deputación e da empresa adxudicataria visitaron o noso concello para establecer o plan de traballo previo ao comezo das obras, que se agardan para primeiros de 2012.

Empedrado da rúa da igrexa en Xacebáns Trala reforma e ampliación da estrada de Leirado a Quintela, o Concello segue a xestionar novos proxectos de mellora das infraestruturas locais. Ao longo de 2011 fíxose Reformas no Centro de Saúde realidade a renovación do pavimento da rúa da igrexa de O Concello realizou traballos de mellora na estrutura no Xacebáns, destinado a mellorar a estética dunha parte edificio no Centro de Saúde, para deste pobo, no tramo comprendisubsanar algunhas deficiencias. do entre a praza e a igrexa, e no Consistiron, sobre todo, na imperentorno do centro comunitario. As meabilización do tellado e no pinobras consistiron no empedrado tado das salas interiores. Fíxose con adoquín de granito do país, a través das brigadas de Obras en lugar do rego asfáltico que da Mancomunidade, contratadas existía con anterioridade. Esta por medio dun convenio coa Conobra é realidade a través da aporsellería de Traballo e Benestar. tación de 24.000 euros da ConsePola súa banda, o Concello realillería de Medio Ambiente, Territozou 10 contratacións laborais: 8 rio e Infraestruturas, dentro do en tarefas de limpeza e acondiprograma de infraestruturas en cionamento de espazos públicos, concellos incluídos na Rede Centro de Saúde e 2 para atender as piscinas. Natura 2000.

Páxina 5


Quintela de Leirado

Na doble cita electoral superou o 80% dos votos

O Partido Popular foi o claro gañador nas eleccións municipais e xerais no noso concello

nández, Julia Domínguez RodríA candidatura do Partido Eleccións municipais 22-M guez e David Domínguez Díaz, do Popular, encabezada por José Partido Popular; e Manuel Rivera Antonio Pérez Cortés, renovou a Forza política Votos 2011 % Concelleiros Rodríguez, do PSdeG-PSOE. maioría absoluta na Corporación Municipal de Quintela de Leirado O PP volvería refrendar a súa nos últimos comicios municihexemonía en Quintela de Leira427 80,87 6 pais. Os “populares” obtiveron 6 do nas Eleccións Xerais do dos 7 concelleiros electos; o pasado 20 de novembro, acaPSdeG-PSOE mantivo 1 concedando 413 votos (84,6% dos 66 12,50 1 P G-PSOE lleiro, e o BNG volveu quedar sen votos escrutados neste municirepresentación no Concello. Porpio); os socialistas, 59 votos 35 6,63 0 centualmente, o Partido Popular (12%); e os nacionalistas do obtivo o respaldo de máis do BNG, 12 (2,4%). 80% dos votantes, a consideraNas eleccións ao Senado, en ble distancia das outras dúas forzas de Leirado gañou Carmen Eleccións xerais 20-N Quintela políticas que concorreron ós comicios Leyte Coello (398 votos), seguida por no noso municipio: a candidatura dos Miguel Ángel Pérez de Juan (394) e Forza política Votos % socialistas (12,5%) e a dos nacionalisFrancisco José Fernández Pérez tas (6,6%). O índice de participación (391), os tres do Partido Popular. A foi do 82,3%, oito puntos por enriba continuación quedaron os tres repre413 84,63 da media rexistrada na provincia de sentantes do PSdeG-PSOE: Miguel Ourense (74,48). Fidalgo Areda (58), Alva Dorado A nova Corporación Municipal de Pérez (55) e Miguel Solla Pereira 59 12,09 P G-PSOE Quintela de Leirado está de novo inte(50); e os tres do BNG: María Teresa grada por José Antonio Pérez Cortés, Devesa Graña (17), Xosé Manuel 12 2,45 Pablo Pérez Pérez, Juan José Lamas González Vilas (12) e Xosé Ramón Álvarez, José Antonio Estévez FerGonzález Losada (12). Q DE

DE

Páxina 6


José Antonio Pérez Cortés, alcalde de Quintela de Leirado:

“Temos que procurar unha boa sintonía permanente cos nosos veciños e veciñas para deseñar os proxectos de futuro”

P.- Agardaba o respaldo acadado pola súa candidatura nas últimas eleccións municipais? José Antonio.- Despois de moitos anos á fronte da Alcaldía do noso Concello, estou contento e moi agradecido polo apoio recibido nas sucesivas convocatorias electorais. Na miña opinión, débese a que unha gran maioría dos veciños e veciñas é consciente de que se avanzou moito no progreso e modernidade de Quintela de Leirado, e nótanno tamén na súa calidade de vida. P.- Ésta é a época máis complicada para o Concello, dende que vostede é alcalde? José Antonio.- Todos somos conscientes de que vivimos unha crise moi profunda, que nos afecta a todos, en xeral, e tamén aos concellos. Hai menos cartos, e o marxe de manobra é menor. Pero coa unión de todos, con esforzo, dedicación e moito traballo poden acadarse novas metas. Ese é o noso compromiso, para o que tamén necesitamos o respaldo da Corporación local e de tódolos cidadáns deste concello. P.- Qué destacaría como máis importante do anterior mandato á fronte da Corporación Municipal de Quintela de Leirado? José Antonio.- Fixéronse obras importantes para mellorar as infraestruturas locais, sobre todo na rede viaria e o abastecemento de auga potable. Tamén se melloraron varios espazos públicos, púxose en servizo a casa

comunitaria, avanzouse no Plan Xeral de Ordenación Municipal, puxemos en marcha políticas de fomento do emprego,.... E tamén se realizaron proxectos igualmente importantes nos distintos pobos, en función das necesidades específicas de cada un deles. Non resulta fácil chegar a tódolos lugares ao mesmo tempo, pero sempre traballamos para acadar o maior grao de satisfacción por parte dos nosos veciños e veciñas. P.- ...e cales van ser as prioridades para este novo mandato? José Antonio.- A falla de emprego é un problema e hai que contribuir a fomentalo, sobre todo nestes momentos de especial dificultade pola que atravesa o país. Pero non debemos esquecernos de seguir potenciando os servizos sociais, porque son moi importantes para as persoas maiores, e de continuar cos programas de atención directa que inciden no benestar e na vida cotián deste importante colectivo. Tampouco podemos esquecernos dos pobos de Quintela de Leirado, xa que a boa calidade de vida dos seus veciños e veciñas depende, en boa medida, do traballo que realiza o Concello para manter e mellorar servizos e infraestruturas. E, por suposto, faremos todo o posible para que tódolos cidadáns vexan mellorada a súa calidade de vida e se sintan orgullosos do seu concello. Q

V

Quintela de Leirado

“Debemos seguir traballando na mellora das vías de comunicación, nas redes de abastecemento e saneamento, na promoción do emprego, na atención aos maiores e potenciando os servizos sociais, cada vez máis demandados”. “Hai que afrontar o futuro con optimismo e gañas de traballar a prol do progreso de Quintela de Leirado. En tempos de especial dificultade, temos que dar un paso adiante e afrontar os novos retos máis unidos que nunca”.

Respaldo case unánime Quintela de Leirado foi o quinto concello de Galicia e o terceiro da provincia de Ourense no que o PP acadou maior porcentaxe de votos nas eleccións xerais. Este apoio ao Partido Popular non foi exclusivo en Quintela de Leirado, na dobe cita electoral de 2011. O 22 de maio, o PP gañou tódalas alcaldías da comarca da Terra de Celanova, agas A Bola, e nas xerais, o respaldo foi aínda maior, para satisfacción de Mariano Rajoy, un bo coñecedor da nosa realidade social e política. Q

Páxina 7


Quintela de Leirado

Corporación municipal de Quintela de Leirado (2011-15)

Pablo Pérez Pérez

José Antonio Pérez Cortés

Juan José Lamas Álvarez

Órganos de goberno e representación:

José Antonio Estévez Fernández

Xunta de Goberno Local: José Antonio Pérez Cortés, Juan José Lamas Álvarez e José Antonio Estévez Fernández. Tenentes de alcalde: Pablo Pérez Pérez (1º) e David Domínguez Díaz (2º). Comisión Especial de Facenda e Contas: José Antonio Pérez Cortés, Pablo Pérez Pérez, Juan José Lamas Álvarez, José Antonio Estévez Fernández, Julia Domínguez Rodríguez, David Domínguez Díaz e Manuel Rivera Rodríguez.

David Domínguez Díaz

Julia Domínguez Rodríguez

Representante do Concello na Asamblea da Mancomunidade da Terra de Celanova: Juan José Lamas Álvarez.

P G-PSOE DE

Manuel Rivera Rodríguez

Áreas de xestión municipal Deportes, Xuventude e Medio Ambiente: Pablo Pérez Pérez. Obras e Servizos: Juan José Lamas Álvarez. Educación e Cultura: José Antonio Estévez Fernández. Servizos Sociais, Muller e Benestar Social: Julia Domínguez Rodríguez.

Páxina 8

Industria, Comercio, Turismo e Consumo: David Domínguez Díaz. Periodicidade das sesións plenarias ordinarias: Cada dous meses, en febreiro, abril, xuño, agosto, outubro e decembro, o primeiro martes laborable, ás 12:00 horas.


Quintela de Leirado

Programa “Concellos saudables” en Quintela de Leirado

O colexio, o centro comunitario e o centro de saúde, escenarios da promoción dos costumes para vivir mellor A Mancomunidade Terra de Celanova segue a desenvolver o programa "Concellos saudables", destinado a que tódolos cidadáns melloren a súa calidade de vida a través dunha boa alimentación e do exercicio físico. Como en anos anteriores, realizouse a avaliación da condición física no Centro de Saúde, facendo probas para valorar o estado de saúde física dos participantes. Unha vez obtidos os datos da valoración, os técnicos prescriben as pautas oportundas en canto a dieta ou exercicio, e ao mesmo tempo se lles fai un seguimento para ver a súa evolución. "Concellos saudables" tamén inclúe clases de ximnasia para

adultos, que en Quintela de Leirado se desenvolven na aula municipal do Centro de Saúde. Como novidade, no Centro Comunitario de Xacebáns tamén se desenvolven clases de aerobic, abertas a residentes e veciños/as, en xeral, e de ximnasia terapética, para que as persoas de máis idade melloren a súa condición física. Outras actividades desta iniciativa da Mancomunidade lévanse a cabo cos alumnos/as do CEIP Rosalía de Castro, a través de charlas e casos prácticas de hixiene e alimentación, e durante o verán, nas piscinas municipais, centradas, neste caso, nos xogos e na práctica do deporte.. Q

Xacebáns Ximnasia terapéutica

Ximnasia e deporte nas piscinas

Avaliación da condición física

Avaliación da condición física

Exercicio físico no colexio

Páxina 9


Quintela de Leirado

Erika e Diego acadaron éxitos no deporte escolar da comarca

Alumnos do CEIP destacan en literatura e deportes Alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro volveron destacar en concursos literarios e probas atléticas, situando a este centro de ensino entre os máis laureados da comarca nos últimos anos. Antía Fernández acadou o primeiro premio na modalidade de narrativa, e Laura Feijóo, o terceiro en poesía, no certame "San Rosendo e o seu tempo", para escolares da comarca Terra de Celanova. No claustro barroco do mosteiro de San Salvador tivo lugar a entrega destes galardóns, na que as dúas premiadas estiveron acompañadas polo director do colexio, José Antonio Estévez. A nivel de deporte escolar, os éxitos máis importantes corresponderon a Érika Fernández e a Diego Rivera, campións das probas de campo a través, nas modalidades de infantil feminino e alevín masculino. Nesta competición participaron máis de 300 alumnos e alumnas dos centros de ensino da Terra de Celanova e da Baixa Limia, no complexo turístico e deportivo de O Corgo (Muíños). Q



Premio literario para Antía Fernández e Laura Feijóo

Nova acollida de nenos saharauis A Mancomunidade Terra de Celanova colaborou coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a acollida durante o pasado verán de 10 nenos saharauis con discapacidade, para que tivesen a oportunidade de vivir experiencias diferentes ás da súa lugar de orixe, nos campamentos do Sáhara alxeriano.

Con esta colaboración a Mancomunidade Terra de Celanova e a Consellería de Educación puxeron de manifesto o seu compromiso coa promoción dos valores fundamentais da educación como a solidariedade e a non discriminación. Os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de recibir coidados médicos e unha alimentación axeitada.

Páxina 10


O Concello colabora co CEIP Rosalía de Castro e organiza actividades para os máis novos durante os períodos vacacionais. No verán, tiveron a oportunidade de aprender divertíndose. No “English summer camp” (Campamento de inglés no verán) melloraron os seus coñecementos neste idioma dun xeito lúdico e creativo.

A través da Mancomunidade “Terra de Celanova”, e coa colabo ración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria abríuse un amplo abano de posibilidades durante os meses de xullo e agosto: actividades acuáticas nas piscinas municipais manualidades e clases de natación, de aprendizaxe e perfeccio namento tres días á semana.

Pintura en tella, en camisetas, obxectos decorativos,... As clases de manualidades pretenden fomentar a creatividade entre os rapaces e rapazas, así como fomentar a convivencia e a solidariedade. Unhas actividades que se repiten tódolos anos, coas que o Concello de Quintela de Leirado, e a Mancomunidade, pretenden contribuir a unha dinamización cultural, lúdica e recreativa no noso municipio.

Páxina 11


O Concello instalo una elevador h dráulico para que a persoas con pro blemas de mobi dade poidan disfru tar destas instala cións. En xeral, o ususarios valoraro unha iniciativa pio neira en toda a co marca da Terra d Celanova.

Centos de persoas disfrutaron da terceira tempada das piscinas municipais de Quintela de Leirado. O recinto recreativo convertíuse nun dos lugares preferidos por veciños, visitantes e alumnos do Centro Ocupacional da Mancomunidade no tempo libre do verán.

A terceira edición da “Ruta BTT Terra de Celanova” servíu para dar a coñecer a ciclistas de toda Galicia a riqueza medioambiental, e as posibilidades turísticas e as vencelladas ao deporte que ten a nosa terra. Cerca de 100 participantes sairon de Leirado para percorrer algo máis de 50 quilómetros, incluida a ascensión a Penagache, despois de Tuño, Amoroce e Outeiro de Augas, e antes de regresar a Leirado pola zona de Xacebáns.

A “Macarronada” substituíu en 2011 á xa tradicional Festa da Carne de Cachena Ecolóxica (a crise foi principal motivo, pero o Concello pensa nunha próxima reedición, cando as cousas volvan á súa canle). A “Macarronada” xuntou a máis de cen comensais no restaurante do Miradoiro. Foi unha festa gastronómica e lúdica pensada para a xente nova, na que disfrutar cunha boa comida e un programa cheo de sorpresas, organizado polo propio Concello.

Para sorpresa de moitos, Quintela de Leirado énchese de xente nova durante os meses de verán, que contrasta coa escaseza de rapaces e rapazas durante o resto do ano. Moitos son fillos de emigrantes, que retornan a pasar as vacacións coas súas familias, pero outros proceden de concellos limítrofes, como Padrenda, Verea, Celanova, Gomesende ou Pontedeva. O principal reclamo é a sona de que Quintela de Leirado é un lugar no que hai bo ambiente, e que as nosas piscinas son as mellor valoradas de toda a comarca da Terra de Celanova. Tamén as festas e romarías populares sitúanse entre as mellores, polas orquestras, atraccións e número de persoas que participan nelas.

A “Pool-Party” (Festa na piscina) coincidíu coa “Macarronada” (20 de agosto). Foi unha celebración orixinal, con inchables na propia piscina e música, que reuníu a bo número de participantes, sobre todo mozos e xoves. Con esta e outras alternativas de lecer e tempo libre, Quintela de Leirado convertíuse nun dos lugares preferidos e con maior concurrencia aos distintos actos programados ao longo do verán, entre os distintos concellos da nosa contorna. Edita: Concello de Quintela de Leirado - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-2/98


NÚMERO 20. Inverno 2011/2012