QUINTELA DE LEIRADO
N煤mero 19
Bolet铆n de informaci贸n e actualidade municipal
Correo electr贸nico: quinteladeleirado@inorde.com
Inverno 2010/11
Quintela de Leirado
Editorial
Na procura dun maior apoio entre as distintas Administracións En tempos de crise, a colaboración entre as distintas Administracións públicas (Goberno central, Xunta de Galicia, Deputación Provincial, Mancomunidade Terra de Celanova, Unión Europea e Concello de Quintela de Leirado) semella máis necesaria que nunca. Convén lembrar que a maior parte das obras realizadas no noso municipio e boa parte dos servizos que se prestan dende a Casa Consistorial son froito de convenios asinados no seu día con algunha destas Administracións. Á vista dos resultados acadados nestes últimos anos, semella que ese é un bo camiño que debemos seguir para cimentar as bases do progreso e do futuro dun concello rural coma o noso, xa que moitos dos proxectos xa consolidados non se poderían levar a cabo sen o apoio financeiro das institucións de ámbito supramunicipal. Destas Administracións públicas depende que se fagan novas infraestruturas e que se poida atender ós servizos bási-
Páxina 2
cos. E non podemos esquecer que a dispersión xeográfica do noso concello obriga a multiplicar o esforzo municipal para que tódolos veciños, nos distintos pobos, dispoñan dos mesmos niveis de calidade de vida e benestar. E agora, coa crise, os veciños e veciñas queren manter ou mellorar as prestacións de todo tipo, a nivel de infraestruturas e servizos, que tiñan antes. Un reto que debe asumir o Concello Quintela de Leirado para dar resposta ás necesidades que poidan xurdir no día a día, e afrontar o futuro con valentía, imaxinación e seriedade. As liñas do progreso da modernidade xa están trazadas e compre ser o máis fieis posibles a ese proxecto, que aposta pola mellora das infraestruturas, a creación de emprego,e sen esquecer a agricultura, a gandaría, o turismo e os servizos, como elementos de dinamización económica e laboral a partir da identidade e das raíces históricas do noso pobo.
Quintela de Leirado
Para o alcalde de Quinela de Leirado, José Antonio Pérez, a reforma das principais estradas era un compromiso irrenunciable por parte do Goberno municipal, polo significado e importancia que ten para moitos veciños.
Mellora da rede viaria local e provincial
A reforma e ampliación da estrada de Leirado-Quintela é outro avance importante para dotar ao concello de boas infraestruturas A Deputación Provincial de Ourense acometeu nas últimas semanas as obras de ampliación, mellora e reposición do firme na estrada OU-0210, que comunica Quintela con Leirado e Celanova, por unha parte, e tamén con Pontedeva. Trátase dunha nova fase, de case medio quilómetro, que contou cun investimento próximo aos 90.000 euros. Con anterioridade, no mes de maio, o Boletín Oficial da Provincia publicou, unha vez resoltas as alegacións formuladas polos interesados, a declaración da necesidade de ocupación dos terreos afectados pola expropiación forzosa para a execución da obra OU-0210 (entre Leirado, OU-0209, e Pontedeva, OU-0213), entre os puntos quilométricos 0,580 e 1,040. A declaración permitíu desbloquear o proceso de ocupación de 36 fincas, que levaba case un ano paralizado. Esta actuación iniciouse no ano 2009, cos Planos Provinciais de Obras da Deputación de Ourense, pero tivo que aprazarse ata 2010 debido aos procesos expropietarios, que ralentizaron a reforma da estrada de Celanova que, doutro xeito, estaría chegando xa ata o concello de Pontedeva. Para o alcalde, José Antonio Pérez, “esta é unha obra moi importante para todo o concello, pero sobre todo para os veciños e veciñas de Quintela”, xa que é a súa principal vía de comunicación, para as comarcas de Celanova, Ourense e do Ribeiro. Q
Un compromiso de progreso A reforma da estrada OU-0210 é a continuación da desenvolvida nos últimos anos na OU-0209, que comunica Celanova con Leirado, ao longo de 18 quilómetros. "O obxectivo, de cara ao futuro -sinala José Antonio Pérez Cortés- é continuar coa mellora desta vía ata Pontedeva". Unha califica de "vital" dende o consistorio de Quintela de Leirado, xa que vai mellorar as comunicacións e a seguridade viaria dos numerosos conductores que empregan a estrada a cotío para desprazarse tanto cara á capitalidade municipal como cara ao veciño concello de Pontedeva.
Páxina 3
Quintela de Leirado
Propostas a prol de novas infraestruturas, máis servizos públicos e creación de emprego Reforma do acceso á igrexa de Redemuíños O Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local (FEIL 2010) destinou a Quintela de Leirado 81.513 euros, cantidade que se empregou nas obras de acondicionamento do acceso á igrexa de Redemuíños, na reforma e saneamento das fontes de As Pereiras, Atrio, Cimadevila e Quintela, e, unha parte, para gasto social na casa comunitaria de Xacebáns.
Melloras na praza da igrexa de San Pedro de Leirado A iniciativa do Concello, realizouse unha ampla remodelación da praza da igrexa de Leirado. Agora queda o chan empedrado nunha parte, coa conseguinte mellora estética do entorno do templo. Nesta zona tamén se habilitou unha cancha deportiva e outra para xogos infantís, con varios aparellos nun recinto pechado e seguro.
Remodelación do alumeado público en varios núcleos Os Planos Provinciais de Obras, nos que colaboran a Deputación e o propio Concello de Quintela de Leirado, permitiron acometer a mellora do firme do camiño de Souto a Verea, e a reforma da iluminación pública en Cimadevila de Redemuíños, Leirado, Quintela, Chedas e Camporreal, co que se pretende reducir nun 30% o gasto deste servizo. Neste proxecto de aforro enerxético investíronse 42.000 euros, e na mellora viaira, outros 12.000.
Páxina 4
Inicio das obras da autovía AG53
A autovía AG31, un proxecto clave para a comarca A construción da autovía AG-31, que enlaza a autovía das Rías Baixas con Celanova, suporá un avance notable na mellora das comunicacións por estrada para as comarcas de Celanova e Baixa Limia. Para acadar este obxectivo, investiránse máis de 130 millóns de euros, nun trazado de 19 quilómetros. O comezo oficial das obras, o pasado 8 de maio, contou coa presencia do titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, principal valedor deste proxecto dende 2003, cando ocupaba a Consellería de Política Territorial. A nova autovía contará con dous carrís en cada dirección, de 3,5 metros, ademais de beiravías exteriores e interiores e unha mediana de 2 metros. O prazo de execución é de 25 meses (remate previsto: xuño de 2012).
Obras de Medio Rural en Leirado e Mourisca A Consellería de Medio Rural incluíu a Quintela de Leirado no Porgrama Estratéxico de Infraestuturas de Medio Rural (PEIM Rural 2010), cun orzamento de 50.054 euros. As principais actuacións acometidas polo departamento da Xunta de Galicia foi o aglomerado da travesía de Leirado, dende o cruce ata as piscinas, co posterior pintado da vía e dun paso de peóns. Tamén se executou a reparación do firme da estrada que comunica Mourisca coa de Bande-Frieira. Tamén está previsto, en convenio con Medio Rural, investir outros 20.000 euros na reparación do camiño Leirado-Val e na zona de Cimadevila de Redemuíños. Q A mellora da travesía de Leirado contribúe a mellorar a estética da capitalidade municipal e favorece a seguridade vial, co pintado do paso de peóns. Foi unha obra promovida polo Concello, coa colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
“O papel dos veciños é dicir que necesitan e
Quintela de Leirado
Leirado
Praza de Quintela
Redemuíños
Camiño de Verea-Souto
O Plan Xeral de Urbanismo superou o trámite da exposición ao público
Mancomunidade e Xunta promoven un Obradoiro de Emprego para 25 persoas
Despois da aprobación inicial por parte do Concello de Quintela de Leirado, corresponderalle á Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) a resolución definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O Goberno municipal agarda que o dictame sexa favorable, xa que considera que se cumpriron os requerimentos estipulados pola nova Lei do Solo de Galicia. Nos últimos meses procedeuse á exposición pública do avance, para que os veciños e propietarios poidesen presentar as alegacións que estimasen oportunas.O novo plan xeral recolle 59.036 metros cadrados destinados a solo industrial na zona do Lodairo, e outros 1.586 metros cadrados de zonas verdes nas inmediacións da Casa do Concello, en Miradoiro e xunto ao merendeiro de Quintela. Outra novidade importante, é que o PXOM permitirá legalizar unhas 50 edificacións, entre vivendas e naves industriais.
A Mancomunidade Terra de Celanova e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia promoven un Obradoiro de Emprego, que facilitará formación laboral e profesional a 25 persoas (outras 6 integran o cadro de dirección, persoal docente e de apoio). O programa conta cun orzamento superior aos 300 mil euros, dos que a Xunta aporta 269.059 €. Os alumnos/as integran un módulo de Axuda no Fogar, destinado á atención socio-sanitaria de persoas nos seus domicilios.
Proxecto dunha nova ruta de sendeirismo
Quintela de Leirado aspira a unha subvención do Plan AGADER de O Vieiro-Leboreiro, que aglutina a concellos e asociacións da Baixa Limia e Terra de Celanova, para construir unha ruta de sendeirismo dende Quintela ata o encoro da Poula. O orzamento previsto para esta nova actuación medioambiental no noso concello é duns 157.000 euros.
os problemas que teñen; o do Concello será sempre aportar as solucións” José Antonio Pérez Cortés, alcalde
Páxina 5
Quintela de Leirado
Recuperación do noso patrimonio tradicional O Concello continúa co proxecto de restauración de fontes e lavadoiros públicos en varios pobos O proxecto de recuperación do noso patrimonio popular e tradicional, que desenvolve o Concello, vai parello á unha mellora estética que repercute nos diferentes pobos. Ademais dos entornos públicos das igrexas de Leirado e Redemuíños, ou da praza de Quintela, obras acometidas durante o último ano, realizáronse
actuacións de acondicionamento de fontes e lavadoiros en Atrio de Redemuíños, e Cimadevila, Xuias e Pumar, en Quintela. O Concello ten previsto continuar no futuro con este importante proxecto de restauración de elementos etnográficos e arquitectónicos dos diferentes pobos, moi valorado por tódolos veciños/as.
Atrio (Redemuíños)
Agora
Antes
Pumar (Quintela)
Antes
Agora
Cimadevila (Quintela)
Agora
Antes
Agora
Xuias (Quintela)
Antes
Páxina 6
José Antonio Pérez Cortés, alcalde
V V V
Quintela de Leirado
“A Corporación debe seguir traballando para mellorar servizos e abrir novos vieiros de prosperidade para Quintela de Leirado”
P.- Como valora, como alcalde, o ano 2010? J. Antonio.- A pesar da crise, que está a incidir negativamente en tódolos concellos, debido aos recortes orzamentarios, penso que foi outro ano positivo e fructífero para Quintela de Leirado, en moitos aspectos. Por exemplo, a estrada de Quintela, a reforma da praza e dos accesos á igrexa de Redemuíños, a recuperación do patrimonio etnográfico, a mellora de estradas e camiños, etc., son iniciativas municipais para mellorar servizos e infraestruturas que demandaban os nosos veciños e veciñas. Todo elo co único obxectivo de continuar co progreso e a modernización do municipio no que estamos inmersos, e que debe continuar nos próximos anos. P.- E, do que hai pendente, que considera máis importante? J. Antonio.- Coa vista posta no próximo ano, 2011, é prioritario continuar con proxectos públicos para mellorar os nosos pobos, aos que me acabo de referir. Tamén será interesante e útil a chegada da banda larga de conexión a Internet. Agardamos que continúe por bo camiño a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e que se avance na mellora das comunicacións cara a Celanova e coa capital da provincia, porque a autovía A53 tamén nos beneficia, e moito.
P.- Como valora as iniciativas de promoción turística da Terra de Celanova e Baixa Limia? J. Antonio.- Todo o mundo está de acordo en que temos unhas potencialidades turísticas de primeiro nivel, e temos que aproveitalas para crear emprego e dinamizar a economía. Chega bastante xente, pero os servizos que lles ofrecemos poden mellorar moito nestas dúas comarcas con tantas cousas en común. Agora hai que unificar esforzos e traballar entre todos, os concellos da Baixa Limia e da Terra de Celanova, para que sexamos un lugar de referencia na oferta turística do interior de Galicia. P.- Despois de varias lexislaturas como alcalde, síntese con ánimo e forzas para continuar? J. Antonio.- Por sorte, varios dos concelleiros da Corporación compartimos o mesmo proxecto dende hai moitos anos, e os que chegaron despois, tamén, aportando ideas e iniciativas que redunden no progreso de Quintela de Leirado. Somos un equipo, e así seguimos traballando. Á vista está que o municipio avanzou moito neste tempo, pero sempre quedan cousas por facer. Como dixen antes, hai varias iniciativas moi avanzadas e compre agora levalas a bo fin. O compromiso da próxima Corporación, independentemente de quen sexa o alcalde, debe ser ese, sen esquecer nunca as pequenas obras que, moitas veces, son as que máis agradan e valoran os nosos veciños e veciñas.
“A situación dos nosos pobos, en canto a infraestruturas e servizos, é boa, pero aínda pode mellorar. O obxectivo da futura Corporación municipal debe incidir en ampliar e optimizar tódolos servizos para avanzar na consolidación do progreso no noso concello”. “Que tódolos veciños do municipio teñan ben cubertas as súas necesidades básicas e que se sintan orgullosos do seu concello e da súa terra. Esa é a prioridade do Goberno municipal de Quintela de Leirado”.
Optimismo de cara ao futuro O alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez Cortés, non ten dúbidas sobre as liñas mestras para asentar poboación no municipio, dinamizar a nosa economía e mellorar a calidade de vida de tódolos cidadáns. "Por unha parte -sinala José Antonio- é preciso crear oportunidades laborais para frear o despoboamente do rural, en xeral, e de Quinela de Leirado, en particular. O futuro Plan Xeral pode ser un instrumento útil". Tamén aposta pola "dotación de máis servizos específicos para os nosos maiores", e pola humanización dos pobos, aportando máis e mellores infraestruturas básicas". "Outra clave ten que ser o fomento do turismo, co plan de dinamización que se leva a cabo na Terra de Celanova e Baixa Limia, e que axude a crear novas iniciativas empresariais. Q
Páxina 7
Quintela de Leirado
A instalación dun novo microreemisor no Facho garante a boa recepción do sinal da Televisión Dixital Terrestre Como estaba previsto, o pasado 18 de xaneiro producíuse o chamado "apagón analóxico", co que a recepción do sinal de televisión só se realiza dende entón a través do sistema TDT (Televisión Dixital Terrestre). A pesar do esforzo realizado pola Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, coa colaboración do propio Concello de Quintela de Leirado, había dúbidas de cal sería o resultado, xa que as probas realizadas previamente detectaban algúns
puntos de sombra, con mala recepción, en pobos afastados da capitalidade municipal. Para solucionar este problema instalouse un novo microreemisor en O Facho, co que, prácticamente, se solucionou este problema. En xeral, a valoración que fan os veciños e veciñas do novo sistema de televisión é boa, xa que a calidade da imaxe é moito mellor e, ademais, hai unha maior oferta de canles televisivas. Q
Chegou a Banda Larga de conexión a Internet Os veciños de Quintela e Leirado xa poden contratar a conexión de banda larga a Internet a unha velocidade de 1 a 1,5 megas. O Concello adxudicou á empresa Duoteleco a prestación do servizo da rede inalámbrica municipal, que funciona a través dunha rede WIMAX. As persoas doutros pobos tamén poden informarse sobre a posibilidade de acceder a esta nova tecnoloxía, chamando ao teléfono da empresa (986 866 658). A alta do servizo ten un custe de 17,70 euros, e as cuotas mensuais son de 19,95 euros (1 mega) ou 29,38 euros (1,5 megas), co IVA xa incluído. O Concello tamén habilitou unha rede wi-fi libre e gratuita en torno á Casa Consistorial, pero é preciso anotar a clave de acceso nas dependencias municipais.
Orzamento municipal do Concello de Quintela de Leirado
Racionalidade e control en tempos de crise
Unha das obrigas do Concello é traballar pola mellora dos servizos e das infraestruturas públicas, incluso en época de crise, como a que estamos a vivir agora. Así ten que ser, a pesar da menor aportación do Estado e da Xunta, que motivou un recorte no orzamento de gastos correntes e de investimentos durante o ano 2010. Con estas premisas, o Goberno municipal aprobou un presuposto "axustado" para facer fronte ós servizos máis importantes e para crear emprego e mellorar a calidade de vida nos distintos pobos do municipio. ESTADO DE GASTOS
Gastos de persoal Bens correntes e servizos Gastos financeiros Transferencias correntes Investimentos reais Transferencias de capital Pasivos financeiros TOTAL GASTOS
A reciclaxe é cousa de todos/as A Mancomunidade Terra de Celanova instalou contedores para a recollida de aceite de cociña usado en varios pobos do noso concello, e solicita a colaboración veciñal para mellorar o noso medio ambiente. A recomendación é que o aceite usado se deposite en frascos ou botellas e, despois, se deposite nestes novos contedores, e que nunca se vacíe polo vertedeiro, xa que contamina rios e regatos.
Páxina 8
(Ano 2010) €
278.029,33 206.234,11 4.168,96 53.000,00 168.264,69 7.800,00 6.700,03 724.197,12
En total, durante o ano 2010 dispuxo de algo máis de 724 mil euros. Os gastos en bens correntes e servizos, personal, transferencias correntes e investimentos reais acaparan máis do 97% do orzamento para o actual exercicio económico. En canto ó estado de ingresos do Concello de Quintela de Leirado durante o ano 2010, os capítulos das transferencias correntes, taxas, impostos directos e transferencias de capital son os de maior volume económico, aínda que diminuiron respecto ao orzamento anterior. ESTADO DE INGRESOS
Impostos directos Impostos indirectos Taxas, prezos públicos e outros ingresos Transferencias correntes Ingresos patrimoniais Transferencias de capital Activos/Pasivos financeiros TOTAL INGRESOS
(Ano 2010) €
80.227,33 3.000,00 134.922,86 364.414,24 300,00 141.332,69 0,00 724.197,12
Plan de Cooperación O Plan de Cooperación da Xunta asinoulle á Mancomunidade Terra de Celanova 531.741 euros, dentro do Plan de Cooperación con entidades locais 2010. Esta cantidade supón unha axuda para o financiamento da Mancomunidade, que coordina en toda a comarca os servizos sociais, a recollida do lixo, o parque de bombeiros e xestiona o centro de discapacitados psíquicos, que contarán pronto cunha residencia.
Quintela de Leirado
Quintela de Leirado, “Concello saudable”
Programas que fomentan hábitos de vida sana para todos co exercicio físico, a información e o apoio escolar A Mancomunidade Terra de Celanova segue a desenvolver o programa "Concellos saudables", en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, e coa finalidade de promover entre tódolos cidadáns hábitos e costumes que contri-
Actividades do Concello O Concello organiza, os lúns e mércores pola tarde, no salón multiusos da biblioteca municipal de Leirado (dependencias anexas ao Centro de Saúde), clases de ximnasia de mantemento, dirixidas aos veciños e veciñas de calquera idade. Son gratuitas e inciden na flexibilidade e na tonificación muscular, como base dun bo estado físico. Tamén, no mesmo lugar, os martes e xoves, de 18 a 19 horas, os nenos en idade escolar teñen clases de apoio para mellorar a aprendizaxe e o rendemento académico, combinado con outro apartado lúdico e de lecer. Unha terceira actividade promovida dende a Casa do Concello foi, durante o verán, o campionato de natación, que coincidíu coa VII Festa da Cachena.
búan a mellorar a súa condición física e o benestar persoal, con especial incidencia entre a poboación escolar e os nosos maiores. Outras iniciativas, promovidas polo Concello de Quintela de Leirado, redundan, aínda máis, nese obxectivo.
1
Comer san e moverse
2
Ao igual que o ano anterior, celébranse avaliacións de peso no centro de saúde e no colexio público “Rosalía de Castro”. Faise un estudo do estado físico das persoas, prescríbese tratamento físico e dietético, e faise un seguimento para ver a evolución No colexio, os nenos e nenas aprenderon a facer pan e recibiron consellos útiles para mellorar a alimentación.
Guía para embarazadas
3
Ximnasia terapéutica Na casa comunitaria de Xacebáns, celébrase tódolos xoves, de 11 a 12 horas, ximnasia terapéutica, dentro dos "Concellos saudables". Unha actividade dirixida ás persoas maiores da casa, á que tamén poden acudir outros veciños do concello, con exercicios adaptados á súa idade, a base de estiramentos, tonificación con gomas e de forza nos membros superiores. Foto superiores: (1) Clases de ximnasia de mantemento, na biblioteca. (2) Comer san: facendo pan, no colexio.
A unidade de Concellos Saudables da Mancomunidade presentou a primeira “Guía do Embarazo”. Recolle, en 60 páxinas, recomendacións e suxerencias para as mulleres embarazadas, dende os cambios que se producen no organismo ata consellos nutricionais ou actividades de educación física. Todo elo para fixar costumes saudables que conleven afrontar o embarazo dun xeito positivo. Tamén se pode consulgar na páxina web da Mancomunidade, en www.terradecelanova.es.
Contra o tabaquismo
4
Este ano convocouse a segunda edición do concurso de carteis “Rompe co tabaco”, tamén dentro dos Concellos Saudables. Estivo dirixido a alumnos/as de Primaria. Houbo premios en varias categorías, por cursos, e unha exposición final dos traballos presentados na aula cultural de Caixa Galicia, en Celanova. Fotos inferiores: (3) Campionato de natación, nas piscinas municipais. (4) Clases de apoio escolar.
Páxina 9
Quintela de Leirado
Récord de visitantes e aboados na segunda tempada das piscinas As piscinas municipais de Quintela de Leirado gozan dunha ampla e favorable aceptación por parte de veciños e visitantes. Durante a segunda tempada estival en funcionamento, do 24 de xuño ata o 15 de setembro, recibíu unha media de máis de cen bañistas diarios. O Concello expedíu 140 bonos familiares e 540 carnés de usuarios.
Outro dato significativo: máis de 1.200 persoas que disfrutaron das instalacións eran de fora do noso municipio. Viñeron atraídos pola mellor publicidade posible: o boca a boca. As instalacións tiveron unha óptima utilización durante todos os días. Polas mañás, os socorristas encargados de velar polo bo funcionamento e a seguridade, dirixiron cursos de natación para nenos e adultos.
Evencio Domínguez: “Temos igrexas de gran valor artístico e a nosa obriga é manter vivo ese legado patrimonial” O párroco de San Pedro de Leirado editou un folleto para dar a coñecer a historia e o significado dos seus símbolos relixiosos
Don Evencio tivo a idea de ilustrar a fregueses e visitantes sobre as igrexas de San Pedro e Santa María de Leirado. Inclúe datos históricos sobre a construción do templo e dos retábulos, aos que dedica boa parte da publicación, que consta de 30 páxinas.
P.- Como xurdíu a idea de elaborar esta publicación? Evencio: Máis que unha publicación, é un folleto, pero quero que sexa o xermolo dunha
publicación máis ampla que recolla todo o patrimonio do concello de Quintela de Leirado. Pero fai falla apoio institucional. Sería bo que o Concello se implicase no proxecto. P.- Cantos exemplares se editaron e como se distribuiron? Evencio: Só fixen 100 exemplares, para que chegue aos parroquianos, pero me faría ilusión que chegue aos nosos emigrantes en Venezuela, Arxentina, Barcelona, etc., porque sempre lembran a terriña que os víu nacer e gardan boas lembranzas da súa xuventude, e a monumentalidade destas igrexas lévanna no corazón e nos sentimentos. Seguro que máis dun se emocionará ao ver algo sobre as súas igrexas. P.- Coñecen os veciños e os fregueses a riqueza patrimonial que temos? Evencio: Os veciños son conscientes de que temos unhas igrexas moi boas e de moito valor artístico. Pero cóstanos recoñecer que somos nós os responsables de manter vivo este legado patrimonial que nos deixaron os nosos maiores. Pero non podo ter máis que palabras de agradecemento para estas parroquias, porque a colaboración económica e moral non só é boa, senón excelente. Para todos, a miña felicitación.. P.- Debemos protexer mellor este patrimonio? Evencio: Creo que neste senso temos avanzado moito, tanto os cregos coma os fregueses, e imos tomando conciencia de que somos nós os que temos que asumir a iniciativa no referente á conservación e restauración do noso patrimonio.
R
Páxina 10
Don Evencio da a coñecer ao público, en xeral, o valor patrimonial das igrexas de Leirado. Dun xeito obxectivo, valora por igual todo o conxunto de retábulos, aínda que sinte especial admiración polo San Xosé peregrino e as esceas do Sagrario de Leirado, "aínda que os autorreleves de Santa María son dunha calidade impresionante".
Festa da Carne de Cachena Ecolóxica A mellor cita gastronómica do verán na na nosa comarca? Sen dúbida. A Festa da Carne de Cachena Ecolóxica acadou, o pasado 21 de agosto, un novo éxito, compartido por máis de 800 persoas, entre veciños e visitantes, moitos deles naturais ou vencellados familiarmente ao concello de Quintela de Leirado e a outros limítrofes.
A carne da cachena ecolóxica foi a protagonista induscutible dunha festa gastronómica na que poidemos degustala de formas ben diferentes: en empanada, ao caldeiro, richada, ademais do viño de Quintela de Leirado, integrado na zona vitivinícola das Terras do Miño. Outra característica da Festa da Cachena é o bo ambiente e as gañas de pasalo ben de tódolos participantes. Despois do xantar, entregáronse os premios do concurso de natación, e a xente disfrutou de agradables tertulias.
A Festa da Cachena é unha xornada adicada á amizade e á exaltación gastronómica. Unha celebración que comezou hai sete anos de xeito sinxelo, con menos de 300 participantes e que vai a máis cada ano. O Concello de Quintela de Leirado concibe a festa para manter a unión das xentes do noso municipio.
A Festa contou coa asistencia de varios alcaldes da comarca da Terra de Celanova e deputados autonómicos pola nosa provincia. Todos, sen excepción, valoraron as excelencias culinarias das cachenas ecolóxicas de Moncho de Redemuíños, un dos principais colaboradores deste evento. O Campo do Cura de Leirado foi, un ano máis, o esceario do principal acontecemento festivo de Quintela de Leirado, e chamado a perpetuarse no futuro, grazas ao esforzo do Concello e o apoio de moitos veciños e veciñas.
Un c oncello p ara coñecer e d isfrutar
Máis de 150 ciclistas de toda Galicia participaron na segunda edición da "Ruta BTT Terra de Celanova", con saída e chegada en Leirado. Foi unha iniciativa da Mancomunidade Terra de Celanova, dentro do programa "Concellos Saudables", que contou co apoio da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Ademais de practicar deporte, esta proba serve para dar a coñecer os encantos naturais e paisaxísticos do concello e da comarca. Os participantes realizaron un percorrido de 53 quilómetros dende Leirado, por Tuño, Amoroce, Outeiro de Augas, Penagache, Xacebáns e Leirado.
Rally Ourense-Baixa Limia
A sétpima edición do Rallye Ourense-Baixa Limia mantivo a emoción dende os primeiros tramos, por terras de Quintela de Leirado, xa que, ademais da victoria nesta proba, estaba en xogo o título do Campionato Galego da especialidade. Entre os 87 inscritos, dous pugnaban polo liderato: José Miguel Martínez Barreiro “Bamarti” e Alberto Meira. Ao final, foi este piloto o vencedor da proba e
do campionato. O Rallye contou co seguimento de milleiros de espectadores, que se desprazaron ata a capital e seguiron aos pilotos polos concellos da comarca que acolleron a proba (Verea, Bande, Muíños e Quintela de Leirado). Un dos tramos que levantou maior expectación foi o de Quintela. Moitos siadeiros contemplaron a proba a carón das curvas da estrada en dirección a Mociños.
Edita: Concello de Quintela de Leirado - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-2/98