A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica pon en marcha o Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas (FLOSS), que contribuirá a transmitir unha imaxe do FLOSS asociada ao bo funcionamento do mesmo e á calidade, adoptará medidas para poñer a disposición da sociedade e do tecido empresarial software libre propiedade da Administración e axudará a coordinar a todos os axentes que compoñen o ecosistema galego do FLOSS.