Page 1

O RETRATO DA MORTE Patricia Lojo O ser humano é capaz de sobrepoñerse ante calquera situación, é capaz de superar calquera obstáculo, é capaz de levantarse e seguir adiante a pesar das dificultades. Dícese que unha persoa é capaz de todo, menos de superar a morte do seu propio fillo. Un home pode seguir coa súa vida ante calquera situación pero despois de enterrar o que máis quere, perde as forzas. Unha muller é capaz de levantarse e seguir o seu camiño pero cando lle arrebatan o único do que é dona, síntese vulnerable ante calquera intento. “A vida pode ser marabillosa”. Mentira. A vida é cruel, caprichosa, mentireira. A vida prométeche todo con verbas feitas de papel, sen avisarte que calquera día voarán borrando as esperanza. A vida decide cando marchar, partir, cando deixarte. A vida, nai de toda criatura, non nos promete felicidade nin amor eterno. A vida dálle poder e valía a quen ela quere, e arrebátallo a quen ela decide. Nai que marcha da man con todos os seus fillos. E hoxe, decidiu coller o meu pequeno e partir con el. O ser humano é un individuo débil, ignorante e sinxelo. O ser humano é débil ante a morte, ignorante ó rexeitar a dura realidade e sinxelo ó sentirse inxustamente tratado pola vida fronte unha dura situación. Todas as feridas curan, cicatrizan e se olvidan. A morte dun fillo é un ferida emocional tan profunda que che deixará vulnerable para sempre. ...Basta... Non é momento de arrepentirse, de mirar o pasado, de chorar o presente. É momento de loitar xunto co meu fillo, é momento de gañarlle a partida a morte. Unha partida na que eu non decido o xogo, nin a xogada. Pero si decido os xogadores. Baixo unha luz cansa, admiro o rostro do meu neno. Miles de pensamentos atormentan a miña conciencia. Pero un sentimento de esperanza rompe ca desesperación. Miro para o home que retrata a cariña branca do meu fillo. Esta vez é a impotencia quen rompe cos meus pensamentos. Impotencia de non poder loitar

Comentario [m1]: NOTA. 10


contra a norte que agora quere levarse o meu fillo, impotencia de ver como o teu fillo vaise e ti non podes facer máis que chorar. Silencio. Silencio arrepiante. O home debuxa concentrado. Agora non sinto máis que desconfianza da felicidade. Felicidade que se apaga a medida cos ollos do meu fillo vánse cerrando. Sinto desesperación, angustia... de súpeto a miña cabeza para. - Aquí ten señor – dixo o home mentres entregábame o retrato. Cravei os ollos naqueles trazos que recorrían a cara, os beizos e os ollos daquel neno. Levantei a vista para agradecerlle o traballo pero o home marchara. Entón, atrevinme a mirar a cara do meu fillo. Aínda non recordo de onde saquei as forzas para acercarme a súa cara e darlle o último bico. Sentín frío. Sentín medo. Sentín as bágoas correr pola miña cara. Sentín una forte desesperación. Sentín que a morte viñera. Sentín que o meu fillo marchara.

O retrato Patricia Lojo  

Continuación do relato de Castelao O retrato. Autora Patricia Lojo. 4º de ESO

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you