Page 1

15/11/2011 Comentario [m1]: TRABALLO MOI BEN FEITO. NOTA: 10

TRABALLO DE

MARISCAL PERO PARDO DE CELA

GALEGO

3ยบ ESO A | Miguel Cidrรกs Senra


ÍNDICE Introdución …………………………………………………………………. p 3 Contexto histórico ……………………….………………………………. p 3 Biografía …………………………………………………………………….. p 4 e 5 Lenda do Ponte Pasatempo ………………………………………….. p 5 Bibliografía ……………………………..…………………………………. p 6

2


Pedro Pardo de Cela Rodríguez de Aguiar e Ribadeneyra Mariscal galego do século XV. É unha das figuras máis míticas de Galicia, que simboliza a resistencia da nobreza galega fronte á castelá. (c.1423 - 17 de decembro de 1483) Pedro Pardo de Cela foi un señor feudal nacido en Castro d’Ouro, fillo de Xoán Núñez Pardo, señor da Torre de Cela e de Violante de Aguiar, polo que pertencía a un dos máis nobres liñaxes do Reino de Galicia. Contrae matrimonio con Dona Isabel de Castro, ligándose cos poderosos Condes de Lemos e con outros importantes liñaxes do Reino de Galicia. Enfrontouse aos Reis Católicos, Isabel I de Castela e o seu marido Fernando II de Aragón, primeiro ao ser partidario da princesa Xohana A Beltranexa, e ao morrer o seu pai, Henrique IV de Castela, enfrontouse á política dos novos reis de Castela. Foi decapitado cando o seu fillo por orde dos Reis Católicos.

Contexto histórico Durante o século XV, o Reino de Galicia atopábase nunha situación política complicada despois de sufrir dúas Guerras Civís Irm andiñas e a separación do sur do Reino de Galicia, creando o Reino de Portugal. Neste contexto histórico o rei Henrique IV foi envelenado, o que provocou o inicio da guerra sucesoria entre galegos e casteláns, declarando os casteláns raíña a Dona Isabel A Católica, pero os galegos defendían o lexítimo trono da filla de Henrique IV, Dona Xohana A Beltranexa, A Excelente Dona, e o seu esposo, o rei Afonso de Portugal. Ante esta situación, os Reis Católicos comezan a campaña de anexión do Reino de Galicia ao Reino de Castela, asasinando as principais familias nobres galegas. Pero, Don Pero Pardo de Cela rebelouse á submisión aos Reis Católicos. Por iso, os Reis casteláns enviaron tropas a Galicia para derrotar a Pardo de Cela, dirixidas polo capitán vasco-francés Lois de Mudarra, que eliminou toda a resistencia que atopou ao seu paso cruelmente. A loita entre galegos e casteláns mantívose durante tres anos nas terras de Britonia (actual zona da Mariña Lucense). Mudarra non puido vencer a Pardo de Cela porque fíxose forte na provincia de Mondoñedo. No resto do Reino de Galicia, a nobreza galega era substituída por nobreza castelá e producíase a "Doma e Castración do Reino de Galicia".

3


Biografía Pedro Pardo de Cela foi un mariscal galego nacido en Castro d’Ouro no século V, fillo de Xoán Núñez Pardo, señor da Torre de Cela e de Violante de Aguiar, polo que pertencía a un dos máis nobres liñaxes do Reino de Galicia. Casou coa filla do Conde de Lemos, Isabel Pérez Osorio, que aportou como dote ao seu casamento uns bens doados polo seu tío, o bispo, en 1441, formado pola maior parte dos castelos e fortalezas dependentes de bispado de Mondoñedo. A maior parte da vida do mariscal Pero Pardo de Cela resúmese no seguinte parágrafo: En 1445, trasládase a Viveiro, onde chega a ser alcalde, obtendo en 1474 o título de Mariscal. Merca a "casa do Carballo de Galdo", centro do seu mariscado. No ano 1476 é destituído da alcaldía polos Reis Católicos. No ano 1478 é expulsado de Viveiro e os Reis Católicos obrigan a que os concellos de Santa Marta de Ortigueira e Mondoñedo non lle permitan a entrada. Pídelle unha carta de "seguro e amparo" aos Reis e refúxiase no Castelo da Frouxeira, onde faise forte con Pedro de Bolaño e Pedro de Miranda, e derrota ás tropas casteláns, dirixidas por Fernando de Acuña e Lois de Mudarra, que chegaran a Galicia en setembro do ano 1480 para "pacificar" o Reino de Galicia. En febreiro de 14 83, falecido o Conde de Lemos e de repetidos fracasos militares, os mandatarios reais traman unha traizón para derrotar ao Mariscal. Para levar acabo a traizón, Lois de Mudarra contactou cos vasalos do Mariscal (dubidosos do resultado da guerra) e o capitán vasco-francés subornou aos 23 criados que defendían a fortaleza da Frouxeira, prometendo que recibirían unha gran recompensa e o perdón pola súa rebeldía. Estes vasalos traidores abriron a porta do castelo, mentres o Mariscal estaba ausente (dado que estaba no castelo de Castro d’Ouro onde o Mariscal estaba visitando ao Señor Pero de Miranda), deixando entrar ás tropas de Mudarra. Cando o mariscal regresou a A Frouxeira o 7 de decembro do 1483, foi sorprendido no salón do castelo e apresado polo exército de Mudarra xunto ao seu fillo e a Don Pero de Miranda. Foron condenados a unha execución pública na capital de provincia do Reino de Galicia de Mondoñedo, onde dez días máis tarde os decapitarían a el e ao seu fillo Pedro, debido a ser "cruel e poderoso", segundo os termos da sentencia.

4


A loita durante tres anos en A Frouxeira, a traizón dos seus criados e a súa execución pública provocaron o nacemento dun mito e dunha figura que sería recordada por trobadores e poetas. Despois de estes feitos acaecidos no 17 de decembro do 1483, o Reino de Castela derrotou ao resto de nobres galegos leais á soberanía do Reino de Galicia, a maioría de eles eran antigos vasalos do Mariscal, ata terminar co sitio de Ponferrada, a última cidade galega que foi capaz de resistir aos exércitos dos Reis Católicos. O 17 de decembro do 14 83 marca o final do Reino de Galicia como nación próspera, comercial e influinte en Europa e o principio da decadencia e depresión do Reino de Galicia. Tamén significou o inicio dunha colonización económica, emigración e censura cultural. A lenda da Ponte do Pasatem po A lenda máis tradicionalmente asentada en torno á execución do Mariscal, di que a súa muller, Dona Isabel de Castro, asistiu a unha audiencia coa súa curmá, a Raíña castelá Isabel, obtendo o perdón real para os tres nobres galegos condenados a morte. De regreso a Mondoñedo, pouco antes da execución do mariscal, tras dez días de viaxe ininterrompido, foi entretenida no “ponte do Pasatem po” polos secuaces do Bispo de Mondoñedo, que querían interceptar o o perdón real. Ao mesmo tempo, o Bispo, ordenou apurar a execución na Praza da Catedral de Mondoñedo, fronte a unha multitude que, de xeito impaciente, agardaba o perdón real. Conta a lenda que a cabeza decapitada do último defensor da soberanía do Reino de Galicia rodou ata a porta da Catedral de Mondoñedo mentres gritaba: "Credo, Credo, Credo"; pero outra versión de esta mesma lenda conta que as verbas gritadas pola cabeza decapitada do Mariscal eran: "Clero, Clero, Clero" sendo de protesta contra a inxustiza da súa execución. Na actualidade, a “Ponte do Pasatempo” é un lugar visitado de Mondoñedo, e a lenda en torno á morte do Mariscal provocou a escrita de numerosas obras, tales como poemas, cancións, novelas, ensaios histórico-lexendarios e análises científico-históricos destinados a descubrir qué parte habería de verdade nunha das lendas galegas máis importantes. 5


Bibliografía As páxinas web consultadas para realizar este traballo foron:     

http://es.wikipedia.org/wiki/Pero_Pardo_de_Cela http://www.pangalaica.com/britonia/historia/mariscal.htm http://www.pangalaica.com/britonia/historia/mariscal2.htm http://www.mondonedo.net/content/view/41/65/lang,es/ http://foros.abc.es/cgil ocal/forosabc/ultimatebb.cgi?ubb=print_topic;f=1;t=006405

As imaxes deste traballo se obtiveron das seguintes páxinas web:   

http://www.forolondres.com/foro/showthread.php?t=56761&page=2 http://gl .wikipedia.org/wiki/Ficheiro:CasteloPardodeCela.JPG http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=7268&ctre=1226&cidi=E

6

AMPLIACION MIGUEL CIDRÁS  

TABALLO DE AMPLIACION DE 3º DE ESO. SOBRE PARDO DE CELA. ALUMNO MIGUEL CIDRÁS.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you