Page 1

Cartas de amor Fran Alonso Busquei un libro que me fixera experimentar novas sensacións. Busquei un libro que non fora un libro convencional, un libro novo, un que relatara historias reais, da vida mesma. Un libro que non contara un relato imaxinario e cheo de fantasías, e atopeino. Cartas de Amor, unha obra que, guiados polo seu nome, fanos pensar en que a súa temática é a de sempre, a de toda a vida: chico coñece a chica, namóranse e son felices… Pois non, todo o contrario, nárranos as vivenzas de nove mulleres verdadeiras e transparentes. Estas mulleres contan en primeira persoa e en formato de carta os seus pesadelos, tristuras e situacións que na meirande parte dos casos non son afables. Son temas moi comúns na nosa sociedade actual : a pobreza, a guerra, a violencia, a prostitucón… E outros xa situados máis lonxe como o franquismo. E agora a pregunta: por qué o título de Cartas de Amor? Pois ben, aínda que a resposta a esta pregunta non estea nas miñas mans dar, proporcionarei a explicación que Fran Alonso, autor da obra, da sobre o nome deste título: “Este é un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade.” Despois de ler esta frase chea de significado entendemos que aínda que a temática xeral do libro non sexa o amor, este, está cheo de tenrura, de recordos e de sentimentos cara, iso si, a un home que desenvolve un papel relativamente secundario. Ao abri-lo pola súa primeira páxina percibes un olor cheo de emoción, e é nese mesmo instante cando te decatas de que ese libro vaite afectar o queiras ou non. A obra comeza cunha pequena introdución que fai o autor para explicar a orixe das distintas cartas. Era de esperar que un libro que fala de experiencias xurdira doutras experiencias. Fran Alonso conta como da súa estancia con distintas ONG de axuda a aquelas persoas máis desamparadas e pobres, vítimas das circunstancias adversas do mundo, logra crear con gran orixinalidade e paixón diferentes relatos protagonizados por mulleres valentes e loitadoras.

Comentario [m1]: NOTA: 10


A primeira das cartas chámase “Ilegal”. A autora da carta é Ndeye, unha senegalesa que chega a España embarazada e sen un home que a poida coidar. Tocou beiras españolas nunha pequena barca deteriorada. En tan mal estado se atopaba a embarcación que, momentos antes da súa chegada ó sur da Península, volteouse e todas as xentes cheas de desexos e esperanzas que viaxaban nela caeron ó auga, entre elas, Assane, o marido de Ndeye. Tendo que cargar có neno que levaba dentro, camiñou soa ata chegar a Málaga onde unha familia de senegaleses fixo a “boa acción do día” e a acolleu na súa casa. Despois dunha longa estancia alí comeza a súa viaxe sen un destino marcado, unha viaxe que rematará nun lugar no que Ndeye atopa todo estraño e sen sentido, frío e chuvioso. Ese lugar é Galicia. A muller chega a esta comunidade grazas á axuda dun home francés chamado Pierre. Un home que estaba a facer o Camiño de Santiago e que coas súas boas intencións leva a Ndeye, ensinándolle todas as curiosidades e lendas que este mítico camiño leva no seu interior. Desta maneira Ndeye se establece en Lugo e comeza a súa vida dende cero, có seu fillo e levando aínda no seu senegalés corazón ó seu home e á súa terra. A segunda das cartas está titulada mediante a sinxela frase: “Desde as tebras”. Este relato lévanos a experimentar a situación de Sabela unha voluntaria en Bagdag. Os voluntarios… Homes e mulleres entregando os seus recursos e sacrificios para axudar ós damnificados polos conflitos bélicos. Persoas que antes de eles prefiren que un neno inocente poida sobrevivir. Sabela, rodeada de sangue e morte, expresa a seu estado límite. Non pode máis, non pode crer que os máis afectados poidan ser os que menos culpa teñen de todo o que na guerra de Irak estaba a acontecer. Nesta carta lle escribe ó seu amor, Bernal, despedíndose del, afirmándolle que esta será a súa derradeira carta e que xa non poder ver máis mortos nin máis sufrimento polo que ela decidirá o seu propio destino final, xa que esa acumulación de odio entre países semellaba non ter fin nin solución. “E non sei se esta carta vai chegar integramente ás túas mans ou vai ser filtrada. (…) Nela expreso cousas complexas, que se cadra non diría diante de moita xente. Pero esta é a miña última oportunidade e se cadra tamén a derradeira. Por iso, tamén, accedín a escribirche, Bernal. Por iso e porque ti es a única fenda de esperanza que albisco neste pozo negro.” A adolescencia. Algúns din que é a etapa máis dura da vida, outros que é a máis bonita pero todos eles coinciden en que é o momento no que todos nós decidimos o noso camiño na vida e o que queremos facer con ela. Estas decisións difíciles son a orixe de “Confesión”. Neste caso trátase dun correo electrónico que, Mónica, lle envía á súa mellor amiga Clara. Intentando arrancarse as súas palabras do máis profundo do seu ser, Mónica lle abre o seu corazón a súa amiga, contándolle e confiándolle o maior dos seus segredos, a súa homosexualidade. En efecto, Mónica é lesbiana.


Para ela ser lesbiana é un pesadelo, una rocha que terá que arrastrar durante o resto da súa vida. Para ela é unha vergoña. Teme ó qué dirán, teme ás risas dos seus coñecidos, teme incluso ser tachada de por vida. A moza que envía o correo sentíase marxinada, cun baleiro interior que nin ela era quen de poder explicar. Debido a isto tomou a decisión de contarllo á súa amiga aínda có medo de que esta non a acepte como tal. Pero derribando calquera dificultade, Mónica acéptase como persoa, como amante da vida e como outro ser humano máis do planeta Terra grazas ó apoio que un grupo de axuda lle aportou. “Agora acéptome tal e como son. Aínda me custa, pero acéptome.” Na carta “Sáhara, améndoa amarga” unha muller xa madura chamada Besmeh lle escribe ó seu amigo e amor da infancia Ahmed o cal emigrou a un país europeo, deixando lonxe o seu Sáhara natal. A escritora vive nun campo de refuxiados de Arxelia e demostra o seu amor polo Sáhara, país do que fora expulsada ela, os seus familiares e as xentes que vivían nel. Quere loitar por recuperar as súas raíces que case non chega a recordar, quere vivir cos seus fillos no país onde ela tamén nacera. Sen embargo sabe que sería unha guerra sen sentido onde o máis probable fose que saíran perdendo. Lle escribe a Ahmed para pedirlle que volva, que recorde as súas orixes, o seu Sáhara como unha “améndoa amarga”, o lugar onde están as súas respectivas vivezas. Sen dúbida Besmeh é unha muller loitadora. Unha muller que pretende servir coma exemplo para outras xentes coa finalidade de loitar polo que queren. Por loitar polo que é deles e polo que lle quitaron sen dereito algún. Pero neste libro o amor non sempre é algo feliz que traia alegrías. O desamor e o engano por parte dos homes tamén está reflectido nel; que un home se aproveite dunha muller sen ter en conta os seus valores coma tal tamén está presente. Nas cartas denominadas “Zé, volcán de amor” e “O que nunca me preguntaches”, esta idea aparece moi ben plasmada. Na primeira das cartas Belinha escribe ó seu home morto despedíndose definitivamente del. Este emigrara a Lisboa despois de deixala embarazada dúas veces. Zé, que así se chamaba, casara con ela pero non lle fora fiel. Dominado polo seu instinto de home e deixando de lado á súa muller, abandonado ós seus fillos e cegado polo seu afán de desexo desmesurado, mantivo unha relación cunha muller do seu poboado. Pero non o tiña todo controlado, Emilio, outro home tamén tiña unha historia con esa muller. Como era de esperar todo tivo un turbio final, a muller apareceu morta xa ben polos celos, xa ben polo odio. Aqueles dous homes a asasinaran. Emilio foi arrestado pero Zé tivo máis sorte. Escapou.


Escapou intentando esquecer todo o que sucedera poñéndolle unha simple escusa a Belinha. Deixándoa soa e desamparada nun Cabo Verde no que non lle quedaban más cousas ás que agarrarse. Belinha sabía perfectamente o que sucedera. Sabíao todo e pensaba que o seu marido fora asasinado polo Emilio en sinal de vinganza. Movida polo rancor decide deixa-lo todo e marchar cara ós Estados Unidos e empezar unha nova vida, ter un novo comezo. Na segunda destas cartas, Dyana, unha moza filipina de tan solo dezasete anos de idade lle escribe a un dos seus clientes co que tivera máis dun encontro. Este era David, un rico empresario europeo que viaxara ás Filipinas por motivos de traballo. Coma case todos os homes pedira os servizos dunha dama de compañía e por sorte o por desgraza esta fora Dyana. Durante os seus encontros el non paraba de dicirlle que era a muller máis bonita que había no mundo e que tiña que casar con el. Todo este amor lle emerxía dos seus beizos mentres lle facía o amor enfronte da foto de familia que David tiña na mesiña de noite na que aparecían os seus fillos e a súa dona. Nun intento de limpar a súa imaxe coma muller Dyana lle escribe esta carta. Se trata dun relato no que ela mesma narra a súa vida dende os seis anos. Unha vida chea de inxustizas. Estas vivenzas van dende a súa condición de muller nunha familia campesiña, considerada coma unha maldición, ata as seguidas violacións que sufrira por parte do seu propio tío. Pero Dyana demostra ser unha muller con moitas forzas que nunca deixou de loitar, que nunca abandonou. Pediu polas rúas, vendeu o seu corpo, foi maltratada e abusada, traballou para a mafia como una das súas “bonecas”, foi de prostíbulo en prostíbulo e quedou estéril de por vida por ter ata catro abortos. Pero ela seguiu, soñaba cun día no que tivera diñeiro dabondo para viaxar a Europa e casar con David. Pero claro, todo se queda nun simple soño… “Mentres nós as “nenas”, soñamos con atopar un europeo ou un americano que nos leve de aquí. Alí, a esa Europa da que nunca volverás.” “A carta inesperada”: non pode facerlle máis dano a unha persoa que o seu amor de toda a vida o abandone sen máis e despois faga a súa vida sen tan sequera querer saber máis del, sen tan sequera recordar case o seu nome. Esta é a historia de Begoña unha muller que fora do bando republicano e que estaba namorada perdidamente de Luís un dos dirixentes deste bando durante a Guerra Civil. Luís tivera que marchar de España durante uns anos pero cando retornou lle enviou unha carta a Begoña pedíndolle que volvera xunta el, que volvera a vivi-la paixón que viviran en tempos pasados. Mais a muller lle responde con outra correspondencia.


Unha correspondencia na que nega o nome de Luís. Nega coñecelo, non quere saber nada del, non quere recordar o seu pasado xa que agora se atopa nunha situación moi privilexiada. Casara cun dirixente fascista e tivera catro fillos. Rexeita todo o relacionado con Luís e todo o que teña que ver con el na actualidade. De tal forma que lle pide que a deixe en paz e que nunca máis lle volva mandar unha carta. Como xa se falara do tema da axuda dos voluntarios nos conflitos bélicos na carta de “Desde as tebras”, tamén se fala no relato “A guerra”, mais dunha maneira máis drástica e persoal. Nela Maida lle escribe ó seu irmán desde Saraievo onde traballa coma voluntaria axudando as persoas afectadas e curando a feridos e enfermos. Reflíctese unha gran depresión por parte da protagonista que se atopa nunha situación límete. Tan afogada nun mar de dor que se lle pasa pola cabeza a decisión máis drástica, o suicidio. Quere rematar coa súa vida xa que non é quen de seguir aguantando máis dor e lamentos nunha guerra que semella non ter fin para ninguén. As súas mans días tras día están manchadas có sangue das vítimas o molladas polas bágoas dunha muller que perdera ó seu fillo no fronte. Desexando que todo acabe despídese do seu irmán mandándolle e ensinándolle as máis profundas das súas palabras de ánimo e de despedida. Por último, Fran Alonso elixe coma tema final para o seu libro a emigración e o que supón para unha nena, ademais de deixar o seu país, facelo sen os seus pais. E así nace “Lonxe”. Bárbara é a autora do correo electrónico que lle manda ó seu noivo de Uruguai (o seu país natal). Nel lle conta todo o que tivo que vivir para emigrar a Galicia o lugar máis estraño e singular do mundo para ela. A venta da casa, a despedida dos seus pais, a nova familia adoptiva, o colexio, e o máis importante, os amigos que tivo que facer novos. Tanto tempo leva fora xa que Bárbara teme non volver a recordar a súa vida no Uruguai, teme non volver a recordar os beizos de Luís Alberto rozando os seus. Aínda levando cinco anos xa en Galicia non é capaz de habituarse ó ritmo de vida, non entende a escola e non comprende porque os demais nenos a ven dunha forma estraña. Sufre moito polas noites e pensa que a única solución é esquece-lo todo, pensar que ela é galega e que ese é o seu lugar xa que do contrario non poderá saír nunca desa nube negra de recordos perecedoiros. “Un océano de auga gorda interponse entre nós. Por iso, desde Galicia, desde Gondomar, envíoche o meu derradeiro bico.” Sen palabras e cun so suspiro pechei o libro ó mesmo tempo que pechaba tamén os meus ollos. Comecei a cavilar en todas esa historias dramáticas, de loita pola vida, de tristura, de decepción e, aínda que custe recoñecelo, de amor. Cartas de amor é un libro que ás veces


te porá os pelos de punta e outras non che deixará máis elección que deixalo e seguir lendo noutro momento debido a impotencia que sentes polas circunstancias que viven esas mulleres. Mulleres… Algunhas nunca abandonaron os seus sonos e outras non puideron aguantar a presión e deixáronse simplemente caer nun oco baleiro. Ó final atopei o libro, atopeino e non estou arrepentida de lelo. Iso si, quizais despois de ter a estreita relación que tivemos el e máis eu, cambiou a miña forma de ve-lo mundo. Ese mundo no que sen dúbida non podes saber o que che vai pasar e moito menos o que lle pode estar ocorrendo a outras persoas que non teñen a miña mesma sorte e non poden dicir un “felices para sempre”. E así, gardarei por sempre as historias de Ndeye, Sabela, Mónica, Besmeh, Belinha, Dyana, Begoña, Maida e Bárbara. Como dixen, por e para sempre…

Ficha da obra: Título: Cartas de amor Autor: Fran Alonso Editorial: Xerais Colección: Fóra de xogo.

Marta Ferreira Ocampo 4ºE.S.O.-A Lingua galega e literatura Sek-Atlántico

RESEÑA MARTA FERREIRA  

RESEÑA LITERARIA DA OBRA CARTAS DE AMOR DE FRAN ALONSO. OBRA DE MARTA FERREIRA. 4º DE ESO.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you