Issuu on Google+

NA BIBLIOTECA PASÁMONOS A MEIGA A partir do luns, 30 de abril, os servicios de xestión da BIBLIOTECA serán tratados cunha nova aplicación informática, a do programa MEIGA, das Biliotecas de Galicia. Este programa MEIGA, das Biliotecas de Galicia, ten moitas vantaxes. Os cambios vanse notar especialmente no caso dos novos préstamos. Durante os meses de maio e xuño recolleranse os préstamos anteriores realizados co programa antigo, pero en xeral xa non o usaremos para nada máis ca iso. Cada unha das persoas que estamos vencelladas ao centro, é dicir, todo o alumnado, todo o profesorado e mailo persoal non docente, imos recibir un novo carné co novo número de usuario da BIBLOTECA. Como non dispoñemos de moitos recursos, entregaránse impresos en papel sinxelo. Cadaquén pode plastificalo ou gardalo ben para que non se estropee, pero realmente tan so é preciso memorizar o novo número ou saber o nº persoal do propio NIF. Ao inicio de cada curso, e de modo automático, todas as persoas matriculadas e todo o persoal laboral docente e non docente, recibirán un novo carné co seu número, anque ao cambiar a relación total de usuarios de ano a ano, tamén irá cambiando o número asignado a cadaquén.

¿PÓDESE RESERVAR UN LIBRO OU UNHA PELÍCULA QUE QUERO AÍNDA QUE ESTEA PRESTADO? Sí, o programa anota que alguén necesita un recurso e créase unha lista de espera.

¿COMO SEI SE HAI NA NOSA BIBLIOTECA UN LIBRO OU UNHA PELÍCULA QUE QUERO? Para sabermos se na BIBLIOTECA temos un recurso en particular (libro, revista, DVD...), se está dispoñible, se se pode prestar ou non... xa non haberá que ir físicamente a preguntar a quen estea de garda nos recreos, simplemente bastará con ter un ordenador conectado a internet en calquer sitio do mundo e nun buscador teclear: PORTAL MEIGA


A continuación, escollemos entre as provincias, a de PONTEVEDRA. Pasamos das comarcas, e escollemos o concello de VILAGARCÍA DE AROUSA. Logo, na caixiña de GRUPOS, selecionamos TODOS, ou CENTROS DE ENSINO.


E finalmente, escollemos o nome do noso centro “I.E.S. MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZ” e xa prememos en ENTRAR NA BIBLIOTECA para acceder á páxina virtual da nosa BIBLIOTECA.

E unha vez aquí, xa se pode buscar o que queiramos nas caixiñas da banda superior. Pero nesta páxina hai moito onde enredar, non so serve para procurar un recurso ou saber del. Se fora o caso, do mesmo xeito se pode acceder a calqueira outra das Biblotecas de Galicia. Tamén hai outra forma de chegarmos a este lugar a través dun enlace do blog da BILIOTECA “BIBLIOMALMEIRAS” que aparece na páxina web do noso centro:


E desde este blog atopamos o enlace

A PORTA DA NOSA MEIGA

E de novo accedemos รก nosa pรกxina web da BIBLIOTECA.


PASÁMONOS A MEIGA