Issuu on Google+

Tratamento da imaxe dixital Tecnolox铆as da Informaci贸n e da Comunicaci贸n


Tratamento ou retoque fotográfico • É unha técnica que nos permite mellorar a calidade dunha fotografía mantendo a realidade orixinal e tamén cambiar esta realidade ao noso gusto. • GIMP. É a ferramenta máis utilizada do retoque fotográfico con licencia libre. 2


Calidade da Imaxe (Parámetros) • Profundidade da cor: Ven determinada pola cantidade de bits dedicados a almacenar a información sobre a cor dun pixel da imaxe.Un pixel en cor componse de tres pixels: un para o verde, un para o azul e outro para o vermello. Así un byte para cada cor dará unha profundidade de 256x256x256 aproximadamente 16 millóns de cores 3


Calidade da Imaxe (Parámetros ) • Resolución: é o parámetro que relaciona a cantidade de pixeles coas dimensións do visionado. Defínese como o número de pixeles por unidade de lonxitude e adoita a amosarse como puntos (dots) por polgada (inch) dpi. • Unha polgada=2,54 cm 4


Calidade da Imaxe (Parámetros) • Tamaño: A imaxe dixital consta de nillóns de celas en forma de retículo. O tamaño da imaxe ven determinado pola dimensión desa retícula e se define como o producto da cantidade de pixeles de ancho pola cantidade de pixeles de alto. 5


Calidade da Imaxe (Parámetros) • Relación entre Resolución, Tamaño e Peso da Imaxe. • 300 dpi é a resolución recomendada polos laboratorios. • Para obter o tamaño máximo de impresión debemos dividir o ancho de captura entre 300 e obteremos o áncho máximo de impresión en polgadas. Faise igual 6 co alto.


Exemplo de aplicación • Poster: Tamaño 30cm x 40cm = 11,8 polgadas x 15,7 polgadas • 11,8 p x 300 pixels/polgada =3540 pixels • 15,7 p x 300 pixels/polgada = 4710 pixels • 3540x4710 =16673400 pixels =15,9Megapixels 7


Brillo e contraste • Este filtro permite corrixir as imaxes demasiado claras ou demasiado escuras. Mediante a súa utilización podemos realzar ou ocultar os defectos e as virtudes dunha fotografía.

8


Ton, luminosidade e saturación • Definimos ton como o atributo dunha sensación visual polo que unha zona parece similar a outra. O ton representa a cantidade de luz nunha cor. Isto é branco ou negro segundo sexa o caso. Canto maior é o ton, maior é a cantidade de luz nunha cor, é dicir máis cor branca posúe. O branco e o negro poderían considerarse opostos, pero nunca cores e por tanto non aparecen nun círculo cromático, o branco é a presenza de todas as cores e o negro é a súa ausencia total.

9


Luminosidade • A luminosidade é un cambio ou alteración do brillo dunha imaxe ou fotografía. A aplicación da luminosidade é moi útil en fotografías moi claras ou moi escuras. O cambio da luminosidade causa unha redución do contraste e do ton da imaxe.

10


Saturación • A saturación é a pureza dunha cor. • A saturación dunha cor é o inverso da cantidade de gris que contén. Canto máis alto sexa o contido gris, menor será a saturación. • A saturación é, pois, o grao en que unha ou dúas das tres cores primarias RGB predominan nunha cor. A medida que as cantidades de RGB iguálanse, a cor vai perdendo saturación até converterse en gris ou branco.

11


Curvas de cor • Son instrucións a nivel de deseño e de compaginación que permiten aos usuarios cambiar ou corrixir cores en función dos procesos e soportes a utilizar. • Permite rectificar erros na iluminación ou a predominancia dunha cor determinada. 12


Colorización • A colorización é a ferramenta que permite establecer filtros para aplicar un tinte xeral a unha zona ou a toda a imaxe. Útil en fotografías antigas ou • para disimular a falta de cor nunha zona dunha fotografía. 13


Umbral โ€ข Este filtro traballa separando a imaxe en 2 cores plenas (negro e branco) e grazas รก utilizaciรณn do punto medio pรณdese definir onde esta o limiar de separaciรณn de ambos con respecto รก luminosidade orixinal da imaxe.

14


Capas • As capas ou layers amplían as capacidades dun editor fotográfico enormemente. Estas poden verse como recortes que poden superpoñerse sobre un fondo ou sobre outro recorte. Ademais contan con filtros propios para a mestura das imaxes, así como efectos de transparencia. Desta maneira, grazas a esta ferramenta, é posible unir dúas imaxes ou fragmentos das mesmas para conformar unha nova. Por exemplo, podería tomarse a cara dunha persoa e colocala no corpo doutra. Tamén é útil para representar texturas sobre diversos fondos. 15


Exemplo de utilizaci贸n de capas

16


Transparencia • A transparencia Ê unha ferramenta que permite eliminar toda a cor dunha capa e que no seu lugar aparezca a capa fondo ou a capa inmediatamente inferior.

17


Máscaras e tampón • A máscara consiste na selección dunha zona da imaxe ou dunha capa da mesma. Unha vez seleccionada o traballo de edición so se aplicará dentro da máscara. • A ferramenta tampón ou clonado permite reparar imaxes e crear efectos.

18


Os filtros artísticos • Coa utilización dos filtros artísticos podemos mellorar a calidade da imaxe e tamén darlle un aspecto totalmente diferente.

19


Tratamiento da imaxe dixital