Avós ilusionados

Page 2

Así mesmo colaboran na dinamización da biblioteca por turnos, coidando o seu funcionamento e promovendo o mantemento dos fondos, participando nas labores de divulgación a través do blogue, manexo de programas informáticos e fotografía, no servizo de empréstito, investigando nas distintas temáticas...

O conxunto destas actividades promove a implicación das cativas e cativos na busca do libro axeitado, na adaptación para o seu desenvolvemento, na utilización e optimización dos recursos. Todo cun traballo de colaboración e coordinación previa entre eles e sacando o seu máximo rendimento.

A fináis de maio este grupo lector solidario poderá participar, de xeito gratuito, nun encontro con outros centros compartindo obradoiros e actividades de cooperativismo coa lectura expresiva e a narración oral como fío conductor.

Toda unha experiencia da man dos máis pequenos e de avoas como Juana, mestra xubilada de 97 anos que facía teatro co seu alumnado e que se emocionou o día que a visitamos, coa avoa do Depor, entusiasta e chea de historias do equipo da nosa cidade e de Amparo, que cantou con nós cancións de Manolo Escobar. Estes encontros promoven dentro do mundo lector a interacción entre distintas edades e a riqueza que eso supón. Pequenos e maiores compartindo experiencias, vidas, valores... O noso verdadeiro patrimonio.

O Alzheimer. Luz G.

Comentarios das rapazas e rapaces

Raquel M.: "Nos quedamos sorprendidos. Había mucha gente mayor." "Al ver a los ancianos atentos y aplaudiendo, me relajé un poco." "Nos contaron cosas de su vida. Yo me puse un poco sentimental."

Cristina R.: "Nos pusimos algo nerviosas, pero para ser la primera vez no ha estado mal. La siguiente lo haremos mejor."

Natalia P.: "Actuar, interpretar, disfrutar... Muy contentos por ir." "Los cuidadores y las cuidadoras son muy manos. Igual que los viejitos."


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.