Page 1

Contándolle contos aos avós

O proxecto lector que a biblioteca do CEIP Salgado Torres de A Coruña leva promovendo durante os últimos anos mediante a "socializacion da lectura", acada o seu cume este curso escolar ao ter aprobado as súas liñas de actuación no Programa de Voluntariado "A" da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. A comenzos deste curso escolar, e co patrocinio da Fundacion Barrié en colaboración con AFACO, os alumnos de terceiro ciclo asistiron á obra de teatro Un avó moi especial representada pola compañía Migallas.

A inquedanza da comunidade escolar ante a circunstancia de moitos avós, animounos a contactar cos centros de atención a persoas maiores do noso entorno: Concepción Arenal, Milagrosa e centro de día AFACO. Todos eles amosaron entusiamo ante a nosa proposta, e a interacción entre os cativos e os avós "adoptivos", ao longo destes meses, está desenvolvendo actitudes solidarias e de compromiso. Ata o de agora son xa dúas historias sobre valores e tradición as que levan representadas, a modo de lectura dramatizada: Los bonobos con gafas e O Apalpador e a castaña máxica, con grande aceptación por parte das avoas e avós.

Conquerir fusionar o mundo da lectura, o seu entusiamo, co respecto polo máis vulnerable nun acto de acompañamento, promove unha experiencia compartida dende o espazo vehicular da nosa biblioteca.

Este grupo de voluntarios- colaboradores ademáis do voluntariado fóra da escola, participa nas lecturas aos grupos máis pequenos de compañeiros. Son as madriñas e padriños lectores.

Disfrutando dun dos momentos compartidos


Así mesmo colaboran na dinamización da biblioteca por turnos, coidando o seu funcionamento e promovendo o mantemento dos fondos, participando nas labores de divulgación a través do blogue, manexo de programas informáticos e fotografía, no servizo de empréstito, investigando nas distintas temáticas...

O conxunto destas actividades promove a implicación das cativas e cativos na busca do libro axeitado, na adaptación para o seu desenvolvemento, na utilización e optimización dos recursos. Todo cun traballo de colaboración e coordinación previa entre eles e sacando o seu máximo rendimento.

A fináis de maio este grupo lector solidario poderá participar, de xeito gratuito, nun encontro con outros centros compartindo obradoiros e actividades de cooperativismo coa lectura expresiva e a narración oral como fío conductor.

Toda unha experiencia da man dos máis pequenos e de avoas como Juana, mestra xubilada de 97 anos que facía teatro co seu alumnado e que se emocionou o día que a visitamos, coa avoa do Depor, entusiasta e chea de historias do equipo da nosa cidade e de Amparo, que cantou con nós cancións de Manolo Escobar. Estes encontros promoven dentro do mundo lector a interacción entre distintas edades e a riqueza que eso supón. Pequenos e maiores compartindo experiencias, vidas, valores... O noso verdadeiro patrimonio.

O Alzheimer. Luz G.

Comentarios das rapazas e rapaces

Raquel M.: "Nos quedamos sorprendidos. Había mucha gente mayor." "Al ver a los ancianos atentos y aplaudiendo, me relajé un poco." "Nos contaron cosas de su vida. Yo me puse un poco sentimental."

Cristina R.: "Nos pusimos algo nerviosas, pero para ser la primera vez no ha estado mal. La siguiente lo haremos mejor."

Natalia P.: "Actuar, interpretar, disfrutar... Muy contentos por ir." "Los cuidadores y las cuidadoras son muy manos. Igual que los viejitos."


Iván I.: "Disfrutamos al interpretar la obra viendo a los ancianos escuchándonos con atención."

Sheila M.: "Pudimos hacer felices a unos abuelos y aprender una historia muy bonita."

O Alzheimer. Lucía J.

Remate deste primeiro trimestre compartindo tempo de Nadal.

Avós ilusionados  
Avós ilusionados  

Libros e voluntariado

Advertisement