Issuu on Google+

A longa viaxe do acio.


Todo comezou nunha flor branca, e eu estaba no seu interior. Medraba e medraba grazas a unhas mans que todos os días me regaban con auga, e aos raios de sol que me daban calor. Na mesma parra estaban tamén todos os meus irmáns, que xuntos formabamos parte dunha gran planta, a Mamá vide.


Pasaba o tempo e cada vez nos facíamos máis fortes. Crecemos, agora somos uns globos verdes á vista das persoas, e como xa podemos comer sos, as flores decidiron deixarnos. Caen unha a unha do ramiño dicíndonos: Abur, boa sorte!


Esta mañá esperteime, mirei ao meu arredor e vin que o meu veciño, un acio grande e regordete, estaba esperto:  Pss, pss chameino.  Que queres pequeno acio?  díxome.  Quero saber onde irei cando sexa grande.  Ai racimiño! Vouche contar a historia de todos os froitos da vide, das súas longas viaxes e aventuras. Escoita…


A todos os acios cando maduramos, ĂŠ dicir, cando o sol nos remata de pintar, nos deben baixar das ramiĂąas, porque se non podemos botarnos a perder e caer da parra. Pero non nos pintan a todos da mesma cor! A uns nos tingen de vermello, outros de rosado, de amarelo ou mesmo de morado. E xa listos e maduros, as mans dos vendimadores nos cortan un a un e nos recollen en caldeiros ou en caixas.


 E despois no camión, a onde vamos? —preguntou con curiosidade o pequeno racimo—.

 O camión emprende unha viaxe por camiños de terra e pedras algunhas veces, e outras por camiños de asfalto, ata chegar á adega. Aí métennos nunhas piletas nas que unhas mans grandes de mental nos sacan todo o zume. E ese zume inicia o percorrido por tubos e máis tubos ata converternos en viño. Se o sol nos pintou de vermello fan viños tintos, se nos colorean de branco e amarelo fan viños brancos e cos pintados de rosa fan viño rosado. Ademais coa polpa dos nosos grans tamén se elaboran doces.


 E que se fai co resto do acio?  Pois coas nosas sementes tamén se fabrica aceite! Pero que calado quedaches racimiño!  É que estou abraiado. Nunca imaxinei que ía percorrer e coñecer tantos lugares e que cos nosos bagos se elaborarían tantos produtos!  Bueno pequeno acio, rematou o charloteo, pois xa comeza a viaxe. Deica logo!  Ata a próxima!


Era de mañá e o ceo estaba azul celeste. Espertou de súpeto o racimiño porque unhas mans suaves acariciaban as súas ramiñas verdes. Cric, cric, resoou a tesoira que se deslizou por elas. Unhas mans pequenas pero fortes o puxeron nun caldeiro. Tempo despois, unha nena foise asubiando polo camiño de terra ata chegar ao camión, e ao volcar a súa carga escoitou: A quí empeza a miña longa viaxe!

FIN


A longa viaxe do acio