Issuu on Google+

DISFRAZ DO ENTROIDO 2013/14 DO 1º CICLO EP MOTIVO: PEDRO E WILMA PICAPEDRA

Materiais e confección do traxe de Pedro Picapedra:  Traxe: bolsa de plástico ou tea de disfraz de cor laranxa. Rematarase en picos en ombreiros e xeonllos.  Manchas: Airon-fix, fieltro ou tea negra, para pegarlle as manchas en forma triangular.  Gravata: plástico ou tea azul se a levan solta. Se a prefiren pegada ao traxe con Airon-fix azul ou cosida. Outra variante podería ser grapada.  Base do disfraz: xersei, medias ou pantalón de cor negro para que non pasen frío.  Calzado: Botas ou deportivas.


DISFRAZ DO ENTROIDO 2013/14 DO 1º CICLO EP MOTIVO: PEDRO E WILMA PICAPEDRA

Materiais e confección do traxe de Wilma Picapedra.  Vestido: bolsa de plástico branca ou de tea da mesma cor con goma na cintura ou un cinturón atado. Deberá rematar en picos e cortado no peito, tal como se indica.  Pelo: perruca ou recollido cun moño.  Pescozo: colar branco de bolas grandes. Se non o atopasen, doutra cor.  Base do disfraz: medias e polo de cor negro.  Calzado: branco ou negro.


Disfraz do 1º ciclo entroido 2014