Issuu on Google+

O HORTO ESCOLAR Na escola de Reis , que conta con dúas unidades, unha de Educación infantil e outra de primaria, traballamos conxuntamente na posta en marcha dunha experiencia de coñecemento das plantas e árbores que temos no patio así como na plantación dunha pequena horta . Tamén plantamos un acibro. En xaneiro iniciamos a preparación do terreo, contando para isto coa colaboración dalguha nai.

Preparando a terra A mediados de marzo plantamos os amorodos e poñemos os carteis cos nomes de plantas (árbores, arbustos e herbas) que temos no patio.


Plantando os amorodos

Agora xa temos os amorodos en flor


Aproveitamos esta actividade para que os nenos fagan actividades de lectoescritura e clasificaci贸n das distintas plantas. Lectoescritura: Infantil:nomes das distintas plantas Primaria:Describir por escrito o proceso que seguimos . Tam茅n por esas datas plantamos leitugas e tomates no recanto destinado a horta. Iniciamos a montaxe do rego por goteo.

Plantando tomates As铆 mesmo sementamos acelgas, cenorias e remolacha para ter unha representaci贸n


de plantas das que comemos distintas partes(raíz, talo ou follas)

Plantando as leitugas Estamos tamen iniciando a observación dos bechiños que pululan polo noso patio.Nestas datas observamos as plantas que temos floridas e os insectos que as visitan , por exemplo as nosas azaleas están sendo moi visitadas polas abellas nestas datas. Tamen temos niños para os paxaros nas árbores do patio....Agardamos a ver que pasa.


VOZ NATURA REAL (de Reis)