Page 1

LINGUA GALEGA 3º E.P. EXPRESIÓN ESCRITA.

Escribir unha poesía Cada unha da liñas dunha poesía chámase verso. Unha estrofa é un grupo de versos. Dous versos riman cando as súas últimas palabras acaban con sons iguais ou semellantes. Rima consoante coincide todo, a partir da vogal tónica. Ex: pilla- filla. Rima asonante coinciden só as vogais. Ex: lapis – cáliz. Cando queiras facer un poema, primeiro tes que pensar en varias palabras que rimen e que estean relacionadas co tema do que vai a tratar o poema. Logo pensamos o verso completo, colocando a palabra que rima ao final do verso. O poema debe explicar algo, contar algo, etc. Non consiste en poñer palabras que rimen sen que exista unha boa relación temática entre elas.

NORMAS PARA ESCRIBIR UN CONTO Antes de empezar un conto tes que pensar e ter claro as seguintes cousas. 1. A idea: Pode ser un suceso estraño, como a desaparición da Estrela Polar, un feito máxico, coma conversión dun príncipe en ra, ou unha aventura divertida a visita dun neno a un “ safari park”. Tamén pode ser un problema que se lle presenta de pronto a un dos personaxes; por exemplo, uns nenos descobren que a Estrela Polar desapareceu. 2. O mapa do conto: Cando xorde o problema teño que pensar como se vai solucionar. 3. Os personaxes do conto: Os personaxes dos contos soen ser persoas ou animais; ás veces incluso son cousas que falan e compórtanse como se fosen persoas. Pode haber un bo e outro malo. 4. A acción: Son as cousas que lles ocorre ós personaxes . Viven aventuras, teñen que superar probas difíciles, son enganados ou auxiliados por outros personaxes, reciben premios ou castigos. 5. Lugar e tempo: O escritor debe explicar onde se realiza a acción, e cando,é dicir, en que momento se realiza. Unha vez temos claro o anterior comezamos o conto: Partes do conto: 1. Introdución: é o comezo do conto, o escritor explica onde e cando comeza a acción e presenta a algún personaxe. 2. Nó: Unha vez feita a introdución o autor conta a historia, é dicir, todo o que sucede a acción. Por exemplo, primeiro conta o problema que se lle presenta a un personaxe e logo narra tódalas aventuras que levan á solución. 3. Desenlace: é o remate da historia, pode se-la solución ó problema que xurdiu inicialmente. Unha vez rematado o conto temos que seguir estes últimos pasos: 1. Ler de novo o conto e comprobar se as oracións están ben explicadas. 2. Escribir correctamente tódalas palabras, valéndose, se é preciso, da axuda do dicionario. 3. Pon as maiúsculas e tiles debidas. 4. Mellora a puntuación , emprega: puntos, comas, a raia do diálogo, dous puntos... 5. Fai debuxos dos momentos máis interesantes do conto. 6. Preséntao axeitadamente e ponlle unha portada atractiva. 1


A COMUNICACIÓN Para que haxa comunicación ten que haber sempre estes elementos: • Emisor: o que transmite a mensaxe. • Receptor: o que recibe a mensaxe. • Mensaxe: a información que se transmite. A comunicación pode ser de dous tipos: verbal e non verbal. • Comunicación verbal: utilizamos palabras, mediante a Linguaxe falada ou a linguaxe escrita. • Comunicación non verbal: utilizamos xestos, imaxes ou sons.

CLASES DE ORACIÓNS As oracións son as palabras ordenadas que comunican unha mensaxe con sentido completo. As oracións empezan sempre con letra maiúscula e teñen polo menos un verbo. Ex: Isto é un niño de paxariños.

As oracións poden ser: •

• • •

Enunciativas, explican un feito de forma afirmativa ou negativa. Ex: Xoán come un pastel.( afirmativa) O can non ladrou esta noite.(negativa). Interrogativas: serven para preguntar algo. Ex: Pódote axudar? Exclamativas: Serven para expresar un sentimento de: alegría, medo, sorpresa... Ex: Está chovendo! Imperativas ou exhortativas: Expresan unha orde ou mandato. Ex:Cóntamo.

NOTA: Nas oracións interrogativas e exclamativas ponse os signos de interrogación e exclamación o finaliza-la frase

CLASES DE PALABRAS 1.

Os substantivos ou nomes: son as palabras que serven para nomea-las persoas, os animais ou cousas. Ex: coche, neno, mesa, can, pelo, Miguel, Moaña, lapis, gato, parede, etc. Os nomes teñen xénero (masculino ou feminino) e número (singular ou plural). Ex: amigas> xénero feminino , número plural Clases de nomes:  Común: serve para nomear calquera ser da mesma clase. Ex: neno, mesa, can, avión,etc.  Propio: designa un ser concreto e distíngueo dos demais; os nomes propios escríbense con maiúscula inicial. Ex: Uxía, Arón, María, Anxo, Moaña, Miño.  Individual: designa en singular un só elemento. Ex: ovella, libro, nena, peixe.  Colectivo: designa en singular un grupo de elementos.Ex: bosque, rabaño.  Concreto: nomea elementos que se perciben a través dos sentidos. Ex: peixe, chuvia, parede, nube, bolígrafo.  Abstracto: nomea elementos que non se perciben cos sentidos. Ex: humidade, alegría, tristeza, tranquilidade. Cando un substantivo vai con outras palabras dicimos que forman un grupo nominal.

2.

Os adxectivos: son as palabras que nos din como son ou como están as persoas, os animais ou as cousas. Ex: guapo, brillante, grande, gordo, elegante, feroz, forte, cariñoso, amable, etc. Nos grupos nominais, o substantivo pode ir acompañado por adxectivos. Ex: O home forte S.N

2


Os determinantes

3. : acompañan ó nome ( van diante) e concordan con el. Poden ser: artigos (determinados ou indeterminados), demostrativos, posesivos, indefinidos ou numerais( cardinais : uno, dous, tres, catro, ordinais: primeiro, segundo,... multiplicativos: dobre, triplo.. e partitivos: medio, tercio, cuarto, quinto,...). Ex: o neno, un neno, este neno, meu neno, algún neno, tres nenos, Quinto neno.  OS ARTIGOS van diante do nome e teñen o mesmo xénero e número ca el. Os artigos determinados acompañan os nomes que se refiren a persoas, animais ou cousas coñecidas. Os artigos indeterminados acompañan os nomes que se refiren a persoas, animais ou cousas non coñecidas. Artigos determinados Artigos indeterminados Xénero singular Plural Singular Plural Masculino O Os un uns Feminino A As unha unhas 

Contraccións do artigo determinado coas preposicións de , en , a , con , por. o do no ó (ao) co polo

DE EN A CON POR 

a da na á coa pola

os dos nos ós (aos) cos polos

as das Nas Ás Coas polas

Contraccións do artigo indeterminado coas preposicións de, en e con: un dun nun cun

DE EN CON

unha dunha nunha cunha

uns duns nuns cuns

unhas Dunhas Nunhas cunhas

 OS DEMOSTRATIVOS Son as palabras que acompañan o nome e indican a distancia que hai entre a persoa que fala e os seres ou obxectos aos que se refire.. . .Ex: Este neno é bo.

Distancia Próxima media Grande ou lonxe

Singular Masculino Feminino este esta ese esa aquel aquela

Demostrativos Plural Masculino Feminino estes estas eses esas aqueles aquelas

Neutro isto iso aquilo

 OS POSESIVOS son as palabras que acompañan o nome para indicar a que persoa ou persoas pertence algo. .Ex: O meu neno é bo. Posesivos

Persoa Primeira Segunda Terceira

Meu/miña Teu/túa

Singular noso voso Seu/súa

nosa vosa

Meus/miñas Teus/túas

Plural nosos vosos Seus / Súas

nosas vosas

3


4.

Os pronomes persoais son as palabras coas que nomeámo-la persoa que fala (eu, nós) a

que escoita (ti, vós) ou a outros seres (el / ela , eles / elas), sen dici-lo seu nome, é dicir, van en lugar do nome, substitúeno. Ex: Eu como pan.

Singular Plural 5.

1ª persoa Eu Nós,

2ª Persoa Ti, Vós

3º Persoa el, ela, eles, elas

Os verbos son as palabras coas que expresamos accións (o que se fai).Cada verbo ten moitas

formas verbais e o conxunto delas é a súa conxugación. Os verbos teñen tempo (presente, pretérito ou futuro),persoa (1ª, 2ª ou 3ª) e número ( singular, plural) EX: escribimos, comerán, soñara, falei, xogaba, saltei, marcharon Os infinitivo é o nome dos verbos. Os infinitivos poden rematar en –ar, -er, -ir. Ej: cantar, comer, escribir. Tempos dos verbos: Presente: é o que sucede agora. Ex: como • • Pasado ou Pretéritos: é o que xa sucedeu (antes). Ex: comín • Futuro: é o que vai a suceder ou pode suceder (despois). Ex: comerei Cada verbo ten moitas formas verbais e o conxunto delas é a súa conxugación. As formas verbais indican se a acción a realiza unha soa persoa (singular) Ex: come. Ou varias persoas (plural) Ex: comeron. As formas verbais tamén indican qué persoa realiza a acción. • Primeira persoa: eu, nós. Ex : Como (eu)> 1ª persoa singular • Segunda persoa: ti, vós.Ex: comes (ti ) > 2ª persoa singular • Terceira persoa: el, ela, eles, elas. Ex: come (el)> 3ª persoa singular. Os verbos teñen persoa (1ª , 2ª ou 3ª), número ( singular ou plural), tempo (presente , pretérito ou futuro) e conxugación (1ª –ar, 2ª –er, 3ª –ir).

4

Apuntes galego 3º E.P.  

Gramática e expresión escrita.

Advertisement