Issuu on Google+

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2012 CONCURSO FOTOGRÁFICO: “OLLADA ÁS BATAS”

Trátase de que fotografedes as mulleres / homes da vosa casa en bata (mandil) e que acompañedes a fotografía dunha frase que reflicta os sentimentos que vos transmite.

BASES:  Cada alumno/a pode presentar un máximo de 3 fotografías  Cada fotografía irá acompañada dunha frase que reflicta os sentimentos que lle transmite. A frase estará escrita en galego.  Entregará a fotografía en soporte dixital en CONSERXERÍA ata o día 5 de marzo.  Todas as fotografías presentadas serán impresas e expostas no centro e colgadas da web do centro.  Haberá dous premios: un á mellor calidade fotográfica e outro á mellor concordancia entre frase e fotografía.  A participación no concurso implica a aceptación das bases do mesmo. O profesorado pode participar presentando fotografías coas mesmas condicións que o alumnado, pero non entrarán no concurso. Organiza:Act.Complementarias, EDLG e Dep.de Debuxo.


Bases concurso