Issuu on Google+


201 3 - 201 4

U N C U R S O E N FO TO S

A G A I VO T A

I E S M O N TE C AR R AS C O . C AN G AS E QU I P O D E D I N AM I ZAC I Ó N D A LI N G U A G ALE G A www.edu.xunta.es/centros/iesmontecarrascocangas


ED I TO RI AL EDLG

IES MONTE CARRASCO

Álex Cortés Ayaso

3


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

DESDE A CHEMINEA

Quérenme facer dixital, moderna, para ser vista na pantalla, no smartphone, na tableta, en calquera medio menos no que a min máis me gusta: o papel. Négome, rotundamente négome a ser outra vítima dun tempo aloucado de mestura de avances e refugallos. Abrazamos con entusiasmo todo o moderno e que nos parece o non vai máis -ata que chega outro aínda máis non vai máis-, e esquecemos, acantoamos nun recuncho e chantamos no lixo os artiluxios que tanto ben fixeron na humanidade. Non estou contra o progreso, entedédeme, estou contra o esquecemento. Desfacémonos dos libros, os maiores amigos de tantas xeracións aínda próximas, coa escusa do espazo reducido, do transporte, do custo, de mil lerias que non valen para convencerme de que a condena é xusta e o abandono definitivo, necesario. Onde estea a wikipedia ou a Galipedia parece non valer un tocho de tapas duras dos que non deixaban sacar da biblioteca. . . non para previr o seu deterioro, mais por coidar as nosas costas dos danos por excesos de cargas. Hai que manexar tamén o abecedario para saber a orde correcta e o lugar exacto onde temos que procurar, cando agora no buscador mesmo podes cometer erros ortográficos, que chos perdoan, sen baixarche a puntuación global. E pronto, moi pronto non teremos nin que manexar os dedos, tan comprimidos que son os teclados modernos, bastará con usar a voz, clara, concisa, turbadora e namorante para que as nosas ordes sexan ó instante información a moreas que tamén deberemos -deberemos? - saber interpretar e seleccionar. Asegúrovos que inventarán o xeito de que nin que falar teñamos, chegará con pensalo e sairá directamente nas pantallas. Pero ollo, moito ollo co que pensemos entón, porque se cadra resulta políticamente incorrecto, ou molesto, ou sospeitoso, ou delator, e a propia xustiza sairá do noso hipermegaportátil en forma de raio paralizante ou directamente terminal, e, en cuestión de minutos chamarán á porta, ou máis ben entrarán directamente ó noso fogar para levarnos tamén, agora inertes e inútiles, ó recuncho das cremacións colectivas para xerar enerxía limpa -limpa?- que facilite a recarga dos aparellos dos aínda vivos. Eu non quero ser dixital, non quero que por erro desapareza o meu app do escritorio, non quero que cando casque o disco duro aló vaia a miña existencia tan eximia e literaria e ninguén teña oportunidade de acariñar as miñas páxinas cos seus dedos -esta é a única opción dixital que acepto, que preciso, que procuro. Teño medo da nube, dos nubeiros que non son os que coñezo neste noroeste peninsular, dos que non traen auga. Non gosto das incertezas, dos anxos da garda que habitan en espazos etéreos en macrocomputadores propiedade dos espías sabelotodo, do grande irmán que vixía cada un dos nosos pulsos sobre un teclado, unha pantalla, . . . Non gosto mais estou enredada na rede, non podo non estar, sería outra maneira de desaparecer e eu preciso vivir, estar ó voso carón, levarvos novas dende a cheminea, alzarme nos ceos multicores do Carrasco, ser portavoz de toda a vida que bule dentro e fóra das aulas que vos acollen, ser testemuña dese tempo invertido en aprender a non esquecer, a coidar e manter a lembranza daqueloutras xeracións que fixeron camiño para nós chegar a onde estamos. Non teñades présa. . . pasiño a pasiño. . . A GAIVOTA


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Fa l a d o i ro M a i o r I ñ a k i

Tecendo nas páxinas ao longo do curso estivemos no Faladoiro Maior, o noso club de lectura para profes (propios ou non) e familiares do alumnado. Boa cousa foi o de pendurar unha bufanda na parede do corredor da biblioteca, para protexérmonos a gorxa e o idioma, que andan tempos fríos e mesmo a este comezo de xuño estalle a custar entrar en temperatura. Con nobelos comezamos no primeiro trimestre, nas agullas das protagonistas do libro de María Raimóndez, O club da calceta. Un libro para seguir os fíos da vida de diferentes mulleres que se recoñecen no encontro dunhas clases de calceta. Unha obra de contos cunha clara perspectiva de xénero, na que as personaxes van atopando en si e nas outras as marcas do patriarcado e axudándose a buscar novas formas de estar moito máis libres no mundo.

V a r e l a

Nesta mesma avaliación tamén tivemos ocasión de desfiar algo de poesía. Desfiar máis que tecer, xa que tiramos poemas da antoloxía Novas de poesía. 17 poetas, da Fundación Uxío Novoneyra. Tiramos deles como se tira de fíos, sen saber ben en que vai rematar a cousa, experimentando un pouco co xogo, un pouco co medo que sempre pon a poesía. E tirou tamén con nós experiencias e reflexións unha das autoras recollidas no libro, a poeta de Bueu Lucía Novas. E ao final Os fíos, os mesmos fíos que percorreron o ano, nesta ocasión até dentro do propio título da obra de Xurxo Sierra Veloso. Outra historia de historias, con vidas entrecruzadas, que deu para pensar nos absurdos cotiáns e despedirnos por este curso do club. Tecemos esta xeira lectora Pilar, Elena, Álex, Carlos, Begoña, Alba, Chus, Iñaki, Lúa e Nieves.

Con novela continuamos xa na segunda avaliación, co libro do que quizais máis gustamos nese curso, O edificio Yacoubian, de Alaa Al Aswany. Lémolo na tradución galega feita por Fátima Tourari, para Rinoceronte. Outra obra que liga as vidas de múltiples personaxes, neste caso para construír un retrato da historia recente do Exipto previo ás “primaveras árabes”. Un libro que traslada moi ben a complexidade social e política deste país e unha moi boa tradución desta antiga alumna do IES Rodeira. Parabéns a Rinoceronte por estas publicacións!

5


M a n i fe s to pola p a z

A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

Alumnado de 4 º B

Que entendemos por paz? O noso dicionario defínea como: “situación de tranquilidade na que non hai conflitos”.

No mundo máis inmediato a nós, sentimos que estamos en paz, porque non hai guerras. Pero debemos ter en conta que na actualidade hai no planeta máis de vinte países en guerra, provocada por intereses económicos, motivos relixiosos, diferencias raciais... Con todo, debemos ir máis alá, xa que a ausencia de guerra non garante que haxa paz. Millóns de persoas non teñen os mínimos recursos para poder vivir. Mentres estas persoas non teñan unhas condicións de vida dignas –acceso á educación, á sanidade, a alimentación ou a unha vivenda-, mentres a muller sexa considerada inferior ó home, mentres que a avaricia sexa máis que a bondade, mentres que a cor da pel sexa máis importante que a cor dos ollos, non haberá paz no mundo. Hoxe, 30 de xaneiro, é o Día da Paz. Paz sabe a tranquilidade, a liberdade. Liberdade de pensamento, de relixión, de cultura..., soa ben, verdade? Soa ben un mundo sen guerras, soa ben un mundo no que abunden o respecto, a tolerancia, os sorrisos, as alegrías; no que non caiban as pelexas, a violencia, os asasinatos, as armas, as malas caras... Por iso propoñemos dende aquí, dende o noso pequeno recuncho, que collamos as nosas mans e que dende este pequeno lugar onde nos atopamos, deixemos o noso gran de area. Cun gran de area de cada un, podemos facer unha montaña e con ela contribuír a construír a paz.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Banda Deseñada

Paula Broullón e Rosa Escolano, 4º A

7


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4


EDLG

IES MONTE CARRASCO

9


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

V I S I T A A M I N E R V I G O ' 1 3 Por Marta Camaño, Ana Ruíz, Sara Portela e Marta Rodríguez, 1º

levamos moi poucos cartos ou ningúns, co que algúns quedamos coas ganas de mercar algún que outro mineral. Había incluso alfaias confeccionadas con minerais e pedras, e tamén cunchas, e rochas para decoración.

O xoves 10 de outubro, o Departamento de Ciencias Naturais (Ana e Cristina) organizou unha saída a unha exposición de rochas, minerais, cunchas e fósiles en Vigo chamada MINERVIGO para os alumnos e alumnas de primeiro e cuarto da ESO. Saímos do centro ás 10 da mañá e chegamos aproximadamente á unha. Jaclyn, a lectora, veu connosco xunto con Pedro, Ana e Cristina. Ao chegar á exposición, moitos pensabamos que sería nun museo, pero non..., estabamos na estación marítima de Vigo. A maioría de nós impresionámonos coa cantidade de minerais que había. Déronnos unha unidade didáctica que tivemos que cumprimentar... e todos pensamos... ”ata de excursión nos fan traballar”. En Minervigo había dezanove postos de minerais, rochas fósiles ou cunchas. Cada persoa traballaba no seu posto. Viñan de diferentes lugares de España (Madrid, Alacante, Barcelona, Guadalaxara ou Murcia) e había algúns de Portugal e incluso doutros países (filipinos ou nixerianos). Ademais podíanse mercar... e ata había unha moa de mamut (se non nos enganaron!). Como as profesoras querían que lle deramos prioridade a observar e aprender non nos dixeron nada de que se podían mercar e

Os que máis nos gustou foron os cuarzos, as piritas (había un cuarzo con pirita precioso pero era moi, moi caro), cuarzos amatista, calcitas, fluoritas, rosas do deserto... Tamén vimos cunchas de diferentes cores, estrelamar de distintas formas, dentes de quenlla... O que máis nos sorprendeu foi o grandísimos e caros que eran algúns minerais e rochas. Ao saír da exposición fixemos unha foto coas estatuas que están na explanada do porto. Pasámolo moi ben... a ver se para o ano repetimos, xa que as profesoras nos dixeron que era unha exposición periódica.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

ENTROIDO.14 p or Insafe Qaqa, 2ºB Coma todos os anos, celebramos o entroido no Monte Carrasco. Antes de comezar a celebración, os membros do club de lectura asistimos na biblioteca da Casa da Cultura a un encontro co alumnado do Club de Rodeira, ó que nos acompañaron Ana e Pilar. Alí, estivemos falando sobre o libro de poemas Amar e outros verbos. E cando regresamos, xa estaba o instituto moi alterado, porque comezaran os preparativos para conmemorar o entroido e os corredores estaban poboados de multitude de personaxes inusuais no noso centro. Este ano, o tema común dos disfraces eran os mundo literarios. Os profesores e profesoras ían disfrazados de piratas, e dedicáronnos unha canción que estaba bastante ben. Entre o alumnado había gran variedade de disfraces: damas, vagabundos, reporteiros. . . Tanto as actuacións musicais como o desfile celebráronse este ano no ximnasio por mor do mal tempo, pero a pesar diso, divertímonos moito coas murgas, aínda que esta vez quedaron algo incompletas, porque non todos os grupos participaron. As alumnas e alumnos de 4º deron regalos a cada profesor, facendo fincapé nas súas manías e teimas, o que nos fixo rir en moitas ocasións e converteu a entrega nun accto moi divertido. O xurado, como sabedes, é o que decide a quen outorgar os premios, que valoraban a mellor murga, o mellor disfrace individual e o mellor disfrace colectivo. 4º A gañou o premio á mellor murga, na que sacaron a relucir algunhas das manías do profesorado que lles dá clase . O grupo de PCPI gañou o premio de mellor disfrace colectivo, cunha reprodución do mundo de Lázaro de Tormes. Lorena, de 2º B, gañou o premio ó mellor disfrace individual, caracterizada como Lucy Westenra, a vítima do conde Drácula na novela de Bram Stoker. Un premio especial recaeu sobre Alfredo, de 1º B, disfrazado de xornalista, con gabardina e micro. Eu estaba no xurado. Por primeira vez tiven a oportunidade de vivir a celebración dende unha perspectiva distinta, votando as cantigas e os disfraces que máis me gustaran. Foi unha experiencia moi emocionante, xa que puiden dar a miña opinión valorando aspectos que, doutro xeito, pasaríanme desapercibidos. Finalmente, o alumnado de 4º queimou o momo que elaboraran para ese fin na parte traseira do instituto e, a continuación, entre todos recollemos os desperdicios e o lixo que se xerara e puxemos fin a unha xornada festiva esperando que o próximo ano poidamos repetir. . .

11


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

Experiencia Radiofónica por Alfredo Costas, 1º B

Vou aproveitar este recuncho d´A Gaivota para falarvos da miña experiencia na radio. Empecei a traballar na radio no ano 201 2. Foi un día no que o meu compañeiro Fernando me preguntou: "queres facer radio comigo? Eu aceptei, fixemos as primeiras probas ao empezar e comecei xa ese día, aínda que iso si, con moita vergoña ao presentarme ao público. A verdade é que me foi algo complicado porque era a primeira vez, e na primeira vez sempre hai algo de vergoña. Antes de decidirnos, cambiamos o nome mil veces: primeiro chamouse Radio Fer; despois, Radio Rumbo; finalmente, Radio Summer. Eses primeiros días empezamos cun plan de verán que consistía en emitir todas as mañás, cada media hora os nosos programas. Recordo que os meus eran de música e de noticias, pero o que máis recordo é que só emitimos unha vez nese proxecto de verán. Este ano esperamos facer algún proxecto mellor elaborado, como por exemplo en hangouts de Google+, que nos deixa emitir moito tempo e permite dar paso ós oíntes. Deixaremos que os oíntes se metan no programa ou se non, que poidan vivilo a través da miña canle de YouTube, que se chama Fredy Costas, coma min. Creo que sería unha bonita experiencia para facer este verán, para que todos poidan participar e dar a súa opinión a través dos hangouts. Unha das cousas boas que temos é que dispoñemos de oito horas para emitir, que é moito comparado coa consola de speaker que só daba para emitir trinta minutos e despois había que cortar, espero facer este verán ese proxecto nun programa onde os oíntes poidan participar; é un proxecto que levo impulsando moito tempo na radio. Ter boa voz é importante na radio, se non tes unha boa voz os oíntes poderíanse queixar; eu agora só emito os partidos e canto os goles repetidos porque a voz non me dá para máis.

Algo que tamén levo pensando moito tempo é poñer un horario semanal, para manter os oíntes informados de todo e os horarios de cada un deses programas. Para iso, utilizarei google calendar, que é un programa que me deixa poñer os horarios dos programas. O malo desa radio é que só se escoita por internet e nos blogs. En realidade non é fácil, porque se o ordenador se colga, párase o programa; tampouco é fácil para min emitir partidos porque teño que coller os sinais de canles de internet, e se non é grande, vese demasiado pequeno. Para min é superimportante ter audiencia, se non, o traballo que fago é inútil. Encantaríame ter máis oíntes, pero pouco a pouco, imos conseguindo que a nosa audiencia aumente, o cal nos motiva para seguir avanzando. O meu programa chámase Deportivator, e como se pode adiviñar polo nome, é de contido deportivo: retransmito partidos. Acostumo a fixarme máis no meu equipo, o Celta, pero en realidade teño que narrar ben os de todos os equipos españois. Ás veces hai que improvisar e custa un pouco porque non tes tempo para pensar, pero inspírome en todos os locutores deportivos. Ó que máis admiro é a Paco González. E teño un soño: ser locutor deportivo e retransmitir os partidos do Alondras e do Balonmán Cangas nos campos. Só é un soño, pero lévoo pedindo desde que comecei e espero poder cumprilo algún día. Creo que o que máis atrae da radio é que é un invento que leva funcionando moito tempo, e que cando queres saber algunha noticia sempre está aí. É un elemento imprescindible para a comunicación. Pra min a radio e un hobby porque me divirto moito emitindo e radiando co micrófono, que é un elemento fundamental na radio, se non, non emitiría. E en último lugar, para despedirme, direivos que non deixedes de escoitar a radio, que axuda no tempo libre.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

O Carrasco na Coruña eAlbanasVeiga, Pontes 4ºB

En marzo, os Departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía organizaron unha visita á central eléctrica das Pontes e ó Museo de Ciencias e Tecnoloxía da Coruña (MUNCYT). Saímos do instituto ás 8.30 e tras dúas horas e media de autobús, cunha parada no medio, chegamos ás Pontes, na provincia da Coruña. Alí tivemos que esperar un anaquiño para entrar na central eléctrica, porque a causa de vir dende tan lonxe, chegamos antes de tempo. Ás doce entramos. Unha vez dentro, a guía, que era unha rapaza un pouco borde, explicounos como funcionaba a central. O primeiro paso consiste en amontoar o carbón exportado dende fóra nun sitio ó aire libre, só cun teito para protexelo da choiva e os ventos, logo pásase por unhas cintas transportadoras ata as torres, onde se queima e con esa calor quéntase a auga. O vapor que produce esta fai unha presión que move o xerador e produce así enerxía. Demos unha volta pola central, mirando as salas de control e as torres de refrixeración, catro en total, das que só unha estaba en funcionamento. Antes de marchar, fomos ó lago artificial que está situado na antigua mina de onde extraían o carbón que logo empregaban na central. Desta maneira reduciron o impacto ambiental derivado da mina a ceo aberto e a maiores servirá nun futuro para fomentar o desenvolvemento sostible da zona con usos acuáticos e de ocio e tempo libre. Este lago, que se acabou de encher no ano 2012, é o máis grande de Europa. Arredor das 13.30 saímos cara ó Museo de Ciencias e Tecnoloxía da Coruña. Chegamos alí sobre as 14.30 e comemos no seu comedor mentres non chegaba a nova guía buscarnos para comezar a ruta. As salas do museo están separadas por cadeas en lugar de paredes; nunha das salas hai dous robots que semellan un home e unha muller e que foron os que nos explicaron máis ou menos o que iamos ver no museo, como, por exemplo, un faro do ano 1940 ou un cinematógrafo moi antigo. Despois de facer unhas actividades para atopar as respostas ó que nos preguntaban pola sala, subimos á segunda planta,onde había parte dun avión; subimos á cabina do piloto, un cuartiño cheo de botóns, e á zona da primeira clase, con sillóns moi cómodos que levan pantallas de televisión incorporadas. Ás 17.00 horas saímos do museo porque xa ía pechar e, como aínda non chegara o autobús, cruzamos a estrada e aproveitamos para sacarlle unhas fotos á torre de Hércules. Media hora máis tarde, subimos ó autobús e voltamos para a casa.

13


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

R e c u n c h o da c i e n c i a

PENSAMENTOS DUN MOSQUITO ANOPHELES Hai pouco que saín do ovo, basicamente foi onte. Nacín femia. Dixéronme que as femias da nosa especie temos una habilidade que non teñen os machos: a de transmitir protozoos que causan a malaria. -E esa malariaX. Pode chegar a matar?preguntei. -Pois claro, neniña- díxome unha femiaaínda ultimamente desenvolvéronse experimentos que remataron co achado de medicamentos para á enfermidade, pero que só se pode permitir a xente con cartos..., dos demais, poucos salvan. Quedei estupefacta. Para alimentarme ía ter que matar? Ás demais non parecía importarlles, entón, por que a min si? Desexei ser un macho, os machos non necesitaban o sangue para alimentarse, peroX ninguén decide como nacer, tería que aceptalo. Ao día seguinte, ensináronme como utilizar o aguillón e facer a primeira picada. Mentres iamos voando podía ver a xente nos seus aparellos provistos de cabalos; segundo me dixeran chamábanse “coches”, usábanos os humanos para moverse, xa que non teñen ás. Despois dun rato voando pola cidade, os mosquitos pararon nunha ventá dunha casa onde una cría humana estaba durmindo. -Aí tes a comida- dixéronme- amósanos o que sabes facer. - Pero é só unha cría humana, non podemos buscar un humano destes dos que me falastes que teñen autoridade?- supliquei. -Eses humanos, non hai bicho vivente que saia da súa casa con vida, teñen sistemas para acabar con nós; é máis doado esta clase de humanos, fainos caso se queres comer. Non tiña outra opción. Se non, faríano eles e sería moito peor. Fun voando xunto a el e pouseime sobre o seu brazo. Intentei que a picada non lle fose dolorosa, pero o sabor do seu sangue era moi doce. Parei. Non quería quitarlle demasiado sangue ou transmitirlle a

Peppafly

malaria, pero quedei coas ganas. Despois de todo, era un mosquito coma outros; por máis que o quixera impedir ía ter fame si ou si. -Estaba boa, eh?- dixo un mosquito. - Non lle transmitiría a malaria non?- díxenlle facendo caso omiso á súa anterior pregunta.

-Seguro que non- riuse polo baixo. Nos días seguintes, arrepentida pola picada que lle fixera a aquela cría humana, intentei alimentarme de animais pequenos ou que estaban abandoados e xa vellos. Advertíranme de que non ía ser o mesmo sabor, pero dábame igual. Eu prefería non facer o que fan as femias da miña especie: transmitir a súa enfermidade e esnaquizar familias sen lles importar o máis mínimo. "É só unha vida"; dicían todas, pero se todas fan o mesmo acabará isto por converterse naquela enfermidade contaxiosa chamada “peste”. Un día, pasaba cerca da casa daquela cría á que picara. Decidín ver como estaba. A escena deixoume paralizada. A cría estaba tremendamente mal, a súa pel estaba moi branca, a temperatura do seu corpo era excesivamente alta e soltaba un líquido pola boca. Enganáranme. -Crías que non ía enfermar? As cousas son así, non podías facer nada, tiñas que comer. O que algo quere algo lle custa- dixo o mosquito. Quedei indignada. Así que tomei unha decisión; non volvería a comer e quedaríame


EDLG ao lado da cría. Aínda que fora pouco, impediría que outros mosquitos se acercaran a ela no seu estado.O primeiro día xa tiña fame, pero aguantei. Logo viñeron os meus compañeiros. -Estás tola? Quédanche poucos días de vida, e menos se segues así. Era certo. A nosa especie non pasa das dúas semanas de vida e a min quedábame pouco. -Non paga a pena destruír anos de vida de un

IES MONTE CARRASCO humano por uns poucos días da miña. Un par de días despois, acabou a miña vida definitivamente. Non sei se a humana morreu ou se salvou. Espero que se salvara e tamén espero que nalgún futuro o medicamento para a malaria poidan utilizalo todos os humanos, tanto os que teñen autoridade como os que non. Ese día seguramente a nosa picada no será máis que unha leve enfermidade.

Alexander Fleming: A Penicilina

O profesor Fleming estaba traballando no laboratorio xunto con nós, os seus alumnos, intentando observar como un determinado microbio se reproducía e formaba colonias. Tiña varias placas de Petri, nas cales colocara unha cantidade determinada de microbios chamados estafilococos e cada certo período de tempo abriamos a caixa e mirabamos polo microscopio para ver canto e como creceran. Un día de setembro de 1928, sucedeu que nunha das caixas, os microbios apareceron mortos. Agora deberiamos volver a comezar todo o traballo. Menos mal que tiñamos máis mostras e puidemos continuar co noso experimento. Xa nos dispoñiamos a tirar a placa que non servía e continuar, cando o profesor Fleming dixo: “Pero, quen matou estes microbios?” Todos quedamos sorprendidos ante esa pregunta e lanzámonos a investigar para darlle unha resposta. Pouco a pouco, as placas do experimento inicial foron abandonadas, e polo contrario o interese centrouse naquela placa misteriosa. E así, igual que antes crecían os microbios, agora crecía, de forma exuberante, un fungo que ninguén

Autor: Notatum

sementara e que seguramente chegou a través do aire e depositouse alí no momento de abrir unha das caixas para observala no microscopio. E non había ningunha dúbida, este fungo descoñecido provocou que os microbios desapareceran. Despois dese día moitos investigadores comezaron a buscar o mecanismo que facía que este fungo destruíra os estafilococos. Fleming descubriu que era un fungo dos chamados “Penicillium”, porque vistos ó microscopio teñen forma de pincel. Á substancia que produce o fungo e mataba aqueles microbios chamáronlle Penicilina.

15


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

R e c u n c h o da c i e n c i a

AVOA, QUE SON EU! (Alzheimer) Onte miña nai levoume á casa da avoa. Facía moitísimo tempo que non a vía, case un curso enteiro, ao vivir en Cantabria tan lonxe de Cambados e ao ir á escola, non puidemos ir visitala. Miña nai ía moi a miúdo, algunha semana solta que non traballaba, eu pedíalle ir pero ela sempre poñía a escusa de que estaba moi lonxe e que no coche íame marear xa que eran moitas horas de camiño. De camiño a Cambados, onde vivía Marisa, a miña avoa, mamá contoume que estaba un pouco pachucha e que tiña que falarlle amodo. Iso estrañoume porque a avoa sempre fora una persoa moi espelida e esperta. Cando chegamos a Modia, a pequena aldea onde se criara a miña nai, Lume, o can da familia, que recoñecera o ruído coche, saíu saudarnos, co rabo en alto movéndose a toda velocidade. Mamá parou o coche, as dúas saímos e ela abriu a cancela da casa. As herbas do xardín estaban moi altas e xa non había flores, só estrugas e algunha margarida xa murcha. Rodeamos a casa, e chegamos á porta principal, abrímola. Avoa, avoa! – berrei nada máis entrar esperando que a avoa aparecera rapidamente para darme unha calorosa benvida, pero non foi así. Que che dixen, Lucía? Aavoa está maliña – reprimiume miña nai María, pregando o cello. Ao fondo do corredor albiscábase a luz da cociñaX Seguro que a avoa estaba a preparar o xantar. Asomei a cabeza e vin a avoa sentada nunha cadeira diante do televisor. Dedicoume un pequeno sorriso. Corrín abrazala, ela bicoume na meixela. Miña nai vía a escena dende a porta, ela tamén sorría. María, tes que facer a cama, non pode quedar todo o día así. – Díxome a avoa, fitándome fixamente. Eu non entendíaX a avoa chancea, pensei, pero a miña nai non lle fixo nada de graza, entrou na cociña e axeonllouse fronte á cadeira. Mamá, eu son María, ela é a túa neta Lucía. Xa o sei, xa o sei!Que tal vas hoxe?Mellor que onte, o teu pai fíxome andar moito para ir mercar o vestido da voda, e deixoume nesta casa, aínda estou a esperar por el. Empecei a palidecer, a miña avoa estaba rara, non recoñecía nin a súa propia casa. Mamá levantouse, e comezou a lavar unha morea de louza sucia que parecía que non se limpara dende había moito. Eu non sabía que facer, a avoa miraba fixamente o televisor. Comezou a rir sen motivo, só riu, pensei que era por algo gracioso que saíra na televisión pero deime conta de que o que estaba a ver era o canal de Interconomía, e aí moito de rir non hai. Levantouse de súpeto. Como teño a casa hoxe!- gritou moi alporizada dirixíndose á morea de pratos sucios que estaba a limpar miña nai. Mamá sentou a avoa na cadeira e dedicoulle unhas tenras palabras de agarimo e acougo.

por Disko duro

Pronto virá Belén, lavarate e levarate dar una voltiña pola alameda. Belén era a coidadora da miña avoa, díxomo miña nai o outro día. Ao principio non vin necesaria unha persoa que coidara da avoa, pois eu lembrábaa en perfectas condicións, pero agora comezaba a crer que a avoa xa non se valía por ela soa, e como rexeitaba vivir con ningún dos seus familiares, Belén era o noso último recurso. Abriuse a porta e alí estaba Belén. Era moi nova, duns vinte anos. Traía unha maleta e unha bolsa do súper. Saudou a miña nai e entrou, bicou na meixela a Marisa, e preguntoulle como lle fora o día e se limpara ela a louza. Alouza limpeina eu- dixo a miña nai Era moita, onte non tiven tempo de lavala, estiven limpando o po, facendo as camas, os baños e a comida. Antes de vir pasei polo supermercado e merquei a comida de hoxe e as cousas necesarias para a casa, e agora poñereime a facer de xantar. Grazas, Belén, es encantadora. Marisa non pode estar en mellores mans, coa súa enfermidade o que máis necesita é amor e agarimos. Mentres mamá se despedía de Belén, eu cavilaba sobre as palabras que dixera: “coa súa enfermidade o que máis necesita é amor e agarimos”. Aavoa non estaba ‘pachucha’ coma dicía miña nai, senón que estaba enferma. No coche, fitei a miña nai en silencio a ver se se daba por aludida e me contaba cal era a enfermidade da avoa e por que ninguén me falara diso antes. Por sorte mamá deuse conta do meu enfado. Contoume que a avoa tiña Alzheimer, unha enfermidade dexenerativa á que aínda non lle atoparan cura. O Alzheimer tiña distintas fases, a primeira, a máis leve consistía nunha notable perda de enerxía, cambios de humor repentinos, unha pequena perda de memoria e o rexeitamento a lugares ou persoas non coñecidas ou coas que non está familiarizada. Asegunda fase, máis grave consiste na perda de memoria longo prazo, esquecer a súa historia persoal, mesturar o pasado co presente, confundir ós seus familiares, esquecer a lectura e tender a inventar palabras. Síntoo, Lucía, -díxome- a enfermidade da avoa está xa moi avanzada e necesita moito agarimo e que sempre esteamos con ela. Non dixen nin unha palabra durante todo o traxecto. Cando cheguei a casa xa era de noite, corrín escaleiras arriba, collín o teléfono e marquei. Ola, avoa, son eu, Lucía. Netiña, canto tempo sen verte! Bótote de menos. Calei, estiveramos xuntas esa mañá e xa non lembraba nadaX que tristura! Tranquila, avoa, vou a estudar moito e de maior atoparei a cura para túa enfermidade e lembraralo todo, xa o verás, ti non te preocupes de nada, vale? Quérote, avoa, boas noites.


CATRO OLLOS

EDLG

Ola, chámome Raquel.

Toda a miña familia leva gafas, todos menos meu irmán. Non é moi usual que nunha familia case todos leven gafas, pero así é na miña. Empezaron a usar gafas os meus bisavós, polo menos que eu recorde. Os primeiros lentes que usaron os meus bisavós eran feos e pesaban moito. Non lle quedaban ben a ninguén. A miña bisavoa contoume unha vez que un día pola rúa viu a un home cuns lentes rarísimos, polo menos para ela. Eran uns lentes máis modernos, novos, diferentes e… non eran feos!. Comecei a pescudar nas fotos antigas que tiña a miña nai na casa e pareceume moi interesante como cambiaran as formas e as modas nos lentes. Eu non sabía nada sobre a súa invención nin da súa historia e busquei información sobre os lentes. Descubrín que o primeiro en pensar que uns lentes poderían mellorar a visión dos vellos foi un inglés chamado Roger Bacon no ano 1249. Eu seguía sen entender por que temos que levar lentes e decidín seguir investigando e atopeime cos chineses, pero os de China, non os dos comercios baratos. Como ía dicindo, os chineses foron os primeiros en inventar os lentes, é dicir, lentes de aumento armados en molduras, no século X. En Europa estes aparellos foron inventados en Italia. Os seus inventores foron Salvino Degli Armati no ano 1285 e Alexandro Della Spina no ano 1312. E non se inventaron por motivos de saúde, non, o que querían era que os artesáns melloraran a súa visión para que seguiran traballando... Curioso, non si?

IES MONTE CARRASCO

Autora: Lazarilla Chosquiña chamado Nicolás de Cusa, xa non tropezan cos farois pola rúa porque este alemán tan listo propuxo as lentes de forma cóncava para os miopes.

Pero, como diría a miña profesora de Ciencias Naturais cando eu ía á escola… como definirías os lentes?... Ao principio pensei que iso das definicións era unha manía súa, pero co tempo decateime do importante que é saber explicar as cousas. Pois ben, dun xeito sinxelo, podemos dicir que os lentes son un instrumento óptico que está formado por un par de lentes (se fose só unha lente sería un monóculo, nome moi gracioso, xa o sei, pero sexamos serios) suxeitas a unha armazón cun arco no medio para apoiarse no nariz, e patillas para apoiar nas orellas. Primeiro fabricábanse en vidro, pero agora fabrícanse con materiais máis liviáns como o policarbonato. Como se fose unha científica, porque curiosa son un rato largo, e non entendía que era iso da miopía, seguín pescudando. Todas esas palabras eran moi complicadas de entender para min, dicían que a miopía era un defecto de refracción do ollo e que os raios de luz únense diante da retina, e non na retina como sería normal. Buf… Non entendía nin papa, así que pregunteille a miña nai, e explicoume coas súas palabras que a miopía era un erro que facía imposible a visión de obxectos afastados e por iso a miña nai e parte da miña familia levan lentes, porque a maioría teñen miopía. A hipermetropía é o contrario, segundo di a miña nai, pero pescudando na internet descubrín que nesta outra enfermidade da vista, os raios únense detrás da retina.

Seguín investigando e atopei que a cantidade da miopía mídese en dioptrías negativas e a da hipermetropía en dioptrías positivas... e tendo en Os primeiros lentes eran de forma convexa, feitos para conta isto de diante ou detrás da retina resulta ata mellorar a visión de cerca, é dicir, para os que tiñan lóxico que usen números positivos e negativos, aínda hipermetropía, coma min. que a min levoume un anaco chegar a esta conclusión, non creades. Coa invención da imprenta, a lectura e os libros estendéronse a moita máis poboación, así coma o uso dos A miña nai tamén ten astigmatismo, a pobre ve todo lentes para poder ler. Co paso do tempo, a xente incluso borroso porque o astigmatismo é un problema de os usaría para semellar máis “intelectual”... Como se enfoque por causa da curvatura da córnea, segundo me nota que non os necesitan! contou meu pai, e pescudando sobre esta alteración cheguei á conclusión de que ese problema tamén se Miña nai e meu pai teñen miopía e ven fatal as cousas soluciona con lentes cilíndricas. que están un pouco lonxe, e grazas a un alemán

17


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

R e c u n c h o da c i e n c i a Púxenme a buscar fotos de lentes antigos e compareinas con fotos doutras máis modernas. O cambio era impresionante. Os que máis me gustaron eran uns redondiños semellantes ás de Harry Potter e os máis feos uns grandes, cun cristal case amarelo, moi groso que se chaman de “cu de vaso”, que facían os ollos moi pequenos e daba moita risa velas. Agora hai lentes de todas as formas e cores: de pasta, de metal, cadrados, redondos, con formas de corazón, … pero o mellor de todo é que xa non pesan nada porque están feitos con policarbonato, que é moi lixeiro. Tamén existen uns lentes sen molduras que se colocan dentro dos ollos que se chaman lentes de contacto ou

lentillas. A min parécenme moi incómodas, pero hai xente que as usa habitualmente. As primeiras lentes de contacto fabricounas en 1948 Kevin Tuohy e eran de metacrilato. En 1950, Otto Wichterle e Dreifus fabrican as primeiras lentes brandas, a min parécenme gominolas. Grazas a todos os inventores dos lentes, tanto das lentes como das molduras, hoxe podo ler moitos libros e estudar sen cansar a vista. Espero que se siga apoiando aos científicos para que haxa novos inventos e descubrimentos que axuden a todos a vivir mellor.

Acuriosidade: factorfundamentalnoprogresohumano. Unexemplo prehistórico

Autor: CliperZippo

O clan Dragil era un grupo de homo sapiens que vivía nun amplo val con recursos suficientes para mantelos durante moito tempo. Un día, un terremoto destruíu o hábitat e o clan viuse obrigado a buscar outro lugar onde asentarse. Andaron e andaron durante moito tempo, tanto que perderon a conta. Atoparon outro máis amplo e rodeado duns protectores montes. Neles había algunha cova que lles podía servir de abrigo nas frías noites de invernía. Cruzábao un ancho río onde ían beber moitos animais. Tiña caza abundante. Polas noites oíanse ouvear os lobos, por iso empezaron a chamalo o Val dos Lobos. Aquí o clan prosperou e medrou. Estas terras estarían situadas no territorio da actual Francia. Os varóns máis áxiles e os mociños, que axudaban ao mesmo tempo que aprendían, saían de caza. As mulleres, os incapacitados e os rapaces quedaban no campamento. As mulleres raspaban, secaban, preparaban as peles e elaboraban as vestimentas. Na pedreira próxima, Biter, un vello duns trinta anos, ensináballes aos nenos e aos impedidos todo o relacionado coa talla das rochas: seleccionar as pedras adecuadas pola dureza (pedernal), golpealas nos sitios máis axeitados e darlles a forma precisa para convertelas en puntas de lanzas ou frechas, machadas de man, raspadeiras para limpar as peles,.... Yutani, unha rapaza moi curiosa e inqueda, un día atopou un montonciño de pedras dunha cor entre amarela e parda (pirita). Parecéronlle moi atractivas. Colleu unha e golpeouna contra outra das que usaban sempre. Saltaron unhas pequenas luciñas brillantes que caeron sobre unhas follas secas de carballo que


EDLG

IES MONTE CARRASCO

había no chan. As luciñas desapareceron, pero das follas saíu unha luz que se ía agrandando cantas máis follas comía e ao tocala quentaba e danaba a pel das mans. Quedouse marabillada mirándoo e empezou a saltar e gritar ao seu redor. Os demais acudiron e tamén comezaron a saltar e a dar alaridos de temor mesturado con asombro. Cando acabou de comer as follas, desapareceu e no seu lugar quedaron uns restos brandos e quentes, ao tocalos pintaban de negro as mans e desfacíanse. Despois do asombro esquecéronse enseguida do acontecido igual que nos esquecemos dunha treboada despois de que pasa. Pasados os días, Yutani volveu á pedreira e sentou no seu sitio preferido. Por curiosidade, colleu outra das atractivas pedras e ao volver golpear con ela saltaron novas chispas, pero desta vez, non prenderon. Yutani convenceu aos seus mellores amigos, os curiosos e atrevidos Darren e Virtan, para que probaran a pedra. Ao primeiro saíronlle chispas pero tampouco prenderon. Ao segundo, despois de insistir varias veces, tamén lle saltaron as chispas. Probaron os tres xuntos e puxéronse moi contentos porque despois dalgúns intentos, a todos lles saían luciñas. Algunha delas caeu sobre as follas secas e volveu a aparecer aquela chispa que só duraba mentres había follas que comer. Despois da sorpresa e excitación de todos, Biter pediulle que lle mostraran as pedras que usaran. Intentouno el e viu como tamén lle saían chispas, pero non aparecía a luz que daba calor e comía as follas. Deuse conta que igual non aparecía porque non tiña comida e axiña se puxo a xuntar un montón de follas e os demais axudáronlle. Amontoaron o que lles viña á man: follas, paus, landras, fentos e herbas secas. Logo golpeou as pedras e viu como saltaban as chispas e aparecía a luz que duraba moito tempo, ata que comían todo o que puxeran no montón, agás as pedras que quedaban moi quentes e escuras. Todo o clan acudiu a presenciar entre abraiados, estrañados e atemorizados, o acontecemento. A partir dese día, o facer chispas con aquelas pedras converteuse nun xogo de rapaces. Coa chegada das intensas nevadas, o clan tivo que refuxiarse durante moitos días enteiros nas covas do monte e pasar frío e tamén fame ao non poderen saír de caza. A un dos amigos de Yutani, que xogaba a facer luciñas coas pedras, saltoulle unha chispa e prendeu nos fentos secos que empregaban a xeito de cama para durmir, estendeuse aos utensilios de madeira que empregaban para secar as peles ao aire libre e chegou a onde gardaban a carne. Os membros do clan ao principio asustáronse, pero logo ao ver a calor que daba e que só comía as follas e os paus tranquilizáronse e acercáronse para quentarse porque o frío era moi intenso. Só, cando viron que parecía que quería comerlles a carne gardada, se acercaron para retirala. Logo, ao comer a que se quentara déronse conta de que sabía mellor, estaba máis branda e o estómago parecía que tamén o agradecía. A partir de entón o clan Dragil aprendeu facer e controlar o "lume", así lle chamaron ao que descubrira Yutani. Converteuse en normal combater o frío e comer carne asada. Yutani foi a primeira muller chamán do clan e os seus amigos foron uns fortes guerreiros, chegando Darren a converterse en xefe. Os membros do clan, practicamente todos, comezaron a durar máis dos trinta anos e a sentirse máis seguros por canto comprobaron que os animais tíñanlle medo ao lume e fuxían del. Mais, tamén apareceron outros problemas como as pelexas entre clans para controlar o lume... pero esa é outra historia que xa contarei.

19


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

R e c u n c h o da c i e n c i a

OP O R SP E TMR AI NF I LEO SRO FAA LI S M Á X I C O S

O sol reflectíase sobre o lago cheo de peixes de diferentes cores. As árbores creaban unha sombra sobre o campo cubrindo todo o terreo. Máis abaixo había unha pequena fervenza, as rochas eran dunha cor bastante peculiar, gris cun ton fucsia. A cor destas rochas empuxaba aos científicos, abraiados, a ese lugar, para descubrir porque tiñan esa cor. O primeiro día do verán, Xoán (un científico pouco coñecido), sentíase fascinado polas rochas e decidiu ir ó lugar onde se atopaban. Ao chegar sorprendeuse moito ó ver a bela paixase. Todo era dunha natureza equilibrada e reinaba a tranquilidade, ó contrario da cidade da que viña el. Custoulle acostumarse ó clima, xa que facía moita calor. Estivo case sete meses recorrendo o lugar, collendo mostras e observando cada cousa que rodeaba as pedras. Pero non deu coa orixe da súa cor. Un día deixou unha mostra da rocha ao lado dunha planta porque o chamaron de urxencia. Cando volveu ao laboratorio ao día seguinte, viu que as follas que estaban máis preto da rocha estaban bastante máis verdes que o resto. Comezou a facer probas e chegou á conclusión de que a rocha tiña unas propiedades que axudaban á planta a

facer a fotosíntese e o máis incrible aínda, ¡sen necesidade da luz solar! Decidiu volver á súa cidade para mostrar a outros científicos o seu descubrimento: amosarlles o que facían aquelas rochas formadas por minerais que parecían máxicos. El mais os seus colegas científicos deixaron unha planta no soto sen luz e co mineral ó lado. Ao pasar unha semana foron botarlle unha ollada. A planta estaba en perfecto estado, como se estivera no campo. Fixeron que correra a voz e a mesma semana Xoán era o científico do que máis se falaba nos informativos e era portada en todos os xornais. Chamárono para moitas entrevistas na televisión e na radio. Xoán convertérase no científico a seguir e todos querían coñecelo. Todos dicían que realizara un gran descubrimento sobre un dos procesos máis importantes da natureza, a fotosíntese. Pero el cría que o máis difícil estaba por vir, tiña que investigar que substancia era aquela con propiedades únicas na natureza e que ademais parecía ser unha fonte de enerxía que podía chegar a substituír a luz solarQ Gran cantidade de científicos moi abraiados foron ao lugar onde se atopaban aqueles curiosos minerais e xunto con Xoán emprenderon unha nova e, esperaban, proveitosa investigación.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

A r q u í m e d e Pors Pablo Rouco Pousada (3ºB ) Corría o ano 263 a.c. cando un barco se achegaba as costas de Siracusa. A auga estaba calma e o barco sucaba as augas rapidamente coas súas velas izadas e os remos subindo e baixando nun vaivén incesante. Nese barco estaba Arquímedes, que volvía estudar co máis grande matemático do seu tempo. Arquímedes volvía por fin a encontrarse cos seus amados pais, xa que os botaba moito de menos, pero agora o momento do seu reencontro estaba achegándose pouco a pouco. Remada a remada, unha vez que o barco atracou no porto, Arquímedes colleu a toda présa as súas pertenenzas e saíu correndo do barco sen demorarse nin un instante e sen despedirse sequera do capitán e da tripulación. Correu e correu ata que chegou ao esperado encontro que levaba esperando meses.  Arquímedes, por fin chegaches dixo o seu pai.  Si, pai, aquí estou respondeulle.  Pero que grande estás! dixo a súa nai.  Xa haberá tempo despois para contarnos as túas aventuras dixo o seu pai. O rei quere verte con urxencia. Arquímedes foi con entusiasmo a ver ao rei. E como lle advertiu o seu pai con anterioridade, a un rei non se lle pode facer esperar, así que apresurouse. O salón do trono era moi elegante, cunhas preciosas pinturas a ambos lados e cunhas voluminosas e brillantes lámpadas con pequenos cristais talados á man, cuidadosamente. Por último, estaba o magnífico trono de madeira de carballo adornado con ouro. Arquímedes foi directamente falar con el.  Que vos preocupa, maxestade? dixo Arquímedes con educación.  Hai uns días mandei construír esta coroa que ves aquí a un famoso orfebre. Pero sospeito que non está feita de ouro e que me enganou dixo o rei.  A coroa está feita dun ouro purísimo dixo o orfebre coma un resorte.  E ben, cres que poderás resolver este dilema?  Creo que si, dádeme uns cantos días para pensalo e demostrareino. Arquímedes pensou e pensou pero non se lle ocurría nada así que foi tomar un baño para aclarar as ideas. Unha vez que a auga estaba quente, no seu punto, Arquímedes meteuse nela e descubriu que a auga saía fóra cando se metía nela. Entón o volume da auga desaloxada no bidón é igual ao volume do corpo que se mete dentro de dito bidón. Ao descubrir isto, Arquímedes, eufórico, saiu do baño e foi correndo por toda a cidade espido gritando unha cousa continuamente.  Eureca, eureca, eureca, eureca dicía Arquímedes eufórico mentres corría e corría. Uns días despois aclarou as súas ideas e descubriu a maneira de comprobar se a coroa era de ouro cun

21


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

sinxelo experimento. O primeiro que tiña que facer Arquímedes era mandar aos criados traer unha balanza, un bidón cheo de auga e a mesma cantidade de ouro que tiña a coroa segundo o orfebre. Puxo na balanza a dita cantidade de ouro e sumerxeu na auga os lingotes, e como estaba previsto vaciouse unha parte do bidón. Entón, colleu a coroa do rei e repetiu o proceso pero a auga non chegou á parte de arriba do bidón.  Maxestade esta coroa é falsa, está feita dun metal menos voluminoso có ouro dixo Arquímedes con alegría.  Como podes estar tan seguro? dixo o rei desconfiado.  A coroa e o ouro pesan igual pero unha vez que os mero na auga, a auga desaloxada polo ouro é maior que a auga desaloxada pola coroa. Polo tanto a coroa é falsa.  Mentira!, todo o que di este home son puras mentiras! dixo o orfebre con ímpetu.  Calade xa! dixo o rei con furia.  Xogaría unha man a que esa coroa é falsa. Dáme un martelo e romperei a coroa. Se é toda de ouro córtame a man.  É unha boa idea, que manden traer o martelo.  É un crime destrozar unha coroa tan bonita dixo o orfebre. Arquímedes colleu o martelo e cun golpe seco partiu a coroa. Despois colleu un trozo da coroa e ensinoulla ao rei. Ao final Arquímedes tiña razón e a coroa era falsa. O rei mandou encarcerar ao estafador e Arquímedes gañou o favor do rei que desde entón nomeouno o seu enxeñeiro. A partir dese momento, fixo moitas cousas interesantes que merecen ser mencionadas. Estas son algunhas delas que, como a da coroa, son bastante interesantes. Desde o meu punto de vista a súa fazaña máis impresionante é a do barco. Un día Arquímedes e o rei estaban paseando, cando lle dixo que podería facer o traballo dos seus obreiros moito máis rápido e sinxelo utilizando poleas. Se quixera podería levantar ata un barco só utilizando unha man. Dito e feito, construíu unha torre de madeira cunhas poleas estratexicamente colocadas para levantar a proa do barco. Ao día seguinte Arquímedes levantou o barco cunha soa man e sen utilizar ningunha axuda. Elevouno sen apenas esforzo e isto fixo que Arquímedes ganara moita fama e prestixio tanto para o rei como para os seus súbditos. A invención que máis trascendeu ao largo dos anos é a cuadratura do círculo, o descubrimento do número π que é 3,1 41 6. Este número é un dos piares das matemáticas. Pero a pesar de que non lle gustara, tamén ideou máquinas de guerra como o escorpión, as catapultas e moitas máis que tivo que inventar para protexer o reino dos romanos. Ao final tanto esforzo non serviu para nada xa que a cidade caeu e os romanos invadiron e mataron a moitos dos seus habitantes. A Arquímedes querían collelo vivo, pero unha traición fixo que o mataran, matando así a un dos maiores científicos que coñeceu a Terra.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

APRENDIZAXE MÓBIL : APPS EDUCATIVAS José Ramón Vidal, CoordinadorTIC

Un dos problemas que os principais organismos internacionais de avaliación poñen de manifesto na educación actual é a existencia dunha desconexión entre o que se aprende nas aulas e o mundo exterior: os estudantes teñen dificultade para apropiarse dos conceptos ou aplicar o coñecemento adquirido nas clases noutros contextos diferentes. Os alumnos aprenden mellor cando se lles dá a oportunidade de formarse nas habilidades e competencias dentro do contexto no que se usan, construíndo a súa interpretación persoal do tema. Os dispositivos móbiles poden apoiar estes procesos axudando aos estudantes a buscar e atopar información, mellorar as súas exposicións e a súa capacidade de argumentación, adquirir coñecemento e compartilo cos demais. O principal obxectivo da aprendizaxe móbil é apoiar a "aprendizaxe en calquera momento, en calquera lugar", incluída a aula, proporcionando apoio para que teñan máis autonomía e colaboren de forma máis efectiva. Co aumento sen precedentes na dispoñibilidade de recursos que se ofrecen en Internet, os docentes teñen acceso a unha infinidade de aplicacións informáticas que poden utilizar co seu alumnado para enriquecer a aprendizaxe significativa nas diferentes materias. As chamadas tecnoloxías móbiles (apps móbiles) irrompen con forza non ámbito tecnolóxico achegando á educación, non só mobilidade e modernidade, senón tamén conectividade e permanencia, características propias da educación a distancia. A aprendizaxe móbil (m-learning) ofrece métodos modernos de apoio ao proceso de aprendizaxe mediante o uso de instrumentos móbiles, tales como os ordenadores portátiles e as tabletas, os reloxos e as gafas, os teléfonos intelixentes (smartphones) e os teléfonos móbiles; personalizada, cooperativa, interactiva e situada no contexto, presenta características singulares que non posúe a tradicional e que non debemos desaproveitar para facer máis rendible o noso xeito de aprender. A UNESCO cre que as tecnoloxías móbiles poden ampliar e enriquecer as oportunidades educativas en distintos contextos. Cada vez hai vez máis datos que indican que os omnipresentes dispositivos móbiles, en particular os teléfonos e, máis recentemente as tabletas, son utilizados por alumnos e docentes de todo o mundo para acceder á información e facilitar a aprendizaxe dun xeito novo e innovador.

23


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

Os dispositivos móbiles adoitan ser propiedade dos seus usuarios, levándoos consigo durante todo o día, e ofrecen grandes posibilidades de adaptación ás necesidades individuais, prestándose moito máis á personalización que as tecnoloxías compartidas e fixas. Ademais, a medida que aumenta a cantidade e o tipo de información que os dispositivos móbiles poden recompilar acerca dos seus usuarios, este tipo de tecnoloxía será máis apta para a individualización da aprendizaxe, facendo da avaliación un proceso de mellora e non só de clasificación. Entre as súas vantaxes para a práctica educativa podemos citar: - portabilidade e dispoñibilidade inmediata: o alumnado leva a ferramenta no seu peto todos os días, non se esquecerá na casa como tradicionalmente acontece con moitos libros de texto, e podemos desprazarnos con ela doadamente ampliando así o radio de acción do proceso de ensino e aprendizaxe coas TIC. - destreza xa adquirida; aforramos o proceso de ensinar ao alumnado unha nova ferramenta, pois xa a coñecen, e podemos dedicar ese tempo a instruílos no seu uso produtivo. - produtos de alta tecnoloxía con enormes posibilidades multimedia: cámara de fotos, de vídeo, editor multimedia, porta-documentos, reprodutor mp3, lector de libros electrónicos, acceso á prensa diaria, xestor de emails, capacidade de crear e participar en documentos colaborativos... - elemento motivador: o alumnado motívase cando aprende con ferramentas que valora, ao tempo que mellora a súa opinión do profesorado, xa que este pasa de perseguir o uso dun aparato a dignificalo converténdoo en centro de atención do proceso formativo. No que á metodoloxía de uso se refire, a propia UNESCO recomenda: - non converter a clase nun recreo; facer entender ao alumno que imos usar o móbil para traballar, que como boa ferramenta debe ser produtiva, favorecendo a busca de información, a construción da súa aprendizaxe e a adquisición de coñecementos que deberán devolver ao profesor para a súa avaliación. - desenvolver e explicar o proceso da actividade: contextualizar a actividade aos contidos que se están a impartir; establecer un esquema consensuado; ser concretos; deixar moi claro que é o que deben facer; especificar o produto final a avaliar (unha presentación, vídeo, traballo escrito, montaxe fotográfica, anuncio publicitario, documental, etc.) A maioría das normativas reguladoras do uso das TIC nos Centros educativos son anteriores á época dos dispositivos móbiles, polo que non están orientadas a aproveitar ao máximo o potencial que esta tecnoloxía ten para a aprendizaxe. Os escasos regulamentos que fan referencia a dispositivos móbiles fano de forma tanxencial


EDLG

IES MONTE CARRASCO

ou para prohibir o seu uso nas escolas. Cómpre, xa que logo, revisalos segundo as seguintes directrices: - examinar o potencial e os retos que presentan para a educación e, cando corresponda, incorporar as conclusións extraídas ás directrices relativas ao uso das TIC no Centro. - non prohibir de xeito xeral os dispositivos móbiles; as prohibicións universais, a menos que se apliquen por motivos ben fundados, normalmente obstaculizan as oportunidades educativas e inhiben as innovacións no ensino e na aprendizaxe; non se trata de deixar entrar os móbiles ou as tabletas sen máis; hai métodos para regular o seu uso, poñelo ao servizo da aprendizaxe e sacarlle partido. - para aproveitar ao máximo as súas vantaxes, é preciso capacitar ao profesorado de xeito que poidan incorporalas con éxito na práctica pedagóxica: o investimento público en formación de docentes é máis importante que o investimento na propia tecnoloxía. As investigacións realizadas pola UNESCO demostraron que sen orientación e instrucións os docentes utilizan xeralmente a tecnoloxía para facer "o mesmo de sempre doutro xeito", en lugar de transformar e mellorar os enfoques do ensino e a aprendizaxe. - crear contidos pedagóxicos para utilizalos en dispositivos móbiles e optimizar os xa existentes; actualmente, a meirande parte dos contidos pedagóxicos, incluídos os dixitais, non son accesibles dende dispositivos móbiles. - como con calquera outra TIC, debemos promover o uso seguro, responsable e saudable das tecnoloxías móbiles; o que pode ser motivo de sanción ou prohibición son determinados usos que fagan da tecnoloxía, non a propia tecnoloxía, que é neutra; a súa prohibición nos sistemas formais de ensino non impide que os mozos as utilicen; en lugar de prohibilas, dende a escola deberiamos aumentar a sensibilización dos alumnos para que as utilicen en condicións de seguridade e eviten os perigos inherentes ao acceso libre á comunicación e á información, en particular, un uso abusivo e a adicción a Internet. A modo de resumo, recollemos as conclusións da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura para as políticas de Aprendizaxe móbil 2013, nas que di que, por primeira vez na historia, o número de dispositivos móbiles conectados, na súa maior parte teléfonos móbiles, supera ao número de habitantes do planeta (nos países emerxentes o móbil é a primeira porta de acceso a internet). Non obstante, malia a ubicuidade destas tecnoloxías e ao tipo singular de aprendizaxe que facilitan, os sistemas formais de educación adoitan prohibilas ou non lles poñen atención. Se queremos acadar un cambio significativo nos sistemas educativos non debemos permitir que aumente a distancia entre as aulas e a vida real. En vez de prohibir o uso de algo que o alumnado considera bo por práctico e atractivo, ensinémolles a utilizalo con madurez e criterio produtivo, axudándolles a alcanzar a súa autonomía persoal.

25


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

As posibilidades de aprendizaxe que ofrecen os dispositivos móbiles son enormes e, en moitos casos, están demostradas. Aínda que non son unha panacea, si poden engadir valor ao proceso educativo, facilitando o acceso aos recursos e a adquisición de competencias. Nun mundo que depende cada vez máis da conectividade e do acceso á información, os dispositivos móbiles non son unha moda pasaxeira. A medida que estas tecnoloxías vaian adquirindo máis potencia e funcionalidade, é probable que a súa utilidade como ferramentas pedagóxicas aumente para ofertar, xunto cos modelos tradicionais, formas atractivas e innovadoras de aprender.

Webgrafía:

http://unesdoc.unesco.org/images/0021 /0021 96/21 9662S.pdf https://sites.google.com/site/apoyosenred/archivo/directorio-de-recursos/apps (Compendio de Apps educativas e artigos de opinión sobre Aprendizaxe móbil)


EDLG

IES MONTE CARRASCO

S a b e m o s m á i s d o. . . TD A H B e g o ñ a O t e ro, D e p a r t a m e n t o d e O r i e n t a c i ó n

Nos últimos cursos vimos asistindo nos centros a unha crecente demanda por parte das familias, sobre todo, de atención especializada para o alumnado diagnosticado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). Por iso, o profesorado vese na necesidade de, primeiro, coñecer o síndrome e, segundo, buscar estratexias para mellorar a intervención co alumnado diagnosticado. Empezaremos este artigo tratando de responder á primeira pregunta, nunhas breves pinceladas.

QUE É O TDAH? O Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) é un trastorno crónico moi frecuente xa que se estima que preto do 5% dos nenos e adolescentes o teñen. Débese a múltiples factores, provocando dificultades na inhibición e o autocontrol, a planificación, a memoria de traballo a curto prazo, fixar a atención en novos estímulos e na elección de información relevante fronte á irrelevante. Os seus síntomas principais son: • inatención ou dificultade para concentrarse, • hiperactividade e impulsividade (parecen incapaces de controlar as súas reaccións inmediatas ou de pensar antes de actuar) inadecuadas para a súa idade. Estes síntomas poden manifestarse todos ou predominar o déficit de atención ou a hiperactividadeimpulsividade. Estes síntomas maniféstanse en varios contornos (familia, escola, amigos) e, ás veces, son o suficientemente importantes como para afectar á aprendizaxe e ás relacións familiares e sociais. O neno ou adolescente con TDAH non ten un problema de intelixencia ou de razoamento, senón de organización e de autocontrol da atención, as emocións, a conduta e a relación social. Iso si, pode ter outros síndromes asociados que poden acentuar as súas dificultades de aprendizaxe.

Diagnóstico O diagnóstico de TDAH realízase en base á clínica médica, posto que non hai probas de laboratorio capaces de determinalo; é dicir, a observación a través de cuestionarios á familia, profesores e ao propio alumno/a é o que nos porá sobre a pista dun posible TDAH. O neuropediatra, e o psiquiatra infantil son os especialistas máis indicados para o diagnóstico. Nós, como profesionais do ensino, podemos colaborar no diagnóstico (dando a voz de alarma e participando nos informes que nos soliciten) e na intervención. Agora, imos recoller algunhas das estratexias que podemos empregar na aula para mellorar a intervención na escola con este alumnado, tratando de dar resposta á segunda das inquedanzas do profesorado.

27


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

ORIENTACIÓNS PARA MELLORAR A INTERVENCIÓN NA AULA CO ALUMNADO CON TDAH Como na meirande parte dos casos, o alumnado de TDAH non ten un problema cognitivo, as estratexias na aula van dirixidas a que as características asociadas ao Trastorno non entorpezan o proceso de ensino-aprendizaxe. Cando hai outros síndromes asociados hai que engadir a estas estratexias, outras intervencións oportunas ao síndrome asociado.

_ Cando teñamos que falar con este alumnado, facelo en voz baixa e a ser posible en privado; aínda que non o pareza, teñen unha autoestima moi baixa. .- Evitar comentarios tipo: estás nas nubes, atende, es un vago,... .- Mellor, comentarios tipo: lembras o que tiñas que facer?, xa estás rematando a tarefa? _ Na aula, situalo en primeira fila, rodeado de compañeiros/as tranquilos/as. Afastado de porta e ventás. _ Procurar que no pupitre teña só o material que necesita nese momento. Lembrarlle de cando en vez que ordene e recolla o que non necesita.

Organización: o alumnado TDAH adoita ter dificultades na percepción do paso do tempo, polo que poden ser útiles as seguintes estratexias: .- Ter na aula un reloxo de parede, tipo analóxico, facendo referencias constantes ao tempo que queda para rematar a clase, o exame,... .- O calendario mensual de aula é moi útil para apoiar a organización do tempo a medio prazo. .- A axenda persoal, os horarios semanais, etc., poden mellorar este aspecto. .- Dedicar un minuto ao inicio de cada clase para ordenar os pupitres (todo o alumnado) indica que valoramos a orde e facilitamos a focalización da atención do alumnado TDAH. _ As ordes e instrucións deben ser curtas, sinxelas e claras: .- Daremos as instrucións de unha en unha, porque do contrario na segunda xa se perderá. .- Partir as tarefas complexas en partes ben diferenciadas, para que poidan resolvelas correctamente. .- Se o alumno é lento, é preferible que faga menos cantidade pero ben, a que pretendamos que resolva moitas tarefas, porque as fará mal.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Actividade na aula: .- É importante dirixirse a el con frecuencia para que manteña a atención, de xeito directo, con comentarios tipo verdade, fulanito?, entendes, fulanito?; como de xeito indirecto, con paseos pola clase, tocándolle no ombreiro, na mesa, mantendo o contacto visual... .- Convén anotar as tarefas no calendario mensual e repasalas de cando en vez. .- En canto aos deberes, é importante que outro compañeiro/a exerza de titor/a, para que sexa a súa referencia para comprobar se está anotando todo o que se lle pide (podemos cambiar este alumno cada trimestre). .- Deixar moi claro cando estamos cambiando de actividade, asegurarnos de que se están enterando. .- Se podemos, darlle as palabras claves das explicacións previamente para que as entenda, conseguiremos captar mellor a súa atención. Isto podemos facelo a través do profesor de Pedagoxía Terapéutica se ten apoio fóra da aula. Traballos e exames: .- Procurar que as probas-exames non sexan longas. Se é necesario podemos realizalas en dúas sesións. .- Permitir ao alumnado que presente problemas de escritura, facer exames de forma oral ou mediante un procesador de texto. .- Coa finalidade de evitar distraccións, é mellor limitar o formato a unha ou dúas preguntas por páxina. Podemos destacar as palabras-clave das cuestións en negriña, para focaliza-la súa atención. .- Entregar as probas xa escritas, evitando copialos ao ditado. .- Asegurarse que entende as preguntas. .- Comprobar que respondeu a todas as preguntas antes de que entregue e lembrarlle que repase, se lle quedou tempo. Actitude e conduta: .- O alumnado TDAH ten escasa capacidade de control e séntese máis seguro nun ambiente no que prima a orde, a rutina e a previsión; con límites claros, normas claras e consistentes. .- É preferible dicirlle o que ten que facer que o que non ten que facer. .- Ofrecerlle reforzos positivos ante condutas axeitadas e negativos ante condutas inapropiadas. Cando utilicemos reforzos positivos utilizar mellor referencias a situacións concretas, "gustoume que hoxe fixeras todos os exercicios de mate!!", en vez de "que ben te portaches hoxe!" .- Non é útil rifarlles, nin botarlle sermóns, nin as reflexións morais.

29


A G A I VO T A                                                                                 201 3 - 201 4 Que está a pasar no noso centro? O noso centro ten neste curso 201 3-1 4 un 4.8% do alumnado matriculado diagnosticado con TDAH. É dicir, estamos na media que se indica na meirande parte dos estudos. Ante esta realidade, o centro, a través do Departamento de Orientación, vén levando a cabo unha serie da actuacións para mellorar a intervención con este alumnado. O curso pasado organizou unha charla formativa para o profesorado do centro, con profesionais do colectivo ANHIDA, Asociación de Niños con Hiperactividad y/o Déficit de Atención, que resultou unha primeira aproximación ao síndrome moi útil para todos/as. Ademais, o Departamento vén facilitando orientacións xenéricas para o alumnado con TDAH, así como orientacións individualizadas, xa que non todo o alumnado TDAH ten as mesmas necesidades educativas. Así, este curso, o profesorado elaborou Plans de Traballo Individualizado para algún alumno/-a con este trastorno (tamén para alumnado con outros trastornos), tratando de que o traballo nas materias se adapte ás necesidades deste alumnado, tanto na metodoloxía de traballo, como na avaliación e presentación de contidos, sen deixar de traballar sobre os contidos mínimos das materias. Este curso, ademais, impulsados pola inspección de zona, os centros do Morrazo, tanto de Infantil e Primaria como Secundaria, organizamos unhas Xornadas TDAH do Morrazo, actuacións de coordinación interinstitucional e intervención educativa. Celebráronse o 24 e 25 de xaneiro no Auditorio Municipal de Cangas con gran éxito de participación. O profesorado do Morrazo volcouse e acudiu a unhas xornadas nas que poidemos aprender con científicos tan relevantes como o Dr. Angel Carracedo (neurólogo e investigador da USC, de fama mundial), a psicóloga do centro madrileño CADE, Carolina Castellano. Así mesmo, asistimos á presentación dun documento de intercambio de información entre os servizos médicos de atención primaria e os centros educativos; tamén das estatísticas de prevalencia do Trastorno no alumnado matriculado en centros educativos de Vilaboa, Moaña, Cangas e Bueu. Finalmente, puxemos en común estratexias de intervención nos obradoiros organizados no último día: un para profesorado de Educación Infantil, outro para profesorado de Educación Primaria, outro para profesorado de Educación Secundaria, outro para orientadores, profesores de PT, AL,... O volume de asistencia ás Xornadas, a receptividade do profesorado a modificar estratexias de intervención, indican que ante novos retos a escola está disposta a aprender e dar resposta a eles con profesionalidade.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

NE L S O N MA ND E L A

E l e n a B e rm ú d e z , B ra i s D u rá n , A in h o a Fe rn á n de z e Ru t h de Pe ro y, 4 º A

O pasado 5 de decembro de 2013, faleceu en Sudáfrica Nelson Mandela, unha das personalidades máis importantes do século XX, xa que defendeu os dereitos a favor das persoas negras e loitou incansablemente contra o racismo. Por iso, nós queremos dedicar un anaco da nosa revista a falar sobre el, e así concienciar a xente do seu importante traballo e tamén da importancia que ten respectar o que el pedía. Ó longo da historia, houbo sucesos que xeraron conflitos moi serios entre as razas, entre os cales atopamos, por exemplo, o colonialismo. Os países con razas distintas á dos brancos, eran explotados, empregando ás súas xentes como escravos. Sudáfrica, foi un destes lugares afectado polo racismo, e en 1948 sufriu a instauración do apartheid. Trátase dun sistema de segregación racial cuxo nome significa “separación”. Consistía na creación de lugares separados tanto para vivir coma de estudo ou recreo para os diferentes grupos raciais, no dereito exclusivo dos brancos para exercer o voto e na prohibición de matrimonios mixtos ou outras relacións interraciais. O seu obxecto prioritario era conservar a superioridade da raza branca. Nelson Mandela foi un político surafricano que liderou os movementos contra o apartheid e que, tras unha larga

loita e vinte e sete anos de cárcere, presidiu en 1994 o primeiro goberno que puña fin ó réxime racista. Mandela fíxose avogado en 1942 e en 1944 ingresou no Congreso Nacional Africano (ANC), un movemento de loita contra a opresión dos negros surafricanos. Catro anos despois chegou ó poder en Sudáfrica no Partido Nacional. E en 1952 pasou a presidir o ANC do Transvaal. En 1962 viaxou por diversos países africanos recadando fondos, recibindo instrución militar e facendo propaganda da causa surafricana. Ó seu regreso foi detido e condenado a cinco anos de cárcere. En 1964 foi condenado a cadea perpetua e foi prisioneiro durante vinte e sete anos en penosas condicións. Mandela converteuse nun símbolo da loita contra o apartheid 31


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

dentro e fóra do país, unha figura lendaria que representaba a loita pola liberdade de todos os negros surafricanos. Finalmente faleceu ós 95 anos na súa casa de Johannesburgo, tras unha longa enfermidade pulmonar. Se houbese que resumir en poucas palabras a importancia da figura de Nelson Mandela, bastaría con dicir que foi a persoa que conseguiu que negros e brancos viviran en paz en Sudáfrica. Madiba, apelativo cariñoso co que o coñecían os seus, foi o primeiro presidente de cor do país. Tamén foi o preso máis coñecido da historia. O número que levaba en prisión, o 46.664, converteuse nun símbolo a nivel mundial e nun exemplo da loita a favor dos dereitos humanos. Ó final, a súa loita e sacrificios tiveron recompensa. Mandela comezou a traballar co entón presidente de Sudáfrica, Frederik de Klerk, para conseguir unha democracia multirracial no país. Finalmente aboliuse o apartheid e en 1993, Mandela e De Klerk foron premiados co Premio Nobel da Paz. Mandela conseguiu ser dono do seu destino e capitán da súa alma, e os seus ollos puideron ver cumprido o desexo anhelado: negros e brancos conseguiron vivir en condicións de igualdade no seu país, o mesmo que o elixiu presidente para gobernar os designios da nova Sudáfrica, o mesmo que agora lle rende homenaxe. Porque grazas a el, grazas a Madiba, o mundo cambiou no sur do continente africano.

Nelson Mandela foi un personaxe extraordinario, as súas ideas e prácticas revolucionarias, cunha defensa da violencia fronte á segregación, nada teñen que ver co xarope doce co que agora o envolven os medios de comunicación e os que se consideran demócratas de toda a vida. Para todo tipo de persoas, para todas as razas, é un gran exemplo a seguir, e a nós fíxonos darnos conta do humildes, xustas e loitadoras que son algunhas persoas. E de que, de algo insignificante pódese conseguir un resultado tan grande como sacar unha carreira mentres estaba no cárcere, ser o primeiro presidente negro na historia do seu país ou rexeitar a liberdade a cambio dos seus ideais. Por iso, con todos estes logros descubrimos a unha persoa para recordar e que nos marcou e nos fixo mirar cara ó pasado dunha forma diferente, así como tamén considerar a importancia dos Dereitos Humanos.


A G A I VO T A                                                                                 201 3 - 201 4 C e n t e n a r i o d a P r i m e i r a G u e r r a M u n d i a l ( 1 9 1 4 - 1 9 1 8 ) : O f i n a l d u n m u n d o

p o r X a q u ín P a s t o r i z a

Este ano celébrase o centenario dun dos acontecementos máis decisivos da historia contemporánea, o estoupido da I Guerra Mundial. O mundo que desaparece en 1914 foi descrito por Stefan Zweig nas súas memorias O mundo de onte. Era un mundo confiado, seguro, convencido de que o progreso material e cultural non ía ter final. Un mundo optimista de certezas que se derruban como un castelo de naipes co tronar dos canóns de agosto. Os homes desta época pensaban que era imposible que estalara un conflito entre países civilizados e que se este feito improbable ocorría, se trataría dunha guerra curta, e que para o Nadal, coma moi tarde, os rapaces xa estarían de volta na casa. Os soldados marcharon con flores nos cascos, despedidos entre aclamacións e aplausos. Cando volveron, os que volveron, porque dez millóns non o fixeron, xa non eran os mesmos. O que viron nas frontes foi terrible. O rebumbio incesante da artillería que machucaba os oídos, mareas de terra que ameazaban con tragalos para sempre cando estoupaban as bombas, a auga, que lles chegaba até os xeonllos nas trincheiras, as ratas que se metían por tódolos recunchos, corpos desfeitos que ninguén soterraba, gases tóxicos que podían provocar unha morte lenta e dolorosa. Enterrados en vida nas trincheiras, coa angustia dunha ofensiva inminente na que milleiros caerían segados polas metralladoras para gañar un cento de metros, a neurose de guerra, un trastorno provocado por situacións extremadamente estresantes, estendíase entre a tropa, que oscilaba entre o pánico e a máis atroz das

indiferenzas. Como describe Eric María Remarque en Sen novidade na fronte, os únicos consolos eran o cognac e os compañeiros de unidade, camaradas cos que se compartía esa terrible experiencia, unidos por lazos de sangue e lume. Foi o crepúsculo dunha Europa, dunha cultura, dunha época. Estes catro anos de conflito mudaron para sempre a civilización occidental. Europa cedeu a súa hexemonía aos EEUU, desapareceron catro grandes imperios (Rusia, Alemaña, o Imperio Otomán e o Imperio austro-húngaro), naceron oito novos Estados en Europa Central e Oriental, e apareceu en Rusia un novo modelo político e social que desafiaba ao capitalismo e a democracia liberal.

A Gran Guerra, como se lle chamou ao rematar, deixou unha forte pegada nas conciencias dos que a viviron directamente e tivo un fondo reflexo na literatura e no cine. Escritores como Robert Graves, que en Adeus a todo iso relata a súa experiencia de oficial, J. R. R. Tolkien, cuxas vivencias traslada ao Mordor do Señor dos

33


EDLG

Aneis, ou Ernest Jünger, quen en Tempestades de Aceiro fai unha elexía ao idealismo dos

valores militares. No cine, temos un bo feixe de obras maestras, Sen novidade na fronte (1930), de Lewis Millestone ou Sendeiros de Gloria (1957) de Stanley Kubrick. Ámbolos dous filmes son preciosos alegacións antibelicistas, que cuestionan a disciplina e a xerarquía militares e o patriotismo como coartadas para o sadismo e a barbarie, polo que foron prohibidos en numerosos países, como por exemplo, España. En películas máis recentes, como Cabalo de Guerra (2011), Feliz Nadal (2005) ou Longo Domingo de noivado (2004), sen deixar de reflectir a barbarie da guerra, ao quedar máis afastadas no tempo dos acontecementos, a carga de denuncia é máis feble. Aínda que non sexa unha película bélica, O Gran Hotel Budapest (2013), de Wes Anderson, constitúe unha homenaxe á memoria do que se perdeu coa guerra, seguindo o espírito de Stefan Zweig: «Parecíanos que bastaba con pensar a escala europea e unírmonos nunha irmandade internacional, declarármonos partidarios do ideal dun entendemento pacífico... e dunha fraternidade espiritual por encima de linguas e países» (O mundo de onte, Ed. Acantilado, 2012)

A guerra que ía rematar con tódalas guerras foi, porén o prólogo dunha segunda guerra aínda máis destrutiva, con 50 millóns de mortos, matanzas de civís como nunca se viron e un legado de limpeza étnica que aínda perdura. A semente de odio e revancha que deixara a Gran Guerra agromou na II Guerra Mundial con moita máis forza: Austchwitz, Hiroshima, Varsovia, Dresde, Treblinka. O cal non quita para que a Primeira Guerra Mundial fora a peor

IES MONTE CARRASCO

até aquel momento, a primeira guerra que pasou de ser vista como un desafío para mozos valentes a lembrarse coma unha masacre a escala xigantesca sen ningún sentido. O 11 de novembro de 1918, cando as campás de París, Londres, Roma e Nova York anunciaron con alivio o fin da matanza, moitos homes e mulleres, dende os ministerios até á xente da rúa, sacaron a conclusión de que tal horror nunca máis se debía repetir e puxéronse a traballar para impedilo. Parecía que as leccións que deixara a guerra calaran fondo, pero como xa demostrou varias veces a historia posterior, dende as bombas de Hiroshima e Nagasaki en 1945 até as guerras da antiga Iugoslavia ou, máis recentemente, coas tensións de hoxe en Ucraína, tendemos a repetir os mesmos erros. A esperanza reside en aprender deles. A lectura de Canóns de Agosto, de Bárbara Tuchman, sobre como se chegou ao inicio da Primeira Guerra Mundial, influíu decisivamente en J.F. Kennedy á hora de evitar unha Terceira Guerra Mundial coa URSS na Crise dos Mísiles de Cuba, en 1962. Nas nosas mans está estudar o pasado para evitar que se repita no futuro.


EDLG

IES MONTE CARRASCO d e Ma r t a C a m a ñ o e A l b a G o n z á l e z , 1 A

Suso Soliño é un xogador estrela do Balonmán Cangas. Xoga na posición Extremo Dereito e ten o dorsal número 8. Chamámoslle Xogador Estrela porque pódese dicir que é o noso escudo; o xogador no que todos os canteiráns se fixan. Aquí leredes unha entrevista que lle fixemos.

Con cantos anos comezaches a practicar balonmán? Eu empecei co balonmán con trece ou catorce anos. Ao principio xogaba ao fútbol e despois cambiei de deporte porque me gustou máis. Por que elixiches balonmán en vez de fútbol ou outro deporte? En fútbol eu era porteiro e tiña que estar moi parado e no balonmán hai que subir, baixar... En cambio, o balonmán é máis entretido e gustoume máis. Unha vez que o probei, que foi a esa idade, pois decidín cambiarme porque me divertía máis. Cando eras pequeno, xa querías ser xogador de balonmán no futuro? Non, cando comecei a xogar, comecei para divertirme, nada máis e pasalo ben cos compañeiros e pouco a pouco foron saíndo as cousas e fóronme chamando para o equipo de arriba (o mellor de Cangas na época) e ata agora, sigo aí, dando guerra. Consideras que estás nun bo equipo? Bo equipo e bo club, a verdade é que si; non se pode dicir que non. O equipo fai o que pode e loita en todos os partidos, e nada. Creo que si, que é un bo equipo con xente nova que o dá todo no campo. Podía ser mellor, pero coa loita que dan, conséguense cousas importantes. Aínda que hoxe non saíron, hahaha (*O partido do día da entrevista, perdérono). Se che ofreceran xogar nun equipo que non fora nin o Balonmán Cangas nin o Luceros*, aceptarías a oferta? *O Luceros é outro equipo de balonmán de Cangas.

Pff... Xa me ofreceron hai anos para marchar, pero non quixen marchar. Estaba a gusto aquí e estou gozando deste deporte que me encanta e ademais xogo na casa e podo seguir xogando en Asobal e ao final quédome con iso.

Que che parece que no Gatañal fixeran unha canción na túa honra? A verdade é que é moi bonito que a xente estea contigo sempre. É un orgullo para min escoitar á xente da marea (afección) que están apoiándome sempre que estou ben ou estou mal, están comigo, ou sexa que para min é un orgullo. A afección inflúe moito nos resultados dos vosos partidos? Si, a verdade é que nós, sen a afección non somos medio equipo. A afección é a que nos empurra en partidos difíciles e sen eles, a verdade, non estariamos en Asobal agora. É moi importante para nós e creo que sen eles estariamos noutra categoría, non nesta. Algún familiar xogou no Balonmán Cangas antes ca ti? Pois de casualidade, o meu pai xogou hai moitos anos, aínda que só un partido. El era porteiro de fútbol e dixéronlle : “Oes, fainos falta un porteiro” e puxérono, pero só foi unha vez e, e nada. Divertiuse, que é o importante, pero non cambiou de deporte; seguiu no fútbol. Que se sente cando o árbitro te expulsa do campo por algo que non fixeches? Ocorre con frecuencia? Nada. Coa arbitraxe hai que fastidiarse e se te botan e non fixeches nada, pois, disllo, vaste para fóra e nada máis. Hai que estar centrado para cando volvas a entrar, seguir traballando e se te desconcentras, é peor para ti.

35


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

Ocorre con frecuencia? Non, home, algunha vez ten pasado... Nos partidos adoita pasar algunha vez. Se non te botan a ti, botan ao compañeiro do lado, entón, ao mellor, equivocáronse de persoa. Cres que a chegada de Mile, Felix e Alen* axudou a que o equipo comezara con bo pé? *Mile Mijuskovic e Felix Schmild son os novos porteiros do Balonmán Cangas. Alen Muratóvic é o Lateral Esquerdo do Balonmán Cangas que estivo apartado do equipo dende a temporada 2008-2009 pola culpa dunha gravísima lesión.

Si. Está claro. Para empezar, eu creo que somos xente que levamos xa tempo xuntos: David, Sera, Adri (xogadores do Cangas que son de Cangas)... que estamos xuntos dende hai tempo e eles (Mile e Felix), que son dous porteiros de garantía e Alen, que é un xogadorazo, o que pasa é que non ten forza no ombreiro (pola causa da súa lesión), pero ben, apórtanos moitas cousas e nada máis. Eu creo que si, que foron moi importantes. Para empezar eu creo que estes foron os anos que levamos máis xuntos.

Aproximadamente, cantas horas adestras á semana? Pff... Catorce, quince... E á parte, tamén temos que ver vídeos, que tamén son horas. Si, sobre catorce ou quince horas á semana. Á parte do balonmán, que outras afeccións tes? Pois agora, de momento, gozar de Susana (a súa filla) e pouco máis... Ver películas e así. Cando estades concentrados xogando no campo, vedes para as gradas nalgún momento? E oídes á afección, ben sexa do Cangas ou doutro equipo? Algunhas veces si, pero intentamos desconectar e seguir xogando. Notamos o ambiente pero intentamos concentrarnos no campo. O que si notamos é o ruído. E oídes á afección, ben sexa do Cangas ou doutro equipo? Si, si. No campo nótase bastante a xente. En Cangas, cando os partidos están moi mal, ás veces non escoitamos nin ao compañeiro do lado do ruído que hai. Se non foras xogador de balonmán, que cres que serías? Pois non sei. É difícil a pregunta. Calquera cousa, non sei. Tiven sorte de que o balonmán aquí fora moi importante e comezar nel. Tiven a sorte de chegar arriba e a de seguir manténdome. Que pensas de que a Selección Española de Balonmán sexa campioa do mundo? A verdade é que é unha sorte para o balonmán. Agora nestes momentos difíciles, que a selección siga conseguindo títulos é algo importante. A verdade é que deberiamos estar todos orgullosos e que o torneo estivo moi ben. Ben, campións do mundo e agora terceiros de Europa. Está moi ben para a selección e para o balonmán. Que se sente ao xogar contra eses campións? Agora, por desgraza hai poucos nesta liga porque marcharon todos e só quedan no Barcelona, e cando vas xogar contra eles sabes que acabarán gañándoche, pero vale, tes a oportunidade de xogar contra xente contra a que non xogaches como Karabatic (xogador do Barça de balonmán) ou outros que foron campións de Europa tamén. A túa maior ilusión podería ser xogar na Selección Española de Balonmán? Non, eu agora xa non teño ilusión. A ilusión que teño é seguir aquí e conseguir cousas importantes co balonmán. Xogar na selección de novo faríame ilusión, pero agora é imposible. Xa cando tes unha idade, o que tes que facer é seguir traballando para seguir en forma e seguir compartindo victorias e derrotas coa xente e a afección Moitas grazas por responder ás nosas preguntas. Nada, a vós.


ALPINISMO EN GALICIA POR ÉVORA PARCERO, 2ºB

EDLG

IES MONTE CARRASCO

O alpinismo é o montañismo practicado na alta montaña. É un deporte que só se practica en inverno en Galicia, aínda que noutros sitios pódese facer igualmente noutras estacións do ano, porque se realiza en montañas cubertas de neve e de xeo. Por iso, necesítase material especial para practicalo. É un deporte difícil xa que hai que aprender e dominar distintas técnicas, como a técnica do piolet e dos crampóns, hai que saber montar reunións (lugar escollido para descansar e asegurarse), colocar seguros, saber orientarse, ademais de contar co material imprescindible. É imprescindible levar como mínimo unhas botas ben duras, uns crampóns, un piolet, polainas, cortaventos, unha zamarra de goretex, unha mochila, unha corda, parafusos, mosquetóns, un mapa, un par de guantes... O piolet é un utensilio alongado con forma de pico que leva a punta lixeramente afiada para poder cravala no xeo e así poder axudarse a subir. Os crampóns son unhas pezas metálicas que se colocan nas botas provistas dunhas puntas afiadas para poder andar correctamente sobre o xeo. O alpinismo xurdiu nos Alpes, de aí o seu nome. Logo, pasado o tempo, foi estendéndose por todo o mundo. Só se practica en montañas a partir de 2.000 metros de altitude aproximadamente. Por eso, considérase un montañismo de alta montaña. Eu empecei a practicalo cando aínda era moi nova, sobre os 7 ou 8 anos, en compañía dos meus pais. Os meus proxenitores xa facían alpinismo, o que me foi influíndo a min para que acabara practicándoo. En Galicia só se pode practicar este deporte en inverno e algunhas veces en primavera, xa que se precisa de neve. As principais zonas onde se pode practicar son a serra de Ancares e a Serra do Eixo, xa que noutras non hai suficiente neve ou son montañas moi baixas. Fago, ademais outras variedades como o sendeirismo e a escalada (que consiste en gabear por terreos de forte pendente). As cimas que vou poñer aquí están todas feitas por min, hai algunhas difíciles de facer, aínda que hai distintas rutas, unhas máis fáciles que outras. En Ancares: • Pico Cuiña – 1998 metros • Corno Maldito – 1858 metros • Mustellar – 1935 metros • Dos hermanitos – 1990 metros • Pena Rubia – 1834 metros Na Serra do Eixo: • Pena Negra – 2121 metros • Pena Trevinca – 2127 metros • Pena Survia – 2116 metros • Maluro – 1931 metros • Moncalvo – 2044 metros Estas rutas en inverno son moi perigosas, por iso, é imprescindible levar o material axeitado e ter uns coñecementos mínimos en montañismo, xa que, dependendo do tempo, pode ser moi arriscado facer rutas sobre xeo. Hai moitos accidentes de montañeiros e algúns rematan coa morte dos accidentados, como ocorreu en varias ocasións este inverno. Non se poden ignorar os riscos e é preciso ser moi prudente, coñecer ben a montaña e levar o equipamento axeitado. Con todo, anímovos a practicar este deporte, xa que é moi divertido e é interesante estar en contacto coa natureza en todo momento e sentir a sensación de liberdade no alto da montaña.

37


Fin de estudos en AnaBarcelona Mariño 4ºA A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO, como todos sabedes, fixemos a nosa viaxe de fin de curso a Barcelona. Despois de todo o ano traballando na cantina e vendendo mufins e rifas, chegou o día no que os nosos esforzos víronse recompensados e, por fin, puidemos coller o avión cara a Barcelona.

O día que partimos levantámonos moi cedo, xa que tiñamos que estar no aeroporto de Vigo ás sete da mañá. Alí encontrámonos cos nosos compañeiros e profesores acompañantes (Álex e Elena). Estabamos todos moi nerviosos e emocionados. Para moitos era a súa primeira viaxe en avión e houbo bastantes nervios no despegue e nalgúns momentos de turbulencias, pero a viaxe foi moi divertida e aproveitamos para sacar fotos e mirar as espectaculares vistas polas xanelas. Cando aterramos tivemos que baixar do avión por unhas escaleiras e coller un autobús que nos levou ata o aeroporto (que era bastante máis grande có de Vigo). Dende alí collemos outro autobús que nos levou ata o centro de Barcelona para logo irmos andando ata o albergue, situado preto do Barrio Gótico no que pasariamos as vacacións. Estabamos expectantes por ver como serían as nosas habitacións, aínda que xa tiñamos visto unhas fotos en internet e non quedaramos moi contentos. A pesar diso, cando vimos o albergue, encantounos. Non era o típico albergue cutre, nin tampouco un hotel de luxo, pero era moi orixinal, confortable e ademais puidemos durmir todas na mesma habitación sen os profesores (afortunadamente). O albergue estaba cheo de estranxeiros, e tiña moitas zonas comúns, como o comedor ou unha terraza enorme na azotea, na que todos podiamos pasar os noso tempo libre. O día que chegamos estabamos moi cansos, pero como chegamos o mediodía aproveitamos para visitar as zonas máis coñecidas e que máis preto nos quedaban.

O segundo día collemos o metro e fomos visitar o Museo Nacional de Cataluña, o cal ten as súas exposicións no Palacio de Montjuic. É unha obra impresionante, construída no 1929 para a Exposición Internacional en Barcelona para expoñer a arte española, pero realmente parecía moito máis antiga. Tiña moitísimas escaleiras para chegar ata ela, xa que está construída na cima dun pequeno outeiro, e na base delas había unha serie de fontes moi grandes nas que polas noites se realiza un espectáculo de luces que segundo nos contaron, é moi fermoso, pero que nós non puidemos ver. O museo ten moitas exposicións tanto permanentes como temporais. Nós visitamos a de arte románico, que estaba formada pinturas representadas nas fachadas e nos interiores das igrexas e que logo foron extraídas para unha mellor conservación e para que puideran chegar a un maior número de xente. Despois de ver esa exposición, uns poucos quixemos ir ver a de fotografía do fotógrafo catalán Joan Colom, a cal foi impresionante porque puidemos ver imaxes da Barcelona da posguerra. Cando rematamos fomos comer a un centro comercial construído nunha antiga praza de touros, e todos nos decatamos de que os prezos nunha cidade tan grande soben moitísimo e, ás veces, son desorbitados. Ese mesmo día, despois de comer, subimos andando ata o Castelo de Montjuic. O camiño que subía ata o castelo pasaba polo Palacio dos Deportes, polo que tamén o visitamos. Ao entrarmos no pavillón polideportivo multiusos (á parte de competicións deportivas, a súa seguinte maior utilidade é


EDLG

IES MONTE CARRASCO máis profesionais ca nós, que nos deixou abraiados. En Barcelona hai moita xente que se move en bicicleta, porque é unha cidade moi ben preparada para iso, e nós decidimos alugar unhas bicis por unha tarde. A ruta que fixemos partía do albergue, pasando pola Barceloneta e chegando ata unha zona máis industrial que está pasando esta inmensa praia. Foi un dos mellores días.

para dar concertos), todos quedamos abraiados pola súa inmensidade e capacidade para albergar a milleiros de persoas. Cando chegamos ó castelo estabamos moi cansos porque facía moita calor e andaramos moito, pero como non puidemos entrar visitalo porque a entrada era moi cara, quedamos descansando nun xardíns que hai ó redor del. A cuarta noite fomos ver o musical "Lo tuyo y lo mío". Acicalámonos para ir, porque a función era nun teatro bastante importante. Tivemos moita sorte porque sentamos nas butacas de diante, e como o escenario non era nin moi alto nin moi grande puidemos velo perfectamente. O musical contaba unha historia de amor e desamor, cun chisco de humor, entre os tres personaxes mediante cancións que aínda que algunhas fosen algo antigas, todos coñeciamos. Foi moi divertida e tamén emotiva nalgúns momentos, e cando rematou todos quedamos con ganas de máis. Un dos últimos días fomos ó "Parc Urbá". Consiste nun pavillón sen paredes formado por moitas columnas de cemento unidas entre si por diferentes tipos de cordas, táboas e tirolinas. Había tres niveis de dificultade, e só uns poucos fixemos o máis difícil, pero foi unha experiencia moi divertida para todos, sobre todo cando nos tiramos pola tirolina. Chegou un momento no que nos decatamos de que non podiamos gastar moito diñeiro nas comidas porque estabamos quedando sen cartos, así que decidimos ir comer ou cenar case todos os días a un restaurante, chamado "Fresco", que tiña un bufé libre bastante barato e que nos gustaba moito a todos. Era unha cadea de restaurantes moi importante en Barcelona e por iso había moitos situados en diversos puntos da cidade , pero o que máis nos gustaba era un que estaba no porto. Un día fixemos patinaxe nas pistas de xeo ó lado do Camp Nou. Para moitos era a primeira vez que facían isto, e por iso caeron moitas veces cando tentabamos ensinarlles, aínda que ó final xa máis ou menos todos podiamos manternos en pé e conseguir avanzar un pouco sen caer. Foi moi divertido para todos e ademais tivemos a oportunidade de ver, mentres patinábamos, unha clase de patinadores

Aínda que non puideramos visitar o Parque Güell por falta de tempo e todos quedaramos con ganas, si que vimos construcións de Antonio Gaudí. Fixemos unha visita guiada pola Sagrada Familia na que nos explicaron cousas moi curiosas sobre como Gaudí se baseaba na natureza para facer as súas construcións e en como a Sagrada Familia está construída de tal forma que ata o último detalle está pensado, tanto a representación das esculturas das fachadas, como as formas das columnas, a luz, as cores... Outro día fixemos outra visita guiada á Pedrera, aínda que non puidemos ver a fachada porque estaban reparándoa e estaba tapada cunha lona. Tamén puidemos ver a Casa Batlló, pero só por fóra. Algúns días tiñamos moito tempo libre, o cal aproveitabamos para ir de compras, sobre todo a tendas de segunda man; paseamos moitísimo polas Ramblas, onde vimos a xente moi distinta entre si de todas as partes do mundo; e tamén paseamos moito pola Barceloneta, que, a pesar de non ser unha praia tan fermosa como as de Galicia, encantounos, porque tiña un paseo moi bonito e había moita xente tocando e cantando á súa beira. O último día tivemos moito tempo libre pola mañá, e a maioría aproveitamos ou ben para dar o noso paseo final pola cidade ou para descansar nalgún banco das Ramblas con nosos amigos. Ó mediodía, os profesores leváronnos comer a un restaurante moi bo e que ademais é moi importante en Barcelona, porque hai bastante tempo foi o punto de encontro durante moitos anos dos intelectuais da cidade. Cando rematamos de comer collemos un bus ata o aeroporto. Alí despedímonos de Barcelona e desa incrible excursión que nunca esqueceremos.

39


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

MAGOSTO EporSAMAÍN Iván Malvido, 2º A Alá polo mes de novembro, coincidindo coa colleita de castañas e tamén cos tempos neboentos que nos axudan a ver pantasmas e aparicións, chegou ó Carrasco a celebración do magosto, á que unimos a do Samaín. A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo. Existe coincidencia en considerar os magostos como unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Existe constancia dalgunhas prácticas supersticiosas relacionadas coa crenza de que o lume ten vida propia e un certo carácter sagrado: nunca se debía cuspir sobre o lume, nin botar nel restos de comida ou calquera outra cousa. Non se debía matar o lume senón que cumpría deixar que as brasas se apagasen soas, pouco a pouco: críase que as almas viñan quentarse á noite nas brasas acesas. Outros din que cada castaña comida era unha alma que se sacaba do purgatorio, e para que estas almas puidesen comer algo, sempre se deixaba algunha castaña entre as brasas. Esta antiga festividade céltica foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos. E polas mesmas datas, os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, que ten co magosto certas coincidencias. Igualmente, o Samaín era o momento no que as almas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar. Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1 de novembro e tamén ó 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo. Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegase ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa. Disque, nestas mesmas datas, prendían lumes sagrados en tódalas casas. Estas fogueiras podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles así que atopasen os seus fogares e os seus parentes. Afírmase que polo Samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en Irlanda, puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións a este país no século XIX e comezos do XX. De ser así, a tradición tería continuidade nas festas de Halloween, do que sería o seu precedente, nunha adaptación do samaín na cultura estadounidense, semellante a un entroido, na que os nabos foron substituídos por grandes cabazas. Co paso do tempo, a


EDLG

IES MONTE CARRASCO

influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que o Halloween regresase a Europa para converterse nunha festividade cada vez máis popular. Antes de sernos devolta por EE.UU., o Cristianismo tiña feito súa esta celebración converténdoa na feste de Tódolos Santos e Defuntos.

Na actualidade baleiramos cabazas e metémoslles candeas no seu interior para que na noite, cando os rapaces e rapazas, normalmente disfrazados de trasnos e meigas, recollan doces e caramelos, vexan as caras que amosan as cabazas. No instituto non nos disfrazamos, pero si que "tuneamos" as cabazas e creamos un lóbrego ambiente sepulcral nos corredores e na bibliotea do instituto para celebrar, xa dun xeito máis festivo, o magosto. Un ano máis, a ANPA agasallounos coas castañas, que as nais e pais asistentes asaron no patio, así como con chocolate quentiño que nos veu xenial para sacodir o frío dun día invernal.

CuLtUrGaL 201 4

por Évora Parcero, 2º B

O pasado mes de novembro, o alumnado que forma parte do EDLG do noso instituto fixo unha interesante visita a Pontevedra. Alí fomos ver o CULTURGAL. É unha actividade para aprender e interesarnos pola literatura e a nosa lingua. Celebrábase nun edificio de aspecto moderno e pequeno, situado no centro da cidade. A pesar do que podía parecer dende fóra, por dentro era moi grande e había moito espazo. Cando chegamos había moita xente, ademais de nós había alumnado doutros colexios e institutos. Tivemos que agardar un bo rato. Para entreternos e que non nos aburrísemos na espera, chegou un lobo que nos facía cóxegas e nos animaba a rir. Fixemos unhas cantas fotos con el e despois despedímonos, xa que tiñamos que entrar. A primeira actividade foi moi divertida, xa que poñía en funcionamento a nosa imaxinación. Consistía en formar grupos e, todos xuntos, facer uso da nosa imaxinación con exercicios para mellorar a nosa capacidade de inventar cousas. Despois de acabar a actividade, as profesoras que nos acompañaban deixáronnos unhs hora libre para descubrir e divertirnos con numerosas actividades e postos de libros. Por exemplo, había un xogo que consistía en escribir nunha bolsa o que pensabamos deste planeta e o que che gustaría que sucedese

no futuro. Despois, enchiámola de aire coa nosa forza e colgabámola alí para que a mirase todo o mundo. Postos de todo tipo adornaban aquel lugar. E o tempo foi pasando moi rápido, sen que nos deramos conta, mentres nos divertiamos e descubriamos cousas moi interesantes. Case ó final da xornada, reuníronnos a todos para participar nun encontro cun escritor. Era Marcos Calveiro, autor do libro Todos somos, que leramos no primeiro trimestre. Resultounos unha persoa moi agradable e despois dunha conversa moi entretida acerca do seu libro, tocounos falar a nós. Podiamos facerlle preguntas, comentar as dúbidas que nos xurdiran ó longo da lectura. Ó acabar, unha compañeira miña e mais eu entregámoslle un agasallo sorpresa que fixeramos entre todos nós: un debuxo de cada un cun comentario do libro. Deunos as grazas e marchou moi sorrinte despois de asinarnos os nosos libros. O alumnado de 3º fixo o mesmo con Manuel Lourenzo, o autor da obra que leran, Flor de area. Volvemos para a casa contentos e cansos, coa sensación de ter vivido un día moi intenso e desexando contarlles ós nosos compañeiros o que fixeramos naquela estupenda tarde.

41


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

VOAR COS PS NO CHAN: UNHA FORMA DE VIDA

Uxa Molanes − 4 B

A danza Ê unha das formas de expresión måis bonitas do ser humano e unha das måis sensibles dentro das disciplinas da arte. O baile Ê måis que un conxunto de pasos unidos e, para moitos, unha vía de escape mental e físico que nos leva a expresaros nosos sentimentos, sexan os que sexan; Ê unha maneira de chegar ó måis alto cos pÊs na terra. A danza xorde dende o inicio do ser humano, primeiro como obsequio ós seus deuses e como celebración de actos importantes. A danza estivo dende sempre mostrando o que lle vai pasando ó home dentro do seu entorno (tribo, pobo, cidade, etc.) e foi evolucionando canda este, dende a Êpoca primitiva ata agora. Os gregos empezan a ver a danza co acto de goce ó observar as primeiras bailarinas e, a finais da Idade Media, Luís XV pon no måis alto das artes o ballet clåsico abrindo o primeiro establecemento de ensinanza deste. En 1 890, Marius Petipa coreografiou algúns dos ballets måis importantes para o Ballet Imperial Ruso, como "La bella durmiente" e "El lago de los cisnes" de Tchaicowsky. Entre 1 920 e 1 930, algúns bailaríns italianos fundaron a Academia de Danza Real de Inglaterra e o coreógrafo ruso George Balanchine emigrou ós Estados Unidos para fundar a Escola de Ballet Estadounidense. Das bases tÊcnicas do ballet nace a danza moderna. Foron as bailarinas estadounidenses Isadora Duncan e Ruth St. Denis as que desafiaron por primeira vez os estilos normativos do baile por bailar descalzas e baseåndose en fontes exóticas, Êtnicas e abstractas de inspiración coreogråfica, en lugar contar historias, esforzåndose en transmitir emocións e ideas con liberdade de movemento. St. Denis formou a primeira compaùía de danza moderna en 1 91 5 con Ted Shaw. A bailarina Martha Grahan levou a danza moderna a novas alturas entre os anos 1 940 e 1 950, creando unha tÊcnica de danza inspirada nos patróns naturais da respiración humana. Danzar para o ser humano Ê un agasallo co que busca expresión e liberación, desexa sempre bailar. É unha das formas de goce e felicidade måis pracenteira. A persoa å que lle gusta bailar desexa bailar sempre. Se pasas horas e horas bailando e o único que queres Ê seguir e non parar nunca, Ê que realmente entendes que o baile Ê unha forma de vida.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

rrsco cos ol mpicos rlos rez il por n de  

Carlos Pérez é un medallista olímpico mundial, de orixe canguesa. Carlos é piragüista. Participou nos Xogos olímpicos de Atenas 2004 na categoría de K1-500 sen alcanzar a final, ó quedar sexto na semifinal. Algúns dos resultados que ten acadado son: En 2008: Campión olímpico en Pekín 2008 en k-2 500m En 2008, e tras conseguir a medalla de ouro dos Xogos Olímpicos de Pekín, foi nomeado Mellor Deportista Galego do Ano, Mellor Piragüista Español do Ano e foi galardoado coa Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo. En 2006: Subcampión no Campionato do Mundo 2006 k-1 200m. En 2005: Campión no Campionato do Mundo 2005 k-1 200m En 2003: Subcampión no Campionato do Mundo 2003 k-1 500m. Por todos estes motivos fixémoslle unha entrevista para que os lectores e lectoras d´A Gaivota o poidades coñecer un pouquiño mellor.

- Cando comezaches con este deporte? Onde o practicabas? Comecei a practicalo no 1 988, cando tiña 9 anos. Practicábao no Club Mar Ría de Aldán. - Por que comezaches a practicalo? Porque me gustaba e tamén porque estaban todos os meus amigos. - Cal é a túa especialidade? En que consiste? A miña especialidade é K-1 1 000 metros e consiste en remar polos dous lados e imos sentados. - Cantas medallas levas gañado? Cal foi a primeira medalla que conseguiches? Conseguín o Ouro nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008 en K-2 500m, que é á que máis aprezo lle teño. Tamén gañei catro ouros mundiais en K-1 200 e K-1 200 relevos, catro pratas mundiais en K-2 200 e K-1 200, dous ouros europeos en K-1 200 e K-2 200, tres pratas europeas, aproximadamente, en K-1 200, K-2 200 e K-2 500 A primeira medalla que conseguín foi en Alevín, en Lugo, quedei quinto. - Cal foi para ti a competición máis complicada? Por que? A competición máis complicada foi a da Olimpiada porque só poden ir os doce mellores K-2 do mundo.

- Cal foi a competición máis importante? Foi tamén a Olimpiada, porque é a proba máis importante no piragüismo. - A que renuncias para practicalo? A estar coa familia, cos amigos, a saír...

- Como adestras? Adestro seis días á semana, e fago bici, corro, vou ó ximnasio e fago deportes de auga. - Quen te patrocina? Os Pomares, Skecheers, Rudy Projet, Pescados Marcelino, Civis Global, Elio e Jantex, todo en forma de axuda para material. - Segues competindo con Saúl Craviotto? Non, agora estou competindo con outro compañeiro, Diego Cosgaya. - Con Diego Cosgaya, cando adestrades xuntos? Adestramos tódolos días porque os dous vivimos en Asturias. - Se a nosa información é correcta, es ou fuches policía. É certo? Si, é certo, son policía. - Como compaxinas as dúas actividades? A policía dáme tódalas facilidades para adestrar. - O verán pasado enfadácheste coa Federación Española de Piragüismo, por que? Porque non me pagou a viaxe e a estadía no mundial, cando o gañei na auga. A gran popularidade de Carlos neste magnífico pobo, fixo que esta entrevista tivese algunha que outra interrupción. Nela estiveron presentes Diego Cosgaya, o seu compañeiro, e un amigo del. O grupo d´ A Gaivota agradéceche a túa colaboración e a participación na nosa revista.

43


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

ASACTIVIDADESFÍSICASNANATUREZA NOI.E.S.MONTECARRASCO PedroVicente,ProfesordeEducaciónFísica Aproveitando os marabillosos recursos que nos ofrece o contorno do noso centro, durante a segunda quincena de maio o Departamento de Educación Física organizou diferentes actividades que tiñan como obxectivo principal dar a coñecer ó alumnado actividades físicas que se desenvolven no medio natural e que poden representar unha opción para a ocupación do seu tempo de lecer. Dentro do bloque de contidos "Actividades físicas na natureza", para o alumnado de 1º E.S.O. planificouse a realización de tres andainas dirixidas á práctica do sendeirismo. As dúas primeiras saídas realizáronse polo roteiro do Morrazo, sendeiro que percorre os arredores do Monte Carrasco e que reúne unhas condicións extraordinarias para a práctica desta actividade deportiva. Sendas saídas tiñan un carácter preparatorio para a saída planificada para o xoves 29 de maio, dirixida a percorrer o sendeiro costeiro que vai dende Beluso ata Cabo Udra, pero esta actividade tivo que ser suspendida por mor das condicións climatolóxicas adversas que imperaban nesta data. Foi unha mágoa, xa que ademais da propia actividade en si, perdemos as sempre enriquecedoras explicacións de Xaquín, orixinario da zona, respecto da súa historia e xeografía, mitos e lendas desta preciosa paraxe e, como non, algunha referencia gastronómica como erudito que é nesta materia. Asemade tamén estaba programada a visita á Aula de Natureza de Cabo Udra na que Cristina ía poñer os seus extensos coñecementos á nosa disposición para brindarnos a oportunidade de coñecer as características da flora e fauna que poboa o Cabo Udra. O martes 22 de maio o alumnado de 2º

E.S.O. gozou dunha marcha ciclista que tivo coma punto de partida o Monte Carrasco para posteriormente afrontar o ascenso ó miradoiro da Cruz de Paralaia. Os tres primeiros kilómetros, ata o Alto da Portela, percorridos pola estrada, fixémolos na compaña dunha unidade móbil da Garda Civil ata chegar ó cruzamento da Fraga de Coiro onde xa comeza o sendeiro que nos levaba ó cumio da nosa ascensión. O pelotón comandadado por Xosé Ramón, o verdadeiro profesional da bici de montaña no Carrasco, emprendeu esta etapa a un ritmo moi superior ás previsións iniciais, e o propio Xosé Ramón sufría para aguantar os continuos ataques lanzados por Carlos, Óscar, os dous Danis, Yeray ou Julián. A serpe multicolor ascendía a unha intensidade frenética, André co seu casco integral digno do mismísimo Fernando Alonso aproveitábase de seguir a roda dun grupo de rapazas conformado por Iria, Alba, Nevenka, Martina, Paula, Ivana, Helena e Teresa para facer o seu ascenso máis levadeiro. Diego e Jorge atacaban

as dificultades do terreo con pericia tratando de non descolgarse da cabeza do pelotón. Non houbo incidencias graves máis alá dunha páxara que lle deu a Adrián ó inicio do porto ou a caída de Helena que requeriu de primeiros auxilios para curar as feridas do seu maltreito xeonllo. Ó chegarmos ó cumio, todos os


EDLG

participantes gozaron da beleza das vistas dende o miradoiro e tamén dunha reconfortante merenda que serviu para repoñer enerxías para afrontar o vertixinoso descenso que nos agardaba. As previsións horarias foron amplamente superadas polo noso grupo de ciclistas no descenso, e con media hora de antelación chegamos ó adro da igrexa de San Cosme, onde xa nos agardaba a Garda Civil para acompañarnos ata o noso destino final, o I.E.S. Monte Carrasco, porto catalogado de categoría especial pola Unión Ciclista Internacional. Todos os integrantes do equipo do Carrasco conqueriron rematar a etapa con éxito, aínda que as maniotas pasaron a poboar as pernas dos nosos intrépidos cicloturistas. O Ecoparque Multiaventura de Marín foi o escenario das andanzas do noso alumnado de 3º E.S.O. e PCPI, as tirolinas, a ponte tibetana e as escaleiras de escalada foron o escenario das peripecias do noso alumnado que durante unha xornada de tres horas percorreu os catro niveis de dificultade que teñen as estacións do Ecoparque. A devandita xornada comezou cun periodo de formación no que os cualificados monitores do parque ensináronnos a manexar correctamente os mosquetóns e as poleas, a colocar o arnés e advertíronnos das medidas de seguridade imprescindibles para gozar axeitadamente das instalacións. A partires dese intre xa podemos ver a Samuel descendendo polas tirolinas na máis xenuína versión de Tarzán endexamais vista, a Saúl escalar até os puntos máis altos do bosque ós que Aarón chega sen despeitearse, a Katia poñendo en risco a súa integridade física ou a Alberto e Uxía facendo gala da súas condicións acróbatas. Fixádevos do atractivo desta actividade que até ISMAEL TROUXO O CHÁNDAL!!!!!!!! O goce e o divertimento foron a tónica xeral da xornada polo que a experiencia sáldase cun balance moi

IES MONTE CARRASCO

positivo para todos os participantes no evento, destacando por enriba de todo a excepcional predisposición amosada polo alumnado en xeral, e especialmente polo alumnado de PCPI, xa que incluso algún deles interesouse pola posibilidade de continuar a súa formación no eido das actividades físicas no medio natural. Observamos dúas versións ben distintas dos profes acompañantes nesta actividade: mentres Xosé Ramón optou por unha versión de dirección do equipo, Álex optou por poñer toda a carne no asador e valerse da súa experiencia nestas actividades acumulada nas excursións a Barcelona. Segundo o plantel de profesionais que traballan no parque, o alumnado do Carrasco foi o que mellor actitude e aptitude presentou de todos cantos centros educativos pasaron pola instalación na súa longa historia, non esperabamos menos do elenco de estrelas que desprazamos ó Ecoparque nesta actividade. Para o alumnado de 4º de E.S.O. estaba planificada unha saída a Illa das Esculturas (Pontevedra) para participar nunha carreira de orientación, pero a axenda tan apretada que teñen estes dous grupos impediu que esta actividade se levara a cabo, polo que dende aquí non me queda máis que pedirlles desculpas por seren os únicos que non participaron en ningunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Educación Física e por suposto desexarlles moita sorte tanto a nivel persoal coma académico para o seu futuro próximo lonxe do Monte Carrasco. BOTARÉMOLOS MOITO DE MENOS. O VINDEIRO CURSO MÁIS E MELLOR, BOAS VACACIÓNS A TODOS.

45


Microrrelatos

A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

Rec unc ho literario

A felicidade dos nosos corazóns ten varios nomes: Alegría, Amizade, Amor... O que fai que se formen estas emocións é a confianza que podemos chegar a sentir por unha ou por varias persoas. Eu creo que o sentimento máis grande é o amor, porque é unha mestura de pensamentos positivos como a sinceridade que sente unha parella, o cariño, a nostalxia, a emoción, a fidelidade, a alegría, etc. E por iso din que o amor é o máis sagrado dos tesouros. Nuria Costas Fernández, 1º A

Sinto felicidade cando teño entre as miñas mans unha piruleta vermella e doce. Sinto alegría cando lle dou a primeira dentada. Nostalxia cando se remata e non teño outra que levar á boca. Aparece esperanza cando a miña nai vén polo corrredor cunha bolsa de lambonadas. Emocións cando descubro que está chea de piruletas para min. Iso pensaba Laura todos os día á hora da merenda, pero a verdade é que nunca ocorrera. Laura tiña moitos problemas de ortodoncia e nunca probara un caramelo. Todo o que imaxinaba contáballelo ás súas amigas, ela envexábaas, porque sempre levaban caramelos ó colexio. Ata que Laura tivo que volver ao dentista, ela confiaba en que por fin podería probar os caramelos. De súpeto, o dentista entrou na sala... Laura, xa podes comer caramelos, os teus problemas dentais xa están solucionados. Laura estaba tan contenta que se botou a chorar. Ao día seguinte no colexio, inchouse a piruletas e caramelos. Alba González, 1º A Había unha vez unha nena que tiña moita imaxinación e á que lle encantaba ler novelas sen ilustración, porque ela na súa cabeza imaxinaba as historias que ía lendo. Deste xeito pasaba as tardes na casa, pero un día súa nai regaloulle unha banda deseñada. Ela nunca vira tantas imaxes nun libro e pensou que este non lle ía gustar, así que deixouno na mesiña de noite. Cando acabou a súa novela preferida decatouse de que non tiña ningunha outra para ler e entón colleu a banda deseñada. Nada máis abrir o libro, empezou a ler, pero todas as imaxes cobraron vida: as personaxes movíanse, a auga mollábaa, as luces acendíanse e apagábanse, o sol quentáballe a cara..., ata un coche estivo a piques de atropelala. Entre asustada e sorprendida, pechou o libro rápido. E gustoulle comprobar que todo era grazas á súa forte imaxinación. Desde aquel día, a nena nunca collía unha novela para ler. Fátima Boukarkour, 3º A


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Rec unc ho literario

Xa estaba a anoitecer e saín camiñar. Cando pasei por diante da aldea abandonada, acordeime das historias de medo que me contaba meu pai da aldea: un mostro que comía as persoas. Antes cagábame de medo, pero agora de maior, xa non mo daba. Entón escoitei un ruído, xireime e vin que era unha simple nena. Agocheime e, dun salto, comina. Évora Parcero, 2º B

Estaba moi agobiado. Ó seu arredor había un montón de xente de todo tipo. Levantouse do chan e observou a persoa que tiña máis preto del. Presa do pánico, empurrouna. O maniquí do escaparate caeu ó chan e escachou. Alejandro Mariño, 2º B Laura quería outra vida. Non lle gustaba, mais a súa mellor amiga Kina, quería cambiarlla. Un día Kina tivo un accidente e Laura ía no coche con ela. No hospital a Kina dixéronlle que Laura morrera. Cando lle ensinaron o cadáver, descubriu que non era o corpo de Laura, que era o corpo de Kina. Ela e mais Laura intercambiaran os seus corpos, mais a Laura non lle saíra moi ben. Ana de Sá, 2ºB Mar durmía aniñada nun recuncho da súa pequena cabana de madeira, situada na póla dunha centenaria árbore. Fóra, escoitouse o renxer da vella escaleira, sinal de que algúen estaba a subir. A nena non espertou ata que alguén petou na porta. Atopábase aterrada, xa que na escuridade non podía albiscar o que estaba ao outro lado. Suspirou aliviada ao ver que se trataba do seu pai, que a colleu no colo e cun "síntoo", tirouna ao vacío. Lorena Piñeiro, 2ºB Era unha noite escura, apenas iluminada por unhas cantas estrelas que asomaban entre as nubes. Fórase a luz e, como a lanterna quedara sen pila, tivera que coller unhas velas. Estaba soa na casa, aínda que sentía como se me observaran. De pronto, alguén chamou á porta. Sabía que os meus pais non volverían ata o día seguinte. O leve son da chuvia golpeando contra os cristais facía que tivera máis medo. Agarrando a vela o máis forte que podía fun abrir a porta. O corazón case me saíu do peito cando baixei o pomo e vin unha figura escura trala porta. Esa misteriosa persoa sacou a carrapucha e foi cando vin, alumeada pola luz da vela, a cara da miña mellor amiga. Xa non lembraba que a invitara a quedar a durmir! Teresa Villamor Nores, 2ºB

47


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

Rec unc ho literario

O APALPADOR

por Cibrán López, 3º A

24 de Decembro. Ía comezar a cea, pero iso non era o que eu quería. Hoxe ía facer o meu primeiro descubrimento científico. Pero antes de levalo a cabo tiñamos que rematar a comida, o cal me desesperaba posto que consistía en: oito primeiros pratos, cinco segundos, trinta sobremesas, bebidas aquí e aló, conversas interminábeis… Coido que estas non son as cifras exactas, pero definen bastante ben o que sentía.

Xa chegara o momento tan agardado. O Apalpador estaba a chegar. Estaba metido na cama facendo que durmía. Pasaba o tempo e non chegaba. Pero un intre antes de quedar durmido, comecei a ulir as castañas asadas. Ese olor desveloume ó momento, pero debía ter coidado de que non se notase, non fose que marchase. Achegóuseme sixilosamente. Palpoume a barriga, desexoume un bo ano e deixoume unha presada de castañas no bol que tiña na mesiña de noite preparada para esta ocasión. Dispúñase a marchar cando me levantei e o parei. Os dous estabamos perplexos e non sabiamos como reaccionar. De súpeto comezou a correr e saltou pola ventá. E inocentemente saltei detrás, pensando que estaba soñando posto que estabamos nun oitavo piso. Comecei a caer. O Apalpador estaba voando e foime coller. Aterramos na estrada que pasaba á beira do meu edificio. Non había ninguén. Mirou cara min. -Ola Catuxa. -… -Seica che comeu a lingua o gato?- esbozou un sorriso na súa curtida cara de mineiro-. Seica este ano comiches ben… Estou moi satisfeito da túa mellora. -Estou morta ou dormida? -Ha, ha, ha… Sabes que ti es a primeira meniña que levo de paseo falando? Nunca ninguén se atreveu a enfrontarse a min, excepto Papá Noel, por culpa dese canalla vou sufrir unha trombose coronaria. O caso é que es a única persoa que me viu e se dedicou a me perseguir. -É verdade que te dedicas á minaría? -Ese é o meu traballo o resto do ano. Só tes que te fixar nas miñas mans. -Son moi feas. Tras esta “interesante” conversa fomos dar un paseo. Comezamos a subir costas moi empinadas compostas de terra e pedras. De pronto detívose e sinalou unha entrada a unha vella mina abandonada. -Aí é onde traballo. Pouco a pouco fómonos adentrando nela. Non sei como podía ver, posto que aquilo estaba moi escuro. Estivemos andando un chisco ata que chegamos a unha gran sala. Nela había unha chea de xente asando castañas. Facía moitísima calor por mor das chamaradas. Foime ensinando todo o lugar e explicando por que acontecía cada cousa. Foi nese momento cando que me dei conta de que todo ten unha explicación científica. A cada momento me interesaba máis o tema. Saímos da mina xa de día e guioume de novo cara á vila. O que acontece é que agora era unha aldea. Xa non había grandes edificios nin enormes bosques de eucaliptos, senón casiñas de mariñeiros e preciosos bosques de carballos e castiñeiros. Polo camiño recollemos unhas castañas e algunhas landras e ensinoume os usos que se lle daba a cada unha.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Rec unc ho literario

A chegada ó porto coincidiu coa descarga do peixe e das redes. O que acontecía era que os barcos eran moi diferentes, igualiños ós que vira no meu libro de historia. -Apalpador. -Si? -Que día é hoxe? -25 de decembro. -… De que ano? -Ha, ha, ha… Encontrámonos no ano 1887. Quedei completamente tesa. Non sabía que contestar. Non encontraba explicación algunha para o que estaba a suceder. Pero pensaba que era mellor aproveitar o tempo e non comerme o coco. -Pódesme ensinar o resto da aldea. Pasamos o resto do día percorrendo o lugar. Pero rapidamente se fixo de noite e levoume á súa casa durmir. Un arrecendo a castañas fíxome espertar. Estaba na miña cama e aínda era de noite. Erguinme e fun ó salón. Mirei o calendario e aínda era 24 de decembro. Todo seguía igual ca sempre. Deiteime no sofá a ver a televisión mais non aguantaba a tentación de coller a bicicleta e ir explorar a mina por se encontraba ó Apalpador de novo. Cando me quixen dar conta xa estaba diante da entrada. Acendín a lanterna e comecei a incursión, e tras unha hora de pescuda deime por vencido. Agora debía chegar pronto á casa para que non se preocupasen meus pais. Estiven investigando sobre todo o que me contara o mineiro durante varias semanas pero todo cadraba, mais era imposible, xa que aquilo o soñara… ou non?

CALCETA

Eu aprendín a calcetar grazas a miña avoa. Un día vin unha bufanda nun comercio e compreina. Era tan bonita que me entraron ganas de aprender a calcetar . Íame ensinar miña nai a calcetar pero, como ela non tiña tempo polas tarefas de casa, e eu polos deberes, pois non me ensinou. Un domingo fun á casa da miña avoa e, como non tiña nada que facer e ademais aburríame, acordeime do da calceta. Ocorréuseme preguntarlle a miña avoa se me ensinaba, e así foi. Entón agora ¡XA SEI CALCETAR! No instituto ilusionoume moito cando fixemos unha actividade que consistía en calcetar. Nas clases de Atención educativa decidimos facer

por Marta Rodal, 1 A

unha bufanda para o Nadal que fose o máis longa posible e na que participaramos todos. É azul e branca, e varían os puntos porque cadaquén fíxoa como sabía, pero quedounos moi ben Cando a tivemos toda feita, viñeron tamén os alumnos e as alumnas que non eran de teatro. Fomos á biblioteca e unimos todas as partes que foramos facendo cada un de nós e, xa rematada, pendurámola no corredor do instituto co lema “Abrígate coa lingua”. E foi un acerto tendo en conta o crú que veu este inverno. A actividade espertou en min as ganas de calcetar máis, porque iso vicia, e a continuación fixen unha bufanda de coloríns. Pedinlle a miña nai que me comprara máis la, pero noutra cor, para facer unha nova.

49


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

Rec unc ho literario

NON É O QUE PARECE Por Paula Broullón - 4º A Ó principio parecíame todo normal: cada mensaxe que me mandaba cando me esquecía contestarlle, cada vez que se poñía celoso, cada vez que me dicía que eu era súa ou que quedara máis con el que coas miñas amigas, incluso eses pequenos tiróns de cabelo, que eu interpretaba coma un coqueteo. Así foi unha larga tempada. Eu estaba cega de amor por el, nese momento non existía nada máis importante para min. As miñas amigas comezaron a dicirme que non quedaba con elas, que xa non nos viamos tanto, e a verdade é que tiñan razón. Pero o problema era que se quedaba con elas non podía quedar con el, e iso non lle gustaba. Unha vez unha amiga invitoume á durmir á súa casa polo seu aniversario. Como era pola noite, eu non tiña ningún problema en ir, así que preparei a miña mochila e fun. O que eu non sabía era que tamén invitara a rapaces. Púxenme algo nerviosa ó pensar en ter que durmir na mesma habitación ca eles. O meu mozo sempre me dicía que era moi bonita e que calquera podería aproveitarse de min cando se lle presentara a oportunidade. Mais esa noite non foi así. Aqueles rapaces eran moi simpáticos e divertidos, xa facía tempo que non o pasaba tan ben con tanta xente! Ó día seguinte espertei con numerosas mensaxes do meu mozo insultándome e dicíndome que non sabía se podería volver confiar en min. Eu non sabía a razón do seu enfado nin a que viña todo aquilo. Entón pasoume unha foto. Era unha foto daquela noite que fixeran dúas das miñas amigas na que se me vía por detrás falando cun dos rapaces. Naquel momento caeume o mundo enriba. Eu nos sabía que estaba a facer algo malo, pero el abriume os ollos. Sentíame imbécil, con ganas de borrar todo o que acontecera aquela noite. Para min só existía un rapaz, que era o meu mozo, e quería que seguira sendo así. A primeira vez que o vin despois da discusión parecía outro, a penas falaba, só dicía o mal que me portara e o desgustado que estaba comigo, non podía sentirme peor. Naquel momento chegou a empuxarme forte, provocando no meu corpo un dos primeiros hematomas. Pero eu entendíao e non lle daba importancia sempre que estiveramos xuntos, xa que despois do que eu fixera, díxome que ninguén ía querer estar comigo nun futuro, e que sempre estaría soa. Acabou perdoándome e pensei que todo volvería a estar como antes. Aínda que comezaron a aparecer máis cousas na nosa relación, como un dedo roto por non poder quedar con el, un ollo morado por ter que facer un traballo cun compañeiro da clase, a mandíbula fracturada por pasar un sábado coas miñas amigas, marcas das súas mans nos meus brazos, que eu sempre andaba a tapar, por esquecerme das súas mensaxes, escusas que contarlles ós meus pais, profesores, amigas... Ata o punto de non saber se quería seguir máis con el, pero tiña tanto medo, que só pensar na idea facíame tremer. Pero nalgún momento tocaríame ser máis forte, só por unha vez. O día que decidín que quería falar con el para rematar coa relación, xa non o recordo moi ben. Hai quen di que o teu corpo protéxete dos golpes fortes esquecéndoos. Mais o que si recordo moi ben é cando espertei nunha fría cama de hospital cunha forte dor de cabeza. Nese momento só pensei nos


EDLG

Rec unc ho literario

IES MONTE CARRASCO

meus pais, non sabía onde estaban e era o único que necesitaba. En fronte miña había un médico que se sorprendera moito ó verme abrir os ollos. Preguntoume que tal estaba e saíu da habitación. Ós segundos vin entrar pola porta á miña nai, cunha mestura de sorrisos e bágoas na súa cara. Na vida me alegrei tanto ó vela, e nunca unha das súas apertas foi tan doce como aquela que me deu, chea de alegría e amor. Aquela foi a primeira vez que eu dependín de alguén desa forma, pero sobre todo, a última. Gustaríame saber todo o que ía acontecer naquel momento e así poder aforralo. Tampouco quero dicir que isto foi unha experiencia na miña vida da que puiden aprender, en ningún momento fixen algo mal, realmente non creo que esta etapa me servira para algo máis que sufrir e desexar esquecer, pero si que me fixo darme conta de que a miña vida é miña, e ninguén máis ca min ten que decidir como debo vivila.

A B LO G O S F E RA d o C a rra sco

Benqueridos internautas: os nosos BLOGS non saben de crise nin recortes. Seguimos a traballar e a producir cousas boas para achegarvos e que sirvan a todos como ferramenta para dar unha pouca de cor ó noso rumbo. Velaí moitos dos que son, aínda que non todos: w w w . a g h a i v o ta . b l o g s p o t. c o m e moito máis...

___

Onde curiosear tódalas actividades e propostas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega,

w w w . b i b l i o t e c a m o n t e c a rra s c o . w o rd p re s s . c o m

___

Dende a nosa Biblioteca, pero non só falamos de libros...

www. p rin 1 3 - 1 4 . b lo g s p o t. c o m . e s ___ Este é o blog que recolle o traballo sobre as danzas tradicionais realizado polo alumnado de primeiro da ESO e no que podemos atopar gran cantidade de información sobre as danzas tradicionais de Hío, Aldán e Darbo. w w w . m a t e c l a s e . w o rd p re s s . c o m

___

Tamén os números teñen o seu sitio na aldea global...

w w w . c ri a t u ra s m i t o l o x i c a s . b l o g s p o t . c o m súas variantes. w w w . c a rru m e i ro . w o rd p re s s . c o m

___

___

Aquí atoparedes o mundo fantástico da imaxinación sen fronteiras, con tódalas

Actividades varias relacionadas coa nosa fala.

www. a p o io s e n re d e . wikis p a c e s . c o m ___ As ferramentas do presente e do futuro: buscadores, conxugadores, dicionarios, correctores; tamén actividades para as distintas materias do ensino secundario. Centos de recursos e enlaces para non quedar atrás.. . www. lo b e iro . wo rd p re s s . c o m ___ Non caduca nunca, sempre disposto a ser visitado... www. e s c u n c h a d e iro d a lin g u a . wo rd p re s s . c o m ___ Este espazo segue vivo, con toda a información sobre o traballo desenvolvido no canto da industria conserveira e baleeira e a relación coa conservación da lingua. w w w . c re n z a s d e c a n g a s . w o rd p re s s . c o m alumnado de primeiro da ESO.

___

w w w . m o n t e c a rra s c o a b a l a r. b l o g s p o t . c o m

Unha páxina onde se recolleron as lendas relacionadas con Cangas e traballada polo

___

A máis nova criatura para compartir contidos relacionados coas aulas Abalar.

E, non pensedes que a cousa remata aquí. Seguide á procura do rastro do Carrasco...!!!

51


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4 Noelia Carballo, Andrea Pereira, Alba Veiga 4º

O noso proxecto de clipmetraxe comezou a principio do curso cando a nosa profesora de Relixión, Begoña Cebrián, propúxonos participar no festival de clipmetraxes de Mans Unidas, “O teu punto de vista pode cambiar o mundo”, (máis que propoñer, obrigounos). Esta actividade é unha iniciativa de Educación para o Desenvolvemento, que busca sensibilizar aos máis novos sobre a pobreza, as desigualdades e as súas causas. O concurso consiste en realizar vídeos de un minuto sobre os temas propostos. Este ano o tema era o desafío da fame no mundo e dentro de este había tres apartados: - Agricultura familiar. - Consumo responsable. - A volatilidade dos prezos. Primeiro a nosa profesora deunos unha extensa introdución sobre o tema; cando xa se fartou de "darnos a brasa", comezamos facendo unha choiva de ideas, ata que tívemos unha idea para cada tema. O tempo botóusenos enriba e os dous primeiros proxectos quedaron no caixón, realizándose soamente o traballo da volatilidade dos prezos, grazas a axuda do noso insigne director de cine, Miguel Cameselle, o noso profesor de audiovisuais e música; o cal ten un amplo palmarés coas películas do instituto como “A liga dos charnecos extraordinarios” ou “Mi madriña”. Unha vez gravado colgouse en internet, e tivemos que promocionalo pedíndolle a toda a xente que o vira e votara para poder conseguir o premio do público, aínda que non tivemos moito éxito, xa que quedamos no segundo posto. Só quedaba a opción do gran premio, o do xurado. Chegou o gran día, tivemos que ir a Vigo nun minibús que nos deixou na porta do cine Salesianos, onde ía celebrarse a “gran Gala da Final Galega”. Tiñamos distintas sensacións, María, dicía que non íamos gañar nada, pero eu tiña a sensación de que si, a nosa profesora dicía que tiñamos posibilidades xa que era un bo vídeo e transmitíamos bastante ben o tema. O resto dos meus compañeiros máis eu estabamos nerviosos e pegados ao teléfono para darlle a noticia ao noso compañeiro Brais, que estaba no hospital. Puxeron unha selección dos mellores vídeos, pero nos non apareciamos, María seguía dicindo que non íamos gañar. Primeiro entregaron os premios do público, o máis comentado e o máis votado, parecía que querían facernos sufrir. Unha vez entregados tocaban os premios do xurado, o finalista e o gañador que ía representar a Galicia na final nacional competindo coas outras comunidades autónomas. Por fin comezaron, por suposto, co premio finalista. Para dar máis tensión abrían o sobre con moita paciencia e tranquilidade, pero non, nese papel non estaba o noso nome. Empezabamos a dalo todo por perdido, pero aínda faltaba un premio e non sabiamos o que ía ocorrer. Chegou o momento, abriron o sobre, cada vez máis lentamente, aquí si que sufriamos, pero non o dobre senón o triplo, ata que o que daba o premio abriu a boca e pronunciou o noso nome. Empezamos a pegar berros e saltar; subimos ao escenario e como alí faltaba alguén fixemos baixar o noso director de cine, porque el tamén levaba moito mérito do noso triunfo. Cando nos sacaron as fotos chamamos a todos os nosos compañeiros que non puideron asistir e aos nosos familiares. Cando chegamos a Cangas de Morrazo, á estación de buses, levamos unha sorpresa moi agradable, Brais estaba esperándonos alí. Agora tocaba prepararse para a viaxe a Madrid.


EDLG

IES MONTE CARRASCO E ao final... en Madrid

O venres 9 de maio collemos o tren na estación de Vigo, que saía aproximadamente ás 1 0 da noite, alí despedímonos dos nosos pais. Unha vez dentro do tren tivemos que atopar as nosas cabinas, instalámonos e o tren comezou a andar, estabamos moi nerviosos porque algúns de nós era a primeira vez que montabamos nun tren, polo menos dende que eramos moi pequenos. O tren movíase moito e facía ruído, co que non puidemos durmir moi ben. Chegamos a Madrid na mañanciña moi cedo, ó saír do tren o primeiro que fixemos foi atopar uns servizos pois o baño do tren non invitaba moito a usalo; unha vez xa listos, fomos en busca do noso albergue. Cando chegamos, preguntamos onde podiamos deixar as nosas maletas, logo preparámonos para o gran acto da entrega de premios. Cando xa estabamos listos, fomos en busca dun lugar onde poder almorzar, estabamos esfameados. Unha vez rematado, como nos sobraba tempo, camiñamos ata o Museo Municipal que estaba moi perto, onde as profesoras ensináronnos unhas maquetas da cidade de Madrid antiga. Por fin fomos para o cine onde ía ter lugar a entrega de premios; ó entrar fixéronnos unha foto como ós famosos e fomos buscar o noso sitio na sala. Presentaron todas as climetraxes que fixeran os alumnos de todas as comunidades autónomas; como eran tantos ensináronnos unha selección, e entre eles estaba o noso. Déronlles os premios ás climetraxes gañadoras; despois, para rematar o gran acto, subiu ao escenario o monologuista Joaquín Reyes, que nos entretivo un anaco antes de marchar. Ás dúas da tarde, unha vez rematado o gran acto, fomos buscar algún bar no que poder comer, despois de pasar por uns cantos, encontramos o axeitado. Alí déronnos unha carta, onde había chipiróns, patacas alioli, albóndegas en salsa, croquetas, ovos recheosX Nós pedimos algunhas desas cousas, comemos rápido porque as nosas ganas de ir ao parque de atraccións eran maiores cá gana de comer e, cando xa estabamos comidos, sobre as tres e media, fomos ao albergue, instalámonos nos nosos cuartos e cambiamos a nosa roupa de gala por unha máis cómoda, xa que facía moita calor, e marchamos cara ó parque. O parque de atraccións estaba moi lonxe do noso albergue, así que tivemos que coller un metro. Este facía moitas paradas, nel estivemos uns quince minutos, cando xa chegamos á nosa, baixamos e ao saír xa mirabamos algunhas das atraccións, ao entrar sacáronnos unhas fotos, as que pensabamos que nos ían a agasallar, pero non foi así, tiñamos que pagalas. A pesar diso, pasámolo en grande montando en tódalas atraccións posibles, xa que as colas eran infinitas, quedamos coas profesoras ás 9 na entrada do parque para coller o metro, ir cear e dar unha volta por Madrid. Chegamos no metro a Ópera e pasamos pola praza de Oriente para ver, ao lonxe, o Palacio Real, logo encamiñámonos á Praza Maior e buscamos onde cear. Ao rematar, fomos cara á Porta do Sol, onde celebran as campanadas de fin de ano, de camiño miramos tamén moita xente, moitas tendas, moitos restaurantes X Chegamos ó albergue, duchámonos e estivemos nas camas falando un rato; ás doce, a pesar de todo o ruído que había nas rúas, conseguimos durmir. Á mañá seguinte levantámonos e ás nove almorzamos no albergue. Cando rematamos fomos camiñando ata o Museo do Prado, alí a nosa profesora Begoña explicounos todas as historias que tiña cada cadro. Á saída fomos a coller o bus porque o museo quedaba un pouco lonxe e nós estabamos cansos, ao chegar ao albergue collemos as maletas en fomos cara á estación de tren, onde comemos. Algúns quedamos no Burguer King e outros foron ao Fresco, un buffet libre. Ao acabar de comer estivemos esperando un rato o tren que chegou ás tres da tarde, o camiño foi longo pero o tempo transcorreu moi rápido. A chegada a Vigo foi ás 21 :30 onde nos estaban a esperar os nosos familiares.

53


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

É o momentoBegoñadeOtero,soñar Orientadora

Durante este curso, estivemos a traballar co alumnado que remata unha etapa no centro, 4º de ESO e Programa de Cualificación Profesional Inicial, sobre as súas eleccións académico – profesionais. Combinamos charlas da orientadora coa información básica relevante para a toma de decisións así como actividades no curso de Orientación Académica e Profesional na Aula Virtual do centro. Este curso inclúe vídeos que lle axuden a pensar sobre o seu futuro, información sobre as opcións que se lle abren ao remate do curso que están a realizar, cuestionarios... Co alumnado de 4º de ESO, empezamos por visionar o vídeo " Y si no importara el dinero. ¿Qué harías?" por Alan Watts. A continuación pedíuselles a seguinte tarefa: Escribe un parágrafo de entre 5 e 1 0 liñas no que reflexiones sobre: Que é o que eu desexo? Estas son algunhas das súas respostas:

reinaste a v y a enoh solabmién esi u q o t s pturaebajapnero tiaómn. Enemnte u s r o Ps que dinero profesexactaamgenten a •person ganar gusta lalo que r mucherras eas ppaorraqueaúlens noeospéero ealtvieenesntagauyudpaorrleso cqausoiero ondoetsiciaosr eqsuo mneegnupeelrimgreora. esnulsapsanísaess qpuemeésdtiaca o enf pperresfoiero ser

A min gustaríame stu d aerr e traballar de policia aínda que é , s e xo e p o d u n e d vexo máis posibilidades de u e ia en traballar na economía, O q u eh ospi ta l apr eq u en osposi bl e, s e a o dánseme ben os números í r c ox se es pa ped aagl l a r con ra pod er a s, en tre aesl o d e e é unha boa opción e tra b pi ta l . D i os i d i om ta . N o c ta m én de traballo, porque h os d a ría va r m e en ca n porta se, m pa d a quizais para entrar na estu n o, q u e o n on i m g u n h a te ) n o Garda Civil non me dá a i ta l i a o d i ñ ei r pa sa r a l ba l l a n d o u sta ría estatura, aínda que q u e g u sta ría ou tra m e g pod er tamén en economía hai m e u d a n d o Ta m én O N G e a n . que estudar moito e non é (est a n xei ro. l g u n h a o n ecesi t o meu forte, pero tendo e s tr i ci p a r n a e l e s q u e unha empresa de turismo pa rt d a r a a q u rural teño máis opcións, aínda a xu que facer a carreira de turismo O meu desexo é traballar non me chama moito e ademais con rapaces pequenos xa que me hai que aprender demasiados gustan moito. Pensei en facer idiomas que a min non se me Psicoloxía e logo especializarme en dan nada ben. O bo é que polo psicoloxía infantil, porque outra menos penso nesas opcións, das cousas que me gustan é non vexo outras saídas ou escoitar á xente para logo poder outras cousas que me gusten. axudala. No caso de que a nota do selectivo non me dea para poder cursar esta carreira, tamén pensei en facer Pedagoxía, xa que ten ramas moi parecidas á Psicoloxía e tamén traballas con rapaces pequenos. Penso que esta carreira se me dará ben porque gústame descubrir cousas novas que teñen que ver coa vida da xente. Tamén me gustan moito as ciencias polo cal non creo que se me dea mal este traballo e polo contrario non aturo as letras, fánseme moi aburridas.

fa que est É mecegnudo algmoe guudstaer de poder alg st p q , ó otrñaebr mael,a que nuoen reatlrmabeallaro ax all car te nt Noundar a xoe. nGustaarcíaada dñíaa quee q teñ te. m ó peuroe desexoo,moi clar e poderir n teñ ou o quoenpqueroo, claro qouque qquue é o ero e co erd e gusutasras queer o tenmopn quéeroo que , on. nunc o face ter a me nd o e ro, m

la n g o a lgaod mcin ist rat ivo, e t o n e t n R e a lmre u n c ic lo m ed io d, ep e ro y o c re o qu e • n e lo: g u st a ríara sh ac oc s a s qu e m e ifgícuilste s,a c o m o p o r ej e m p t h a y o i s o n u n p o c o d e ri c u lt u ra... o, pa ra meña d o ra, h a c e r p u e l c ic lo d e a d m in islot rayt ivm e s e r d is ve o más c la ro e s qu ed a e n m i p u e bis c o s a s Lo qu e a d e qu e e l c ic lo sé a d m in ist ra r m a c a u s s o y o rd e n a d a y g u st a, b ie n.

Pues me gustaría estudiar Puericultura, pero además de eso también me gustaría hacer otras cosas, como Criminología, pero claro, esa es una opción por bachillerato, cosa que no tengo pensado hacer, entonces lo descartaría si no tengo otra oportunidad para sacarlo, me gustaría que el trabajo no fuera tan cansado, de muchas horas... etc También me gustaría hacer lenguaje de signos, pero como trabajo no lo miro muy bien. Pero bueno, tendría que pensarme bien las cosas y saber qué quiero hacer.

Eu e ter u n tradbesexo ter fil los c u n h a m poid a m a n tea llo d ig n o e ú til pa ra a u ller d e proveito polo m u n d o r a m iñ a fa m ili a. Ta m é soc ied a d e q u e en riq u eza n e c oñ ec er d iferen tes n d esexo vi a xa r c on tribu ír en c om o persoa. Gu stac u ltu ra s q u e m e xa q u e o se obra s ben éfic a s e a c ría m e a d em a is d em a is é n tim en to q u e c h e a c htos d e c a rid a d e, posi bili d a d e dm oi sa tisfa c torio. N oeg a a xu d a r a os n d esc a rto e vi vi r d o d ep orte. a


EDLG

O que eu desexo é poder chegar a ser o que realmente quero. Non teño nada seguro inda, pero gustaríame ser psicóloga ou fisioterapeuta, ou as dúas se se dá o caso. Ter a miña propia consulta, e poder dividila. Por unha parte gustaríame máis ser fisio xa que gústanme moito os deportes e intrígame moito que cando vou ó fisio con nada máis que tocarme o pé ou o que teña mal xa saiba o que teño e consiga aliviarme a dor. Pero logo penso no de psicóloga e tamén me gusta moito poder axudar á xente cos problemas que poida ter, e que grazas a min se sintan mellor sendo eles mesmos. Teño medo a que realmente isto non sexa o que quero facer máis adiante e teña que dar un cambio drástico nos meus estudos.

Ao alumnado de PCPI pedíuselle que imaxinaran como se ven dentro de 1 0 anos: Agora vas imaxinarte dentro de 1 0 anos. Estamos no ano 2023... Cantos anos tes? Onde vives? A que te dedicas? Escribe un texto onde describas a túa situación dentro de 1 0 anos.

IES MONTE CARRASCO

RO D E ADM E G U S TARIA ACE ITE YO D E M O TO RE S E S TAR M E D A IG E S CU CH ARLO , G RAS A, F ÁB RICA U AL QU E S E A S RU G IR, EN U N A QU E U N M EJ OR T A L D L E ER O N T RO D S IN TIE N D E O E LLOS L AS VIB DEL M O VE LO CIDTO R. LLE VARLORS ACIO N E S TRAM O , AD E S P O R CIR A ALTAS CO N CADP O D E R VO LAR CU ITO O AF ICIO N A S ALTO , M IR CO N É L ARCÉ N , AD O S AN IM AR AR A LO S E S P E RAN S ALTAN D O , G E N E L VE R U N D O IM PACIE N RITAN D O QU E M EA G RAN ACTU ACTE S PARA CU M P LIR VE RÍA O B L IÓ N A LA IG AD O A .

v Ten m e di vo d ongdo 2 6 añ I n t ed i e m os socieen to sobco a l o qeu toq u e ten erd ad l l enrevi vi r e e pu edy 1 0 0 0u n a cara d e g enn esta o. re t e creenu ros m ára y cobe q u e po r su pe s q u e rar ri ore yo, s s. e

Te ñ o o s e a l l er 2 6 a n l l o n u n t mp ra re i i r e u e o ; t ra b a c á n i c a . C p o d e r vi v o d e s e r, el it e a r é a n p e a m r r n s a a p ui no de pa is . va i p casa e s eg . Se u n h a a f a mi l i a d o s me u s t b o l i s t a ro o q u e n i n g ú n . e a a mi ñ e i n a c a s í a s e r f u e l t a . . . P t ra b a l l o r C r n a i e t o v s s n vi Teño 26 anos, comparto piso coa me g u rú a e n a ou Ta m é n n o O s a s u r e m o s n a miña prima. Traballo nunha tenda a xo g a r o d o s a c a b de roupa en Vigo. Xogo ó fútbol sala que t co meu equipo de sempre. Dentro de dez anos No meu tempo libre vou tomar algo terei vinte e seis anos. cos meus amigos, cear ou saír de Gustaríame estar vivindo festa. soa, independizada, en Durante miñas vacacións, gústame Barcelona. Espero ter o meu estudo propio de fotografía e pasalas nunha casa rural: imos todos adi carme especialmente a facer books de os meu amigos en varios coches. Cando teño tempo libre vou xunto fotos (sesi óns de fotos). Gustaríame facer algunhas fotografías que da miña nai e visitar ao meu pai. Estou a ver se me anoto a algún despoi s se publi carán en revistas. Quero que a miña especialidade sexa diferente curso para facer algo de actividades deportivas ou algo así. a dos demais fotógrafos, xa que sei, e son consciente, de que hai moi ta demanda neste Teño traballo.

Con 28 anos gustaríame vivir fóra de España e se puidese ser en Alaska ou por esa zona. Sobre o traballo gústame moito a neve, entón o traballo sería sobre a neve ou de calquera cousa. Tería unha familia e un can que traballara comigo e me axudara no traballo e noutras actividades como, por exemplo, alpinismo, pilotar en motos de neve e tamén facer bonecos de neve coa miña familia etc...Tamén comprar moitos cans para facer mushing e poder gañar, ou polo menos intentar ganar campionatos e que o meu fillo aprendese.

vinte e oito anos e traballo de fotógrafa. Fai nada que montei a miña propia empresa, apaixóame a fotografía. Teño unha filla de tres anos e espero ter outro fillo máis adiante.Vivo en Madrid, pero antes vivía enBueu, Pontevedra. Decidín mudarme á capital porque tiña moitas máis saídas profesionais. Tamén podo exercer de periodista. Gústame moito viaxar coa miña familia, xa fomos a varios lugares como Grecia, París, Portugal... Pero gustaríame ir a Londres, xa que teño ese soño desde pequena e nunca puiden ir.

Dentro de dez anos terei 26 anos. Supoño que vivirei en Beluso coa miña familia. Se non consigo ser porteiro nun equipo de segunda ou primeira división, estarei de panadeiro ou cociñeiro polos arredores de Beluso. Seguirei co fútbol, xa que é a miña paixón, xogarei de porteiro no C.D Beluso ou noutro equipo. Non me vexo sen xogar ó fútbol. Sei que será moi difícil compaxinar todo pero intentareino. Só terei un ou con sorte dous días de descanso á semana. Rotarei as fins de semana para ir xogar co meu equipo. As tardes serán para o meu fillo ou filla. Levareino xogar ó parque ou de paseo pola vila. Espero non ser un pai moi estrito nin moi protector. Non busco ser rico nin gran fama, só quero poder vivir ben e feliz coa miña familia.

55


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

n vi vo e , s o ñ e n F ra n cOiala, , te ñ o 2 7 a n os, viv a g o 2 6d i co a l a g a rd e ría e tra b a ll o n u n h a o n e T con n e n os ta m é n fa g o ta ll e re me de y a x s o ñ rd a o m u d os. u n h a fi ll M o rm á ti ca . pe n sa n dao dtee d ou s a n os eTeesñtoo i n fo te m po li b re r ou tro fi ll o. N o m u id iom a s. E n a pre n d o ou tros e u cá n ta m e via se m pre x lu g a r, a ínqduae pod o vou a aalgrúe q u e a o sitio q n m á is via xo é á G a li za pa rauve m iñ a fa m il ia xa q u e e sta se m pre q u e pode r a o, Teño vinte e cinco anos e lon xe .E n cá m os n ta m e o m e u tra vivo en San Sebastián coa miña e pásoo m o b a ll o i ben . muller e co meu fillo que ten oito meses. Agora mesmo estou traballando nunha fábrica téxtil de Zara. Pola tarde teño que ir da miña naTeño 27 anos, tr adestrar nun club de fútbol onde de informát i de camareiro o aballo no bar xogo cos meus mellores amigos. vivo na cas ica en Cangas o u nunha tenda Logo pola noite teño que facerlle a materna. a antiga da miñ u en Vigo e cea á miña muller e mais ó meu a familia fillo. Cos anos que teño tamén vou estudar para poder adestrar os nenos do club e poder gañar un pouco máis de cartos. Teño 27 anos e dedícome á pastelaría, traballo en Vigo onde tamén teño a miña casa. Comigo vive a miña moza e os meus fillos. Gustaríame deixar a pastelaría e traballar nun comercio pero non teño moita formación sobre ese traballo xa que levo moitos años dedicándome unicamente a saber todo o posible sobre a pastelaría e non quixen saber doutros traballos. Estou pensando en volver aos estudos para ter un pouco de coñecemento sobre eses traballos. No meu tempo libre gústame facer deporte, xogar ao fútbol cos nenos e cos meus compañeiros, dar un paseo coa bicicleta e, cando remato o traballo, saír tomar algo coa miña moza.

Dentro de dez anos terei vinte e cinco anos e vivirei en Madrid traballando nunha empresa de informática. Vivirei nun piso normal no centro de Madrid coa miña parella, unha vida tranquila. Serei seareiro do Barcelona aínda que viva en Madrid. Nos veráns irei a Galiza para visitar a miña familia e ir á praia.

Teño vinte e seis anos, vivo en Galicia (Bueu) pero vinme a vivir a Madrid por traballo. Aquí coñecín un rapaz, xa levamos dous anos xuntos. Estou moi contenta. Traballo de Protésica Dental e polas tardes, ao saír vou xogar ao balonmán. As fins de semana quedamos cos amigos do meu mozo e imos ás discotecas. Encántame viaxar cos meus amigos: fun a París, Alemaña, Sevilla, Ibiza... Os domingos pola mañá levantámonos algo cedo, vestímonos e imos á casa dos seus pais, pola tarde imos ao cine.

Esta é unha pequena mostra dos soños do noso alumnado. Esperemos que se poidan ver cumpridos.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Produci óns Monte Carrasco presenta... CLAREXA, QUE XA É ABONDO! (Lex Tutor revenge) Charnecos 2- Mi Madriña 3

A crise pode que non rematara, pero o Obradoiro de Iniciación ó Audiovisual remata a súa triloxía da crise. Neste curso aparecen novos alumnos: algúns queren crear unha banda de rock. Outros queren aproveitar a posibilidade de que Cangas sexa vila olímpica para gañar unha medalla. Fronte a tantas ilusións, Lex Tutor está disposto a servir a súa vinganza. Música, Zombies, Deportes e moitas risas na máis canalla das producións carrasquianas.

57


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

I V C E RT AM E AU D I O V I S U AL E S C O L AR I E S M O N T E C ARRAS C O O IV Certame Audiovisual Escolar do IES Monte Carrasco continúa co obxectivo de fomentar a creatividade audiovisual entre o alumnado e persoal pertencente á comunidade educativa dos centros de ensino secundario da comunidade galega. Para ser admitidas no concurso, deben cumprir algúns requisitos, como ser orixinais, non manifestar mensaxes que inciten ó racismo, xenofobia, homofobia ou calquera tipo de violencia, empregar como lingua calquera das cooficiais do Estado ou das estranxeiras que estude o alumnado. O xurado ten en conta especialmente criterios como a calidade e orixinalidade da obra, a adecuación dos recursos da linguaxe cinematográfica, a riqueza no uso da lingua, o uso das novas tecnoloxías, o valor didáctico e o fomento de valores democráticos, de respecto e tolerancia. Establécense varias categorías de premios, cuxa entrega se fai no Auditorio Municipal coincidindo coa estrea da película producida no Monte Carrasco. Este curso, o fallo do xurado tivo lugar antes de que esta revista saíra do prelo, polo que podemos informar de que a película gañadora foi " Pasado e futuro" , audiovisual de ficción producida polo IES Alfoz-Valadouro. Esperamos que, agora que xa está consolidado, continúe a súa andaina aínda que os ventos non sexan moi propicios para estas iniciativas.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

OS PRACERES DO TURISMO EN GALICIA

Por Noelia Carballo Corral, 4ºA

O turismo rural é un ámbito que ultimamente a xente reclama moito. Moitos lugares que xa estaban esquecidos foron redescubertos e restaurados por completo ata converter unha casa da avoa de hai moito tempo nunca casiña reformada. Estes proxectos tan custosos e ambiciosos son levados a cabo con moito tempo e paciencia. Os propietarios van engadindo cousas máis rechamantes para que as persoas se interesen máis, ou simplemente restáurana deixando as paredes orixinais para darlle un pouco de “maxia”. Normalmente están situados nun ambiente tranquilo, as aforas de cidades, nun pobo no que a xente aínda use o tractor, que aínda teñan animais coma vacas, cabras, coellos, e moitos máis. Un lugar que ofreza a posibilidade de camiñar, gozar da natureza ou facer actividades ao aire libre. A xente busca tranquilidade, un tempo para pasar coa familia, nun espazo relaxante e sen contaminación. Dentro da categoría de casas rurais hai distintos tipos: -Casas de aldea: nas casas de aldea non lle esixen que teñan animais, nin colleita, poden traballar como casas completas ou por habitacións. -Casas de labranza: teñen que ter animais e ter colleita e cumprir uns requisitos como a antigüidade. -Casas vacacionais: tamén pertencen ao turismo rural pero teñen que ter unha ocupación de quincenas, aínda que a maioría non a cumpren este requisito pola crise. O cliente busca un trato distinto ao hotel cando vai de turismo rural, máis familiar e entrañable, con cousas máis típicas de cada sitio. Aquí en Galicia, por exemplo, faise a queimada, que é augardente con azucre; algunhas persoas bótanlle froitas ou grans de café, e quéimase a maioría do alcohol que contén; ou tamén o pan e os doces típicos de cada lugar, como o pan de manteiga, as filloas ou a bica, xa que a comida tamén caracteriza o lugar. Tamén a carne, o peixe e o marisco acompañado de un bo viño como o noso Albariño ou Ribeiro póñenlle o punto especial de cada lugar. Estas prácticas sempre crean un vínculo máis entrañable co cliente. Por outra banda, dependendo dos camiños de Santiago, están os peregrinos que buscan nas casas rurais, a pé de camiño, un descanso pracenteiro e unhas atencións máis familiares. Dentro do turismo rural hai modalidades, como a de agroturismo, que é unha variante dentro do turismo que ten a peculiaridade que a casa que se aluga ten que estar especificamente en granxas, pazos..., e preferentemente que estean en activo, para que así os clientes poidan interactuar coas tarefas domésticas da granxa e cos traballos diarios. O agroturismo xorde en Europa na década dos sesenta, aínda que en Italia é onde alcanza maior desenvolvemento. Os requisitos que deben cumprir son o que mencionei anteriormente de aloxamento en explotacións agrarias, alimentación baseada na cociña tradicional e alimentos autóctonos do lugar, e alternativas para ter de ocio no recinto. Outro xeito de facer turismo rural é o ecoturismo, que prioriza a conservación do espazo natural onde se sitúa a casa, xa que este é un tipo de turismo rural no que se preocupan moito máis polo medio ambiente e as casas están en contacto coa natureza. Adoptouse a denominación de turismo rural cando se empezou a considerar turismo este fenómeno de masas que se dirixía cara ao campo coa finalidade de pasar as vacacións. Esta nomenclatura comeza a utilizarse a finais da Segunda Guerra Mundial, cando Europa remata o proceso de reconstrución económica a mediados dos anos cincuenta.

59


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

CATORCE METROS CADRADOS...

A nosa idea de facer un invernadoiro xa levaba previsto dende terceiro, nas clases de Tecnoloxía, cando iamos ao taller facer os nosos proxectos. Elena, a nosa profesora, presentounos unha proposta que consistía en montar un invernadoiro comprado para plantar algúns vexetais. A profe empezou a buscar por Internet tipos de invernadoiros que se axustaran ós nosos requisitos, presuposto e ó noso terreo. Como observou que os que viñan para montar eran moi caros, decidiu falar con Geno, o noso home de mantemento, que nos axudara a atopar un máis económico, e poder montalo. Tivemos que buscar o sitio máis axeitado tendo en conta que debía darlle ben o sol, que non azoutara tanto vento… Informáronnos de que detrás do pavillón había un areeiro da época na que o noso instituto era un colexio de infantil e primaria, as dimensións parecían axeitadas e o sitio, o correcto. O areeiro ten 5, 32 m de largo e 2, 80 m de ancho. Por tanto construímos aí o invernadoiro, que quedou coas seguintes dimensións: Perímetro = 16, 24 m2 e Área cultivable= 14, 80m2 Estiveramos todo terceiro esperando a que nos deran respostas axeitadas para comezar a construílo, e foi no segundo trimestre de cuarto cando comezamos a nosa andaina, que todos nós pensabamos que non comezaría (en especial Esteban, que estaba moi negativo). En marzo, Elena díxonos que xa tiña a estrutura do invernadoiro comprada, que tiñamos que baleirar o areeiro pero como tamén nos saía moi caro alugar unha escavadora, decidimos facelo nós. Despois de sete días de traballo baleirando area e levándoa para a parte de atrás do campo de fútbol, avisamos a Geno para que nos trouxera a terra para encher o noso oco baleiro. Despois de dúas semanas esperando a que nos trouxeran a estrutura por culpa do mal tempo, comezamos a montalo. En todo


EDLG

IES MONTE CARRASCO

A HISTORIA DUN INVEpoRloNalAumDnaOdoIdReO4º B

momento estiveron as nosas profesoras, Cristina, a nosa titora e profesora de Ámbito Científico, Elena, a nosa profesora de tecnoloxía, como xa mencionamos antes, e o noso home de mantemento, que era o que nos daba as instrucións para montalo. A causa do mal tempo, Semana Santa e os nosos festivos, tivemos que retrasar o proxecto e montar o plástico para poder acabar o invernadoiro e comezar a plantar. Como o tempo non nos acompañou, o plástico tivo que montalo o noso home de mantemento. O 26 de abril, un luns pola mañá, cando chegamos ó instituto despois dunha ponte moi longa miramos o invernadoiro montado. Ó chegar a clase, Cristina díxonos que tiñamos que plantar, estabamos moi entusiasmados e tiñamos moitas ganas de comezar . As profes trouxéronnos diversas plantas para plantar: trinta plantas de tomates, catro de xudías, vinte e unha de pementos, corenta e nove leitugas, dúas cabaciñas, un romeu, un tomiño, un ourego e seis de albahaca. Cristina ensinounos como facer os regos para plantalos, despois de facelo ela unha vez, rematamos nós. Primeiro tivemos que facer o rego fondo, logo botarlle esterco que nos trouxo Geno, por enriba tivemos que cubrilo cunha capa de terra para que as raíces non o tocaran e se queimasen, a continuación tiñamos que poñer a planta e botarlle terra cubrindo as raíces para quedaren dereitas. Foi unha experiencia moi divertida e motivadora, pasámolo moi ben cavando, carrexando e montando. Este foi o noso proxecto de 4º PDC.

61


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALICIA O alumnado de PCPI fixo uns estupendos traballos sobre os parques naturais de Galicia, mostra das grandes riquezas naturais da nosa terra.

PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA O parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia é o primeiro e único con esta categoría da comunidade autónoma galega e o segundo no territorio nacional de carácter marítimo-terrestre, xunto ó arquipélago de Cabrera en Baleares. Estas illas foron declaradas Parque Nacional no ano 2002 como una das mellores mostras dos ecosistemas propios das costas e fondos mariños atlánticos españois. O Parque Nacional comprende os arquipélagos de Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes e o espazo marítimo que nos rodea, constituíndo esta franxa mariña o 86% da superficie total protexida, o que nos dá una idea da importancia do medio mariño neste espazo protexido. CÍES

Encóntrase situada na ría de Vigo. Ten ZEPA (Zona Especial de Protección para Aves) . A súa flora na maior parte é matogueira, forestal e de acantilados. ONS

Pertence ó municipio de Bueu. É una illa que sempre estivo habitada. A súa flora é case toda de matogueira. A súa fauna consta de aves (gaivotas, cormoráns) , algúns mamíferos terrestres (musarañas, londras) e mamíferos mariños (arroaces, cachalotes) . SÁLVORA Encóntrase na ría de Arousa. Case todo o perímetro é rochoso, e ten tres praias. CORTEGADA Situada na provincia de Pontevedra. É propia de lugares húmidos, cálidos e con leves nevadas. Ten grandes árbores. Case toda a illa está formada por lianas.

Alia e Luz PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS O parque natural de Serra de Baxa Limia - Xurés foi declarado como tal no ano 1 993. Abarca 20.920 hectáreas e está situado no sur da provincia de Ourense. Estende a súa zona de actuación ás montañas dos municipios de Entrimo, Lobios e Muíños ata a fronteira con Portugal, limitando co parque nacional Peneda – Gerés. É unha zona montañosa na que o material xeolóxico predominante é o granito. Dentro dos seus límites están os círculos glaciares de menos altitude da península. FLORA

A flora do parque caracterízase por un bosque caducifolio e elementos mediterráneos. Hai varias plantas endémicas como o loureiro portugués e o loron, unha especie que coloniza os barrancos e outras zonas de gran humidade. FAUNA Destacan os anfibios e réptiles como a lagarta ibérica e a cobra viperina; as aves como aguias reais, azores, cucos e pitos reais; mamíferos como o xabarín, o corzo, o coello, os lobos, xenetas ou a londra.

Alberto, Ángel e Yolanda


EDLG

IES MONTE CARRASCO

PARQUE NATURAL DAS DUNAS DE CORRUBEDO O parque natural das Dunas de Corrubedo está localizado no vértice occidental da península da Barbanza entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia no concello coruñés de Ribeira. O parque natural de Corrubedo presenta diferentes sistemas: o largo areal semicircular que forma 4 km de praias, unha lagoa de auga doce e outra de auga salgada que varía coa marea. FLORA

No parque natural atópanse representados 247 taxóns vexetais. Podemos atopar especies adaptadas á gran aridez e inestabilidade da capa areosa como o cardo mariño ou a ammofila que fixa as dunas das praias. FAUNA É importante destacar a gran zona faunista (70% son anfibios e réptiles) da que destacan tamén as aves. Os censos das aves acuáticos dos últimos anos proporciona unha media de 2.300 individuos reunidos en máis de 35 especies (chorlitejo patinegro, andarríos , mazaricos etc..) Ángel e Íñigo

SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA Foi declarado parque natural no ano 2002. Está situado na zona nordés da provincia de Ourense no concello de Rubiá, comarca de Valdeorras. Ten unha extensión de 3.1 51 ,67 ha e unha altitude media de 684 m. FLORA

O parque natural abarca a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia e nel describíronse un total de dezaseis asociacións ou comunidades vexetais naturais e seminaturais, entre as que se contan bosques mediterráneos calcícolas, espiñeirais, salgueiras, tomiñeiras, vexetación de paredóns calcarios e diversos tipos de pasteiros. FAUNA A existencia de grandes cortados calcarios, a abundancia de froitos carnosos en espiñeirais, os ambientes agropecuarios ben integrados e a elevadísima diversidade de hábitats nunha área de transición bioclimática son determinantes da existencia da comunidade de aves nidificantes máis rica e senlleira de Galicia. Breixo e Denis

AS FRAGAS DO EUME A comarca do Eume conxuga o máis fermoso das paisaxes galegas. Ten o encanto das vilas mariñeiras, a frondosidade dos recantos do parque natural das Fragas do Eume e as tranquilas praias que son lugar perfecto para o repouso do viaxeiro. Séculos de historia deixaron nestas terras con castelos, pontes e mosteiros. FLORA As Fragas do Eume é un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa. Carballos, chopos, freixos, ameneiros, máis de vinte especies de fentos e máis de duascentas de liques conviven co eucalipto introducido para a súa explotación hai case un século. FAUNA As fragas, polo seu clima húmido e sombrío, constitúen o ambiente ideal para os anfibios. Nas do Eume viven trece das quince especies de Galicia. As gallaica salamandra son moi comúns nas masas de bosques estacionais desiguais que son os seus hábitats naturais.

Adrián, Andrea e Pablo

63


MONUMENTOS DE CANGAS A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

POR ELENA BERMÚDEZ E PAULA MARTÍNEZ, 4ºA

Ás veces, o que temos máis preto é o que menos coñecemos. Visitamos cidades, monumentos, espazos naturais dos que temos oído falar ou dos que temos referencia por calquera outra vía e, en cambio, esquecémonos do máis próximo, ben porque non reparamos nel, ben porque a súa proximidade fai que sempre o deixemos para outro momento. Na nosa vila temos moitos monumentos importantes que marcaron a nosa historia e aí permanecen como testemuñas mudas da nosa evolución. Algúns son pouco coñecidos a pesar de que esteamos pasando polo seu lado todos os días.Por iso decidimos investigar un pouquiño acerca dalgúns deles: capela do hospital, a colexiata de Santiago de Cangas e o reloxo.

e nel destácase o Cristo de Minerva, pequena talla barroca do século XVIII e dúas figuras de Santiago, unha de ecuestre e a outra de peregrino. Tamén hai seis capelas nas que se gardan dúas figuras relevantes, o Cristo do Consolo, obra barroca realizada por Juan Pintos no 1 796, e o Cristo que non ardeu no incendio que sufriu a igrexa no 1 61 7 a mans dos piratas turcos.

Colexiata de Santiago de Cangas A Colexiata de Cangas é sen dúbida, xunto co Cruceiro do Hío, unha das grandes obras artísticas do noso municipio. Data do século XV e foi reformada no século XVI cando foi declarada colexiata polo Papa Paulo III no ano 1 545, aínda que se cre que o templo se remonta polo menos un século atrás. Parte da igrexa é de estilo oxival evolucionado, pero tamén hai partes renacentistas. Isto débese a que comezou a construírse a principios do século XVI e termínase a finais do mesmo. A fachada é renacentista, e non se levantou ata 1 585 a mans de Xácome Fernández constituíndo unha das mellores mostras de arte de Galicia. Está coroada por unha cestería gótica–flamíxera que chega ata a ábsida complementándose cunha torre de dous corpos con balaustradas do século XVIII. Ten unha planta basilical de tres naves coroadas cunha bóveda de cruzaría estreladas construída entre 1 901 e 1 921 sobre altas e recias columnas. A capela maior ten tamén unha bóveda estrelada cunha extensa e curiosa inscrición testamentaria no muro da dereita; e no exterior, contrafortes nas esquinas, cestería oxival dexenerada, gárgolas e pináculos. Consérvase un bo retablo barroco nesta capela realizado en 1 744

A nosa igrexa é moi parecida á Basílica de Santa María de Pontevedra, sendo máis grande e luxosa a de Cangas. As cesterías exteriores son iguais e as naves interiores moi similares, aínda que hai unha importante diferenza, as columnas na Colexiata de Cangas son lisas e cilíndricas. Isto débese a que os dous templos foron pagados por confrarías de pescadores e foron construídas na mesma época. Non hai que esquecerse da fonte da Colexiata. É unha preciosa talla situada ó lado da igrexa e representa a Santiago Matamouros. O seu estilo considérase como ecléctico e fíxoa Cerviño no 1 890.

O reloxo de Cangas O reloxo de Cangas, aínda que coloquialmente recibe este nome, é en realidade un aparello de predición meteorolóxica. O reloxo conta con termómetro, barómetro, pluviómetro, higrómetro... e un catavento na parte superior. Encóntrase na Alameda Soage, fronte á estación marítima e o porto. Construíuse a principios do


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4 triangular, está o escudo dos Noriega, e os símbolos da Santa Inquisición.

século XX e era consultado polos pescadores e mariñeiros antes de iren á mar, ó igual que as súas esposas, que comprobaban o estado marítimo coa esperanza de que os seus se encontraran ben e puideran regresar sans e salvos á casa. O reloxo que temos agora non é o orixinal, senón unha copia. Foi cambiado de sitio varias veces e decidiron cambialo polo que temos actualmente. Non hai moita diferenza entre un e outro, o orixinal era de madeira e podíase ver a maquinaria e como funcionaba, agora só vemos o que marca. O reloxo segue marcando as horas e fai pouco que se reparou.

A Capela do hospital reconstruíuse por primeira vez en 1 965 para construír un edificio.Cando a reconstruíron o escudo da fachada e outras pezas estaban nun baixo en propiedade do párroco de Darbo, Bernardo Fariña Barbeiro. O solar onde se atopaba a capela vendeuse para a construción dun novo edificio, sendo esta arrasada e quedando só as súas pedras esparexidas polo lugar. O derribo da capela en 1 965 creou protestas veciñais No ano 2002, Camilo Camaño comezou o labor de recuperación das pezas da Capela, algunhas atopadas en anticuarios. Eugenio Eiroa foi tamén a cabeza visible daquela comisión da que formaban parte tamén Henrique Harguindey, Xosé Manuel Pazos, Nores, Toniño Graña ou o aparellador Paco Mallo. Houbo moitas pedras que non se atoparon e foron substituídas por outras novas, pero apréciase claramente que a fachada é a orixinal. Antigamente utilizábase para o culto, pero na actualidade celébranse nela vodas civís e exposicións. A primeira información que se dispón da Capela do Hospital data de 1 61 7 cando a raíz da invasión turca o procurador Xeneral de Cangas, Jerónimo Núñez, remite un informe a Compostela no que se conta o suceso: "Queimaron case 1 50 casas, a igrexa, o hospital que tamén tiña capela...". Tense coñecemento dunha reconstrución levada a cabo en 1 711 por Gonzalo de Nogueira y Araújo, membro da nobreza e comisario do Santo Oficio.

A Capela do Hospital A Capela do Hospital é un emblemático edificio relixioso mandado construír polo prior D. Gonzalo de Nogueira y Araujo no ano 1 711 . Actualmente encóntrase reconstruída nos Xardíns do Señal. Pertenceu ó hospital de Cangas e é un edificio de planta rectangular cunha fachada coroada pola espadana que porta dúas campás e baixo a cal, decorando un pequeno frontón

65


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4


EDLG

IES MONTE CARRASCO

67


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

INTERCAMBIO FRANCIA 2014 A NOSA ESTADÍA EN FRANCIA por Ainhoa Fernández e Ana Mariño, 4º A O día 1 3 de maio o alumnado de francés do IES Monte Carrasco e o do IES María Soliño partimos da estación de autobuses de Cangas, acompañados por unhas estupendas profes: Chuca, Luz, Ana e Lela, con destino a La Rochelle. Connosco tamén veu un encantador condutor chamado Manuel, que se portou xenial con todos ao longo da viaxe. Saímos ás 8 da mañá e comezamos as nosas primeiras horas de viaxe. Todos estabamos emocionadísimos xa que para moitos de nós era o noso primeiro intercambio. Paramos en diversas estacións de servizo para comer e descansar: en Ourense, Zamora, Castela e León, San Sebastián… A viaxe fíxosenos bastante curta a case todos, porque o pasamos moi ben no camiño, escoitando música, cantando, charlando cos amigos. . . Ás 7. 30 da tarde, chegamos a Irún, e pasamos a noite nun hotel moi bonito, que servía unhas ceas e uns almorzos deliciosos. Ás 9 da mañá do día seguinte xa estabamos de camiño a La Rochelle! Tras parar en zonas de servizo, nun centro comercial para comer, gozar das vistas e demais, chegamos a Dompierre-sur-Mer. Moitos de nós esperabamos un panorama diferente, con máis edificios, máis tráfico, pero non; o que encontramos foi unha vila chea de campos de trigo, con casas de cor branca e poucas tendas. Ás 1 5h30 chegamos ao colexio onde os profes franceses nos agardaban para ensinárnolo e falarnos un pouco da zona. Ao terminar a visita, déronnos unha agradable sorpresa na cantina do centro, convidándonos a probar uns pinchos de froita e uns pasteliños peculiares e deliciosos. Despois de acabar estes ricos manxares fomos ó lugar onde deixamos ás maletas para agardar a que as nosas familias francesas viñeran recollernos. Pouco a pouco foron chegando, e todos nos fomos indo cara ás súas casas, que tamén ían a ser as nosas durante a nosa estadía. Ó día seguinte, reunímonos todos no colexio e, despois de intercambiar opinións e vivencias cos nosos compañeiros e coas nosas profes sobre as nosas respectivas familias, partimos cara a La Rochelle, pero desafortunadamente os nosos correspondentes franceses non puideron vir connosco porque tiñan que ir a clases. La Rochelle é unha cidade mariñeira moi fermosa. Os edificios non son moi altos pero son moi fermosos, e están uns pegados a outros. Ten moitos portos marítimos, pero en especial ten un moi importante, no que hai milleiros de barcos, e se o ves ó lonxe podes ver como un mar de mastros formando o horizonte. O primeiro que fixemos foi ver a cidade cunha guía que nos falaba en francés. É unha cidade moi bonita, e está formada por moitas prazas, rúas pequenas, soportais, sitios históricos. . Pero tamén de rúas con tendas


EDLG

IES MONTE CARRASCO integradas perfectamente na cidade sen romper coa harmonía das casas antigas.

Cando rematamos a visita guiada fomos visitar algún dos atractivos turísticos máis importantes de La Rochelle: a torre da Chaîne e a de Saint-Nicolas e a da Lanterne, todas do século XIV e XV. As dúas primeiras torres servían como defensa do porto antigo, e tamén da cidade en si, pero soamente puidemos visitar unha delas, aínda que nos dixeron que por dentro eran moi semellantes. Por dentro era coma un labirinto, e tivemos que ir seguindo as indicacións para non perdérmonos. Despois desa torre fomos ver a Torre da Lanterne, que antigamente servía de faro. Esta torre non era labiríntica coma a outra, senón que tiña unha escaleira de caracol non centro da que partían as distintas dependencias. En ambas torres puidemos acceder ás ameas, dende onde puidemos ver as marabillosas vistas de La Rochelle, tanto da cidade como do mar e dos portos. Cando rematamos as visitas, comemos nun paseo moi agradable no que había bastante máis xente, e despois tivemos tempo libre. Cando finalizou o tempo libre, reunímonos con todos os nosos compañeiros e andamos ata o Museo de Historia Natural. O museo tiña varias exposicións. Na que máis nos centramos foi na de antropoloxía; pero tamén visitamos a de fósiles, na cal a profe Ana deunos unhas explicacións moi interesantes sobre eles; e unha na que había moitos animais disecados, osos polares, gorilas, paxaros. . , pero non nos paramos moito nesta última. Rematada a visita, descansamos un pouco nos xardíns do museo, e despois regresamos a Dompierresur-Mer coas nosas familias de acollida. Á mañá seguinte volvemos a reunirnos no colexio, e outra vez fixemos a excursión sen os franceses. Esta vez tocaba excursión á illa de Ré, pero non fixo falta coller o barco, xa que hai unha ponte que une a costa coa illa, e puidemos ir en bus. Recorremos a illa durante bastante tempo para chegar ata unha criadeira de ostras, onde nos deron unha charla moi interesante sobre a súa produción e preparación para poder vendelas. Despois o bus levounos ata un faro moi grande e importante, no cal puidemos subir ata arriba por unhas escaleiras de caracol que a verdade é que daban bastante vertixe. Pero mereceu a pena, porque o chegar arriba as vistas eran espectaculares. Rematada a visita volvemos a coller o bus, que nos levou ata unha vila fortificada preciosa por Vauban: Saint Martin, estaba preto do mar e que seguía estando na illa. Alí comemos nuns prados ó lado do mar e tivemos moito tempo libre, que aproveitamos para descansar, pasear pola vila. . .

69


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

Regresamos cos nosos correspondentes ás seis da tarde e cada un foi para a súa casa, pero tíñannos preparada unha sorpresa: en cada familia dixéronnos distintos planes para os cales tiñamos que ir acicalados, pero despois xuntámonos todos nunha festa sorpresa que prepararan no colexio. Pasámolo xenial, xa que había música, comida e ata houbo un espectáculo de maxia preparado por un alumno francés! Despois desa magnífica festa despedímonos de todos ata o luns. A fin de semana tivémola que pasar en familia e cada un de nós fixo diferentes actividades. O sábado algúns de nós fomos a unha festa de peixe que se fai na Rochelle, outros fomos de compras, outros a vilas próximas, a Futuroscope… E o domingo, pois o mesmo. Nós fomos ver unha competición de equitación xa que as nosas correspondentes fan equitación, e logo, dar unha volta cos demais. O último día non fixemos ningunha excursión , pero visitamos Dompierre-surMer e ata fomos o concello coa directora do centro, no que o alcalde recibiunos e deunos un pequeno discurso. Despois voltamos ó colexio na cantina para comer cos nosos amigos franceses e aproveitar os últimos momentos con eles antes de regresar a España. Chegou o momento no que tivemos que subir ó bus e dicir adeus ós amigos que fixeramos en tan pouco tempo, e a todos nos custou moito a despedida. Na viaxe de volta paramos a durmir en Burgos, cidade que non puidemos visitar por falta de tempo, e ó día seguinte chegamos a Cangas pola tarde. Todos trouxemos moi bos recordos deste intercambio, tanto de cando os franceses viñeron a España como de cando nos fomos a Francia. Tamén aprendemos moitas cousas novas, dos demais e de nós mesmos. Cremos que é unha experiencia moi recomendable e que esperamos que este centro teña a oportunidade de volver a repetir.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

        or

n oli o

O dĂ­a 21 de marzo, para conmemorar o DĂ­a da PoesĂ­a, que se celebra o 23, o alumnado de 1Âş de ESO acudimos a unha actividade organizada pola biblioteca do centro na Casa da Cultura de Cangas, conducida por Soledad Felloza, que levaba por tĂ­tulo PURA PALABRA. Ao chegarmos alĂ­ puidemos observar sobre una mesa una serie de obxectos, coma caixiĂąas de mistos, botes de cristal con pedriĂąas, cunchas‌ que, en primeira instancia, non facĂ­an prever o que acontecerĂ­a naquela sala‌ pois foi, alomenos, sorprendente‌; incluso un maletĂ­n de primeiros auxilios‌ ao abrilo estaba cheo‌ DE POESĂ?A... Quedamos abraiados... todos eles eran “librosâ€?... libros de poemas, onde as verbas debullaban corazĂłns desgarrados ou ledos, almas tristes ou afastadas da sĂşa terra, encadeadas ĂĄ morriĂąa‌ ou poemas de amor apaixoado‌ de amantes correspondidos‌ ou de desamor‌ dese desamor que nos aterra na adolescencia e que tanto nos ha marcar ata a fin dos nosos dĂ­as‌ Pero tamĂŠn poemas da terra‌ da NOSA TERRA‌ desa da que moitos tiveron que partir pero que sentiron coma sĂşa aĂ­nda sen vela‌ coma a nosa relatora, que a pesares de ser filla de emigrantes voltou a Galicia, tal e como nos contaba, e non sabĂ­a canto botaba de menos as sĂşas rĂşas, as sĂşas costas, as sĂşas cores vivas, ata que tras mergullarse por primeira vez nesa terra dos seus devanceiros tivo a sensaciĂłn de coĂąecer cada recuncho‌ cada cruceiro‌ e cun regato de verbas en verso transportounos de SudamĂŠrica a Galicia nunha viaxe tenra que comenzou alĂ­ na sĂşa nenez da que, tamĂŠn en verso, nos contou aventuras nas que tanto amor poùía que ata as sĂşas viaxes ĂĄ escola semellaban explosiĂłns de sentimentos a cada paso, con cada palabra que se abrĂ­a paso dende o mĂĄis profundo do seu sentimento. Case sen nos decatar, e sen deixar atrĂĄs o verso, cruzamos “o charcoâ€?, ese tan grande e escuro para os moitos que tiveron que deixar a nosa terra en momentos difĂ­ciles, e chegamos a Galicia, onde a travĂŠs de poemas sobre a amizade fĂ­xonos un percorrido polas costas e polo mar, polas areas e os empedrados camiĂąos nos que os seus pĂŠs foron deixando profunda pegada, coma as que nos nosos corazĂłns foron deixando as sĂşas verbas sobre una vida chea de atrancos, pero de fermosura, a travĂŠs dese mundo que ela tanto ama que ĂŠ a poesĂ­a e que agora nĂłs respetamos moito mĂĄis. VelaquĂ­ como ela mesma se describe e se define... Sobran as palabras: “NacĂ­ a orillas de un rĂ­o que en lengua guaranĂ­ quiere decir de pĂĄjaros pintados, Uruguay. Las madreselvas aroman mi infancia y cobijan mis amores primeros. Las calles anchas de tierra esconden las primeras letras que garabateĂŠ y bajo el arenero de la plaza Bella Vista enterrĂŠ un dĂ­a mis miradas torcidas y me fui por el mundo a contar mis mentiras mĂĄs verdaderas. Haciendo cuentas, me deben de quedar por vivir 54 aĂąos, aunque preferirĂ­a que fueran 68 o 72. AsĂ­ y todo, algunas cosas tengo hechas. Algunas que me llenan de orgullo, otras que si fuera mĂĄs clarita de piel, me sonrojarĂ­an. He actuado y contado cuentos en Festivales de Uruguay, Argentina, Chile, Bolivia, Venezuela, Cuba, Argelia, PerĂş, Francia, Italia, Portugal, Holanda. He contado cuentos en toda EspaĂąa, menos en Cantabria. Me enamoro cada vez que me subo al escenario y sufro cuando bajo. Aun no he contado el mejor cuento, pero si siento que me acerco, ese dĂ­a cogerĂŠ mi Nikon y me quedarĂŠ en Corrubedo o Cabo Polonio para siempre. Mientras tanto, aquĂ­ voy, esta soy o intento serâ€?.

71


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

POR CEN ANOS DE COMPAÑÍA

O pasado 17 de abril apagouse para sempre a voz dun dos maiores xenios da literatura, dos maiores creadores de soños e mundos que a lingua española coñeceu. A desaparición de Gabriel García Márquez supón un baleiro no corazón dos seus lectores, que saben que non ha haber unha nova obra de Gabo. Queda o consolo de saber que a familia Buendía, Joaquín Ariza ou Santiago Nassar quedarán para as xeracións futuras e marcarán as súas lecturas, e as súas vidas, como o fixeron coas precedentes. E que Macondo nunca cambiará de sitio. Sendo de tal magnitude o personaxe, non nos atrevemos a intentar unha mínima homenaxe á súa persoa e á súa obra. As nosas palabras quedarían curtas, pobres e insulsas. Por iso, porque serán moito máis interesantes as súas cás nosas, reproducimos aquí o seu discurso de aceptación do Premio Nobel de Literatura ante a Academia Sueca en 1982. Boa lectura!

Antonio Pigafetta, un navegante florentino que acompañó a Magallanes en el primer viaje alrededor del mundo, escribió a su paso por nuestra América meridional una crónica rigurosa que sin embargo parece una aventura de la imaginación. Contó que había visto cerdos con el ombligo en el lomo, y unos pájaros sin patas cuyas hembras empollaban en las espaldas del macho, y otros como alcatraces sin lengua cuyos picos parecían una cuchara. Contó que había visto un engendro animal con cabeza y orejas de mula, cuerpo de camello, patas de ciervo y relincho de caballo. Contó que al primer nativo que encontraron en la Patagonia le pusieron enfrente un espejo, y que aquel gigante enardecido perdió el uso de la razón por el pavor de su propia imagen. Los cronistas de Indias nos legaron otros [testimonios] incontables. Eldorado, nuestro país ilusorio tan codiciado, figuró en mapas numerosos durante largos años, cambiando de lugar y de forma según la fantasía de los cartógrafos. En busca de la fuente de la Eterna Juventud, el mítico Alvar Núñez Cabeza de Vaca exploró durante ocho años el norte de México, en una expedición venática cuyos miembros se comieron unos a otros y sólo llegaron cinco de los 600 que la emprendieron. Uno de los tantos misterios que nunca fueron descifrados, es el de las once mil mulas cargadas con cien libras de oro cada una, que un día salieron del Cuzco para pagar el rescate de Atahualpa y nunca llegaron a su destino. Más tarde, durante la colonia, se vendían en Cartagena de Indias unas gallinas criadas en tierras de aluvión, en cuyas mollejas se encontraban piedrecitas de oro. Este delirio áureo de nuestros fundadores nos persiguió hasta hace poco tiempo. (...) La independencia del dominio español no nos puso a salvo de la demencia. (...) Hace once años, uno de los poetas insignes de nuestro tiempo, el chileno Pablo Neruda, iluminó este ámbito con su palabra. En las buenas conciencias de Europa, y a veces también en las malas, han irrumpido desde entonces con más ímpetus que nunca las noticias fantasmales de la América Latina, esa patria inmensa de hombres alucinados y mujeres históricas, cuya terquedad sin fin se confunde con


EDLG

IES MONTE CARRASCO

la leyenda. No hemos tenido un instante de sosiego. Un presidente prometeico atrincherado en su palacio en llamas murió peleando solo contra todo un ejército, y dos desastres aéreos sospechosos y nunca esclarecidos segaron la vida de otro de corazón generoso, y la de un militar demócrata que había restaurado la dignidad de su pueblo. En este lapso ha habido cinco guerras y diecisiete golpes de estado, y surgió un dictador luciferino que en el nombre de Dios lleva a cabo el primer etnocidio de América Latina en nuestro tiempo. Mientras tanto veinte millones de niños latinoamericanos morían antes de cumplir dos años, que son más de cuantos han nacido en Europa occidental desde 1970. Los desaparecidos por motivos de la represión son casi los 120 mil, que es como si hoy no se supiera dónde están todos los habitantes de la ciudad de Upsala. Numerosas mujeres arrestadas encintas dieron a luz en cárceles argentinas, pero aún se ignora el paradero y la identidad de sus hijos, que fueron dados en adopción clandestina o internados en orfanatos por las autoridades militares. Por no querer que las cosas siguieran así han muerto cerca de 200 mil mujeres y hombres en todo el continente, y más de 100 mil perecieron en tres pequeños y voluntariosos países de la América Central, Nicaragua, El Salvador y Guatemala. Si esto fuera en los Estados Unidos, la cifra proporcional sería de un millón 600 mil muertes violentas en cuatro años. (...) El país que se pudiera hacer con todos los exiliados y emigrados forzosos de América Latina, tendría una población más numerosa que Noruega. Me atrevo a pensar que es esta realidad descomunal, y no sólo su expresión literaria, la que este año ha merecido la atención de la Academia Sueca de las Letras. Una realidad que no es la del papel, sino que vive con nosotros y determina cada instante de nuestras incontables muertes cotidianas, y que sustenta un manantial de creación insaciable, pleno de desdicha y de belleza, del cual éste colombiano errante y nostálgico no es más que una cifra más señalada por la suerte. Poetas y mendigos, músicos y profetas, guerreros y malandrines, todas las criaturas de aquella realidad desaforada hemos tenido que pedirle muy poco a la imaginación, porque el desafío mayor para nosotros ha sido la insuficiencia de los recursos convencionales para hacer creíble nuestra vida. Este es, amigos, el nudo de nuestra soledad. Pues si estas dificultades nos entorpecen a nosotros, que somos de su esencia, no es difícil entender que los talentos racionales de este lado del mundo, extasiados en la contemplación de sus propias culturas, se hayan quedado sin un método válido para interpretarnos. Es comprensible que insistan en medirnos con la misma vara con que se miden a sí mismos, sin recordar que los estragos de la vida no son iguales para todos, y que la búsqueda de la identidad propia es tan ardua y sangrienta para nosotros como lo fue para ellos. La interpretación de nuestra realidad con esquemas ajenos sólo contribuye a hacernos cada vez más desconocidos, cada vez menos libres, cada vez más solitarios. Tal vez la Europa venerable sería más comprensiva si tratara de vernos en su propio pasado. Si recordara que Londres necesitó 300 años para construir su primera muralla y otros 300 para tener un obispo, que Roma se debatió en las tinieblas de incertidumbre durante 20 siglos antes de que un rey etrusco la implantara en la historia, y que aún en el siglo XVI los pacíficos suizos de hoy, que nos deleitan con sus quesos mansos y sus relojes impávidos, ensangrentaron a Europa con soldados de fortuna. Aún en el apogeo del Renacimiento, 12 mil lansquenetes a sueldo de los ejércitos imperiales saquearon y devastaron a Roma, y pasaron a cuchillo a ocho mil de sus habitantes. (...) Creo que los europeos de espíritu clarificador, los que luchan también aquí por una patria grande más humana y más justa, podrían ayudarnos mejor si revisaran a fondo su manera de vernos. La solidaridad con nuestros sueños no nos hará sentir menos solos, mientras no se concrete con actos de respaldo legítimo a los pueblos que asuman la ilusión de tener una vida propia en el reparto del mundo. América Latina no quiere ni tiene por qué ser un alfil sin albedrío, ni tiene nada de quimérico que sus designios de independencia y originalidad se

73


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

conviertan en una aspiración occidental. No obstante, los progresos de la navegación que han reducido tantas distancias entre nuestras Américas y Europa, parecen haber aumentado en cambio nuestra distancia cultural. ¿Por qué la originalidad que se nos admite sin reservas en la literatura se nos niega con toda clase de suspicacias en nuestras tentativas tan difíciles de cambio social? ¿Por qué pensar que la justicia social que los europeos de avanzada tratan de imponer en sus países no puede ser también un objetivo latinoamericano con métodos distintos en condiciones diferentes? (...) Sin embargo, frente a la opresión, el saqueo y el abandono, nuestra respuesta es la vida. Ni los diluvios ni las pestes, ni las hambrunas ni los cataclismos, ni siquiera las guerras eternas a través de los siglos y los siglos han conseguido reducir la ventaja tenaz de la vida sobre la muerte. Una ventaja que aumenta y se acelera: cada año hay 74 millones más de nacimientos que de defunciones, una cantidad de vivos nuevos como para aumentar siete veces cada año la población de Nueva York. La mayoría de ellos nacen en los países con menos recursos, y entre éstos, por supuesto, los de América Latina. En cambio, los países más prósperos han logrado acumular suficiente poder de destrucción como para aniquilar cien veces no sólo a todos los seres humanos que han existido hasta hoy, sino la totalidad de los seres vivos que han pasado por este planeta de infortunios. Un día como el de hoy, mi maestro William Faulkner dijo en este lugar: «Me niego a admitir el fin del hombre». No me sentiría digno de ocupar este sitio que fue suyo si no tuviera la conciencia plena de que por primera vez desde los orígenes de la humanidad, el desastre colosal que él se negaba a admitir hace 32 años es ahora nada más que una simple posibilidad científica. Ante esta realidad sobrecogedora que a través de todo el tiempo humano debió de parecer una utopía, los inventores de fábulas que todo lo creemos, nos sentimos con el derecho de creer que todavía no es demasiado tarde para emprender la creación de la utopía contraria. Una nueva y arrasadora utopía de la vida, donde nadie pueda decidir por otros hasta la forma de morir, donde de veras sea cierto el amor y sea posible la felicidad, y donde las estirpes condenadas a cien años de soledad tengan por fin y para siempre una segunda oportunidad sobre la tierra. Agradezco a la Academia de Letras de Suecia el que me haya distinguido con un premio que me coloca junto a muchos de quienes orientaron y enriquecieron mis años de lector (...) Es por ello apenas natural que me interrogara, allá en ese trasfondo secreto en donde solemos trasegar con las verdades más esenciales que conforman nuestra identidad, cuál ha sido el sustento constante de mi obra, qué pudo haber llamado la atención de una manera tan comprometedora a este tribunal de árbitros tan severos. Confieso sin falsas modestias que no me ha sido fácil encontrar la razón, pero quiero creer que ha sido la misma que yo hubiera deseado. Quiero creer, amigos, que este es, una vez más, un homenaje que se rinde a la poesía. A la poesía por cuya virtud el inventario abrumador de las naves que numeró en su Iliada el viejo Homero está visitado por un viento que las empuja a navegar con su presteza intemporal y alucinada. La poesía que sostiene, en el delgado andamiaje de los tercetos del Dante, toda la fábrica densa y colosal de la Edad Media. La poesía que con tan milagrosa totalidad rescata a nuestra América en las Alturas de Machu Pichu de Pablo Neruda el grande, el más grande, y donde destilan su tristeza milenaria nuestros mejores sueños sin salida. La poesía, en fin, esa energía secreta de la vida cotidiana, que cuece los garbanzos en la cocina, y contagia el amor y repite las imágenes en los espejos. En cada línea que escribo trato siempre, con mayor o menor fortuna, de invocar los espíritus esquivos de la poesía, y trato de dejar en cada palabra el testimonio de mi devoción por sus virtudes de adivinación, y por su permanente victoria contra los sordos poderes de la muerte. El premio que acabo de recibir lo entiendo, con toda humildad, como la consoladora revelación de que mi intento no ha sido en vano. Es por eso que invito a todos ustedes a brindar por lo que un gran poeta de nuestras Américas, Luis Cardoza y Aragón, ha definido como la única prueba concreta de la existencia del hombre: la poesía. Muchas gracias.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

DANZAS TRADICIONAIS DE CANGAS: O NOSO PROXECTO INTERDISCIPLINAR ALUMNADO DE 1 º A

As alumnas e alumnos de 1 º de ESO do IES Monte Carrasco fixemos un proxecto sobre as Danzas tradicionais de Cangas. Este proxecto comezou a principios de curso e rematará a finais deste terceiro trimestre. Ao comezar co proxecto, Begoña, a orientadora, explicounos en que ía consistir e creou un blog no que podiamos atopar información sobre estas danzas e tamén podiamos publicar os nosos traballos. Cada integrante do grupo tiña unha función dentro da actividade: buscar a orixe das danzas, como foron evolucionando, as parroquias onde se baila, a música, coreografía, vestimenta dos danzantes, etc. O día 8 de abril realizamos unha saída didáctica para visitar in situ as parroquias onde se executan estas danzas: Hío, Aldán e Darbo. En cada parroquia unha persoa responsable das diferentes danzas foinos explicando detalles máis concretos sobre as parroquias e as danzas. Na parroquia de Aldán coñecemos a Pepe Martínez, na de Hío a Eduardo Otero e na de Darbo a Belén Guimeráns. Despois da explicación de cada un deles, Xaquín, o profesor de Sociais, explicounos a historia e delimitacións das diferentes parroquias.

Danza de Aldán:

A Danza de San Sebastián ou Danza de Aldán, ten lugar cada 20 de xaneiro, coincidindo coa festividade deste santo. A danza execútase no adro da igrexa de Aldán e, ás veces, volve repetirse no mesmo día noutro lugar da parroquia. Dez galáns e cinco damas bailan acompañados dunha gaita e dun tamboril. Os galáns bailan con castañolas, levan un traxe e un sombreiro negros. As damas levan longan saias brancas, numerosos broches e o famoso sombreiro de flores. A vestimenta das mulleres dificulta un pouco a danza.

Danza do Hío:

A Danza de San Roque, Danza do Hío ou Danza dos Peregrinos ten lugar cada 1 6 de agosto, despois dos oficios relixiosos. O Cruceiro de Hío é o escenario no que se interpreta a tradicional danza. Os danzantes repártense en tres filas paralelas, as dos extremos son ocupadas por galáns e na do medio sitúanse cinco nenos. O paso de todos estes danzantes é marcado por un guía -a persoa de maior idade. Estes danzantes van acompañados pola música da gaita, do tambor e das castañolas, que levan os homes. Os galáns levan camisa e pantalón brancos, chaqueta azul a xogo co sombreiro de feltro colorado e gravata

75


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

verde. As damas (nenos) levan un vestido longo de veludo verde e engurrado no van. Polos ombreiros levan unha capa de veludo vermello.

Danza de Darbo:

A Danza de Darbo celébrase cada 8 de setembro, a continuación dos oficios relixiosos da mañá e da procesión. A tradicional danza e contradanza báilase diante da imaxe da Virxe, no adro da igrexa parroquial de Santa María de Darbo. Pola tarde, ten lugar un segundo acto litúrxico e repítese a correspondente danza e contradanza cunha duración de corenta e cinco minutos. O baile está considerado como unha das pezas máis antigas de Galicia, herdada e transmitida durante séculos. Data do século XVI e bailábase en honra á Virxe para agradecer os favores recibidos durante o ano. Executan esta danza en dúas filas de homes e unha de mulleres no centro. Cada fila consta de cinco danzantes. A vestimenta cambiou moito ao longo dos anos mais, actualmente, os galáns levan un traxe escuro con camisa branca e sombreiro de feltro. A persoa que guía a danza diferénciase porque leva no sombreiro unha gran pluma. As damas visten con enaguas de cor branca con puntillas, saia tamén branca, un mandil negro bordado, camisa branca coas mangas anchas e engurradas. Cubrindo a camisa levan un pano de caxemir cruzado e atado atrás. Levan grandes sombreiros de palla e flores naturais. A investigación sobre estas danzas serviunos para aprender un pouquiño máis sobre a cultura da nosa vila. Ademais aprendemos a bailar a danza de Darbo nas clases de Educación Física. O que máis nos gustou foi a saída: visitar as parroquias e, sobre todo, aprender a bailar a danza. Un dos maiores atrancos sufrímolo coas novas tecnoloxías: Internet, ás veces, non podiamos navegar pola rede tan rápido como desexabamos ou simplemente non había conexión. En xeral foi unha experiencia moi bonita e aprendemos moito.

ALU M N AD O D E 1 º B Este curso os alumn@s de 1 º da ESO traballamos no proxecto interdisciplinar coas danzas tradicionais de Cangas. Fixemos cinco grupos de traballo na aula. Todos pensamos que é mellor que traballar individualmente, aínda que, ás veces, non avanzamos porque non todos os compañeiros querían colaborar. Ademais, moitas veces os ordenadores non funcionaban ou fallaba a conexión e non podiamos continuar! Este foi o principal problema. Ao principio a maioría do alumnado escoitara falar destas danzas, pero a que máis coñecían era a de Darbo (terá algo que ver que sexa a nosa


EDLG

IES MONTE CARRASCO

parroquia....) Tamén levamos unhas enquisas á casa para que as nosas familias opinasen. Comezamos buscando información sobre as tres danzas (Hío,Aldán e Darbo) na rede, nas páxinas que nos facilitaron os profes, na aula virtual do centro e no blog que fixemos para esta actividade (http://prin1 3-1 4.blogspot.com.es/). Tamén fixemos traballo de campo: unha "xira" por todas as parroquias para coñecer "in situ" o lugar onde se bailan, o vestiario dos danzantes, por que na danza do Hío non hai damas, as datas nas que se bailan, a que santo están dedicadas... En cada parroquia entrevistamos a un representante das danzas que contestaron as nosas dúbidas (Belén Guimeráns, Eduardo Otero e Pepe Martínez). Acompañáronos Xaquín, que nos contou un pouco da historia de cada parroquia; Ana, que nos falou das especies vexetais e animais; o noso titor Pedro e Begoña, a orientadora ,cos que traballamos todo o ano neste proxecto. Aproveitamos para darlles as grazas pola súa axuda. Outra das actividades que máis nos gustou foi aprender a bailar a danza de Darbo (en realidade só unha parte porque é moi longa). O primeiro día Belén Guimeráns (a responsable da danza) e a nosa profe de galego, Lúa (que bailou durante varios anos), ensináronos a música e os pasos principais e despois seguimos practicando con Pedro nas clases de Educación Física. A nosa intención é bailala no festival de final de curso. A ver como nos sae! Estes últimos días volveu vir Belén para ensinarnos como se fan os gorros que levan as damas, que na danza de Darbo son de flores naturais. Agora na clase de plástica, Seila vainos axudar a facer os nosos propios gorros. Parece fácil pero... A pesar de todos os problemas e dificultades, gustounos facer este proxecto. Agora coñecemos moitas máis cousas sobre as tres danzas e sabemos que podemos sentirnos orgullosos delas. Animámosvos a que entredes no blog e gocedes das nosas descubertas!

77


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

De cando as “cebras” poboaron o Monte Carrasco, ou da participación no proxecto “Una Cebra en el agua” Por Ana Soliño e Cristina Fernández Este proxecto, promovido pola Universidade de Lugo, propón a investigación das leis de Mendel e o estudo dun ecosistema empregando dúas ferramentas: un laboratorio virtual, e un acuario.

O primeiro paso foi instalar o acuario… As profesoras déronnos unha serie de instrucións de como debía facerse e non vaiades pensar que é enchelo de auga, enchufalo aí e punto…, non. Primeiro houbo que ler un montón de instrucións para montar os filtros, eses que van facer que a auga non se contamine con facilidade…, luces, un substrato e, incluso, atrezo; semellaba o acuario un plató de cine… Pero antes de entrar a escena os actores, houbo que baixar o acuario á entrada principal e, coma sempre, Conchi e Pilar fixeron de madriñas da inauguración pertinente. Unha vez alí, encheuse de auga, axustouse a temperatura, que debía estar en torno aos 28 graos, e botámoslles as bacterias nitrificantes, estas que van librar do amoníaco que producen estas cebriñas tan bonitiñas. Puxemos tamén o filtro a funcionar, e acendemos a luz e non sen traballo porque é case unha tese de doutoramento, puxemos en marcha o temporizador para crear as condicións de dez horas de luz.

Houbo que agardar para traer os peixes como unhas dúas semanas, e cando por fin chegaron… canta expectación… e decepción!, pois todos pensabamos (menos as profes que xa os coñecían) que ían ser máis grandes. Despois de recuperármonos do shock inicial alí os puxemos, aínda dentro da bolsa para que se adaptaran, medimos os niveis de amoníaco, nitritos e nitratos para evitar que houbese unha grande mortalidade e finalmente… Á AUGA! A partir dese día tiñamos unha manda de cebras que nos recibía cada día con grande algarabía, pois acendíaselles a luz ás 8 da mañá e cando entrabamos ás 8 e 20 xa estaban ben espertos. Botámoslles de comer tres veces ao día e limpamos e cambiamos a auga do acuario cada semana… Que porquiños son! O faro do acuario nunca máis recuperou a súa cor, as microalgas téñeno colonizado. Ademais fixemos as medicións da dureza da auga, pH, nitratos, nitritos, etc., que fomos apuntando nun diario.

Tivemos que mercarlles un limpiafondos (que se chamou Abril por chegar nese mes) e un limpacristais, si, Cristasol (tamén é un peixe… Despois de tentar evitar o amoníaco, non iamos envelenalos). A intención era que criasen, pero non o conseguimos, non sabemos se é o estrés ou o escatro..., pero está claro que estas cebras ou non saben de sexo ou non lles interesa, e coma están no seu dereito, nós seguimos a coidalas e alimentalas sen ningún tipo de presión coa intención de que sigan a formar parte da vida do Monte Carrasco mentres o seu ciclo vital así o permita. Ímolos botar de menos…, agardamos que os alumnos de outros cursos, que xa nos axudaron a coidalos este ano, lles sigan a prestar atención.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

A reciclaxe

por Iván Malvido, 2ºA

2014 é o ano da reciclaxe, unha práctica que nos pode axudar a coservar o noso contorno ou, polo menos, a que a súa degradadación sexa máis lenta. Aínda que xa hai moitos anos que estamos oíndo falar da reciclaxe, da contaminación, e que se avanzou bastante no proceso de concienciación da sociedade, non é menos certo que queda moito camiño por andar e que, ás veces, os máis lentos nese camiño son as entidades e organismos encargados que xestionar a recollida e procesado dos residuos. En principio, cando nós botamos o lixo ó colector, uns camións recollen estes residuos, que son transportados a unha planta de transferencia, onde se mesturan para realizar transportes maiores a menor custe. A continuación, pasan a unhas plantas de separación, onde os separan e clasifican para que unha vez no reciclador final sexan reciclados, almacenados (vertedoiros) ou utilizados para a produción de enerxía. Hai cinco tipos de colectores de reciclaxe: .- Contedor amarelo (envases): deposítanse todo tipo de envases lixeiros, como os envases plásticos (botellas, bolsas, etc.) ou latas (bebidas, conservas, etc.). .- Contedor azul (papel e cartón: deposítanse os envases de cartón (caixas, bandexas, etc.), así como os periódicos, revistas, propaganda, etc. .- Contedor verde (vidro): neste contedor deposítanse envases de vidro. .- Contedor gris ou verde (orgánico): nel deposítase a materia biodegradable (alimentos, etc.) .- Contedor vermello (non é tan frecuente): deposítanse desfeitos perigosos, como teléfonos móbiles, insecticidas, pilas ou baterías, aerosoles, etc. Seleccionar e reciclar correctamente son dous pasos imprescindibles para conseguir minimizar os efector dos residuos que xeramos. Dous dos efectos de non reciclar son a acumulación de lixo e a contaminación, responsable da morte de milleiros de especies animais. O lado bo é que España está entre os dez países que máis reciclan da Unión Europea. O ano pasado reciclamos case o 72% dos nosos envases. Achegándonos ó noso entorno máis próximo, o campo, a agricultura e a gandeiría foron durante moito tempo a principal actividade económica de Galicia, da que vivían a gran maioría das familias galegas. Na actualidade, a situación é substancialmente diferente e, aínda que o campo xa non é o medio de vida maioritario, si que segue sendo un sector de vital importancia para a nosa comunidade. Entre os moitos problemas que hoxe en día ten o sector, a xestión dos residuos que proceden do gando e da agricultura estase a convertir nun grave factor de contaminación ambiental en Galicia. A contaminación impacta no noso medio contaminando ríos e terras ao longo de toda a xeografía galega. Segundo datos da Consellería de Medio Ambiente, a cantidade de plástico que se xera en Galicia durante un ano é de aproximadamente 7.700 toneladas. Galicia é a cuarta comunidade española na reciclaxe de vidro. De todos os xeitos, hai un paso previo á reciclaxe que con frecuencia esquecemos: a reutilización. en moitos casos, obxectos que tiramos ó lixo, poderían ser utilizados, co que aforrariamos en diñeiro e en contaminación. O caso máis abundante é o das bolsas de plástico,pero tamén o podemos aplicar a teléfonos móbiles, a pequenos electrodomésticos... O noso afán por estar ó día nas novas tecnoloxías fan que, innecesariamente, nos desprendamos de obxectos que están en perfectas condicións de uso. Talvez se pensaramos un pouco máis nas consecuencias dos nosos actos, fariamos un uso máis responsable dos recursos dos que dispoñemos.

79


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

O S M I S E R A B L E S . P E L ÍC U L A E M U S I C A L

Ana Mariño e Daniela Rodríguez 4º A

Para comezar, imos poñer os lectores en antecedentes: este artigo nace da profunda pegada que deixou en nós a obra Os miserables, do escritor francés Victor Hugo. Nacido en Besançon o 26 de febreiro de 1802 e morto en París o 22 de maio de 1885, Víctor Hugo foi un dos máis importantes escritores do Romanticismo francés e, a miúdo, é considerado tamén como un dos mellores poetas. A súa obra é moi variada e comprende novelas, poesía, teatro en verso e en prosa, discursos políticos na Asemblea Nacional francesa e unha correspondencia abundante. A novela de Víctor Hugo Os Miserables é unha obra de estilo romántico na que o autor nos ofrece razoamentos sobre o ben e o mal, a lei, a política, a ética, a xustiza e a relixión. A obra sitúase na rebelión de xuño de 1832, e critica e reflicte as circunstancias dese momento, pero, sobre todo, defende as persoas que sofren opresións sexa cal sexa a situación sociohistórica que vivan. Esta obra tivo diferentes interpretacións tanto en música como no cine e na televisión. A última versión cinematográfica-musical gravouse no 2012, e é fiel á historia orixinal do libro. A historia comeza cando Jean-Valjean, un ex convicto, se converte en alcalde dunha aldea de Francia. É moi boa persoa, e preocúpase polos máis necesitados, por iso simpatiza cunha pobre muller moi nova que está malvivindo nas rúas chamada Fantine. Cando Fantine morre pídelle a Jean-Valjean que se faga cargo da súa filla ilexítima, Costte, que está vivindo na familia dos inescrupulosos Thénardiers e coa filla destes. Pero como é un ex convicto o inspector de policía Javert perségueo, e ten que fuxir da cidade. Pasan nove anos, e a historia retómase cando Jean-Valjean e Cosette viven París, cunha nova vida pero sempre escapando da lei. Alí reencóntranse cos que foran os padres adoptivos de Costte, e tamén coñecen a un revolucionarios que están planeando a Revolución de xuño de 1832. Cosette e un revolucionario namóranse tolamente, e a súa historia de amor vese entrelazada e condicionada por esta Revolución, que o final foi un intento frustrado. Mediante esta historia cantada a obra consegue reflectir os valores humanos que deberían estar presentes en todas as persoas, reflicte a situación da época en case todos os aspectos e faille sentir ó espectador emocións moi intensas, pero tamén contrapostas ás veces. No outono de 2013 a versión do vixésimo quinto aniversario de Os Miserables regresou unha vez máis a España da man de Stage Entertainment, nunha xira que arrancou o 17 de outubro no Palacio de Festivais de Santander e durante máis dun ano pasou por vinte cidades españolas, pisando por primeira vez escenarios dedicados habitualmente á representación operística (como o Gran Teatre del Liceu de Barcelona.) É un musical completamente cantado baseado na novela de Víctor Hugo. O argumento está composto por un prólogo, un primeiro acto, un segundo acto e un epílogo. Foi representado en máis de corenta e dous países, traducido a máis de vinte e dúas linguas, visto por máis de sesenta e cinco millóns de espectadores arredor de todo o mundo. No musical cóntaselles ós espectadores que a obra de Víctor Hugo ó principio non tivo éxito porque non era ben aceptada e ninguén apostaba por ela, co que case chegou a caer no esquecemento. Pero pasado un tempo, alguén a leu e quedou entusiasmado con ela ata o punto de facer unha versión teatral. Ó público encantoulle e, dende entón, a obra gañou unha gran popularidade. Como experiencia propia, poder ir ver un gran musical como Os miserables é divertido e impresionante polo feito de que sexan moitas persoas as que participan nel á par de que as cancións estean en español e que os escenarios sexan grandiosos. Os decorados funcionan a base de poleas, portas corredoiras, iluminación e son. A orquestra actúa en directo, e iso axuda moitísimo a sentilo moito máis por parte do espectador. Durante a actuación moitas emocións son provocadas no espectador: ira, tristeza, alegría… Eu persoalmente recomendo a calquera que, se ten a oportunidade de vela, a aproveite xa que é algo máxico.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

CRÉDITOS

A elaboración do presente número de A Gaivota foi posible grazas á colaboración dunha parte importante do noso alumnado e tamén, do profesorado, pais, nais e persoal vencellado ó noso centro. As alumnas e alumnos que participaron son: - HAJAR ABDAOUI - ELENA BERMÚDEZ - FÁTIMA BOUKARKOUR - PAULA BROULLÓN - ANDREA CALVAR - MARTA CAMAÑO - NOELIA CARBALLO - ADRIÁN CARRREIRA - ALIA COLLAZO - PABLO CORRALES - ESTEBAN DA COSTA - ALFREDO COSTAS - NURIA COSTAS - BRAIS DURÁN - ROSA ESCOLANO - AINHOA FERNÁNDEZ - ANDREA GARCÍA - ALBA GONZÁLEZ - ALBERTO LAGOA - CIBRÁN LÓPEZ - IVÁN MALVIDO - ALEJANDRO MARIÑO - ANA MARIÑO - DAVID MARIÑO - ÍÑIGO MARTÍNEZ - IRENE MARTÍNEZ - PAULA MARTÍNEZ - ROI MILLÁN - UXÍA MOLANES - SHEILA OTERO - CRISTIAN PADÍN - ÉVORA PARCERO - ANDREA PEREIRA - ÁNGELA PÉREZ - RUTH DE PEROY - YOLANDA PICHEL

- LORENA PIÑEIRO - SARA PORTELA - INSAFE QAQA - MARTA RODAL - DANIELA RODRÍGUEZ - LUZ RODRÍGUEZ - MARTA RODRÍGUEZ - PABLO ROUCO - ANA RUÍZ - ANA DE SA - DENIS SANTOS - ÁNGEL SOMOZA - ALBA VEIGA - TAMARA VILAS - TERESA VILLAMOR - BREIXO VILLANUEVA Por parte do profesorado e dos pais participaron neste número:

- SEILA ACUÑA - PILAR ALONSO - CARLOS CAMAÑO - MIGUEL CAMESELLE - ÁLEX CORTÉS - CRISTINA FERNÁNDEZ - BEGOÑA OTERO - XAQUÍN PASTORIZA - ANA SOLIÑO - IÑAKI VARELA - PEDRO VICENTE - JOSÉ RAMÓN VIDAL Ademais damos as grazas a todas as persoas que, dun xeito ou doutro, nos axudaron a que isto saíra adiante. Que pasedes un feliz verán. Vémonos en setembro!

81


A G A I VO T A

                                                                                201 3 - 201 4

ÍN D I C E D E C O N T I D O S

Un curso en fotos Editorial Dende a cheminea Faladoiro maior Manifesto pola paz Banda deseñada Visita a Minervigo '13 Entroido '14 Experiencia radiofónica O Carrasco na Coruña e nas Pontes Pensamentos dun mosquito Anopheles Alexander Fleming: A penicilina Avoa, que son eu! (Alzheimer) Catro ollos A curiosidade: factor fundamental no progreso humano Os minerais máxicos Arquímedes Aprendizaxe móbil: apps educativas Sabemos máis do... TDAH Nelson Mandela Centenario da Primeira Guerra Mundial (1914-1918): O final dun mundo Unha hora con... Suso Soliño Alpinismo en Galicia Fin de estudos en Barcelona Magosto e Samaín Culturgal 2014 Voar cos pés no chan: unha forma de vida O Carrasco cos olímpicos: Carlos Pérez Rial As actividades físicas na natureza no IES Monte Carrasco Microrrelato O Apalpador Calceta Non é o que parece A blogosfera do Carrasco Clipmetraxes Mans Unidas É o momento de soñar Producións Monte Carrasco presenta IVCertame audiovisual escolar Monte Carrasco Os praceres do turismo en Galicia Catorce metros cadrados: a historia dun invernadoiro Espazos protexidos de Galicia Monumentos de Cangas Díaz Castro: Letras Galegas '14 Intercambio Francia 2014: A nosa estadía en Francia Soledad Felloza, pura palabra Por cen anos de compañía Danzas tradicionais de Cangas: O noso proxecto interdisciplinar De cando as "cebras" poboaron o Monte Carrasco, ou da participación no proxecto "Una Cebra en el agua" Reciclaxe Os Miserables, película e musical Créditos Índice de contidos Orlas

2 3 4 5 6 7 10 11 12 13 14 15 16 17 18 20 21 23 27 31 33 35 37 38 40 41 42 43 44 46 48 49 50 51 52 54 57 58 59 60 62 64 66 68 71 72 75 78 79 80 81 82 83


MONTE CARRAS CO - PROMOCIร“N 201 4 4ยบ E SO A

4ยบ E SO B



A gaivota2014web2 (1)