Page 1

ROCÍO GONZÁLEZ e ALFONSO PATO

Criaturas! Só lles falta falar! Ed. Galaxia

Sabedes como se chama o son que emite o burro?, ou que é un lucecú?, cantos dentes ten un mosquito? Animádevos a abrir estas páxinas e descubriredes os segredos mellor gardados do mundo das CRIATURAS. Un libro sobre as mascotas e as persoas. Un libro sobre as aventuras que animais e persoas viven xuntas. Un libro cos casos máis interesantes, divertidos e simpáticos do programa CRIATURAS da TVG. Sabiades que os animaliños gozan da nosa compañía, que lles gusta xogar con nós e con outras criaturiñas…que choran, que se poñen tristes… ou que cando se mancan senten moita dor… que tamén se namoran… e que lles gusta a música…? vaia!, que só lles falta falar!

THEODORE GRAY

Ciencia Loca Larousse Editorial

Ciencia tola está dirixido aos que gozan da ciencia e a tecnoloxía en todas as súas manifestacións. Ciencia Tola é a ciencia máis práctica e experimental levada ata os seus límites máis grotescos, como un espectáculo circense, si, pero tamén como unha forma de entender mellor algúns principios (e sen dúbida un vehículo para que queden gravados para sempre no hipocampo do cerebro).

n3 2011/2012

boletín da bliblioteca e do equipo de dinamización lingüistica

consultar

23de abril biblioteca

Instituto de Ensino Secundario MONTE CARRASCO

www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com


ler

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

SONIA FERNÁNDEZ-VIDAL

Ed. Xerais

Ed. La Galera

Non hai noite tan longa

Quantic Love

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volverá, ata que trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. O encontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre.

Para pagarse os estudos, Laila traballa como camareira do CERN, onde se sitúa o famoso acelerador de partículas. Mentres serve menús a científicos que tropezan coas cadeiras, o seu corazón oscila entre un atractivo xornalista suízo e un mozo físico estadounidense que oculta un gran segredo. No verán mís emocionante da súa vida, descubrirá que a ciencia pode ser sexy e que o amor é a enerxía máis poderosa do Universo.

Unha obra que ofrece unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI. Mais tamén, como dixo Shakespeare «Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate un día»-, propón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas.

ANXO FARIÑA

SUZANNE COLLINS

Ed. Xerais

RBA libros

Os megatoxos e a cara oculta de Lúa Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París. O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.

Los juegos del hambre É a hora. Xa non hai volta atrás. Os xogos van comezar. Os tributos deben saír á Area e loitar por sobrevivir. Gañar significa fama e riqueza, perder significa a morte segura... Un pasado de guerras deixou os 12 distritos que dividen Panem baixo o poder tiránico do “Capitolio”. Sen liberdade e na pobreza, ninguén pode saír dos límites do seu distrito. Só unha moza de 16 anos, Katniss Everdeen, ousa desafiar as normas para conseguir comida. Os seus prinicipios poranse a proba con “Os xogos da fame”, espectáculo televisado que o Capitolio organiza para humillar á poboación. Cada ano, dous representantes de cada distrito serán obrigados a subsistir nun medio hostil e loitar a matar entre eles ata que quede un só sobrevivente. Cando a súa irmá pequena é elixida para participar, Katniss non dubida en ocupar o seu lugar, decidida a demostrar coa súa actitude firme e decidida, que aínda nas situacións máis desesperadas hai lugar para o amor e o respecto.

www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com


Boletín de lectura  

Boletín de lectura para o día do libro

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you