Revista populares ourense nº4 web

Page 1

Populares

OURENSE

Revista do Partido Popular de Ourense - Ano IV - Nº 4. Setembro 2014

www.ppou.es

Ourense, segunda de España en apoio ao PP nas Europeas 2014

Alberto Núñez Feijóo, Carmen Pardo, Soraya Sáenz de Santamaría e Manuel Baltar, no mitin central das Europeas 2014.

A provincia de Ourense, cun 44,77% de porcentaxe de voto para o Partido Popular, foi a segunda provincia de España e a primeira de Galicia en apoio do seu electorado á candidatura encabezada por Miguel Arias Cañete. O apoio ao PP na provincia de Ourense situouse 9,51 puntos por riba da porcentaxe galega e 18,74 puntos por riba da estatal. Na comparativa provincial en Galicia, Ourense superou en 12,46 e 12,36 puntos a A Coruña e Pontevedra, respectivamente, así como 2,43 por riba da provincia de Lugo.

cións locais, a Deputación Provincial contaría con 16 escanos populares. Pola súa banda, a cidade de Ourense, co 32,49% de apoio, foi a segunda das sete grandes urbes de Galicia en apoio ao Partido Popular.

O PP foi a forza máis votada en 82 dos 92 municipios da provincia, en 75 dos mesmos con maioría absoluta. Con estes datos extrapolados ás elec-

O presidente provincial, Manuel Baltar, agradece o intenso traballo desenvolvido polo Comité de Campaña e a militancia, destacando que

O obxectivo do novo curso político son as eleccións locais de maio de 2015

o obxectivo do PPOU seguirá sendo traballar a prol das políticas de creación de emprego e a loita contra o paro. Manuel Baltar afirma que o obxectivo do PP de Ourense neste novo curso político é acadar o maior número de maiorías absolutas nos concellos da provincia nas eleccións locais de maio de 2015, e proba do compromiso dos populares coas veciñas e veciños dos municipios da provincia de Ourense é que o PPOU leva xa realizados até o momento un total de 53 congresos locais nos que foros elixidos pola militancia os líderes do partido nestes concellos, coa finalidade preparar os equipos para acadar as mellores candidaturas cara ás eleccións locais.


Editorial

Ourense aínda máis popular competitiva. Sen caer no discurso fácil nin na crítica. Facendo POLÍTICA con maiúsculas, con altura de miras. Exercendo a COOPERACIÓN. Conscientes da gran responsabilidade que conleva gobernar en 69 dos 92 concellos da provincia e fortalecer as amplas maiorías absolutas na Deputación, no Parlamento de Galicia e nas Cortes Xerais.

No PP de Ourense utilizamos a expresión “inicio de curso político ”pero todos sabemos que o curso político nunca acaba. Porque a política non admite vacacións, porque a política –entendida como “escoitar á xente”- é a vocación desta formación que ten na proximidade á súa principal característica. Xuntámonos un ano máis en Os Milagros cun doble motivo: en primeiro lugar recoñecer o traballo do mellor activo do PP de Ourense, aquelas persoas que reciben o apoio directo dos cidadáns co instrumento decisivo en democracia e que se chama papeleta. Un labor que nos converteu na segunda provincia de España en apoio á candidatura popular nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo.; en segundo lugar para renovar a confianza no noso proxecto político e así facelo de novo gañador nos comicios locais de maio de 2015. A nosa organización ten feito nestes meses máis de cincuenta congresos locais, insuflando nova enerxía, retos e desafíos. E seguiremos con esta actividade que

Sumario

prevé rematar este ano 2014 superando os setenta congresos e designando á totalidade dos números 1 das nosas candidaturas para gobernar os 92 concellos da nosa fermosa provincia de Ourense.

Sen vós sería imposible. Sen a vosa forza e o voso compromiso. Sempre con obxectivos por conquerir como o de facer un partido á imaxe e semellanza dunha provincia ambiciosa, orgullosa de seu e

Somos un partido sólido, xeneroso, solidario, con argumentos e o impulso das victorias electorais que nos outorgan as nosas veciñas e veciños. Tamén que pensa e apoia aos nosos equipos alí onde non gobernamos para que, diante da próxima convocatoria electoral, merezan a confianza dos electores previa presentación de programas e equipos que sexan sinónimo de estabilidade institucional e rigor na xestión. Síntome orgulloso de presidir esta organización. Vexo a un alcalde ou alcaldesa e sei que representa á maioría de concelleiros. Vexo a un concelleiro e sei que constitúe a representación fiel de afiliados e simpatizantes. Vexo a unha afiliada ou a un militante e sei perfectamente que non debemos defraudar as súas expectativas. Reivindico o papel da política neste momento histórico, admiro o papel e decisión dos cargos públicos do PP de Ourense e aproveito para convidármonos mutuamente a unha nova victoria electoral na que eu chamo “a nai de tódalas eleccións”. Fagámolo por aquilo que máis debemos defender: por Ourense. Ese todo con 92 pezas igual de importantes. Espéranos o futuro. Traballémolo como fixemos sempre. Graciñas.

Editorial 2 Actividade 3 Eleccións Europeas 2014 4-10 Actualidade 11-12 Entrevista 13-15

Revista do Partido Popular de Ourense Ano IV - Nº 4. Setembro 2014 Coordinación: Departamento de Comunicación do PP Ourense Partido Popular de Ourense — Rúa Progreso, 64 — entrechán — Tel. 988210790

2

ROMP Escola de Verán Ourense Cidade Fotonoticias

16-17 18-19 20 21-23


Actividade

Os cargos menores de 45 anos do PPOU celebraron a súa terceira convención anual

Clausuraron a convenición o vicesecretario de Organización do PP, Carlos Floriano, e o presidente provincial, Manuel Baltar.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu o 22 de febreiro a III Convención de Cargos Menores de 45 anos do PP de Ourense, na que participou como convidado o vicesecretario de organización do Partido Popular, Carlos Floriano. A cita, que foi clausurada polo presidente provincial, Manuel Baltar, rematou cunha foto de familia nos xardíns do Padre Feijóo. Na súa intervención na clausura da convención Manuel Baltar lembrou o intenso traballo orgánico que se está desenvolvendo no PP de Ourense, poñendo como exemplo os numerosos congresos locais que está a celebrar a formación popular ademais da actividade constante que o partido mantén noutros ámbitos. “O PP é o partido das oportunidades”, sinalou Manuel Baltar, engadindo que cremos na mocidade así como na frescura de plantexamentos. “Estamos en tempos de gobernanza e proximidade. E precisamente esa proximidade é a nota característica do Partido Popular de Ourense”. Ademais, o presidente provincial anticipaba ante o vicesecretario de organización electoral, Carlos Floriano: “Gañaremos as eleccións europeas.

En Ourense, volveremos a ser a forza maioritaria, porque somos a referencia para a maioría dos veciños e veciñas desta provincia”.

Manuel Baltar: “O PP é o partido das oportunidades” Pola súa banda, Carlos Floriano dixo que o PP “fue el único partido que tomó las decisiones necesarias para salir de la crisis, una crisis profunda a la que constribuyeron decisiones del PSOE que nos llevaron a una situación de quiebra y que trataron de ocultar. Nos encontramos con déficit en la Seguridad Social, con la pérdida de nuestro crédito internacional y parecía inevitable el colapso, que cayésemos al abismo. Pero hoy, gracias a las decisiones que tuvimos que tomar, el paro baja, las cuentas públicas están saneadas, la Seguridad Social está salvada y cada día contamos con una mayor credibilidad internacional. Somos más solventes, aunque ahora quienes callaron la crisis quieren negar que estamos saliendo de ella”.

3

Asemade, Floriano proclamou aos asistentes: “Somos un partido con alma, corazón y pensamos en la gente. Podéis estar orgullosos del único partido que defiende un gran proyecto nacional”. O acto estivo coordinado por Pablo Pérez Pérez, secretario de organización do PPOU, e presidido polo vicesecretario xeral do PP de Ourense, Jorge Pumar, quen foi dando paso aos diferentes relatores que abordaron temas como “Política e xuventude: desafíos do século XXI”, a cargo de Ana Belén Vázquez, deputada nacional; “O labor de oposición: construción dunha alternativa de goberno”, a cargo de César Fernández Gil, presidente do PP no Concello de Ribadavia; “As raíces dos sectores estratéxicos de Ourense”, tema abordado por Moisés Blanco Paradelo, parlamentario autonómico e presidente do PP no Barco de Valdeorras; “Europa, o investimento no común”, a cargo de José Antonio Armada, alcalde de Bande e presidente do PP neste concello; e “A P.O.R. E.L.L.O.: Importancia das redes sociais en política”, relatorio de Montserrat Lama, concelleira do PP no Concello de Xinzo de Limia.


Informe: Eleccións Europeas 2014

O PPOU foi a forza máis votada en todos os partidos xudiciais de Ourense

OURENSE

PIÑOR

O IRIXO

SAN CRISTOVO DE CEA

BEARIZ

VILAMARÍN

SAN AMARO

LEIRO

A RÚA COLES

AMOEIRO

PUNXÍN

AVIÓN

MASIDE

NOGUEIRA DE RAMUÍN

OURENSE

PARADA DO SIL

CENLLE

PEREIRO DE AGUIAR

BEADE

PONTEDEVA

PADRENDA

CARTELLE GOMESENDE

CORTEGADA

CASTRO CALDELAS

SAN XOÁN DE RÍO

O BARCO

PETÍN CARBALLEDA

LAROUCO POBRA DE TRIVES

O BOLO

ÁS AD RB BA

MELÓN ARNOIA

ESGOS

TOÉN

IA DAV CASTRELODE MIÑO RIBA

SAN CIBRAO DAS PADERNE DE VIÑAS ALLARIZ TABOADELA

A MERCA

MACEDA

CHANDREXA DE QUEIXA

ALLARIZ RAMIRÁS CELANOVA

QUINTELA DE LEIRADO

A VEIGA

MONTEDERRAMO

VILAR DE BARRIO

XUNQUEIRA DE AMBÍA

VIANA DO BOLO

VILARIÑO DE CONSO

A BOLA

VEREA RAIRIZ DE VEIGA

SARREAUS

SANDIÁS

LAZA

XINZO DE LIMIA

A PORQUEIRA

BANDE

MANZANEDA

BAÑOS DE MOLGAS

VILAR DE SANTOS

CARBALLEDA DE AVIA

A TEIXEIRA

X. DE ESPADAÑEDO

CARBALLIÑO

BOBORÁS

RUBIÁ

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

A PEROXA

A GUDIÑA

TRASMIRAS CASTRELO DO VAL

A MEZQUITA

LOBEIRA OS BLANCOS

RIÓS

CUALEDRO

CALVOS DE RANDÍN ENTRIMO

BALTAR

MUIÑOS

VERÍN

MONTERREI OIMBRA

VILARDEVÓS

LOBIOS

PP

PSOE

BNG

CXG

Carballiño Valdeorras

Ribadavia Ourense

Bande

Trives

Verín

4

Os populares foron a forza máis votada en 82 dos 92 municipios da provincia, en 75 dos mesmos con maioría absoluta


Informe: Eleccións Europeas 2014

% de apoio ao PP 50 40 30 20 10 0

España

Galicia

Ourense

2ª provincia de ESPAÑA

Ourense

1ª provincia de GALICIA

As 10 mellores provincias

43,11 %

42,34 %

41,78 %

41,74 %

41,36 %

40,34 %

Ceuta

43,97 %

Soria

44,72 %

Salamanca

46,93 %

Zamora

50

Lugo

(% de apoio ao PP)

40

39,00 %

30

5

Palencia

Cuenca

Melilla

0

Ávila

10

Ourense

20


Informe: Eleccións Europeas 2014

Na provincia de Ourense o PP acadou máis votos que PSOE, AGE, BNG, PODEMOS e UPyD xuntos

O presidente provincial, Manuel Baltar, e a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría.

60.000

50.000

56.140

40.000

30.000

20.000

10.000

0

PP

PSOE

AGE

BNG 6

PODEMOS

UPyD


Informe: Eleccións Europeas 2014

Forzas políticas máis votadas Concellos da provincia de Ourense 100

80

544 concelleiros (2011)

60

604 concelleiros (2014)

+60

40

20

0

PP

PSOE

CxG

BNG

Os 10 mellores concellos de Ourense (% de apoio ao PP)

80

80,10 %

77,93 %

76,01 %

74,01 %

72,00 %

69,47 %

69,42 %

68,50 %

Pontedeva

85,88 %

Padrenda

86,99 %

Esgos

100

0

7

Muiños

Chandrexa de Queixa

A Teixeira

Beariz

Avión

20

Cualedro

40

Quintela de Leirado

60


Informe: Eleccións Europeas 2014

CONCELLOS COS MELLORES PARTIDO XUDICIAL DE OURENSE

1. Quintela de Leirado (80,10 %) 2. Esgos 3. Pontedeva 4. Porqueira 5. Baltar 6. Vilamarín 7. Sarreaus 8. Vilar de Barrio 9. Nogueira de Ramuín 10. Xunqueira de Ambía

(69,46 %) (68,50 %) (67,97 %) (65,31 %) (65,14 %) (65,11 %) (63,49 %) (62,65 %) (62,62 %)

PARTIDO XUDICIAL DE BANDE

1. Muíños

(72,00 %)

2. Padrenda 3. Bande 4. Lobios 5. Lobeira

(69,42 %) (63,74 %) (60,88 %) (57,26 %)

PARTIDO XUDICIAL DE CARBALLIÑO

1. Beariz

(85,88 %)

2. Boborás 3. San Cristovo de Cea 4. O Irixo 5. San Amaro

(63,16 %) (59,81 %) (59,13 %) (53,63 %)

8


Informe: Eleccións Europeas 2014

RESULTADOS

(% apoio PP)

PARTIDO XUDICIAL DE TRIVES

1. A Teixeira

(76,01 %)

2. Chandrexa de Queixa 3. O Bolo 4. San Xoan de Río 5. Vilariño de Conso

(74,01 %) (63,88 %) (58,36 %) (50,71 %)

PARTIDO XUDICIAL DE RIBADAVIA

1. Avión

(86,99 %)

2. A Arnoia 3. Leiro 4. Cenlle 5. Beade

(57,08 %) (56,69 %) (55,70 %) (55,34 %)

PARTIDO XUDICIAL DE VALDEORRAS

1. Carballeda de Val. (60,79 %) 2. A Veiga 3. Rubiá 4. Vilamartín de Val. 5. O Barco

(60,29 %) (42,77 %) (39,87 %) (38,21 %)

PARTIDO XUDICIAL DE VERÍN

1. Cualedro

(77,93 %)

2. Oímbra 3. Monterrei 4. Laza 5. Trasmiras

(65,41 %) (65,34 %) (60,53 %) (60,51 %)

9


Informe: Eleccións Europeas 2014

Extrapolando resultados: — Deputación Provincial: + 1 deputado (15  16) Totais deputados: 16 PP - 6 PSdeG-PSOE - 1 BNG - 1 AGE - 1 Podemos.

— Congreso: 3 PP - 1 PSdeG-PSOE — Senado: 3 PP - 1 PSdeG-PSOE

Número de concelleiros/as na provincia de Ourense

PSdeG-PSOE

AGE Podemos 6 Outros 22 BNG 6 25

251

PP 604

(actualmente 544)

10


Actualidade

O Plan “Transforma Ourense”, un impulso para as pemes e a innovación tecnolóxica A Deputación e ABANCA asinan un convenio polo cal a entidade financeira destinará 30 millóns de euros para iniciativas económicas e sociais na provincia de Ourense económico e social da provincia de Ourense. Na sinatura do convenio interviñeron Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, e Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense. O acto contou tamén coa presenza do vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, e de persoeiros dos ámbitos institucional, social e cultural.

Javier Echevarría, Manuel Baltar, Jan Carlos Escotet e Francisco Botas.

O Plan “Transforma Ourense”, que está a desenvolver a Deputación de Ourense, ten como obxectivo mellorar a innovación tecnolóxica das pemes e incrementar a súa competitividade, así como favorecer o emprendemento, a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica e potenciar o tecido empresarial ourensán. O plan, que busca aumentar o potencial innovador das pemes da provincia de Ourense, comprende accións enfocadas ao coñecemento da realidade empresarial e ao estudo das necesidades de cada sector, ademais de estimular o desenvolvemento de ideas empresariais, favorecer o intercambio de material tecnolóxico entre as empresas e axilizar o acceso a toda a información en temas relacionados coa innovación: proxectos, guías de I+D+i e innovación. O Plan “Transforma Ourense” é consecuencia directa dos datos que subministra o Observatorio Económico Ourensán, á súa vez, unha das actuacións do Plan Ourense 92.

Ao longo deste ano, a Deputación de Ourense por medio do Inorde ten levado a cabo importantes iniciativas no marco deste plan, entre elas a sinatura dunha alianza estratéxica co Ministerio de Industria para destinar 4,5 millóns de euros ao Plan “Transforma Ourense”, un financiamento que procederá de fondos FEDER e FSE e que se achegará en tres anualidades: 2015, 2016 e 2017, a razón de 1,5 M € en cada unha. O obxectivo é a realización de accións de emprendemento en sectores destacados da provincia de Ourense como o termal, a lousa e a vitivinicultura, entre outros.

Convenio No marco do Plan “Transforma Ourense” a Deputación asinou no Mosteiro de Oseira un convenio de colaboración con ABANCA –O Plan Activamos / Transforma Ourense- por medio do cal a entidade financeira destinará 30 millóns de euros para o financiamento de iniciativas enfocadas ao desenvolvemento

11

O Plan Activamos / Transforma Ourense vai dirixido a familias, empresas, corporacións locais e organismos autónomos. ABANCA financiará, en condicións preferentes con respecto ás estándar do mercado proxectos relacionados coa formación, a accesibilidade ás vivendas, a extensión das novas tecnoloxías, a eficiencia enerxética, o empredemento e a creación de emprego. Manuel Baltar saudou este acordo “cunha entidade que aposta polo noso tecido empresarial, social, cultural e mesmo institucional, con liñas específicas para as corporacións locais de Ourense, co obxectivo de insuflar optimismo á economía e poñer a disposición de emprendedores, familias e corporacións, o crédito necesario para facer realidade os seus proxectos. E así, entre todos, seguir a construír Ourense”. Manuel Baltar destacou que, no seu día, “a Deputación promoveu a posta en marcha da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, un instrumento clave no desenvolvemento provincial, e o baleiro que sentimos nas últimas décadas coa desaparición de entidades tan apegadas á terra, comeza agora a ser reparado nesta nova etapa histórica de ABANCA, a quen Ourense e a Deputación seguirá a propoñer alianzas que redunden en beneficio desta terra e das súas xentes”, citando retos como o Plan Termal ou o proxecto de “Provincia intelixente”.


Actualidade

Deputación e Xunta de Galicia desenvolven o Plan “Ourense é a provincia termal” Especialización, novos produtos, modernas infraestruturas e promoción son as liñas estratéxicas do proxecto, orzamentado en 94 millóns de euros

Águstín Hernández, Agustín Fernández, Alberto Núñez Feijóo, Manuel Baltar e Mario Crecente.

A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia están a desenvolver o Plan Termal, unha iniciativa denominada “Ourense é a provincia termal”, que ten como obxectivo a especialización, os novos produtos, as modernas infraestruturas e a promoción termal como liñas estratéxicas. Orzamentado en 94 millóns de euros pretende situar á provincia de Ourense no mapa internacional do termalismo.

O presidente provincial agradeceu no seu discurso a implicación da Xunta de Galicia no plan afirmando que esta aposta conxunta, Deputación-Xunta, “é un eixo claro de desenvolvemento de Ourense. Por ir da man neste “mar interior” que é a nosa provincia, e por presentar hoxe este papel, que non debe quedar en papel mollado, nunca mellor dito, senón polo que si hai que mollarse”.

No acto de presentación, que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, referiuse ao plan afirmando que é o momento “de pasar das palabras aos feitos, porque a nosa provincia foi é e seguirá sendo un referente termal internacional”. Baltar dixo que no desenvolvemento do plan o Inorde ten un protagonismo especial, “polo xa feito, polo aportado, e polo que fará para que sexa unha realidade. Un organismo sobre o que pivotará a política provincial nesta área estratéxica”.

Baltar pediu ao presidente da Xunta que defenda “con toda contundencia” o plan no novo escenario de fondos comunitarios 2014-2020, para que recibamos os orzamentos necesarios para impulsar como nunca esta provincia e dotarnos dunha personalidade que sempre tivemos pero que agora nos situará na vangarda do benestar, do relax e da saúde. Unha provincia para desconectar e para a que pido prioridade absoluta”. Pola súa banda, Alberto Núñez Feijoo dixo que o plan termal “será a folla de ruta para o termalismo, o turismo e o

12

emprego para Ourense nos vindeiros sete anos”, e lembrou que o termalismo “é un eixo prioritario, e o plan que hoxe presentamos demostra a necesaria unión de esforzos para levalo adiante”. Núñez Feijoo destacou como elementos fundamentais do termalismo a fidelización e a desestacionalización, como obxectivos para prolongar a estancia do turismo en Galicia. “Termalismo e Camiño de Santaigo son os dos grandes reclamos de Galicia”, dixo o presidente galego. Mario Crecente, responsable técnico da consultora que desenvolveu o plan, explicou que as liñas de actuación baséanse en definir novos produtos termais, como as concesións ao aire libre, para o que se fai necesario establecer unha norma baseada nestes centros de benestar. Tamén falou duna “especialización intelixente do termalismo”, e da necesidade de “traballar buscando a diferenciación e a evolución e modernidade do termalismo”.


Entrevista a Pablo Pérez Pérez, secretario de Organización do PPOU

“A fortaleza do PP de Ourense non sería posible sen a implicación de todos: xuntas locais, alcaldes e portavoces”

Pablo Pérez.

Pablo Pérez Pérez é o secretario de Organización do PP de Ourense. Dende o 30 de Xaneiro de 2010 é, ademáis, o presidente local do PP en Quintela de Leirado, onde foi elixido por unanimidade neste municipio, onde tamén é concelleiro dende 2007 e actual teniente de alcalde. Analizamos a través desta entrevista o seu punto de vista sobre a situación da política e do Partido Popular na provincia de Ourense. -Qué supón para vostede ocupar a Secretaría de Organización do Partido Popular de Ourense? Primeiro, é unha gran responsabilidade e un inmenso orgullo que o presidente Manuel Baltar pensara en mín para desempeñar este posto e tamén supón unha inmensa alegría para mín ser secretario de organización do PP de Ourense, xa que por traxectoria é sen dúbida un dos mellores Partidos, tanto en, actividade, afiliados, cercanía á xente, como en resultados electorais do PP a nivel nacional. Todo esto fai que a responsabilidade aínda sexa máis grande, pero co excelente equipo que temos, podemos asumir moitos retos ca seguridade de

alcanzar sempre os obxetivos que nos propoñamos. -Vostede aúna xuventude, experiencia e formación política. Qué pode aportar con estas credenciais no desempeño deste cargo orgánico? Podo aportar sobre todo ideas, esforzo, esixencia, ilusión e moito traballo. O presidente Manuel Baltar cree na delegación de funcións e nos equipos e eu creo que o meu perfil encaixa perfectamente neses conceptos. A mín gústame facer equipo, ser equipo, no que cada un teña a súa función, pero sempre cun obxetivo común, claro e concreto, que no noso caso e por riba de todo é OURENSE. -A mobilización é unha das claves da súa labor organizativa dentro dun partido tan numeroso como é o PP de Ourense. De feito, na pasada campaña das Eleccións Europeas, o de Ourense foi o mitin central máis concurrido de toda Galicia. Organizar un factor tan importante non debe ser doado... Os mitines de Ourense son xa un referente a nivel nacional. Nas eleccións

13

xerais do ano 2011 o Presidente Rajoy quedou impresionado polo mitín no pavillón dos remedios, pero non solo pola numerosa afluencia de xente, porque eso tamén ocurre nalgunhas provincias máis, si non polo ambiente de cercanía, de participación e entusiasmo da xente, eso é o que realmente fai diferente a Ourense. Nas pasadas eleccións Europeas demostramos unha vez máis a capacidade e fortaleza que temos, xuntando a 1.500 personas un día festivo, de praia, coa romería etnográfica Raigame en Celanova e coa final da liga e a unha hora inapropiada. Organizar estes eventos, evidentemente non é doado, pero teño que destacar que sempre hai xente que colabora sin esperar nada a cambio, xente coa cal facemos un equipo no cal cada un da o mellor de si. Teño que destacar tamén a labor inmensa do xerente que é quen leva o peso da maior parte da organización. E por último decir, que non é doado de mobilizar a xente pero cando cargos electos, orgánicos, alcaldes, concelleiros e colaboradores se poñen a funcionar, que é sempre que se lles pide, somos imparables. -Nestes tempos convulsos para a política, qué lle diría vostede aos cidadáns que se amosan desencantados e recelosos? Que confíen en nós, os políticos porque a política, entendida como servicio público ao cidadán é moi necesaria na sociedade. Temos que recoñecer que coma en tódolos sitios, hai xente boa e xente mala, pero a inmensa maioría da xente que está metida en política é por unha vocación de servicio público. Dende o PP de Ourense, o presidente Manuel Baltar está tomando decisións e iniciativas que inciden na transparencia e boas prácticas na xestión política, tanto a nivel de partido, coa firma da “carta de obrigas éticas e deóntolóxicas ao comité executivo” como condición “sine qua” non poderíamos formar parte del, ou da publicación na web www.


Entrevista a Pablo Pérez Pérez, secretario de Organización do PPOU

ciedade que formamos todos e na que todos somos imprescindibles, para acadar o desenrolo común, sin deixar a ninguén atrás. A vida laboral e a vida política tanto a nivel de partido como municipal, esixe moita dedicación, xa que sin implicarte nos proxectos, é imposible levalos a cabo. Claro está que moitas veces tes que renunciar a moitas cousas, pero é o que ten ser político e unha vez que te metes na política sabes que tes que estar 24 horas ao servizo da xente. -Falando da actividade orgánica no PPOU, o ritmo é frenético día a día, con congresos locais que renovan as xuntas locais en tódolos municipios e reunións constantes dos órganos do partido como son o Comité de Dirección, o Comité Executivo ou a Xunta Directiva Provincial. O grao de implicación no engranaxe da maquinaria popular na provincia é óptimo?

ppou.es dos bens dos membros do comité de dirección, como a nivel institucional, coa aprobación do “código ético” na deputación provincial. Todas estas medidas teñen como obxetivo que a xente confíe nos políticos e nos partidos, e que se acerquen a nós a propoñer ideas e iniciativas polo ben da nosa sociedade. -Que ten do PPOU que non teñan os demáis partidos? En primeiro lugar, un obxetivo claro, que está incluso porriba de siglas políticas, que é OURENSE, e os OURENSÁNS. Un líder xoven, traballador, intelixente, cercano e con capacidade de unir e de facer equipo. Con mente aberta e en continua innovación e ademais esixente, que é o camiño para acadar retos, Manuel Baltar.

Un grupo de alcaldes que coñecen perfectamente á xente da nosa provincia, cercanos a ela, ao seu día a día, ás súas inquedanzas e desexos cunha vocación de servicio ao cidadán de 24 horas ao día e 365 días por ano. E por último, un partido dinámico, en continua renovación e en continua actividade, non paramos!!! -Falemos do seu día a día laboral, compaxinando a súa labor municipal coa orgánica dentro do partido... Eu son Educador Social, e por diversas razóns nestes momentos estou de coordinador da Mancomunidade “Terra de Celanova”, e tanto laboralmente como politicamente, xa sexa a nivel orgánico ou como concelleiro, o primeiro e fundamental é pensar na xente, no seu desenrolo personal e laboral, como pezas únicas dunha so-

14

O PPOU, como dixen antes é un partido que nunca para, sempre estamos en continua actividade. Tanto no ano 2010, coma no ano 2013, o Presidente Manuel Baltar, presentouse con un programa de partido que temos que cumplir e eso esixe unha actividade frenética. Como exemplo podemos ver que levamos 53 Congresos locais, e temos convocados para setembro seis máis, e queremos chegar a finais deste ano cos 92 feitos. Neste ano tivemos eleccións Europeas, fo-

“Manuel Baltar é un líder xoven, traballador, intelixente e con capacidade de unir e facer equipo” mos a segunda provincia de España en porcentaxe de voto, e tan pronto rematamos as eleccións, xa nos puxemos a traballar para as municipais do 2015. Todo esto non sería posible sin unha implicación de todos os membros do partido, sobre todo dos partidos locais, alcaldes e portavoces, que son os que realmente fan de nós unha maquina imparable, ou como decimos nós, fan o “movemento popular imparable”.


Entrevista a Pablo Pérez Pérez, secretario de Organización do PPOU

-O día no que foi elixido por unanimidade presidente local do PP de Quintela de Leirado, falou no seu discurso da importancia dos equipos á hora de traballar. Cómo aplica esta máxima ao seu quefacer diario? Eu fun xogador de fútbol, entrenador e son amante dos deportes en equipo, e eso é unha experiencia que trato de levar á política e a todos os ámbitos da vida. Nun equipo somos todos importantes, e cunha boa organización todos acabamos rendindo moito máis e mellor. O presidente é un líder, pero un líder que lle gusta a delegación de funcións, unha persona que sempre fala en plural cando se refire ao partido, e este é o camiño do éxito, e estamos comprobando elección tras elección, que ese é o camiño correcto. O traballo en equipo esixe varias cousas, pero dúas sobre todo, un obxetivo claro e confianza. Os obxetivos que temos en mente para o PPOU son moi claros, e todo pasa polo traballo conxunto, modernizar o partido, conxugar experiencia e xuventude e abrir o partido á sociedade, contando con xente allea á organización.

-Por onde pasa o futuro político da provincia de Ourense? Por unha persona, Manuel Baltar e por un proxecto político, o PPOU. Temos un obxetivo moi claro, OURENSE, que está porriba de todo. Nós somos quen, dende onde gobernamos, de potenciar os sectores estratexicos da provincia, e cunha acción coordinada de todas as institucións conseguiremolo. Como exemplo podemos poñer todo o que se está a facer co Termalismo, i esto será beneficioso non solo para os concellos termais, senon que para os demáis tamén.

-Qué lle diría a un xoven ourensán de 18 anos que se “estrene” co seu voto nas vindeiras Eleccións Municipais? Eu dirialle que o voto é a arma máis poderosa en democracia, que faga un uso consciente e responsable del. Que non se fíe de grandes mensaxes grandilocuentes sin fundamento ningún que están de moda agora, tipo Pedro y Pablo (Sanchez e Iglesias), que sonan moi ben no oído e no corazón, pero que son mentiras que poden levar a esta sociedade á ruina

@Pablo_PerezP

-Estamos inmersos en tempos difíciles para o exercicio da política, qué tipo de autocrítica se lle debe esixir cara os nosos dirixentes políticos? Un político non pode mentir, debe decir sempre a verdade, sexa boa ou non. Nunca camuflar datos nin verdades a medias, porque eso é mentir. Os políticos, e incluso outros ámbitos da sociedade, debían de ter prohibido moralmente facer mensaxes grandilocuentes, que o único que fan é levantar unhas expectativas totalmente irreais, e eso é mentir. Eu creo que hoxe é a mellor época para adicarse á política. A sociedade empeza a distinguir, maioritariamente os políticos bos dos malos. Os que nos adicamos á política hoxe sabemos o que temos que facer exactamente. Debemos ser honrados e demostralo con feitos non solo con palabras. Debemos ser transparentes na nosa actuación política. Penso que hoxe é cando se están tomando as medidas adecuadas de cara a rexeneración política e témolo que seguir facendo.

“Temos un obxectivo moi claro, OURENSE, que está por riba de todo” Ourense é exemplo de saber facer as cousas, temos a mellor empresa de alimentación de España, COREN, exemplo de como cunha boa iniciativa, ben liderada e traballo en equipo se pode lograr éxito xenerando riqueza e emprego. Poderíamos estar aquí dos moitos sectores con gran potencial que temos, como por exemplo o turismo, o viño, a pizarra, a madeira, a agricultura...agora que estamos saíndo da crise, coa iniciativa e co proxecto político do PPOU vamos sentar as bases dun futuro brillante para a provincia.

15

absoluta. A peor época que vivimos na España democrática foi o Zapaterismo, que nos levou á situación que todos sabemos, que intentou crear unha sociedade sin principios, no que todo era relativo, no que o importante era quedar ben con todos, no buenismo, no que salir á calle se tomou como costumbre e se confundíu con opinións xeneralizadas... e ese é o peor camiño que pode escoller unha sociedade, un camiño de autodestrucción. Debemos votar proxectos, non líderes nin mensaxes, non nos podemos deixar levar polo ruído. Tamén animaría a estes xóvenes a que se acerquen ao proxecto do PPOU, un proxecto atractivo e con futuro.


ROMP

Apoio da ROMP ás mulleres rurais A Rede Ourensá de Mulleres Populares (ROMP), dirixida por Lucía Rodríguez e creada polo Partido Popular de Ourense para apoiar e impulsar todas aquelas políticas dirixidas principalmente ás mulleres, continuou coas súas actividades durante este ano. Na sede dos populares da vila alaricana tivo lugar en novembro unha charla centrada no tema das sucesións e donacións, tanto nos seus aspectos xerais como na fiscalidade, tendo en conta, ademais, o reciente anuncio do executivo galego de que non se cobrará este imposto no rural galego. Os avogados ourensáns Patricia Domínguez e Rubén Armenteros foron os encargados de analizar este asunto e de responder ás dúbidas e cuestións que lles plantexaron os asistente á charla.

Campaña solidaria de NNXX de Ourense cidade Novas Xeracións Ourense Cidade e o PPOU realizaron a campañan #AXUDANOSAREPARTIRSORRISOS!!, unha iniciativa pensada para os que máis o necesitan e, sobre todo, para os máis pequenos da casa. O obxectivo foi activar a solidariedade e a axuda de todos para que a ningún neno de Ourense lle faltase un agasallo o día de Nadal, un xoguete co que poderlle poñer un sorriso a todos os nenos e nenas cuxas familias pasan por dificultades económicas. “Con pequenas cousas como pode ser un boneco, facemos que estes pequenos teñan de novo a ilusión”, sinala Jose Estévez, responsable de NNXX na cidade. “Temos a obriga de axudar a quen o está necesitando”.

Gran magosto popular en Xinzo de Limia O recinto do Campo do Toural acolleu o tradicional magosto que cada ano organiza o Partido Popular de Xinzo de Limia cos seus militantes e simpatizantes. Esta festa, como outrs moitas que se celebraron en diferentes concellos da nosa provincia nestas sinaladas datas de outono, os populares amósanse fieis a unha das tradicións máis arraigadas na provincia. O de Xinzo contou coa participación de medio millar de persoas, acompañadas polo presidente provincial, Manuel Baltar, e polo alcalde anfitrión e responsable do PP en Xinzo, Antonio Pérez.

16


ROMP

Ourense, provincia protagonista na etapa decisiva de La Vuelta a España Luintra, capital do concello de Nogueira de Ramuín, foi o punto de partida da etapa 20 de La Vuelta a España. Ademais atravesou os términos municipais de Esgos, Pereiro de Aguiar e A Peroxa. Un acontecemento deportivo de primeiro nivel internacional, recibindo a visita dos mellores ciclistas do mundo. A Ribeira Sacra protagonizou un evento que respondeu ás expectativas deportivas, mediáticas, sociais e económicas previstas. Conxugar deporte e turismo forma parte da aposta do goberno provincial, razón pola que a Deputación de Ourense tivo claro o seu apoio dende o principio. A etapa gañouna Alberto Contador, dando un golpe definitivo para apuntarse a vitoria na clasificación xeral. Manuel Baltar tivo a oportunidade de facerlle chegar unha figura dun afiador, símbolo da “terra da chispa”.

A Ribeira Sacra, Patrimonio da Humanidade clarada Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco. O presidente da Deputación de Ourense destacou que este acto que celebramos aquí, no berce da Ribeira Sacra, “é un paso fulcral de cara o obxectivo marcado de acadar a declaración de Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco para a Ribeira Sacra, pois a fortaleza do proxecto está na unión, na cooperación entre institucións e entidades e no traballo conxunto que entre todos fagamos para lograr este obxectivo”. Os presidentes das deputacións de Ourense e Lugo, Manuel Baltar e Xosé Ramón Gómez Besteiro, e o presidente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto, asinaron no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos) o convenio de colaboración para a formalización da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, un acto

que contou tamén coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e do Valedor do Pobo, José Julio Fernández, así como con alcaldes e representantes dos concellos que integran a Ribeira Sacra nas provincias de Ourense e Lugo, e que supón o comezo do camiño para que este singular espazo natural sexa de-

17

Ao longo destes meses, as xestións encamiñadas a acadar a candidatura seguiron desenvolvéndose e o pasado mes de xullo Manuel Baltar, José Ramón Gómez Besteiro e Julio José Fernández asinaron na sede do Valedor do Pobo o convenio de colaboración que as tres institucións subscriben para a consecución do recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.


Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco”

A Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco” analiza o turismo e o termalismo como impulsores da economía en Ourense e Carmen Yáñez. Ainternacionalización e as comunicacións centraron boa parte das exposicións, claves á hora de vender o produto, neste caso o Turismo vinculado ao Termalismo. Acultura emprendedora e a formación convértense así en eixos fundamentais para darsaída cara o exterior aos recursos endóxenos de Ourense. Precisamente, a centralidade da provincia no tocante ás comunicacións é unha vía para captar visitantes atraídos por dous dos grandes expoñentes galegos: o seu litoral e o Camiño de Santiago. “A marca de Ourense debe estar vinculada á de Galicia e conseguir que a xente veña cara nós e se queden”, sinalou José Manuel Rodríguez. Asistentes a un dos relatorios da Escola de Verán deste ano.

A Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco”, que como cada verán tivo lugar na Casa da Cultura do Carballiño, acadou a súa cuarta edición, analizando nesta ocasión o turismo e o termalismo como destacadas fontes de impulso para a provincia de Ourense. Esta iniciativa formativa do Partido Popular de Ourense foi clausurada polo presidente provincial, Manuel Baltar, e polo portavoz do Grupo Popular do Parlamento de Galicia, Pedro Puy Fraga. Manuel Baltar lembrou que a Escola de Verán foi un compromiso persoal que asumiu cando foi elixido presidente provincial en 2010. A lembranza de Miguel Ángel Blanco estivo daquela presente e perdura a día de hoxe coa mesma forza e loitando a prol do máis importante en política: os dereitos fundamentais e liberdades públicas. Tamén quixo agradecer ao alcalde anfitrión, Argimiro Marnotes, o seu traballo á fronte do Concello do Carballiño, “un traballo feito con rigor, seriedade e bo facer”, sinalou. Non deixou de agradecer a todos os membros do PPOU, personificados nos 546 concelleiros populares da provincia, os recentes resultados electorais nas pasadas eleccións europeas. “Persoas e ideas son

os fundamentos do PP de Ourense”, precisou. No tocante á Escola de Verán, recalcou a dificultade de convocar durante tres días do mes de xullo, “xa que somos a única formación política que estamos facendo actividades”.

Interese común Pola súa banda, Pedro Puy -ao que Manuel Baltar agradeceu expresamente a súa dispoñibilidade sempre que o PPOU o invita a participar nalgunha das súas actividade-, felicitou ao PP de Ourense pola súa magnifica iniciativa da Escola de Verán e pola elección no nome en recoñecemento a Miguel Ángel Blanco. Pedro Puy salientou a importancia da formación en política e reflexionou acerca do éxito na vida política: a suma das diferentes sensibilidades e intereses, a capacidade de dar solucións aos diferentes problemas que lles demanda a sociedade. “Comprender esa complexidade da sociedade é fundamental para xestionar o interese común”, concluíu Pedro Puy. A última xornada comezou cunha mesa redonda, moderada por Miguel Santalices, na que participaron José Manuel Rodríguez, Carmen Pardo

18

A alcaldesa de Lobios e presidenta da sección de Vilas Termais da FEMP, María del Carmen Yáñez, centrou a súa intervención no Termalismo. Os recursos hidrominerais como potencialidade, que supón a posta en valor de todos os recursos patrimoniais da área de influencia. O 75% dos municipios que posúen este recurso non superan os 5.000 habitantes e que teñen a enorme posibilidade de desestacionalizar o turismo, xa que non depende directamente da meteoroloxía. E Carmen Yáñez matizou a importancia, dentro da área da Medicina, do Termalismo con enormes posibilidades terapéuticas, o cal está directamente relacionado co Turismo de Saúde. “O Termalismo é un axente dinamizador da vida económica dos municipios, cunha importante incidencia da creación de emprego”, sinalou a alcaldesa de Lobios, cun importante apoio das administracións, como é o caso da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense. Pola súa banda, a parlamentaria autonómica e secretaria executiva de Turismo do PPOU, Carmen Pardo, agradeceu a importancia da temática desta edición da Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco”, considerando que no mapa político nacional, “posible-


Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco”

mente non se teña feito unha iniciativa similar para analizar en profundidade o Turismo”. Recalcou que a importancia da promoción pode reportar grandes resultados con pequenas iniciativas, ofertando por exemplo paquetes turísticos temáticos de fin de semana.

Segunda xornada Na segunda xornada da escola de verán, o primeiro relatorio correspondeu a Nava Castro Domínguez, secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, quen foi presentada polo parlamentario autonómico Moisés Blanco Paradelo. Nava Castro agradeceu ao PPOU o feito de dedicar esta edición ao Turismo. Recalcou que o turismo é unha materia transversal nas políticas executadas pola Xunta de Galicia, clave para dinamizar a Economía galega e que representa o 11,92% do emprego galego, cunha importante ferramenta como é o Plan Integral de Turismo 2014-2016, coa participación de empresas e sectores estratéxicos, así como 140 axentes de ámbito internacional. Precisamente, Nava Castro anunciou durante a súa intervención que o Plan Termal Provincial de Ourense, presentado pola Deputación de Ourense o pasado 4 de febreiro, irá ao Consello da Xunta para fixar os compromisos do Executivo Galego, o que conlevará posteriormente unha comisión de seguimento para o seu óptimo desenvolvemento. O segundo relatorio da xornada xirou en torno ao Plan Termal Provincial.

Presentado polo secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, o encargado de analizar este documento foi Argimiro Marnotes. Rosendo Fernández na súa presentación ensalzou o Termalismo ourensán, “o mellor do mundo, unha materia fulcral para Ourense”, dixo, cunha importante pegada na provincia, exemplificándoa no

O Plan Termal provincial foi un dos temas tratados na escola de verán “Campus da Auga” e na vila no Carballiño, sede da Escola de Verán e municipio de orixe do deputado provincial responsable de Termalismo, Argimiro Marnotes Fernández, quen desgranou polo miúdo o Plan Termal Provincial na súa intervención. Durante o seu relatorio, destacou a enorme riqueza termal da provincia e do Carballiño en particular, anunciando unha próxima modificación do PXOM para reconverter unha parcela de zona verde en parcela de uso dotacional para o seu aproveitamento termal e comercial. Asemade comentou que a Deputación de Ourense “pasou das palabras aos feitos, dotando orzamentariamente unha partida para termalismo saudable, algo que o sector demandaba”, con axudas para axilizar as reservas nos balnearios da provincia.

Primeira xornada Na primeira xornada, participaron a voceira do PPOU, Cristina Romero; o secretario executivo de Formación

do PP de Ourense, César Blanco, e o secretario xeral, Rosendo Fernández, así como Agustín Hernández, vicesecretario xeral do PPdeG e alcalde de Santiago, quen foi presentado polo presidente provincial, Manuel Baltar. Hernández abordou a vertente económica e cultural do turismo, así como o seu impacto local. “Contemplar a nosa propia realidade dende outros puntos de vista sempre é enriquecedor para non perder a nosa identidade, evolucionar e mellorar nestes tempos”, sinalou. Nesta segunda xornada participou tamén Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria, presentado pola secretaria executiva de Economía do PPOU, Beatriz Tejada. Francisco Conde salientou e enorme vocación formativa do PP de Ourense, así como a elección do Carballiño como sede da Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco”, pola súa vertente turística relacionada co Termalismo. De feito, a súa intervención versou sobre a importancia do Turismo, “que de xeito moi importante está contribuíndo á recuperación económica e á creación de emprego”, salientando múltiples exemplos en Ourense, como é o auxe termal, iniciativa que considera que “debe ser apoiada e potenciada”, tendo en conta que máis de tres millóns de turistas visitan Galicia cada ano, sendo un sector económico clave, “unha fortaleza sobre a que temos que traballar e reflexionar”. E non só o turismo, senón tamén as industrias culturais, son piares fundamentais, segundo Francisco Conde, para impulsar a economía de Galicia.

Foto de familia na clausura da cuarta edición da Escola de Verán “Miguel ángel Blanco”

19


Ourense cidade

O Partido Popular de Ourense redeseña a súa organización na cidade, pasando de cinco a nove distritos Este cambio organizativo responde ao obxectivo de estar máis preto dos cidadáns, cunha estrutura máis acorde á da cidade, xa que a anterior fora implantada en 1977 O Comité de Dirección do Partido Popular de Ourense aprobou a nova estrutura organizativa do PPOU na cidade, pasando de cinco a nove distritos. O obxectivo deste cambio responde a acadar un modelo máis próximo aos veciños e veciñas da cidade, así como máis adecuado á estrutura da propia cidade na actualidade. A anterior división da cidade en distritos databa do ano. A nova distribución dos populares ourensáns na cidade é a seguinte:

A PONTE RURAL

• Casco Histórico

A PONTE CENTRO

• Centro • San Francisco Os Rosais Barrocás

CENTRO

• San Francisco A Rabaza Ceboliño

COUTO CENTRO

• O Couto – Centro • O Couto – Rural

CASCO HISTÓRICO

SAN FRANCISCO A RABAZA CEBOLIÑO

• Mariñamansa • A Ponte – Centro • A Ponte – Rural Tal e como lembrou o presidente provincial, Manuel Baltar, hai un ano que o PP de Ourense se puxo a traballar na reorganización do partido na cidade. Daquela, nunha reunión entre Manuel Baltar; o secretario provincial e responsable da Xunta Local, Rosendo Fernández; e os presidentes dos anteriores cinco distritos se puxo sobre a mesa a necesidade de reorganizar o partido na cidade. Precisamente, os presidentes de distrito son elementos fundamentais para canalizar todas as demandas e inquedanzas dos ourensáns cara os órganos de dirección do PPOU, tal e como explicou Manuel Baltar.

COUTO RURAL

SAN FRANCISCO OS ROSAIS BARROCÁS MARIÑAMANSA

20


Fotonoticias

Congresos locais do Partido Popular de Ourense

Xinzo de Limia

O Barco de Valdeorras

5 de setembro de 2014

21 de xuĂąo de 2014

Celanova

Allariz

14 de setembro de 2013

4 de outubro de 2013

San Cibrao das ViĂąas

Maceda

11 de abril de 2014

24 de xullo de 2013

Coles

A RĂşa

26 de setembro de 2013

6 de febreiro de 2014

21


Fotonoticias

Congresos locais do Partido Popular de Ourense

Gomesende

Porqueira

27 de xuño de 2014

11 de abril de 2014

Chandrexa de Queixa

Quintela de Leirado

13 de decembro de 2013

5 de outubro de 2013

Larouco

San Xoán de Río

31 de marzo de 2013

8 de marzo de 2014

Calvos de Randín

A Teixeira

12 de setembro de 2014

20 de febreiro de 2014

22


Fotonoticias

Congresos locais do Partido Popular de Ourense 2012 RIBADAVIA (15 xuño)

2013 NOGUEIRA DE RAMUÍN (25 outubro) BAÑOS DE MOLGAS (31 outubro) A BOLA (15 novembro) PIÑOR (19 novembro) O IRIXO (21 novembro) ESGOS (22 novembro) VILARDEVÓS (29 novembro) LEIRO (5 decembro) CHANDREXA DE QUEIXA (13 decembro) LOBIOS (20 decembro)

C. PROVINCIAL (16 marzo) MACEDA (24 xullo) CELANOVA (14 setembro) PEREIRO DE AGUIAR (20 setembro) POBRA DE TRIVES (25 setembro) COLES (26 setembro) ALLARIZ (4 outubro) QUINTELA DE LEIRADO (5 outubro) CASTRELO DO VAL (9 outubro) XUNQUEIRA DE ESPADANEDO (23 outubro)

2014 BANDE (28 marzo) RIÓS (29 marzo) LAROUCO (31 marzo) PORQUEIRA (11 abril) SAN CIBRAO DAS VIÑAS (11 abril) A VEIGA (12 abril) OIMBRA (25 abril) XUNQUEIRA DE AMBÍA (26 abril) CUALEDRO (29 abril) TOÉN (30 abril) VILAR DE BARRIO (12 xuño) AMOEIRO (20 xuño) O BARCO DE VALDEORRAS (21 xuño) GOMESENDE (27 xuño) XINZO DE LIMIA (5 setembro) CALVOS DE RANDÍN (12 setembro)

LAZA (24 xaneiro) MONTERREI (30 xaneiro) VILAMARÍN (31 xaneiro) A RÚA (6 febreiro) PADERNE DE ALLARIZ (7 febreiro) CARBALLEDA DE VALDEORRAS (13 febreiro) A TEIXEIRA (20 febreiro) MUÍÑOS (21 febreiro) A MERCA (27 febreiro) TRASMIRAS (28 febreiro) AVIÓN (7 marzo) O BOLO (8 marzo) SAN CRISTOVO DE CEA (8 marzo) SAN XOÁN DE RIO (8 marzo) CASTRO CALDELAS (20 marzo) PADRENDA (27 marzo)

23


Ribadavia

César Fernández Gil

CASTRELO DO VAL

Manuel Pérez Araújo

Esgos

Mario Rodríguez

Maceda

Celanova

Francisco Nóvoa Rguez.

José Luis Ferro Iglesias

Xunq. de Espadanedo

Nogueira de Ramuín

Carlos Gómez Blanco

Vilardevós

Manuel Cardoso

José César Parente

Leiro

Francisco José Fdez.

O Pereiro de Aguiar

Manuel Doval Soto

Baños de Molgas

Eladio Mangana Nóvoa

Chandrexa de Queixa

Francisco Rguez. Rguez.

Coles

Luís A. Iglesias Fdez.

A Bola

José Antonio Dapía

Lobios

Mª del Carmen Yáñez

Allariz

Luz Doporto Real

Piñor

José Luís González

Laza

José Ramón Barreal

Quintela de Leirado

Pablo Pérez Pérez

O Irixo

Manuel Penedo

Monterrei

José Luis Suárez

Presidentes locais electos A Rúa

Vilamarín

Avelino García Ferradal

Amador Vázquez

Paderne de Allariz

José Manuel Fernández

San Cristovo de Cea

José Luís Valladares

Larouco

Joaquín Bautista Prieto

Toén

Amancio Antonio Cid

CARBALLEDA DE VALD.

Mª del Carmen González

San Xoán de Rio

A Teixeira

Manuel Antonio Cid

O Bolo

Gerardo Rguez. Dguez.

Manuel Corzo Macías

Porqueira

San Cibrao das Viñas

Susana Vázquez Dorado

Vilar de Barrio

Julio Pérez Carballo

Manuel Pedro Fdez.

Amoeiro

José Ángel Sampayo F.

Muíños

Plácido Álvarez Dobaño

CASTRO CALDELAS

Manuel Lage Blanco

A Veiga

Juan Anta Rodríguez

O Barco de Valdeorras

Moisés Blanco Paradelo

A Merca

Manuel Jorge Velo

Padrenda

Manuel Pérez Pereira

Oímbra

Ana Mª Villarino Pardo

Gomesende

Pura Rodríguez Álvarez

Trasmiras

Emilio José Pazos Ojea

Bande

José Antonio Armada

Xunqueira de Ambía

José Luís Gavilanes

Xinzo de Limia

Antonio Pérez Rguez.

Avión

Antonio Montero Fdez.

Riós

Francisco A. Veiga

Cualedro

Luciano Rivero Cuquejo

Calvos de Randín

José Manuel Andrade


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.