Issuu on Google+


DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1º De conformidade cos vixentes Estatutos, o Regulamento Marco de Congresos e segundo acordo da Xunta Directiva Provincial convócase o Congreso Ordinario do Partido Popular de A Teixeira, a celebrar o día 20 de febreiro de 2014.

Artigo 2º Encoméndase á Comisión Organizadora, o impulso, coordinación e dirección de todos os aspectos organizativos do Congreso. Fixará a hora e lugar de celebración do Congreso. A Comisión Organizadora do Congreso debaterá e aprobará, se procede, a programación concreta e cantos outros acordos fosen necesarios para, en desenvolvemento do presente Regulamento, aclarar, concretar e, en definitiva, asegurar a adecuada preparación e celebración do Congreso. Os seus acordos deberán ser adoptados por maioría e das súas reunións se levantarán as correspondentes actas dando traslado das mesmas aos órganos do Partido e se publicarán no espazo habilitado dentro da web do Partido Popular de Ourense. A Comisión Organizadora do Congreso terá a súa sede na oficina provincial do Partido Popular de Ourense, na rúa do Progreso número 64 entrechán da cidade de Ourense.

Artigo 3º En consecuencia, todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso rexerase polo presente Regulamento e os acordos da Comisión Organizadora adoptados en desenvolvemento do mesmo. Durante a celebración do Congreso ditas competencias serán asumidas polo/a Presidente, o/a cal dará conta á Mesa do Congreso.


TITULO PRIMEIRO COMPETENCIAS E COMPOSICIÓN DO CONGRESO Artigo 4º De conformidade co establecido nos Estatutos e no Regulamento Marco de Congresos, o Congreso é o órgano supremo do Partido en A Teixeira, define os principios, fixa os programas e estratexias e elixe aos representantes nos órganos de dirección do Partido.

Artigo 5º As competencias do Congreso son as que se determinan nos Estatutos do Partido.

Artigo 6º Para favorecer a participación e a democracia interna do Partido Popular, terán a condición de compromisarios/as, segundo o artigo 11.1 do Regulamento Marco de Congresos, todos/as os/as afiliados/as ao Partido no Concello de A Teixeira que asistan ao Congreso e que, tiveran a condición plena de militante á que se refire o artigo 4.5 dos Estatutos do Partido Popular e ao corrente de pagamento das cotas. Os/as afiliados/as que participen poderán poñerse ao día nas devanditas cotas ata o día 13 de febreiro de 2014, facendo o ingreso da mesma na conta que a tal efecto ten aberta o Partido Popular de Ourense ou efectuando o pagamento na sede provincial.

TITULO SEGUNDO FUNCIONAMENTO DO CONGRESO Artigo 7º A Comisión Organizadora declarará validamente constituído o Congreso na hora, data e lugar da súa convocatoria, independentemente do número de compromisarios presentes, seguíndose, a partires dese momento, o Programa que teña sido aprobado por ese órgano.


Artigo 8º No acto inaugural do Congreso, a Comisión Organizadora proporá ao Pleno a composición da Mesa, que deberá ser ratificada por maioría simple. Se non se aceptase a proposta, abriríase un prazo de 30 minutos, durante os que se poderán presentar candidaturas completas para a Mesa, avaladas por un 15 % dos/as asistentes como mínimo, non podendo avalarse por cada asistente mais dunha candidatura. Será elixida a candidatura que obteña mais votos.

Artigo 9º A Mesa estará composta por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e dous vogais, todos eles/as afiliados/as.

Artigo 10ª Constituída a Mesa do Congreso, esta deberá anunciar o oportuno acordo de aprobación do Regulamento, dando lectura ás disposicións que terán que rexer os traballos do mesmo.

Artigo 11º A Mesa do Congreso dirixirá, impulsará, moderará e ordenará os debates, velando en todo momento pola boa marcha do Congreso. As decisións da Mesa se adoptarán por maioría simple, tendo o/a Presidente/a, en caso de empate, voto de calidade. Corresponde á Mesa cumprir e facer cumprir o Regulamento do Congreso, interpretalo nos casos de dúbida e suplilos nos de omisión.

Artigo 12º Corresponde ao/á Presidente/a, en nome da Mesa, abrir, dirixir, suspender e levantar a sesión, autorizar o uso da palabra e fixar, á vista das peticións de intervencións, o número máximo de intervencións e a duración. O/A Presidente/a poderá chamar ao orde, e no seu caso, retirar a palabra a quen nas súas intervencións se alongue excesivamente, se desvíen do tema obxecto de debate, falte ao establecido neste Regulamento, profiran expresións ofensivas ao decoro do Partido, dos seus membros ou de calquera outra institución, entidade ou persoa, ou que de calquera outra forma alteren o orde ou obstaculicen a boa marcha do Congreso.


TITULO TERCEIRO O ÓRGANO DIRECTIVO E A SÚA ELECCIÓN Artigo 13º O Congreso elixirá en lista pechada ao/á Presidente/a e os/as vogais do Comité Executivo Local, en número máximo de 22, mediante o sistema de voto maioritario, a unha sola volta. Ningún afiliado poderá figurar en dúas ou mais candidaturas, nin avalar coa súa sinatura mais dunha.

Artigo 14º A elección do Comité Executivo Local farase mediante lista pechada e votación secreta, empregando listaxes e urnas facilitadas pola Comisión Organizadora.

Artigo 15º Os/As que opten á Presidencia terán un prazo de 7 días dende a convocatoria do Congreso para presentar a súa candidatura diante da Comisión Organizadora do Congreso, que rematará ás 14:00 h do 26 de decembro de 2013. Poderán optar á Presidencia do Partido Popular de A Teixeira todos/as os/as afiliados/as do Partido no Concello de A Teixeira que tiveran a condición plena de militante á que se refire o artigo 4.5 dos Estatutos do Partido Popular na data na que se acordara a convocatoria do mesmo pola Xunta Directiva Provincial, que non estiveran suspendidos/as de militancia e estiveran ao corrente de pagamento das cotas. A Comisión Organizadora deberá elaborar e aprobar un modelo de aval, que lle será facilitado a todos/as os/as candidatos/as que o soliciten. Non se admitirán avais que non figuren no modelo oficial aprobado pola Comisión. Artigo 16ª Para ser proclamado/a candidato/a á Presidencia do Partido Popular de A Teixeira será necesario presentar o apoio de polo menos 15 afiliados/as. No suposto de que se presentasen dúas ou máis candidaturas, a Comisión Organizadora proclamará aos/ás candidatos/as presentados/as o día 26 de decembro de 2013 na reunión que se celebrará a partires das 18:00 horas deste día, convocando una campaña electoral interna, que se desenvolverá dende o día 27 de decembro ás 00:00 horas ata o día 3 de xaneiro de 2014 ás 24:00 horas.


Durante a duración da campaña, a Comisión Organizadora garantirá a todos/as os/as candidatos/as a igualdade de oportunidades, asegurará a neutralidade da organización do Partido e velará pola transparencia de todo o proceso.

Artigo 17º O prazo para a presentación de candidaturas á Presidencia do Comité Executivo Local rematará o día 18 de febreiro de 2013 ás 14:00 horas. A Comisión Organizadora recibirá os avais e emitirá un informe, logo de reunirse ese mesmo día 18 de febreiro ás 18:00 horas, que será entregado á Mesa do Congreso para a proclamación das candidaturas que fosen presentadas en tempo e forma. As candidaturas gardarán a forma recollida polos Estatutos e estarán avaladas polo menos por un 20% dos/as compromisarios/as que participen no Congreso. A Comisión Organizadora deberá elaborar e aprobar un modelo de aval, que lle será facilitado a todos/as os/as candidatos/as. Non se admitirán avais que non figuren no modelo oficial aprobado pola Comisión.

Artigo 18º Os/as candidatos/as á presidencia do Comité Executivo Local presentaran a súa candidatura e o seu programa, durante o tempo fixado pola Mesa do Congreso, que determinará a orde de intervención.

Artigo 19º Para a votación constituiranse un número suficiente de Mesas Electorais, que estarán formadas por un/unha Presidente/a e un/unha Secretario/a, nomeados/as pola Comisión Organizadora do Congreso e ás que se poderán incorporar un/unha interventor/a por cada candidatura proclamada.

Artigo 20ª Os/As asistentes, no momento de depositar o seu voto, acreditarán a súa identidade mediante DNI, pasaporte ou carné de conducir orixinal.


Artigo 21º Unha vez finalizada a votación, as Mesas Electorais farán os correspondentes escrutinios que serán remitidos á Mesa do Congreso, a cal anunciará os resultados e proclamará á candidatura que obteña máis votos válidos.

TITULO CUARTO IMPUGNACIÓNS Artigo 22º Para as impugnacións que afecten ao desenvolvemento do Congreso, será competente o Comité de Dereitos e Garantías de Galicia. Estas impugnacións deberán fundamentarse en infraccións estatutarias ou regulamentarias e presentarse nun prazo máximo de 48 horas ao remate do Congreso.

Artigo 23º O procedemento para realizar as impugnacións será o que segue: As impugnacións daqueles acordos tomados durante a celebración do Congreso serán presentadas polos compromisarios diante da Mesa que resolverá no mesmo Congreso, incluíndo na acta as motivacións nas que se fundamente a súa resolución. A resolución da Mesa será apelable diante do Comité de Dereitos e Garantías de Galicia, no prazo máximo de 48 horas despois da celebración do Congreso. O Comité Nacional de Dereitos e Garantías resolverá, en segunda instancia, os recursos interpostos contra resolucións dos Comités Autonómicos de Dereitos e Garantías como consecuencia das impugnacións que se produzan no Congreso Local do Partido Popular de A Teixeira.

DISPOSICIÓN FINAL Para todo o non previsto neste Regulamento será de aplicación o disposto nos Estatutos do Partido e no Regulamento Marco de Congresos.


Regulamento do congreso a teixeira