Page 1

Ourense Ten Presidente MANUEL

BALTAR

2019


PIÑOR

O IRIXO

SAN CRISTOVO DE CEA

BEARIZ O CARBALLIÑO

BOBORÁS

VILAMARÍN A RÚA

MASIDE

AVIÓN

SAN AMARO PUNXÍN

LEIRO

COLES

AMOEIRO

NOGUEIRA DE RAMUÍN

OURENSE

PARADA DO SIL

CENLLE CARBALLEDA BEADE DE AVIA RIBADAVIA

PEREIRO DE AGUIAR

BARBADÁS SAN CIBRAO DAS VIÑAS

MELÓN ARNOIA

ESGOS

A TEIXEIRA

CASTRO CALDELAS

PADERNE DE ALLARIZ

X. DE ESPADANEDO

MACEDA

CARBALLEDA

O BOLO A VEIGA

MONTEDERRAMO CHANDREXA DE QUEIXA

A MERCA

O BARCO

PETÍN

POBRA DE TRIVES

TABOADELA

CARTELLE

SAN XOÁN DE RÍO LAROUCO

TOÉN

CASTRELO DE MIÑO

RUBIÁ

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

A PEROXA

MANZANEDA

BAÑOS DE MOLGAS

CORTEGADA ALLARIZ

GOMESENDE PONTEDEVA

PADRENDA

RAMIRÁS

QUINTELA DE LEIRADO

XUNQUEIRA DE AMBÍA CELANOVA

RAIRIZ DE VEIGA

VILAR DE SANTOS

A PORQUEIRA

SARREAUS SANDIÁS

XINZO DE LIMIA

LAZA

A GUDIÑA

TRASMIRAS CASTRELO DO VAL

A MEZQUITA

LOBEIRA OS BLANCOS

RIÓS

CUALEDRO

CALVOS DE RANDÍN ENTRIMO

MUIÑOS

BALTAR

VERÍN

MONTERREI OIMBRA

LOBIOS

VIANA DO BOLO

VILARIÑO DE CONSO

A BOLA

VEREA

BANDE

VILAR DE BARRIO

VILARDEVÓS


Programa Electoral Goberno Provincial: Ourense 15-19


1

Son Ourensán e creo en Ourense Esta frase pronuncieina públicamente cando meu partido me propuxo como candidato á presidencia da Deputación en xaneiro de 2012 e foi a frase coa que escomencei a miña intervención trala toma de posesión como máximo responsable do goberno provincial o seis de febreiro de 2012. Nacín en Ourense (hai 47 anos), estudiei en Ourense, casei en Ourense e miñas tres fillas naceron en Ourense. Traballei e traballo en Ourense. Licencieime en Dereito na Universidade de SantIago de Compostela (promoción 1985-1990), convertínme en funcionario do corpo superior da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia, sendo meu posto o de responsable do servicio xurídico dunha delegación da Xunta en Ourense. Vivín intensamente a política dende neno. Todas as campañas electorais, e a de maio próxima será a 42 dende o referéndum da lei para a reforma política de finais de 1976. Fun delegado da xunta en Ourense de 1998 a 2001, ano no que tomei posesión como deputado do Parlamento de Galicia, condición que repetín nas eleccións de 2005 e 2009, tendo a honra de exercer como Vicepresidente da Cámara Galega. Son concelleiro en Esgos dende 2003 e creo que a mellor escola de política é a local.


2


3

Son un apaixonado do Dereito e da teoría das organizacións. Gústamen ser previsible e planificador e conxugo o verbo delegar e cooperar. Teño bastante experiencia en formar equipos e fixármonos obxectivos e retos ambiciosos para amosar que somos capaces de conquerilos.

Ourense, unha gran provincia Son 7.273 kilómetros cuadrados que conforman un auténtico continente. Con contido dabondo: personal, cultural, social, histórico, gastronómico, empresarial, artístico, paisaxístico, termal… cunha traxectoria histórica composta por multitude de exemplos de xigantes do emprendemento, de constructores do pensamento, de especialistas na arte da superación personal. Somos unha provincia, e un pobo, traballador, emigrante e creativo. Temos territorio, poboación e identidade. Pero temos por diante algo que temos que conquistar: o FUTURO. Para iso é fundamental alonxarse de victimismos facilóns e fornecer o moito e bo que temos artellando un proxecto colectivo cuxo éxito depende sólo de nós mesmos. Debémosllo aos ourensáns de onte e legarémosllo aos ourensáns de mañán. Todo pasa e todos pasaremos pero temos unha obriga para con esta terra: facela máis nosa e máis forte. Con orgullo de seu. Esa Ourensanía que non ten límites xeográficos, que fai que —sen ter mar— cheguemos a tódolos mares do mundo. Ese concepto integrador e non excluínte. Somos unha provincia con lindeiros internacionais, que acollerá a chegada da alta velocidade, que se sitúa na centralidade da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que conta con sectores productivos que constitúen eixos fulcrais de desenvolvemento.


4


5

Toda a miña vida é a historia dunha auténtica paixón por Ourense. Dende o meu nacemento en Esgos ata a actualidade, unha provincia que me inxecta diariamente novas forzas para defendela, para innovala, para propoñela, para imaxinala… esa Ourense en feminino que forma parte do componente máis importante que pode ter un político: a VISIÓN. Unha provincia de Ourense que sirve para entender Galicia dende as súas orixes, contribuindo como a que máis a esa ialma galega que tanto nos autoidentifica. Estiven dez anos no Parlamento Galego e servíume para coñecer de primeira man a posibilidade de ver cumpridos os anceios autonomistas de tantos que puxeron en valor o pensamento galeguista, na súa meirande parte ourensáns. Un autogoberno que agora vexo dende a perspectiva provincial e dende a provincia que conta co punto máis alto da nosa xeografía… en Pena Trevinca, cecais tamén a razón dese “sexto sentido político” que caracteriza aos ourensáns.

A participación política Un dereito e un deber. Primeiro ourensán, despois militante da formación política que máis pode facer por Ourense. Considerando que a verdadeira forza é a mental e o verdadeiro poder é o político. Porque serve para transformar á sociedade. Por iso debemos adicarnos a tope no momento que a política nos chame. E deixala cando outros veñan con máis potencia a defender os mesmos ideais. Levo vintetrés anos militando no PP e máis de cinco dirixindo o PP de Ourense, porque así o decidiron os militantes, sendo xa, dos once presidentes que tivo esta organización, o segundo que


6


7

máis tempo ostentou esa honra. E levántome tódolos días con novos retos e novas metas. Por iso sólo esta formación política a nivel provincial en España pode dicir: que fumos os primeiros en asinar un compromiso deontolóxico, que fumos os primeiros en poñer a disposición dos cidadáns a situación patrimonial do seu órgano de dirección, que fumos os primeiros con maioría absoluta feminina no comité executivo, que fumos os primeiros en presentar aos candidatos locais, que fumos os que máis congresos locais desenvolvemos, os primeiros en constituir o comité de campaña… A iso nos obriga o noso compromiso e o excepcional equipo que me acompaña na dirección do PP de Ourense… razóns que sempre nos colocan entre as primeiras provincias de España en apoio porcentual ao PP (nas pasadas eleccións europeas fumos a segunda provincia de España das 52 circunscricións electorais) A razón do noso éxito é ben sinxela: conexión cos cidadáns, credibilidade e vintecatro horas a disposición dos nosos veciños e veciñas. A cercanía é básica neste proxecto político. Renovar diariamente o noso centrismo, o noso galeguismo e o noso reformismo. Cun plus: ese ourensanismo que nos diferencia e aporta valor engadido.

A Deputación, motor de transformación provincial Neste tempo fixemos todo o traballo posible para transformar a Deputación e así poder transformar a provincia. Partindo dunha premisa básica: se a administración local é a máis cercana ao cidadán, que ninguén dubide nesta provincia que a administración provincial —a deputación— é a máis cercana aos concellos.


8


9

Posicionámonos á vangarda dos gobernos provinciais de España… organizando e promovendo a primeira conferencia nacional de presidentes de gobernos provinciais… liderando en transparencia ás deputacións españolas… compartindo toda a información co cidadán: retransmitindo plenos, aperturas de plicas en mesas de contratación ou sorteos de membros de tribunais no acceso ao emprego público… elaborando, aprobando e executando un plan de xestión e estratexia operativa (OURENSE 92)… incorporando novos instrumentos como a videoacta ou a app para dispositivos móviles… aprobando o primeiro código ético dun goberno provincial en España… aprobando a primeira ordenanza de transparencia dunha deputación en España… sendo convidados a intervir no Comité das Rexións en Bruxelas para falar desa Deputación que se anticipa sempre para converterse en referente para os concellos e para os cidadáns… Reivindiquei a elección directa dos membros da corporación provincial e da Presidencia da mesma, e o seguirei a facer, para gañar en afección cidadán… e propuxemos aportacións á nova lei de administración local que potenciou o papel das deputacións… dende Ourense, a nivel nacional, pasamos de falar do futuro das provincias ás provincias do futuro: e velaí está Ourense. Investimos na lexislatura máis de 135 millóns de euros nos concellos da provincia, pasando a responsabilizarnos tamén dos servizos sociais municipais, ademáis de executar obras en tódolos axuntamentos, aumentando as dotacións para os plans provinciais, mantendo os máis de 1.840 kms de estradas da deputación e seguindo a ser modélicos nas nosas actuacións medioambientais. Fumos, e somos, e seremos, un goberno verde, cooperador, transparente e rigoroso. Capaces de reducir o endebedamento da institución do 116 % a menos do 35%. Diminuir o tempo medio de pago de facturas a proveedores dos 180 días aos 12 días. Facer máis cousas con menos cartos. E


10


11

sobre todo facer Deputación e facer Ourense. Todo élo no pior marco económico–financeiro e cunha crise incomparable… e aínda así presentar datos como o do remanente de tesourería de 2014: máis de 25 millóns de euros, o máis alto de toda a Historia da institución. Un tempo tamén para aprobar o himno da provincia (ese “Ourense no solpor” de Manuel de Dios), para promover a máis rendible promoción provincial de sempre nun videoclip musical de lanzamento mundial, aprobar a Carta de Servizos máis completa do panorama dos gobernos provinciais de España… e así ata máis de cen actuacións innovadoras neste tempo presidindo a Deputación. E seguiremos. Como ninguén fará. Coas ideas claras, con cuestións escritas como o concepto de democracia sustantiva que defendo, programando e planificando… como o Plan Ourense 15-19 que presentei, ao que seguirá o Plan Ourense 72-73 da lexislatura 2019-2023. Continuamos sendo un referente, indo a unhas eleccións locais con candidato coñecido a presidir a Deputación. Acudindo cun programa de goberno (un programa que inclúe o mes e ano de implementación de cada medida. Iso chámase autoesixencia). E pedindo que as outras forzas políticas fagan o mesmo, sendo conscientes de que, para eles, é imposible. No PP de Ourense non hai límites. Por iso agradezo toda a confianza deste tempo e pído a confianza do futuro para seguir facendo Ourense. Dende unha Deputación que sempre verei cunha doble dimensión: defender unha visión integral de provincia, porque as provincias existen e tamén os seus intereses; e cooperar e asistir aos 92 concellos e á entidade local menor de Berán. Ourense merece todo o noso esforzó. Todo por Ourense. MANUEL BALTAR


12


13

OU UO


14


15

OURENSE en FUTURO


16


17

OURENSE ilusi贸n impulso innovaci贸n intelixencia importancia inconformismo

FUTURO


18


19


20


21

Plan de xestión e estratexia operativa 2015 – 2019

√ Principios inspiradores. A visión de provincia. √ Cal é o campo de xogo e a provincia que vai xerar?


22

48 meses


23

77

acci贸ns


24


25

Limiar O Plan Ourense 15-19 é unha continuación coherente do Plan Ourense 92 na nova lexislatura que estamos a piques de comezar. Nesta próxima etapa histórica, que remata coa celebración das eleccións locais –agardo que tamén provinciais- do domingo 26 de maio de 2019 debemos ter en conta dous importantes fitos:

1. O Programa europeo H2020 2. A chegada a Alta Velocidade Ambos aspectos, combinados e enmarcados nunha estratexia provincial a medio/ longo prazo poden xerar os suficientes elementos de valor que fagan da provincia un referente nacional e internacional.


26


27

Ourense deporte Potenciando actividades deportivas de alto nivel (baloncesto, automobilismo, piragüismo, fútbol...) preténdese xerar sinerxias para que a través do deporte de base (escolas deportivas provinciais) poñamos a plataforma dun futuro provincial relacionado co deporte.


28


29

Os grandes eventos proporcionan recursos econ贸micos indirectos, e cunha estratexia provincial a medio/longo prazo queremos conseguir a captaci贸n de deportistas de alto nivel que axuden 谩 xeraci贸n de novos deportistas provinciais.


30


31

Ourense turismo Co obxectivo posto na inmediata chegada do AVE, estableceremos unha estratexia turística provincial para atraer un novo concepto de turismo. É o momento do turismo termal, do turismo cultural e do turismo de natureza.


32


33

Ourense tecnolóxico Un gran número de potencialidades poden converter a provincia nunha zona de atracción e xeración de novos negocios tecnolóxicos. O sector das industrias culturais e creativas terá un importante protagonismo. Coa colaboración activa da universidade aproveitaremos o horizonte 2020 para captar e apoiar a xeradores de ideas e proxectos. No medio/longo prazo a provincia de Ourense converteríase nun referente tecnolóxico. Como un dos obxectivos plantexamos promover un polo de actividade en I+D+i coa participación de actores nacionais e internacionais para proxectar iniciativas empresariais coa lóxica creación de emprego.


34


35

Provincia intelixente Continuando co traballo do Plan Ourense 92 e as súas bases, o horizonte 15-19 será o momento da implantación do concepto de Provincia Intelixente, “patentado” por este goberno provincial. Neste programa desenvolveranse aspectos como:

• Administración Electrónica Provincial. • Intelixencia de Información Provincial. • Toma de Decisións Intelixentes. Todo elo cunha vertente irrenunciable de cooperación e asistencia ás entidades locais da provincia.

Ourense participa Para que unha provincia funcione é imprescindible a colaboración activa dos seus habitantes. Por iso estableceremos mecanismos de comunicación e participación cidadá, afondando nos que xa implementamos nos últimos anos.


36 63


37

Ourense verde O medioambiente e o territorio como sector estratéxico de desenvolvemento. Utilizaremos as nosas peculiaridades para xerar un novo modelo productivo. Sexamos innovadores e cremos un novo sector que xere emprego e sirva de imaxe de marca que podamos exportar. A “MARCA OURENSE”. Coa Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente colaboraremos tamén na creación de “emprego verde” ou “eco-emprego”.

Ourense habitable Todos os programas anteriores oriéntanse a un dos principais obxectivos provinciais: asentar e captar poboación. Converter a Ourense nunha “provincia habitable” permitirá que nun horizonte próximo no que as distancias se reduzan, podamos captar poboación e incrementar o número de residentes na provincia, invertendo a tendencia histórica das últimas décadas. Un exemplo do que quero expresar ocorre en Portland. Atraen moita xente de todo USA con ideas, pois estamos ante unha cidade pequena, agradable e atractiva. Este modelo é o que faremos a nivel provincial aproveitando todo o que temos.


38


39

INICIATIVAS e PROXECTOS


40


41

Estrutura orgánica e reforma do regulamento. Recursos humanos Creación da Área de Gobernanza e Transparencia. zz Profunda remodelación da RPT. zz Posta en marcha da Unidade administrativa de mellora dos servizos públicos. zz Reorganización das comisións: denominacións e funcionamento. zz Reforma do regulamento para incorporar as preguntas dos cidadáns ao presidente. zz Publicación na web da Deputación das preguntas por escrito que formulen os grupos políticos, e as súas respostas.

Economía e facenda zz Obxectivo de endebedamento: 0% zz Deuda financeira: CERO. zz Intereses finaceiros: CERO. zz Redución do Capítulo de Persoal ata o 30% do orzamento. zz Aprobación anual de orzamentos no mes de setembro.


42


43

Medio ambiente zz Asistencia e cooperación ás comunidades propietarias de montes veciñais en man común. zz Centro promotor de Covenant of Majors Adapt en Galicia. zz Estratexia provincial de enerxía e cambio climático 2018-30. zz Creación do Grupo de Acción Provincial (GAP) para a participación en foros de debate sobre proxectos e iniciativas do equipo de goberno. Propostas de mellora. zz Servizo provincial de xestión intermunicipal de servizos enerxéticos. zz Constitución da sociedade de economía mixta para a prestación de servizos no ámbito do Medio Ambiente (sinaladamente a recollida de lixo). zz “Portal polo emprendemento e diversificación rural”, como solución ao cambio climático e abandono do rural. zz Promoción do “eco-emprego” na provincia de Ourense.


44


45

Institucional e proxección exterior zz Ingreso en Partenalia (Asociación de gobernos locais intermedios europeos). zz Ingreso na Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín. zz Cumio provincial de alcaldes e alcaldesas. zz Plataforma provincial de participación cidadá. zz Visión integral de provincia: estratexia de desenvolvemento urbano sostible cos 4 eixos básicos (Plan Termal, Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente, Competitividade e Provincia Intelixente). zz Creación do Centro de Estudos Locais. zz Enquisa provincial de funcionamento e calidade na prestación dos servizos públicos. zz Creación da web e APP “Portal estatístico da provincia de Ourense”. zz Posta en marcha da web “Ourensemigrante”


46


47


48


49

Cooperación cos concellos zz Asesoramento na elaboración das RPT (diagnose e informe organizativo). zz Arquivo Administrativo Provincial. zz Nova fórmula de xestión dos espazos culturais e deportivos no Concello de Ourense. zz Cooperación e asistencia en materia de transparencia e goberno aberto. zz Incremento do Plan de Cooperación Municipal ata 60.000 € por concello.

Infraestruturas zz Transporte á demanda. zz Administración electrónica: información na web sobre o estado de tramitación de procedementos administrativos. zz Revisión do modelo das brigadas de Vías e Obras. zz Plan de Accesibilidade aos Colexios Electorais. zz Rede Provincial de Transportes Púbicos (unha provincia de Alta Velocidade). Metro de superficie. zz Vialidade invernal: estacións meteorolóxicas con acceso á rede que informen do estado da estrada.


50


51

Benestar zz Plan Provincial de Apoio á Natalidade. zz Plan de Emprego vinculado ao turismo cultural e ao emprendemento. zz Plan de cooperación cos concellos para xerar e xestionar os expedientes dos cidadáns dende os servizos comunitarios para o traballo dixital e en rede. zz Consello Provincial de Responsabilidade e Acción Social. Co-participación no deseño das políticas provinciais dirixidas ás entidades sen ánimo de lucro. zz Fondo Provincial de Solidariedade Ourense (sOU), para a atención de situacións personais de extrema necesidade. zz Programa “Respi Termal OU” nos balnearios da provincia, para o descanso de coidadores de persoas dependentes. zz Reingreso na sección de Vilas Termais da FEMP. zz Programa “Concili OU” de políticas demográficas e de igualdade. zz Plan “Empregou” de acceso ao mercado laboral de titulados universitarios en sectores emerxentes da economía provincial (6 meses de contrato laboral en empresas da provincia, subvencionados ao 100% pola Deputación). zz Rede de puntos de acceso audiovisual nos concellos da provincia, para difundir políticas da Deputación de Ourense e para a participación cidadá.


52


53

Cultura e deportes zz Consolidación da Ourense ICC Week como referente nacional. zz Plan Director do Mosteiro de San Pedro de Rocas. zz Rede Provincial de Museos. zz Museo da Roda de Afiar, en colaboración con Florencio de Arboiro. zz Museo Galego da Emigración. zz Inventario do patrimonio artístico da Deputación de Ourense e exposición itinerante comarcal. zz Incrementar a colaboración coa organización do Festival de Cine Internacional de Ourense. zz zz zz zz zz zz zz zz zz zz zz zz

Circuito provincial de cine de verán. Rede Provincial de Auditorios Municipais. Axenda Cultural Provincial. Consolidación de “ESQUIOU”, “Pazolandia”, “Xornadas de Folclore” “Campamento da Ourensanía” e “Coñece Ourense”. “Coñece Ourense” para escolares. Consolidación do CERAC. Axudas a clubs deportivos para contratar técnicos titulados. Axudas para a formación de técnicos deportivos. Campaña de escolas de iniciación deportiva. Programa “Ouro” para o fomento da actividade física en persoas maiores. Exposición itinerante “Deporte ourensán, historia viva”. Circuito provincial de andainas e rutas de sendeirismo.


54


55


56


57

Inorde - Emprendemento zz Máxima operatividade do Centro Agroforestal de Riós. zz Remate da granxa-escola de Armariz. zz Posta en valor da granxa de Requeixo (Allariz). zz Plan de Emprendemento. zz Plan “Ourense, a provincia termal”. zz Axencia da Enerxía e do Medio Ambiente. zz Plan Provincial de Turismo Cultural. zz Plan “Transforma Ourense II”. zz Sede na capital para as denominacións de orixe provinciais. “Saborea Ourense”.


58

2015

2016

2017

2018

2019

X XL A S O N D X F M A M X XL A S O N D X F M A M X XL A S O N D X F M A M X XL A S O N D X F M A M Visión integral de provincia. Estratexia de desenvolvemento urbano sostible. 4 eixos: Plan Termal, Axencia da Enerxia e Medio Ambiente, Competitividade e Provincia Intelixente. Aprobación de Orzamentos de cada ano no mes de setembro Cumio provincial de alcaldes e alcaldesas Cooperación e asistencia en materia de transparencia Incremento do Plan de cooperación municipal: 60.000 €/concello Ingreso en Partenalia (Ascociación de gobernos locais intermedios UE) Campaña de escolas de iniciación deportiva Consello Provincial de Responsabilidade e Acción Social Posta en marcha da web Ourensemigrante Servizo provincial de xestión intermunicipal de servizos enerxéticos Axenda cultural provincial Nova fórmula de xestión de espazos culturais e deportivos (Concello de Ourense) Plan provincial de apoio á natalidade Rede provincial de auditorios municipais Máxima operatividade do Centro Agroforestal de Riós e-Área de Benestar Reorganización das comisións: denominación e funcionamento Reforma do regulamento: incorporar preguntas dos cidadáns ao presidente Publicación na web das preguntas dos grupos políticos e as respostas Consolidación da Ourense ICC Week como referente nacional Fondo provincial de solidariedade Ourense (sOU) Asistencia e cooperación ás comunidades de propietarios de montes en man común Ingreso na Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT). Eurocidade Ch-V. Sociedade de economía mixta para servizos de Medio Ambiente (recollida de lixo) Axudas para a formación de técnicos deportivos Programa "Respi Termal OU", en balnearios, para coidadores de dependentes Reingreso na sección de Vilas Termais da FEMP Consolidación: Esquiou, Pazolandia, Camp. da Ourensanía, X. de Folc. e Coñece Ourense Programa Ouro: fomento da actividade física en persoas maiores Creación da Área de Gobernanza e Transparencia Posta en marcha da Unidade administrativa de mellora dos servizos públicos Portal de Emprendemento e Diversificación Rural (cambio climático e abandono do rural) Promoción do "eco-emprego" na provincia de Ourense Asesoramento na elaboración da RPT (diagnose e informe organizativo) Plan EMPREGOU para o acceso de universitarios ao mercado laboral Plan de Emprendemento Plan de Emprego relacionado co turismo cultural e ao emprendemento Circuito Provincial de Cine de Verán Incrementarase a colaboración coa org. do Festival de Cine Internacional de Ourense

Estructura orgánica. Regulamento. RRHH Economía e Facenda Medio Ambiente Institucional e proxección exterior Cooperación cos concellos Benestar Infraestructuras Cultura e deportes Inorde-Emprendemento


2015

2016

2017

2018

2019

X XL A S O N D X F M A M X XL A S O N D X F M A M X XL A S O N D X F M A M X XL A S O N D X F M A M Axudas a clubs para a contratación de técnicos titulados (tempada 2016-17) "Coñece Ourense" para escolares Inventario do patrimonio artístico da Deputación e exposición itinerante comarcal Enquisa provincial de funcionamento e calidade na prestación dos servizos públicos Rede de puntos de acceso audiovisual nos concellos da provincia (participación cidadá) Consolidación da Ourense ICC Week como referente nacional Plan de coop. cos concellos: xestión de expedientes dos cidadáns. Traballo dixital en rede Museo da Roda de Afiar, en colaboración con Florencio de Arboiro Axencia da Enerxía e do Medio Ambiente Profunda remodelación da RPT Creación da web e APP do Portal Estatístico da Provincia de Ourense Exposición itinerante "Deporte ourensán, historia viva" Plan Transforma Ourense II Rede Provincial de Museos Admon. Electrónica: información na web sobre tramitación de procedementos administ. Transporte á demanda Plan Director do Mosteiro de San Pedro de Rocas Circuíto provincial de andainas e rutas de sendeirismo Revisión do modelo das brigadas de Vías e Obras Plan Provincial de Turismo Cultural Programa "Concili OU" de políticas demográficas e de igualdade Estratexia provincial de enerxía e cambio climático 2018-2030 Plataforma provincial de Participación Cidadá Creación do Centro de Estudos Locais Arquivo Administrativo Provincial Remate da granxa-escola de Armariz Centro promotor do Covenant of Majors Adapt en Galicia Vialidade invernal: estacións meteorolóxicas en rede que informen do estado da estrada. Museo Galego da Emigración Sede na capital para as denominacións de orixe. "Saborea Ourense" Posta en valor da granxa de Requeixo (Allariz) Consolidación do CERLAC Rede Provincial de Transportes Públicos (unha provincia de AV). Metro de superficie. Plan de accesibilidade aos colexios electorais Obxectivo de endebedamento 0% Débeda financieira 0 Intereses financieiros 0 Redución do Capítulo de Persoal ata o 30% do orzamento Seguimento do Plan Ourense 15-19 Balance final do plan e presentación de resultados

59


60


61


62


Elecci贸ns Municipais 2015

Ourense ten presidente. Manuel Baltar 2019.

PROGRAMA DE GOBERNO 2015-2019  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you