Populares
OURENSE
Revista do Partido Popular de Ourense ‐ Ano III ‐ Nº 3. Setembro 2013
www.ppou.es
Gaña Ourense
Alberto Núñez Feijóo e Manuel Baltar, no congreso provincial do PPOU.
“Gaña Ourense” son las palabras que resumen o resultado do Congreso Provincial que o pasado mes de marzo celebraron os populares ourensáns, no que o seu presidente, Manuel Baltar, volveu ter a confianza do partido, acadando un masivo apoio do 95%. Manuel Baltar agradeceu a confianza depositada na súa candidatura, e ás máis de 3.000 persoas que asistiron aos 15 actos celebrados durante a campaña interna polas sedes do partido na provincia. “O meu programa político é o de todos, unhas propostas que se converterán en realidades nos vindeiros tres anos. Un programa que se titula “Máis partido, máis popular e máis Ourense” e que ten os seus cinco eixos baseados no cidadán, na participación, na organización, nos novos órganos e na estratexia, para, entre todos, seguir medrando en cre-
dibilidade e confianza, e fornecendo o noso partido. Un partido en clave de igualdade, transparente, municipalista e achegado aos cidadáns como ningún”, explicou o presidente.
Manuel Baltar acadou o apoio do 95% no congreso provincial do PP de Ourense Baltar reivindicou “a autoidentificación como o mellor sustento do galeguismo popular”, e resumiu nunha frase os que considera dous grandes obxectivos político-sociais do PP de Ourense: “Popularizar o galeguismo e galeguizar a modernización”. O presidente do PPOU dixo estar “convencido e seguro” do éxito deste proxecto
político “porque os cidadáns precisan dunha forza estable, tolerante e que fuxa dos radicalismos, que pense en clave de país, que sume e non reste, que multiplique ilusións e non divida sentimentos. Galicia e Ourense precisan dun proxecto político sólido, respectable, ambicioso e tolerante”. En clave económica, Manuel Baltar afirmou: “É o tempo da política pegada á realidade. O tempo de encontrar solucións e non de crear novos problemas”, engadindo que o noso maior adversario é a crise. “A crise que fai que milleiros dos nosos veciños estean a pasalo mal, cidadáns que agradan un proxecto político renovado que repare esa situación. Cidadáns que deben crer en nós e aos que pedimos a súa confianza, convencidos do noso papel na recuperación socio-económica”.
Editorial
Xuntos Nuns tempos de extraordinaria dificultade é cando a POLÍTICA con maiúsculas faise realmente necesaria. Tomar decisións duras pero inevitables para corrixir a situación, contar con equipos humanos formados e identificados cos obxectivos do país e obtelo apoio maioritario da cidadanía no momento máis importante da democracia: o encontro coas urnas. Os gobernos de España, de Galicia, da provincia de Ourense e de 70 dos seus 92 concellos son populares. Non por casualidade senón como consecuencia das nosas ideas —expresadas en programas electorais—, da nosa credibilidade e do gran traballo da nosa militancia, singularmente das concelleiras e concelleiros. Comezamos por terceiro ano consecutivo o curso político do PP de Ourense en Os Milagros e de novo Alberto Núñez ven a participar neste gran encontro dos cargos públicos populares que é esta convención. Na primeira edición, antes das eleccións xerais, Manuel Baltar dixo que o PP mantería os tres escanos no Senado e aumentaría un deputado no Congreso. Así foi. Na segunda convención o Presidente provincial, antes das eleccións autonómicas, asegurou que o PP contaría cun escano máis por Ourense no Parlamento de Galicia. Outra realidade máis.
sentámonos como un partido dirixido maioritariamente por mulleres, feito histórico, e con medidas en materia de transparencia e organizativas que nos seguen situando como referente. Todo grazas ao apoio, ao alento, ao traballo e as ideas dos máis de vinte e sete mil militantes. Grazas á militancia, grazas sobre todo ás concelleiras e concelleiros, alcal-
desas e alcaldes da nosa formación nos diferentes concellos da provincia. Grazas por manter ese compromiso coa futuro, coa unidade e coa boa xestión, por constituír unha alternativa sólida para gobernar, como o estamos a facer. Co voso esforzo, coa vosa demostración permanente de ourensanía, coa ilusión e garra que podes en marcha, temos claro que OURENSE GAÑA. Moitas grazas.
O PP de Ourense celebrou neste ano o seu XVI Congreso revalidando o liderado de Manuel Baltar, reforzado por máis do 95 % de votos a favor. Pre-
Sumario
Editorial
2
Entrevista
13-15
Congreso Provincial PPOU
3
ROMP e NNXX
16-17
Eleccións Autonómicas 2012
4-10
Actualidade
18-20
Actualidade
11-12
Fotonoticias
21-23
Revista do Partido Popular de Ourense Ano III ‐ Nº 3. Setembro 2013 Coordinación: Departamento de Comunicación do PP Ourense Partido Popular de Ourense — Rúa Progreso, 64 — entrechán — Tel. 988210790
de Ourense
2
www.ppou.es
Congreso Provincial do PP de Ourense
“Transparencia máxima” e o primeiro comité executivo formado maioritariamente por mulleres
Alberto Núñez Feijóo e Manuel Baltar saúdan o público no Congreso Provincial do PP de Ourense.
O principal trazo de identidade do Partido Popular de Ourense “será a transparencia máxima”, en palabras de Manuel Baltar, quen afirma que a sociedade “está farta de escoitar “mensaxes a medias” e hai que ser claros: “Os corruptos non teñen cabida na política”. Por elo, no mesmo plenario do pasado congreso provincial, diante dos compromisarios e do público, Manuel Baltar interrumpiu o seu discurso para asinar e solicitarlle aos novos membros do comité executivo do PPOU que asinasen con el unha Carta de Compromisos con obrigas éticas e deontolóxicas, “un documento que deberá ser asinado tamén polos militantes populares cando integren unha candidatura electoral ou asuman un cargo público”, explicou Baltar e engadiu: “A partires de agora o PP de Ourense convértese nunha forza política con sedes e cargos
de cristal, de máxima transparencia, pero irrompibles ante quen só busca destruír e non construír unha sociedade próspera, dialogante e cívica, como a que queremos as mulleres e homes do Partido Popular”.
O PP de Ourense conta cunha Responsable Provincial de Transparencia Manuel Baltar entende que a rexeneración democrática “empeza polo exemplo que temos que dar os políticos”. “A única vía para a obrigada rexeneración será que os cidadáns perciban novos comportamentos e actitudes máis ríxidas nas organizacións políticas”, explicou, e anunciou que, a partires de agora, “o Partido Popular
3
de Ourense terá unha Responsable provincial de Transparencia e contará cun Comité de Dirección que fará públicas na web do noso partido as declaración de bens e de intereses”. O novo comité executivo do partido está integrando maioritariamente por mulleres (51%), unha circunstancia que acontece por primeira vez en España. A renovación deste órgano é do 60%, ten unha media de idade de 45 anos e conta con 65% de titulados superiores. Ademais, o 75% ten experiencia na política local. “Estamos nun momento histórico e nunha provincia en feminino –afirma Manuel Baltar-, porque chegaron os tempos de esixir e outorgar o necesario protagonismo á muller. Porque en ningunha outra forza política, a calquera nivel, se produciu antes o feito de que o PP de Ourense será dirixido maioritariamente por mulleres, que son maioría no novo comité executivo provincial”.
de Ourense
Informe: Eleccións Autonómicas 2012
PIÑOR
O
SAN CRISTOVO DE CEA
SAN PARADA DO SIL CRISTOVO DE CEA
ESGOS
AGUIAR
MASIDE
AD BA
RB
SAN CIBRAO DAS LEIRO PADERNE DE SAN VIÑAS ALLARIZ AMARO TABOADELA
COLES
AMOEIRO
MACEDA
BAÑOS DE MOLGAS
TOÉN
ARNOIA DE AMBÍACARTELLE
A MERCA
VEREA RAIRIZ DE VEIGA
SANDIÁS
PONTEDEVA
CELANOVA
LAZA
VEREA
LOBEIRA BANDECUALEDRO
PETÍN CARBALLEDA
O BOLO A VEIGA
MONTEDERRAMO CHANDREXA DE QUEIXA VIANA DO BOLO
MANZANEDA
VILAR DE BARRIO
XUNQUEIRA DE AMBÍA
SARREAUS
VIANA DO BOLO
SANDIÁS
XINZO DE LIMIA
A PORQUEIRA
A GUDIÑA LAZA
CASTRELO DO VAL
A MEZQUITA A GUDIÑA
TRASMIRAS
RIÓS
CASTRELO DO VAL
A MEZQUITA
LOBEIRA
BALTAR
MUIÑOS
O BARCO
LAROUCO
VILARIÑO DE CONSO
TRASMIRAS
OS BLANCOS
A VEIGA
POBRA DE TRIVES
A BOLA
RAIRIZ DE VEIGA
CALVOS DE RANDÍN
CASTRO CALDELAS
A TEIXEIRA
A RÚA SAN XOÁN DE RÍO
MANZANEDA
MACEDA
ALLARIZ
RAMIRÁS
LIMIA
O BOLO
VILARIÑO DE CONSO BAÑOS DE MOLGAS
SARREAUS
QUINTELA DE LEIRADO PADRENDAXINZO DE
A PORQUEIRA
BANDE
GOMESENDE
VILAR DE SANTOS
A BOLA CORTEGADA
VALDEORRAS
AD
RB
SAN CIBRAO DAS PADERNE DE VIÑAS ALLARIZ VILAR DE BARRIO TABOADELA
XUNQUEIRA
CELANOVA
POBRA DE TRIVES
RUBIÁ
VILAMARTÍN
CARBALLEDA DE
ÁS
AVIA CASTRELODE MIÑO
BA
D RIBA
PETÍN
PARADA DO SIL
CHANDREXA
PEREIRO DE DE QUEIXA ESGOS AGUIAR
VILAR DE SANTOS
RAMIRÁS
BEADE
CARBALLEDA DE AVIA MELÓNALLARIZ
QUINTELA DE LEIRADO
IMO
NOGUEIRA DE RAMUÍN
MONTEDERRAMO OURENSE
O BARCO
LAROUCO
VILAMARÍN
CENLLE
A MERCA
CASTRO CALDELAS
A PEROXA
ÁS
AVIÓN
CARTELLE GOMESENDE
X. DE ESPADAÑEDO
CARBALLIÑO
PEREIRO DE BOBORÁS TOÉN
A TEIXEIRA
SAN XOÁN DE RÍO
X. DE ESPADAÑEDO
PUNXÍN
NOGUEIRA PIÑOR DE RAMUÍN
O IRIXO
BEARIZ OURENSE
CENLLE
BEADE
A
OURENSE A RÚA
COLES
AMOEIRO
PUNXÍN
CARBALLIÑO
SAN AMARO
NOIA
EA
RUBIÁ
VILAMARTÍN DE VALDEORRAS
A PEROXA VILAMARÍN
MASIDE
IA DAV CASTRELODE MIÑO
ADA
O PPOU contribúe á nova maioría absoluta de Núñez Feijóo cun deputado máis que en 2009 OURENSE
MONTERREI
OS BLANCOS VERÍN
CALVOS DE RANDÍN OIMBRA
ENTRIMO
MUIÑOS
RIÓS
CUALEDRO
VILARDEVÓS BALTAR
VERÍN
MONTERREI OIMBRA
LOBIOS
VILARDEVÓS
LOBIOS
Carballeda de Avia Petín Allariz Vilar de Santos Allariz Castrelo do Val Parada de SilCarballeda de Avia Petín Castrelo do Val Parada de Sil Entrimo Calvos de Randín Entrimo
Calvos de Randín
Nº VOTOS TOTAIS Provincia Ourense Nº VOTOS TOTAIS - de Provincia de Ourense (incluído o voto do CERA) (incluido o voto do CERA)
100.000 80.000
89.139
60.000 >
40.000 20.000 0
de Ourense
4
A campaña electoral para o Partido Vilar de Santos Popular de Ourense supuxo máis de 300 actos que reuniron a unhas 30.000 persoas. O primeiro mitin de Galicia tivo lugar ás 11 da mañá en Cualedro, o primeiro día de campaña. E o remate foi un histórico peche de campaña no Pavillón dos Remedios con Mariano Rajoy e Alberto Núñez. Non deixou pasar a ocasión o presidente provincial para agradecer encarecidamente o traballo realizado polas 92 xuntas locais do PPOU, os 65 alcaldes e 585 concelleiros populares, os 1.000 interventores e 2.000 apoderados, así como a todos os militantes e simpatizantes “que se volcaron en falar coa xente, en explicar o proxecto plenamente vixente do PP, sen ir contra ninguén e con mensaxes en positivo e só en contra da crise”. Aproveitou tamén Manuel Baltar para destacar que a provincia de Ourense foi líder en participación cun índice do 66,99%, máis de dous puntos por riba que nos comicios de 2009 (64,13%).
Informe: Eleccións Autonómicas 2012
Evolución do voto na provincia de Ourense Diferenza do PP con respecto a PSOE + BNG
50.000
35.000
20.000
6.738 5.000
-10.000 A favor de PSOE + BNG A favor do PP
-25.000
Xerais 2008
Auton. 2009
Europ. 2009
Locais 2011
Xerais 2011
Auton. 2012
O Partido Popular de Ourense foi a forza máis votada en 84 dos 92 municipios da provincia, que conformarían 80 maiorías absolutas.
Evolución da porcentaxe de voto do PP Provincia de Ourense
52
51
50,70%
50
49,31%
49
48,53%
48
47
Auton. 2005
Auton. 2009
5
Auton. 2012
de Ourense
Informe: Eleccións Autonómicas 2012
Manuel Baltar, Mariano Rajoy, Alberto Núñez Feijóo e Jesús Vázquez.
Os 10 mellores concellos de Ourense (% apoio PP)
100
80
0
de Ourense
6
Laza
O Bolo
A Teixeira
Cualedro
Chandrexa de Queixa
Muiños
Avión
Beariz
20
Pontedeva
40
Quintela de Leirado
60
Informe: Elecci贸ns Auton贸micas 2012
Voto CERA
Lugo
A Coru帽a
Ourense
Pontevedra
% apoio ao PP por provincias
N煤mero de votos en Ourense
7
de Ourense
Informe: Eleccións Autonómicas 2012
CONCELLOS COS MELLORES PARTIDO XUDICIAL DE OURENSE
1. Quintela de Leirado (80,08 %) 2. Pontedeva (76,76 %) 3. Sarreaus (69,14 %) 4. Esgos (68,53 %) 5. Baltar (67,13 %) 6. Xunqueira de Ambía (66,27 %) 7. Vilamarín (65,22 %) 8. Nogueira de Ramuín (64,70 %) 9. Vilar de Barrio (64,09 %) 10. Porqueira (63,21 %)
PARTIDO XUDICIAL DE BANDE
1. Muíños (74,85 %) 2. Padrenda (68,64 %) 3. Lobios (63,74 %) 4. Bande (62,46 %) 5. Verea (56,59 %)
PARTIDO XUDICIAL DE CARBALLIÑO
1. Beariz (88,00 %) 2. Boborás (66,84 %) 3. O Irixo (64,20 %) 4. San Cristovo de Cea (63,35 %) 5. San Amaro (60.00 %)
de Ourense
8
Informe: Eleccións Autonómicas 2012
RESULTADOS (% apoio PP) PARTIDO XUDICIAL DE TRIVES
1. Chandrexa de Queixa (74,68 %) 2. A Teixeira (71,16 %) 3. O Bolo (71,02 %) 4. San Xoán de Río (62,97 %) 5. Larouco (58,13 %)
PARTIDO XUDICIAL DE RIBADAVIA
1. Avión (87,54 %) 2. Beade (62,45 %) 3. Arnoia (61,41 %) 4. Cenlle (61,31 %) 5. Leiro (59,64 %)
PARTIDO XUDICIAL DE VALDEORRAS
1. Carballeda de Val. (69,18 %) 2. A Veiga (60,87 %) 3. Rubiá (52,01 %) 4. O Barco (49,90 %) 5. Vilamartín de Val (49,44 %)
PARTIDO XUDICIAL DE VERÍN
1. Cualedro (72,39%) 2. Laza (69,88%) 3. Oímbra (65,72%) 4. Trasmiras (65.07%) 5. Monterrei (62,45%)
9
de Ourense
Informe: Eleccións Autonómicas 2012
Extrapolando resultados: — Deputación Provincial: + 2 deputados (15 17) Totais deputados: 17 PP - 6 PSOE - 1 BNG - 1 AGE (O PP gañaría un deputado polo PX de Ribadavia e outro por Ourense)
— Congreso: 3 PP - 1 PSOE — Senado: 3 PP - 1 PSOE Número de concelleiros na provincia de Ourense
BNG 49
AGE 16
Outros 6
PSOE
PP
232
610*
* Actualmente 544.
O PP acadaría 66 concelleiros máis na provincia de Ourense
de Ourense
10
Actualidade
Candidatura da Ribeira Sacra para que sexa declarada “Patrimonio da Humanidade”
Paisaxe da Ribeira Sacra
A Deputación de Ourense impulsa, a través do Inorde, a candidatura da Ribeira Sacra para que sexa declarada “Patrimonio da Humanidade”. A singularidade e excepcionalidade turística e paisaxística deste espazo xeográfico entre as provincias de Ourense e Lugo son, en opinión do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, “os principais valores que ten este xeodestino que merece ser recoñecido con tan singular distinción”. Para elo, como primeiro paso, Manuel Baltar convocou no Pazo Provincial ao xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, e a alcaldes e representantes dos oito concellos da provincia de Ourense que forman parte da Ribeira Sacra: A Peroxa, A Teixeira, Castro Caldelas, Esgos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil e Xunqueira de Espadañedo, para retomar unha iniciativa que xa fora proposta na década dos anos 90 do pasado século, “para impulsala e conseguir que este espazo xeográfico teña o pulo internacional que merece pola súa peculiaridade arquitectónica, do patrimonio históricoartístico, paisaxística, turística e cunha sinalada industria no sector vitivinícola e da castaña”.
“Todo serán vantaxes nesta candidatura”, explicou Manuel Baltar, engadindo que a Deputación de Ourense “ponse a disposición das administracións Autonómica e Central e dos concellos de Ourense e Lugo para que a cooperación e a colaboración entre todos faga posible que academos a formalización da candidatura e que a Unesco lle dea á Ribeira Sacra esa distinción de especial protección, algo que, sen dúbida, servirá de reactivación e dinamización económica para esta contorna e para as provincias de Ourense e Lugo”.
trimonio da Humanidade, e ao mesmo tempo, pedirlle á Xunta de Galicia que poña en marcha o procedemento correspondente para formalizar dita candidatura.
A singularidade deste espazo xeográfico de Ourense e Lugo merece a distinción
A candidatura que impulsa a Deputación de Ourense destaca “as singularidades morfolóxicas, climáticas, paisaxísticas, históricas e económicas que fan da Ribeira Sacra un lugar único”, e engade que a declaración deste territorio como Patrimonio da Humanidade “traerá importantes consecuencias positivas, apreciables tanto dende o punto de vista da conservación dos seus valores xeográficos e históricos como a elevación da calidade de vida da súa poboación, tendo en conta a dinamización e o respaldo socioeconómico que xera esa distinción”.
Neste senso, o presidente provincial anunciou que no vindeiro pleno deste mes de setembro a corporación provincial debaterá unha moción que presentou o Grupo Popular na que se pide que o pleno adopte o acordo de impulsar a candidatura da Ribeira Sacra para a súa declaración como pa-
11
Tamén insta na moción ao Goberno de España para que, unha vez elaborada a candidatura, promova a dita declaración diante do Comité do Patrimonio da Humanidade da Unesco, e remitirase aos concellos que forman parte do territorio obxecto da declaración e á Deputación Provincial de Lugo o acordo plenario para que se sumen á iniciativa.
de Ourense
Actualidade
Ourense, gran destino termal
Manuel Baltar e Alberto Núñez Feijóo, na reunión que mantiveron en San Caetano.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acordaron elaborar un plan estratéxico do termalismo na provincia de Ourense. Ambos presidentes acordaron realizar un estudo co obxetivo de sacarlle o maior rendemento posible a actual crecente demanda de turismo saudable en Ourense. Para iso, levarase a cabo un estudo dividido en dúas fases: inicialmente, farase unha recopilación de información que sente as bases para elaborar posteriormente, un plan no que se detallen as propostas concretas en materia de instalacións, equipamentos e actividades. Na xuntanza entre o presidente autnómico e o presidente provincial, Manuel Baltar obtivo o compromiso, por parte da Xunta de Galicia, de elaborar este plan estratéxico de termalismo da provincia de Ourense que supón un dos principais obxectivos da Deputación de Ourense porque, para Manuel Baltar, Ourense é a “provincia termal” por excelencia de España, e grazas a execución de dito plan, pode chegar a converterse en referente europeo. A Deputación de Ourense incluíu en 2013, por primeira vez, unha partida específica de apoio ao termalismo coa que, segundo o propio presidente da
de Ourense
Institución, se demostra que “se está pasando das palabras aos feitos”, pois “estase chegando ao momento da verdade para ao termalismo”. Conseguir que a provincia de Ourense sexa un destino termal de referencia é o obxectivo que se marca a Deputación de Ourense coas iniciativas que está a levar a cabo neste ámbito. Neste senso, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou
A provincia de Ourense contará cun plan estratéxico de termalismo tamén cos representantes de Caldaria (Lobios, Cenlle e Arnoia) e dos balnearios de Baños de Molgas e O Carballiño un convenio de colaboración polo que a institución provincial pon en marcha un programa dirixido a promover os tratamentos termais entre os cidadáns e potenciar o turismo termal, por ser este un sector estratéxico no desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense. O programa inclúe dúas modalidades: a primeira contempla estancias
12
de 6 días /5 noites en establecementos balnearios da provincia en habitación dobre en réxime de pensión completa, cun exame médico inicial para adaptar os tratamentos termais ás características de cada persoa. A segunda modalidade consiste en dez técnicas balnearias, sen estancia no establecemento, en quendas de cinco días consecutivos e a revisión médica previa. Os establecementos balnearios nos que poden realizarse os programas son Balneario- Hotel Baños de Molgas, Gran Balneario do Carballiño, Balneario Arnoia Caldaria, Balneario Laias Caldaria e Balneario Lobios Caldaria. Os requisitos que teñen que cumprir os interesados son: ter máis de 50 anos, estar empadroados nalgún concello da provincia de Ourense, non padecer ningunha enfermidade que o impida para unha convivencia normal nos balnearios, así como, ter capacidade para as actividades da vida diaria. De todos modos, cabe recordar, que as persoas que non cumpran estes requisitos poderán beneficiarse sempre e cando formulen a solicitude como acompañante de alguén que si cumpra os requisitos esixidos.
Entrevista a Jorge Pumar Tesouro, vicesecretario xeral do PPOU
“Ourense está en boas máns, nas mellores. Manuel Baltar non lle vai fallar” “Os concellos deben ter unha carta de servizos pero nunca servizos á carta”
Jorge Pumar Tesouro (Ourense, 1975) é o vicesecretario xeral do PP de Ourense e presidente do distrito de Mariñamansa. Empregado público de profesión, desempeña dende 2011 a tarefa de coordinador do Grupo Municipal do PP no Concello de Ourense. Analizamos a través desta entrevista o seu punto de vista sobre a situación da política e do Partido Popular na provincia. -Que supón para vostede ocupar a Vicesecretaría Xeral do Partido Popular de Ourense? Pois supón un gran orgullo e ao mesmo tempo unha gran responsabilidade que o presidente Manuel Baltar confiara na miña persoa para desempeñar este posto. Considérome un afiliado da “canteira”, xa que dende os 18 anos pasei por interventor, apoderado, presidente de NN.XX. de Mariñamansa, concelleiro, presidente distrito e agora toca esta responsabilidade que asu-
mo con moitas ganas e ilusión, ofrecendo traballo e lealtade para que o PPOU sea cada vez máis forte polo ben de Ourense.
persoa que cree nos equipos e na delegación de funcións e que é moi doado traballar ao seu carón.
-Vostede aúna xuventude, experiencia e formación no eido da Administración. Qué pode aportar con estas credenciais no desempeño deste cargo orgánico?
-Unha das súas primeiras medidas foi a activación das Secretarías de Área do PPOU, coa formación de equipos especializados. Cal é o obxectivo desta novidosa proposta?
Podo aportar traballo e ideas ao gran equipo que é o Partido Popular de Ourense. Un equipo de 79 persoas, moderno, formado e dinámico, capitaneado por Manuel Baltar que é unha
Pois seguindo na delegación de funcións que comentaba anteriormente é importante que cada Secretaría Executiva se estructure internamente cun equipo formado por persoas afiliadas
13
de Ourense
Entrevista a Jorge Pumar Tesouro, vicesecretario xeral do PPOU
ou afíns o Partido Popular que teñan coñecemento nesa materia para servir como un “órgano asesor” aos diferentes cargos orgánicos do partido ou ben a calquera grupo municipal sobre calquera iniciativa, moción ou debate relacionado ca súa materia. Dende o pasado Congreso de marzo contamos con 21 Secretarios/as Exe-
“Todas as accións políticas deben ter como eixo fundamental a creación de emprego” cutivos/as que forman parte do Comité Executivo Provincial, sendo persoas fundamentais no funcionamento e na estructura do PPOU para o acercamento do partido á sociedade. -Nestes tempos convulsos para a política, qué lle diría vostede aos cidadáns que se amosan desencantados e recelosos?
Que confíen na política pero sobre todo nas persoas con vocación de servizo público que teñen que tomar decicións a diario polo ben común, tendo claro que en política non todo vale. Política realízase todos os días dende que nos levantamos ata que nos deitamos e consideroa imprescincible para intentar solucionar os problemas que ten a sociedade a día de hoxe. Dende o PPOU vemos o problema do desemprego como ó máis importante polo que todas a accións políticas que se leven a cabo deben de ter como eixo fundamental a xeración de emprego. -Que ten o PPOU que non teñan os demáis partidos? En primeiro lugar temos un proxecto para a provincia, sabemos das inquedanzas dos nosos veciños froito de estar en contacto día a día con eles e sabemos o que Ourense necesita. E en segundo lugar, é un luxo contar cun presidente provincial como Manuel Baltar xa que ten todas as facetas dun gran líder como son capacidade de traballo, empatía, innovación, traballo en equipo e sobre todo coñecementos. Ourense está en boas máns, nas mellores. Manuel Baltar non lle vai fallar. Non hai ninguna forza política nesta provincia
de Ourense
14
e atreveríame a decir a nivel autonómico ou estatal que teña tanto dinamismo e actividade como o PPOU. -Falemos do seu día a día laboral dende xuño de 2011, cando pasou a desempeñar o posto de coordinador do Grupo Municipal do PP no Concello de Ourense. Cal é o seu labor? Estou a aportar a miña experiencia e coñecementos, o meu grao de area, á gran labor de oposición que ven realizando o Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ourense liderado por Rosendo Fernández. Estamos na mitade do mandato cun goberno en minoría o rachar o pacto inicial PSOE e BNG, cun alcalde reprobado, algo que é histórico e conquerido grazas á gran labor de oposición e fiscalización por parte do Partido Popular, sen presupostos e o que é máis chamativo: sen ningún proxecto de cidade, gobernando por impulsos e improvisadamente.
Entrevista a Jorge Pumar Tesouro, vicesecretario xeral do PPOU
O gran labor que ven desenvolvendo o Grupo Municipal vese no día a día e o que é máis importante nótase na rúa, nos veciños, que són os verdadeiros protagonistas. -Está tan mal a situación do goberno Municipal de Ourense como parece? Cal sería a solución, para vostede, desta parálise e crise política sen precedentes? Sinto, non podo falar de doberno porque non o é. O que hai é un desgoberno xeneralizado en todas as áreas do Concello.
de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local?
ningún tipo de retribucións e ás veces ata lles costa cartos estar no cargo.
Está claro que o problema da débeda non está nos concellos ya que tan só supón o 4% da débeda nacional.
Tamén digo que os concellos deben ter unha carta de servizos pero nunca servizos á carta, xa que non son económicamente viables e para iso está o labor imprescindible da Deputación de Ourense como organismo cooperador de servizos e recursos definido perfectamente no seu Plan Ourense 92.
Teño claro o gran labor que veñen desenvolvendo os alcaldes, principalmente os de municipios máis pequenos, xa que están a tempo completo dedicados aos seus concellos sen
Os 107.597 veciños de Ourense non se merecen este desprezo e falta de xestión, polo que o alcalde e os seus concelleiros se tiveran un mínimo de vergonza deberían dimitir dos seus postos para non seguir mentindo e ríndose dos cidadáns.
“Os veciños son os verdadeiros protagonistas do labor municipal”
-Por onde pasa o futuro político da cidade e da provincia de Ourense? O principal capital que ten Ourense son os ourensáns, a súa xente eso é o máis importante. Temos que pensar tamen nos recursos endóxenos con que contamos, temos sectores estratéxicos que debemos potenciar e creo que é o camiño da prosperidade económica da provincia, como son o Termalismo, a pizarra e o sector vitivinícola. Dende logo, ningún partido ten demostrado a capacidade para impulsar Ourense como o Partido Popular. A xente precisa gobernantes que saiban facelo e, que sobre todo o fagan. -Que repercusións pode ter nos concellos da provincia a nova Ley
15
de Ourense
ROMP
As mulleres con cargos dentro do PPOU certifican a importancia da igualdade dentro da política O II Encontro de Mulleres abordou o tema das políticas de igualdade A sede do Partido Popular de Ourense acolleu o II Encontro de Mulleres con cargos do PP de Ourense, no que interviu o presidente provincial, Manuel Baltar. Este acto foi presentado pola coordinadora de Igualdade do PP de Ourense, María Antonia Rilo, e contou coas intervencións de Carmen Leyte (senadora), Ana Belén Vázquez (deputada nacional), Marta Rodríguez-Vispo (parlamentaria autonómica) e Carmen Carballo (concelleira en Ourense). Todas elas expuxeron o seu punto de vista da política dende a óptica das súas respectivas responsabilidades nas diferentes administracións, destacando a importancia das políticas de igualdade que pon en marcha de xeito transversal o Partido Popular. Tralo remate das intervencións, abriuse un coloquio coas mulleres que acudiron a este encontro.
e todas lle temos que estar ben agradecidos”. Manuel Baltar tamén quixo alentar as mulleres participantes polo seu compromiso co Partido Popular “pois
nestes tempos de crise, a política, a boa política, é máis necesaria que nunca. E se está dirixida por mulleres, é unha magnífica garantía”.
Previamente a estas intervencións, o presidente Manuel Baltar quixo adicar expresamente unhas palabras de agradecemento á coordinadora de Igualdade do PPOU, María Antonia Rilo, pola organización do encontro “e porque adicou toda a súa vida a defender as políticas de igualdade, algo polo que todos
A Rede Ourensá de Mulleres Populares analiza en A Rúa a prevención de delitos comúns A Rede Ourensá de Mulleres Populares (ROMP) do Partido Popular de Ourense organizou en A Rúa, unha charla baixo o título “Prevención de delitos comúns”. Esta charla, coordinada pola ROMP, contou coa colaboración da Garda Civil de A Rúa, xa que foi un dos seus
de Ourense
axentes o que deu as pautas para evitar as conductas que poidan danar ás mulleres das zonas rurais, ou convertelas en vítimas de conductas ilícitas.
mo do Partido Popular de Ourense, centrado en orientar ás mulleres, sobre todo do ámbito rural, en diversos asuntos de interese.
A responsable da Rede Ourensá de Mulleres Populares, Lucía Rodríguez, recalcou que esta iniciativa forma parte da programación deste organis-
Esta charla foi aberta a todas as mulleres da contorna, que participaron enchendo o salón multiusos do Concello de A Rúa.
16
Novas Xeracións PPOU
Novas Xeracións de Ourense traslada á Universidade a súa campaña “¿Falamos?” Na Facultade de Empresariais do Campus de Ourense tivo lugar unha nova xornada da campaña denominada “¿Falamos?”, posta en marcha por Novas Xeracións do Partido Popular de Ourense. Neste acto, informativo e coa finalidade de abrir debate entre os máis novos, participaron o presidente de Novas Xeracións de Galicia, Javier Dorado, así como a presidenta provincial de Novas Xeracións de Ourense,
Jackeline Fernández. O responsable local desta formación na cidade de Ourense, Jose Estévez, exerceu de moderador. A campaña “¿Falamos?” de Novas Xeracións seguirá propoñendo debate en diversos ámbitos e lugares onde exista presencia activa dos máis novos, pois é importante coñecer a opinión da mocidade nos temas de máis actualidade na nosa sociedade.
Encontro da mocidade do Partido Popular de Ourense co presidente provincial O presidente do PPOU, Manuel Baltar, mantivo un encontro na capital ourensá con xóvenes militantes e simpatizantes do PP, aos que agradeceu a súa implicación e traballo afirmando que “entre todos temos a obriga de dignificar o exercicio da vida pública, e anque algúns estean sempre instalados na destrución e no catastrofismo, eu estou convencido de que os cidadáns queren políticos “con proxecto”, que xestionen con eficacia o que é de todos e que, ademais de parecelo, sexan tamén escrupulosamente transparentes”. Manuel Baltar lembroulles aos xóvenes a importancia de que os políticos “temos que dar exemplo á cidadanía cos nosos comportamentos”, e nuns momentos tan difíciles no eido laboral e económico, “medidas como a da transparencia máxima non só son necesarias, senón que tamén son ética e moralmente obrigatorias”. Manuel Baltar, logo de presentar como deputado provincial as súas declaracións de bens e actividades, publicou os devanditos datos económicos no sitio web oficial do PP de Ourense e tamén a través das redes sociais, nos seus perfís persoais de Facebook e Twitter.
17
de Ourense
Actividades
A Escola de Verán do PPOU, exemplo de traballo por Galicia e opción de estabilidade
Participantes na Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco” 2013.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, e o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, clausuraron a Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco”, “exemplo da traxectoria modélica do Partido Popular pola defensa e promoción dos intereses de Galicia”, segundo declarou Hernández. Manuel Baltar destacou que é unha aposta pola formación, polo diálogo e polo debate, contribuindo a configurar unha posición política como a do Partido Popular que nestes momentos convulsos é a única opción política que pode ofrecer estabilidade coas súas políticas e cunha chamada á cordura e á sensatez”. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, e o presidente provincial do Partido Popular e presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, clausuraron en xullo a terceira edición da Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco”. Manuel Baltar lembrou á figura do edil asesinado e destacou o obxectivo desta cita para “falar do mundo das reformas no que estamos inmersos agora. Nestes tres días, con Gerardo
de Ourense
Fernández Albor, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe e Rosa Quintana, falamos da Constitución do 1978, do progreso acadado a ráiz do Estatuto de Autonomía, destas nove lexislaturas e de cómo ésta Escola de Verán é unha aposta pola formación, polo diálogo e polo debate, contribuindo a configurar unha posición política como a do Partido Popular que nestes momentos convulsos é a única opción política que pode ofrecer estabilidade coas súas políticas e cunha chamada á cordura e á sensatez”.
18
Baltar rematou a súa intervención afirmando que “o PP é un partido centrista, reformista, galeguista, valente que non está só para gañar eleccións senon para resolver os problemas dos cidadáns, que está a acometer reformas importantes a nivel nacional e autonómico, que non descansa e que está sempre á disposición permanente dos militantes e dos vecinos e veciñas co seu traballo. Exemplo delo son os cinco congresos locais en Maceda, Pobra de Trives, Pereiro de Aguíar, Coles e Celanova e unha
Actividades
guirá para sempre. Ademáis afirmaron que xamáis se lle deu tanto espazo parlamentario á oposición como nesta lexislatura e que tódolos partidos da oposición xogan ao desgaste, á crispación social ou a falla dunha cultura parlamentaria no caso de AGE. Ao longo de tres días, 19, 20 e 21 de xullo, desenvolvéronse relatorios e mesas redondas sobre asuntos como “Os inicios do autogoberno de Galicia”; “A miña experiencia no executivo e no lexislativo galego”; “O sector primario galego e o autogobernó” ou “A actual lexislatura no Parlamento de Galicia”.
Manuel Baltar e Gerardo Fernández Albor.
Xunta Directiva para convocar novos congresos para septembro”. Agustín Hernández dixo que esta cita “manifesta a traxectoria modélica dun partido na defensa e promoción dos intereses de Galicia”. O conselleiro engadiu que “falar do noso autogoberno, do avance da nosa sociedade, da afirmación dun proxecto político propio e da consolidación dunha identidade diferenciada é falar do Partido Popular, un partido que levou a Galicia e a España ás máis altas cotas de progreso e benestar”.
ca e voceira do PP de Ourense, Cristina Romero Fernández, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad. Todos eles coincidiron en destacar que Miguel Ángel Blanco segue como exemplo na memoria de todos e se-
Nesta edición participaron destacados cargos populares como Roberto Castro García, Rosendo Fernández, Argimiro Marnotes, Daniel Barata Quintas ou José Andrés Vázquez Diéguez. Como relatores invitados participaron Gerardo Fernández Albor, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Rosa Quintana Carballo, Miguel Angel Santalices, Cristina Romero Fernández e Jesús Vázquez Abad.
Finalmente, o conselleiro popular dixo que “no PP non concebimos a política desligada da ética, da conciencia, da dignidade e da xustiza e loitamos por una política máis transparente e participativa. Esforzo, honestidade e sacrificio son os nosos valores e non temos nada que ocultar actuando con rigor e responsabilidade colaborando coa xustiza e depurando responsabilidades cando é preciso, porque non queremos alimentar a quenes só pensan no seu rédito electoral”. Previamente ao acto de clausura, e moderada polo presidente do Consello Consultivo e Asesor do PP de Ourense, Daniel Barata Quintas, desenvolveuse unha mesa redonda sobre “A actual lexislatura no Parlamento de Galicia”. Interviñeron o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Angel Santalices; a deputada autonómi-
Manuel Baltar, Daniel Barata, Agustín Hernández e Argimiro Marnotes.
19
de Ourense
Actividades
O PP ultima a súa nova organización de distritos na cidade de Ourense
Os presidentes dos distritos da cidade, con Rosendo Fernández e Manuel Baltar.
A sede provincial do Partido Popular de Ourense acolleu unha reunión entre os presidentes dos cinco distritos da cidade e o presidente provincial, Manuel Baltar, así como tamén o secretario provincial e responsable da Xunta Local, Rosendo Fernández, un encontro no que se analizou a necesidade de reorganizar os cinco distritos nos que o PP de Ourense delimita a cidade, co fin de acadar un maior e máis efectivo achegamento a todos os veciños de Ourense. De feito, esta proposta xa se puxera de manifesto en abril pasado, cando o presidente provincial solicitara aos cinco presidentes dos distritos que no prazo dun mes aportasen as súas ideas ao respecto.
Obxectivo: reorganizar os distritos para un maior achegamento aos veciños da cidade
Os presidentes de distrito (Miguel Abad Vila, distrito 1; Francisco Javier Rodríguez Nóvoa, distrito 2; Aurelio Gómez Villar, distrito 3; Jorge Pumar Tesouro, distrito 4; e José Araújo Fernández, distrito 5) presentaron as súas propostas, todas elas tras diversas consultas e reunións coas bases do partido, afiliados e militantes. Tal e como sinalou o presidente provincial, Manuel Baltar, estas consultas
de Ourense
20
foron claves para “trasladar os requerimentos, necesidades, suxestións e reclamacións dos veciños e veciñas de todos os barrios da cidade”. Tralas achegas recibidas o partido analizará as mesmas e trasladará ao órgano competente a nova organización dos distritos da cidade.
Actividades Fotonoticias O PPOU constitúe unha comisión para o estudo da Reforma Local Ourense, 27 de maio de 2013
Constitución do Comité de Estratexia Política de Ourense Ourense, 14 de maio de 2013
de Ourense
Un comité de seguimento do PPOU velará polo cumprimento dos programas electorais Ourense, 21 de maio de 2013
21
Fotonoticias O PPOU deseña equipos multidisciplinares centrados nas diferentes Secretarías Executivas e abertos a toda a cidadanía Ourense, 05 de xuño de 2013
Os membros do Comité de Dirección do PPOU fan públicas as súas declaracións de bens e actividades Ourense, 28 de xuño de 2013
de Ourense
O PPOU analiza as claves do uso e manexo de Twitter Ourense, 22 de xuño de 2013
22
Fotonoticias Visita de María Dolores de Cospedal á sede provincial do PP de Ourense Ourense, 13 de Outubro de 2012
Comezo dos congresos locais. Francisco Nóvoa, elixido presidente local de Maceda Ourense, 24 de Xullo de 2013
As claves da comunicación efectiva nos portavoces municipais centra unha xornada de formación no PPOU Ourense, 20 de abril de 2013
23
Comité Executivo Provincial
de Ourense
Apelidos
Nome
Sede local
Responsabilidade
Apelidos
Nome
Sede local
Responsabilidade
Baltar Blanco
José Manuel
Ourense
Presidente
Souto Figueroa
María Generosa
Ourense
S. Exec. de Termalismo
Fernández Fernández
Rosendo Luis
Ourense
Secretario xeral
Pazos Ojea
Emilio
Trasmiras
S. Exec. de Medio Ambiente
Pumar Tesouro
Jorge
Ourense
Vicesecretario xeral
Abad Vila
Miguel
Ourense
S. Exec. de Asociacionismo
Romero Fernández
Cristina Isabel
Ourense
Voceira
Rguez.-Novoa Glez.
Francisco Javier Ourense
S. Exec. de Proxectos Europeos
Pérez Pérez
Pablo
Q. de Leirado
Secretario de Organización
Gómez Villar
Aurelio
Ourense
S. Exec. de Comercio
Jimézez Morán
Juan Manuel
Verín
Vicesecretario
Araújo Fernández
José
Ourense
S. Exec. de Cultura
Pérez Rodríguez
Antonio
Xinzo de Limia
Vicesecretario
Núñez Masid
Eloína
Ourense
Vogal
Blanco Paradelo
Moisés
O Barco de Vald.
Vicesecretario
Yáñez Salgado
Mª del Carmen
Lobios
Vogal
Rivero Cuquejo
Luciano
Cualedro
Vicesecretario
Nóvoa López
Enrique
Ourense
Vogal
Fernández Pérez
Francisco José
Leiro
Vicesecretario
Rguez.-Vispo Rguez.
Marta María
Ourense
Vogal
Leyte Coello
Carmen
Cartelle
Vicesecretaria
González Quintela
Mª del Carmen
Carballeda de Vald. Vogal
Freire Couto
José Manuel
Barbadás
Vicesecretario
Rodríguez Álvarez
Pura
Gomesende
Vogal
Doval Soto
Manuel
Pereiro de Aguiar
Coordinador de Política Local
Pérez Pereira
Manuel
Padrenda
Vogal
Vázquez Abad
Jesús
Ourense
Coordinador de Política Autonómica
Mangana Novoa
Eladio
Baños de Molgas
Vogal
Vázquez Blanco
Ana Belén
Bande
Coordinadora de Política Nacional
Rodríguez Rodríguez
Francisco
Chand. de Queixa
Vogal
Mourelo Pérez
Mónica
Ourense
Coordinadora de Transparencia
Montero Fernández
Antonio
Avión
Vogal
Rodríguez Méndez
Fernando A.
Ourense
Coordinador de Comunicación
Ferro Iglesias
José Luís
Celanova
Vogal
Glez-.Tejada Jácome
Beatriz María
Ourense
Coord. de Economía e Finanzas
Prado López
Manuel
Beariz
Vogal
Fernández Macías
Jackeline E.
Castrelo de Miño
Coordinadora de Mocidade
López García
Mª Pilar Otilia
Ramirás
Vogal
Domínguez Barja
Patricia
Ourense
Coord. de Innovación Tecnolóxica
Méndez Gándara
Mª Concepción
Sandiás
Vogal
Santalices Vieira
Miguel Ángel
Ourense
Coord. de Sanidade e S. Sociais
Candal Jarrín
Mª Jesusa
Vilamartín de Vald. Vogal
Rilo Veiga
Antonia
Ourense
Coordinadora de Igualdade
Regueiro López
Mª del Pilar
Celanova
Vogal
Álvarez Dobaño
Plácido
Muiños
Comité de Estratexia Política
Alberte Iglesias
Purificación
O Carballiño
Vogal
Delgado Arce
Celso Luís
Ourense
Comité de Estratexia Política
Vispo Seara
Mª del Consuelo Barbadás
Vogal
Mouriño Villar
Antonio
Celanova
Comité de Estratexia Política
Rodríguez Paz
Mª Teresa
Ourense
Vogal
Rodríguez Miranda
Antonio
Allariz
S. Exec. de Emigración
Martín Borrajo
Esperanza
Ourense
Vogal
Blanco Gómez
César
N. de Ramuín
S. Exec. de Formación
Calvo López
Mª Dolores
Xinzo de Limia
Vogal
Rodríguez Campos
Sonia
Ourense
S. Exec. de Estudos e Programas
Orban Cerredelo
Mª Elena
Ourense
Vogal
Añel Parada
Salvador
Maceda
S. Exec. de Desenvolvemento Rural
Barata Quintas
Daniel
Ourense
Consello Consultivo Asesor
Villarino Pardo
Ana María
Oímbra
S. Exec. de Sectores Estratéxicos
Rodríguez Pérez
Lucía
Ourense
ROMP
Carballo Fernández
Mª del Carmen
Ourense
S. Exec. de Asistencia Xurídica
Ceballos Ogando
Mª Soledad
Ourense
ROMP
Pardo López
Mª del Carmen
Verín
S. Exec. de Turismo
González Rivero
María
Cualedro
ROMP
Gómez Quevedo
Belén
Ourense
S. Exec. de Ensino
Carrera Carrera
Josefina
A Merca
ROMP
Vázquez Dorado
Susana
Porqueira
S. Exec. de Voluntariado
Medina González
Mª Eugenia
A Rúa
ROMP
Fernández Gil
César Manuel
Ribadavia
S. Exec. de Estudos e P. Galeguista
Alén Castro
Gabriel
Cenlle
Seguimento P. Electorais
García Ferradal
Avelino
A Rúa
S. Exec. de Acción Universitaria
Barrio García
Yolanda
Ourense
Seguimento P. Electorais
Castro García
Roberto
Ourense
S. Exec. de Relacións Institucionais
Oliveira Ferreira
Ana María
Ourense
Seguimento P. Electorais
Díaz Mouteira
María Sol
Ourense
S. Exec. de Admin. Públicas
Rodríguez Vázquez
Manuela
O Barco de Vald.
Seguimento P. Electorais
Armada Pérez
José Antonio
Bande
S. Exec. de Deporte
Estévez Gómez
José Antonio
Ourense
Seguimento P. Electorais
Valladares Rodríguez
María Luisa
Verín
S. Exec. de Dependencia