Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE CASTRELO DE MIÑO.

Sendo as 18:00 horas do día 28 de outubro de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Castrelo de Miño, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTA:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández.

VICEPRESIDENTE:

Don Jorge Pumar Tesouro.

SECRETARIA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

VOGAIS:

Don Pablo Pérez Pérez. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen: Debido ao tempo transcorrido entre a proclamación do candidato recollida na acta de data 13 de maio de 2014 e a celebración efectiva do Plenario do Congreso, esta Comisión Organizadora tivo a ben repetir o proceso de presentación de candidaturas, polo que:

1.- Informe de presentación de candidaturas á presidencia do Comité Executivo Local do PP de Castrelo de Miño. Segundo o establecido no art. 17 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Castrelo de Miño, temos constancia da presentación da candidatura encabezada por don Avelino Pazos Pérez á presidencia do Comité Executivo Local. Candidatura que se presentou o día da data ás 12:00 horas avalada por un total de dez compromisarios e compromisarias, polo que cumpre co establecido no


citado artigo e queda proclamado candidato á presidencia do Comité Executivo Local do Partido Popular de Castrelo de Miño don Avelino Pazos Pérez.

2.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Por diferentes cuestión de axenda foi imposible a celebración do Congreso na data inicialmente prevista, o xoves 19 de xuño de 2014, polo que: Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Castrelo de Miño, a Comisión Organizadora acorda que o Congreso desenvolverase no local “Clube Náutico de Castrelo de Miño” a partir das 19:00 horas do mércores, 29 de outubro de 2014.

3.- Proposta de composición da Mesa do Congreso Local do PP de Castrelo de Miño. Segundo o establecido no artigo número 8 do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de Castrelo de Miño, toma a palabra a presidenta da Comisión Organizadora, Cristina Isabel Romero Fernández, para facer a proposta da Mesa do Congreso, que estará integrada por: Presidenta:

Dona María Sol Alonso Rodríguez.

Vicepresidenta:

Dona María Vanesa Villar Armada.

Secretario:

Don Jaime González Pereira.

Vogais:

Don Jonatan Pousada Álvarez. Don Jaime Reig Carrión.


Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta da Mesa

do

Congreso

Local,

que

será

sometida

á

votación

polos/as

compromisarios/as do Congreso Local.

Presentados estes asuntos aos integrantes da comisión organizadora, apróbanse por unanimidade dos presentes. Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:10 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado. Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Castrelo de Miño, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., A secretaria,

Asdo.: Mónica Mourelo Pérez.

A presidenta,

Asdo.: Cristina Isabel Romero Fernández.

Castrelo de miño acta 3  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you