Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE BOBORÁS.

Sendo as 18:00 horas do día 21 de outubro de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Boborás, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTE:

Don Jorge Pumar Tesouro.

VICEPRESIDENTA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

SECRETARIO:

Don Pablo Pérez Pérez.

VOGAIS:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Por diferentes cuestión de axenda foi imposible a celebración do Congreso na data inicialmente prevista, o xoves 26 de xuño dos correntes, polo que: Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Boborás, a Comisión Organizadora acorda que o Congreso desenvolverase no local “Bar Casa Aníbal en A Almuzara, Boborás” a partir das 19:30 horas do venres, 24 de outubro de 2014. Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta de cambio de data de celebración do Congreso Local.


3.- Proposta de composición da Mesa do Congreso Local do PP de Boborás. Segundo o establecido no artigo número 8 do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de Boborás, toma a palabra o presidente da Comisión Organizadora, Jorge pumar Tesouro, para facer a proposta da Mesa do Congreso, que estará integrada por: Presidente:

Don Cipriano José Caamaño Castro.

Vicepresidenta:

Dona Ana Patricia Torres Madureira.

Secretaria:

Dona María del Carmen Cives Martínez.

Vogais:

Dona Rosa González Doporto. Don Avelino Prado Martínez.

Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta da Mesa

do

Congreso

Local,

que

será

sometida

á

votación

polos/as

compromisarios/as do Congreso Local.

Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:10 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.

Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Boborás, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., O secretario,

Asdo.: Pablo Pérez Pérez.

O presidente,

Asdo.: Jorge Pumar Tesouro.

Boborás acta 3  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you