2regulamento do congreso de beariz

Page 2

Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de

BEARIZ DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1º De conformidade cos vixentes Estatutos, o Regulamento Marco de Congresos e segundo acordo da Xunta Directiva Provincial convócase o Congreso Ordinario do Partido Popular de Beariz, a celebrar o día 27 de novembro de 2014.

Artigo 2º Encoméndase á Comisión Organizadora, o impulso, coordinación e dirección de todos os aspectos organizativos do Congreso. Fixará a hora e lugar de celebración do Congreso. A Comisión Organizadora do Congreso debaterá e aprobará, se procede, a programación concreta e cantos outros acordos fosen necesarios para, en desenvolvemento do presente Regulamento, aclarar, concretar e, en definitiva, asegurar a adecuada preparación e celebración do Congreso. Os seus acordos deberán ser adoptados por maioría e das súas reunións se levantarán as correspondentes actas dando traslado das mesmas aos órganos do Partido e se publicarán no espazo habilitado dentro da web do Partido Popular de Ourense. A Comisión Organizadora do Congreso terá a súa sede na oficina provincial do Partido Popular de Ourense, na rúa do Progreso número 64 entrechán da cidade de Ourense.

Artigo 3º En consecuencia, todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso rexerase polo presente Regulamento e os acordos da Comisión Organizadora adoptados en desenvolvemento do mesmo. Durante a celebración do Congreso ditas competencias serán asumidas polo/a Presidente, o/a cal dará conta á Mesa do Congreso.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.