Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE GOMESENDE.

Sendo as 18:10 horas do día 24 de xuño de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Gomesende, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTA:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández.

VICEPRESIDENTE:

Don Jorge Pumar Tesouro.

SECRETARIA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

VOGAIS:

Don Pablo Pérez Pérez. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Informe de presentación de candidaturas á presidencia do Comité Executivo Local do PP de Gomesende. Segundo o establecido no art. 17 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Gomesende, temos constancia da presentación da candidatura encabezada por dona Pura Rodríguez Álvarez á presidencia do Comité Executivo Local. Candidatura que se presentou o día 23 de xuño de 2014 ás 17:00 horas avalada por un total de cinco compromisarios e compromisarias, polo que cumpre co establecido no citado artigo e queda proclamado candidato á presidencia do Comité Executivo Local do Partido Popular de Gomesende dona Pura Rodríguez Álvarez.


2.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Gomesende, o Congreso Local desenvolverase no local “Edificio Multiusos do Concello” a partir das 19:15 horas do venres, 27 de xuño de 2014..

3.- Proposta de composición da Mesa do Congreso Local do PP de Gomesende. Segundo o establecido no artigo número 8 do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de Gomesende, toma a palabra a presidenta da Comisión Organizadora, Cristina Isabel Romero Fernández, para facer a proposta da Mesa do Congreso, que estará integrada por: Presidente:

Don Francisco Castro Rivera.

Vicepresidenta:

Dona María del Carmen Rodríguez Prieto.

Secretaria:

Dona Teresa Ana Rodríguez Castro.

Vogais:

Dona María del Carmen Expósito Olleros. Dona Dosinda Gómez Mínguez.

Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta da Mesa

do

Congreso

Local,

que

será

sometida

á

votación

polos/as

compromisarios/as do Congreso Local.

Presentados estes asuntos aos integrantes da comisión organizadora, apróbanse por unanimidade dos presentes.


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:20 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado. Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Gomesende, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., A secretaria,

Asdo.: Mónica Mourelo Pérez.

A presidenta,

Asdo.: Cristina Isabel Romero Fernández.

24062014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you