Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE BOBORÁS.

Sendo as 18:00 horas do día 24 de xuño de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Boborás, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTE:

Don Jorge Pumar Tesouro.

VICEPRESIDENTA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

SECRETARIO:

Don Pablo Pérez Pérez.

VOGAIS:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Informe de presentación de candidaturas á presidencia do Comité Executivo Local do PP de Boborás. Segundo o establecido no art. 17 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Boborás, temos constancia da presentación da candidatura encabezada por don Javier Vázquez Rodríguez á presidencia do Comité Executivo Local. Candidatura que se presentou o día 23 de xuño de 2014 ás 17:00 horas avalada por un total de oito compromisarios e compromisarias, polo que cumpre co establecido no citado artigo e queda proclamado candidato á presidencia do Comité Executivo Local do Partido Popular de Boborás don Javier Vázquez Rodríguez.


2.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Por diferentes cuestión de axenda é imposible a celebración do Congreso na data inicialmente prevista, o xoves 26 de xuño dos correntes, polo que: Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Boborás, a Comisión Organizadora fixará o antes posible a nova data e lugar de Celebración do Congreso Local en Boborás. Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta de cambio de data de celebración do Congreso Local.

Presentados estes asuntos aos integrantes da comisión organizadora, apróbanse por unanimidade dos presentes.

Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:10 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.

Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Boborás, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., O secretario,

Asdo.: Pablo Pérez Pérez.

O presidente,

Asdo.: Jorge Pumar Tesouro.

24062014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you